Parlamento de GaliciaNúmero 102 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE...

130
Número 102 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 1. Textos lexislativos 1.1 Debate e votación do ditame, elaborado pola Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do Pro- xecto de lei de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración (doc. núm. 29642, 09/PL-000022). Publicación da iniciativa, BOPG nº 368, do 05.11.2014 Publicación de emendas ao articulado, BOPG nº 395, do 22.12.2014 Publicación do informe de Ponencia, BOPG nº 428, do 10.03.2015 1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. Popular de Galicia, de iniciativa lexislativa popular e partici- pación cidadá no Parlamento de Galicia (doc. núm. 33678 (33700), 09/PPL-000036) Publicación da iniciativa, BOPG nº 418, do 18.02.2015 Punto 2. Comparecencias en pleno 2.1 33560 (09/CPP-000272) Do Sr. conselleiro de Facenda, por petición propia, para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento Publicación da iniciativa, BOPG nº 419, do 19.02.2015 Acumúlase na anterior a seguinte: 2.2 33692 (09/CPP-000280) Do Sr. conselleiro de Facenda, por petición de todos os deputa- dos e deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia, para informar das liñas de actuación da súa consellaría Publicación da iniciativa, BOPG nº 419, do 19.02.2015 Sesión plenaria 24 de marzo de 2015 Presidencia da Excma. Sra. Dª Pilar Rojo Noguera

Transcript of Parlamento de GaliciaNúmero 102 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE...

  • Número 102 IX lexislatura Serie Pleno

    DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

    ORDE DO DÍA

    Punto 1. Textos lexislativos

    1.1 Debate e votación do ditame, elaborado pola Comisión 1ª,

    Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do Pro-

    xecto de lei de garantía da calidade dos servizos públicos e da

    boa administración (doc. núm. 29642, 09/PL-000022).

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 368, do 05.11.2014

    Publicación de emendas ao articulado, BOPG nº 395, do 22.12.2014

    Publicación do informe de Ponencia, BOPG nº 428, do 10.03.2015

    1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do

    G.P. Popular de Galicia, de iniciativa lexislativa popular e partici-

    pación cidadá no Parlamento de Galicia (doc. núm. 33678

    (33700), 09/PPL-000036)

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 418, do 18.02.2015

    Punto 2. Comparecencias en pleno

    2.1 33560 (09/CPP-000272)

    Do Sr. conselleiro de Facenda, por petición propia, para informar

    das liñas xerais de actuación do seu departamento

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 419, do 19.02.2015

    Acumúlase na anterior a seguinte:

    2.2 33692 (09/CPP-000280)

    Do Sr. conselleiro de Facenda, por petición de todos os deputa-

    dos e deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia, para informar

    das liñas de actuación da súa consellaría

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 419, do 19.02.2015

    Sesión plenaria24 de marzo de 2015

    Presidencia da Excma. Sra. Dª Pilar Rojo Noguera

  • Punto 3. Mocións

    3.1 34999 (09/MOC-000114)

    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

    García García, Pablo

    Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

    relación co sector lácteo. (Moción consecuencia da Interpelación

    nº 32591, publicada no BOPG nº 411, do 06.02.2015, e debatida

    na sesión plenaria do 10.03.2015)

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 432, do 18.03.2015

    3.2 35013 (09/MOC-000115)

    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

    Gallego Calvar, María Carmen

    Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

    relación coa situación laboral do persoal dos centros públicos de

    atención ás persoas con discapacidade e a prestación dunha

    atención integral e de calidade ás persoas usuarias. (Moción

    consecuencia da Interpelación nº 33220, publicada no BOPG nº

    414, do 11.02.2015, e debatida na sesión plenaria do 10.03.2015)

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 432, do 18.03.2015

    3.3 35016 (09/MOC-000116)

    Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

    Díaz Pérez, Yolanda

    Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dunha estratexia

    industrial galega e as actuacións que debe recoller. (Moción con-

    secuencia da Interpelación nº 29026, publicada no BOPG nº 360,

    do 23.10.2014, e debatida na sesión plenaria do 10.03.2015)

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 432, do 18.03.2015

    Punto 4. Proposicións non de lei en Pleno

    4.1 32524 (09/PNP-002374)

    Grupo Parlamentario Popular de Galicia

    Prado del Río, Paula, e sete deputados/as máis

    Sobre a realización polo Goberno galego das xestións necesarias

    para avanzar na implantación da presentación telemática das

    demandas e comunicacións xudiciais

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 410, do 05.02.2015

    4.2 32700 (09/PNP-002401)

    Grupo Parlamentario Popular de Galicia

    Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

    relación coa celebración do Día das letras galegas

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 410, do 05.02.2015

    4.3 32745 (09/PNP-002406)

    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

    Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en

    relación coa proposta remitida polo Goberno central ao sector do

    cerco referida á repartición de posibilidades de pesca da xarda

    para o ano 2015

    Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG nº 410, do 05.02.2015

    4.4 33264 (09/PNP-002438)

    Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

    Sánchez García, Antón

    Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao

    Goberno central en relación cos feitos acaecidos durante un

    desafiuzamento en Aríns, no concello de Santiago de Compos-

    tela

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 419, do 19.02.2015

    4.5 33939 (09/PNP-002480)

    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

    Adán Villamarín, María do Carme, e Paz Franco, María Tereixa

    Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

    relación co proceso iniciado pola Consellería de Traballo e Benes-

    tar para a formalización de novos convenios entre a Axencia

    Galega de Servizos Sociais e os concellos para a xestión e finan-

    ciamento de equipamentos de servizos sociais

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 425, do 04.03.2015

    4.6 34152 (09/PNP-002492)

    Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

    Díaz Pérez, Yolanda, e Sánchez García, Antón

    Sobre a continuación dos traballos da comisión parlamentaria de

    investigación en relación coas antigas caixas de aforros e as cau-

    sas e responsabilidades da súa actual situación

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 425, do 04.03.2015

    4.7 34319 (09/PNP-002506)

    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

    Rodas Chapela, Daniel

    Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

    relación co actual modelo de repartición de cotas de captura das

    especies peláxicas

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 429, do 11.03.2015

    4.8 34476 (09/PNP-002519)

    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

    Sestayo Doce, Beatriz, e Soneira Tajes, María Soledad

    ORDE DO DÍA

  • Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego

    para a aprobación dun convenio marco dos bombeiros de Galicia,

    así como do estatuto do bombeiro

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 429, do 11.03.2015

    Punto 5. Interpelacións

    5.1 31436 (09/INT-001135)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaCaamaño Domínguez, Francisco, e dous deputados/as máisSobre a valoración polo Goberno galego da última enquisa doInstituto Galego de Estatística na que se reflicte unha caída douso do galego entre as mozas e mozos de GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG nº 399, do 05.01.2015

    5.2 31968 (09/INT-001158)Grupo Parlamentario MixtoMartínez García, María ConsueloSobre as actuacións previstas polo Goberno galego, dentro dassúas competencias, para garantir o dereito dos traballadores ápercepción do seu salario íntegro nas condicións establecidas nocorrespondente convenio colectivoPublicación da iniciativa, BOPG nº 404, do 22.01.2015

    5.3 32581 (09/INT-001217)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María TereixaSobre a valoración e as actuacións previstas polo Goberno gale-go en relación coa redacción que presenta o borrador de decretoreferido ao denominado ‘paquete lácteo’Publicación da iniciativa, BOPG nº 411, do 06.02.2015

    5.4 32729 (09/INT-001220)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín, e tres deputados/as máisSobre os criterios e prioridades de investimento formulados poloGoberno galego diante do Goberno central en relación coas axu-das europeas correspondentes ao Plan JunckerPublicación da iniciativa, BOPG nº 411, do 06.02.2015

    Punto 6. Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta

    6.1 35031 (09/POPX-000121)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaMéndez Romeu, José Luis

    Sobre as dimisións producidas na Comisión de Bioética, depen-

    dente da Consellería de Sanidade

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 432, do 18.03.2015

    6.2 35174 (09/POPX-000123)

    Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

    Díaz Pérez, Yolanda

    Sobre as actuacións previstas para reverter a situación da sani-

    dade pública galega

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 432, do 18.03.2015

    6.3 35176 (09/POPX-000124)

    Grupo Parlamentario Mixto

    Martínez García, María Consuelo

    Sobre as actuacións previstas para reverter os efectos que están

    a producir a crise económica e o desemprego na cidadanía

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 432, do 18.03.2015

    Punto 7. Preguntas ao Goberno

    7.1 34123 (09/POP-003120)

    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

    Soneira Tajes, María Soledad, e tres deputados/as máis

    Sobre os criterios seguidos para a selección dos asistentes á

    xuntanza levada da cabo en Fisterra en relación co potencial da

    Costa da Morte como destino turístico

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 426, do 05.03.2015

    7.2 34121 (09/POP-003119)

    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

    Adán Villamarín, María do Carme, e Jorquera Caselas, Francisco

    Xesús

    Sobre a opinión do Goberno galego respecto da nova situación

    da petroleira mexicana Pemex

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 426, do 05.03.2015

    7.3 34436 (09/POP-003156)

    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

    Pontón Mondelo, Ana Belén

    Sobre a situación das artes escénicas en Galicia

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 429, do 11.03.2015

    7.4 32815 (09/POP-002997)

    Grupo Parlamentario Popular de Galicia

    Núñez Centeno, Aurelio Alfonso, e seis deputados/as máis

    Sobre as medidas que vai poñer en marcha a Xunta de Gali-

    cia para loitar contra a pobreza infantil e a exclusión social a

    través da Estratexia de Inclusión Social de Galicia para o perí-

    odo 2014-2020

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 414, do 11.02.2015

    ORDE DO DÍA

  • 7.5 34381 (09/POP-003148)

    Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

    Fajardo Recouso, Juan Manuel

    Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para mellorar

    os datos referidos á situación do emprego autónomo en Galicia a

    primeiros de 2015

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 429, do 11.03.2015

    7.6 35063 (09/PUP-000187)

    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

    Gallego Calvar, María Carmen, e catro deputados/as máis

    Sobre o motivo da redución para o ano 2015 do período de aper-

    tura da residencia de tempo libre do Carballiño

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 432, do 18.03.2015

    7.7 35175 (09/PUP-000188)

    Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

    Beiras Torrado, Xosé Manuel, e seis deputados/as máis

    Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego en relación

    coa trama de corrupción político-empresarial coñecida como

    Operación Zeta

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 432, do 18.03.2015

    7.8 31892 (09/POP-002847)

    Grupo Parlamentario Popular de Galicia

    Balseiro Orol, José Manuel, e sete deputados/as máis

    Sobre as xestións previstas polo Goberno galego en relación co

    proceso de negociación comercial que está a manter a Unión

    Europea con Filipinas para a concesión de beneficios arancela-

    rios aos produtos da pesca procedentes dese país

    Publicación da iniciativa, BOPG nº 404, do 22.01.2015

    ORDE DO DÍA

  • Ábrese a sesión ás dez e tres minutos da mañá.

