Periódico secundaria gallego - entreculturas.org · débeda: o Club de París e o Club de...

16
móvete en Rede Rapaces e Rapazas Organiza: Colabora:

Transcript of Periódico secundaria gallego - entreculturas.org · débeda: o Club de París e o Club de...

móveteen Rede

Rapaces e Rapazas

Organiza: Colabora:

Periódico secundaria gallego 12/1/07 16:45 Página 1

Coordinación de Sensibilización: Raquel Martín. Responsable de Educación: Irene Ortega. Coordinación autoría: Jennifer Williams Ramos.Redacción: Raúl Rodríguez Mateos, Jennifer Williams Ramos. Ilustracións: Mónica Almanza. Coordinadora de Tradución: Amalia SantosGarcía. Tradución: Tagen Ata S.C.G. Dirección de arte e deseño gráfico: Maribel Vázquez. Depósito legal: M-34851-2005. Setembro2005. Impreso en papel reciclado.

Imaxinemos un mundo en que todos os nenos e nenas comen. En que todas aspersoas votan. En que todos os fogares teñen auga potable. En que ningunha

persoa moza desempregada elixe unha arma en lugar do seu futuro.

Ese é o mundo dos ODM. Logralo está ao noso alcance.

Erradicar a pobreza extrema e a fame

Lograr o ensino primario universal

Promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller

Reducir a mortalidade infantil

Mellorar a saúde materna

Combater o VIH/SIDA,o paludismo e outras enfermidades

Garantir a sostibilidade do medio ambiente

Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento

2

4

6

7

8

9

10

11

12

12

Débeda para dominar

Campaña Mundial pola Educación

A muller que move o mundo

Infancia Ameazada

Mulleres e ODM

Vulnerables a causa do VIH/SIDA

Contaminación atmosférica

Tsunami e outros desastres

Atallosao paso

¿Que é a REDE de Mozos e Mozas Solidarios?

2015: 10 anos para cambiar o mundo

ODM*

* Obxectivos de desenvolvemento do Milenio

sumario

Periódico secundaria gallego 12/1/07 16:45 Página 2

Se desexas máis información sobre a Campaña ¿Igual–Dá? ¡Escríbenos! Entreculturas-Fe y Alegría. Departamento deEducación para o Desenvolvemento. Pablo Aranda 3, Madrid 28006. E-mail: [email protected]

Entreculturas é unha organización non gobernamental, promovida pola Compañía deXesús, que defende o acceso á educación dos máis desfavorecidos, como medio de

cambio social, xustiza e diálogo entre culturas.

Desde hai anos apostamos pola promoción social dos excluídos do mundo.En Entreculturas estamos convencidos da necesidade de educar tamén aquí nos

nosos países do Norte para a comprensión dun mundo interdependente.

O periódico Móvete en Rede Rapaces e Rapazas forma parte de ¿Igual–Dá? Campañaeducativa pola inclusión e a equidade orientada a comprender a orixe das desvantaxes queimpiden a igualdade de oportunidades, especialmente no ámbito da educación, así como a

necesidade de compensalas para transformar as realidades de exclusión.Móvete en Rede Rapaces e Rapazas está dirixido ao alumnado de Secundaria

e propón actividades de transformación desde o cotián.

Porque non nos dá igual. ¡Queremos un mundo máis xusto para todos e todas!

presentación

Obxectivos:1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusiónasociados á desigualdade de oportunidades,especialmente no exercicio do dereito á educación.

2 Favorecer a reflexión e comprensión da equidade e a inclusión como parte das actitudes estratexias epolíticas encamiñadas á igualdade de oportunidades,facendo fincapé no ámbito educativo.

3 Promover actitudes e valores que facilitan aparticipación activa a nivel local e global natransformación de procesos de exclusión, conectandocon outras iniciativas sociais con este mesmo fin.

Periódico secundaria gallego 12/1/07 16:45 Página 3

...2

Nalgún momento da nosa vida pedimos ou deixamosprestado algo a outra persoa. Cando eu presto convértomeen acredor/a e a persoa que ten que devolverme o prestado éo meu/miña debedor/a. Cando falamos de países, gobernos einstitucións utilizamos os mesmos termos para distinguirquen presta e quen debe devolver o prestado.

