Patrimonio Histórico - Camariñas · areal contén unha lagoa interior que forma un conxunto de...

2
> Hórreo de Carnota. Declarado Monumento Nacional, data de 1768 e ten unha lonxitude de 35 metros e descansa sobre 22 pares de pés. O seu autor Gregorio Quintela imprimiulle a esta obra de carácter funcional os tintes dun obxecto de beleza. Forma parte dun conxunto arquitectónico composto polo hórreo, a casa rectoral, o palomar e a igrexa. > Necrópolis de Tines. É unha importante necrópolis suevo-romana con enterramentos datados dende o s.I ó s.VIII que foi descuberta casualmente durante a construción de uns panteóns e o traslado da chamada “Ermida Vella”. Os restos arqueolóxicos atopados, indican que ademais da necrópolis houbo nese lugar unha vila romana. Tamén apareceu a estrela funeraria de Victorino, que se conserva no Museo Arqueolóxico da Coruña. > Cemiterio dos Ingleses. Construído na enseada do Trece acolle os 172 mariñeiros do buque escola “The Serpenter”, que finaron no naufraxio ocurrido nestas augas en 1890. O cura de Xaviña mobilizou ás xentes do lugar para dar sepultura ós corpos. O almirantazgo inglés en agradecemento polo comportamento dos veciños, regalou ao pobo de Camariñas un barómetro, ao cura de Xaviña unha escopeta e ao alcalde un reloxo. Este fito supuxo a construcción do novo faro en Cabo Vilán. > Sta Mª das Areas. Templo declarado Patrimonio Histórico-Artístico, data do s.XII nela conviven os estilos románico, gótico e barroco. Atópase na ladeira do mítico Promontorium Nerium, no cabo Fisterra, onde se ubicaba a Ara Solis dos romanos e nela se venera a imaxe do Santo Cristo de Fisterra que segundo a lenda chegou á costa despois de ser botado ó mar dende un barco durante unha treboada. > Cruceiro de Cheis.(s.XV). Situado no lugar de Cheis (Vimianzo) é unha xoia das cruces de Galicia, pola beleza e singularidade dos seus relevos que representan unha Trinidade, tema inédito na iconografía galega dos cruceiros. > Batáns do Mosquetín Na parroquia de Vimianzo, no curso do río Grande e rodeado de abundante vexetación autóctona atópase un conxunto etnográfico formado por sete muíños e tres batáns que ademais dispón dun centro de interpretación dos mesmos. Estes muíños e batáns eran de uso veciñal, e son un claro exemplo de enxeñería popular, que aproveitaba a forza da auga a través dunha serie de canalizacións para moer o gran ou para preparar o liño. > Encaixe de Camariñas. O encaixe de bolillos de Camariñas supón un exponente da tradición e supervivencia das artes e oficios populares, que pon en valor un traballo totalmente manual, que é un pilar base da economía deste pobo mariñeiro, que anualmente reúne a artesáns e xentes do eido da costura de todo o mundo na mostra do encaixe. Conta a lenda que un barco italiano que pasaba fronte a estas costas naufragou por mor da forte oleaxe, nel viaxaba unha dama italiana que en agradecemento á axuda prestada polos veciños ensinou a arte de palillar ás mulleres de Camariñas. > Torres do Allo. É un dos pazos máis antigos de Galicia, construído polo fidalgo Gómez de Rioboo Vilardefrancos na primeira metade do s. XVI, no lugar onde se atopa ergeuse unha fortaleza que foi destruída polos Reis Católicos. Hoxe reconvertido en museo e en centro de interpretación turística constitúe un fermoso exemplo da arquitéctura civil galega. O edificio, de estilo renancentista presenta elementos do gótico final engalanando as fiestras, gárgolas e os escudos das diferentes familias da nobreza que o habitaron. > Mosteiro de Moraime.(s.XII) Declarado Conxunto Histórico-Artístico é o resto dun antigo mosteiro benedictino, construído sobre unha necrópolis romana, que gracias ás doazóns de Alfonso VII ergueuse no mesmo lugar onde estaba unha ermida que fora arrasada primeiro polos normandos e logo polos sarracenos. Festas > Praia de Carnota. Cá súa beleza salvaxe de area branca e augas cristalinas e con máis de sete quilómetros de lonxitude, está considerada como a máis grande de Galicia, este areal contén unha lagoa interior que forma un conxunto de marismas e dunas, acolle unha grande variedade de aves migratorias, constituíndo un enclave de vital importancia. A praia de Carnota forma un espazo natural xunto co Monte Pindo catalogado coma Lugar de Importancia Comunitaria e que se atopa incluído na Rede Natura 2000. > Enseada do Trece e Monte Branco. A enseada está formada por trece pequenas calas de gran beleza integradas nunha natureza virxe e sobrecolledora, con especies de flora protexida e fauna autóctona. Este espectáculo para os sentidos culmina na metamorfose que fai a praia para mudar en monte, o Monte Branco, a “duna rampante” máis grande de Europa, con unha altitude de 204 m. Nesta enseada atópase o cemiterio Inglés. > Devesa de Chacín. Existe un lugar único encaixoado nun barranco socabado polo río de Santa Baia. Este frondoso bosque de rumorosos ríos, vexetación exuberante e fauna autóctona, acolle recodos de extraordinaria beleza, onde seres mitolóxicos parecen cobrar vida entre a explosión de luces e sombras, de verdes matices