Pablo 7

21
29/VI/2008 – 29/VI/2009 29/VI/2008 – 29/VI/2009 GUIÓN: Antonio Rodríguez Carmona GUIÓN: Antonio Rodríguez Carmona MONTAXE: Antonio García Polo MONTAXE: Antonio García Polo

Transcript of Pablo 7

Page 1: Pablo 7

29/VI/2008 – 29/VI/200929/VI/2008 – 29/VI/2009

GUIÓN: Antonio Rodríguez CarmonaGUIÓN: Antonio Rodríguez Carmona

MONTAXE: Antonio García PoloMONTAXE: Antonio García Polo

Page 2: Pablo 7

SERIE ISERIE I““VIDA DE SAN PAULO”VIDA DE SAN PAULO”

7 – Os xudaizantes e a 7 – Os xudaizantes e a Asemblea de XerusalénAsemblea de Xerusalén

Page 3: Pablo 7

Os cristiáns xudaizantes

+ Paulo e Bernabé admitiran a centos de xentís na fe cristiá directamente, por medio do bautismo, sen facelos previamente xudeus. Seguiran nito a praxis iniciada pola Igrexa de Antioquía.

+ Pero un grupo de cristiáns de Xerusalén non están de acordo. Non se opoñen a que os xentís se integren na comunidade cristiá, senón a que o fagan directamente, sen facerse previamente xudeus e prescindiendo da Lei de Moisés. Adóitase chamalos xudaizantes.

Page 4: Pablo 7

+ Un grupo deles vai a Antioquía a esixir que os novos cristiáns se circunciden, é dicir, se fagan xudeus: Baixaron algúns de Xudea que ensinaban aos irmáns: «Se non vos circuncidades conforme ao costume mosaico, non podedes salvarvos. » (Feit 15, 1)

+ Corre o ano 48.

Page 5: Pablo 7

+ Paulo e Bernabé opóñense frontalmente. Que un cristián xudeu se circuncide e siga cumprindo a Lei de Moisés, pase, non é malo; ao contrario, é unha praxis que ten a súa orixe en Deus e Moisés e foi practicada por miles de xudeus piadosos. O mesmo Paulo segue practicando algunhas das súas normas por devoción. Pero non se pode impoñer isto aos non xudeus como necesario para a salvación. Abonda a fe en Xesucristo, único salvador, que relativizou a Lei.

Page 6: Pablo 7

+ Discuten e deciden ir a Xerusalén para aclarar estes puntos cos apóstolos: Produciuse con isto unha axitación e unha discusión importante de Paulo e Bernabé contra eles; e decidieron que Paulo e Bernabé e algúns deles subisen a Xerusalén, onda os apóstolos e presbíteros, para tratar esta cuestión. Eles, pois, enviados pola Igrexa, atravesaron Fenicia e Samaria, contando a conversión dos xentís e producindo gran alegría en todos os irmáns. Chegados a Xerusalén foron recibidos pola Igrexa e polos apóstolos e presbíteros, e contaron canto Deus fixera xuntamente con eles. (Feit 15, 2-4)

Page 7: Pablo 7

+ algúns da seita dos fariseos, que abrazaran a fe, erguéronse para dicir que era necesario circuncidar os xentís e mandarlles gardar a Lei de Moisés. Reuníronse entón os apóstolos e presbíteros para tratar este asunto. (Feit 15, 5-6)

A asemblea

Page 8: Pablo 7

Despois dunha longa discusión, Pedro ergueuse e díxolles: «iImáns, vós sabedes que xa desde os primeiros días me elixiu Deus entre vós para que pola miña boca oísen os xentís a Palabra da Boa Nova e creran. E Deus, coñecedor dos corazóns, deu testemuño no seu favor comunicándolles o Espírito Santo coma a nós; e non fixo distinción algunha entre eles e nós, pois purificou os seus corazóns coa fe.

Por que, pois, agora tentades a Deus querendo poñer sobre o pescozo dos discípulos un xugo que nin os nosos pais nin nós puidemos aturar? Nós cremos máis ben que nos salvamos pola graza do Señor Xesús, do mesmo modo que eles. » (Feit 15, 7-11)

+ Pedro intervén afirmando que non hai que impoñer a circuncisión, pois só salva a fe en Xesús:

Page 9: Pablo 7

+ Os presentes asenten e escoitan a Bernabé e Paulo que dan a coñecer os dous milagres realizados por eles como sinal de que Deus aprobaba a súa forma de actuar:

Toda a asemblea calou e escoitaron a Bernabé e a Paulo contar todas os sinais e prodixios que Deus realizara por medio deles entre os xentís (Feit 15, 12).

Page 10: Pablo 7

+ Exprésao o mesmo Paulo na carta aos Gálatas, ofrecendo outros datos, como que os acompañaba Tito, xentil, ao que non obrigaron a circuncidarse; que Pedro e Paulo recoñeceron mutuamente o carisma que recibiran cada un e que Pedro pidiu a Paulo que se acordase dos pobres de Xerusalén:

Page 11: Pablo 7

- Logo, ao cabo de catorce anos, subín novamente a Xerusalén con Bernabé, levando conmigo tamén a Tito. Subín movido por unha revelación e expúxenlles o Evanxeo que proclamo entre os xentís - tomando aparte os notables - para saber se corría o correra en van (2, 1-2) .

- Pois ben, nin sequera Tito que estaba conmigo, con ser grego, foi obrigado a circuncidarse (2, 3).