Quen presta diñeiro aos países, empresas ou calquera outrodebedor poden ser organismos internacionais como o FondoMonetario Internacional (FMI), o Banco Mundial (BM), oBanco Interamericano de Desenvolvemento (BID), bancosprivados, gobernos doutros países, inversionistasinternacionais, etc. e denomínaselles acredores. Cando unpaís recibe un préstamo e ten que devolvelo debe facelopagando un xuro, é dicir, devolvendo a cantidade recibidamáis outra cantidade adicional.

Cando falamos da débeda externa estámonos referindo a untipo particular de débeda, na cal o debedor ten un préstamodo exterior. Os países do Sur son os principais entes que seendebedan. A débeda externa é un mecanismo por medio docal se obteñen recursos para distintos propósitos: realizarobras sociais (escolas, hospitais, formación), obras de infra-estrutura (estradas, pontes, acuedutos, telecomunicacións) oupara outro tipo de necesidades.

Non obstante, os posibles efectos positivos poden convertersenunha carga insoportable para os habitantes dun país. Así,se a moeda local perde valor ou se os xuros son abusivos, adébeda que terá que pagar pode variar facendo inestable aeconomía do país en xeral. Se temos en conta que a economíamundial está controlada por varios mercados (Nova York,Londres, París,Toquio) e polas potencias mundiais (G-8), istoquere dicir que poden controlar os países que teñen débedas epoden esixirlles que realicen esforzos supletorios (deixar deinvestir en sanidade, educación, infraestruturas e utilizar ese

diñeiro para pagar a débeda). É por isto que falamos de Paí-ses Altamente Endebedados, ou empobrecidos, que non podendevolver as súas débedas. Existen dous clubs para negociar adébeda: o Club de París e o Club de Londres. Nestes clubsreúnense os acredores, no primeiro atopariamos os acredorespúblicos, gobernos e bancos públicos, e no segundo, acredoresprivados, bancos privados e inversores. Cada un reúnese paraanalizar a situación dos países e a capacidade de devolver oque lles deben e o que teñen que facer para devolvérllelo.

¿Que consecuencias ten para un país a acumulación dedébeda externa?

Á débeda externa convértese nun instrumento de presión po-lítica. Existen países con débeda externa en todos os conti-nentes, pero non hai un trato equitativo. Segundo a ONU, nosanos 80 os tipos de xuro para os países pobres foron catroveces máis altos que para os países ricos. Aproximadamenteo 60% da débeda externa é propiedade dos grandes bancosprivados. Calcúlase que cada habitante do Sur debe ao nacer455 euros, pero hai países nos que esta cifra ascende a4.200 euros por persoa.

O caso de Arxentina

“Cando derrocan o goberno de Isabel Perón o país tiña 8 milmillóns de dólares de débeda externa, cando os militares lleentregan o goberno a Alfonsín a débeda ascende a 45 milmillóns de dólares. Hoxe a débeda externa arxentina alcanzacos xuros a máis de 200 mil millóns de dólares.

Este é o panorama que temos, nós estamos falando de demo-cracia, que non é poñer o voto nunha urna, democracia signi-fica dereito e igualdade para todos”.

Adolfo Pérez Esquivel, arxentino e premio Nóbel da paz.

01Erradicara pobrezaextrema e

a fame

Débedapara dominar

Periódico secundaria gallego 12/1/07 16:45 Página 4

Actividade: – Investiga: ¿Que é a RCADE?,¿que opinas desta iniciativa?Visita a web: www.rcade.org

Definicións:1 G-8: Foro político e económico formado polos sete países máis industrializados do mundo (Francia,Canadá, Alemaña, Italia, Xapón, Reino Unido, Estados Unidos) e Rusia.2 Condonación da débeda: Liberar os países máis pobres do pagamento da débeda.3 Programa de Axuste Estrutural: Políticas impostas aos países empobrecidos por parte das instituciónsinternacionais (FMI, Banco Mundial) que consisten en reducir os investimentos do país debedor (en saúde,educación, infraestruturas...) para poder facer fronte aos seus pagamentos.

máisinformación { — Estado Mundial da Infancia 2005

http://www.unicef.cl/centrodoc/emundial2005.htm — Campaña Pobreza Cerohttp://www.pobrezacero.org/intro.htm— Observatorio da débeda na Globalizaciónhttp://www.debtwatch.org/cast/herramientas/glosario/index.php — Campaña ¿Quien debe a quien?http://www.quiendebeaquien.org/

Arxentina é un país rico en recursos e materias primas. “Produce alimentos para satisfaceras necesidades de 300 millóns de habitantes... segundo cifras oficiais, en Arxentina hai260.000 nenos desnutridos”.El País, 16 de novembro de 2002.

...3

Periódico secundaria gallego 12/1/07 16:45 Página 5

...4

"Millóns de persoas ao redor do mundo están facendo un chamado aos seus gobernos para que propor-cionen educación básica gratuíta e de boa calidade a todos os nenos e nenas do mundo. Eles son parteda Campaña Mundial pola Educación; nós sumamos as nosas voces ao seu chamado."Nelson Mandela e Graça Machel, abril 2002.

A educación é un dereito humano fundamental.

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos de NaciónsUnidas (1948) recoñece a educación como un dereito humanofundamental.

Un dereito humano é algo absolutamente necesario paravivir unha vida digna e segura. Algúns exemplos de dereitoshumanos fundamentais son os alimentos, a auga e o refuxio.

A Campaña Mundial pola Educación promove a edu-cación como un dereito humano básico e mobiliza a cidada-nía sobre gobernos e a comunidade internacional para quecumpran as súas promesas de prover educación básica libre,obrigatoria e pública a todo o mundo; en particular a nenos,mulleres e sectores desfavorecidos e en desvantaxe na so-ciedade.

A CME, fundada en 1999, reúne a ONG importantes e sindi-catos de mestres en máis de 150 países ao redor do mundo.

Máis de 100 millóns de nenos e nenas sen educación

–– Máis de 100 millóns de nenos/as, a maior parte nenas,non asisten nunca ao colexio. Destes nenos e nenas senescolarizar, 44 millóns viven en África, 32 millóns viven noSur e Oeste Asiáticos, 14 millóns viven no Leste Asiático emáis de 10 millóns en América Latina.

–– Un terzo de todos os nenos/as, e un de cada dous enÁfrica, nunca completa cinco anos de educación primaria (a

duración mínima de educación necesaria para alcanzar aalfabetización básica).

–– Máis de 140 millóns de mozos, de idades entre 15 e 24,chegan á maioría de idade analfabetos. Destes mozos anal-fabetos, 83 millóns viven no Sur e Oeste Asiáticos, 30 millónsviven en África, e 13 millóns viven nos Estados Árabes.

Pensando en solucións

Segundo a UNESCO, o custo de cumprir o obxectivo defacilitar educación a todos os nenos e nenas do mundo seríade 8.000 millóns de euros por ano. Os gobernos mundiaisgastan esta cantidade en defensa cada catro días.

Algo menos que a metade desta cantidade, é dicir 3.800millóns de euros por ano, tería que ser unha achega dos paísesricos, na forma dun incremento na axuda aos países pobrespara a educación básica.

A outra metade tería que ser unha achega dos propios paísespobres, que necesitarían incrementar os seus propios orza-mentos de educación.

A Campaña Mundial pola Educación promove a nivel mundiala Iniciativa por Vía Rápida polo acceso á Educación queintenta implicar a gobernos de países do Sur na elaboraciónde plans de mellora do seu sistema educativo.

Os Membros da Campaña Mundial pola Educación cremosfirmemente que erradicar a falta de escolarización de todos os

02Acadar o ensino

primario universal

CampañaMundial polaEducación

Periódico secundaria gallego 12/1/07 16:45 Página 6

...5

nenos e nenas do mundo é posible. Para isto é necesaria acolaboración e o compromiso dos gobernos do Norte e do Sur.

Os gobernos do Sur deben:

–– Destinar polo menos o 3% do seu PIB á educación básica.

–– Eliminar as cargas e custos, e dotar de axudas á infanciaque atravesa maiores dificultades, como as nenas, os orfosdo VIH/SIDA ou aqueles máis pobres.

–– Acabar coas formas máis duras de traballo infantil, comofoi acordado polos gobernos de todo o mundo nas Conven-cións 182 da Organización Internacional do Traballo.