e de feiticeiras fervenzas. > Cabo Fisterra Formado por unha península que se adentra no mar 3 km é sen dúbida o máis emblemático do litoral galego, a singularidade xeográfica deste enclave fai que dende el todo o que a vista alcanza sexa mar, bautizado dende a antiguidade como Finis Terrae, o fin do mundo coñecido. Este cabo se identifica co Promontorium Nerio, onde os romanos atoparon a Ara Solis, altar construído polos pobos que habitaban estas terras para celebrar o culto ó sol. Na ladeira deste promontorio atópase a ermida de S. Guillermo, relacionada coa cristianización dos lugares paganos adicados ós ritos de fertilidade. Ó longo dos séculos foi un lugar de obrigada referencia náutica, sinalizado dende moi antiguo polo vellos “ fachos” e na actualidade polo complexo do faro. > Fervenza e mirador do Ézaro O río Xallas chega ó Ézaro para morrer precipitándose ó Atlántico nunha impresionante fervenza, feito insólito que o converte no único da Europa Continental con esta singularidade. Coroando a poboación de Ézaro, atópase un mirador de obrigada visita turística, pola súa percepción da fervenza do Xallas, a enseada de Ézaro e o fondo do cabo de Fisterra. Patrimonio Histórico Patrimonio Natural Patrimonio Cultural > Santuario Virxe da Barca. É un dos santuarios máis antigos de Galicia vinculados ó camiño Xacobeo, erixido nun lugar de culto pagano dos antigos celtas. A tradición conta que cando Santiago Apóstol predicaba por Fisterra sufrindo penalidades se lle apareceu a Virxe nunha barca de pedra e as “pedras santas” do entorno como a "Pedra de Abalar" ou a "Pedra de Os Cadrís", son os restos desta embarcación. > Museo do Alemán Na década dos 60 do s.XX o alemán Manfred Gnädinger chegou a Camelle, onde se estableceu levando a cabo a súa particular filosofía de vida, que fixo del, un home singular, que coma un náufrago vivía todo o ano case espido á beira do mar, mergullado nun mundo enxendrado pola súa imaxinación que foi tomando forma no museo ao aire libre, onde a materia enxendra formas que representan o continuo devenir, o ciclo da vida, a expresión dun artista solitario que se relacionaba cos visitantes do seu museo pedíndolles que fixesen un debuxo xa que “en cada papel está a alma de cada quen…” O naufraxio do Prestige tinguiu de negro a súa obra, infortunio que non puido superar e morreu ás poucas semanas. > Camariñas A Virxe do Carme e “Danza dos Arcos” A Mostra do Encaixe > Carnota Festa do Entroido > Cee Virxe da Xunqueira Festa do Berberecho > Corcubión A Virxe das Mercés Festa do Porco Celta Feira Medieval > Dumbría Festa do Entroido Festa da Praia e Festa da Familia Romaría da Virxe das Neves > Fisterra Santo Cristo de Fisterra Entroido de Fisterra > Mazaricos A Festa da Fervenza A Festa do Bolo do Pote A Feira da Picota > Muxía Romaría da Virxe da Barca > Vimianzo Asalto ao Castelo de Vimianzo > Zas Festa da Carballeira > Vila de Corcubión. A vila aséntase na ladeira do monte de San Andrés, nunha zona que suponse habitada dende a antiguedade polas tribus celtas dos Nerios. Declarada conxunto Histórico-Artístico, ofrécenos unha bela mostra de arquitectura civil e relixiosa. Estas terras foron señorío dos Condes de Traba e Trastámara e posteriormente dos de Altamira. Esta costa, foi sistematicamente atacada polas tropas inglesas e francesas. Estes últimos en 1809, co mariscal Michel Ney á cabeza, arrasaron a vila, asasinaron aos seus habitantes e incendiaron a igrexa. Esta vila foi testigo de numerosos naufraxios e na súa ría atópanse pecios da época da armada invencible. www.gdrcostadamorte.com GUÍA TURÍSTICA DO TERRITORIO GDR > Ponte de Brandomil. Construída no s.XVI sobre as bases dunha ponte de orixe romano, formada por catro arcos desiguais, aínda conserva restos da calzada romana “per loca maritima”, tamén apareceron outros vestixios que evidencian a romanización da zona, entre os que destaca unha ara consagrada ó deus celta Cosus. Preto desta fermosa construción atópase un castro celta. > Castelo de Vimianzo.(s.XIII). O castelo cambiou de mans en numerosas ocasións, foi confiscado polo rei Alfonso XI para vendelo ó arzobispado, pasando a mans do duque de Arjona e despois ás dos Moscoso. Durante a revolta irmandiña foi tomado polas armas e serviu de prisión para o arzobispo Alonso de Fonseca II, que segundo a lenda foi encerrado nunha gaiola de ouro. Dende esta fortaleza facíase frente ós frecuentes ataques dos piratas. > Monte Pindo Esta mole granítica de 627 m de altitude configura unha das paisaxes máis impactantes da Costa da Morte. No seu relevo, un mundo de pedra érguese en formas caprichosas que evocan as lendas dos celtas, que celebraron ritos paganos nos altares pétreos deste monte, bautizado como o Olimpo Celta. No s.X levantouse nas beiras do monte o Castelo de S. Xurxo, para defender estas terras dos continuos ataques dos piratas, aínda que foi destruído no 1467 nas Revoltas Irmandiñas. Asociación Costa da Morte - GDR Edif. Servicios Múltiples, Vimianzo T: 981 71 73 58 Tamén en: Axentes de Desenvolvemento Local Oficinas de cada Concello

