Os sete cabaleiros de cores

20

Transcript of Os sete cabaleiros de cores

Page 1: Os sete cabaleiros de cores
Page 2: Os sete cabaleiros de cores

Érase unha vez, hai xa moito tempo, que no reino das cores había sete cabaleiros: o vermello, o laranxa, o amarelo, o verde, o azul, o anil e o violeta. Todos eran valentes e ousados, e estaban moi orgullosos da súa cor.

Page 3: Os sete cabaleiros de cores

O Cabaleiro Vermello dicía:

A miña cor é a máis bonita. Mirade o lume, as cereixas,

as rosas vermellas e as fresas.

Page 4: Os sete cabaleiros de cores

O Cabaleiro Laranxa respostáballe sempre:

Sí, pero o vermello é a cor do sangue, da guerra. Sen

embargo, a miña é a cor das laranxas e das mandarinas. É

unha cor suave, e mesmo parece que arrecende moi

ben.

Page 5: Os sete cabaleiros de cores

Axiña interrompía o Cabaleiro Amarelo:

Que falsedade! Eu si son fermoso:

mirade o sol, o ouro, as margaridas,

os limóns e o mel.

Page 6: Os sete cabaleiros de cores

Entón, o Cabaleiro Verde botábase a rir:

Vamos, vamos! Cando as plantas e as árbores están fortes e xóvenes, as súas follas son verdes. Mirade

os montes, os prados e os bosques. O mundo é

verde cando está vivo.

Page 7: Os sete cabaleiros de cores

Pero o Cabaleiro Azul berraba:

Que tolería acabo de oír? Se de algunha cor é o

mundo, ese é o azul. Mirade o mar inmenso, e os lagos e os ríos. Azul mariño para a auga e azul celeste para o

ceo.

Page 8: Os sete cabaleiros de cores

O Cabaleiro Anil dicía fachendoso:

Pero, de que cor son as uvas, os figos, as moras.? A cor Anil é

seria, solemne, magnífica.

Page 9: Os sete cabaleiros de cores

Para rematar, dicía o Cabaleiro Violeta:

O violeta é unha cor chea de sentimento, de

emoción; é o ceo no solpor, o son suave

que producen os violíns. Só o seu nome

xa é pura poesía.

Page 10: Os sete cabaleiros de cores

E cada un deles pasaba as horas diante doespello contemplando os reflexos da súa

cor; porque todos se crían o mellor e só vían defectos nos demais.

Page 11: Os sete cabaleiros de cores

Un día, o Rei Branco e Negro, que era o señor dos sete cabaleiros, acompañado da Raíña Rosa, chamounos e díxolles:

Page 12: Os sete cabaleiros de cores

Amados e valentes cabaleiros de cores: empezo a estar un pouco farto das vosas pelexas. EU, O REI BRANCO E NEGRO, mándovos que de agora en diante vaiades sempre xuntos e non discutades polas vosas diferenzas. É certo que somos diferentes, pero … que aburrimento se todo fora igual!

Page 13: Os sete cabaleiros de cores
Page 14: Os sete cabaleiros de cores

Mirade: axiña casará a miña filla, a princesa Rosa e Branca, e quero decorar a entrada do meupazo co máis fermoso que ninguén teña visto nunca.Déixovos este encargo, Cabaleiros das Sete Cores.

Page 15: Os sete cabaleiros de cores

Cada cabaleiro comezou a pensar como contentar ao rei e só se lles ocurría adornaro pazo cun gran arco da súa cor. Na véspera da voda, reuníronse e, cando cada un explicou a súa idea, empezou a mesma discusión de sempre. Entonces, o Rei Branco e Negro saíu do seu cuarto e dixo aos seus soldados:

Page 16: Os sete cabaleiros de cores

Atrapade a eses Cabaleiros fachendosos e levádeos onde non poida volver a velos nunca xamais.

Page 17: Os sete cabaleiros de cores

Obedecendo as súas ordes, os soldados

atraparon aos Sete Cabaleiros de Cores.

E mandáronos máis aló das nubes.

Page 18: Os sete cabaleiros de cores

Entón ocorreu algo que ninguén fora quen de imaxinar.

Algo marabilloso! Alí máis aló das nubes, formaron el arco máis bonito e esplendoroso que ninguén vira xamais: o arco da vella. Todos os cabaleiros, cada un coa súa cor, pero ao lado dos demais.

Page 19: Os sete cabaleiros de cores

Entón os Sete Cabaleiros entenderon que o máis importante era a TOLERANCIA: Recoñecer o pluralismo, respectar a diversidade, compartir cos demais as diferenzas como algo positivo, beneficioso, enriquecedor.

Page 20: Os sete cabaleiros de cores