–– Levar a educación máis alá das escolas. Encontrar víasflexibles que doten de educación aos grupos con máis dificul-tades de acceso, como as nenas e nenos traballadores ou osmozos analfabetos.

–– Establecer metas concretas para mellorar a calidade e oslogros de aprendizaxe.

Os Gobernos dos países ricos deben:

–– Destinar polo menos o 0,7 % do seu PNB á Axuda Oficialao Desenvolvemento e polo menos o 10% desa cifra áeducación.

–– Estender a Iniciativa por Vía Rápida e que esta se afirmeen plans nacionais orientados cara á “Educación para todose todas” proporcionando aos países empobrecidos a axudanecesaria para conseguir que todas as nenas e nenos sexanescolarizados.

–– Traballar xuntos. Coordinar os esforzos entre doadores epaíses receptores da axuda e así reducir os custos de xestióne seguimento.

¡Queremos escoitarte!

Para recibir calquera información complementaria contactacon Campaña Mundial pola Educación en España:[email protected]

máisinformación { — Campaña Mundial pola Educación

http://www.cme-espana.org/index.html — Iniciativa por Vía Rápida en Educaciónhttp://www.cme-espana.org/action_FTI.html

Periódico secundaria gallego 12/1/07 16:46 Página 7

...6

Un dos grandes retos mundiais é acadar un maior desenvol-vemento económico con equidade social. O acceso a iguaisoportunidades para homes e mulleres aínda ten un longocamiño por percorrer.

As desigualdades persisten debido a que en moitos países asinstitucións sociais e xurídicas aínda non garanten a igualdadeda muller en materia de dereitos xurídicos e dereitos humanosbásicos.

A participación activa das mulleres na vida económica epolítica dunha sociedade mídese a través do índice de poten-ciación de xénero (IPX). Este índice ocúpase da desigualdadede xénero en áreas clave da participación e do poder de

decisión económico e político. Examina a proporción deescanos parlamentarios que ocupan as mulleres, a cantidadede lexisladoras mulleres, de funcionarias de alto nivel ouexecutivas de nivel xerencial e de mulleres profesionais etécnicas, ademais da disparidade de xénero en termos de in-gresos percibidos, o cal reflicte a independencia económica.

Se ben é certo que en todos os países hai cabida para melloraraínda máis as oportunidades dispoñibles para as mulleres eque a maioría aínda ten moito camiño que percorrer paralograr a plena potenciación da muller na sociedade.

Fonte: Programa das Nacións Unidas para o Desenvolve-mento (PNUD).

A muller que move o mundo coa súa boca, non se deixa acovardar pola derrota, e fala e ten tanto quedicir, e fala ata encontrar a solución, confesa o seu temor e a súa paixón para sobrevivir.Presuntos Implicados

03Promovera igualdade

entre osxéneros

e a autonomíada muller

A muller que move o mundo...

Máisinformación { — Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento

http://www.undp.org/spanish— Panorama sociolaboral da muller en Españahttp://www.redfeminista.org/nueva/uploads/N40pamuj.pdf

Actividades:– Investiga: ¿Onde se atopan os países con maior IPX?, ¿que sucede con aqueles que teñen un índice máisbaixo?– Busca información en diarios e revistas sobre estes países e comproba os datos achegados polo PNUD.– Investiga: ¿Cal é o IPX de España?, ¿a que o atribúes?

Periódico secundaria gallego 12/1/07 16:46 Página 8

–– A pobreza é a causa fundamental das taxas elevadas demorbilidade1 e mortalidade2 na infancia. No Sur empobrecido,un de cada tres nenos non dispón dunha vivenda adecuada, unde cada cinco nenos non ten acceso á auga potable, e un decada sete carece de acceso a servizos esenciais de saúde.Máis dun 16% dos menores de cinco anos non reciben unhanutrición adecuada e un 13% de todos os nenos e nenas nonacudiron nunca á escola.

–– Conflitos armados. Desde 1990, os conflitos custarondirectamente as vidas de 3,6 millóns de persoas, un 45%destes mortos eran nenos e nenas. Centos de miles de menoresde idade están atrapados en conflitos armados como soldados,vense obrigados a converterse en refuxiados ou en persoasinternamente desprazadas, sofren a causa da violencia sexual,dos malos tratos e da explotación, ou son vítimas dos restosde explosivos de guerra.

