Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos,...

34
Os nosos contos e lendas Patrocina:

Transcript of Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos,...

Page 1: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

1/ 34

Os nosos contos e lendas

Patrocina:

Page 2: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

2/ 34

ÍNDICE: Páxina

A Lenda do Home Lobo de Allariz……......…… 3

A Lenda do Ermitaño ……………………...……. 7

A agulla do Demo …………………………...…. 11

Santa Maria de Augas Santas …………......…… 13

A Lagoa da Serpe …………………………..…… 15

O río do Esquecemento ………………………… 17

Outra lenda das Burgas …………………..……. 19

A Raíña Loba ………………………………...….. 21

A luz de Vilar de Cans …………………….....… 25

A colina de Rubiós …………………………….... 27

A Santa Compaña ……………………………….. 29

A cova da Paralaia …………………………….. .. 31

Page 3: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

3/ 34

A lenda do Home Lobo de Allariz

Page 4: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

4/ 34

Todo comeza no lugar de Regueiro, unha pequena aldeíña da provincia de Ourense, o 18 de Nov. do 1809 no que nace o que será coñecido como "o home lobo de Allariz".

Con 21 anos casa cunha veciña de Soutelo da que enviuvaría tres anos despois. É entón cando decide percorrer os camiños como tendeiro ambulante, camiños que lle levarán moi lonxe do seu Regueiro natal, dos vales de Maceda e Conso, das Serras de San Mamede, da provincia de Ourense e ata do Reino de Galicia.

Era un home mañoso, deses que din "aprendiz de todo, mestre de nada", foi cordeleiro, segador, xastre, traballou facendo de fiador ou texedor (labor que na época era realizada por mulleres... pero xa desde a súa mocidade tiña fama de ser un pouco afeminado). Os seus paisanos dicían que era un tipo normal, os forenses definírono como de mirada doce e tímida podendo volverse altiva e feroz ou pola contra, sumamente serena.

Na Galicia da época os que cortaban o bacallau eran a nobreza e o alto clero suficientemente diferenciados dos fidalgos e dos campesiños facendados. O noso protagonista, Manuel Blanco Romasanta, levábase ben cos curas e manexábase moito mellor cos campesiños.

O 21 de Agosto de 1843 desaparecía Vicente Fernández, alguacil de León que ía embargar ao galego por unha débeda de 600 reais. As sospeitas confluían en Romasanta, que puxera terra por medio e foi xulgado en rebeldía aínda que ninguén puido achegar probas; por aquel entón el atopábase de novo na súa terra, abandonara a venda ambulante e intentaba pasar desapercibido gañándose a confianza dos seus paisanos.

Ao pasar un par de anos empezou a confiarse e paulatinamente, volveu ao seu oficio de tendeiro e mulleres e os nenos empezaron a desaparecer. Cando o detiveron confesou matar a trece persoas convertido en

Page 5: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

5/ 34

lobishome (home lobo) por unha maldición que lle botou algún dos seus parentes na súa mocidade e tras os asasinatos tiña alucinacións nas que se vía rodeado de lobos. Foi condeado por nove asasinatos e absolto de catro. Pasou á Historia como o único caso perfectamente documentado de licantropía en España. Sempre eran presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas.

En terras de Ourense antes de coñecelo como o home lobo, coñecíaselle como o "Sacamanteigas" (sacamantecas) e "O home do unto" e así se lle segue coñecendo en moitas zonas da montaña ourensá, ata moitos pensan que non eran a mesma persoa. ¿E por qué Sacamanteigas?

Dicían que levaba aos nenos e ás mulleres con enganos, matábaos, sacáballes o sebo ou unto e vendíao con excesivo lucro (así din os cartapacios) en Portugal. De xeito macabro pero eficaz, aínda se asusta aos nenos que non queren deitarse á súa hora dicíndolles que vai vir o home do saco ou o sacamanteigas e claro!... vanse á cama, pero pásanse gran parte da noite sen durmir co corazón xeado polo medo...

