Pepe Galán · de focalizar e potenciar o concepto de balei-ro deixado polas cepas. Transferimos a...

10
Pepe Galán movemento/traxectoria transferencia/desprazamento

Transcript of Pepe Galán · de focalizar e potenciar o concepto de balei-ro deixado polas cepas. Transferimos a...

Page 1: Pepe Galán · de focalizar e potenciar o concepto de balei-ro deixado polas cepas. Transferimos a vexetación a unha ladeira do pazo, formando con esta un segmento direccional que

Pepe Galánmovemento/traxectoria

transferencia/desprazamento

Page 2: Pepe Galán · de focalizar e potenciar o concepto de balei-ro deixado polas cepas. Transferimos a vexetación a unha ladeira do pazo, formando con esta un segmento direccional que
Page 3: Pepe Galán · de focalizar e potenciar o concepto de balei-ro deixado polas cepas. Transferimos a vexetación a unha ladeira do pazo, formando con esta un segmento direccional que

Sobre o terreo, dentro e fóra dos límitesdo Pazo de Mariñán, intentei transmitir unhaidea aplicada a dúas actividades que apa-rentemente son inconexas, pero, en realida-de, resultan complementarias para entenderos conceptos que desexo resaltar.

Por unha parte, o movemento/traxectoriaprovocado polos elementos naturais e poroutra, a transferencia/desprazamento provo-cado pola intervención do home.

Para a primeira intervención, elixín comolugar a marisma do Pazo de Mariñán, ondese utilizou un material inorgánico para cons-truír un prisma de cristal que exercese comonarrador de tempo ou marcador de mareas,oscilación de auga e traxectoria de luz, a tra-vés do cal se puidese ver secuencialmente opaso do sol. Á súa vez, o obxecto, pola súacalidade de transparencia, permitise a fusiónco contorno ampliando, deste modo, osseus límites.

Escribe Javier Maderuelo, sobre o subli-me no land art: "O afán de inmensidade porsuperar límites físicos da obra a través daescala do territorio; o carácter modular queinsinúa unha progresión da obra ata o infini-to; a limpeza das abstractas caixas minima-listas, herméticas como cristais; que suxirenun recollemento solitario e silencioso;…"(Arte y natureza I, p. 101).

Na segunda optei por utilizar un elemen-to orgánico como a vide, culturalmente moiarraigado na zona. A acción levouse a cabonun viñedo situado en Betanzos, ás beirasdo río Mandeo. Comezamos por liberar uncírculo de 20 m de diámetro, coa intenciónde focalizar e potenciar o concepto de balei-ro deixado polas cepas.

Transferimos a vexetación a unha ladeirado pazo, formando con esta un segmentodireccional que marcase unha dirección deida e volta. O sentido da acción foi represen-tar simbolicamente a emigración galega (dopasado e do presente) coa conseguinteinfluencia sobre o medio.

Apunta no seu libro Tonia Requejo, nocapítulo terceiro, "El discurso del tiempo": "Através da súa relación coa natureza, o artistaasóciase a un mundo remoto, o das súas ori-xes primitivas. Este aparente regreso a cultu-ras primixenias non ha de entenderse comounha proxección nostálxica do pasado,senón como unha mirada crítica que revisa a

actualidade con certa sospeita. Mediante assúas intervencións, o artista cuestiona o con-cepto non xa só de arte, senón de cultura,progreso, ciencia e ata realidade, que ohome asume normalmente. ... senón unhaalarma que se dispara para indicarnos queaínda somos tal e como fomos..." (LAND ART,cap. 3º, p. 37).

A materia prima utilizada nas dúas inter-vencións foi de refugallo (cristais laminadosreciclados, característicos na miña obra, evexetación que ía ser cambiada por outraprevista nun próximo proxecto de repoboa-ción autóctono que se reciclou para darlugar a unha elaboración artística.

En síntese, tanto na primeira actividadecomo na segunda inténtase demostrarcomo o movemento inflúe no contorno, bensexa de maneira natural, como ocorre na pri-meira onde a intervención do home é mínimaou como na segunda onde o home é o prin-cipal interventor de traslado e cambio.

Quero destacar a intencionalidade doproceso como a autentica obra de arte, aexperiencia do traballo en equipo e a xene-rosa disposición do viticultor LorenzoBescansa, a implicación do Club dePiragüismo de Betanzos, e moi especial-mente, as achegas ao proxecto dos meuscolaboradores: Ana, Eustaquio, Gonzalo,Nico, Paula, Santi, porque sen eles, posible-mente, o resultado non sería o mesmo.