–– VIH/SIDA. É a causa principal de mortalidade en todo omundo para as persoas de 15 a 49 anos; só en 2003, 2,9millóns de persoas morreron de VIH/SIDA e 4,8 millóns depersoas contraeron a infección. Máis do 90% das persoasque viven actualmente con VIH/SIDA atópanse nos países doSur. Na África Subsahariana, o VIH/SIDA conduciu a unaumento da mortalidade na infancia, a unha grave reduciónda esperanza de vida e á aparición de millóns de orfos.

Fonte: Estado Mundial da Infancia 2005.

1 Proporción de persoas que enferman nun sitio e tempodeterminados.

2 Taxa de mortes producidas nunha poboación durante untempo dado, en xeral ou por unha causa determinada.

“Soamente a medida que nos acheguemos á realización dos dereitos de toda a infancia, os países ache-garanse aos obxectivos do desenvolvemento e da paz”.Kofi A. Annan

04Reducir amortalidade

infantil Infanciaameazada

máisinformación { – UNICEF: Informe Estado Mundial da Infancia 2005

http://www.unicef.cl/centrodoc/emundial2005.htm – PNUD-Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvementohttp://www.undp.org/spanish – Coalición Española para acabar con la Utilización de los Niños Soldadoshttp://www.menoresoldado.org

Actividades: – Busca información nas webs propostas.– Únete á Campaña contra a utilización de nenossoldados.– Amplía a información con noticias de diarios eartigos de revistas.– Investiga quen é China Keitetsi.

...7

Periódico secundaria gallego 12/1/07 16:46 Página 9

...8

En catro dos oito Obxectivos do Milenio menciónase ásmulleres de maneira especial:

Obxectivo 3: Promover a igualdade entre os xéneros e aautonomía das mulleres.

Obxectivo 4: Reducir a mortalidade infantil.

Obxectivo 5: Mellorar a saúde materna.

Obxectivo 6: Combater o VIH/SIDA, o paludismo e outrasenfermidades.

O acceso á educación é fundamental para a autonomía dasmulleres, para ampliar a súa autoestima e a súa capacidadede participación e decisión, para abrir o marco das súasoportunidades e o acceso a espazos de desenvolvemento.En moitos

países do Sur as nenas e as mozas abandonan pronto a escola econ moita maior frecuencia que os rapaces. Esta disparidade enrelación coa escolarización en parte explica a existencia de 600millóns de mulleres que seguen sendo analfabetas.

Un dos indicadores máis significativos á hora de mostrar asituación da muller é a relación que existe entre as súas con-dicións de vida e as causas de morte. Unha muller africanaten 500 veces máis probabilidades de morrer por causasrelacionadas co seu embarazo que unha muller escandinava.

Nos países en desenvolvemento, cada ano 585.000 mulleresperden a vida como resultado do embarazo, e por cada unhaque morre hai 13 que teñen enfermidades pola mesma causa.As complicacións post-parto son unha das causas máisimportante da mortalidade materna, e o 35% desta débesea enfermidades de transmisión sexual.

05Mellorara saúdematerna

Mullerese ODM

feitos e cifras

– A feminización do contaxio do VIH/SIDA foi evidente en toda a rexión de América Latina.– A pesar de ser facilmente evitables, as mortes por aborto inseguro e complicacións do embarazo,parto e puerperio seguen sendo as principais causas das mortes maternas nestes países.– A diferenza entre o ingreso no mercado laboral das mulleres e o dos homes segue sendo bastantealta. As mulleres reciben un 50% do salario percibido por un home na mesma posición.

Fonte: Julieta Lemaitre, Luisa Cabal e Mónica Roa, Cuerpo y Derecho: legislación yjurisprudencia en América Latina, Editorial Temis, Colombia, 2001. www.whrnet.org

Actividades: Busca información nas seguintes webs:– Amnesty International en liña: www.amnesty.org– IV Conferencia Mundial sobre as Mulleres: www.undp.org/fwcw– Fondo de Poboación das Nacións Unidas: www.unfpa.org– Organización Mundial da Saúde (OMS): http://www.who.int/about/es/index.html

{

Periódico secundaria gallego 12/1/07 16:46 Página 10

...9

Ao redor de 15 millóns de menores de 18 anos quedaronorfos debido ao VIH/SIDA a finais de 2003. Oito de cadadez destes nenos e nenas viven na África Subsahariana.Calcúlase que para 2010 máis de 18 millóns de nenos enenas africanos perderán a un ou aos dous proxenitoresdebido ao VIH/SIDA.