Transcript of Patrimonio Histórico - Camariñas · areal contén unha lagoa interior que forma un conxunto de...

Page 1: Patrimonio Histórico - Camariñas · areal contén unha lagoa interior que forma un conxunto de marismas e dunas, acolle unha grande variedade de aves migratorias, constituíndo

> Hórreo de Carnota.Declarado Monumento Nacional, data de 1768 e ten unha lonxitude de 35 metros e descansa sobre 22 pares de pés. O seu autor Gregorio Quintela imprimiulle a esta obra de carácter funcional os tintes dun obxecto de beleza. Forma parte dun conxunto arquitectónico composto polo hórreo, a casa rectoral, o palomar e a igrexa.

> Necrópolis de Tines.É unha importante necrópolis suevo-romana con enterramentos datados dende o s.I ó s.VIII que foi descuberta casualmente durante a construción de uns panteóns e o traslado da chamada “Ermida Vella”. Os restos arqueolóxicos atopados, indican que ademais da necrópolis houbo nese lugar unha vila romana. Tamén apareceu a estrela funeraria de Victorino, que se conserva no Museo Arqueolóxico da Coruña.

> Cemiterio dos Ingleses.Construído na enseada do Trece acolle os 172 mariñeiros do buque escola “The Serpenter”, que finaron no naufraxio ocurrido nestas augas en 1890. O cura de Xaviña mobilizou ás xentes do lugar para dar sepultura ós corpos. O almirantazgo inglés en agradecemento polo comportamento dos veciños, regalou ao pobo de Camariñas un barómetro, ao cura de Xaviña unha escopeta e ao alcalde un reloxo. Este fito supuxo a construcción do novo faro en Cabo Vilán.

> Sta Mª das Areas.Templo declarado Patrimonio Histórico-Artístico, data do s.XII nela conviven os estilos románico, gótico e barroco. Atópase na ladeira do mítico Promontorium Nerium, no cabo Fisterra, onde se ubicaba a Ara Solis dos romanos e nela se venera a imaxe do Santo Cristo de Fisterra que segundo a lenda chegou á costa despois de ser botado ó mar dende un barco durante unha treboada.

