Obxectivo

25

description

Obxectivo. evidenciar o potencial da cultura para xerar crecemento e emprego , da súa consideración como industria e da importancia de investir neste sector para xerar valor engadido , riqueza e postos de traballo. Características + das ICC. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of Obxectivo

Page 1: Obxectivo
Page 2: Obxectivo

Obxectivo

evidenciar o potencial da cultura para xerar crecemento e emprego, da súa consideración como industria e da importancia de investir neste sector para xerar valor engadido, riqueza e postos de traballo.

Page 3: Obxectivo

Características + das ICC• Intensivas en man de obra: importancia nun marco de elevado

desemprego• Cualificación elevada dos RRHH• Baixo custo de creación de novos empregos: só se require talento e

creatividade• Os grandes investimentos xa están realizados: patrimonio, auditorios

…• Alto potencial de emprendemento• Permanencia dos traballadores no sector (polivalencia funcional)• Capacidade de transferencia a outros sectores, motor de innovación

“intersectorial”

Page 4: Obxectivo

Problemas detectados• O sector está nunha forte crise económica (triple causa: redución do

consumo, investimento público e patrocinio/mecenado)• Excesiva atomización polo tamaño de empresa• Os anos de bonanza non permitiron unha consolidación “empresarial”

do sector• Baixa internacionalización: consumo/cliente interno• Os investimentos públicos orientáronse ao final da cadea (auditorios),

pero non ao sector máis produtivo (incubadoras de empresas)• Insuficiente apoio aos procesos creativos ou de base non tecnolóxica)

Page 5: Obxectivo

Caracterización do sectorCaracterísticas técnicas da análise realizada

• Os datos obtéñense a partir da información empresarial das contas depositadas no Rexistro Mercantil en Galicia e no Norte de Portugal

• Dimensionamento a mínimos (depuración dos datos)

• Non inclúen datos de autónomos (só empresas)

Agrupación segundo o CNAE 2009

Page 6: Obxectivo

Construción dun modelo propioCaracterísticas técnicas da análise realizada

• O modelo adoptado neste traballo comparte criterios con modelos anteriores (cadea de valor e círculos concéntricos, nomeadamente)

• Emana dun coñecemento da situación do tecido das ICC na Eurorrexión:– primeira busca por códigos de actividade – reasignación (en moitos casos manual) de categorías segundo a principal liña

de negocio– engadir empresas que, aínda operando baixo outros códigos principais,

prestan servizo nestes sectores– ratear os valores para compañías de epígrafes consideradas pero nas que boa

parte da actividade non corresponde ás industrias culturais e creativas.

Page 7: Obxectivo

Modelo de análise da industria cultural e creativa na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal 2012

Page 8: Obxectivo

Dimensión da ICC en GaliciaNúmero de empresas

• N.º de empresas DIRCE: 13 543 en 2011, o que supón un incremento do 1,11 % respecto a 2010. A nivel galego, no mesmo período existe un descenso do 3,36 %.

• O peso das ICC no total do tecido empresarial galego é do 6,89 % (en 2008 era do 6,44 %).

• O 56,36 % das empresas das ICC galegas corresponde ás industrias culturais, fronte a un 28,52 % das actividades creativas e un 15,12 % das Core Arts.

• No presente estudo centrámonos nas empresas que presentan contas no Rexistro Mercantil.

Page 9: Obxectivo

Dimensión da ICC en GaliciaNúmero de empresas con datos dispoñibles

Page 10: Obxectivo

Dimensión da ICC en GaliciaFacturación

A facturación galega das industrias culturais e creativas galegas no ano 2009 ascendeu a 1135 millóns de euros, o que supón unha variación do -3,75 % fronte ao exercicio anterior e un crecemento do 10,36 % sobre o ano 2006.

Page 11: Obxectivo

Dimensión da ICC en GaliciaResumo

Page 12: Obxectivo

Dimensión da ICC en GaliciaEmprego

• Para dotar o estudo de maior fiabilidade solicitáronse datos de afiliación por conta allea á Tesourería Xeral da Seguridade Social.

• No mes de marzo de 2011, un total de 21 263 persoas traballaba no sector das industrias culturais en Galicia (2,17 % do total en Galicia)

• O sector cunha maior afiliación é o de Edición e impresión, que supera os sete mil afiliados e representa o 35 % do sector.

• A porcentaxe de autónomos sobre o total do emprego é, no sector, dun 29,51 %, moi por encima do 22,34 % de media da economía galega.

• En marzo de 2011, as actividades da cadea de valor das industrias culturais e creativas en Galicia estaba dominada polas actividades de creación, con 9941 afiliados, seguidas moi de cerca polas actividades de produción (7153 empregos).

Page 13: Obxectivo

Dimensión da ICC no Norte de PortugalNúmero de empresas

• De acordo co Instituto Nacional de Estatística, en 2009 existían 342 044 empresas na NUT II Norte. Este valor representa unha variación de signo negativo do 4,12 % e 3,92 % en relación cos anos 2007 e 2008.

• De acordo con esta clasificación, resulta que en 2009 o número de empresas no Norte de Portugal que desenvolvía as súas actividades dentro das industrias culturais e creativas ascendía a 20 703, o que representa un 3,66 % menos que no ano 2008, e o 4,45 % menos que en 2007.

• A maior parte destas empresas pertencentes ás industrias culturais posúe menos de dez traballadores. As empresas das ICC do Norte portugués que teñen entre un e nove empregados representan o 97,72 % do total, mentres que no total das empresas galegas ascende ao 94,75 %.

Page 14: Obxectivo

Dimensión da ICC no Norte de PortugalNúmero de empresas con datos dispoñibles

Page 15: Obxectivo

Dimensión da ICC no Norte de PortugalFacturaciónOs ingresos totais das industrias culturais na rexión Norte de Portugal no ano 2009 eleváronse a 1189 millóns de euros, o que supón unha variación do 0,88 % fronte ao exercicio anterior e do 17,44 % sobre o ano 2006.

Page 16: Obxectivo

Dimensión da ICC no Norte de PortugalResumo

Page 17: Obxectivo

Dimensión da ICC no Norte de Portugal Emprego (*)

• Ao igual que acontece co tecido empresarial en xeral, tamén o emprego está a diminuír na NUT II Norte de Portugal: no intervalo 2007-2009 o persoal ao servizo das empresas con sede nesta rexión rexistrou unha caída do 4,36 %.

• Pero o panorama das ICC resulta contrario a esta tendencia global, pois rexistra un incremento do 1,67 % no referido período.

• En 2009 un total de 43 355 persoas traballaba no sector das industrias culturais e creativas no Norte de Portugal, o que se traduce nun peso do 3,55 % sobre o persoal ao servizo na rexión.

(*) Datos INE. Sistema de contas integrado das empresas. Non comparable cos datos do estudo en Galicia

Page 18: Obxectivo

Dimensión da ICC na EurorrexiónValores globais do número de empresas

• Na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal había no ano 2009 algo máis de 7400 empresas, que adoptan a forma de sociedades mercantís na maioría dos casos. Delas, o 51 % ten o seu domicilio social en Galicia, e o 49 % restante no Norte de Portugal.

Page 19: Obxectivo

Dimensión da ICC na EurorrexiónFacturación agregada

• A facturación conxunta das dúas rexións supera os 2,3 millóns de euros.

Page 20: Obxectivo

Dimensión da ICC na EurorrexiónResumo

Page 21: Obxectivo

Conclusións• Sector dinámico, con capacidade para xerar emprego coas políticas

axeitadas (necesidade de cambio na formación).

• Atomizado pero con empresas de referencia a nivel internacional e potencial de crecemento fronte a sectores máis maduros.

• Importancia da creatividade como motor de cambio Sinerxías con outros sectores (TIC) e transferencia cara a outros sectores maduros.

• Non precisa de grandes investimentos (non precisa de recursos limitados).

• Sector equilibrado na Eurorrexión (50/50), aínda que con diferenzas entre subsectores.

Page 22: Obxectivo

Oportunidades de actuaciónGalicia

1. Mellorar a visión empresarial e industrial do sector: interna e externa.2. Creación dun único Clúster das ICC.3. Importancia das políticas de apoio empresarial que deben ser

realizadas dende Agadic: financiamento, internacionalización, formación, cambio tecnolóxico…

4. Incremento do orzamento cultural: a cultura debe aumentar a súa presenza nos fondos europeos no novo marco comunitario, dende unha óptica empresarial.

5. Xerar un programa específico de emprego adaptado ao sector e reforzar a formación destinada á xerencia e aos mandos directivos (empresarial).

Page 23: Obxectivo

Oportunidades de actuaciónNorte de Portugal

1. Impulsar un modelo propio na rexión Norte para o sector audiovisual.2. O valor simbólico que ten a arquitectura non se traduce nun peso

económico: xerar imaxe de marca e reforzar os procesos de internacionalización.

3. Internacionalización: apréciase unha tendencia cara á confluencia da arte, a ciencia e a tecnoloxía, o que facilita a creación de traballos innovadores, converxentes e transnacionais.

4. Os investimentos en incubadoras creativas e os programas de emprendemento non foron acompañados de capital risco-semente ou de produtos financeiros.

5. Converxencia da Axenda da Cultura coa Axenda da Cultura: o sistema educativo debe incorporar a creatividade dentro das súas prioridades.

Page 24: Obxectivo

Oportunidades na EurorrexiónGalicia e Norte de Portugal

1. Acceso aos mercados internacionais: programa específico, non só asistencia a feiras.

2. Novos instrumentos de apoio ás empresas, en especial de financiamento (non só subvencións).

3. Reorientación das infraestruturas culturais cara á produción e non ao consumo.

4. Investimento na educación para estimular a demanda e cambiar hábitos de consumo.

5. Coñecemento permanente do sector: xeración dun observatorio das ICC.

Page 25: Obxectivo