    Proposta de modificación da orde do día

    O señor Jorquera Caselas (BNG) pide a palabra e intervén, ao abeiro do artigo 73.1, para solicitar a modificación da orde do día consis-

    tente na inclusión da proposición de lei número 31372, para presentar perante o Congreso a solicitude de transferencia da titularidade e

    competencias da AP-9 á Xunta de Galicia, e tamén a inclusión da pregunta ao presidente número 35083, sobre como valora que o partido

    que preside presente nas vindeiras eleccións municipais numerosos candidatos imputados. (Páx. 10.)

    A seguir intervén a señora Díaz Pérez (AGE) para comunicar que ese grupo se adhire á petición formulada polo Bloque Nacionalista Galego.

    (Páx. 10.)

    A continuación, a señora presidenta anuncia que se vai proceder á votación da modificación da orde do día que propoñen ambos os dous

    grupos. (Páx. 10.)

    Votación da proposta de modificación da orde do día, por iniciativa dos grupos parlamentarios do Bloque Nacionalista Galego e da Alter-

    nativa Galega de Esquerda, consistente en incluír o debate da proposición de lei rexistrada co número 31372 e a pregunta ao presidente

    da Xunta rexistrada co número 35083: rexeitada por 30 votos a favor, 39 en contra e ningunha abstención. (Páx. 10.)

    Debate e votación do ditame, elaborado pola Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do

    Proxecto de lei de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración. (Punto primeiro da orde do día.)

    A señora presidenta comunica as emendas presentadas a este ditame que se manteñen para o seu debate en pleno. (Páx. 10.)

    Presentación do ditame: Sr. presidente da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior (Baamonde Díaz). (Páx. 10.)

    Rolda dos grupos parlamentarios para fixar a súa posición sobre o ditame e, se é o caso, defender as emendas mantidas: Sra. Martínez

    García (M) (Páx. 11.), Sra. Paz Franco (BNG) (Páx. 14.), Sra. Díaz Pérez (AGE) (Páx. 16.), Sra. Sestayo Doce (S) (Páx. 19.) e Sra. Prado del Río

    (P). (Páx. 22.)

    Rolda dos grupos parlamentarios para fixar posicións sobre as emendas mantidas polos demais grupos: Sra. Martínez García (M) (Páx. 25.),

    Sra. Paz Franco (BNG) (Páx. 26.), Sra. Díaz Pérez (AGE) (Páx. 28.), Sra. Sestayo Doce (S) (Páx. 29.) e Sra. Prado del Río (P). (Páx. 30.)

    SUMARIO

  • Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. Popular de Galicia, de iniciativa lexislativa popular e par-

    ticipación cidadá no Parlamento de Galicia. (Punto primeiro da orde do día.)

    Presentación da proposición de lei: Sr. Puy Fraga (P). (Páx. 31.)

    Intervención dos grupos parlamentarios para fixar posicións: Sra. Iglesias Sueiro (M) (Páx. 34.), Sra. Martínez García (M) (Páx. 35.), Sr. Jor-

    quera Caselas (BNG) (Páx. 36.), Sr. Vázquez Díaz (AGE) (Páx. 38.) e Sr. Méndez Romeu (S). (Páx. 40.)

    Rolda de réplica: Sr. Puy Fraga (P). (Páx. 42.)

    Votación dos textos lexislativos

    Votación das emendas do G.P. do Bloque Nacionalista Galego mantidas ao Ditame elaborado pola Comisión 1ª, Institucional, de Adminis-

    tración Xeral, Xustiza e Interior, do Proxecto de lei de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración: rexeitadas por 31

    votos a favor, 41 en contra e ningunha abstención. (Páx. 44.)

    Votación das emendas do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda mantidas ao Ditame elaborado pola Comisión 1ª, Institucional, de Admi-

    nistración Xeral, Xustiza e Interior, do Proxecto de lei de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración: rexeitadas por

    31 votos a favor, 41 en contra e ningunha abstención. (Páx. 44.)

    Votación das emendas do G.P. dos Socialistas de Galicia mantidas ao Ditame elaborado pola Comisión 1ª, Institucional, de Administración

    Xeral, Xustiza e Interior, do Proxecto de lei de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración: rexeitadas por 31 votos

    a favor, 41 en contra e ningunha abstención. (Páx. 44.)

    Votación do Ditame da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do Proxecto de lei de garantía da calidade dos

    servizos públicos e da boa administración: aprobado por 41 votos a favor, 31 en contra e ningunha abstención. (Páx. 44.)

    Votación da toma en consideración da Proposición de lei do G.P: Popular de Galicia, de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá

    no Parlamento de Galicia: aprobada por 41 votos a favor, 30 en contra e unha abstención. (Páx. 44.)

    Comparecencia do Sr. conselleiro de Facenda, por petición propia, para informar das liñas xerais de actuación do seu

    departamento. (Punto segundo da orde do día.)

    Comparecencia do Sr. conselleiro de Facenda, por petición de todos os deputados e deputadas do G.P. dos Socialistas

    de Galicia, para informar das liñas de actuación da súa consellaría. (Punto segundo da orde do día.)

    Intervención do Goberno: Sr. conselleiro de Facenda (Martínez García). (Páx. 45.)

    Rolda dos grupos parlamentarios: Sra. Martínez García (M) (Páx. 53.), Sr. Jorquera Caselas (BNG) (Páx. 55.), Sr. Sánchez García (AGE) (Páx.

    57.), Sr. González Santín (S) (Páx. 59.) e Sr. Puy Fraga (P). (Páx. 61.)

    Réplica do Goberno: Sr. conselleiro de Facenda (Martínez García). (Páx. 64.)

    A señora presidenta abre unha rolda especial de aclaracións, con dúplica do Goberno. (Páx. 69.) Nesta rolda interveñen a señora Martínez

    García (M) (Páx. 69.), o señor Jorquera Caselas (BNG) (Páx. 70.), o señor Sánchez García (AGE) (Páx. 72.), o señor González Santín (S) (Páx.

    73.), o señor Puy Fraga (P) (Páx. 74.) e o señor conselleiro de Facenda (Martínez García). (Páx. 75.)

    Suspéndese a sesión ás tres e corenta e tres minutos da tarde e retómase ás cinco e cinco minutos.

    SUMARIO

  • Antes de comezar co desenvolvemento da orde do día, a señora presidenta pídelles ás señoras e aos señores deputados que garden un

    minuto de silencio polos falecidos no tráxico accidente de aviación que tivo lugar esta mañá, e unha mensaxe de apoio e solidariedade ás

    familias e aos achegados. Así mesmo, fai un recordatorio dos dous mariñeiros falecidos en Laxe. (Páx. 76.)

    Os membros da Cámara, así como os membros dos asisistentes á sesión, postos en pé, gardan un minuto de silencio. (Páx. 76.)

    Moción do G.P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa de D. Pablo García García, sobre as actuacións que debe levar

    a cabo o Goberno galego en relación co sector lácteo. (Punto terceiro da orde do día.)

    A señora presidenta comunica as emendas presentadas á moción. (Páx. 76.)

    Intervención do grupo autor da moción: Sr. García García (S). (Páx. 76.)

    Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sra. Martínez García (M). (Páx. 78.)

    Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sra. Paz Franco (BNG) (Páx. 79.), Sr. Sánchez García (AGE) (Páx. 81.) e Sra. Gar-

    cía Pacín (P). (Páx. 82.)

    O señor García García (S) intervén para posicionarse respecto da emenda. (Páx. 83.)

    Moción do G.P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa de Dª María Carmen Gallego Calvar, sobre as actuacións que

    debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación laboral do persoal dos centros públicos de atención

    ás persoas con discapacidade e a prestación dunha atención integral e de calidade ás persoas usuarias. (Punto ter-

    ceiro da orde do día.)

    Intervención do grupo autor da moción: Sra. Gallego Calvar (S). (Páx. 85.)

    Intervención dos grupos parlamentarios: Sra. Iglesias Sueiro (M) (Páx. 87.), Sra. Adán Villamarín (BNG) (Páx. 88.), Sra. Solla Fernández (AGE)

    (Páx. 88.) e Sr. Tellado Filgueira (P). (Páx. 90.)

    Nova intervención da señora Gallego Calvar (S). (Páx. 91.)

    Moción do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, por iniciativa de Dª Yolanda Díaz Pérez, sobre a elaboración pola

    Xunta de Galicia dunha estratexia industrial galega e as actuacións que debe recoller. (Punto terceiro da orde do día.)

    O señor presidente (Santalices Vieira) comunica as emendas presentadas á moción. (Páx. 92.)

    Intervención do grupo autor da moción: Sra. Díaz Pérez (AGE). (Páx. 92.)

    Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sra. Adán Villamarín (BNG). (Páx. 95.)

    Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sra. Martínez García (M) (Páx. 96.), Sr. Losada Álvarez (S) (Páx. 97.) e Sr. Tellado

    Filgueira (P). (Páx. 98.)

    A señora Díaz Pérez (AGE) intervén para posicionarse respecto da emenda. (Páx. 100.)

    Votación das mocións

    Votación do texto transaccionado da Moción do G.P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa de D. Pablo García García, sobre as actua-

    cións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co sector lácteo: rexeitado por 32 votos a favor, 40 en contra e ningunha abs-

    tención. (Páx. 101.)

    SUMARIO

  • Votación da Moción do G.P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa de Dª María Carmen Gallego Calvar, sobre as actuacións que debe levar a

    cabo o Goberno galego en relación coa situación laboral do persoal dos centros públicos de atención ás persoas con discapacidade e a presta-

    ción dunha atención integral e de calidade ás persoas usuarias: rexeitada por 32 votos a favor, 40 en contra e ningunha abstención. (Páx. 101.)

    Votación do texto transaccionado da Moción do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, por iniciativa de Dª Yolanda Díaz Pérez, sobre a

    elaboración pola Xunta de Galicia dunha estratexia industrial galega e as actuacións que debe recoller: rexeitado por 32 votos a favor, 40

    en contra e ningunha abstención. (Páx. 101.)

    Alteración e modificación da orde do día

    A señora presidenta anuncia que as proposicións non de lei 4.3 e 4.7 se substanciarán de xeito acumulado, que para a interpelación número 32581,

    do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, se pediu o aprazamento por razóns sobrevidas; e tamén se aprazará a pregunta oral número 31892, do G.P.