> Cruceiro de Cheis.(s.XV).Situado no lugar de Cheis (Vimianzo) é unha xoia das cruces de Galicia, pola beleza e singularidade dos seus relevos que representan unha Trinidade, tema inédito na iconografía galega dos cruceiros.

> Batáns do MosquetínNa parroquia de Vimianzo, no curso do río Grande e rodeado de abundante vexetación autóctona atópase un conxunto etnográfico formado por sete muíños e tres batáns que ademais dispón dun centro de interpretación dos mesmos. Estes muíños e batáns eran de uso veciñal, e son un claro exemplo de enxeñería popular, que aproveitaba a forza da auga a través dunha serie de canalizacións para moer o gran ou para preparar o liño.

> Encaixe de Camariñas.O encaixe de bolillos de Camariñas supón un exponente da tradición e supervivencia das artes e oficios populares, que pon en valor un traballo totalmente manual, que é un pilar base da economía deste pobo mariñeiro, que anualmente reúne a artesáns e xentes do eido da costura de todo o mundo na mostra do encaixe.

Conta a lenda que un barco italiano que pasaba fronte a estas costas naufragou por mor da forte oleaxe, nel viaxaba unha dama italiana que en agradecemento á axuda prestada polos veciños ensinou a arte de palillar ás mulleres de Camariñas.

> Torres do Allo.É un dos pazos máis antigos de Galicia, construído polo fidalgo Gómez de Rioboo Vilardefrancos na primeira metade do s. XVI, no lugar onde se atopa ergeuse unha fortaleza que foi destruída polos Reis Católicos. Hoxe reconvertido en museo e en centro de interpretación turística constitúe un fermoso exemplo da arquitéctura civil galega. O edificio, de estilo renancentista presenta elementos do gótico final engalanando as fiestras, gárgolas e os escudos das diferentes familias da nobreza que o habitaron.

> Mosteiro de Moraime.(s.XII)Declarado Conxunto Histórico-Artístico é o resto dun antigo mosteiro benedictino, construído sobre unha necrópolis romana, que gracias ás doazóns de Alfonso VII ergueuse no mesmo lugar onde estaba unha ermida que fora arrasada primeiro polos normandos e logo polos sarracenos.

Festas

> Praia de Carnota.Cá súa beleza salvaxe de area branca e augas cristalinas e con máis de sete quilómetros de lonxitude, está considerada como a máis grande de Galicia, este areal contén unha lagoa interior que forma un conxunto de marismas e dunas, acolle unha grande variedade de aves migratorias, constituíndo un enclave de vital importancia. A praia de Carnota forma un espazo natural xunto co Monte Pindo catalogado coma Lugar de Importancia Comunitaria e que se atopa incluído na Rede Natura 2000.

> Enseada do Trece e Monte Branco.A enseada está formada por trece pequenas calas de gran beleza integradas nunha natureza virxe e sobrecolledora, con especies de flora protexida e fauna autóctona. Este espectáculo para os sentidos culmina na metamorfose que fai a praia para mudar en monte, o Monte Branco, a “duna rampante” máis grande de Europa, con unha altitude de 204 m. Nesta enseada atópase o cemiterio Inglés.

> Devesa de Chacín.Existe un lugar único encaixoado nun barranco socabado polo río de Santa Baia. Este frondoso bosque de rumorosos ríos, vexetación exuberante e fauna autóctona, acolle recodos de extraordinaria beleza, onde seres mitolóxicos parecen cobrar vida entre a explosión de luces e sombras, de verdes matices e de feiticeiras fervenzas.

> Cabo FisterraFormado por unha península que se adentra no mar 3 km é sen dúbida o máis emblemático do litoral galego, a singularidade xeográfica deste enclave fai que dende el todo o que a vista alcanza sexa mar, bautizado dende a antiguidade como Finis Terrae, o fin do mundo coñecido. Este cabo se identifica co Promontorium Nerio, onde os romanos atoparon a Ara Solis, altar construído polos pobos que habitaban estas terras para celebrar o culto ó sol. Na ladeira deste promontorio atópase a ermida de S. Guillermo, relacionada coa cristianización dos lugares paganos adicados ós ritos de fertilidade. Ó longo dos séculos foi un lugar de obrigada referencia náutica, sinalizado dende moi antiguo polo vellos “ fachos” e na actualidade polo complexo do faro.