O Sacamanteigas foi condeado no seu día á morte por garrote vil, pero a Raíña de España, Isabel II interesouse vivamente polo caso e lle conmutóu a pena por cadea perpetua...polo que o trasladaron do cárcere de Allariz o de Celanova, pero a súa morte está sumida no misterio: uns din que foi trasladado a Ourense, pero non hai referencias dese traslado, outros din que morreu no cárcere vestido de muller, ou que se lle perdeu a pista nos calabozos de Celanova baixo a protección da Casa Real, e outros, senten un terror ancestral ao percorrer os camiños galegos nas noites de lúa chea.

Page 6: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

6/ 34

Page 7: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

7/ 34

A Lenda do Ermitaño

Page 8: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

8/ 34

Conta unha lenda das Terras Altas de Galicia, que andaba certo día un pastor polas serras de Ourense cando o seus cans detectaron ó amencer a un estraño que se achegaba parsimoniosamente.

Pensou que podía tratarse dun bandido, pero pronto viu que máis parecía un peregrino de Santiago que se perdeu.

Era un home robusto e con cicatrices profundas na cara. Contoulle que viña de terras afastadas e que desexaba atopar un lugar onde terminar os seus días en soidade.

O pastor indicoulle que non podía ir ao Mosteiro de Sobrado, propietario destas paraxes, por ser só conventos de abrandares, pero que outros habería que lle admitirían, quizais en Montederramo.

O home non quería ingresar en ningún mosteiro, insistía en vivir en soidade e pediulle ao pastor que lle deixase acubillarse nunha das chozas que tiña na Serra. A noticia estendeuse enseguida e empezaron a coñecerlle simplemente como "O Ermitaño".

Ninguén sabía nada do seu pasado e ou seu xeito de vivir era exemplar, sendo comentado e alabado por toda a veciñanza. Aos poucos anos faleceu pola dureza da Serra; como o seu modo de vida era coñecido e comentado, uns monxes viñeron investigar pola fama de santidade que lle rodeaba e así se coñeceu a súa historia.

Averiguaron que era fillo natural dun conde, que estaba casado cunha dama de nobre berce e tiña tres fillas lexítimas, aínda que era apaixonado e fogoso e tivo varios fillos fóra deste matrimonio.

Page 9: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

9/ 34

O Ermitaño era o maior de dous irmáns e o primeiro fillo home do conde, co que gardaba un parecido asombroso, polo que este, segundo ía pasando o tempo ía demostrándolle ou seu agrado e encumbrándoo por riba de ata as súas fillas lexítimas, ás que non lle demostraba tanto aprezo.

A esposa do Conde, celosa, propagou infundios contra a nai do ermitaño, tanto que conseguiu que o conde prendésea e a torturara. A pobre confesou todo o que lle dixeron que debía confesar morrendo por tortura.

Mentres acaecían estes feitos, os dous fillos do Conde, ou ermitaño e o seu novo irmán, loitaban por encargo do seu pai contra os mouros en terras afastadas, onde demostraban gran valor.

Cando souberon o ocorrido, os seus corazóns volvéronse de pedra e regresaron ao castelo dispostos a facer xustiza ou tomar vinganza, segundo se mire.

Á muller do Conde, fixérona morrer coa mesma tortura que padecera a súa nai, acolléndose publicamente ao foro "Tortum per tortum". Ás fillas matáronas e queimáronas. Ao pai, seguindo o perverso costume daqueles escuros tempos, deixáronlle cego e encarcerárono non castelo, onde pouco despois se quitou a vida.

Interviron os cabaleiros e tropas do rei e o ermitaño fuxiu, dirixiuse en peregrinación a Santiago e durante o traxecto, fíxose plenamente consciente de todo o horror que tiña causado. Ao regresar de Santiago, quedou na Serra ata o fin dous seus días.

