masterterra.usc.esmasterterra.usc.es/drupal/sites/default/files/lib/Cap10.pdf · é planificación....

29

Transcript of masterterra.usc.esmasterterra.usc.es/drupal/sites/default/files/lib/Cap10.pdf · é planificación....

Territorios a examen: trabajos de ordenación territorial = Territorios a

exame: traballos de ordenación territorial / edición a cargo de Rafael

Crecente Maseda, Urbano Fra Paleo. - Santiago de Compostela:

Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e

Intercambio Científico, 2012 244 p. ; 24 cm. – (Cursos e congresos da

Universidade de Santiago de Compostela ; 211)

D.L. LU 42-2012. – ISBN: 978-84-9887-853-0 1. Ordenación do territorio – Galicia 2. Urbanismo − Galicia 3. Solo,

Utilización do − Galicia I. Crecente Maseda, Rafael, ed. lit. II. Fra Paleo,

Urbano, 1961 - , ed. lit. I. Universidade de Santiago de

Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, ed.

352(461.1)

630*6(461.1):711.14

711.14(461.1)

© Universidade de Santiago de Compostela, 2012

Edita Servizo de Publicacións e Intercambio Científico

Campus Vida

15782 Santiago de Compostela

usc.es/publicacions

Imprime

Librería Troll

Dep. Legal LU 42-2012

ISBN 978-84-9887-853-0

Índice

Agradecimientos 7

Introducción 11

O impacto do pagamento único en Galiza 17

Fátima Docío e María do Mar Pérez

Caracterización dos procesos de repoboación forestal posteriores á

entrada de Galicia na Unión Europea

41

Beatriz Guimarey e Eduardo Corbelle

A utilización do espazo polas explotacións gandeiras. Estudio da

comarca da Terra Chá, Lugo

57

Manuel Giménez, Eduardo Corbelle e Francisco J. Ónega

A consideración dos asentamentos rurais nos procesos de xestión

de terras: o caso da concentración parcelaria e a ordenación de

núcleos rurais

71

Nieves Pérez ,Rafael Crecente e Francisco J. Ónega

El entorno inmediato del núcleo en el planeamiento rural.

Delimitación como área de transición para aplicar la concentración

parcelaria

91

Vasco Barbosa, Eduardo Corbelle y J. Ambrosio Ferreira

Estudio da utilización de información catastral para a elaboración

das bases definitivas nos procesos de concentración parcelaria en

Galicia

115

Dorinda Sarmiento, Francisco J. Ónega e David Miranda

Una introducción al Modelado Basado en Agentes para la

simulación de cambios de usos del suelo

135

Jeanneth M. Galvez, Eduardo Corbelle e Andrés García

Sintaxis espacial de la ciudad de Lugo 155

José L. de la Barrera y Urbano Fra

Escenarios de riesgo de incendio actuales y potenciales en el

Municipio de Lugo

177

Ivonne M. González y Urbano Fra

Predición de incendios forestais. Análise do índice de risco e

metodoloxía alternativa

203

Iván Sánchez, Urbano Fra e Enrique Fernández

Escenarios actuais e potenciais de risco de inundación costeira na

área metropolitana de A Coruña

225

Xurxo Loureiro e Urbano Fra

Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

203

Predición de incendios forestais. Análise do

índice de risco e metodoloxía alternativa

Iván Sánchez39,a, Urbano Fraa, Enrique Fernándezb

a Laboratorio do Territorio (LaboraTe), Universidade de Santiago de Compostela b Protección Civil, Concello de Lugo

Resumo A diversidade de factores que interveñen nun incendio forestal, que afectan a súa

propagación e que propician a degradación do capital físico e natural dun

territorio ten una gran complexidade que debe ser estudada desde varias perspectivas. Este capítulo analiza a serie histórica do concello de Lugo e a

intervención dos instrumentos de planificación local e autonómicos. A análise realizada permitiu detectar que a planificación a distintos niveis administrativos

non concorda dunha forma eficiente. Actualmente as zonas de alto risco (ZAR) son útiles para a xestión é planificación, pero non é seguro que esta categoría

sirva á prevención. Neste traballo analízase a súa aplicación e propóñense

alternativas de cálculo, identificando factores relevantes do risco de incendio. Entre eles, cabe citar o nivel de proximidade e a densidade de uso forestal por

parroquia. As propostas máis relevantes de análise son introducir o efecto de difusión dende os concellos limítrofes, considerar a simultaneidade de incendios

para a intervención e a importancia do seguimento e control para a predición.

Palabras chave incendio forestal, índice de risco, vulnerabilidade

Abstract The diverse factors that intervene in a wildfire, with critical effects in its propagation, and which increase the loss of physical and environmental capital of

a region, have to be analyzed from different perspectives. This research examines historical wildfire data series in the municipality of Lugo, and the role of the

planning instruments both at the local and regional scales. The analysis allowed

to understand how planning at different administrative levels do not agree in their goals. High-risk areas (ZAR) are a useful zoning instrument in management, but

this category is not being useful for prevention. This research analyses their application, and alternatives are proposed based on the identification of new

relevant factors of wildfire risk, among them, proximity and forested land per parish. It has been found that is very relevant to take into account the diffusion

effect from neighbor municipalities, to consider wildfire co-occurrence, and the

relevance of monitoring and control operations to predict their behavior.