> Fervenza e mirador do ÉzaroO río Xallas chega ó Ézaro para morrer precipitándose ó Atlántico nunha impresionante fervenza, feito insólito que o converte no único da Europa Continental con esta singularidade. Coroando a poboación de Ézaro, atópase un mirador de obrigada visita turística, pola súa percepción da fervenza do Xallas, a enseada de Ézaro e o fondo do cabo de Fisterra.

Patrimonio Histórico

Patrimonio Natural

Patrimonio Cultural

> Santuario Virxe da Barca.É un dos santuarios máis antigos de Galicia vinculados ó camiño Xacobeo, erixido nun lugar de culto pagano dos antigos celtas. A tradición conta que cando Santiago Apóstol predicaba por Fisterra sufrindo penalidades se lle apareceu a Virxe nunha barca de pedra e as “pedras santas” do entorno como a "Pedra de Abalar" ou a "Pedra de Os Cadrís", son os restos desta embarcación.

> Museo do AlemánNa década dos 60 do s.XX o alemán Manfred Gnädinger chegou a Camelle, onde se estableceu levando a cabo a súa particular filosofía de vida, que fixo del, un home singular, que coma un náufrago vivía todo o ano case espido á beira do mar, mergullado nun mundo enxendrado pola súa imaxinación que foi tomando forma no museo ao aire libre, onde a materia enxendra formas que representan o continuo devenir, o ciclo da vida, a expresión dun artista solitario que se relacionaba cos visitantes do seu museo pedíndolles que fixesen un debuxo xa que “en cada papel está a alma de cada quen…” O naufraxio do Prestige tinguiu de negro a súa obra, infortunio que non puido superar e morreu ás poucas semanas.

> CamariñasA Virxe do Carme e “Danza dos Arcos”A Mostra do Encaixe> CarnotaFesta do Entroido> CeeVirxe da XunqueiraFesta do Berberecho> CorcubiónA Virxe das MercésFesta do Porco CeltaFeira Medieval> DumbríaFesta do EntroidoFesta da Praia e Festa da FamiliaRomaría da Virxe das Neves> FisterraSanto Cristo de FisterraEntroido de Fisterra

> MazaricosA Festa da FervenzaA Festa do Bolo do PoteA Feira da Picota> MuxíaRomaría da Virxe da Barca> VimianzoAsalto ao Castelo de Vimianzo> ZasFesta da Carballeira

> Vila de Corcubión.A vila aséntase na ladeira do monte de San Andrés, nunha zona que suponse habitada dende a antiguedade polas tribus celtas dos Nerios. Declarada conxunto Histórico-Artístico, ofrécenos unha bela mostra de arquitectura civil e relixiosa. Estas terras foron señorío dos Condes de Traba e Trastámara e posteriormente dos de Altamira. Esta costa, foi sistematicamente atacada polas tropas inglesas e francesas. Estes últimos en 1809, co mariscal Michel Ney á cabeza, arrasaron a vila, asasinaron aos seus habitantes e incendiaron a igrexa. Esta vila foi testigo de numerosos naufraxios e na súa ría atópanse pecios da época da armada invencible.

www.gdrcostadamorte.com

GUÍA TURÍSTICADO TERRITORIOGDR

> Ponte de Brandomil.Construída no s.XVI sobre as bases dunha ponte de orixe romano, formada por catro arcos desiguais, aínda conserva restos da calzada romana “per loca maritima”, tamén apareceron outros vestixios que evidencian a romanización da zona, entre os que destaca unha ara consagrada ó deus celta Cosus. Preto desta fermosa construción atópase un castro celta.

> Castelo de Vimianzo.(s.XIII).O castelo cambiou de mans en numerosas ocasións, foi confiscado polo rei Alfonso XI para vendelo ó arzobispado, pasando a mans do duque de Arjona e despois ás dos Moscoso. Durante a revolta irmandiña foi tomado polas armas e serviu de prisión para o arzobispo Alonso de Fonseca II, que segundo a lenda foi encerrado nunha gaiola de ouro. Dende esta fortaleza facíase frente ós frecuentes ataques dos piratas.