    Popular. Por último, comunica que as preguntas ao presidente da Xunta se substanciarán despois da votación das proposicións non de lei. (Páx. 102.)

    Proposición non de lei do G.P. Popular de Galicia, por iniciativa de Dª Paula Prado del Río e sete deputados/as máis,

    sobre a realización polo Goberno galego das xestións necesarias para avanzar na implantación da presentación tele-

    mática das demandas e comunicacións xudiciais. (Punto cuarto da orde do día.)

    A señora presidenta comunica as emendas presentadas a esta proposición non de lei. (Páx. 102.)

    Intervención do grupo autor da proposición non de lei: Sr. Moreira Ferro (P). (Páx. 103.)

    Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sra. Martínez García (M) (Páx. 105.), Sra. Paz Franco (BNG) (Páx. 106.) e Sra. Sestayo

    Doce (S). (Páx. 107.)

    Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sra. Díaz Pérez (AGE). (Páx. 108.)

    O señor Moreira Ferro (P) intervén para posicionarse respecto das emendas. (Páx. 109.)

    Proposición non de lei do G.P. Popular de Galicia, sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en rela-

    ción coa celebración do Día das Letras Galegas. (Punto cuarto da orde do día.)

    A señora presidenta comunica as emendas presentadas a esta proposición non de lei. (Páx. 111.)

    Intervención do grupo autor da proposición non de lei: Sr. Baamonde Díaz (P). (Páx. 111.)

    Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sra. Iglesias Sueiro (M) (Páx. 113.), Sra. Pontón Mondelo (BNG) (Páx. 114.) e Sr. Caa-

    maño Domínguez (S). (Páx. 115.)

    Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sr. Ron Fernández (AGE). (Páx. 116.)

    O señor Baamonde Díaz (P) intervén para posicionarse respecto das emendas. (Páx. 117.)

    Proposición non de lei, do G.P. dos Socialistas de Galicia, sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego

    en relación coa proposta remitida polo Goberno central ao sector do cerco referida á repartición de posibilidades de

    pesca da xarda para o ano 2015. (Punto cuarto da orde do día.)

    Proposición non de lei do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de D. Daniel Rodas Chapela, sobre as actua-

    cións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co actual modelo de repartición de cotas de captura das

    especies peláxicas. (Punto cuarto da orde do día.)

    SUMARIO

  • A señora presidenta comunica as emendas presentadas á proposición non de lei do G.P. dos Socialistas de Galicia núm. 32745. (Páx. 118.)

    Intervención dos grupos autores das proposicións non de lei: Sr. Val Alonso (S) (Páx. 120.) e Sr. Rodas Chapela (BNG). (Páx. 121.)

    Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sra. Martínez García (M). (Páx. 122.)

    Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sr. Fajardo Recouso (AGE) (Páx. 123.) e Sr. Balseiro Orol (P). (Páx. 125.)

    O señor Val Alonso (S) e o señor Rodas Chapela (BNG) interveñen para pechar o debate (Páx. 126.)

    Suspéndese a sesión ás oito e cincuenta e sete minutos do serán.

    SUMARIO

  • Ábrese a sesión ás dez e tres minutos da mañá.

    A señora PRESIDENTA:A orde do día da sesión está publi-cada no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, polo quenon se procede á súa lectura.

    Non se xustificaron inasistencias. Entramos, polo tanto,na orde do día, co punto primeiro, de textos lexislativos, codebate e votación... (O señor Jorquera Caselas solicita apalabra.)

    Si, señor Jorquera, ¿para que quere a palabra? Déanllevoz, por favor, ao escano do señor Jorquera.

    Proposta de modificación da orde do día

    O señor JORQUERA CASELAS: O artigo 73.1 estableceque a orde do día do Pleno poderá ser alterada por acordodeste, por proposta da presidenta, por petición de dous gru-pos parlamentarios ou dunha quinta parte dos membros daCámara. Queriamos formular unha proposta de alteración daorde do día, que tamén é subscrita polo Grupo da Alternati-va Galega de Esquerda, para que se inclúa a proposición delei co número de rexistro 31372 para presentar perante oCongreso a solicitude de transferencia da titularidade e com-petencias da AP-9 á Xunta de Galiza, unha proposición delei que foi vetada polo PP na Xunta de Portavoces para ainclusión na orde do día deste pleno; e tamén da pregunta aopresidente, co número de rexistro 35083, sobre como valoraque o partido que preside presente nas vindeiras elecciónsmunicipais numerosos candidatos imputados.

    A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Jorquera.

    (A señora Díaz Pérez solicita a palabra.)

    ¿Señora Díaz?

    A señora DÍAZ PÉREZ: Bos días, señora presidenta.

    Simplemente nos adherimos, dende Alternativa Galegade Esquerda, presidenta, á petición que formula o Grupo doBloque Nacionalista instando á alteración da orde do día e áincorporación desa proposta de lei...

    A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

    A señora DÍAZ PÉREZ: ...e tamén da pregunta ao presi-dente.

    A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

    Ben, se lles parece, entón, votamos esta alteración daorde do día.

    Votación da proposta de modificación da orde do día,por iniciativa dos grupos parlamentarios do Bloque Nacio-nalista Galego e da Alternativa Galega de Esquerda, con-sistente en incluír o debate da proposición de lei rexistradaco número 31372 e a pregunta ao presidente da Xunta rexis-trada co número 35083.

    Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 30; votos en contra, 39.

    O resultado da votación é negativo.

    En consecuencia, queda rexeitada esta modificación daorde día.

    A señora PRESIDENTA: Iniciamos, pois, o desenvolve-mento da orde do día, co punto 1, de textos lexislativos.

    Debate e votación do ditame, elaborado pola Comisión 1ª,Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior,do Proxecto de lei de garantía da calidade dos servizospúblicos e da boa administración

    A señora PRESIDENTA: Mantéñense para o pleno emen-das do Bloque Nacionalista Galego, da Alternativa Galegade Esquerda e do Grupo Parlamentario Socialista.

    Ten a palabra, para a presentación do ditame da Comisión,o presidente da Comisión 1ª, don Agustín Baamonde Díaz.

    O señor PRESIDENTE DA COMISIÓN 1ª, INSTITUCIONAL,

    DE ADMINISTRACIÓN XERAL, XUSTIZA E INTERIOR (Baamon-

    de Díaz): Moitas grazas, señora presidenta.

    Moi bo día, señorías.

    O Proxecto de lei de garantía da calidade dos servizospúblicos e da boa administración tivo entrada no Rexistro do

    DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

    10

    Número 10224 de marzo de 2015

  • Parlamento o día 31 de outubro de 2014. A Mesa do Parla-mento dispuxo a súa publicación no Boletín Oficial do Par-lamento de Galicia e a apertura do prazo de presentación deemendas. Así mesmo, oída a Xunta de Portavoces, acordoua súa tramitación pola Comisión 1ª.

    As emendas á totalidade foron cualificadas pola Mesa daComisión o 3 de decembro de 2014, e as emendas parciais o17 de decembro tamén de 2014.

    Os grupos parlamentarios do Bloque Nacionalista Gale-go, da Alternativa Galega de Esquerda e dos Socialistas deGalicia presentaron cadansúa emenda á totalidade, que foronrexeitadas na sesión plenaria do 16 de decembro de 2014.

    Ao respecto das emendas parciais, o Grupo Parlamenta-rio Popular formulou 4; o Grupo Parlamentario dos Socia-listas, 61; o Grupo Parlamentario da Alternativa Galega deEsquerda, 74; e o Grupo Parlamentario do Bloque Naciona-lista Galego, 34.

    A Comisión 1ª, na sesión do 30 de decembro designou osseguintes ponentes: do Grupo Parlamentario Popular, donaPaula Prado del Río como titular e don Jacobo Moreira Ferrocomo suplente; do Grupo dos Socialistas de Galicia, donaBeatriz Sestayo Doce como titular e don Ricardo VicenteDocasar Docasar como suplente; do Grupo Parlamentario daAlternativa Galega de Esquerda, dona Yolanda Díaz Pérezcomo titular e don José Javier Ron Fernández como suplen-te; do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego,dona María Tereixa Paz Franco como titular e don Francis-co Xesús Jorquera como suplente; e do Grupo Mixto, donaMaría Consuelo Martínez García como titular e dona Car-men Iglesias Sueiro como suplente.

    A sesión constitutiva da Ponencia tivo lugar o día 13 dexaneiro de 2015, e logo de sucesivas xuntanzas elaborou uninforme que foi obxecto de debate e aprobación na sesión daComisión o 13 de mazo de 2015. O texto do articulado estru-túrase nun título preliminar e outros tres títulos con dúas dis-posicións adicionais, tres transitorias, unha derrogatoria ecinco derradeiras.

    Ata aquí o traballo lexislativo desenvolto por esta comi-sión. Ccómpre agora someter o seu ditame e consideraciónplenaria á aprobación, se procede, das súas señorías.

    Máis nada e moitas grazas.

    A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Baamonde.

    Rolda dos grupos parlamentarios para fixar a súa posi-ción sobre o ditame e, se é o caso, defender as emendas man-tidas.

    Polo Grupo Mixto, ten a palabra a señora Martínez.

    A señora MARTÍNEZ GARCÍA: Grazas, presidenta.

    Bo día a todas e a todos.

    A falta de vontade real da Xunta de Galiza para apostarpor unha administración transparente queda patente na nega-tiva a aceptar que o Plan xeral de mellora dos servizos públi-cos sexa debatido e aprobado por este Parlamento, previaaprobación polo Consello da Xunta.

    Tampouco poderá exercer o Parlamento a súa función decontrol sobre o grao de cumprimento do Plan, xa que non seadmite a súa remisión para o debate parlamentario. É dicir,preténdese aprobar unha Lei de garantía da calidade dos ser-vizos públicos e da boa administración sen contar coa partici-pación de todos os grupos parlamentarios, ata no relacionado,precisamente, coa mellora da calidade dos servizos públicos.

    Así, no proxecto de lei non se recollen métodos de acce-so e control por parte da cidadanía nos contratos entre aAdministración e as empresas privadas. Deberían aplicarse eestar accesibles á cidadanía sobre todo os contratos de admi-nistración, coa súa xustificación, importe, duración, modifi-cacións, etc. Para garantir a transparencia no funcionamentoda Administración pública, o primeiro é crear os mediosnecesarios para que a cidadanía teña un acceso de xeitodoado e áxil a toda a información sobre o uso do diñeiropúblico. Pero, sobre todo, a cidadanía ten dereito a accederá xustificación dos cartos públicos que reciben empresas pri-vadas, á xustificación da necesidade da dita privatización, aocontrol de que os ditos cartos públicos son empregados noobxecto da contratación e cumprindo os estándares de cali-dade establecidos na mesma.

