Poemas: xogos e arrolos

20
PROXECTO VIVIR XUNTOS CANTIGAS, XOGOS E ARROLOS PARA LER E RECITAR

description

Selección de poemas sobre a infancia. Autores: Manuel María, Álvarez Blázquez, Luis Pimentel, Neira Vilas / Anisia Miranda, García Teijeiro, Rosalía de Castro. Para imprimir en formato libro.

Transcript of Poemas: xogos e arrolos

Page 1: Poemas: xogos e arrolos

PROXECTO VIVIR XUNTOS

CANTIGAS, XOGOS E ARROLOS

PARA LER E RECITAR

Page 2: Poemas: xogos e arrolos

NA TARDIÑA

Na tardiña morna

de ridente sol,

o vello velliño

ledo e falador,

xúntase cos nenos

sobre o pontillón

pra contar historias

que a el lle contou

hai tempo de tempos

o seu vello avó.

Os nenos escoitan

atentos a voz

do amigo velliño;

e segundo o ton

vanse pondo serios

ou rin a cachón

cos ditos chusqueiros

dese amigo bo.

Page 3: Poemas: xogos e arrolos

“Cantarolas”-Xosé Neira Vilas/Anisia Miranda

Edicións Xerais de Galicia

A tardiña acaba

cando foxe o sol

e cadaquén vaise

por onde chegou,

mentres oscurece

sobre o pontillón

Page 4: Poemas: xogos e arrolos

Meu avó mercou unha barca

de madeira de bidueiro.

Botámola no estanque

onde se refuxia o ceo.

A barca non leva remos,

nin velas, nin mariñeiros.

Lévana ventos de escuma,

alegres titiriteiros.

Nas augas voga esta barca

de madeira de bidueiro,

a barca chea de vida

do meu avó mariñeiro.

Page 5: Poemas: xogos e arrolos

“Cacarabín, Cacarabón”-Antón García Teixeiro

Editorial Edelvives

Page 6: Poemas: xogos e arrolos

A boneca

A neniña está cosendo un fermoso manteliño. ¡Dá puntadas e puntadas nun branco anaco de liño!

¡A neniña está cosendo un fermoso manteliño. ¡Da puntadas e puntadas nun branco anaco de liño!

A boneca é unha espiga de máiz, con pelo loiro. ¡A boneca hai que vestila que non pode andar en coiro!

A neniña é moi probiña. ¡Cose, cose no ourelo, á boneca hai que poñerlle o seu fermoso mantelo…!

¡A boneca é moi fermosa, máis fermosa non a hai! ¡A boneca fai de filla e a neniña fai de nai…!

Page 7: Poemas: xogos e arrolos

“Os soños na gaiola”-Manuel María

Edicións Xerais de Galicia

A roda-roda

Están en corro as neniñas formando unha roda-roda. E cantan esta canción que nunca pasa de moda:

- Polo fondo do mar, matarilerile; polo fondo do mar, matarilerón vai voando unha sardiña cunhas alas de latón.

Están no corro as neniñas, roda que te rodarás. Están no corro as neniñas cantando ó mesmo compás:

- Polo fondo do mar, matarilerile; polo fondo do mar, matarilerón vai voando unha sardiña e nadando un avión.

Page 8: Poemas: xogos e arrolos

Vente, rapaza,

vente, meniña,

vente a lavar

no pilón da fontiña.

Vente, Minguiño,

Minguiño, vente;

douche, senón

polo demo do dente.

¡Que auga tan limpa!

¡Qué rica frescura!

Vente a lavar,

que é un primor, criatura.

Válgame Deus,

que se auguiña n-houbera,

lama este corpo

mortal se volverá.

Vinde a lavarvos,

andá lixeiriños,

a cara pirmeiro,

dempois o peíños.

¡Ai!, ¡qué meniña!

¡Que nena preciosa!

Dempois de lavada

parece unha rosa.

E este meniño

que teño no colo,

dempois de lavado

parece un repolo.

Page 9: Poemas: xogos e arrolos

“O libro dos cen poemas”

Xosé Mª Álvarez Cáccamo/Marisa Núñez

Editorial Espiral Maior

¡Ai!, ¡qué tan cuco!

¡Ai!, ¡qué santiño!

Ven aos meus brazos,

dareiche un biquiño.

¡Olliños de groria!

¡Cariña de meiga!

¡Apértame ben,

corazón de manteiga!

