ORBIL BAILADOR - SALON DO LIBRO – O Salón do Libro ... · 1. Comezaremos coloreando as partes do...

4
1 ORBIL BAILADOR Imos a facer a nosa propia marioneta con movemento da nosa querida mascota Orbil. Vai ser moi sinxelo, xa veredes, farémola con materiais que temos por casa!!!!!! (que remedio, non podemos saír :-D)

Transcript of ORBIL BAILADOR - SALON DO LIBRO – O Salón do Libro ... · 1. Comezaremos coloreando as partes do...

1

ORBIL BAILADOR

Imos a facer a nosa propia marioneta con movemento da nosa querida mascota Orbil. Vai ser moi sinxelo, xa veredes, farémola con materiais que temos por casa!!!!!! (que remedio, non podemos saír :-D)

2

MATERIAIS

1. Cartolina branca (ou folio no seu defecto) 2. Tesoiras 3. Ceras de cores 4. Rotulador negro 5. Arame de atar os paquetes de pan de molde 6. Punzón (ou no seu defecto as puntas dunha tesoira ou lapis ben

afiado. Iso na compañía dunha persoa adulta ollo!) 7. Cola de barra ou de dobre cara

PASOS:

1. Comezaremos coloreando as partes do corpo de Orbil 2. Seguimos recortando as partes do corpo do noso lobo favorito 3. Con respecto ao pescozo, pegaremos a puntiña de arriba do mesmo

xunto coa parte superior da boca, por detrás. Isto facémolo para que a cabeza tamén poida ter mobilidade.

4. Unha vez todo recortado perforaremos co punzón (coa compañía dunha persoa adulta) onde se indica cos puntos negros. Haberá un punto negro nas partes móbiles (patas, brazos, pescozo e rabo) e na parte fixa do corpo, xa que teñen que encaixar unha noutra.

5. Cortaremos anacos pequenos de arame de pan de molde, dobrámolo pola metade e metemos os anacos polo buraco feito co punzón, encaixando as partes móbiles co corpo do lobo.

6. Tachán! Xa temos o noso Orbil bailador!!!!!

3

4

PESCOZOCABEZA

COLA

BRAZOS

PERNAS