Keywords risk index, vulnerability, wildfire

39 [email protected]

Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

204

1. Introducción

A paisaxe de risco en Galicia está formada por incendios forestais,

tormentas invernais con ventos e precipitacións intensas, sismos, ondas

de frío e calor, entre outros. Entre eles, un dos perigos naturais mais

relevantes na destrución do territorio galego son os incendios forestais, xa

que tódolos anos xeran importantes danos económicos, ecolóxicos e

sociais, en moitos casos irreversibles (Fra, 2010). Os incendios forestais

producen unha alteración das condicións naturais do medio, en función

das dimensións (espacial, temporal)do mesmo. O abandono agrario, a

poboación dispersa, o despoboamento rural, a superficie de masa forestal,

as especies predominantes cultivadas nos bosques productivos, e a falta

de xestión destes bosques son factores que agravan as perdas de Galicia

ante os incendios.

A administración aplica medidas preventivas e activas para facer fronte

ós incendios forestais, mediante os plans determínase o risco de incendio

e realízase a asignación de medios de prevención é extinción. Dada a

importancia e os esforzos que se realizan para paliar os incendios

forestais, requírese facer unha avaliación dos índices utilizados para

adoitar as medidas de prevención. A Xunta de Galicia, como se cita no artigo 6 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia,

ten competencia para elaborar e aprobar o Plan anual de prevención e

defensa contra os incendios forestais de Galicia (PLADIGA, 2007). Este

plan ten por obxectivo definir a organización e o procedemento de

actuación dos recursos e servizos para facer fronte ós incendios forestais

dentro do territorio galego. Dentro das funcións básicas destaca a de

definir as épocas de risco de incendios forestais, en función das previsións

meteorolóxicas e dos diferentes parámetros locais para a asignación é

planificación dos medios de defensa e extinción de incendios. De acordo

coa Lei 3/2007, os concellos tamén están obrigados a ter un Plan

Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais

(PMPDIF) integrado no plan de emerxencia municipal. A prevención,

defensa é prioridade de actuación fronte os incendios forestais tamén

están definidas no mesmo.

En función do anterior, é necesario revisar a metodoloxía de

identificación de zonas de risco e de predición. Téñense proposto varios

parámetros é índices que para determinar o risco de incendio (Juárez,

1998; Guillermo, 1990; Cadenas, Mestre, 2000; Velázquez, 2008). A

análise dos factores que interveñen nun incendio forestal son o punto de

partida para iniciar a investigación encamiñada a unha mellor prevención

é planificación. O obxectivo deste estudio é explorar a introdución de

novas variables no cálculo dos índices de risco e modificar os parámetros

é valoracións actuais. Para iso se analizan as áreas queimadas e a

prevención desde 2006 como resultado do cambio nas políticas de

prevención, así como a relación coa prevención e nivel de risco local nos

Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

205

últimos 10 anos. Finalmente faise unha análise comparativa das áreas de

risco en plans de distinta escala administrativa en relación co rexistro

histórico, e propóñense vías de mellora do cálculo coas variables

utilizadas é propóñense novos parámetros para o índice do risco.

2. Metodoloxía

2.1. Metodoloxía de avaliación do risco de incendio no PLADIGA

Os criterios utilizados polo PLADIGA para definir as diferentes

categorías de incendio consisten en diferenciar o ecosistema afectado é a

superficie do mesmo. (Figura 1). Cada ecosistema forestal ten unhas

características específicas, polo que a planificación da intervención require a súa definición . Como fonte de información utilizouse o Terceiro

Inventario Forestal Nacional (2001-2002).

Figura 1. Criterios de clasificación das situacións de conato, incendio e queima

(PLADIGA. 2011).

En función do nivel de risco de cada zona forestal, planifícanse unhas

medidas para a prevención é extinción dos incendios. Neste sentido

defínense as zonas de alto risco (ZAR) onde, aparte de planificar medidas

de prevención, asígnanse medios de extinción ante un posible incendio.

Para determinar as zonas ZAR utilízanse os seguintes criterios:

Concellos que conteñen unha parroquia de especial vixiancia

(PEV)

Concellos nos que houbo máis de 250 lumes nos últimos dez

anos

Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

206

Concellos situados na costa atlántica rodeados de superficie

ZAR

Volume de poboación residente

Ademais, o PLADIGA aplica o concepto de vulnerabilidade que define

como o grao de perdas ou danos que poden sufrir ante un incendio

forestal, a poboación, os bens e o medio ambiente. A vulnerabilidade está

composta por tres elementos: a poboación, o valor dos ecosistemas

forestais e a protección do solo fronte á erosión. O PLADIGA define a

vulnerabilidade poboacional como o grao de fraxilidade que presenta

unha poboación determinada ante un posible incendio forestal. A nivel

municipal utilízanse os seguintes catro indicadores e pesos:

Densidade de poboación (habitantes/km2 de superficie forestal)

(cun peso do 50%)

Densidade de núcleos de poboación (núcleos/km2 de superficie

forestal) (cun peso do 25%)

Porcentaxe de persoas maiores de 65 anos (cun peso do 12,5%)

Distancia media dos núcleos de poboación á superficie forestal

(cun peso do 12,5)%

A vulnerabilidade dos sistemas forestais, ou valor dunha masa forestal,

calcúlase a partir do valor integral dos sistemas forestais, que integra o

valor económico, recreativo e ambiental. A fonte de información para

obter este indicador é o Terceiro Inventario Forestal Nacional (III IFN).