> Monte PindoEsta mole granítica de 627 m de altitude configura unha das paisaxes máis impactantes da Costa da Morte. No seu relevo, un mundo de pedra érguese en formas caprichosas que evocan as lendas dos celtas, que celebraron ritos paganos nos altares pétreos deste monte, bautizado como o Olimpo Celta.No s.X levantouse nas beiras do monte o Castelo de S. Xurxo, para defender estas terras dos continuos ataques dos piratas, aínda que foi destruído no 1467 nas Revoltas Irmandiñas.

Asociación Costa da Morte - GDREdif. Servicios Múltiples, VimianzoT: 981 71 73 58

Tamén en:Axentes de Desenvolvemento LocalOficinas de cada Concello

Page 2: Patrimonio Histórico - Camariñas · areal contén unha lagoa interior que forma un conxunto de marismas e dunas, acolle unha grande variedade de aves migratorias, constituíndo

Dolmen de Pedra Cuberta

Dolmen Pedra da Lebre

Dolmen Arca da Piosa

Dolmen Pedrada Arca

Dolmen Casotade Freáns

Dolmen de Pedra da Moura

Dolmen de Minade Parxubeira

R1

R1

Monte Pindo

Dehesa deAnllares

Petroglifos dePedra Ancha

Mirador de Gures

Monte Facho

Dehesade Chacín

Batáns doMosquetín

Museo doAlemán

Cemiteriodos Ingleses

Hórreo de Carnota

Alto de Paxareiras

Hórreo de Lira

R1 R2

Faro Puntada Barca

Faro Touriñán

Faro deFisterra

Faro C

Faro de Lariño

Faro Vilán

R2 R4

Igr.ª de Sta. Mªde Xaviña

Igr.ª de Santiagode Cereixo

Santuarioda NosaSeñora daBarca

Igr.ª de S.Martiño de Ozón Igr.ª Nosa

Señora da O

Igr.ª de San Cristobalde Nemiña

Igr.ª de San Adriánde Toba

Igr.ª de San Xuliánde Beba

Igr.ª de Santa Maríade Coiro

Igr.ª de San Maritñode Olveira

Igr.ª de San Pedrode Buxantes

Capela daVirxe do Monte

Igr.ª de San Pedro de Redonda

Igr.ª de SantaMariña de Tosto

Igr.ª de SanPedro de Leis

R5

Fervenzade Ponte Olveira

Fervenzade Castrelo

Fervenzade Santa Uxía

Fervenzade NoveiraDesembocadura

del Río Xallas

Encoroda Fervenza

R3

R3

R6

Praia d

e Arou

Praia doTrece

Praia do Rostro

PraiaLangosteira

Praia deÉzaro

Praia deGures

Praia doPindo

Praia deQuenxe

Praia de Carnota

Praia de Lariño

Praia deLeis

Praia deAriño

Praia deLago

Praia deMuiñosPraia de

Lourido

Praia deNemiña

Praia Marde Fora

Río do Castro

Río Grande

Río Xallas

FISTERRA

CARNOTA

CORCUBIÓN

DUMBRÍA

MAZARICOS

MUXÍA

Buiturón

CouceiroViseo

Lourido

Bustelo

A Picota

Beba

San Cristovo

Suevos

Coiro

Chacín

Miñarzo

Senande

Villastose

Brandomil

Antes

Brandoñas

Baos Alborés

Orbellido

Estorde

Duio(San Vicente)

Duio(San Martiño)

