Pnl age incendios ditame comisión 1987

20
Á MESA DO PARLAMENTO O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte Proposición non de lei, para o seu debate en Pleno, relativa ao Dictame emitido pola Comisión non permanente para estudio da problemática dos incendios forestais no ano 1987. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: Durante a II Lexislatura do Parlamento de Galicia (1985-89), baixo a presidencia do Excmo. Sr. D. Tomás Pérez Vidal, constitúese nesta Cámara unha 'Comisión non permanente para estudio da problemática dos incendios forestais'. Presidida por D. Aurelio Domingo Miras Portugal, con D. Ramón Félix Blanco Gómez na vicepresidencia e D. Xosé Enrique Rodríguez Peña como secretario, e integrada asimesmo polos deputados D. Xosé Manuel Beiras Torrado, D. Manuel Blanco Suárez, D. Fernando Carlos Rodríguez Pérez, D. José Romero Becerra e D. Celestino Torres Rodríguez, e asistida ademáis por un comité asesor científico-técnico designado por ela mesma, a comisión desenvolve ao longo de varios meses o seu labor, que desemboca nunhas xornadas de estudio celebradas en San Caetano coa participación de especialistas e expertos procedentes de diversos países, e conclue na redacción dun Dictame que se publica no nº 164, Ano VI, do B.O. desta Cámara con data do 13 de xullo de 1987. Finalmente, ese Dictame será aprobado polo Pleno do Parlamento en sesión celebrada o 24 de novembro dese mesmo ano 1987 (B.O.P.G. nº 204 do 23 de decembro). O referido Dictame estrutúrase en 5 seccións: 1. Exposición de Motivos; 2. Obxectivos básicos; 3. Competencias en materia de incendios da Comunidade Autónoma Galega; 4. Resolucións; e 5. Plan de accións inmediatas.

Transcript of Pnl age incendios ditame comisión 1987

Page 1: Pnl age incendios ditame comisión 1987

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao

abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, apresenta a

seguinte Proposición non de lei, para o seu debate en Pleno, relativa ao Dictame

emitido pola Comisión non permanente para estudio da problemática dos

incendios forestais no ano 1987.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Durante a II Lexislatura do Parlamento de Galicia (1985-89), baixo a

presidencia do Excmo. Sr. D. Tomás Pérez Vidal, constitúese nesta Cámara unha

'Comisión non permanente para estudio da problemática dos incendios forestais'.

Presidida por D. Aurelio Domingo Miras Portugal, con D. Ramón Félix Blanco

Gómez na vicepresidencia e D. Xosé Enrique Rodríguez Peña como secretario, e

integrada asimesmo polos deputados D. Xosé Manuel Beiras Torrado, D. Manuel

Blanco Suárez, D. Fernando Carlos Rodríguez Pérez, D. José Romero Becerra e

D. Celestino Torres Rodríguez, e asistida ademáis por un comité asesor

científico-técnico designado por ela mesma, a comisión desenvolve ao longo de

varios meses o seu labor, que desemboca nunhas xornadas de estudio celebradas

en San Caetano coa participación de especialistas e expertos procedentes de

diversos países, e conclue na redacción dun Dictame que se publica no nº 164,

Ano VI, do B.O. desta Cámara con data do 13 de xullo de 1987. Finalmente, ese

Dictame será aprobado polo Pleno do Parlamento en sesión celebrada o 24 de

novembro dese mesmo ano 1987 (B.O.P.G. nº 204 do 23 de decembro).

O referido Dictame estrutúrase en 5 seccións: 1. Exposición de Motivos;

2. Obxectivos básicos; 3. Competencias en materia de incendios da Comunidade

Autónoma Galega; 4. Resolucións; e 5. Plan de accións inmediatas.

Page 2: Pnl age incendios ditame comisión 1987

Sen perxuizo de adxuntarmos en Anexo a esta PNL a reprodución íntegra

do texto do Dictame publicado no BOPG do 13-07-1987, parécenos útil facer

referencia a algúns dos aspectos e elementos máis salientábeis do seu contido.