    Como levo dito, hai varias razóns obxectivas para votaren contra deste proxecto de lei. Pero por se aínda non foran

    DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 10224 de marzo de 2015

    11

  • suficientes, o Partido Popular pretende, a través do artigo 37deste proxecto de lei, para todos os servizos públicos que sepresten, independentemente da modalidade na que se pres-ten, que, en ausencia de axentes da autoridade, o persoalencargado da explotación do servizo poderá adoptar asmedidas necesarias para a utilización do servizo.

    Non sei se con isto está o PP pretendendo converter osempregados e empregadas públicos e os traballadores e tra-balladoras das empresas concesionarias da explotación dosservizos públicos en pseudopolicías.

    A Administración debe velar polo uso racional dos cartospúblicos, por iso debe, dentro do seu labor inspector, com-probar que os cartos das concesións e contratos administrati-vos non teñen por obxecto o sobrelucro do empresario endeterioración da calidade do servizo. É dicir, a Administra-ción galega ten a obriga de impedir que os cartos públicos sir-van para que empresarios como o señor Silveira Martín pre-senten beneficios empresariais superiores aos 11 millóns deeuros do lucro producido polos recortes de dereitos laboraise de calidade asistencial levados a cabo con cartos públicos.

    Tamén este proxecto de lei reflicte o mesmo escurantis-mo que o Proxecto de lei de emprego público en canto aestablecer mecanismos que garantan a total transparencia naselección do persoal directivo e de alta dirección, así comono referido á retribución dos altos cargos.

    Presenta, o Partido Popular, un proxecto de lei que selimita a recoñecer dereitos pero que foxe do compromiso degarantir os ditos dereitos. Igual que sucede no Proxecto delei de emprego público, a Xunta volve deixar fóra deste pro-xecto de lei os traballadores públicos dos sectores da educa-ción, sanidade e xustiza. E se de traballadores públicos fala-mos, novamente –igual que sucede no Proxecto de lei deemprego público– se nega outra vez calquera participaciónda representación legal dos traballadores e traballadoras, eincluso no que se refire á súa formación, á elaboración dosmanuais de procedementos e ao manual de acollida do per-soal de novo ingreso.

    O Partido Popular debe entender que non hai democraciasen sindicatos. Coa súa maioría absoluta pode impoñer osseus criterios. Polo que está claro que estamos ante unhaomisión ideolóxica que intenta garantir a exclusión dos sin-

    dicatos das decisións da Administración galega de cara afuturos posibles gobernos sen maioría. Como é ideoloxíatamén facer constar que, no caso de que a Administraciónopte pola resolución do contrato, o contratista terá dereito aser compensado. Pero non fala nada sobre os traballadores etraballadoras da empresa contratista que perden o seuemprego. ¿Que pasa con eles e con elas? É dicir, o PartidoPopular volve apostar pola indefensión da clase traballadorae a permisividade cos empresarios que incumpren a legali-dade, superexplotan os seus traballadores e deterioran a cali-dade do servizo. De feito, o proxecto de lei recolle, na ava-liación do servizo de xestión indirecta, que debe figurar uninforme sobre estándares de calidade do servizo e dereitosdas persoas usuarias. Nada di do mantemento e calidade doemprego. É reveladora –se alguén aínda tivera algunha dúbi-da– a aposta da Xunta e do Partido Popular pola privatiza-ción dos servizos públicos, negándose a adquirir calqueracompromiso de defensa dos mesmos. Chega a tal punto oafán privatizador da Xunta e do Partido Popular, que o pro-xecto de lei non recolle a necesidade de ter que xustificar ointerese económico ou social da xestión privada. Por supos-to, tampouco hai ningún mecanismo para garantir que a ditaprivatización non vaia supoñer un incremento do custo eunha deterioración da calidade do servizo.

    Pero hai máis: o proxecto de lei recolle o dereito do con-tratista a subcontratar. Xa non se entende qué é isto. ¿AAdministración necesita que as empresas contratistas fagande intermediarios con terceiros? Estas prácticas están a dete-riorar a calidade dos servizos públicos co único obxectivo deaumentar o beneficio das empresas contratistas. Estasempresas presentan ante a Administración ofertas tan baixasque impiden cumprir co servizo e co seu convenio colectivo,polo que despois buscan empresas máis precarias que reali-cen parte do servizo por menos custo.

    E como cabería esperar, tampouco este Parlamento reci-birá ningún informe sobre a xustificación da necesidade daxestión privada, ou sobre o control da calidade do servizoprestado e os seus custos. O proxecto de lei parece ser, sobretodo, destinado a garantir a simplicidade dos procesos deprivatización ou xestión público-privada. Insiste en primar aestabilidade financeira sobre a garantía e calidade da sanida-de, educación e servizos sociais, rexeitando calquera fórmu-la de financiamento vía impostos. Así que, seguindo a lóxi-ca, o proxecto de lei debería chamarse “de dependencia da

    DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

    12

    Número 10224 de marzo de 2015

  • calidade dos servizos públicos en relación coa estabilidadefinanceira”.

    Chega a Xunta a insistir en provocar a deterioración dosservizos públicos esenciais mentres fai propaganda electo-ral. O noso sistema sanitario público está colapsado, os pro-fesionais desbordados e precarizados, os cidadáns privadosdo seu dereito á saúde. As manifestacións sucédense aolongo de todo o ano en reclamación duns servizos públicosde calidade, pola fin do austericidio e das privatizacións,pero o Goberno galego fai oídos xordos.

    Profesorado, economistas e multitude de expertos alertando perigo que supón para o futuro os recortes no ensino, e,sobre todo, no ensino obrigatorio, pero o Goberno tamén faioídos xordos. É dicir, é unha lei que só busca o beneficiofundamentalmente das grandes empresas contratistas, esasmesmas que levan anos entregando diñeiro ao Partido Popu-lar para as súas campañas electorais. É unha lei que vén xus-tificar, precisamente, toda esa corrupción, que non introducenin unha soa medida para poder comprobar como se utilizao diñeiro público polas empresas privadas concesionarias.Non hai nin unha soa medida para garantir a calidade realdos servizos públicos que realizan estas concesionarias.Como tampouco hai ningunha medida para garantir a cali-dade do emprego, para medir o avance do emprego nasempresas concesionarias, e tamén para acabar coa precarie-dade laboral. Polo tanto, é unha lei que só intenta xustificare beneficiar as empresas concesionarias simplificando a pri-vatización dos servizos públicos.

    Pero xa no colmo do insulto á intelixencia dos galegos edas galegas, volvemos ver o rexeitamento que a Xunta deGalicia e o Partido Popular teñen cara ao noso idioma. Na leihai un rexeitamento total e absoluto a garantir a utilización eo emprego do idioma galego cos cidadáns como primeiroidioma para dirixirse ás cidadás e aos cidadáns galegos. Polotanto, volvemos ver ese autoodio co noso idioma, que non seentende de ningunha maneira máis alá que desde un puntode vista dun nacionalismo español que invade total e abso-lutamente o Partido Popular.

    A min gustaríame, cando fala o Partido Popular, que mecontestaran qué lles pasa co idioma galego. ¿Por que senegan a incluír como un principio de actuación dos servizospúblicos galegos o fomento do noso idioma?

    Polo tanto, estamos falando dun proxecto de lei que valecomo propaganda. ¿Que entende a Xunta cando fala de boaadministración? ¿Por que esta lei leva un nome tan xenérico“boa administración”? Segundo o proxecto de lei, unha boaadministración é unha administración eficaz, imparcial,obxectiva e que actúe dentro do marco temporal establecido.Non fala nada dunha administración transparente, accesible,áxil, democrática, aberta á participación da cidadanía.

    Para garantir que a Administración galega actúe dentro domarco temporal establecido, este proxecto de lei non estable-ce períodos de tempo máximo para dar resposta aos cidadáns,e, se o fai, estes son excesivamente dilatados, cando unhaadministración lenta é unha administración ineficaz. Exem-plo desta falta de compromiso real coa cidadanía é que noreferente ás queixas dos e das cidadás non se comprometetempo de resposta. Este feito obriga a moitos galegos e gale-gas a recorrer á vía xudicial por cuestións que poderían sersolucionadas por vía administrativa. Porque, tras a linguaxede maquillaxe, escóndese a falta de compromisos para facerunha administración realmente ao servizo dos cidadáns ecidadás, unha administración transparente, áxil e accesible.Non garante a igualdade no acceso a toda a cidadanía ao esta-blecer tarifas para os trámites entre a Administración e a cida-danía, xa que estas deberían estar cubertas vía impostosdirectos. Pode dicir a Xunta que os custos non superan unhadeterminada cantidade, pero o certo é que hai persoas ás quehoxe calquera gasto extra, por pequeno que sexa, lles supónun problema. E nalgúns casos máis parecen multas por malcomportamento que tarifas administrativas, como é o casodos elevadísimos 10 euros que se deben aboar para renovar atarxeta sanitaria no caso de perda ou deterioración. Por iso, oestablecemento de tarifas para acceder a certos trámites dis-crimina as persoas economicamente máis vulnerables. Peronon queda aí este proxecto de lei, senón que, ademais, con-verte a Administración no “cobrador do frac” das empresasconcesionarias, ao recadar as débedas que as persoas usuariasdo servizo manteñan coa empresa concesionaria. Polo tanto,outra vez vemos unha administración ao servizo única eexclusivamente dos intereses das empresas privadas, chegan-do a facer incluso de cobradores de estas. Estamos, pois, anteunha lei á que votaremos en contra, porque non está dirixidanin a mellorar a calidade dos servizos públicos nin a garantira calidade do emprego nin a garantir o cumprimento das con-dicións do contrato das empresas concesionarias. Polo tanto,este proxecto de lei contará co noso voto en contra.

    DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 10224 de marzo de 2015

    13

  • Nada máis e moitas grazas.

    A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

    Grupo Parlamentario do BNG.

    Ten a palabra a señora Paz Franco.

    A señora PAZ FRANCO: Grazas, señora presidenta.

    Bos días, señoras e señores deputados.

    Estamos ante un proxecto de lei que hoxe culmina a súatramitación parlamentaria e que leva por título “Proxecto delei de garantía da calidade dos servizos públicos e da boaadministración”. Estamos, polo tanto, como calquera de vos-tedes pode entender, ante un proxecto de lei que ten dúaspartes ben diferenciadas, unha que pretende atinxir e garan-tir a calidade dos servizos públicos e outra que ten a ver coaboa administración.