Page 12: Pablo 7

- Pero, a causa dos intrusos, os falsos irmáns que solapadamente se infiltraron para espiar a liberdade que temos en Cristo Xesús, co fin de reducirnos a escravitude, a quen nin por un instante cedimos, someténdonos, a fin de salvagardar para vós a verdade do Evanxeo... (2, 4-5)

Page 13: Pablo 7

- e de parte dos que eran tidos por notables - que me importa o que fosen!: en Deus non hai acepción de persoas - en todo caso, os notables nada novo me impuxeron. Antes ao contrario, vendo que me fora confiada a evanxelización dos incircuncisos, ao igual que a Pedro a dos circuncisos, - pois o que actuó en Pedro para facer del un apóstolo dos circuncisos, actuou tamén en min para facerme apóstolo dos xentís- e recoñecendo a graza que me fora concedida, Santiago, Cefas e Xoán, que eran considerados como columnas, tendéronnos a man en sinal de comuñón a min e a Bernabé: nós iriamos aos xentís e eles aos circuncisos; (2, 6-9)

Page 14: Pablo 7

-- só que nós debiamos ter presentes os pobres, cousa que procurei cumprir con todo esmero (2, 10). Por isto organizou a colecta en favor dos pobres de Xerusalén ao final da súa terceira viaxe.

Page 15: Pablo 7

+ Foi unha asemblea posterior, á que non asistiu Paulo (en Feit 21, 25 danse a coñecer as decisións tomadas), na que se estudaron os problemas das comunidades mixtas, compostas de xudeo-cristiáns e étnico-cristiáns, pois éstes últimos mantíñan uns costumes que repugnaban aos xudeus. Ratifícase o acordo da primeira asemblea e acórdanse limitacións nos usos dos étnico-cristiáns.

+ Lucas continúa o seu relato presentando outra intervención de Santiago, o responsable da comunidade de Xerusalén. Faino aquí posiblemente, non porque tivese lugar neste contexto, senón porque se trataba da mesma problemática.

Outra asemblea posterior

Page 16: Pablo 7

Con isto concordan os oráculos dos Profetas... « Por isto opino eu que non se debe molestar aos xentís que se convertan a Deus, senón escribirlles que se absteñan do que foi contaminado polos ídolos, da impureza, dos animais estrangulados e do sangue. Porque desde tempos antigos Moisés ten en cada cidade os seus predicadores e lese cada sábado nas sinagogas. » (Feit 15, 13-21).

+ Nun discurso de Santiago un discurso de Santiago expónense ambas cousas:expónense ambas cousas:

- Tomou Santiago a palabra e dixo: «Irmáns, escoitádeme. Simón referiu cómo Deus xa ao principio interveu para procurarse entre os xentís un pobo para o seu Nome.

Page 17: Pablo 7

+ Entón decidiron os apóstolos e presbíteros, de acordo con toda a Igrexa, elixir de entre eles algúns homes e envialos a Antioquía con Paulo e Bernabé; seleccionaron a Xudas, chamado Barsabás, e Silas, que eran dirixentes entre ls irmáns. Polo seu medio enviáronlles esta carta:

unha carta que recolle as conclusións das dúas asembleas

Page 18: Pablo 7

«Os apóstolos e os presbíteros irmáns, saúdan os irmáns vindos da xentilidade que están en Antioquía, en Siria e en Cilicia. Soubemos que algúns de entre nós, sen mandato noso, vos perturbaron coas súas palabras, trastornando os vosos ánimos, decidimos de común acordo elexir algúns homes e envialos onda vós, xuntamente cos nosos queridos Bernabé e Paulo, que son homes que entregaron a súa vida á causa do noso Señor Xesucristo. Enviamos, pois, a Xudas e Silas, quen vos expoñerán isto mesmo de viva voz:

Que decidimos, o Espírito Santo e nós non impoñervos máis cargas que estas indispensables: absterse do sacrificado aos ídolos, do sangue, dos animais estrangulados e da impureza. Faredes ben en gardarvos destas cousas. Saúde.» (Feit 15, 22-29)

Page 19: Pablo 7

+ Prohíbense alimentos con sangue (animais estrangulados e non + Prohíbense alimentos con sangue (animais estrangulados e non sangrados), alimentos ofrecidos nos sacrificios aos ídolos, impureza sangrados), alimentos ofrecidos nos sacrificios aos ídolos, impureza (posiblemente unións matrimoniais inválidas segundo o Levítico (17 (posiblemente unións matrimoniais inválidas segundo o Levítico (17 e 18). e 18).

Page 20: Pablo 7

+ + Misión cumpridaMisión cumprida. . Bernabé e Paulo regresan a Antioquía co Bernabé e Paulo regresan a Antioquía co problema solucionado. Aparentemente, porque os xudaizantes problema solucionado. Aparentemente, porque os xudaizantes continuarán a súa campaña querendo impoñer a Lei de Moisés aos continuarán a súa campaña querendo impoñer a Lei de Moisés aos xentís convertidos. Paulo terá que tratar este problema xentís convertidos. Paulo terá que tratar este problema ampliamente nas cartas a Gálatas e Romanos.ampliamente nas cartas a Gálatas e Romanos.

Page 21: Pablo 7

+ Eles, despois de despedirse, baixaron a Antioquía, reuniron a asemblea e entregaron a carta. Lérona e alegráronse ao recibir aquel alento. Xudas e Silas, que eran tamén profetas, exhortaron cun longo discurso os irmáns e confortáronos.

+ Pasado algún tempo, foron despedidos en paz polos irmáns para volver aos que enviaran. Paulo e Bernabé quedaron en Antioquía ensinando e anunciando, en compañía doutros moitos, a Boa Nova, a palabra do Señor (Feit 15, 30-35).