A perda dun proxenitor implica moito máis que a desaparicióndun coidador/a. Afecta a todos os aspectos da vida dun nenoou dunha nena: o seu benestar emocional, a súa seguridadefísica, o seu desenvolvemento mental e a súa saúde xeral.Prívaos do dereito a vivir nun contorno familiar. Implica aperda dunha parte da rede de seguridade contra a violencia,o abuso, a explotación e a discriminación, factores todos elesque contribúen a illalos aínda máis en momentos en quenecesitan o maior coidado e apoio posibles. Nos casos máisgraves, os nenos e nenas poden encontrarse completamenteprivados do apoio familiar e rematan vivindo nas rúas.

O dereito á educación periga con frecuencia cando os coida-dores/as enferman ou morren, debido a que a nena ou neno

ten que abandonar a escola para asumir as funcións adultasde ocuparse e manter as súas familias.Tamén ocorre o mesmoco dereito ao descanso, ao xogo e á recreación. Debido a queo VIH/SIDA agrava a miúdo a pobreza, aumenta o perigo derealizar traballos perigosos e de ser vítimas da explotación.

ACCIÓN:

Respectar os dereitos das nenas e nenos orfos ou vulnerablesa causa do VIH/SIDA debe ser unha prioridade internacionaldurante os próximos vinte anos. Para conseguilo, é precisotomar medidas en varias frontes:

• Limitar a propagación da SIDA.• Dedicar os fondos necesarios para apoiar programas desti-nados aos orfos e nenos e nenas vulnerables.• Asegurar o acceso aos servizos esenciais, entre eles a edu-cación, a atención da saúde e a inscrición do nacemento.

Fonte: Estado Mundial da Infancia 2005.

06Combatero VIH/SIDA, o paludismo

e outrasenfermidades

Nenos e nenas orfos ou vulnerablesa causa doVIH/SIDA

máisinformación { Fonte: Estado Mundial da Infancia 2005

http://www.unicef.cl/centrodoc/emundial2005.htm

Actividades:– Busca o significado de epidemia, pandemia e endemia. ¿Onde se desenvolven estetipo de enfermidades?– Investiga que é o paludismo e cales son as poboacións máis afectadas. ¿por que se dique o paludismo é unha endemia?, ¿ocorre o mesmo co VIH/SIDA?, ¿por que?

Periódico secundaria gallego 12/1/07 16:46 Página 11

...10

A maioría das veces non tomamos en serio as consecuenciasque producen certas accións: fumar, conducir o coche, utilizarbolsas de plástico... só nos damos de conta dos seus efectoscando enfermamos ou nos afectan persoalmente.

¿Sucede o mesmo cunha enfermidade global que ameaza osbosques? Quizais pensamos que é un tema afastado, para odebate entre políticos ou consideramos que non ten relacióncoa nosa vida. Porén, as accións que cada persoa fai durante“o seu día a día” forman parte dunha gran cadea na que asconsecuencias chegan alí onde non estivemos nunca, talvezlugares que non coñezamos nin de oídas. Tamén sucede aorevés, o que se decide a miles de quilómetros aféctanosdirectamente.

Lonxe: A superficie dos bosques representa só un 14% doplaneta, non obstante, realiza unhas funcións de grandeimportancia para todos:

• Transforman os dióxidos en osíxeno: unha hectárea de bos-que tropical pode neutralizar unhas dez toneladas de dióxidode carbono ao ano.• Evitan o quentamento da Terra e son un factor estabilizadordas estacións climáticas.

Non obstante... a deforestación avanza a un ritmo duns 17millóns de hectáreas ao ano. As selvas tropicais, localizadasna súa maioría en América do Sur e Central e o SuesteAsiático, sofren a diario a tala indiscriminada das súasárbores. Cada minuto que pasa queda arrasada unhasuperficie de selva equivalente á dun campo de fútbol.