O Pindo

Buxantes

Brazal

Hospital

Xestosa

Covas

Santa Uxía

Arcos

NoveiraÉzaro

Ameixenda

Baíñas

Regoelle

Olveira

Corveira

Olveiroa

Colúns

Berdeogas

Berdoias

BoalloCastrelo

Carnés

Salgueiros

Pereiriña

Frixe

Lires

Nemiña

Toba

Redonda

Quilmas

Caldebarcos

Lariño

Fornelos

O Allo

San Cremenzode Pazos

Baio

Cambeda

Mira

Loroño

Tines Vilar

BamiroLamas

Carreira

Gándara

Salto

Calo

Treos

Serramo RomaMeanos

Muiño

Ponte do PortoCarantoña

Leis

Xaviña

Cereixo

CamelleArou

Santa Mariña

CAMARIÑAS

VIMIANZO

ZAS

Cabo Tosto

Cabo Vilán

Punta da Barca

Punta de Buitra

Cabo Touriñán

Punta de las Pardas

Punta Arnela

Cabo da Nave

Punta Fornelo

Punta de Quilmas

Punta de Caldebarcos

Punta Insua

Punta de Lens

Cabo Fisterra

Cabo

de la

Nas

a Cabo C

Punta Pedrosa

Punta Capelo

Cabo Veo

Ría de Camariñas

Ría de Muros

e Noia

Ría de Lires

Ense

nada

de

Sard

iñei

ro Ría

de

Cor

cubi

ón

AC-552 A Coruña - Fisterra

AC-5

52 A

Cor

uña

- Fist

erra

AC-430a Ponteceso

AC-3404a Dumbría

AC-2302

AC-2308

AC-441Santiago-Muxía

AC-441Santiago-Muxía

CP-3404a Baio

AC-550 a Muros

AC-550 a Muros

Torres do Allo

Pazo deRomelle

Pazo deFollente

Pazo deDaneiro

Castro de As Barreiras

Castillodel Cardenal

Castelo deSan Carlos

Castelodo Príncipe

Castillo deVimianzo

Torres de Cereixo

Castro de Quenxe

Castro dasTeixoeiras

Os Castros

Castro deRegoelle

O Castro

Pazo deTrasariz

TERRITORIO

GDR

Mirador de Ézaro

R2 R4

R6

R6

R8

R7

R7

Quintáns

AC-552 A Coruña - Fiste

rra

Igr.ª deSan Andrésde Zas

Mámoas de Eirón

Maroñas

Ponte Olveira

Pazo deSenande

Pazo deQuintáns

OzónOs MuiñosMoraimeIgr.ª de SanXulián de Moraime

Igr.ª de Sta. Mª de Morquintián

Morquintián

Bardullas

Igr.ª deSanta Leocadia

Castro Miñán

Igr.ª de Sta. Maríadas Areas

R5

Sardiñeiro

CEE

R8 Dolmen de Dombate

Igr.ª de Santiago

Praia de Traba

O CanleNande

Traba

BoañoBorneiro

Soesto

Castro de Borneiro(A Cibdá)

Pazo deLeis

RUTA FÁBRICA DA LUZ R3

Galicia, a “terra da auga” tan xenerosa no líquido elemento, surcada por incontables ríos, aproveita esta riqueza natural almacenandoa nos encoros.

A ruta de ”a Fábrica da luz” faranos seguir o curso do río Xallas, partindo de Brandomil iniciaremos unha ruta percorrendo estos encoros, pasando por lugares pintorescos dominados polos sons da auga e rodeados dunha paisaxe acolledora e exuberante.

Neste traxecto tamén podemos admirar alguha xoia da arquitectura como a igrexa de San Pedro de Buxantes e a ponte de Ponte Olveira, ou transportarnos a tempos pasados visitando os restos que persisten doutras culturas ancestrais como os petroglifos de Pedra Ancha, o dolmen de Pedra da Arca, ou os castros de Regoelle e Teixoeiras.

Ó fin da ruta, no Ézaro, morre o río Xallas precipitándose en fervenza directamente ó océano Atlántico.

Rutas

A ruta do megalitismo comeza nas Torres do Allo (Baio) e remata en Berdoias, transcorre polos concellos de Cabana, Zas e Vimianzo.

Este percorrido invítanos a facer unha viaxe ó pasado, onde descubriremos os vestixios dunha cultura ancestral que honraba ós seus mortos, como testemuñan os “dolmens”, monumentos megalíticos funerarios construídos no neolítico polos antigos moradores destas terras. Ó longo desta ruta visitaremos os dolmens de Dombate (3800 ac.), o de Pedra Cuberta, Pedra da Moura, Pedra da Lebre, Arca da Piosa, Pedra da Arca (3000 ac.), e a Casota de Freáns.

Neste traxecto podemos aproveitar para visitar o Castro de Borneiro e o Castro de Regoelle, exemplos da cultura castrexa que nos ofrece a posibilidade de descubrir como vivían os celtas.

RUTA MEGALITICA R1

Ruta de carácter marítimo que comeza nas Torres do Allo (Baio), levándonos ó longo da costa da morte para rematar en Lariño (Carnota). A ruta da paisaxe é unha viaxe iniciática , un encontro do home cá natureza que nos fará descubrir a esencia da Costa da Morte.