Pepe Galán

Movemento/Traxectoria_Transferencia/Desprazamento

Page 4: Pepe Galán · de focalizar e potenciar o concepto de balei-ro deixado polas cepas. Transferimos a vexetación a unha ladeira do pazo, formando con esta un segmento direccional que

cara a ela, e tampouco esta nos deixa absor-tos nun pensamento abstracto e difuso xaque é transparente e mimetízase co seu con-torno con moita facilidade, permitindo que anosa ollada observe todo o movemento demariña.

Intervención nos xardíns deMariñán.

Transplantáronse unha serie de videstraídas da beira do Mandeo en Betanzos,cheas de uvas e con moitas follas, en plenoproceso de maduración. Non interesaba quese afianzasen na terra senón que servisencomo un exemplo de como un ser vivo seadapta a outro terreo con outros recursosdiferentes, esta vez o ser vivo pertencía áflora, pero valía para exemplificar o que unser humano pode sufrir cando ten que emi-grar. Cada persoa é diferente, polo que sintediferente e é capaz de adaptarse dunhaforma diferente debido aos seus recursos,pero todos teñen a oportunidade de vivirdunha forma ou outra.

Foi todo representado dunha formaesquemática, co punto e a liña. O punto esti-vo en Betanzos, o de orixe, o que xera unposterior movemento de elementos quedebuxan unha liña, nunha das ladeiras doxardín do pazo, esta vez con intención deretorno aínda que só quede nun soño...coma o dos seres que ansían unha vidamellor para o cal se precisan unha serie delogros.

O traballo en grupo fixo posible a realiza-ción desta tarefa, o diálogo entre os seuscompoñentes, o entendemento entre estescreou un tipo de traballo ameno e similar otraballo empírico dos artesáns, onde a infor-mación vén dada da práctica e da copia dotraballo feito polos antepasados, adquirindoasí este un carácter propio con característi-cas do momento e do lugar onde foi levadoa cabo.

Intervención na mariña do pazo.

Esta intervención consistiu na elabora-ción dunha escultura feita con metal e vidro,de base triangular en metal, como soporteduns vidros, material de refugallo, que teríana función de reflectir o efémero da natureza.Cando a marea sube ou baixa trae consigorestos de materiais que se adhiren á escultu-ra e fan que lembremos que o mar é algoque está en continuo movemento como asociedade ou a arte. Tamén nela se reflicte omovemento do sol, xa que están orientadasdúas das súas caras, unha cara ao nacentee outra ao poñente do sol. Cos seus reflexose cos seus restos de vida fainos pensar noseu contorno sen deixar de dirixir a mirada

Movemento/Traxectoria_Transferencia/Desprazamento

Santiago Novas Otero

Page 5: Pepe Galán · de focalizar e potenciar o concepto de balei-ro deixado polas cepas. Transferimos a vexetación a unha ladeira do pazo, formando con esta un segmento direccional que

Movemento/Traxectoria_Transferencia/DesprazamentoDespois de sortear no mundo artístico

os condicionamentos estéticos por conside-ralos innecesarios, este curso foi, no ámbitopersoal, unha apertura á sinxeleza. Sen con-ceptualismos erráticos pretendeuse volver áesencia.

Tratouse de utilizar a casualidade comoun medio de volta cara á natureza.

Os obxectos serven de transmisión doconcepto, da reivindicación, neste caso.

No grupo de Pepe Galán os sortilexiosestéticos puxéronse ao servizo da idea ini-cial, e isto conseguiu, que a mensaxe foseclara e concisa. Sen escusas formais.

Grazas a esta experiencia fixen miña areflexión: “non ceses na túa arela de remo-delar a paisaxe. A terra sabe como interpre-tar as feridas.”

Ana Trasancos

[ooc]

Page 6: Pepe Galán · de focalizar e potenciar o concepto de balei-ro deixado polas cepas. Transferimos a vexetación a unha ladeira do pazo, formando con esta un segmento direccional que

vagamente, recordan os días idos, e aquelaciago día en que as transplantaron nesta

estraña ladeira (a aliñación das cepasdebuxou unha sorte de frecha,

como querendo sinalar o camiño de volta álembrada ladeira ría arriba),

e este neboento recordo mantenas vivasesperanzadas:

talvez, despois de todo, o vermello viñoaínda sexa posible.