Preto: A principal contribución de monóxido de carbonoprovén dos automóbiles e representa unha ameaza para asaúde, provocando mareos, fatiga, somnolencia, problemasvisuais e incluso afeccións cardíacas e pulmonares.

• As emisións de dióxido de carbono (CO2) debidas ao con-sumo de enerxía primaria (carbón, petróleo e gas natural)durante o 2000 foron un 35% superiores a 1990, ano dereferencia para o compromiso de redución de emisións doProtocolo de Quioto.

Conclusión:O mundo non goza de boa saúde ¿Que facemos?

1) Abrimos máis hospitais e tomamos máis medicinas.2) Pasamos de todo, total non nos sentimos afectados/as.3) Coidamos os nosos pulmóns.

07Garantir asostibilidade

do medioambiente

Contaminaciónatmosférica

máisinformación { Protocolo de Quioto sobre o cambio climático

http://europa.eu.int/scadplus/leg/es/lvb/l28060.htm

Actividades:– Elixe unha das respostas e razóaa.– Investiga sobre alternativas aos problemas que se sinalan no artigo.

Malia saber que o mundo ía acabar mañá, hoxe aínda plantaría unha árbore.Martin Luther King

Periódico secundaria gallego 12/1/07 16:46 Página 12

...11

As numerosas horas de información, testemuños de supervi-ventes e imaxes incribles conmoveron á comunidade interna-cional o 26 de decembro de 2004 espertando a solidariedadeda sociedade como poucas veces se lembra. O perigo, comoen tantas outras ocasións, é que a solidariedade se durma encanto os medios de comunicación desvíen o seu interese caraa outras noticias. Así ocorreu con outros desastres naturaise humanos e así ocorrerá con este se cae no esquecemento.Debemos facer un esforzo colectivo e lembrar que a solida-riedade vai máis alá das noticias, non pode estar de moda,pois a pesar de non saír nos telexornais, as persoas seguenvivindo coas consecuencias desastrosas da tsunami e coarealidade de pobreza que tiñan antes do desastre natural.

¿Que é entón a axuda solidaria? ¿Acaso non serve a axudaprestada aos países afectados?

Este desastre sen precedentes tivo unha gran respostainternacional, a cal debe significar unha oportunidade para

crear unha nova solidariedade global que loite por erradicardesastres humanos permanentes como son a pobreza, aguerra, a falta de educación, discriminación por razón dexénero ou etnia, que non teñen a súa orixe en causas naturaispero que tamén teñen efectos devastadores.

Esta zona do planeta atópase inmersa en diversos desastrescase permanentes que quedarán agravados pola tsunami:

• Cinco dos oito países máis afectados pola tsunami sofrenun conflito armado. En Indonesia, Sri Lanka, India,Tailandiae Somalia hai guerra, mentres que Myanmar e Maldivasatravesan graves situacións de tensión, enfrontamentos erepresión.

• O problema da fame é crónico.

• O tráfico sexual de mulleres e nenas é unha realidadepreocupante.

08Fomentarunha asociación

mundial para odesenvolvemento

Tsunami e outrosdesastres

máisinformación { Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento.

Informe sobre Desenvolvemento Humano.http://hdr.undp.org/reports/global/2004/espanol

Actividades:– Realiza unha investigación sobre os países afectados pola tsunami,investiga que lugar ocupan na lista de PNUD sobre desenvolvemento.– ¿Que información che chega actualmente desta catástrofe a través dosmedios de comunicación?– ¿Consideras que abonda cunha xenerosa axuda momentánea?– ¿Como poden superarse outros desastres humanos?

Se buscas resultados distintos, non fagas sempre o mesmo.Albert Einstein

Periódico secundaria gallego 12/1/07 16:46 Página 13

...12

ATALLOSao paso

Moitas son as cousas que podemosfacer por moi pequenas que nosparezan, se sumamos os nososesforzos xeraremos cambiosimportantes. Pensar que non podemosfacer nada é darnos por vencidos, énon saber valorar as nosascapacidades como persoas e comocolectivo... se sumásemos o númerode pasos que imos dar nun día aomellor sentiriamos moito cansazoantes de erguernos pola mañá; sepensásemos na importancia que tenun único paso ¿Dexergariamos ocamiño que percorremos?