    E fago esta introdución para dicir que, se ben é certo quedurante o trámite de ponencia se chegou a numerosos acor-dos por parte das integrantes desta ponencia, tanto conemendas aceptadas polo grupo maioritario como outrastransaccionadas, que, desde logo, se pode dicir que mellora-ron dunha forma bastante relevante o que poderiamos consi-derar a segunda parte da lei, é dicir, o que ten que ver coaboa administración –e despois falarei dalgunhas cuestiónsrelativas a esta cuestión que foron incorporadas en ponenciae que, polo tanto, tiveron froitos positivos como consecuen-cia das emendas presentadas polos grupos parlamentarios epolo esforzo de transacción realizado na ponencia–, senembargo, temos que dicir que desde o punto de vista doGrupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, noque ten a ver co que debería ser a parte esencial coa que setitula esta lei, que é a da garantía da calidade dos servizospúblicos, non só non se incorporaron nin se transaccionaronemendas, senón que naquelas cuestións substanciais que nodebate de totalidade, desde o punto de vista do BloqueNacionalista Galego, xustificaban a solicitude de devoluciónao goberno por non garantir precisamente a calidade dos ser-vizos públicos persisten, e, polo tanto, xustifican desde onoso punto de vista o mantemento da posición no sentido devotar en contra do informe de ponencia e, polo tanto, devotar en contra deste proxecto de lei.

    En relación coas cuestións nas que mellorou esta lei e dasque tiveron algo que ver as emendas formuladas por estegrupo parlamentario, permítanme que destaque tres. E é aintrodución dun novo artigo 17 bis que se titula “Simplifica-ción e axilidade nas relacións coa cidadanía”, que é froitodunha transacción coa emenda número 29 do Bloque Nacio-nalista Galego, no que se establecen, digamos, algúns crite-rios concretos e algunhas pautas concretas para que por parteda Administración se avance nese camiño de axilización esimplificación da Administración. Aínda que, efectivamente,desde o punto de vista do Bloque Nacionalista Galego estadisposición queda coxa, toda vez que non se aceptou nin setransaccionou nada relativo ao contido da nosa emendanúmero 28, na que se establecían, digamos, parámetros con-cretos para cuestións concretas de simplificación. E voupoñer varios exemplos.

    Nesa emenda formulábase a necesidade de que, nunprazo de seis meses, por parte da Administración galega seestableceran os mecanismos que propiciaran a redución dosprazos en todos os procedementos administrativos, en parti-cular naqueles que teñen como finalidade a concesión deaxudas e subvencións para actividades que financian gastocorrente de funcionamento non inventariable, nos procede-mentos de subvencións a actividades formativas e de inves-tigación, nos procedementos relativos a autorizacións oupermisos de actividades que non requiran avaliación deimpacto ambiental e nos procedementos de axudas ou sub-vencións para investimentos nun momento no que tan nece-saria é a actividade de fomento das iniciativas económicas eempresariais por parte da Administración. E non vou ler,porque todos vostedes teñen a emenda, pero, efectivamente,así, durante dúas páxinas, establecíanse criterios concretos eparámetros concretos de redución de prazos para este tipo decuestións tan importantes, nas que se establecía que nestetipo de procedementos en ningún caso o prazo de resoluciónpodía ser superior aos tres meses.

    Tamén hai outro ámbito no que se aceptaron emendas doGrupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego e queteñen que ver co establecemento de certas obrigas que a leinon lles impoñía aos contratistas de servizos públicos, tantono ámbito do respecto aos dereitos dos e das traballadoras–aínda que, efectivamente, hai outras cuestións das que fala-rei despois que non se aceptaron–, tamén restricións encanto á utilización de locais e materiais das administracións

    DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

    14

    Número 10224 de marzo de 2015

  • públicas por parte desas empresas, que tamén se incorporouao texto, ou, na disposición transitoria terceira, na que froi-to dunha transacción coa emenda do Grupo Parlamentariodo Bloque Nacionalista Galego se lles impuxo a obriga ásempresas concesionarias e contratistas que xa tiñan adxudi-cado ou en vías de adxudicación a prestación dalgún tipo deservizo público de cumprir os elementos esenciais desta lei.Hai que recordar que denunciabamos por parte do BloqueNacionalista Galego no debate de totalidade que esa dispo-sición transitoria excluía expresamente as empresas que xatiñan a contratación, ou que esta xa fose iniciada, de ter quecumprir as disposicións desta lei.

    E, finalmente, tamén nos congratulamos de que, froitodunha emenda do Grupo Parlamentario do Bloque Naciona-lista Galego, no artigo 37 se introducise que o galego será alingua de uso normal e preferente en todas as actividadesrelacionadas coa organización e prestación dos servizospúblicos. Nós esperamos que, realmente, por parte da Xuntade Galiza haxa intención de dar cumprimento a este precep-to e que, en consecuencia, se adopten as medidas necesariaspara garantir que as persoas prestatarias deses servizospúblicos, tanto no ámbito da función pública como dasempresas contratistas, teñan a obriga de coñecemento da lin-gua galega para poderen dar cumprimento a este precepto.

    E agora, señoras e señores deputados, se me permiten,vou ir a aquelas emendas que non foron aceptadas e que parao Bloque Nacionalista Galego eran esenciais para garantir oque é a primeira parte do título desta lei, que é a garantía dacalidade dos servizos públicos, e que motivan o mantemen-to do noso rexeitamento a esta lei.

    Diciamos no debate de totalidade que, para que realmen-te unha lei vaia máis alá da propaganda e constitúa un ele-mento para garantir a prestación dos servizos públicos,desde o punto de vista do Bloque Nacionalista Galego o pri-meiro que había que facer era garantir que, efectivamente, osservizos fosen públicos. E, sen embargo, hai que dicir queunha parte moi relevante desta lei se dedica a regular a pres-tación, como se chama na propia lei, indirecta dos servizospúblicos. Polo cal, desde logo, desde o noso punto de vista,non establece medidas para garantir que a forma preferentede prestación sexa a pública. Nese sentido, nós lamentamosque non se aceptase a emenda número 8 do Bloque Nacio-nalista Galego, que establecía que a xestión pública terá

    carácter preferente e que o recurso á xestión privada destesservizos deberá ir precedida da elaboración dun estudo com-parativo coa xestión pública no que se expliciten os motivosde carácter económico, xurídico, administrativo e financeiroque xustifiquen o recurso a esta fórmula de xestión. Isto nonfoi aceptado polo Grupo Popular, e, pola contra, no artigo 34mantense, no seu apartado cuarto, que no procedemento deelaboración de disposicións de carácter xeral polas que seacorda o establecemento do servizo público deberá incluírseunha memoria, etc. É dicir, a lei non só non establece ningúntipo de cautela nin ningún tipo de necesidade de xustifica-ción por parte da Administración pública para recorrer áprestación indirecta, é dicir, á privatización da xestión dunservizo público, e, sen embargo, si que establece cautelas eobrigas por parte da Administración, e exixencia de xustifi-cación, cando se queira establecer un servizo público ouprestar un servizo desde o ámbito da Administración públi-ca. Díganme vostedes, señoras e señores deputados do Par-tido Popular, se non é unha clara aposta pola prestación indi-recta. Nós tiñamos unha emenda de supresión, a emendanúmero 9, a esta epígrafe.

    Hai outro elemento, que ten a ver coa prestación que vos-tedes chaman indirecta dos servizos públicos, que tampoucose tivo en conta e que nós pretendiamos establecer a travésda lei, que era unha maior garantía dos usuarios, das perso-as usuarias dos servizos públicos prestados por empresascontratistas, que tampouco foi aceptado polo Grupo Popular,ou a introdución de criterios para dotar de máis transparen-cia e deberes para as empresas contratistas. Por exemplo,desde o Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Gale-go presentabamos unha emenda na que se requiría que porparte das empresas contratistas e prestatarias de servizospúblicos se tivese que respectar a mesma normativa ou simi-lar que no ámbito da Administración pública en todos osprocedementos de contratación, tanto de persoal como dou-tro tipo, e a necesidade de crear unha comisión de segui-mento no ámbito da Administración para velar polo efectivocumprimento das cláusulas das demais condicións nas quese presta esa concesión, que non foi aceptada polo GrupoParlamentario Popular. Polo tanto, cremos que son eivas moiimportantes nesta lei para a garantía da calidade dos servizospúblicos cando estes son prestados de forma indirecta.

    Tamén denunciabamos no debate de totalidade que nonexistía unha garantía de financiamento dos servizos públi-

    DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 10224 de marzo de 2015

    15

  • cos, un elemento que para nós é chave nun momento no quepoderiamos poñer aquí centos de exemplos –xa puxemosalgúns no debate de totalidade–, nos que estamos vendocomo hai unha deterioración progresiva dos servizos públi-cos froito dos recortes sistemáticos aos que foron sometidosnos últimos anos, tanto na contratación de persoal como nadotación de medios materiais, técnicos e de todo tipo.

    Nese sentido, o Grupo Parlamentario do Bloque Naciona-lista Galego presentaba unha emenda –a emenda número 2– naque, ademais de incluír dentro do ámbito de aplicación destalei, polo menos nos elementos básicos, servizos tan esenciaispara a cidadanía como a sanidade, a educación e a xustiza, quequedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destalei no seu articulado, estableciamos que tiña que haber unfinanciamento axeitado. E non era nin sequera unha emenda demáximos. A que presentaba o Bloque Nacionalista Galego eraunha emenda máis ben modesta, na que o único que diciamoseran tres cuestións fundamentais. Unha é que os programas degasto relativos aos servizos públicos terán que ter a dotaciónnecesaria para poder atender eses servizos públicos. ¿Quepouco razoable é esta proposta?, ¿verdade, señoras e señoresdeputados? Estableciamos outra obriga para o Goberno, que éque, cando os programas de gasto dos orzamentos haxa quereducilos –incluso contemplabamos o escenario de necesidadede contracción do gasto público–, habería que incluír nas pre-visións de gasto que o primeiro que se afecte sexan, con carác-ter xeral, gastos relativos á alta dirección, á Administraciónxeral, aos compromisos plurianuais derivados de contratosadministrativos non vinculados cos servizos públicos; é dicir,que, se hai que recortar, se recorte realmente no superfluo, enon, como vostedes viñeron facendo durante todos estes anos,afectando o núcleo central dos servizos públicos.

    A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

    A señora PAZ FRANCO: E, finalmente, estableciamos que,cando os orzamentos medren, fundamentalmente ese incre-mento se destine á restablecer todo ese dano que se lles fixoaos servizos públicos.