O primeiro consiste, ao noso ver, en que a Exposición de Motivos do

Dictame contextualiza a grave problemática dos incendios forestais, convertida

xa daquela nunha sorte de pandemia, cunha rigorosa análise e diagnose do medio

natural galego, da estrutura do monte e das masas forestais, da sua interrelación

co sector agrario e os ecosistemas, e máis das políticas forestais daquela

imperantes, a organización e acción da Administración, e a sua negativa

incidencia na praga dos incendios, de xeito que se elucidan as causas primas da

pandemia e séntanse os fundamentos dos criterios básicos para unha estratexia de

erradicación dos factores que combinadamente determinan a fatalidade dos

incendios forestais como lacra persistente. A leitura dalgúns anacos dese texto

resultarálles singularmente elocuente:

"A diversidade climática, fisiográfica e edáfica, e a súa posición

xeográfica, fan que se dea orixinalmente en Galicia unha grande diversidade

ecolóxica, na que a mistura e o carácter de encrucillada de dominios florais son

as súas condicións naturais máis xenuínas, polo que calquera intento de varia-lo

carácter case monoespecífico que ten a actual cuberta forestal, producto da

política forestal levada a cabo ata hoxe, debe camiñar no mesmo senso que as

tendencias de adaptación da vexetación ó mosaico de hábitats que se poden

definir no espacio natural galego.

Así mesmo, unha vexetación variada permitiría tamén que a súa fauna

acompañante atopase nela os seus biotopos específicos e que a diversificación se

espallase ó mundo animal.”

(...)

Page 3: Pnl age incendios ditame comisión 1987

"Segundo o Inventario Forestal do ano 1972, en Galicia había 698.500

has. (61,8% de monte arborado) de coníferas, 343.621 has. (30% do monte

arborado) de frondosas e 87.240 has. (7,7% de monte arborado) de eucaliptos.

Pero hai que ter en conta que os últimos anos contemplaron unha ampliación

acelerada de superficie ocupada polos eucaliptos, ata case duplica-las cifras

anteriores, e unha reducción da superficie ocupada polas frondosas autóctonas.

Os precarios coidados na selección das sementes usadas en repoboación e

a falta de atención técnica das masas preséntannos un panorama forestal

conformado por árbores de moi baixa calidade tecnolóxica, sendo máis grave nas

frondosas e os piñeiros ca nos eucaliptos, non só polo seu estado senón tamén

polas súas posibles aplicacións.

As causas que levaron ó anterior son, entre outras: fracción de cabida

cuberta defectiva, ausencia de tratamentos selvícolas e culturais, selección

negativa das árbores nais destinadas á rexeneración das masas, ausencia de

calquera criterio para defini-los turnos da corta e escasa ou nula atención ós

problemas fitosanitarios, entre outros.

É conveniente resaltar que as masas de frondosas, polo xeral, presentan un

estado lamentable, debido fundamentalmente á presión humana á que estiveron

sometidas historicamente, sendo exemplo palpable de selección xenética

negativa.”

(...)

"Dende 1961 ata 1986, ámbolos dous inclusive, lévanse producido en

Galicia numerosos incendios forestais que custaron vidas humanas e nos que

practicamente se queimaron 1 millón de has., case a metade do terreo forestal,

que perderon rentabilidade, fertilidade e capacidade productiva e máis

protectora.”

(...)

Page 4: Pnl age incendios ditame comisión 1987

"A política forestal incidiu, en moitos casos negativamente, sobre os

incendios, baseándose unicamente en repoboacións con especies de turno curto,

dirixidas a obter unha rápida rentabilidade, pero esquecendo a súa adaptación ás

condicións ecolóxicas, a súa combustibilidade e a aplicación de técnicas

selvícolas axeitadas, e foi aplicada con cambios bruscos nos usos do monte e en

contra da vontade dos propietarios e da sociedade.”

(...)

"A extensión forestal, a calquera nivel, está practicamente ausente de

Galicia no medio rural, debido á falta de técnicos con coñecementos forestais no

seo dos Servicios de Extensión Agraria e á dedicación da Gardería Forestal a

outras funcións. A nivel técnico non se produciu unha relación institucionalizada

e efectiva entre os xestores e mailos investigadores.

Non existen canles formais que permitan a intercomunicación efectiva

entre os componentes do sector, desde a Administración ata os industriais,

pasando por comuneiros, propietarios, técnicos, gardería, persoas interesadas no

medio ambiente, uso recreativo do monte ou calquera outra actividade.”

(...)

"A loita contra os incendios debe partir dunha estratexia integrada na que

os propietarios, en primeiro lugar, e as Administracións implicadas (local,

provincial, autonómica e estatal) teñan ben claras as súas competencias e as

actuacións se fagan dun xeito organizado e coordenado.