Page 10: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

10/ 34

Page 11: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

11/ 34

A agulla do Demo

Page 12: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

12/ 34

Os monxes benedictinos do mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil, en Nogueira de Ramuín tenían interese na construción dunha ponte que lles permitise atravesar os ríos Sil e Cabe para acurtar as distancias entre Ourense e Monforte facendo deste xeito máis fáciles as idas e vidas dos seus recadadores. Insistiron ante o Rei Felipe IV, pero nada conseguiron pois os seus desexos se opuñan aos intereses dos influíntes Condes de Lemos. A vella ponte de madeira quedara prácticamente inutilizada debido ás crecentes do río e para cruzalo soamente dispuñan de pequenas barcas que ante calquer contratempo podían afundinse.

Pero os monxes non desistiron no seu empeño e trataron ata co mesmo diaño a construción da ansiada ponte. O trato que fixeron, obrigaba ao diaño a facer unha ponte resistente, de pedra, no prazo dunha semana, a cambio do cal os monxes lle entregarían as súas almas e as de todos os seus compañeiros do mosteiro.

O diaño comezou os traballos construíndo nun só día un alicerce que serviría de soporte á ponte. Pero ao segundo día, vendo que o prezo a pagar era demasiado elevado os monxes botáronse atrás, pensando que preferían salvar as súas almas da condea eterna e quedar sen ponte.

O diaño, enfadado, deixou a ponte sen construir. Como proba do trato desfeito polos monxes benedictinos de Ribas do Sil, aínda se pode ver o alicerce construído polo diaño, unha pedra moi afiada chamada A Agulla do Demo (Agulla do Diaño) en Abeleda, na parroquia de San Estebo de Anllo no concello de Sober.

Page 13: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

13/ 34

Santa María de Augas Santas

Page 14: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

14/ 34

Conta a lenda que ao quedar viúvo, o mouro Theudio entregou á súa filla Mariña, todavía unha nena, a

unha muller de Piñeira de Arcos chamada Ana, que a educaría na fe cristiá.

Mariña creceu ata converterse nunha bela rapariga da que, o prócer romano Olibrio se namoraría de forma

obsesiva. A moza, máis preocupada por cuestións espirituais, rexeitou as pretensións de Olibrio, que furioso lle

infrinxiu toda clase de tormentos sen que sobre o corpo da doncela queda pegada algunha deles. Mandou

colgala, azoutala, ferila con peites de ferro, queimala con teas ardentes, tirala atada de pés e mans a un

estanque, pero todo foi inútil, as feridas desapareceron unha e outra vez como por encantamento.

No colmo da súa tolemia, Olibrio decidiu queimala viva, pero tampouco o lume foi o seu aliado, polo que

desenvainando a súa espada decapítouna. Ao caer a súa cabeza ao chan, brotaron tres fontes e unha delas

disque todavía hoxe se conserva dentro da capela de Santo Tomé.

Page 15: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

15/ 34

A lagoa da serpe

Page 16: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

16/ 34

Decíase antigamente que na Lagoa da Serpe de Pena Trevinca había unha serpe moi grande e temida por

todos.

Segundo di a lenda, nas noites de lúa chea, a serpe convertíase nunha fermosa muller e que cando un mozo

acertase a chuspir á serpe na boca, esta se transformaría definitivamente para casar con él.

Unha noite de lúa chea, un raparigo da aldea de Ponche, que é a máis próxima á lagoa, foi buscar á serpe

pero no seu lugar atopouse cunha bela muller. Entón esperou pacientemente ata que abriu o día e, cando de

novo transformouse en serpe, chuspiulle na boca. Nese instante volveu transformarse na fermosa moza que tiña

visto pola noite e casaron.

A Lagoa da Serpe, está en Pena Trevinca. A lenda di que toda persoa que beba da súa auga morrerá e que

se te metes nela, arrastrarache cara ás profundidades. Xa houbo un caso dunha persoa arrastrada para dentro,

pero non se sabe de ninguén que morrese por beber das súas augas porque ninguén se atreve a facelo.