    Esta emenda tampouco foi atendida. E, desde logo, nósseguimos mantendo que a única garantía da calidade dos ser-vizos públicos é que estes conten cun financiamento ade-cuado para garantir unha prestación de calidade con carácteruniversal e con carácter público aos e ás cidadás.

    E tamén hai outra cuestión fundamental nesta lei, que éque non se garante a universalidade da prestación dos servi-zos públicos en ningún caso, nin cando se prestan directa-mente nin a través de xestión indirecta. Nese sentido, o BNGtiña varias emendas, a 1, a 3 e a 4, que tampouco foron aten-didas.

    En conclusión, señoras e señores do Partido Popular...,

    A señora PRESIDENTA: Remate, por favor, señora Paz.

    A señora PAZ FRANCO: ...poderiamos dicir que, se se tra-tase só dunha lei de boa administración podería ter un apro-bado, aínda que fose só raspado; pero, tratándose dunha leide garantía de calidade dos servizos públicos, non podemosmáis que outorgarlle un suspenso rotundo.

    Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

    A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Paz.

    Polo Grupo Parlamentario da Alternativa Galega deEsquerda, a señora Díaz.

    A señora DÍAZ PÉREZ: Bos días, presidenta.

    Bos días a todos e a todas.

    En primeiro lugar, quero sinalar que Alternativa Galegade Esquerda vai soster e defender as emendas que presenta-mos a esta proposta que fai o Partido Popular, e que formu-lamos exactamente en 74 concepcións distintas do que é untexto relevante para o noso país.

    Podo anticipar que, sen lugar a dúbidas, nos atopamosnos antípodas do plantexamento político que está a formularo Partido Popular, e que, lonxe dese título que emprende anorma, nada ten que ver coa realidade do que está a pasar.Dende logo, esta norma alónxase do que son hoxe necesida-des básicas ou reclamos da cidadanía, como son fundamen-talmente os gobernos abertos. Isto é falar de democracia par-ticipativa, aínda que xa é bastante vello falar de democraciaparticipativa dende hai bastantes anos, e mesmo despois determos moitos exemplos de municipios e de administraciónsque sen lugar a dúbidas xa emprenden estas novas prácticas,que insisto en que xa están a ser vellas. Sen embargo, a pesar

    DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

    16

    Número 10224 de marzo de 2015

  • de que son prácticas vellas, o Partido Popular é obstinado ede ningunha maneira quere que se incorporen á formulacióndeste texto.

    É certo que moitas das emendas que formula AlternativaGalega de Esquerda están baseadas no principio da partici-pación da cidadanía como fórmula máxima para evitar nonsó ese afastamento do público que hai na actualidade, senóntamén como garantía de evitar o saqueo do público que seestá a propiciar dende moitos dos gobernantes. Pero taménun dos eixos centrais das nosas propostas está baseado xus-tamente nesas fórmulas de coparticipación e da toma dedecisións baseada na codecisión, pero sobre todo centradasnunha maneira nova de facer as cousas.

    Teño que dicir, en primeiro lugar, que formalmente estetexto é bastante pobre, é pobre, non engade nada ao que xatemos recollido nas nosas normas. E mesmo emenda concarácter negativo esa formulación que defendía o PartidoPopular nun texto recente do ano 2003 de pretender unhasimplificación normativa. Non soamente non camiñamoscara á simplificación normativa, senón que estamos tolean-do a cidadanía con normas que pretendemos ou supoñemosque o Partido Popular quere vender como auténtico fumepara sinalar que fan algo. Pero insisto en que non incorporannada novo e substancial á realidade galega.

    Esta norma afonda no que xa temos, a Lei 30/1992, aLofaxga, o Decreto 48/2004, no que atinxe á carta de servi-zos e observatorio de calidade, a Lei 4/2006, de transparen-cia –que agora o Partido Popular se empeña, nunha novaforma de incorporar ou vender que fan algo, nunha nova leide transparencia, semella que non lles valía a que xa tiña-mos–, ou, por exemplo, vostedes rectifican. E este é o titularque temos que dar hoxe, e temos que dicir que, como xadixemos en ponencia e en comisión, rectifican favorable-mente, que nos dan a razón mudando na disposición adicio-nal a Lei de racionalización do sector público galego.

    Mire que lles pedimos que foran quen de desenvolver oTribunal Administrativo da Contratación e que fora galego,que non acudiran a esa defensa que fixeron de centralizartodo en Madrid. Agora, quizás o mellor da norma é que rec-tifican –insisto– e por fin están dispostos e dispostas a creareste tribunal administrativo, de tal xeito que achegaremos ácidadanía –sen lugar a dúbidas– o plantexamento deste tipo

    de recursos. Seguramente tamén será porque teñen malasnovas por este tribunal central; por exemplo, a recente reso-lución na que declaran a nulidade radical de pleno dereito doprego de licitacións, por exemplo, de privatizacións do ser-vizo de extinción de incendios da provincia da Coruña, oumoitas outras resolucións que ditou este tribunal e que estánemendando a plana ao Goberno da Xunta de Galicia.

    Por tanto, é unha norma que non incorpora nada novo,todo está recollido en normas xa existentes. E é curioso que,se repasan vostedes as normas homólogas que temos no Esta-do español, destacan todas que esta calidade dos servizospúblicos será atendida de maneira substancial no que atinxeao Estado de benestar, que vén sendo a sanidade, a educacióne a xustiza, como elementos centrais. Casualmente estanorma que formula o Partido Popular exclúe da aplicación doplantexamento deste rendemento da boa calidade administra-tiva as materias substancias do Estado de benestar. ¿Por queserá? ¿Por que será que vostedes, lonxe de fornecer o Estadodo benestar e permitir que haxa unha avaliación constantedestes servizos públicos substanciais, se alonxan do mesmo?Será unha aplicación supletoria, en fin, cando insisto en quedebería de ser a actuación central da propia norma.

    Dende logo, nós imos votar en contra deste texto –insis-to–, porque tamén, se facemos unha comparativa co resto denormas do Estado, poderemos ver como todas avanzan caraa unha nova forma de facer política, avanzan cara á toma dedecisións colexiada ou copartícipe coa cidadanía. Vostedesnon soamente non queren iso senón que pechan as portas aque a cidadanía galega poida participar.

    Instamos, e supoño que a voceira do Partido Popular así odirá, pois máis de vinte emendas que teñen que ver con estarazón, pero instamos á creación do Consello Galego da Cida-danía, do que dependerá a Oficina da Defensa das PersoasUsuarias dos Servizos Públicos, e que ademais será coma unpulmón que avalíe as políticas públicas da Xunta de Galicia,ou mesmo, ademais, será ese consello reitor da cidadanía o queteña que emitir informes sobre a xestión que se está a practicarpor parte da Xunta de Galicia. Pero, obviamente, insisto en quevostedes pechan a porta, non queren gobernos abertos e nonqueren gobernos de cristal e gobernos transparentes.

    Moitas das nosas emendas poden mirar, por exemplo, asformulacións que se fan en Navarra, que son moi interesan-

    DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 10224 de marzo de 2015

    17

  • tes, e teñen que ver con esa transparencia que non só chegaaos servizos públicos, senón que chega ás axendas públicas.Moitas das emendas de Alternativa Galega de Esquerda insis-ten na necesidade de publicitar os obxectivos políticos anuaisde cada un dos departamentos da Xunta de Galicia, mesmo iravaliando como se van executando eses obxectivos públicos,e tamén cunha obriga de render contas no caso de que haxaunha desviación ou muden os plantexamentos políticos quese desenvolveran por parte da Xunta de Galicia.

    Isto insisto en que non é aceptado pola propia Xunta deGalicia, nin permiten ningún espazo no que a cidadaníagalega poida dicir algo. Vostedes, por exemplo, están priva-tizando servizos públicos substanciais sen escoitar a nin-guén. As nosas propostas xustamente se basean nesa escoitae diálogo aberto coa cidadanía e nesa escoita activa coa cida-danía que, insisto, vostedes non autorizan.

    Pero é que, ademais, tamén as nosas emendas teñen quever xustamente coa irrupción da transparencia de maneiraradical na Administración pública, cuestión que non aceptande ningún xeito. É normal, porque fíxense que nivel de opa-cidade temos que, por exemplo, calquera dos deputados edeputadas desta Cámara non temos acceso –volvo dicilo– acal é o orzamento –e falo de orzamentos públicos–, non hainingún lugar no que poidamos atopar, que dedicamos a retri-buír os membros do Consello Galego de Radio e TelevisiónPúblicas, algo tan substancial. O normal sería que, porexemplo, esta voceira puidese saber exactamente, no orza-mento público, cantos millóns de euros dedicamos a esamasa importante de retribucións. Pois non somos capaces desabelo. Ou non somos, por exemplo, capaces de saber calesson as axendas públicas deste viaxeiro intenso que é o señorFeijóo en cada unha das súas rutas por Latinoamérica; édicir, tan substancial como que poidamos coñecer con carác-ter previo cales son as súas axendas e o que era fundamentale se viña facendo, como que os medios de comunicaciónasistan a esas viaxes para que a cidadanía galega poida tercoñecemento do que se está a facer.

    Pero, por exemplo, tamén unha transparencia que nóspedimos de máximos, que, como dixen, ten que ser de axen-das, de contratos, de convenios. Fíxense o que tivemos quefacer para conseguir o convenio de Povisa. Máis de 90millóns de euros de recursos públicos galegos e resulta quepouco menos que temos que facer, pois, non sei, unha cam-

    paña atroz para coñecer ese saqueo que pola porta de atrásvostedes están a facer nunha parte substancial da sanidadedo noso país.

    Ou, por exemplo, a opacidade que hai respecto do con-venio dunha empresa moi relevante para a Xunta de Galicia,como é Reganosa. Claro, é escandaloso coñecer o contido.Eu sei perfectamente que é escandaloso que a cidadaníagalega coñeza que posibles perdas, tremendas, do déficitdesa infraestrutura gasista corran a cargo do erario público.¡Home!, é un escándalo, supoñemos que por iso non o que-ren dar a coñecer. Pero nós pedimos que eses convenios, porsuposto, sexan públicos. Pedimos que todas as axudas, quetodas as subvencións, que todas as porcentaxes de contrata-ción, de libre designación, de execución do orzamento, deabsolutamente todo o que ten que ver con recursos públicossexa transparente.