A realidade é que en Galicia esta organización e coordenación ten fallos

moi graves, e mesmo a interpretación que se lle dá á delimitación de

competencias é en moitos casos confusa e diverxente. Esta falta de entendemento

e integración agrávase a partir do ano 1983 coas transferencias, decatándose

hoxe un desalento nos propietarios, que deixan o monte á súa sorte, unha falta de

organización dos recursos e unha inaxeitada asignación e distribución dos

mesmos.”

Page 5: Pnl age incendios ditame comisión 1987

O segundo aspecto máis salientábel do Dictame é que, no enunciado dos

obxectivos básicos, faise fincapé nos tres seguintes:

"1) Unha máis axeitada organización, coordenación, asignación e

distribución dos recursos que fagan máis eficaces as accións de institucións e

asociacións implicadas na loita contra os incendios.

2) Conseguir que as accións preventivas teñan progresivamente máis

importancia dentro dos plans xerais de loita contra os incendios forestais.

3) Que se considere que os efectos dos incendios forestais afectan a todo o

ecosistema con repercusións que transcenden o propio ámbito territorial da zona

afectadas, e que se poden manter durante longos períodos de tempo.”

En terceiro lugar, e congruentemente co devandito, o conxunto de 47

directrices enunciadas na sección "4. Resolucións", distribuense en catro frontes

temáticas de actuacións: A) Economía e Política Forestal (resolucións 1 a 22); B)

Prevención e extinción (res. 23 a 37); C) Impactos ecolóxicos (res. 38 a 45); e D)

Lexislación (res. 46 e 47).

Finalmente, o ambicioso "Plan de accións imediatas" co que remata o

Dictame propón un novo "corpo lexislativo" ad-hoc e un repertorio de directrices

concretas de imediata posta en prática (para o que nos remitimos ao Anexo

adxunto).

Van aló 26 anos de sucesivos gobernos na Xunta de Galiza -todo un cuarto

de século, nada menos. A simples leitura do Dictame pon de manifesto que a

imensa maioría das liñas de acción que propuña, aprobadas polo Pleno desta

Cámara, fican sen seren aínda levadas á práctica. É máis: o contido dos plans e

políticas forestais postas en prática dende aquela até hoxe van mesmamente en

direición contraria ás resolucións do Dictame no apartado de "Economía e

Política Forestal". Consecuentemente, a pandemia dos incendios forestais

continúa, os montes seguen a arder cada ano, e a dimensión da praga depende só

Page 6: Pnl age incendios ditame comisión 1987

das condicións climatolóxicas: só os 'bombeiros celestiais' que fan chover cando

lles cadra dan remate cada ano á catástrofe, mentras o poder executivo leva un

cuarto de século a facer caso omiso das directrices elaboradas e aprobadas en

sede parlamentar en 1987.

Por todo o devandito, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de

Esquerda, apresenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a adoptar e programar de

imediato as decisións e medidas político-administrativas, técnicas e loxísticas

necesarias para pór en aplicación as resolucións e directrices propostas polo

“Dictame da Comisión non permanente para estudio da problemática dos

incendios forestais” e aprobadas en sesión plenaria do Parlamento de Galicia con

data do 24 de novembro de 1987.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2013.

Page 7: Pnl age incendios ditame comisión 1987
Page 8: Pnl age incendios ditame comisión 1987
Page 9: Pnl age incendios ditame comisión 1987
Page 10: Pnl age incendios ditame comisión 1987
Page 11: Pnl age incendios ditame comisión 1987
Page 12: Pnl age incendios ditame comisión 1987
Page 13: Pnl age incendios ditame comisión 1987
Page 14: Pnl age incendios ditame comisión 1987
Page 15: Pnl age incendios ditame comisión 1987
Page 16: Pnl age incendios ditame comisión 1987
Page 17: Pnl age incendios ditame comisión 1987
Page 18: Pnl age incendios ditame comisión 1987
Page 19: Pnl age incendios ditame comisión 1987

Asinado dixitalmente por:

Page 20: Pnl age incendios ditame comisión 1987

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 16/09/2013 17:59:44

David Fernández Calviño na data 16/09/2013 18:00:07

María Consuelo Martínez García na data 16/09/2013 18:00:12

Antón Sánchez García na data 16/09/2013 18:00:16

Eva Solla Fernández na data 16/09/2013 18:00:20

Ramón Vázquez Díaz na data 16/09/2013 18:00:23

José Javier Ron Fernández na data 16/09/2013 18:00:25

Juán Manuel Fajardo Recouso na data 16/09/2013 18:00:27

Yolanda Díaz Pérez na data 16/09/2013 18:00:30