A vulnerabilidade municipal calcúlase mediante o valor económico

medio dunha hectárea forestal do concello, e distingue entre catro niveis:

vulnerabilidade baixa, ata os 8,41€/ha; moderada ata 15,02€/ha; alta ata

os 21,03€/ha e, por último, moi alta ata 523,88€/ha.

A vulnerabilidade do solo mídese utilizando o indicador erosión potencial. No Inventario Nacional de Erosión de Solos (INES) defínese a

erosión potencial como aquela perda de solo que tería lugar considerando

exclusivamente as condicións de clima, xeoloxía e relevo. Ademais, á

hora de analizar as perdas ambientais ocasionadas por un incendio, a

erosión potencial debe modificarse en función da capacidade de

recuperación da vexetación.

Por último, o proceso de zonificación consiste en integrar

cartográficamente tódalas variables, asignando territorialmente os

recursos de protección da forma máis axeitada. Para integrar o valor do

risco coas distintas vulnerabilidades, se lle asigna un peso dun 70% ao

risco de incendio é dun 30% ao conxunto das vulnerabilidades. Como

resultado desta obtense territorialmente as zonas de risco que servirán

para actuar sobre a prevención e defensa do territorio en función da

época de perigo.

Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

207

No artigo 9 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais

de Galiza exponse que a Consellería con competencia en materia forestal

establecerá as distintas épocas de perigo. En función do nivel de perigo

adóptanse diferentes medidas e dispóñense diferentes medios de

prevención e extinción.

Para o establecemento do índice de risco diario de incendio, conforme o

artigo 10 da lei 3/2007, teránse en conta os seguintes factores: situación

meteorolóxica, estado da biomasa vexetal, estado das infraestruturas

preventivas das masas arbóreas e o estado do solo, e defínense cinco

niveis do índice de risco (IRDI) (Táboa 1).

Táboa 2. Clasificación do IRDI (PLADIGA, 2007).

Índice IRDI Grao de risco

diario

Probabilidade de

ignición

Cor

1 Baixo 1–32% Azul

2 Moderado 32–56% Verde

3 Alto 57–68% Amarelo

4 Moi alto 69-81% Laranxa

5 Extremo >81% Vermello

2.2. Metodoloxía de avaliación do risco de incendio no PMPDIF

No Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais

(PMPDIF) caracterízanse os incendios forestais ligados a afección de

zonas habitadas, que se define como risco de incendio de interface

forestal-urbana (PMPDIF, 2009). O Decreto 105/2006 de 22 de xuño,

establecer unha serie de medidas para facer fronte a este risco definindo

como zona de potencial risco de incendio forestal as áreas rurais dentro

dun perímetro de 400 m arredor dos núcleos asignándolle un nivel de

protección, e das zonas de monte a 100 m con restricións de diversas

actividades.

No Plan de Actuación Municipal (PAM, 2009) do Concello de Lugo

tamén se ten en conta o risco de incendios forestais para definir as

actuacións prioritarias a levar a cabo. Para elo, neste documento

analízanse os datos históricos dos incendios forestais por parroquia entre

1999 e 2008 proporcionados polo Servizo de Defensa Contra Incendios

da Xunta de Galicia (SDCIF) e calculase o Índice de Risco Local de

Incendios ou Perigo Básico (PB). Este índice determina as parroquias

onde o risco de incendio é mais elevado, permitindo a zonificación, e se

calcula segundo [1].

Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

208

PB If x Ic x Mi [1]

Sendo PB o risco local de incendio, If o índice de frecuencia, Ic o índice

de causalidade e Mi a perigosidade do combustible vexetal. O índice de

frecuencia é «o promedio do número de lumes nunha determinada zona e

para un período de observación concreto» (Vélez, 2000). O índice de

causalidade proporciona «unha idea da causa máis frecuente dos

incendios forestais no período e zona considerada» (Vélez, 2000). O

índice de causalidade calcúlase en función do coeficiente de perigosidade

segundo a causa, o número de lumes por cada causa é o número de lumes

totais. «A perigosidade do combustible depende da especie predominante,

o seu contido de humidade e acumulación … reflíctese en forma de

coeficiente de inflamabilidade (Mi)» (Vélez, 2000).

