Presentación Xogos Populares

12
XOGOS POPULARES Presentación dalgúns xogos populares Nivel: Educación Primaria e Secundaria Autor: Iván López Arias

Transcript of Presentación Xogos Populares

XOGOS POPULARES

Presentación dalgúns xogos popularesNivel: Educación Primaria e

Secundaria

Autor: Iván López Arias

Os xogos Populares posúen un compoñente lúdico e educativo e ademais do gran valor sociocultural que entre todas e todos debemos tratar de conservar.

Son os xogos dos nosos avós e os nosos pais, algúns deles son os seguintes:

(para saber algo máis de cada un deles pica nas fotos ou no nome).

- A Porca

Xogo con semellanzas co “golf” ou co “hokey”.

- A Billarda

Esencialmente consiste en darlle cun pao (panca) a outro máis pequeño (billarda), para que salte e golpealo enviándoo o máis lonxe posible.

- O Trompo

É unha peza de madeira dura de forma cónica rematada nunha punta de metal, sobre a que se lle fai xirar tirando dunha corda que se enreda arredor dela.

- As Chapas

Xogo de habilidade no que se fai unha carreira nun circuíto debuxado no chan e no que hai que respetar certas regras.

- O Aro

Xoguete no que normalmente se utilizaba un aro metálico dunha llanta de bicicleta e un ferro con forma de gancho para empurrar o aro.

Continuará…