Page 17: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

17/ 34

O Río do Esquecemento

Page 18: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

18/ 34

O río Limia ao seu paso pola comarca de Xinzo, é coñecido como ou Río do Esquecemento xa que,

segundo os seus máis antigos habitantes, aquel que o cruzaba perdía todos os seus recordos. Cando as lexións

romanas chegaron á comarca da Limia, esta antiga crenza correuse da fala da xente entre os soldados,

negándose estes (segundo conta a historia) a cruzar o río.

Armándose de valor, o centurión Décimo Xuño Bruto decidiu ser o primeiro en alcanzar a outra beira

esperando que o resto da tropa o seguise.

Unha vez que o fixo chamou a cada un polo seu nome para demostrar que non se esquecera e así os demais

comezaron a cruzalo.

Na actualidade celébrase en Xinzo cada verán,” A Festa do Esquecemento” que recorda este feito tan

singular.

Page 19: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

19/ 34

Outra Lenda das Burgas

Page 20: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

20/ 34

En Ribadavia había un ermitaño que se chamaba Pedro e que estaba no segredo de levar as canles de augas quentes ao pobo.

Unha vez sentiuse enfermo e pensou:

- Xa son vello e algún día ha de acabar a miña vida.

Sentaba á porta da ermida cando pasou por alí un pastor que ao verlle tan alicaído preguntoulle se necesitaba algo.

- Atópome mal, pero Deus disporá.

O pastor dixo: - Irei deixar as ovellas e virei co médico.

Así fixo e a partir dese momento, todos os días o pastor pasaba pola ermida a ver que tal se atopaba Pedro.

No pobo había unha moza que estaba namorada do pastor, e como este non lle facía caso, un día ocultou nas alforxas o cáliz da igrexa e acusouno do roubo.

Os aldeáns, ao oilo, perseguiron ao pastor e déronlle morte. Pedro, ao decatarse da morte do seu amigo desviou as canles das augas quentes de Ribadavia a Ourense onde afloraron nas Burgas.

Page 21: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

21/ 34

A Raíña Loba

Page 22: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

22/ 34

Contan que, na provincia de Orense, viviu unha poderosa muller, tan cruel e soberbia, que era chamada polos campesiños do seu señorío, Raíña Loba.

Para a súa manutención e a dos seus achegados, (tan desapiadados como ela mesma), obrigaba aos seus súbditos a entregarlle, cada día, unha vaca, un porco, e unha carreta chea doutros alimentos.

As familias campesiñas turnabanse nesta entrega de vituallas, por medo aos servidores da Loba, que arrasaban e incendiaban casas e colleitas, e asasinaban a todos os habitantes das aldeas nas que algunha familia negouse a entregar o que se lles reclamaba.

Neste clima de terror vivía a comarca enteira, cando lle chegou a quenda de entregar os alimentos ao pobo de Figueirós. Os seus veciños reuníronse en asemblea, e decidiron non pagar un tributo que lles arruinaba.

Pero dicir “non pagaremos”, non era suficiente, porque a raíña mandaría contra eles ás súas hostes, e serían perseguidos e mortos.

Decidiron que se habían de morrer de fame ou a mans dos sicarios da Loba, mellor era morrer combatendo contra ela, así que se armaron o mellor que puideron.

Fixeron lanzas e xavalinas, arcos e frechas, tomaron pedras e garrotes, e na escuridade da noite, puxéronse en marcha cara ao castelo da malvada muller.

Page 23: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

23/ 34

A Loba e os seus secuaces, durmían. Fiados no terror que infundían na comarca, descoidaron a vixilancia. Nunca ninguén se había atrevido a desafiar o seu poder, nin contaban con que tal cousa puidese suceder.

Sixilosamente, os veciños de Figueirós, subiron murallas e abriron portas sorprendendo aos sicarios da Loba.