Outros factores que inflúen no comportamento do lume, son as

condicións atmosféricas (precipitación, temperatura, humidade relativa e

vento) e a topografía. Este último factor incorpórase no PAM a partir das

compoñentes pendente, orientación, configuración do relevo e altitude

cunha ponderación respectiva do 40%, 30%, 20% e 10%. Ó dispoñer de

dúas valoracións (Risco local é perigo local) o PAM unifícaos mediante o

Índice de Risco Xeral mediante unha matriz de valores (Táboa 2).

Táboa 2. Obtención do índice de risco xeral (PAM de Lugo, 2009).

Perigo local (obtido mediante simulación)

1

Baixo 2

Medio 3

Elevado

4 Moi

elevado

Risco local

(análise de

series

históricas)

1 Baixo

1 2 3 3

2 Medio

1 2 3 4

3

Elevado 1 3 3 4

4 Moi

elevado 2 3 4 4

Para obter un coñecemento mais local analizouse a evolución da

superficie queimada nos últimos dez anos no concello de Lugo utilizando

os datos do Rexistro Histórico de Incendios (base de datos nacional de

incendios forestais que recompila información normalizada desde 1968

en todo o territorio estatal). Cada incendio esta definido por un conxunto

de parámetros: ámbito territorial administrativo, localización parroquial,

tipo de incendio, causalidade, tempo de duración, tempo de reacción,

superficie de masa forestal queimada é persoal de extinción, entre outros.

Os datos foron convertidos en información xeográfica para interpretar os

patróns espaciais.

Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

209

Figura 2. Mapa de incendios forestais en 2006 (Consellería do Medio Rural,

2006).

3. Resultados

O PLADIGA elaborouse en 2007, que substituiu ao antigo INFOGA

(Plan anual de prevención e defensa contra incendios forestales de

Galicia), por mor da situación vivida no verán do 2006 no que se

queimaron cerca de 95.000 ha no territorio galego (Fra, U. 2010). Entre

as principais novidades encóntrase o cálculo do IRDI, a xestión de lumes

en tempo real e a expedición de autorización das queimas por teléfono, e

un cambio organizativo na prevención de incendios. Un dos cambios

mais significativos foi a definición de novos conceptos de risco. A

declaración de zonas de alto risco (ZAR) levou consigo a transformación

da avaliación do risco a nivel municipal. No antigo INFOGA estas zonas

denominábanse Zonas de Especial Risco (ZER) é calculábanse a nivel

Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

210

parroquial (PEV: parroquias de especial vixiancia. O salto de nivel da

parroquia ao concello deu lugar en moitos casos a unha sobrevaloración

do risco de incendio. Sinalando algúns exemplos, observamos cómo no

mapa de lumes en zonas de especial risco de incendios de 2006

(Consellería do Medio Rural, 2006) os concellos de Friol, Bóveda, Zas ou

Verín so teñen unha única PEV e sen embargo, non debería considerarse

todo o concello unha zona de alto risco. Se aplicamos o criterio do

PLADIGA, e asumimos que unha parroquia ZER é similar a unha PEV,

cada concello que conteña una PEV, pasa a ser considerado zona ZAR.

Figura 3. Relación entre incendios forestais en 2006 é zonas ZER a) Friol, b)

Bóveda, c) Zas e d) Verín. Fonte: Consellería do Medio Rural, Xunta de Galicia

(2006).

Observase (Figuras 2 e 3) que a situación nos concellos limítrofes pode

afectar ao territorio dun concello. En moitos casos, a masa forestal é

continua entre ambos concellos e por iso o PLADIGA asigna o mesmo

risco ós dous concellos. Este efecto de difusión pode levar consigo a

asignación de medios a dous concellos (polo feito de ser ambos zonas

Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

211

ZAR), pero, en realidade, bastaría con ter unha única zona de xestión.

Por outra parte, cabe destacar que na planificación do 2006 reducíronse

administrativamente as zonas de especial risco de incendio (ZER). O

efecto secundario foi a redución dos medios de prevención é extinción en

mais de 700 efectivos, entre outras medidas. Analizando este aspecto en

relación a evolución histórica do número de incendios, no 2006 houbo

menos medios co ano anterior pero, en contraposición, a superficie

queimada cuadriplicou a superficie media dos últimos dez anos (Figura

4). Nos anos posteriores obsérvase que tanto o número de incendios

coma a superficie queimada foron moi inferiores. Tamén hai que ter en

conta que estas superficies non tiñan condicións para incendiarse de novo

por falta de biomasa.

Figura 4. Superficie queimada nos incendios forestais en Galicia no último

decenio (PLADIGA, 2011).

Os incendios forestais no concello de Lugo (Figura 5) no período 2001-

2010 mostran unha frecuencia media de 47 incendios por ano e unha

extensión media de 1,4 ha. Rexistráronse neste período tres incendios de

grandes dimensións. En 2003 dous incendios en Teixeiro é Vilachá de

Mera queimaron 306 é 54 ha respectivamente, e en 2006 unha superficie

de 79 ha en Bóveda. Se non contabilizamos estes incendios mais

destacados, a serie mostran un número de incendios constante e descende

a superficie media por incendio de 1,4 ha a menos de media hectárea

(0,47 ha), cunha unha tendencia ao descenso no período de estudio.

Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

212

Figura 5. Evolución do número de incendios e superficie queimada no

concello de Lugo no período 2001-2010.

Un dos aspectos que afectan de forma notable á xestión dos medios de

prevención e extinción é a simultaneidade dos incendios forestais. No

caso dos incendios de 2006 a maioría deles ocorreron a mediados de

agosto. Aínda que os medios fosen suficientes segundo o risco previsto, o

feito de haber varios lumes fai que a dispoñibilidade se reduza e derive en

incendios de longa duración e, polo tanto, máis devastadores. O 19 de

xuño de 2003 houbo 8 incendios, dos cales 5 solapáronse temporalmente.

Na Táboa 3 pódese observar como a superficie queimada en cada un foi

escasa a excepción daqueles que ocorreron simultaneamente.

Táboa 3. Características dos incendios no concello de Lugo o 19 de agosto de

2003 (SDCIF, 2009).

Data inicio Data fin Parroquia Superficie (ha)

19/06/03 06:00 19/06/03 06:45 ADAI (Santa María Madanela) 0.40

19/06/03 07:45 19/06/03 10:45 ORBAZAI (San Miguel) 1.00

19/06/03 14:00 19/06/03 15:30 ADAI (Santa María Madanela) 0.10

19/06/03 16:45 19/06/03 18:30 ORBAZAI (San Miguel) 2.50

19/06/03 18:20 19/06/03 21:25 LABIO (San Pedro) 3.00

19/06/03 18:40 20/06/03 00:55 TEIXEIRO (Santa María) 15.00

19/06/03 20:30 20/06/03 09:00 COESES (Santa María Madanela) 16.50

19/06/03 21:50 20/06/03 01:55 BÓVEDA (Santa María) 2.50

Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

213

3.1. A prevención e actuación nas áreas incendiadas

Dende a elaboración do PLADIGA o número de zonas ZAR en Galicia -

195- é constante (Figura 6). Isto pode ser un síntoma da rixidez do índice

de risco. É esperable que os factores asociados ó risco varíen anualmente,

particularmente as condicións meteorolóxicas, da biomasa ou o índice de

frecuencia de incendios, o que non parece ter reflexo na designación de

zonas ZAR.

Figura 6. Mapa de concellos ZAR en 2006-2011 (PLADIGA, 2011).

Independentemente da asignación en función das parroquias PEV, no

caso do número de lumes habería que preguntarse se umbral -250- é

válido. Nos últimos 10 anos en Lugo houbo 468 incendios (cunha media

de 47 incendios por ano), criterio polo que foi considerado como ZAR no

transcurso do tempo. Ademais do número absoluto de incendios habería

que ter en conta a relación coa superficie queimada, e a dispoñibilidade

de medios de extinción.

Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

214

En canto á asignación directa da condición de ZAR aos concellos que na

costa lindan cun concello ZAR este criterio fai que tódolos concellos

costeiros teñan esta condición. O feito de que na costa se concentre gran

parte da poboación e haxa masas de bosque productivo fai que o risco

sexa alto por si mesmo. De modo que en 2006 os maiores incendios

forestais producíronse nesta área (Figura 5). Prescindir do criterio de

linde entre concellos da costa pode deixar de ser tomado en

consideración dado que non cambiaría a calificación da zona costeira

polo feito de ter risco alto de incendio (gran poboación, grandes masas de

bosque productivo).

Dentro do concello de Lugo destaca o caso particular da parroquia de

Santa María de Teixeiro, situado ao norte. Esta parroquia presenta un

nivel de risco xeral moi elevado segundo o PMPDIF e, en cambio, dende

2003 non hai ningún incendio rexistrado. Entre o 1999 e 2003, houbo

unha media dun incendio por ano, e con efectos limitados (en torno a

unha hectárea queimada). Só destaca un único incendio cunha superficie

de área queimada de 306 ha. A diferenza con respecto ó resto de

incendios é tan importante que se considera necesario facer unha análise

máis específica. Este incendio iniciouse tras dous días nos que foron

aparecendo varios focos activos en todo o concello (Táboa 4). Ademais,

no momento de detectarse, había outros incendios simultáneos. Estes

foron factores importantes a ter en conta na interpretación do tempo de

resposta e dos medios dispoñibles para a extinción do incendio.

Táboa 4. Características dos incendios na parroquia de Teixeiro (Lugo) entre

1999 e 2003 (SDCIF, 2009).