Mergullarémonos nas augas virxes de praias de extraordinaria beleza; atoparemos esculturas pétreas labradas a forza de vento e auga, transitaremos por sendas que nos achegarán a furnas, enseadas, ínsuas, cabos e montes, veremos faros, igrexas e castelos, lugares máxicos que nos farán evocar as lendas populares.

As vilas polas que pasamos revelaránnos a identidade dos pobos de mar, das súas xentes, e teremos a ocasión de degustar as exquisiteces da gastronomía galega.

RUTA DA PAISAXE R2

A ruta da Luz é un percorrido costeiro que nos achega ós faros máis emblemáticos da Costa da Morte, o punto de partida é Malpica e remata en Lariño (Carnota), pasando por todos os concellos da costa da morte que teñen saída ó mar. Cada un dos nove faros érguese orgulloso sinalando coa súa presenza a beleza que o envolve, unha natureza única onde o mar se lanza furioso contra as oscuras rochas dos acantilados, evocando as lendas mariñeiras que circulan por estos lugares e os fatídicos naufraxios.

Esta ruta comeza en Camariñas e remata en Fisterra, nesta viaxe descubriremos a arquitectura e o arte románico da costa da morte, estes templos sorprenderannos con elementos singulares dentro da sinxileza e o equilibrio das súas formas. Agárdanos un itinerario que será un agasallo para os sentidos, onde se mestura a arte con vilas mariñeiras e fermosas paisaxes.

RUTA DO ROMÁNICO R5

RUTA DA LUZ R4

RUTA XACOBEA R6

O camiño xacobeo de Fisterra – Muxía sae de Santiago de Compostela, pasando por Negreira e entra polo concello de Mazaricos onde comenza a nosa ruta, que continúa polo concello de Dumbría ata chegar a Hospital, onde se bifurca para dirixirse a Muxía ou ben a Fisterra e dende alí a Muxía. A ruta discorre por sendas do antigo Camiño Real a Fisterra, por costas, entre bosques e grandes pistas de terra chá, con algúns tramos por estrada.O camiño tamén nos conducirá a través de vilas mariñeiras como Corcubión (declarada Conxunto Histórico Artístico); achegaranos a igrexas románicas, capelas, e mosteiros (como o de Moraime, vencellado ós Templarios); e chegaremos ata o “fin do Mundo” Finisterre que dende a Idade Media foi un punto clave de peregrinación e onde podemos visitar o faro e a igrexa de Sta. Mª das Areas (declarada Conxunto Histórico Artístico), esta peregrinaxe remata no santuario da Virxe da Barca (Muxía) de forte tradición xacobea.

RUTAVIRXE DA BARCA R7

Esta ruta configurouse a partir do itinerario que seguían as xentes de Zas para chegar á famosa romaría do santuario da Virxe da Barca (Muxía).

Partindo de Zas ata Vimianzo e de aquí a Quintáns alternaremos sendeiros con pistas e tramos de estrada, colleremos atallos que nos guiarán a través de montes por lugares pouco transitados.

De Quintáns a Muxía a ruta coincide co Camiño Xacobeo, que nos achegará a importantes monumentos do románico e a zonas costeiras con fermosas praias.

RUTADOS PENEDOS R8

Entre Vimianzo e Traba de Laxe hai un lugar onde a natureza móstrase caprichosa, un lugar máxico con mans de auga e vento, que modelaron as impresionantes rochas graníticas para facer delas esculturas.

Partindo de Pasarela (Vimianzo) comezamos a ascensión por pistas de terra e sendeiros que nos levan ós cumios dos “penedos”, un mundo de pedra onde nos agardan os grandes Titanes como a “Pedra da Barca”, “A pena dos Mouros”, “Pena forcada”,“O castelo” ou “A torre da moa”. Dende este enclave privilexiado poderemos contemplar unhas panorámicas da costa de Laxe.

Para continuar a nosa ruta dirixímonos cara Traba de Laxe, pasando por pequenas aldeas do entorno da lagoa de Traba, onde remata o noso percorrido.

PAZOS

CASTELOS / TORRES

PONTES

IGREXAS

CONXUNTO HISTÓRICO

DOLMENS

PETROGLIFOS

CASTROS

PRAIAS

PAISAXE

EMBALSES

FAROS