Migratoria

movemento - traxectoria - transferencia - desprazamento(talvez retorno)

todo muda, cambia de situación, deixa-de-ser para, dolorosamente, ser doutra forma;

todo: persoas, animais, plantas, ata osminerais son posuídos pola vertixe do

éxodocomo esgazada esencia do ser e do estar,como se a maldición bíblica do parirás con

dolor... en realidade fose este azaroso ecaótico vaite.

………………………………………

e un día, de pronto, arráncanse uns pés devides dunha ladeira, pouco soleada, arisca,

río arribapoñamos que en Betanzos,

queda unha sorte de baleiro circular nesaladeira, que se limpará de modo que se

note a ausencia,

lévanse esas vides ría abaixo ata outrolugar, outra ladeira, esta en Mariñán (deberí-an viaxar as propias vides, pola súa propia

vontade vexetal, pero, como pasa casesempre con isto das migracións, a decisión

é doutros)

unha vez no seu novo destino, soleado, conterra fecunda, aireado, asomado a poñente,

transplántanse as vides, en terra distinta,nun mundo novo para elas tan do seu

terreo;indefectiblemente terán problemas para

aclimatarse, para sobrevivir mesmo,e a pesar da súa condición vexetal, podeque ata sintan desarraigamento, morriña,

pena, dor

xa están as vides instaladas no seu novomundo,

pasan os días e pregúntanse que pintanaquí que por que están aquí e non alí;

pasan os días

pasan os días e as follas vólvense amare-las, debilítanse, caen;

as vides, xa puro bacelo, sobreviven aduras penas, suspiran pola súa antiga aba

ría arriba,senten que aquí non haberá ocasión deacios, nin vendimas, nin vermello viño,

nin cancións de borrachos agradecidos

Eustaquio O. Lago

Movemento/Traxectoria_Transferencia/Desprazamento

Page 7: Pepe Galán · de focalizar e potenciar o concepto de balei-ro deixado polas cepas. Transferimos a vexetación a unha ladeira do pazo, formando con esta un segmento direccional que

Inténtome separar de todo e non o con-sigo, saír de min mesmo, acceder á memo-ria, contar algo.

¡Tantas cousas!, soños, fantasías, trivi-lialidades.

¿Cal será a peneira que separa as viven-cias?

Nada parece importante, pero 'nada' éotodo, así que, é importante.

¿Que dicir que non sexa produto da pai-xón, pero apaixonado? Vaite, foxe á présa,¡XA!, ¡AGORA!

¿A onde?

Caos, desorde interna, ¡ninguén o debede advertir!, pero vese, non vexo saída, nonvai saír nada, non se atreve a saír.

Só un burato profundo escuro, inten-so, sen fondo, un pozo.

O descoñecido é así.

Voume tirar, polo menos saberei queestou vivo un instante... quizais.

Só outro home pode salvarme... pero...¿onde está o home?, non vexo homes,deben estar lonxe, noutra parte.

Respiro un pouco, o aire si que está, poragora, movendo as follas das vides que merodean. A vida está aí.

¡Que bo viño!, con el naceu unha civili-zación xa afastada, ¡bebereino do ocodunha pedra!, son un salvaxe e quero seguirséndoo.

Xa estou máis tranquilo, está feito.

Movemento/Traxectoria_Transferencia/Desprazamento

Nicolás Moreira Gómez

Page 8: Pepe Galán · de focalizar e potenciar o concepto de balei-ro deixado polas cepas. Transferimos a vexetación a unha ladeira do pazo, formando con esta un segmento direccional que

Gustoume compartir este proxectosobre a emigración con Pepe Galán e o meugrupo. É gratificante para min a súa visión.Eu non creo que haxa nada positivo na emi-gración, pero gústame ver esta diferenza deperspectiva e esa esperanza. Ademais, foiunha sorte para min coñecelos a todos elese aprender os seus métodos de traballo eopinións.

Gonzalo Pérez del Castillo

Movemento/Traxectoria_Transferencia/Desprazamento

Page 9: Pepe Galán · de focalizar e potenciar o concepto de balei-ro deixado polas cepas. Transferimos a vexetación a unha ladeira do pazo, formando con esta un segmento direccional que
Page 10: Pepe Galán · de focalizar e potenciar o concepto de balei-ro deixado polas cepas. Transferimos a vexetación a unha ladeira do pazo, formando con esta un segmento direccional que