Data de

inicio

Data de

control

Data

de fin

TOTAL Reacción Duración

02/08/99

18:50

02/08/99

19:10

02/08/99

19:45

0,05 0:10 0:55

19/03/00

23:25

20/03/00

01:00

20/03/00

01:10

0,05 1:30 1:45

13/08/00 15:10

13/08/00 15:30

13/08/00 16:40

0,03 0:10 1:30

09/05/01 15:40

09/05/01 16:50

09/05/01 17:15

0,20 0:10 1:35

02/07/02 02:00

02/07/02 03:30

02/07/02 04:05

0,13 0:45 2:05

10/05/03

16:20

10/05/03

17:00

10/05/03

17:45

0,30 0:05 1:25

19/06/03

18:40

19/06/03

22:25

20/06/03

00:55

15,00 0:05 6:15

21/06/03

14:35

22/06/03

05:26

22/06/03

22:00

290,30 0:35 31:25

Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

215

Das 306 ha queimadas a superficie predominante era pino duns 15 anos

de idade, unhas condicións da biomasa que dificultaron as labores de

extinción. É probable que iso causase un incendio tan devastador dunha

duración de mais de 31 horas. Foi dun incendio moi distinto ós que

habitualmente suceden no concello de Lugo debido á extensión do

mesmo. Outra carencia é a falta de consideración das zonas afectadas por

incendios recentes. Ó ser un incendio importante, o ano seguinte esta

zona tiña un risco de incendio moi baixo, pola falta de biomasa na

parroquia, tendo en conta que as 306 ha queimadas supoñen máis do

30% da área forestal total da parroquia.

A designación como parroquia de risco ten implicacións na planificación

é asignación de medios, incidindo directamente na capacidade de

extinción dos incendios. Entre o PLADIGA e o PMPDIF hai

discrepancias á hora de definir as parroquias do Concello de Lugo con

risco de incendio forestal, dado que ambos plans utilizan metodoloxías

distintas (Figura 7). No caso do PLADIGA, so hai tres parroquias de

especial vixiancia (Bóveda, Lugo e Santalla de Bóveda). En cambio, no

PMPDIF, o risco moi elevado asígnaselle a cinco parroquias e con risco

elevado a outras dezasete.

Figura 7. Áreas PEV (criterio do PLADIGA) e nivel de risco xeral (criterio do PMPDIF).

Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

216

Figura 88. Áreas PEV (con trama), áreas de risco xeral e localización dos

incendios do concello de Lugo de 2005 a 2010.

Tras verificar as diferenzas existentes entre os plans é necesario

comprobar o axuste coa realidade. Para avaliar a efectividade da

predición pode compararse o grao de correspondencia entre as áreas

identificadas na predición é as areas realmente incendiadas no pasado.

Para isto, faise unha comparación entre a clasificación de risco xeral de

Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

217

incendio, as parroquias PEV e as áreas onde ocorreron os incendios

forestais dende 2005 ata 2010.

Figura 9. Mapa de isocronas do tempo de reacción do servizo de bombeiros

(PMPDIF, 2009).

Partindo do principio de que a avaliación do risco depende de máis

factores que os incendios históricos, a análise permite observar que o

nivel de risco xeral concorda cos incendios ocorridos na parte central do

concello, en cambio nas zonas sur e norte hai discrepancias coa

asignación do risco, posiblemente debido á intervención dos factores

biomasa e topografía que elevan o risco de incendio. Unhas veces por

exceso (predicíase mais do que ocorreu) e outras veces polo contrario. As

parroquias de Vilachá de Mera e Teixeiro so presentan un único rexistro

de incendio no período, pero foron sempre clasificadas como áreas de

risco moi elevado, posiblemente por efecto da importancia dos incendios

que ocorreron no 2006 (predición por exceso). Por outro lado, no

perímetro da parroquia de Lugo hai un gran número de incendios, o que

concorda co nivel alto de risco estimado. O mesmo sucede na parroquia

de Santa María de Bóveda, ao leste de Lugo. En canto ás zonas PEV

(figura 8), tanto Lugo como Bóveda concordan polo elevado número de

incendios que se rexistraron. No caso de Santalla de Bóveda, esta

Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

218

cualificación sería máis discutible. Isto resalta a necesidade de facer

control e seguimento das medidas tomadas, o que serviría para mostrar a

eficacia na utilización dos medios e, sobre todo, da planificación

realizada.

Para comprobar se existe unha relación entre o tempo de resposta dos

medios de extinción –ou tempo de reacción- e a duración dun incendio,

debido a que o avance do incendio nos primeiros momentos dificulta a

extinción posterior, ao ser un área mais extensa e con mais frontes, fíxose

unha análise utilizando os datos do PMPDIF. No caso do Concello de

Lugo, a localización da base dos bombeiros ao norte da cidade de Lugo

condiciona o tempo de resposta para cada área do concello (Figura 8), o

que afecta particularmente ao suroeste onde os tempos de reacción están

por enriba dos 15 minutos. Os datos do modelo concordan bastante ben

cos datos de resposta real, dado que na periferia estiveron no rango de 15

a 45 minutos (Figura 9).

Pode observarse que en 2005 a resposta ós incendios na parroquia de

Lugo presenta un tempo excesivo (entre 20-30 minutos) tendo en conta a

proximidade da base de intervención dos medios. Esta situación mellora

en 2006, con menores tempos de resposta (5-10 minutos). Hai que

destacar a rápida resposta nos incendios da parte sur do concello en

relación ás isocronas do modelo, polo que se estima que a extinción foi

realizada con medios dos concellos veciños. Finalmente, en 2007

obsérvase tamén como as parroquias do noroeste do concello teñen

tempos de resposta moi pequenos (5-10 minutos). En xeral, os tempos de

reacción varían dun ano a outro, mentres que son homoxéneos no

mesmo ano. Isto fai pensar na fiabilidade da fonte de datos dos tempos de

reacción, que poden utilizar valores estándar para cada parroquia e non a

tempos medidos.