    E pedimos, ademais, algo substancial nestas propostas:un plan de fortalecemento dos servizos públicos. Non soa-mente non optamos pola formulación na que insiste estanorma, que é na xestión indirecta e nesas vías de repago ecopagos que destaca de maneira singular o texto, senón quequeremos xustamente o contrario, queremos que os servizospúblicos estean baseados en algo que non son hoxe: quesexan universais, que sexan gratuítos e que sexan de calida-de; e, por suposto, baseados –e poñémolo como un principiocentral– na xestión directa dos servizos. Vostedes, no artigo38 –como ben sabemos– pulan polas tarifas, polos repagos epor outro plantexamento que –insisto– non coincide en abso-luto co noso.

    Pero queremos tamén un plan de recuperación dos servi-zos públicos. Instamos en moitas das nosas emendas xusta-mente á supresión de todo o que ten que ver coa privatiza-ción de servizos; particularmente, esa defensa que fai aXunta de Galicia e o Partido Popular de acudir á subcontra-tación, aínda que sexa parcial –como se fai no texto–. Iso éprecarizar servizos públicos e é precarizar os traballadores etraballadoras. Pedimos, como substancial para avanzar nesapretendida modernización administrativa, algo tan substan-cial como, efectivamente, dunha vez por todas garantir aadministración electrónica –poderiamos falar da xustiza,despois hai unha iniciativa do Partido Popular e teremosocasión de avaliar o Plan senda, dá vergoña o que estápasando–. Pero tamén queremos algo substancial como é

    DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

    18

    Número 10224 de marzo de 2015

  • incorporar o principio de neutralidade tecnolóxica, que nonexiste. E ademais incorporamos emendas nas que pulamospolo software libre, porque o escándalo e o negocio –dígooasí de claro– da Amtega é para estudar. E, dende logo, trae-remos a debate aquí tamén a auditoría sobre a Amtega.

    Non compartimos os dereitos e deberes que formulacomo básicos o texto do Partido Popular. Por exemplo, istoque está pasando nas urxencias estes días. Os culpables doque pasa no servizo público sanitario, son os cidadáns e ascidadás que se atopan enfermos. Pois, efectivamente, un dosprincipios, dos deberes que sinala esta norma, é o deber denon facer un uso abusivo dos servizos públicos. Está claroque cre o ladrón que todos son da súa condición. Efectiva-mente, isto debe ser suprimido radicalmente porque a cida-danía non fai uso abusivo dos servizos públicos, a cidadaníao que fai é acudir á prestación pública de servizos, que paraiso, por certo, paga impostos.

    Pulamos, en definitiva, por outra norma que non ten nadaque ver co que formula o Partido Popular. Queremos que entodo o que ten que ver coa transparencia, por exemplo –unhaemenda concreta–...,

    A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

    A señora DÍAZ PÉREZ: ...se designe unha persoa por sor-teo, que será renovada anualmente en cada un dos departa-mentos. E será a persoa encargada con carácter neutral deemitir ese informe anual que ten que render contas.

    En definitiva, queremos un goberno aberto, queremosparticipación cidadá. E queremos –e remato, señora presi-denta– algo relevante, que está de actualidade por desgrazadende hai moito tempo no noso país. E é que, efectivamen-te, nun dos preceptos dise directamente que na xestión nonse poderá acudir á privatización de servizos –di a norma, naxestión indirecta– cando esteamos diante de actividades querequiran de auctoritas. Bueno, pois eu dígolle ao PartidoPopular que poden cumprir coas normas existentes e todosos servizos...

    A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

    A señora DÍAZ PÉREZ: ...de emerxencias teñen que serrescatados. Falo dos bombeiros e falo, efectivamente, do 112

    e doutras moitas cousas. Porque supoño que estaremos deacordo en que os bombeiros neste país teñen que estar ampa-rados ou revestidos de auctoritas...,

    A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Díaz.

    A señora DÍAZ PÉREZ: ... senón mal imos ir.

    Por tanto, imos votar en contra. (Aplausos.)

    A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

    Grupo Socialista. Señora Sestayo.

    A señora SESTAYO DOCE: Grazas, presidenta.

    O Grupo Parlamentario Socialista vai votar en contraobviamente deste proxecto de lei, tal e como expuxemosdende o primeiro momento no debate en pleno e no debateen comisión.

    Anunciabamos tamén en pleno e en comisión que nonseriamos cómplices do paripé da política de aparencias e dapolítica de publicidade e propaganda que están a desenvol-ver dende a Xunta de Galicia, coa que pretenden disfrazar osfeitos cotiáns buscando noticias a custa de lexislar. A frivo-lidade da actividade lexislativa do Partido Popular a verda-de é que asusta a unha cámara lexislativa, a unha cámara derepresentación popular, onde estamos acostumados a quelexislar, ditar normas de ámbito xeral para todas e todos, éun asunto moi serio.

    Efectivamente, esta lei, o chamado Proxecto de lei degarantía da calidade dos servizos públicos e da boa adminis-tración, nin sinala ningún tipo de garantía nin protexe os ser-vizos públicos e, dende logo, é incompatible coa boa admi-nistración. Polo tanto, estamos unha vez máis ante títulosbuscados no márketing da operación propagandística, comoten acontecido con numerosos textos legais do Estado. ¿Quedicir da racionalización aquela das administracións locaisque nin racionalizaban nin sustentaban? Pero o certo é que,unha vez máis, antepoñemos a propaganda electoral aosintereses de Galicia.

    Primeiro, estamos cunha lei que vai destinada en princi-pio a o servizo público, pero ocúpase moi pronto xa o texto

    DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 10224 de marzo de 2015

    19

  • lexislativo de dicir que quedan excluídas destes servizospúblicos a educación, a sanidade e a xustiza. Polo tanto,estamos cunha lei de calidade de servizos públicos queexclúe tres servizos públicos fundamentais. E se temos enconta que dentro deses servizos públicos, e segundo datosoficiais, temos que en educación existe unha amortizaciónde prazas, unha destrución de prazas docentes, de máis de2.200 postos dende a toma de posesión do Goberno deNúñez Feijóo, se temos en conta que, segundo os datos daPlataforma da Sanidade existe en materia de sanidade unhadestrución de máis de 2.000 profesionais dentro dese ámbi-to, se contamos as destrucións e a falla de substitucións quese está operando no eido da xustiza en Galicia, ás que seteñen que sumar todas as operacións de reforma –como aque se está producindo no Rexistro Civil, que onte dabalugar a enérxicas protestas en diferentes cidades e localida-des de Galicia–, pois estamos deixando fóra nada máis enada menos a servizos públicos que destruíron 6.000 postosde traballo desde a toma de posesión de Feijóo. Non meestraña que os deixen fóra.

    Pero, ademais, se colocamos o texto literal dos artigos daLei de calidade dos servizos públicos vemos que é incompa-tible con outras leis que rexen outros servizos. E vou poñerdous exemplos para ser tamén gráficos. É incompatible conalgúns dos preceptos –xa o anunciabamos– da Lei de servi-zos sociais. Polo tanto, deixamos fóra tamén os servizossociais de Galicia onde se teñen destruído tamén –admitidopolo propio Goberno– máis de 1.500 postos de traballo entrea amortización de postos de traballo e a destrución de prazaspúblicas. Polo tanto, xa estamos en 8.000 postos de traballodestruídos dentro dos servizos públicos que non están reco-llidos nin amparados dentro desta lei. E, efectivamente, acu-dimos a outro servizo onde xa se dá o maior vértigo contra-ditorio e a pirueta incrible, e é que en brevísimo tempo entraneste Parlamento a Lei de calidade dos servizos públicos,por unha banda; e, por outra parte, a Lei de emprego públi-co. Unha e outra son incompatibles e contraditorias respec-to da xestión das emerxencias, señor vicepresidente. Men-tres na Lei de calidade do emprego público se deixa unhamarxe –vostedes parece que o están tratando como un erro,veremos en que queda no texto da ponencia– sobre a necesi-dade de que a xestión das emerxencias se faga por profesio-nais que teñan a calidade de autoridade pública, isto, encambio, evidencia unha contradición co texto da Lei de ser-vizos públicos. Polo tanto, están vostedes incluso contradi-

    cíndose en leis que entran paralelamente neste Parlamento,de xeito que esta lexislación obviamente obedece exclusiva-mente –como diciamos– á propaganda.

    Pero, ademais, esta lei entra en contradición coa Lei detransparencia e boas prácticas de Galicia, insistimos, esa leide transparencia que está vixente, aprobada polo Gobernobipartito, e que vostedes non aplicaron e seguen sen aplicar.Pero en vez de ter a valentía, se non están de acordo coa Leide transparencia, de derrogala– están na lexitimidade dederrogar unha lei, teñen a maioría absoluta para facelo–,vostedes deixan de facelo. Fan esa obxección de concienciade feito que impide aplicar a lei. E agora, sen embargo, ditanunha lei que non derroga a Lei de transparencia pero contra-dina en varios dos seus preceptos; polo tanto, é obvio queestamos ante unha lei propaganda.

    Pero, ademais, esta Lei de garantía de calidade dos ser-vizos públicos agride profundamente os servizos públicos. Eé unha lei que ademais choca con principios esenciais quehoxe a cidadanía defende como servizos públicos. Por iso oGrupo Parlamentario Socialista, dentro das 61 emendas quese plantexaron, fai emendas tan evidentes dentro do contex-to social no que estamos a vivir, dentro da defensa dos ser-vizos públicos que está a facer a cidadanía fronte a unhasagresións dunha dereita que se empecina en privatizar e endestruír os mesmos. Primeiro, estamos a falar de que existelexislación múltiple sobre unha mesma cuestión, lexislaciónque ademais é contraditoria entre si. Polo tanto, estableza-mos principios de coordinación como o que se establece naemenda número tres do Grupo Parlamentario Socialista. Amaioría do Partido Popular está en contra da coordinacióndos diferentes preceptos que regulan a calidade dos servizospúblicos. O cal é todo unha exposición de motivos sobre oque pretende esta lei: mellor, descoordinados, e mellor senplanificar.

    En segundo lugar, o Grupo Parlamentario Socialista fixonumerosas emendas en torno á participación cidadá, á parti-cipación cidadá e á participación do Parlamento de Galicia.A primeira contémplase nos artigos 4, 5, 6 –respecto da pro-ximidade da xestión á cidadanía–; mentres que a interven-ción do Parlamento se recolle especialmente nas emendas 31á 61. Ben, pois o Partido Popular está en contra do principiode transparencia, do principio de que os servizos públicos sepresten en proximidade á cidadanía, da capacidade de ava-

    DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

    20

    Número 10224 de marzo de 2015

  • liación, así como a participación do Parlamento no controldos servizos públicos.

    Polo tanto, unha vez máis contrastamos a propagandaelectoral da linguaxe, que é moi fácil escribir un discursopara intentar dar unha mensaxe discursiva electoral fronte árealidade dos preceptos legais que establecen unha opacida-de respecto dos servizos públicos e unha regresión no con-trol da calidade dos servizos públicos.

