Podería facerlle pis enriba, e outros poemas escritos por gatos

20
E OUTROS POEMAS ESCRITOS POR GATOS Podería facerlle pis enriba FRANCESCO MARCIULIANO PODERÍA FACERLLE PIS ENRIBA

description

Que é o que queren dicirnos os gatos cando esnaquizan o papel hixiénico? Que opinan do veterinario realmente? Gústalles o Nadal? Estas e outras moitas cuestións por fin teñen resposta. Pero non unha calquera. Porque cando os gatos contestan o fan con estilo, en verso e con humor. Como só eles poderían.

Transcript of Podería facerlle pis enriba, e outros poemas escritos por gatos

E OUTROS POEMAS ESCRITOS POR GATOS

Podería facerlle pis enriba

f r a n c e s c o m a r c i u l i a n o

PODE

RÍA F

ACER

LLE P

IS EN

RIBA

Francesco MarciulianoPodería facerlle pis enriba

E OUTROS POEMAS ESCRITOS POR GATOS

Podería facerlle pis

enriba

f r a n c e s c o m a r c i u l i a n o

E OUTROS POEMAS ESCRITOS POR GATOS

Podería facerlle pis

enriba

Título orixinal: I COULD PEE ON THIS AND OTHER POEMS BY CATSPublicado por acordo con Mendel Media Group LLC, New York

© do texto: FRANCESCO MARCI ULIANO , 2012© do deseño orixinal: EMILY DUBIN

Copyright das seguintes fotografías: © iStockphoto.com/photographer: Joseph Luoman, 2 (máquina de escribir); David Meharey, 2, 42 (rato); sansara, 6; Oleg Prikhodko, 10–11; Anita

Bonita, 13, 91; 1001slide, 14; Ary6, 19; Peterfactors, 20; Dave Long, 22 (pasaporte); dyachenko, 22 (gatiño); Maria Pavlova, 26; Loran Nicolas, 27; S. W. Krull Imaging, 28; Eric’s Photo Lab, 33; fotojagodka, 34; Nailia Schwarz, 38; Viktor Kitaykin, 41; bibikoff, 45; Chris Leachman, 47; knape, 48; Spurious2, 50; ktaylorg, 55; Mehmet Torlak, 57; kimeveruss, 58; spooh, 60; DOConnell, 62–63; prill, 64; deemac, 67; Ben Heys, 68; PK-Photos, 70; Aptyp_kok, 73;

Cheramie Photo, 77; Dixi_,78; TheFingerS, 80; Chic Type, 82; Watcha, 84; ATesevich, 86–87; herreid14, 93; Peeter Viisimaa, 94; skynesher, 102; kevinjeon00, 94; Serg Petrov, 109 (gatiño);

fcdb, 109 (selo); spxChrome, 110. Copyright das seguintes fotografías: © Shutterstock.com/photographer: foaloce, 101. 4–5 copyright © Francesco Marciuliano, 17 © George Shuklin via Wikimedia Commons, 36–37 copyright © 2007–2009 texturez.com–Todos os dereitos

reservados. Copyright dos marcos das fotografías © 2010 www.free-photo-frames.com–Todos os dereitos reservados, excepto os marcos das fotografías das páxinas 19, 33, 55, 77, 105 e 109

© desta edición: Lata de Sal Editorial, 2015

[email protected]

© da tradución: Rafa Salgueiro e Susana Collazo Rodríguez© do deseño da colección e da maquetación: Aresográfico

Impreso na ChinaISBN: 978-84-942867-7-3

Depósito legal: M-26425-2014

Nas páxinas interiores usouse papel FSC de 140 g e encadernouse en cartoné plastificado mate,

en papel FSC de 128 g sobre cartón de 2,5 mm.O texto escribiuse en Type Writer Roman Conde.

As súas dimensións son 11,4 × 15,2 cm.

E Logan e Chasis pregúntannos: «Que é poesía?». Poesía son eles.

Este libro está feito en papel procedente de fontes responsables.

En memoria

de Boris e Natasha,

dous gatos inesquecibles

aos que tiven a inmensa

fortuna de chamar FAMILIA.

Introdución.............................. 8

P O E M A R I O 1 : .Familia.............. 11

P O E M A R I O 2 : .Traballo........... 37

P O E M A R I O 3 : .Xogo..................63

P O E M A R I O 4 : .Existencia......... 87

Agradecementos..................... 112

ÍNDICE

Os gatos levan centos de anos esforzándose en expresarlles aos humanos o que significa ser felino. Probaron coa linguaxe corporal, cun miañar magoante, ata cun estilo cinematográfico cuxa mellor descrición sería «cámara caída arrastrada polo chan ata que se esqueza ou se enzoufe en saliva». E durante centos de anos, nós, os humanos, fomos testemuñas desta loita interminable na procura dunha verdadeira conexión emocional e espiritual, e dixemos: «Meu parruliño! Ven aquí, meu amorciño peludiño! Meu cariñiño pequerrechiño!».

Mais agora, a través do poder da poesía e dun contrato editorial, en calquera lugar os gatos poden aceptar plenamente a xente nos seus corazóns, mentes e almas. No interior destas páxinas atoparás poemas asinados por uns gatos que revelan cada un dos seus desexos, cada conflito, cada epifanía. Tamén descubrirás por que os gatos fan cousas tales como meter toda a pata na túa

8

INTRODUCIÓN

copa para logo mirarte coma se nunca brindases con viño nunha cita. En serio, a pata enteiriña. Coma se pensasen que é doado sacar cabernet dun gato atigrado laranxa.

De feito, cando remates de ler esta escolma poética, non só entenderás por completo todo o que pensa e fai o teu gato, senón que o aplaudirás xusto por iso. Se cadra ata lle concedes unha medalla. Ou lle montas un desfile polo corredor, asegurándote de evitar as escaleiras para que non caian as minúsculas carrozas. Ou podes sentar o teu gato, miralo aos ollos e dicirlle: «Xa entendín. En serio, xa entendín... meu cariñiño pequerrechiño».

9

Da bandex

a sanita

ria de...

FAMILIA

Ás veces, cando estou deitado

no teu morno peito

e oio cada un dos teus suspiros gozosos,

miro en fite os teus ollos amables

e pregúntome: «Quen será este?».

e p i g r a m a f e l i n o

P O EM A R I O

k

16

PODERÍA FACERLLE PIS ENRIBA

O seu novo xersei non cheira a min.

Podería facerlle pis enriba.

Saíu todo o día

e deixou o portátil no mesado.

Podería facerlle pis enriba.

O seu novo mozo acaba

de apartarme a cabeza.

Podería facerlle pis enriba.

Ela ignora que a ignoro.

Podería facer pis en todo.

Ela intenta compensarmo

poñéndome no seu colo.

Podería facerlle pis enriba.

Podería facerlle pis enriba.

12

19

LAMBO O TEU NARIZ

Lambo o teu nariz.

Lambo o teu nariz de novo.

Arrastro as uñas polas túas pálpebras.

Ah, estás esperto? Dáme de comer.

15

PODE

RÍA F

ACER

LLE P

IS EN

RIBA

Traducido a nove idiomas. Éxito de vendas en todo o mundo.

Que é o que queren dicirnos os gatos cando esnaquizan o papel hixiénico? Que opinan do veterinario realmente? Gústalles o Nadal? Estas e outras moitas cuestións por fin teñen resposta. Pero non unha resposta calquera. Porque cando os gatos contestan o fan con estilo, en verso e con humor. Como só eles poderían.

9788494

286773

ISB

N 9

78-8

4-94

2867

-7-3

ww

w.la

tade

sal.c

om