Palcos da Música Beta

1
A Asociación Cultural Niquelarte presenta: SONDOKIOSKO O inicio da Xira dos Palcos da Música ¿E se pensáramos nos palcos como caixas de música, caixas escuras ou caixas para monicreques? Os protagonistas: OS PALCOS Unha constatación. A exitencia dun patrimonio arquitectónico en Galicia: os palcos. Estes foron durante moito tempo un dos principais referentes dunha das manifestacións da cultura galega: as festas. Ex: Palcos da Música , unha iniciativa popular de catalogación de palcos da música. Unha posibilidade. Este patrimonio, ademais do valor histórico, podería (e pode) proxectarse no presente a través doutras manifestacións culturais, producíndose a partires del, novas pezas en diferentes disciplinas. Ex: Music Boxes de Luís Díaz . Unha necesidade. As festas continúan vivas pero os palcos mortos. Parte deste patrimonio está en perigo debido a que prácticamente nunca son empregados para a función para a que foron construídos: tocar música. Deixándoos às veces abandonados e outras sendo incluso destruídos. Ex: Palco da Música de Aríns (SQC). Os beneficiarios: AS PARROQUIAS As 3.792 parroquias de Galicia e os seus habitantes. SondoKiosko escolle como artefacto para a acción un palco da música do concello de Brión (ex. o da carballeira de Santa Nimia en Pedrouzos) ou do concello de Teo para combinar estas dúas realidades das que falamos: por unha banda a recuperación e posta en valor dun patrimonio de seu (os palcos) a partires da creación dun documental que recolla a memoria histórica do palco, dos seus habitantes (parte do éxito da revalorización e novo uso dos palcos parte da implicación da comunidade no proceso) e do seu entorno; e por outra, a realización dun espectáculo musical (con grupos galegos) que, aparte de darlle un uso a ese patrimonio, lle ofreza unha actividade musical máis coa que encher e diversificar o seu programa das festas. Os vehículos: O DOCUMENTAL E A MÚSICA Documental e música pop (non folk) en galego: Unha constatación. Os grupos galegos, ademais de non ter prácticamente difusión nos medios (públicos e privados), situación paliada en parte con internet, teñen grandes dificultades à hora de tocar ao vivo por mor da inexistencia dun circuíto profesional no país. Dúas necesidades. Os palcos precisan recuperar a súa memoria e seren reactivados dende o presente para o futuro mediante a documentación audiovisual e a conservacción ”. Os grupos precisan ingresos e lugares onde tocar. Segundo as características propias do palco éste poderase acondicionar para música, teatro, cine, danza, graffiti, circo, etc. mellorando as características técnicas para a produción en cada elemento. Algúns recórdannos pola súa tipoloxía, ás cámaras escuras que poderíamos destinar á proxección de audiovisuais; mentres que outros presentan unha tipoloxía arquitectónica aberta que poderíamos destinar a representacións teatrais ou intervencións de artes plásticas; e hainos que simulan caixas de música perfectos para unha mellora acústica.

description

Proyecto Xira dos Palcos da Música Proyecto Gira de los Palcos de la Música

Transcript of Palcos da Música Beta

Page 1: Palcos da Música Beta

A Asociación Cultural Niquelarte presenta:

SONDOKIOSKO

O inicio da Xira dos Palcos da Música ¿E se pensáramos nos palcos como caixas de música, caixas escuras ou caixas para

monicreques? Os protagonistas: OS PALCOS Unha constatación. A exitencia dun patrimonio arquitectónico en Galicia: os palcos. Estes foron durante moito tempo un dos principais referentes dunha das manifestacións da cultura galega: as festas. Ex: Palcos da Música, unha iniciativa popular de catalogación de palcos da música. Unha posibilidade. Este patrimonio, ademais do valor histórico, podería (e pode) proxectarse no presente a través doutras manifestacións culturais, producíndose a partires del, novas pezas en diferentes disciplinas. Ex: Music Boxes de Luís Díaz . Unha necesidade. As festas continúan vivas pero os palcos mortos. Parte deste patrimonio está en perigo debido a que prácticamente nunca son empregados para a función para a que foron construídos: tocar música. Deixándoos às veces abandonados e outras sendo incluso destruídos. Ex: Palco da Música de Aríns (SQC).

Os beneficiarios: AS PARROQUIAS

As 3.792 parroquias de Galicia e os seus habitantes. SondoKiosko escolle como artefacto para a acción un palco da música do concello de Brión (ex. o da carballeira de Santa Nimia en Pedrouzos) ou do concello de Teo para combinar estas dúas realidades das que falamos: por unha banda a recuperación e posta en valor dun patrimonio de seu (os palcos) a partires da creación dun documental que recolla a memoria histórica do palco, dos seus habitantes (parte do éxito da revalorización e novo uso dos palcos parte da implicación da comunidade no proceso) e do seu entorno; e por outra, a realización dun espectáculo musical (con grupos galegos) que, aparte de darlle un uso a ese patrimonio, lle ofreza unha actividade musical máis coa que encher e diversificar o seu programa das festas. Os vehículos: O DOCUMENTAL E A MÚSICA

Documental e música pop (non folk) en galego: Unha constatación. Os grupos galegos, ademais de non ter prácticamente difusión nos medios (públicos e privados), situación paliada en parte con internet, teñen grandes dificultades à hora de tocar ao vivo por mor da inexistencia dun circuíto profesional no país.

Dúas necesidades. Os palcos precisan recuperar a súa memoria e seren reactivados dende o presente para o futuro mediante a documentación audiovisual e a “conservacción”. Os grupos precisan ingresos e lugares onde tocar. Segundo as características propias do palco éste poderase acondicionar para música, teatro, cine, danza, graffiti, circo, etc. mellorando as características técnicas para a produción en cada elemento. Algúns recórdannos pola súa tipoloxía, ás cámaras escuras que poderíamos destinar á proxección de audiovisuais; mentres que outros presentan unha tipoloxía arquitectónica aberta que poderíamos destinar a representacións teatrais ou intervencións de artes plásticas; e hainos que simulan caixas de música perfectos para unha mellora acústica.