Corre, corre,

a que Antona te peite;

corre, darache

unha cunca de leite.

Corre, corre

a teu pai, Mariquiña,

que come cebola

con pan e sardiña.

ROSALÍA DE CASTRO

Page 10: Poemas: xogos e arrolos
Page 11: Poemas: xogos e arrolos

“Cantarolas”-Xosé Neira Vilas/Anisia Miranda

Edicións Xerais de Galicia

VAI A MENIÑA

Pola beira do río

vai a meniña,

ollando sobre a auga

a súa cariña.

Leva un cesto pequeño

feituco, alegre,

para coller margaridas

e chuchameles.

Unha ra brincadeira

chouta na herba

e batuxa e ranfiña

diante da nena

Mentres o río longo

roxe e cavila,

leda coma un parrulo

vai a meniña.

Page 12: Poemas: xogos e arrolos

“Cacarabín, Cacarabón”-Antón García Teixeiro

Editorial Edelvives

Que si, si, un día de xullo nacín. Que non, non, un día de xullo, non, non. Que si, si, a ruta do Cacarabín. Que non, non, a ruta do Cacarabón. Que si, si, un prato de fabas comín. Que non, non, un prato de fabas, non, non. Que si, si, que non, non, a todos nos gusta este son.

Page 13: Poemas: xogos e arrolos
Page 14: Poemas: xogos e arrolos

“Os nosos versos”-Antoloxía poética

Editorial Anaya

Luís Pimentel

Page 15: Poemas: xogos e arrolos
Page 16: Poemas: xogos e arrolos

“Roseira do teu mencer”-Xosé Mª Álvarez Blazquez

Edicións Xerais de Galicia

Nena, neniña, pequerrechiña, durme, que xa durmen o galo i a galiña. Dúrmete axiña….

Se te non durmes, ven a raposa que garda o sono dos nenos na fosa; se te non durmes, ven a martaraña, que todo o sono dos nenos apaña; se te non durmes, ven a donicela, que todo o sono dos nenos arela…. Anda, neniña, pequerrechiña, durme, que xa durmen os años na curtiña. Dúrmete axiña…. Se te non durmes ven o morcego manto de crego, ven a curuxa cara de bruxa, ven o vencello pernas de vello, i os tres á unha, nun Santi-Amén

Page 17: Poemas: xogos e arrolos

“Roseira do teu mencer”-Xosé Mª Álvarez Blazquez

Edicións Xerais de Galicia

voa..., que voa…, que te voarías, lévanche o sono moi lonxe de aquén.

Anda, neniña, que eu rezo, meu ben, pra escorrentalos, tres Avemarías, Amén.

Page 18: Poemas: xogos e arrolos

“Os nosos versos”-Antoloxía poética

Editorial Anaya

XOSÉ MARÍA

ÁLVAREZ BLÁZQUEZ (1915-1985)

Durme, neniña,

durme, meu ben;

túa nai ten sono,

teu pai tamén.

¡Non penses máis no cabalo

que andaba a fuxir do dono;

¡mira ises cen cabaliños

que acarrexan o teu sono!

O meu arrolo

que nadie o escoite.

Dúrmete, nena,

que xá é de noite.

Aquil cabaliño ledo

está tamén a durmir;

non o chames, que no pode,

meu ben, anque quera vir.

Page 19: Poemas: xogos e arrolos

Dúrmete logo,

meu año manso;

túa nai sospira,

teu pai vai canso.

O cabalo non che escoita

e nin olla coma o acenas,

pois mañán ten de ir á vila

levar un carro de nenas.

¡Durme, neniña

co meu arrolo,

que xa me estafa

terte no colo!

Page 20: Poemas: xogos e arrolos

“O libro dos cen poemas”

Xosé Mª Álvarez Cáccamo/Marisa Núñez

Editorial Espiral Maior

O que ben te quer

éche o vilorico que anda polo ler.

Ese si que é bo,

que veu desde lonxe aguillando o vo

somentes para verte e que o viras ti,

para que os dous brincásedes; ti co teu oh, oh,

el co seu chi,chi.

O vilorico

de longo bico

e longas patas de gabirú,

que nin di cu-cú

nin anda con trolas de chicherico.

Que non diga o moucho,

que non diga o cuco,

que non diga a poupa

que te queren moito….

O que ben te quer

está silandeiro enriba dun pé.

¿Sabes ti quén é?

Eche o vilorico que anda polo ler.

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZUEZ