Plan proxecta parte 3 organización

5
Organización, desenvolvemento e metodoloxía A organización do traballo neste ”Consume para vivir, non vivas para consumir” desenvolveuse tendo en conta que participaron catro profesores de distintos departamentos, cun alumnado moi diverso e de niveis moi distintos. O primeiro que se fixo foi tratar de axustar os contidos aos estudos dos alumnos e alumnas participantes organizando da seguinte maneira: -Paloma Ruiperez, do departamento de Economía, traballou os temas relacionados co consumo responsable, co consumo sostido, co consumo segundo a segmentación de mercados e ca influencia da publicidade subliminal no consumo. Os alumnos e alumnas que participaron son os que cursaban a materia de economía en 1º de bacharelato. -Marjhory Vidal, do departamento de FOL, encargouse das queixas e reclamacións que poden realizar os consumidores, tanto na venda tradicional coma nas vendas por internet. Participou o alumnado que cursaba 1º de ciclo superior de administración e finanzas. - Luis-Jesús Fernández Rodríguez-Crespí, do departamento de Administración, traballou todo o relacionado co consumo colaborativo. O grupo que participou foi 1º de ciclo medio de xestión administrativa. -José Manuel Rodríguez Arosa, do departamento de Electricidade, encargouse do consumo responsable na vivenda. Participaron os alumnos que cursaban 1º de PCPI na rama de eletricidade. O procedemento empregado polo profesorado foi o seguinte: - Xerar o traballo en equipo: promovendo así a solidaridade, o espíritu de equipo, o respecto e a tolerancia. Ademáis, deberá desenvolver o sentido da responsabilidade e posibilitando as relacións entre o alumnado participante neste Galicons-net.

Transcript of Plan proxecta parte 3 organización

Page 1: Plan proxecta parte 3 organización

Organización, desenvolvemento e metodoloxía

A organización do traballo neste ”Consume para vivir, non vivas para consumir” desenvolveuse tendo en conta que participaron catro profesores de distintos departamentos, cun alumnado moi diverso e de niveis moi distintos.

O primeiro que se fixo foi tratar de axustar os contidos aos estudos dos alumnos e alumnas participantes organizando da seguinte maneira:

-Paloma Ruiperez, do departamento de Economía, traballou os temas relacionados co consumo responsable, co consumo sostido, co consumo segundo a segmentación de mercados e ca influencia da publicidade subliminal no consumo.

Os alumnos e alumnas que participaron son os que cursaban a materia de economía en 1º de bacharelato.

-Marjhory Vidal, do departamento de FOL, encargouse das queixas e reclamacións que poden realizar os consumidores, tanto na venda tradicional coma nas vendas por internet.

Participou o alumnado que cursaba 1º de ciclo superior de administración e finanzas.

- Luis-Jesús Fernández Rodríguez-Crespí, do departamento de Administración, traballou todo o relacionado co consumo colaborativo.

O grupo que participou foi 1º de ciclo medio de xestión administrativa.

-José Manuel Rodríguez Arosa, do departamento de Electricidade, encargouse do consumo responsable na vivenda.

Participaron os alumnos que cursaban 1º de PCPI na rama de eletricidade.

O procedemento empregado polo profesorado foi o seguinte:

- Xerar o traballo en equipo: promovendo así a solidaridade, o espíritu de equipo, o respecto e a tolerancia. Ademáis, deberá desenvolver o sentido da responsabilidade e posibilitando as relacións entre o alumnado participante neste Galicons-net.

- Facilitar a autonomía d@s alumn@s: explicando a funcionalidade das tarefas e traballos, e asesorando e permitindo a elección de temas de traballo ao alumnado.

En canto a estratexia didáctica, consistiu en exposicións por parte do profesor para explicar os novos contidos ao alumnado e visualización e análise de materiais audiovisuais.

Despois os alumnos levaran a cabo unha indagación que lle permitiu identificar elementos de información, analízalos e establecer conclusións.

Cada profesor traballou cos alumnos participantes no proxecto, no curso elexido para tal fin.

Dentro da aula, fixéronse grupos de 2-4 persoas que elixiron os temas para traballar en equipo.

Page 2: Plan proxecta parte 3 organización

Periódicamente, os profesores controlaron e asesoraron os traballos levados a cabo polos alumnos e alumnas do Proxecta.

De modo máis detallado o desenvolvemento do Proxecta levouse a cabo da seguinte maneira:

Os alumnos de 1º de Bacherelato participaron activamente no Proxecta. Todo este traballo foi coordinado pola profesora Paloma Ruiperez.

Os alumnos de 1º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas participaron activamente na elaboración do Proxecta Galicons-Net, concretamente na parte orientada ás Reclamacións. Todo este traballo foi coordinado pola profesora Marjhory Vidal Edreira.

Primeiramente a profesora responsable deste grupo recabou información sobre a materia obxecto do proxecto ca finalidade de transmitir aos alumnos a temática do mesmo.

Definíronse catro grupos de traballo os cales se lles asinou, a elección dos propios alumnos e co acordo da profesora, un área de traballo.

En concreto as areas temáticas foron as seguintes:

Dereitos do Consumidor:

-Como exercer os dereitos.

-Quén defende eses dereitos.

-Lexislación Básica.

Reclamacións:

-Diferenza entre Reclamación e Denuncia.

-Follas de Reclamación.

-Prazos de Reclamación.

Reclamacións a través de Internet.

Órganos de Reclamación.

Para comezar o traballo a profesora facilitou aos alumnos información acerca da temática así como unha webgrafía. No referente aos órganos de reclamación informóuselles aos alumnos acerca da existencia da Asociación de consumidores, Oficinas Municipais de información ao consumidor nos concellos, Servizos territoriais de consumo dependente da Comunidade Autónoma, así como a Xunta Arbitral de consumo.

O seguinte paso foi a busca de información por parte dos alumnos. A profesora guía a investigación dando as directrices a seguir e solucionando dúbidas que van xurdindo.

Os alumnos van aportando a profesora os resultados da súa busca para comprobar a idoneidade e concreción do tema.

Page 3: Plan proxecta parte 3 organización

Finalmente cada grupo presenta os seus traballos e preparan a exposición que foi presentada a outros grupos do centro.

Os alumnos de 1º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa participaron activamente no Proxecta. Todo este traballo foi coordinado polo profesor Luis-Jesús Fernández Rodríguez-Crespí.

Inicialmente o profesor marcou ao alumnado os grandes trazos de acordo coas bases do plan estruturado. A partir de aí o alumnado foi buscando na rede todo o que ten que ver co consumo colaborador en varias páxinas, cuestionando os demais compañeiros do centro, familiares, amigos. A coordinadora e o profesor asesoraron e orientaron o traballo a través de controis regulares.O traballo serviu para incidir na educación en valores e na potenciación de novas ideas e formas de actividades de intercambio alcanzables e próximas ao alumnado tanto como estudantes, como futuros profesionais, coma para a vida e a convivencia.

O grupo que participou estaba formado por:

Jessica Moledo Suárez

Angela Irigoyen Palacín

Os alumnos de 1º de PCPI de Electricidade participaron activamente no Proxecta. Todo este traballo foi coordinado polo profesor José Manuel Rodríguez Arosa .

O profesor elaborou un traballo e unha presentación no que se mostraron os diferentes tipos de luminarias e consumos de cada unha delas, xustificando o cambio das antigas por outras de mellores prestacións, resultando mais económicas e tendo en conta que debido a maior durabilidade, tal como se detallara na exposición , se mostrara que e unha forma de aforrar e consumir responsablemente.

Este traballo divideuse en grupos asignándolle a cada grupo unha serie de luminarias , das cales mediante a axuda do profesor, realizaron unha comparativa adecuada.

Os grupos estiveron formados por:

Grupo 1

Alvite Cotelo Juan Carlos

Domínguez lago Rodrigo José

Grupo 2

Quintela Otero Raúl

Rodríguez Sánchez Andrea

Grupo 3

Sánchez Domínguez José Luís

Page 4: Plan proxecta parte 3 organización

Suárez sureda Mario

Trillo Sánchez Miguel

A finalidade deste proxecto foi fomentar no alumnado un consumo responsable, tanto visto desde un punto de vista económico coma dende unha perspectiva ecolóxica.