    Efectivamente, unha vez máis, atopámonos con leis querecollen plans, plans de servizos públicos. Pero xa que voste-des dentro deste texto legal queren falar de plans xerais demellora de calidade de servizos públicos, dentro deste afánpropagandístico, cos mesmos servizos públicos que ou bennon se regulan na lei –insistimos, educación, sanidade e xus-tiza– pero tamén por omisión –servizos sociais ou emerxen-cias–, xa me dirán qué servizos públicos están recollidos nalei, porque todavía ninguén foi quen de dicirnos qué servizospúblicos –a unha pregunta ben concreta deste grupo parla-mentario– se recollen nesta lei. Bueno, o certo é que presen-tan un plan, ¿como non?, presentan un plan e ademais unregulamento que se fará dentro dun ano, etcétera. Estamos nomesmo trámite lexislativo acostumado polo Partido Popular:propaganda, ministerio de publicidade e propaganda.

    (Murmurios.)

    A señora PRESIDENTA: Rogo silencio, por favor.

    A señora SESTAYO DOCE: Vemos que a memoria econó-mica..., que o Plan xeral de mellora da calidade de servizospúblicos que din vostedes que van presentar dicimos que opresenten ao Parlamento.

    A intervención da transparencia e do control da cámarade representación do pobo na avaliación da calidade dos ser-vizos públicos. Votedes votan en contra, tamén en contradesa transparencia. Non sei que terán que agochar respectodun plan que se supón que vostedes presentan para melloraros servizos públicos, pero consideran que o Parlamento nondebe intervir dentro desta cuestión.

    Dicimos que ese plan, para ser rigorosos, debe ter unhamemoria económica. Se teñen vostedes un plan de servizospúblicos que pretende avaliar ou mellorar os mesmos, debe-

    rá ir acompañado da procedente memoria económica. Votanen contra tamén desa emenda. Nin transparencia, nin parti-cipación cidadá, nin memoria económica... Porque outra vezestamos ante unha operación propagandística das que voste-des –teño que dicilo– teñen experiencia sobrada.

    Pero, ademais, dicimos que se informe o Parlamentodunha cuestión ben sinxela. Moitas veces hai discusiónnesta tribuna, a través de iniciativas parlamentarias plan-texadas pola oposición, polos grupos da oposición, sobreservizos que se están prestando claramente de forma pri-vatizada –vostedes poden chamala xestión indirecta. Nós,para non incomodalos na posibilidade da aceptación daemenda, mesmo dixemos que informaran neste Parlamen-to, a finais de ano, co procedente plan, daqueles servizosque se teñen prestado por xestión indirecta. Vostedesvotan en contra.

    Polo tanto, señor Rueda, presentan vostedes unha Leide garantía de servizos públicos que está en contradicióncoa normativa vixente pero non derroga a normativavixente. Polo tanto, temos neste momento, no momento enque vostedes aproben esta lei –que, desde logo, non con-tará coa nosa complicidade– varias normativas aplicadasao mesmo ámbito que chocan entre si, son contraditorias.Polo tanto, inseguridade xurídica clara na cuestión dosservizos públicos.

    Veremos como o afrontan vostedes cando teñan que apli-car un ou outro precepto, veremos como interpretan voste-des a normativa, que sempre, sempre, é en detrimento dosservizos públicos e sempre a favor da contratación privada.Contratación privada que, en cambio, atopa todo tipo devantaxes dentro desta lei. A contratación privada, a privati-zación dos escasos servizos públicos contemplados no eidoresquicial desta lei si que non atopan ningún tipo de obstá-culo, ningún tipo de control, ningún tipo de participacióncidadá, ningún tipo de foro que controle os mesmos, nin-gunha participación do Parlamento, ningunha memoria eco-nómica para ser controlados.

    Polo tanto, estamos ante unha lei de propaganda, unha leique xera inseguridade xurídica, e ademais unha lei que favo-rece a privatización de servizos, ese nicho que tantas vecestemos dito que atoparon como alternativa fronte ao ladrilloen tempos de crise económica.

    DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 10224 de marzo de 2015

    21

  • Pero, ademais, atopámonos con que nesta lei vostedes fuxi-ron de todas aquelas emendas que inspiren a participacióncidadá, participación cidadá en diferentes formas. En informa-ción, vetadas as emendas que dan lugar a maior información dacidadanía, mesmo por vías telemáticas. Pero as efectivas, asque funcionan noutros lugares, vetadas. Información a travésde control cidadán de proximidade de servizos públicos. Porexemplo, os servizos públicos que se prestan directamente aopúblico, que carecen de mecanismos efectivos para o control.

    Invaden competencias, señor Rueda. En vostedes a ver-dade é que a obsesión de invasión de competencias no eidolocal é certamente perniciosa. Facíano coa Lei de Adminis-tración local, a reforma da Administración local: a complici-dade de Montoro para destruír os concellos, para destruír ascompetencias municipais tan necesarias para favorecer osservizos públicos para a cidadanía. Vostedes agora irán áseleccións municipais, estas eleccións municipais, para presu-mir de competencias que vostedes destruíron primeiro conlexislación estatal, e que vostedes despois acompañaron,cómo non, como cómplices sempre do señor Rajoy neste Par-lamento. Pero é que agora van, ademais, a regular servizoslocais. Non entran nos servizos galegos, non entran na sani-dade, non entran na educación, non entran na xustiza, quedanexcluídos expresamente por esta lei. Sen embargo, regulan osservizos públicos locais para controlalos, onde vostedes nonteñen ningunha competencia. Principio de autonomía local,principio constitucional, dicímolo unha e outra vez...

    A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

    A señora SESTAYO DOCE: ...e non nos cansaremos derepetilo –xa remato, señora presidenta–. Vostedes consti-túense nos defensores máximos propagandísticos da Cons-titución, e machucan con cada normativa a propia Consti-tución. Cada un dos artigos da Constitución queda machu-cado pola lexislación, sexan os dereitos fundamentais através da “lei mordaza”, sexan as competencias a través daLei de racionalización da Administración local, sexan osrodillos dentro do ámbito da xustiza, sexa a educación coaLei Wert, ou sexan as reformas universitarias como as quehoxe están espertando as folgas neste país, folgas ás que,por suposto, desde este grupo parlamentario nos sumamos.

    Estamos, polo tanto, ante unha operación de propaganda,na que non fixeron nin sequera o esforzo de intentar adecua-

    la a esa Lei de emprego público que está entrando no Parla-mento, nin sequera o esforzo. Xa non se molestan vostedesnin en intentar ter o rigor de polo menos ser coherentes con-sigo mesmos no prazo dun mes.

    A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

    A señora SESTAYO DOCE: Polo tanto, é obvio que nonapoiaremos esta lei e que o noso voto seguirá sendo en contra.

    Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

    A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

    Polo Grupo Parlamentario Popular, a señora Prado delRío.

    A señora PRADO DEL RÍO: Moitas grazas, presidenta.

    Señorías, debatemos hoxe o ditame do Proxecto de lei degarantía da calidade dos servizos públicos e da boa administra-ción, un proxecto de lei que entrou na Cámara tras ser aproba-do polo Consello da Xunta de outubro de 2014. E tras catromeses de traballos de ponencia –nos que incluímos o mes dexaneiro, para aqueles que pensan que en xaneiro non se traba-lla, pois tamén en xaneiro traballamos nesta lei–, en primeirolugar, eu quixera agradecerlles ao Bloque Nacionalista Galegoe a Alternativa Galega de Esquerda a súa actitude de consensonos traballos de ponencia. Con independencia das diferenzas naideoloxía, que son moitas e son evidentes, pois souberon poñerpor riba dos seus intereses partidistas os intereses dos galegos edas galegas, e alí onde se podía mellorar a lei foron capaces dechegar a acordos. Por tanto, quero felicitalos porque no traballode ponencia acadamos un consenso importante, xa que máis do30 % da lei foi modificado por instancia dos grupos da oposi-ción, salvo o Grupo Mixto, que a pesar do seu discurso, o queacaba de facer agora, pois non presentou nin unha soa emenda.E eu, a verdade é que estou un pouco sorprendida, porque aquífalou de moitas cousas que se puideron mudar na lei. Pero o trá-mite axeitado para presentar as súas propostas sería vía emen-da, e –insisto– non presentou ningunha.

    Dicía que no 30 % da lei chegamos a acordos, e taménhai que sumar que o 16 % do articulado non tivo ningunhaemenda. Polo tanto, hai que destacar que case no 50 % danorma hai un consenso entre os grupos.

    DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

    22

    Número 10224 de marzo de 2015

  • Quixera agradecer especialmente a predisposición doBloque Nacionalista Galego a acadar acordos. Das 34 emen-das que presentaron, unha aceptouse por este grupo, e trans-accionáronse outras 10; polo tanto, o grupo maioritarioincorporamos un terzo das propostas do BNG. E, grazas aestes acordos, a lei mellora os mecanismos de coordinacióninterna do servizo de atención á cidadanía, a coordinación coValedor do Pobo, as condicións impostas aos contratistas,tanto para o uso dos bens públicos como para o cumprimen-to da legalidade laboral. E tamén quixera destacar que nestalei que leva como título, nunha parte, a boa administración,como destacaba a señora Paz, tamén incorporamos, grazas aun acordo co Bloque Nacionalista Galego, un artigo especí-fico sobre obrigas de eficiencia administrativa, que consagrao labor de redución de cargas da Administración para cida-dáns e empresas e eleva a rango de lei a existencia da sedeelectrónica da Xunta de Galicia e a extensión do sistema denotificacións electrónicas.

    Algo que tamén nos preocupa a todos –eu aconsellaría-lle, señora Martínez, que lera a lei–, e xa o dixo a señora Paz,pero chegamos a un acordo co Bloque Nacionalista Galegoaceptando a súa emenda número 14 en relación coa linguagalega. Todos estamos preocupados pola pervivencia danosa lingua, e nese sentido aceptamos esta emenda na que sedicía que “o galego será a lingua de uso normal e preferenteen todas as actividades relacionadas coa organización e pres-tación dos servizos públicos”. Creo que o Bloque Naciona-lista Galego non é sospeitoso de ser nacionalista español,como se acaba de dicir nesta tribuna.

    En segundo lugar, quixera agradecer á voceira da Alter-nativa Galega de Esquerda o seu talante tamén durante anegociación. É certo que o número de emendas aceptadas aoseu grupo foi pequeno, pero a súa achega é importante. Che-gamos a un acordo no procedemento para a presentaci