Un breve, pero encarnizado combate, deu a vitoria aos aldeáns, que se lanzaron escaleiras arriba en busca da súa opresora.

A Loba, tiñase refuxiado na torre máis alta, pero ningunha porta era o bastante segura para resistir aos decididos asaltantes.

Cando viu caer a súa última defensa ante o empuxe dos seus inimigos, e non querendo someterse a quen ela consideraba os seus escravos, a Loba correu cara á fiestra e arroxouse ao vacío, morrendo esnaquizada sobre as rochas.

Coa súa morte, acabou o suplicio dos habitantes da comarca, que recordaron durante séculos, en romances e cancións, o valor dos veciños de Figueirós.

Page 24: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

24/ 34

Page 25: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

25/ 34

A luz de Vilar de Cans

Page 26: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

26/ 34

Nas noites máis escuras e frías do inverno, as xentes das aldeas situadas ao leste da Serra de San Mamede, podían ver unha pequena luz coma se fóra dun candil, á vez que escoitaban voces como chegadas do inferno, convertidas en rezos que chamaban á morte. Pouco despois, a luz e os rezos desaparecían tal e como tiñan chegado.

Contan os vellos que un rapaz, desexando saber o que ocorría, decidiu esconderse xunto a un muro do camiño polo que adoitaba pasar a luz. O rapaz tremía de medo e frío mentres agardaba, aínda que máis tarde puido ver a luz que aos poucos se lle achegaba. Escoitou os rezos máis e máis cerca, e cando a luz permitiulle ver as súas mans e o seu corpo levantou a cabeza para ver o que a ocorría. Xusto nese momento recibiu unha labazada que o arroxou catro ou cinco metros camiño abaixo provocándolle un desmaio que duraría ata a mañá seguinte.

Ninguén daquelas aldeas puido ver de cerca a misteriosa luz. Aos que a recordan non lles gusta falar dela, e os que o fan din que era a morte que viña na procura dalgún veciño. Hoxe, nas noites escuras e frías daquelas aldeas, non hai nin luz nin rezos, pero a pesar de que xa ninguén o cre e todos sabemos o que ocorría, aos que lles entrou o medo no corpo xa non lles volveu saír.

Page 27: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

27/ 34

A colina de Rubiós

Page 28: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

28/ 34

No outeiro de Rubiós existiu unha gran cidade chamada San Salvador ou Cachiquimbra, nome que aínda

leva unha parte do monte.

Esta cidade foi destruída polos romanos ou polos franceses que estaban no castro do Furriolo. Comezou o

ataque cun gran lume sostido desde o propio Furriolo a pesar da distancia de dúas leguas de distancia, pois é

sabido que os antigos tiñan mellores armas e de máis alcance que as nosas. Os inimigos foron achegándose a

Cachiquimbra, cercárona para posteriormente destruíla. Na vila morreron 11.000 mártires.

Cando os sitiadores estaban xa ao pé da vila, uns soldados sentaron sobre unhas pedras á beira dunha

charca que aínda existe. Ao pouco tempo sentiron que ditas pedras movíanse, e viron arrepiados unha enorme

serpe que, logo de beber na charca, quedárase adormecida.

Disparáronlle os seus fusís, pero tiña tan dura a pel que as balas non a ferían. Entón un dos soldados

mandou que lle trouxesen un anaco de carne e atouno ao extremo dunha corda. Feito isto, déronlle a carne a

serpe e axiña que a tragou ataron ao outro extremo da corda unha gran pedra. A serpe morreu no instante.

Desde entón á charca chámaselle Poza da Serpe.

Page 29: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

29/ 34

A Santa Compaña

Page 30: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

30/ 34

A Santa Compaña, lenda ou realidade, nace nas terras galegas onde todo é maxia e misterio, un lugar onde todo o místico ten cabida.

Conta a lenda que a Santa Compaña comeza o seu camiño a partir das 12 da noite, algúns din que se lles pode ver nos cruces e outros camiñando polas rúas.