•Utiliza transportes alternativos aocoche privadoUn dato: Cada 20.000 kmpercorridos en coche emítense ao

ambiente unhas tres toneladas deCO2.

Alternativas– Utiliza o transporte público, se vivesen Madrid ten en conta que a EMT(Empresa Municipal de Transportes)porá en servizo 250 autobuses quecircularán con biodiésel.– Visita as seguintes webs antes dedar o teu próximo paseo:www.viasverdes.com ewww.conbici.org e anímate a utilizara bici ou a camiñar.

• Compra produtos de comercioxusto, de produción ecolóxica e sepoden ser de economía social:– Visita as tendas de Comercio Xustoda túa cidade, son unha boa

alternativa para comprar produtoscomo café, galletas, chocolate, etc.– tamén podes encontrar xabón,froita, carne, iogures ou panecolóxicos, roupa e libros.www.laceiba.org,www.intermonoxfam.org,www.setem.org.

• Cambia o plásticoUn dato: o 9% dos refugallos sólidosurbanos en España corresponden aosplásticos (case unhas mil catrocentastoneladas ao ano). Unha gransuperficie regala aos seus clientesaproximadamente 70 millóns debolsas de plástico cada mes.¿Ocórrenseche alternativas?

¡Ponas en práctica!

“Podemos comer alcachofas todo o ano, podemos levar a comida preparada en cómodas bandexas depoliexpán, podemos gozar dos servizos de moitos electrodomésticos, podemos manter tendas, rúas eestradas ben iluminadas todas as noites... pero non podemos á vez habitar o planeta de forma sostible”.Revista Opcions, nº 15

As Redes de Mozos e Mozas Solidarios:Unha aposta pola participación e a cidadaníaA Rede é unha proposta para mozos e mozas entre 14 e18 anos, de segundo ciclo da ESO, Bacharelato e niveisequivalentes dos ciclos de formación.

A Rede é un proceso que pretende que os mozos e as mozastomen conciencia da súa realidade como cidadáns/ás ecomo suxeitos colectivos e, desde aí, asuman a súa corres-ponsabilidade na construción dunha realidade local e glo-balmente xusta. A rede quere ser tamén un espazo no queaprender e desenvolver a participación, a democracia e atransformación social.

Na actualidade hai seis redes en marcha:Andalucía,Madrid,Murcia, Galicia,Valencia e Asturias.

Cada Rede ten peculiaridades de funcionamento, pero basi-camente presenta unha estrutura formada por:

– Asemblea: Unha xornada na que un grupo entre 80 e 200mozos de diferentes centros educativos se reúnen parareflexionar, formarse e compartir inquedanzas e iniciativasao redor da construción dun mundo máis inclusivo.

– Grupos nos centros educativos: Os mozos e mozas queconforman a Rede reúnense e desenvolven unha axenda so-lidaria con diferentes actividades ao longo do curso. Pretén-dese que non sexa só un grupo de acción senón tamén dereflexión.

Para que os mozos e mozas poidan vivir esta experienciacontan co apoio e acompañamento dun profesor-titor e doequipo de Redes de Entreculturas.

A Rede quere expresar na súa propia estrutura a diversida-de, por iso o noso desexo é traballar con centros concerta-dos, públicos e privados cun perfil plural do alumnado.

¿Que queremos construír?A Rede de Mozos e Mozas Solidarios ten o desafío de serunha experiencia de participación activa como exercicio deconstrución colectiva de cidadanía onde os mozos e mozassexan protagonistas.Onde teñan voz e palabra.E onde todosos actores (profesores, responsables da Rede, Entrecul-turas…) tamén teñan a oportunidade de ser, xunto con elese elas, suxeitos sociais e políticos.

Xente que le a realidade para cambiar a historia.

Periódico secundaria gallego 12/1/07 16:46 Página 14

Se estás interesado/a en máis información sobre aRede, ponte en contacto con: [email protected]

Periódico secundaria gallego 12/1/07 16:46 Página 15

Non nos dá igual¡Queremos un mundo máisxusto para todos e todas!

Organiza: Colabora:

Campaña educativa pola inclusión e a equidade.

Periódico secundaria gallego 12/1/07 16:46 Página 16