É preciso considerar as áreas queimadas como unha variable adicional

para a definición do risco en anos sucesivos. No caso da parroquia de

Teixeiro os datos históricos amosan que dende o importante incendio de

2003 non se produciu ningún outro. En cambio, esta parroquia sempre

foi calificada cun nivel de risco de incendio moi elevado.

A serie histórica de incendios en Lugo (Figura 10) sinala que o número

de incendios na parroquia de Teixeiro foi reducido –tralo incendio de

2003-, mentres que a superficie queimada no concello foi a maior nos

últimos dez anos. Algo similar sucedeu na parroquia de Vilachá de Mera

cun incendio que superou as 50 hectáreas. No caso de Bóveda e Lugo,

ocorreron moitos incendios pero a superficie queimada foi escasa. Sen

embargo, estas parroquias tamén foron cualificadas con risco moi

elevado, polo que se pode deducir que, independentemente doutros

factores, a prevención ou rápida actuación ten impacto na dimensión dos

incendios.

Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

219

Figura 10. Tempo de reacción na intervención nos incendios históricos do

concello de Lugo en 2005, 2006 e 2007.

Figura 11. Número de incendios e superficie queimada por parroquia no concello

de Lugo entre 1999 e 2010.

Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

220

Deste modo podería incorporarse unha medida similar a un índice de

áreas queimadas (IAQ). Este índice sería a relación entre a superficie

queimada dunha masa forestal é a área total da mesma (expresado en

porcentaxe).

Sendo = índice de áreas queimadas

= Superficie forestal queimada (ha)

Sf = Superficie forestal total (ha)

Este índice debería calcularse a nivel parroquial considerando tódolos

incendios ocorridos nun mesmo ano. Deste xeito, introdúcese no cálculo

unha medida adicional da capacidade combustiva da biomasa, que

repercute no cálculo do índice de risco de incendio. O índice

introduciríase no cálculo da perigosidade de combustible reducindo

proporcionalmente a porcentaxe de área queimada.

Sendo = perigosidade de combustible

Tamén hai que observar que, segundo transcorre o tempo, a rexeneración

da vexetación terá influencia no índice de risco de incendio (factor cíclico

dos incendios). Por tanto, o índice de área queimada debe ser ponderado

con pesos que representen a variación na rexeneración da vexetación ou

masa forestal. Deste xeito, a perigosidade do combustible pode ser

ponderada utilizando o mesmo criterio de cálculo da vulnerabilidade do

solo no PLADIGA.

( )

Sendo = perigosidade de combustible ponderada

= Rexeneración da vexetación

Cando hai varios incendios, unha das prioridades de actuación é a

evacuación e protección da poboación. Sen embargo estase a incluír a

toda poboación da parroquia sen diferenciar niveis de vulnerabilidade.

Sen embargo hai diferentes vulnerabilidades en función da distancia ao

incendio. Deste modo poderían introducirse no cálculo distintos pesos en

función da distancia do núcleo poboacional á masa forestal, utilizando os

rangos de distancia conforme o borrador da nova lei de montes.

Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

221

Táboa 3. Nivel de proximidade dos núcleos á

zona forestal é pesos asociados.

Nivel de proximidade (m) Peso

0-30 0,7

31-100 0,2

>100 0,1

Isto introduce tres niveis de vulnerabilidade da poboación exposta ao

incendio e permite calificar a cada núcleo en función do seu nivel de

vulnerabilidade (Figura 12).

Figura 12. Nivel de vulnerabilidade da poboación residente nos núcleos en

función da distancia ás masas forestais no concello de Lugo.

Este novo cálculo serve para facer unha planificación de prevención

fronte os incendios nos núcleos mais próximos as áreas forestais. Así

mesmo, pode derivarse todo tipo de actuacións unha vez coñecidos os

Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

222

núcleos máis vulnerables (información a poboación residente, prioridade

na extinción ante un incendio, creación de infraestruturas de defensa).

Nas parroquias limítrofes hai que ter en conta o efecto de difusión das

masas forestais con continuidade entre dous concellos e considerar os

núcleos dos concellos limítrofes. Para resolver esta dificultade pódese

trazar unha franxa de 500 m de distancia do perímetro do concello

(Figura 12) e estender a análise a esta área. A Táboa 6 sinala a

importancia deste efecto apuntando a que, os núcleos extramunicipais

incorporados a cada nivel de distancia ás masas forestais, representan

entre o 5,5% e o 21,5% dos núcleos preexistentes.

Táboa 4. Número de núcleos nas áreas de proximidade das masas forestais no

concello de Lugo e área limítrofe.

Nivel de proximidade (m) Nº de núcleos de

Lugo

Nº de núcleos de fóra Lugo

0-30 51 11

31-100 87 13

>100 181 10

Total 319 34

Podemos observar que o 16% dos núcleos de Lugo están na área mais

próxima ás masas forestais. Estes núcleos son os que presentan a maior

vulnerabilidade posto que se encontran a menos de 30 m da biomasa

forestal. Se se traduce en poboación afectada, obtemos que 10174

habitantes están expostos a un nivel de risco forestal alto, que representa

o 11% da poboación identificada no PLADIGA. Esta medida serve, por

tanto, para identificar a localización da poboación mais vulnerable, dado

que pode ser a mais afectada por un incendio forestal e a que mais

necesita de medidas e medios de prevención e extinción de incendios.

4. Conclusións

Este estudio permitiu identificar variables que se deberían de ter en conta

no cálculo do risco de incendio, como o factor de contaxio de concellos

veciños, o efecto de atenuación do risco actual tendo en conta os

incendios históricos ou o nivel de vulnerabilidade da poboación en

función da proximidade ás masas forestais, factores relevantes que non se

están a ter en conta na planificación das medidas de prevención.

Ao mesmo tempo obsérvase unha planificación a distintos niveis, con

distintos instrumentos administrativos que non concordan entre si á hora

de cualificar o risco e de priorizar na utilización dos medios. As ZAR son

instrumentos útiles para facilitar a xestión e planificación fronte ós

Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

223

incendios forestais, pero hai aspectos da realidade que non se teñen en

conta e que serven á prevención, tendo en conta que as medidas de

prevención e medios dispoñibles fronte os incendios forestais teñen un

efecto directo na xestión do efecto dos incendios sobre o territorio. En

último termo o que se está a facer co cálculo dos índices e identificación

de zonas é a delimitar e traducir a políticas o complexo problema do

risco.

Os incendios forestais son un problema perverso, no que interveñen

moitos factores e actores e a asignación de pesos aos indicadores adoece

dunha subxectividade que pode ser neutralizada coa participación dos

actores para alcanzar un consenso. Dentro da complexidade que amosa o

estudio dos incendios, é necesario avanzar tanto na investigación dos

modelos para lograr unha mellor predición como na elaboración de

índices que permitan unha actuación acorde co risco existente. As

propostas indicadas son unha primeira aproximación a unha análise mais

profunda que, se espera algún día se leven a cabo.

Agradecimientos

Una parte de las tareas para realizar este trabajo se encuadran en el

Proyecto de Investigación CSO2008-00560/GEOG, financiado en el

marco del VI Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e

Innovación Tecnológica 2008-2011.

Bibliografía

Cadenas, A. Mestre, Mª.T. 2000. Estudio sobre la bondad del índice de riesgo

de incendios forestales utilizado en la campaña nacional de apoyo a la lucha

contra incendios. Madrid: Instituto Nacional de Meteorología.

Concello de Lugo. 2006. Plan Municipal de Prevención e Defensa contra

Incendios Forestais PMPDIF. Concellería de protección da comunicade.

Protección civil.

Consellería do Medio Rural. 2007. Plan de prevención e defensa contra os

incendios forestais de Galicia PLADIGA.

Consellería do Medio Rural. 2010. Plan de prevención e defensa contra os

incendios forestais de Galicia PLADIGA.

Consellería do Medio Rural. 2011. Plan de prevención e defensa contra os

incendios forestais de Galicia PLADIGA.

El Correo Gallego. 2006. La campaña abrió con 750 operarios menos en el

monte que el año pasado. 11 de agosto de 2006.

Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l

224

Fra, U. 2010. Riesgos naturales en Galicia: el encuentro entre naturaleza y

sociedad. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de

Compostela.

Guillermo, J. 1990. Diseño de índices de riesgo de incendios forestales para

Chile. Instituto de Manejo Forestal. Valdivia, Chile. Universidad Austral

de Chile.

INE. 2010. Nomenclátor, Relación de unidades Poblacionales. Año.2010 .

Instituto Nacional de Estadística (www.ine.es)

Juárez, S. M. 1998. Un modelo de riesgo de incendio en Michoacán, México.

Michoacán, México.

La Voz de Galicia. 2006. La cifra de parroquias de vigilancia especial, reducida

a la mitad. 19 de abril 2006.

Molina, D. 2000. Efectos del fuego en los ecosistemas forestales. En Velez, R.

La defensa contra incendios forestales. Fundamentos y experiencias.

Madrid: McGraw Hill.

Velázquez, J. 2008. Estudio del riesgo de incendio para el término municipal de

Santa Cruz de Pinares y los Montes de Utilidad Pública 83, 87 y 128 con el

programa ArcSIG. Madrid: Universidad Politécnica de Madrid.

Velez, R. 2000. La defensa contra incendios forestales. Fundamentos y

experiencias. Madrid: McGraw Hill.

Xunta de Galicia. Gabinete de Comunicación. Novas. 2011. O balance da

loita contra incendios en 2010 é máis favorable que a media dos últimos dez anos,

sendo semellante ao de 2009. 21 de xaneiro de 2011.