A Santa Compaña é unha procesión de almas en pena que percorren as rúas do pobo en busca dun vivo que porte a cruz, mentres que elas levan nas súas mans os candís que iluminan o camiño.

Aquel que leva a cruz, noite tras noite verase obrigado a portala, sen descanso, ata o amencer, ata que morra ou atope outro vivo incauto que se intercambie con el.

Dise que o vivo non recorda nada do ocorrido durante a noite, pero que aos poucos comeza a desfallecer, o cansanzo apodérase da súa alma e a morte eagarda por el.

No camiño as almas van facendo os seus rezos (normalmente un rosario) e os seus cánticos fúnebres; outros engaden que ademais van tocando unha campá que chama ás almas. Os animais que poden percibir a súa presenza, aparvados calan, mentres que os lobos de lonxe aúllan ante a morte tan próxima.

Conta a lenda que non todo aquel que o ve é portador da cruz, pois se realizas no chan un círculo ou un oráculo e introdúceste nel, estarás salvado. Outros ademais din que un non debe miralos ou quedarás enmeigado e outros que podes tombarte boca abaixo ao seu paso.

Page 31: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

31/ 34

A cova da Paralaia

Page 32: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

32/ 34

O monte da Paralaia está infestado de tesouros e de encantos, de mouras e mouros que aparecen e desaparecen, de pedras con pilas que se enchen e se vacían coa marea.

A Pedra do Mediodía, que está fendida, son dúas fillas do rei de Provenza. O mozo que lles quixo facer o favor de desencantarlas asustouse cando se transformaron en dúas serpes enormes, e, ao dicir: - ¡Válgame a virxe do Alicerce!- , deixou o traballo a medio facer.

Non se sabe onde estaba a Cova da Paralaia.

Hai testemuñas que a describen como de ampla entrada, uns dous metros de altura, dous chanzos de baixada e amplo recibidor abovedado no que confluínan catro ou cinco galerías.

Para facerse rico, hai que entrar nela ás doce da noite de San Xoan.

Sairá entón unha vella moura co seu manto de ouro. Dicíndolle (Pimplar do saco), - dáo todo.

Esa mesma noite, á mesma hora, peitéase á vista unha princesa moura que tamén pode dar tesouro, como tamén o dá o mouro encantado que vive alí se se fai o que manda. Hai que ir pola mañá temperán e levar un saco. El sairá en figura de cobra e hai que metelo no saco.

Tamén se conta que no ano 1895 chegou un mouro á porta da dona do pazo do Rosal e pediu prestado un carro cos seus bois e dous criados, pois tiña que ir á cova da moura Paralaia.

Page 33: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

33/ 34

Soamente entrou o mouro na cova. Choveu, tronou e á media hora saíu o mouro cunha figura de santo ao ombreiro. Puxérona no carro e levárona ata a praia da Xunqueira. O mouro púxose enriba da figura do santo e desapareceu.

Xusto un ano despois recibiu a dona do pazo un paquete cun pano de seda vermella e unhas letras, moi agradecidas por todo, invitándoa a que puxese o pano onde máis lle compracese.

A dona do pazo, a señora Mona, púxoo por veo nunha nogueira, pero ao día seguinte a árbore desapareceu.

Dende a Cova da Paralaia pódese ir por subterráneo ata Meira, ata Darbo ou á Cova da Lontra en Tirán. Alí, aos ocos das penas, chega a auga do mar cando sobe a marea, o que aproveita unha princesiña moura, moi bonita, de longos cabelos dourados, vestida de branco coa sua palangana e o seu peite de ouro para o aseo. Quen lle tire unha pedra e lle faga sangue, terá moito ouro.

Page 34: Os nosos contos e lendas - xarela.files.wordpress.com€¦ · presas fáciles, mulleres ou nenos, mataba ás vítimas coas mans e a boca e despois comíaas. En terras de Ourense antes

34/ 34

Patrocina: