Obras necesarias - Concello de Cartelle | Concello de Cartelle€¦ · “necesidade” para a...

16
O orzamento municipal de 2013 da prioridade aos servizos básicos. Continúan os trámites das novas concentracións parcelarias. Varios proxectos contribuiron nos últimos meses a mellorar a rede de estradas do conce- llo de Cartelle e diversos espazos públicos. Tamen se traballou na recuperación da ruta do rio Arnoia. Os veciños e veciñas de As Tei- xugueiras e Sande conservan vivo o espírito do Entroido. O Meco e “As Bonitas” foron pro- tagonistas dun ritual que se perde na memoria dos tempos e que debe preservarse. Tamén nas eleccións autonómi- cas, o Partido Popular reeditou en Cartelle o éxito de anterio- res comicios. A candidatura encabezada por Jesús Vázquez superou amplamente ás do PSdeG-PSOE, BNG e AGE. correo electrónico: [email protected] Número 18 Boletín de información municipal Primavera 2013 www www.cartelle.es .cartelle.es O Concello xestionou coa Xunta de Galicia a mellora estética e funcional deste recinto público Jaime Sousa e Carmen Leyte, xunto ao delegado territorial, Rogelio Martínez A Seara

Transcript of Obras necesarias - Concello de Cartelle | Concello de Cartelle€¦ · “necesidade” para a...

  • ◆ O orzamento municipal de 2013 da prioridade aos servizos básicos.

    ◆ Novas infraestruturas serven para mellorar a rede viaria local.

    ◆ Continúan os trámites das novas concentracións parcelarias.

    ◆ O Concello fomenta o deporte e a defensa das nosas tradicións.

    Varios proxectos contribuironnos últimos meses a mellorara rede de estradas do conce-llo de Cartelle e diversosespazos públicos. Tamen setraballou na recuperación daruta do rio Arnoia.

    Os veciños e veciñas de As Tei-xugueiras e Sande conservanvivo o espírito do Entroido. OMeco e “As Bonitas” foron pro-tagonistas dun ritual que seperde na memoria dos tempose que debe preservarse.

    Tamén nas eleccións autonómi-cas, o Partido Popular reeditouen Cartelle o éxito de anterio-res comicios. A candidaturaencabezada por Jesús Vázquezsuperou amplamente ás doPSdeG-PSOE, BNG e AGE.

    Obras necesarias

    Tradicións vivas

    Hexemonía do PP

    correo e lect rón ico: conce l lo .car te l le@eido loca l .es

    Número 18 Boletín de información municip al Primavera 2013

    wwwwww.cartelle.es.cartelle.es

    O Concello xestionou coaXunta de Galicia a melloraestética e funcional deste

    recinto público

    Jaime Sousa e CarmenLeyte, xunto ao delegadoterritorial, Rogelio Martínez

    AS

    ea

    ra

  • Páxina 2

    Cartelle nº 18 EditorialEditorial

    Ante a actual crise económica, hai que aplicarse con entrega, dilixen-

    cia e imaxinación pensando en que, tarde ou temprano, poderán solven-

    tarse entre todos. Esas deben ser tamén algunhas das liñas de actuación

    das Administracións públicas, como é o caso do noso Concello, a pesar

    dos recortes orzamentarios. Compre agora priorizar obxectivos, tentando

    conservar e, dentro do posible, potenciar aqueles servizos que inciden

    directamente na calidade de vida dos nosos veciños e veciñas.

    Pero os recursos do Concello de Cartelle son limitados,polo que precisa da colaboración do Goberno Central,da Xunta, da Deputación e da Mancomunidade paracubrir obxectivos en servizos e infraestruturas públicas.Ese bo entendemento plasmouse nestes últimos anosna execución de obras importantes para o noso muni-cipio, na boa xestión dos Servizos Sociais, máis nece-sarios agora que nunca, pola dificultade que atravesanalgunhas familias, e nas políticas activas de emprego.Ese esforzo compartido, ao que deben sumarse tódolosveciños e veciñas, fará posible que, como ata o deagora, o Concello de Cartelle continúe polo bo camiñodo progreso, dando resposta ás expectativas indivi-duais e colectivas para crear un espazo de convivenciaen harmonía, paz social e con oportunidades para todose todas.

    Os capítulos máis import antes do orzamento municip al de Cartelle p ara 2013 son os destinados apotenciar os servizos, con especial incidencia nos de carácter social, pero t amén as infraestrutu -ras públicas e o emprego.

    O Concello de Cartelle afronta o ano2013 cun orzamento de algo máis de1 millóns de euros, algo inferior ao deexercicios precedentes. Os capítulosde investimentos reais, bens corren-tes e servizos, transferencias corren-tes e de persoal volven ser os máisrelevantes, pola súa cuantía económi-ca. Son os que afectan ao normal fun-cionamento da Administración local eaos programas de desenvolvemento eprestación de servizos públicos.

    No estado de ingresos, as maioresaportacións ás arcas municipaiscorresponden ás transferencias co-rrentes e de capital, aos impostosdirectos e indirectos, e ás taxas mu-nicipais.

    Pleno do Concello

    ESTADO DE GASTOS (Ano 2013) € ESTADO DE INGRESOS (Ano 2013) €

    Gastos de persoal 371.983,00 Impostos directos 233.500,00

    Bens correntes e servizos 368.717,00 Impostos indirectos 1.000,00

    Gastos financeiros 14.500,00 Taxas e outros ingresos 91.300,00

    Transferencias correntes 198.300,00 Transferencias correntes 750.500,00

    Investimentos reais 105.000,00 Ingresos patrimoniais 2.500,00

    Transferencias de capital 0,00 Transferencias de capital 1.200,00

    Activos financeiros 0,00 Activos financeiros 0,00

    Pasivos financeiros 21.500,00 Pasivos financeiros 0,00

    TOTAL GASTOS 1.080.000,00 TOTAL INGRESOS 1.080.000,00

  • Páxina 3

    P G-PSOEDE

    1.2081.208

    417417

    332332

    56,2656,26

    19,4219,42

    15,4615,46

    anova 7777 3,593,59

    Forza política Votos 2012 Porcentaxe

    Resultados en CartelleAo igual que nas últimas eleccións municipais e xerais, o Partido Popular reafir-

    mou a súa hexemonía en Cartelle nos comicios autonómicos do pasado 21 deoutubro. A lista do PP, que encabezaba Jesús Vázquez Abad, superou o 56 porcento dos votos, a considerable distancia das outras forzas políticas que conco-rriron a esta cita para renovar o Parlamento Autonómico: o BNG baixou ata o19,4%; a do PSdeG-PSOE foi a terceira candidatura máis votada, co 15,4%, men-tres que Alternativa Galega de Esquerdas (EU+ANOVA), tivo que conformarse co3,6%. Outros partidos recibiron, en conxunto, 49 votos, con 36 nulos e 28 en bran-co. A participación foi do 74,73%, sobre un censo de 2.873 electores.

    A representación da provincia de Ourense na Cámara autonómica correspon-de así a: Jesús Vázquez Abad, Carmen Pardo López, Miguel Santalices Vieira,Antonio Rodríguez Miranda, Cristina Romero Fernández, Antonio Mouriño Villar,Enrique Nóvoa López e Moisés Blanco Paradelo, polo Partido Popular; ManuelVázquez Fernández, María Quintas Álvarez, Raúl Fernández Fernández e CarmenAcuña do Campo, polo PSdeG-PSOE; Tereixa Paz Franco, polo BNG; e David Fer-nández Calviño, de Alternativa Galega de Esquerdas. ■

    As eleccións autonómicas refrendaron un apoio maioritario ao PP

    Inauguración da

    autovía AG-31 (Ourense-Celanova)

    O presidente da Xunta, AlbertoNúñez Feijóo, avanzou, durante a

    posta en servizo da Autovía Ouren-se-Celanova, que nesta lexislatura

    completarase o obxectivo de que o80% dos galegos estean a menos de10 minutos dunha vía de alta capaci-dade. Neste sentido, Feijóo precisou

    que a Autovía Ourense-Celanovabeneficia de forma directa ás case

    200.000 persoas que viven nascomarcas de Ourense, Celanova e

    da Baixa Limia.

    A posta en servizo da Autovía AG-31, entre Ourense e Cela-nova, é a obra pública máis importante dos últimos anos nacomarca de Celanova, e un beneficio importante para tódolosconcellos, incluído o de Cartelle. Esta infraestrutura evita opaso por máis de 10 quilómetros de travesías e permite aforrar

    de media un 40% de tempo entre a Autovía das Rías Baixas,dende o enlace de Rante, e as Terras de Celanova, que quedaagora en 15 minutos (antes supoñía 25 minutos, de media). Ostraballos alongáronse durante máis de dous anos e supuxerono investimento de 120 millóns de euros.

    Núñez Feijóo, acompañado por Carmen Leyte e outros alcaldes da comar-ca, durante a inauguración oficial, o pasado 28 de xaneiro.

  • Páxina 4

    A Gardería ou Escola Infantil de Cartelle xa érealidade. Dende o pasado mes de setembro, oedificio construído na capitalidade municipal, acarón da estrada de Outomuro á Seara, acollea nenos e nenas menores de tres anos, parafacilitarlle ás familias que poidan conciliar a suavida familiar e laboral. Na súa construción in-vestíronse 284.771 euros, a través dun conve-nio de colaboración entre o Ministerio de Edu-cación e a Comunidade Autónoma de Galiciapara o financiamento de prazas públicas do pri-

    meiro ciclo de Educación. Agora está integradana rede de escolas infantís "A Galiña Azul", quedepende da Consellería de Traballo e Benestarda Xunta de Galicia.

    As modernas instalacións están atendidaspor persoal con coñecementos en Pedagoxía.Inicialmente son dúas persoas, pero poderíaaumentar en función da demanda existente. Aescola infantil ten capacidade para 20 nenos enenas, e na actualidade conta cunha ocupaciónpróxima ao 70 por cento.

    Unha escola infantil para o século XXI

    A construción da escola infantil era unha“necesidade” para a alcaldesa de Carte-lle, Carmen Leyte, e agora é de “granaxuda para os pais e nais que poden con-ciliar a vida familiar e laboral”.P.- ¿Cómo se xestionou a construcióndesta gardería infantil?Carmen.- Había unha necesidade social,sobre todo para dar resposta ás familiascon nenos e nenas en idade preescolar.Se queremos asentar poboación, temosque mellorar servizos. Pensamos quehabía que construir unha gardería e ini-ciamos os trámites coa Consellería deTraballo e Benestar da Xunta de Galicia.Habilitamos os terreos e eles se encarga-

    ron do financiamento, cunha aportacióntamén do Goberno de España.P.- Con 20 prazas,¿é dabondo paracubrir a demanda existente?Carmen.- De momento, creo que sí,tendo en conta os datos de natalidade nonoso concello nestes últimos anos.Pero dispor dunha escola infantil paranenos menores de tres anos pode ani-mar a moitas parellas a ter máisfillos, xa que agora o seu coidadoserá menos problemático. Nesecaso, haberá que adaptarse ás cir-cunstancias. Do que temos quefelicitarnos é de contar cunhagardería moderna e funcional.

    Carmen Leyte: “A gardería infantil responde á colaboración entre a Xuntae o Concello de Cartelle para dar resposta a unha necesidade social”

    As obras tiveronun custe superioraos 284 mil euros

  • Páxina 5

    Para familiarizar aosnenos e nenas conovo entorno educati-vo e lúdico, celebrá-ronse, ao comezo docurso, xuntanzas depais/nais e avóas par-a explicarlle-lo funcio-namento do centro epromover algunhasactividades na casaque lles axudaran aunha máis rápidaintegración. Os xogose a liberdade creativason parte importanteda súa primeira súaeducación.

    A escola infantil deCartelle dispón dunprograma específicopara mellorar a aten-ción e aprendizaxedos nenos e nenas.Por unha parte, pre-téndese aumentar aautonomía das crian-zas e mellorar a con-vivencia e as rela-cións coas persoasmaiores e os nenosda súa idade. Taménmelloran a comuni-cación e a linguaxe,o control corporal, eun desenvolvementoafectivo, emocional esensorial. Estas sonas pautas das esco-las A Galiña Azul, daXunta de Galicia.

    Carmen Leyte con persoal da gardería e familiares dos nenos/as

    Nais e avóas durante a primeira xornada de convivencia

  • Páxina 6

    A ordenación do territorio, clave para o futuro

    Avanzan os trámites para as concentracións parcelarias

    de San Tomé, Vilar de Vacas, Santabaia e O Mundil

    Manuel Baltar aborda cos parlamentarios e alcaldes a situación da A-76

    A alcaldesa de Cartelle e senadora, Carmen Leyte, partici-pou na Deputación de Ourense nunha xuntanza convocadapolo seu presidente, Manuel Baltar, para analizar con parla-mentarios, deputados e alcaldes a situación da Autovía A-76.O acordo foi solicitar ao Ministerio de Medio Ambiente queacelere os traballos de redacción da declaración de ImpactoAmbiental do proxecto para posibilitar a aprobación definitivado estudo informativo da autovía. Tamén acordaron solicitar doMinisterio de Fomento, unha vez cumplimentado ese trámite,

    que acorde a licitación da redacción dalgúns dos proxectosdos tramos da autovía, priorizando aqueles que resulten máisnecesarios.

    Todos concordaron en que a autovía Ourense-Ponferrada A-76 é unha actuación de gran transcendencia para a vertebra-ción da Galicia interior, constituíndo un terceiro acceso de grancapacidade desde Galicia cara Castela-León (ademais da A-6e da A-52) e que a N-120 (Logroño-Vigo) está superada, espe-cialmente en determinados tramos.

    *

    Cartelle é xa un dos concellos da nosaprovincia con máis concentracións parce-larias. Este proceso, iniciado hai algúnsanos para a reordenación do territorio convistas a un mellor aproveitamento, agríco-la, forestal e gandeiro, continúa en SanTomé, Vilar de Vacas, O Mundil e SantaBaia. En total, a Consellería de MedioRural e do Mar leva investidos nestes pro-cesos máis de 2,5 millóns de euros. As deVilar de Vacas e O Mundil xa están prácti-camente rematadas, e as outras dúas,pendentes das infraestruturas.

    O Diario Oficial de Galicia (DOG) publi-cou a resolución da Consellería de MedioRural e do Mar pola que se comunica aaprobación das bases definitivas da con-centración parcelaria da zona de SanTomé. Rematan así todos os trámitesrelativos á identificación dos propietariosdas fincas achegadas, determinaciónexacta da superficie e clasificación dosterreos. A concentración parcelaria de

    San Tomé afecta a 1.635 hectáreas, a calpermitirá a reorganización da propiedadede 26.554 parcelas, pertencentes a1.112 propietarios. Ata o de agora lévan-se investido neste proceso algo máis de540.000 euros, destinados a servizostécnicos para facer os traballos de con-centración parcelaria.

    En Vilar de Vacas, os veciños benefi-ciados pola concentración xa poideroncomezar a usar as novas fincas resultan-tes do proceso de reorganización. A par-tir da toma de posesión, estableceuse unprazo de 60 días para que os adxudicata-rios poidesen facer reclamacións no casode que existiran diferenzas superiores ao2%, entre a cabida real das novas fincase a que consta no expediente de con-centración.

    Esta concentración de Vilar de Vacassupón a reorganización da propiedade de7.764 parcelas en 1.538 fincas, perten-centes a 594 propietarios. Dende o seu

    inicio lévanse investido máis de 1,7millóns de euros, dos cales a meirandeparte se destinaron á execución da redede camiños.

    En O Mundil, o proceso está moi avan-zado, e queda pendente o acordo domarqueado das parcelas.

    Por último, o Diario Oficial de Galiciatamén publicou a aprobación das basesdefinitivas da concentración parcelariade Santa Baia de Anfeoz. Deste xeitorematan todos os trámites relativos áidentificación dos propietarios das fincasachegadas, a determinación exacta dasuperficie e a clasificación dos terreos.

    A concentración parcelaria de SantaBaia de Anfeoz afecta a 714 hectáreas epermitirá a reorganización da propiedadede 15.672 parcelas, pertencentes a 757propietarios. O orzamento investido ata ode agora é superior aos 300.000 euros,dos cales a meirande parte se están des-tinando a asistencias técnicas. *

  • Páxina 7

    En tempos de dificultades, e con recortes orzamentarios, o traba-llo da Administración local debe centrarse nun maior esforzo eimaxinación para dar resposta ás continxencias que poden xurdiren calquera momento. As necesidades e os servizos básicos estánben cubertos, pero o paso do tempo incide nun deterioro das infra-estruturas, o que obriga a que haxa que estar atentos para subsanaras deficiencias que que poidan producir. No caso de Cartelle, esteproblema adquire unha dimensión especial, xa que a rede de estra-das supera amplamente os 200 quilómetros. Jaime Sousa Seara éo concelleiro de Obras e Servizos dende hai dúas décadas.P.- ¿Qué cambiou a nivel de estradas a situación de Cartelledende que vostede está ao frente desta Concellería?Jaime.- A situación, cando eu cheguei ao Concello, no ano 1991,cambiou radicalmente. A xente que vivía nesa época sábeo ben.Daquela, había moitas estradas sen asfaltar e, polo tanto, moitotraballo por diante. Puxémonos man á obra, e, aínda que non éfácil satisfacer a todos por igual, o certo é que o concello de Car-telle ten hoxe unha boa, algúns din que excelente, rede de infraes-truturas, tanto a nivel de estradas, pistas e camiños.P.- ¿Qué destacaría como logros máis importantes destes últi-mos anos?Jaime.- A estrada de Outomuro a Cartelle foi unha obra clave paravertebrar o municipio. Pero tamén é certo que se acondicionaronmoitos quilómetros de estradas, nos diferentes pobos, que sonigual ou máis importantes para os seus veciños. Foron temposfavorables, que soubemos aproveitar ben. De feito, Cartelle sem-pre foi un exemplo para outros concellos sobre a xestión paramellorar a rede viaria.P.- ¿Qué importancia tivo a colaboración da Xunta de Galiciae da Deputación Provincial de Ourense?Jaime.- Foi clave, xa que moitos proxectos realizáronse grazas ásaportacións destas dúas Administracións públicas, sen esquecer asque chegaron dos fondos FEDER da Unión Europea e do Gober-no de España, a través do Ministerio para as AdministraciónsPúblicas. Eiquí temos outro exemplo de que cunha boa colabora-ción institucional é posible realizar proxectos que inciden nunmellor benestar dos cidadáns e que asentan as bases dun futuroque, co traballo de todos, debería ser aínda mellor.

    Jaime Sousa Seara,concelleiro de Obras e Servizos:

    "Cartelle ten unha extensarede viaria e o seu

    mantemento supón unesforzo continuado"

    Jaime Sousa é tamén responsable daConcellería encargada das redes hidráuli-cas. No período que leva no Gobernomunicipal acometéronse melloras nasredes de abastecemento e de saneamentoen tódalos pobos do concello de Cartelle.Foron anos de intenso traballo e dun graninvestimento que, unha vez executado,non se ve, porque queda baixo terra. Peroos veciños e veciñas coñecen ben aimportancia dunha boa subministracióne da boa depuración das augas residuais,sobre todo para o noso medio ambiente.P.- Ninguén dubida dese esforzo. Pero,¿qué se está a facer para mellorar asituación?Jaime.- Dende o Concello seguimos tra-ballando, día a día, porque sempre xurdealgún contratempo e o noso compromisoé o de mellorar os servizos e as infraes-truturas en tódolas parroquias. Sempretemos algún proxecto en marcha, tratan-do de manter un equilibrio entre tódalaszonas do municipio, aínda que non sexafácil, porque, por exemplo, as persoasdun pobo sempre pensan que teñen prio-ridade sobre outros, e non sempre é así.Mantelos a todos contentos non é fácil,pero o intentamos, e case sempre o con-seguimos.P.- ¿Pensa que esta situación actual,coa crise, vai cambiar a curto prazo?Jaime.- Non é fácil prever os acontece-mentos, pero, aínda así, dende o Concellode Cartelle, estamos a traballar para satis-facer as demandas individuais e colectivasque implican un maior progreso social,como ben merecen os nosos veciños/as.

    Entrevista

  • Páxina 8

    OBRAS EN ESTRADAS, BEIRARRÚAS, ABASTECEMENTO DE AUGA E ZONAS RECREATIVAS

    O Concello promoveproxectos de novasinfraestruturase servizos públicos

    Aínda que non son tempos de bonan-za, o Concello de Cartelle segue a desen-volver proxectos en obras e infraestrutu-ras demandados polos veciños e veciñas,e pensados para que contribúan no futu-ro a mellorar o seu benestar e a calidadede vida. Exemplos recentes son a reformada praza do Concello, a mellora da segu-ridade vial nas travesías de A Seara e SanTomé, a reforma das estradas Outomuro-As Teixugueiras e A Seara-San Tomé, eos abastecementos en Oleiros de Sandee O Vieiro. Nestes proxectos, promovidospolo Concello, e que foron executados enconvenio coa Xunta de Galicia ou a Depu-tación Provincial de Ourense (e a Comuni-dade de Montes, no caso de Sande),investíronse máis de 250.000 euros.

    A reordenación da praza do Concello,co novo empedrado, bancadas, ilumina-ción pública e delimitación das zonas deestacionamento, acometeuse a través dacolaboración da Consellería da Presiden-cia, Administración Públicas e Xustiza.

    O apoio da Deputación resulta eviden-te na segunda fase da construción de bei-rarrúas de A Seara, con adoquín, na quese investiron 41.355 euros do Plan BASE(nesta cantidade está incluído o abaste-cemento de O Vieiro). Ao Plan de Obrasda Deputación tamén corresponden asnovas beirarrúas de San Tomé, que tive-ron un custe próximo aos 90.000 euros.

    Outro proxecto importante, que está

    en marcha, é o de eficiencia enerxéticano alumeado público. Comezou no Carre-gal e Piñeira, coa reducción da potenciadas luminarias, e vai continuar no futuro,en función dun estudo sobre o cambio deequipos e bombillas. A intención do Con-cello é reducir o custe anual de consumoeléctrico, que na actualidade ronda os180.000 euros, sen afectar á calidade doservizo.

    A destacar tamén a colaboración daConfederación Hidrográfica do Miño-Silpara realizar traballos de limpeza e acon-dicionamento nunha ruta de sendeirismopolas ribeiras do Arnoia. Esta iniciativamunicipal permitíu realizar varias obras naárea recreativa de A Pontenova, como areparación da pasarela e a rehabilitacióndun antigo pontillón de pedra. ■

    A praza do Concello luce agoraunha nova estØtica (imaxe superior).Habilitouse unha zona para o estacio-namento de vehículos e se pavimen-tou con adoquín. Son perceptiblesnovos elementos, como as farolas doalumeado pœblico e as bancadas.

    En A Pontenova (á dereita), refor-mouse a pasarela e se realizaronpodas e limpezas na Ærea recreativa enas ribeiras do río.

    Estrada Outomuro-As Teixugueiras

  • Páxina 9

    TECEMENTO DE AUGA E ZONAS RECREATIVAS

    Beirarrúas en San Tomé

    e regadío en OleirosAs novas beirarrœas de San TomØ orrespon-

    den ao Plan de Obras da Deputación Provin-cial de Ourense, que as financiou na sœa tota-lidade (uns 90.000 euros). Os veciæos e veci-æas disfrutan agora dunha maior seguridadevial, xa que o tramo construído, de mÆis de 400metros, abrangue a prÆctica totalidade da tra-vesía deste pobo.

    En Oleiros de Sande, a mellora do regadío(abastecemento) tivo un custe de 20.000euros, que foron financiados ao 50% polo Con-cello de Cartelle e pola Comunidade de Mon-tes en Man Comœn.

    Travesía de A Seara e

    abastecemento no VieiroEsta obra, que comprendeu a construción

    de beirarrœas de adoquín (2“ fase) e o abas-tecemento a O Vieiro, supuxo o investimento,por parte da Deputación e o Concello de Car-telle, de 41.355 euros. Foi a continuación dostraballos destinados a mellorar a estØticadeste pobo e a conquerir unha maior seguri-dade vial para os viandantes.

    O Programa EstratØxico de Infraestruturas do Medio Rural(PEIM-Rural) da Xunta permitíu mellorar o afirmado das pistasque comunican A Seara con San TomØ, e dende o campo defœtbol de Outomuro ata As Teixugueiras. Neste proxecto, noque colabora o Goberno Central, a travØs do Ministerio de Agri-cultura, Alimentación e Medio Ambiente, investíronse algomÆis de 66 mil euros. En anos anteriores tamØn se realizaroncon cargo a este programa outras reformas en vías de comu-nicación das diferentes parroquias.

    Área recreativa de A Pontenova

    Jaime Sousa e Carmen Leyte, na praza do Concello

    San Tomé

    A Seara

  • Páxina 10

    Cartelle, terra de emprendedores

    Residencia Comunitaria El Carmen:

    un ano coidando das persoas maiores

    Un ano cumpríu recentemente aResidencia Comunitaria El Carmende Cartelle, inaugurada o 17 demarzo de 2012. Os propietariospresumen, non sen razón, dunhas"instalacións únicas", atendidaspor profesionais e coa función defacilitarlles aos residentes tódoloscoidados que precisen.

    Ademais dunha atención persona-lizada, este centro residencial estávolcado en que tódolas persoasdisfruten dunha boa calidade devida, coidando especialmente aalimentación, o aseo persoal, dia-rio e obrigatorio, e a limpeza, enxeral. Dispón de amplas habita-cións con baño completo, concalefacción central, televisión eamplos ventanais, a carón docampo da feira de Cartelle.As 12 prazas que ten de capacida-

    de están cubertas, pero manténaberta, ao mesmo tempo, unha lis-ta de espera. Esta residencia comu-nitaria xurdíu dunha iniciativa priva-da que contou cunha achega dosfondos europeos FEADER, a travésda Axencia Galega de Desenvolve-mento Rural (AGADER).

    É un orgullo para Cartelle que unha dasnosas veciñas, Josefa Álvarez, figureentre as persoas máis lonxevas de todaEspaña. O pasado 16 de febreiro cum-príu 107 anos, na compaña do persoal,familiares e residentes no centro demaiores Nosa Señora do Mundil.

    Josefa Álvarez soprou as velas dos 107 anos

    Josefa, que naceu tal día do ano 1906, mantén aínda un espírito vitalista. O díado seu cumpreanos soprou as velas, conversou animadamente cos presentes edeixou patente unha das súas afeccións: cantar. A "Avóa de Cartelle" está con-siderada como a segunda persoa de máis idade da provincia de Ourense, sósuperada por Francisca Barracel, de Allariz, que ten 110 anos. No "ranking" deEspaña, Josefa Álvarez ocupa o posto 41.

    Neste emotivo acto estivo presente o tenente de alcalde, Jaime Sousa,ostentando a representación do Concello de Cartelle e da alcaldesa, CarmenLeyte, á quen impediron asistir as súas obrigas parlamentarias en Madrid.

  • Páxina 11

    No panteón dos fillos/as ilustres do concellode Cartelle, o padre Manuel Feijóo, francisca-no e musicólogo, merece un lugar especial.Dende Outomuro, onde naceu o 23 de xanei-ro de 1926, chegou ata os máis altos cumiosda música relixiosa e profana, que aínda sonahoxe en celebracións, sobre todo litúrxicas,de tantos encontros e festividades en igrexase santuarios de vilas e cidades, pero taménnas actuacións de corais profesionais danosa terra.

    A súa dedicación e entrega pola músicalevouno en 1966 a fundar o Orfeón Terra

    Nosa, que dirixíu durante 18 anos, e co quegrabóu dez discos de longa duración. Do seuprofundo coñecemento e dominio da músicagalega xurdiron 40 vilancicos polifónicos emáis de vinte cantos, todos eles en galego.

    Recibíu numerosos recoñecementos, co-mo o de Fillo Predilecto de Cartelle, FilloAdoptivo de Santiago (1985), o premio deMasas Corais Galegas, Medalla de Prata daXunta de Galicia (1992),... Aínda que se tratadun libro para musicólogos, esta obra edita-da pola Deputación serve para manter viva amemoria do Padre Manuel Feijóo.

    Recuperando a memoria do Padre Feijóo

    A Deputación de Ourense pre-sentou o libro "Padre Manuel Fei-jóo. Obra polifónica", coeditadocoa Asociación de exorfeonistasdo Orfeón Terra a Nosa e Amigosdo Padre Manuel Feijoo (1926-1992), que recolle as composi-cións deste relixioso e músico deOutomuro, compositor e directorcoral, unha das figuras senlleirasda música tradicional galega,recoñecido con numerosos pre-mios nacionais e internacionais.O libro destaca por ser unhacompleta obra que recompila otraballo musical do Padre ManuelFeijóo, como misas, panxoliñas eobras varias.

    O padre Manuel Feijóo Sousa é "Fillopredilecto" do Concello de Cartelle,por acordo unánime da CorporaciónMunicipal, en novembro de 1992.Recoñecíanse así "os relevantesméritos contraídos na creación edifusión en beneficio da músicagalega e polas súas condiciónshumanas que fan dél un exemplo aimitar". Outro recoñecemento foi ainauguración do xardín infantil PadreManuel Feijóo, ao que correspondeesta imaxe. De esquerda a dereita:Julio (✝), Casiano, Aurelio, Pepe, M.Feijóo (✝), Carmen, Jaime, JoséBenito, Raúl, Castor e Manuel.

    Inauguración do xardín infantil Padre Manuel Feijóo

  • Páxina 12

    Concello e Mancomunidade fomentan costumes saudables

    Unha terra para vivir e disfrutar todo o anoUnha terra para vivir e disfrutar todo o anoA Mancomunidade Terra de

    Celanova segue a servir de exem-plo do programa "Galicia Sauda-ble", que promove a Xunta. Ade-mais de charlas de carácter infor-mativa, os eixos centrais destaactividade son os controis da ava-liación física, tanto en colexios

    como en centros de saúde, centrosde día e residencias de maiores(eiquí tamén coa ximnasia tera-péutica), pero, asemade, as campa-ñas informativas que se realizanentre a comunidade escolar detoda a comarca. "Galicia Sauda-ble" tamén colabora na organiza-

    ción de eventos de promoción dodeporte e varias andainas. Esta é aresposta da Mancomunidade paraloitar contra o sedentarismo e asenfermidades asociadas ao mes-mo, promovendo cambios no estilode vida e a práctica da actividadefísica.

    O verán, para xogar e facer deporteEntre as actividades incluídas no programa de Galicia Saudable"estÆn as charlas sobre hÆbitos os alimenticios dos mÆis novos, odeporte, así como o aseo e a hixiene persoal. No período estivalorganízanse actividades deportivas na zona das piscinas, tantoactuÆticas como deportes de equipo. Este programa propiciou quea Mancomunidade recibise o premio do Deporte Galego.

    A ximnasia terapØutica na residencia da terceira idade promoveunha actividade física deseæada cun programa de exercicios quecombinan tØcnicas de respiración, estiramento, concentración erelaxación. É unha ximnasia moi suave, que pode ser aplicada encalquera idade, respetando as posibilidades de cada persoa.

    Avaliación da condición física nos Cen-tros de Saúde, con controis periódicosdo peso e masa muscular. Tamén serealiza cos alumnos e alumnas do CEIPde Cartelle

  • Páxina 13

    As Teixugueiras e Sande:

    Entroidos con raigame

    O Meco de As Teixugueiras e AsBonitas de Sande foron protagonis-tas de dous dos Entroidos máisenxebres e orixinais da nosa terra.O Martes de Carnaval, o Meco per-correu os camiños do pobo, tiradopolos veciños, e flanqueado polospeliqueiros. A tradición aseguraque o Meco, en realidade un tron-co de piñeiro con símbolo fálico,lembra a un cobrador que, séculosatrás, estivo no pobo e que nondeixou precisamente boas amiza-des. Cada ano bautízase cun nomepeculiar. Nesta ocasión foi o deBar-Cenas.

    En Sande, As Bonitas escenificarono Martes de Entroido un ritual conmáis dun século de tradición. Aorixe do disfraz está nos anos poste-riores á Guerra de Filipinas (1898), enas roupas de seda de gran coloridoque trouxeron daló persoas do poboe dos arredores. Como eran pezasmoi “bonitas”, quedoulles o nomeaos que as empregaban no Entroido.Caracterízase por unha máscarafeita con arame pintado de cores eun armazón de madeira engalonadocon plumas, panos de seda e cintasde cores. A vestimenta é unha cami-sa branca, garavata bermella, panta-lón branco e polainas negras.

  • Páxina 14

    A Festa do Cabalo de Nogueiró cumpríu 15 anos comoreferente do deporte ecuestre na provincia de Ourense

    O carrusel musical, a ruta tØcni-ca, probas de horseball, as carreiras,xogos e unha ximkana foron os ali-cientes para que unhas 2.500 perso-as se achegasen ata a XV Festa doCabalo de Nogueiró, no CentroEcuestre do Mundil. O protagonismocorrespondeu aos 300 cabalos, pro-cedentes de Asturias, Galicia e Por-tugal, que participaron nesta celebra-ción deportiva, lœdica e festiva queestÆ xa consolidada como unha dasmÆis importantes do Noroeste penin-sular. A Asociación de Cabalistas "OMundil", que contou cun orzamentode 12.000 euros, repartíu premios enmetÆlico por valor de 3.900 , nasdistintas categorías e modalidadeshípicas.

    A Festa do Cabalo acolleu a fasefinal da Liga Galega de Horseball (1“

    e 2“ división), coa destacada actuacióndos equipos representativos da Aso-ciación de O Mundil. Houbo tamØnunha exhibición infantil con ponis. ■

    A vistosidade e espectacularidade das pro-

    bas de velocidade reúnen a centos de afec-

    cioados e curiosos no hipódromo do Mundil.

    A Festa do Cabalo atrae a cabalistas portu-

    gueses, asturianos e galegos, coñecedores

    da sona deste importante evento ecuestre.

    A gala dos Premios Anuais do Deporte Galegorecoñeceu o traballo da Mancomunidade a prol dadifusión do deporte e do proxecto “Galicia sauda-ble”, destinado a fomentar a mellora da condiciónfísica e os costumes de vida saudables entre tódo-los cidadáns. En Cartelle desenvólvense activida-des no colexio, nos centros de saúde e nas piscinas.

    A alcaldesa de Cartelle e senadora, CarmenLeyte, participou, xunto a outras autoridades, noacto institucional de entrega de premios da XXIXedición do Concurso escolar da constitución, quepretende ser un recoñecemento público á CartaMagna. Un total de 40 alumnos e alumnas de 18centros escolares da provincia foron seleccionadospolo xurado do premio entre case 1.400 traballos.

    Premio do Deporte Galegopara a Mancomunidade

    Carmen Leyte, noDía da Constitución

    A brigada de Obras do Concello de Cartelle realiza permanente-mente traballos de mantemento e conservación de pequenas infraes-truturas e servizos municipais. Dende hai varios meses dispón,como importante apoio, dunha pala retroexcavadora, adquirida através dunha subvención de 60.000 euros do Fondo de Compensa-ción (na imaxe da dereita). Esta brigada tamén se encarga das podasdás árbores en espazos públicos.

    Traballos da brigada local de Obras

  • O Concello de Carte-lle promove a prácticado deporte e apoia aosclubes federados,mediante subvencións,cesión e mantementodas instalacións depor-tivas. Tamén ofreceaos veciños/as os ser-vizos do ximnasiomunicipal, para quemelloren a súa condi-ción física, e colaborana organización dasclases de baile moder-no e de ximnasia demantemento.

    A Carreira Popular cum-

    príu a edición número 16.

    Case 300 deportistas, nas

    distintas categorías, dé-

    ronse cita nesta proba clá-

    sica do calendario atlético

    provincial. A alcaldesa,

    Carmen Leyte, presidíu a

    entrega dos trofeos.

    O fútbol foi, por tradición, o deporte conmáis equipos e seguidores no noso concello.Unha representación que ostentan agora oSande, en Segunda Autonómica, e o Carte-lle e Muntián-As Marabillas, en Terceira.Pero é de loubar que xurdan iniciativas nou-tros deportes, favorecidas dende a posta enservizo do Polideportivo Municipal PiñoVilachá de Outomuro-Cartelle. Deste xei-to, xurdiron o Baloncesto Cartelle, equipoque participa con notable éxito na TerceiraDivisión Masculina da Federación Galegade Baloncesto. E no fútbol sala, os equiposmasculino e feminino compiten a bo nivelnas respectivas ligas provinciais deste popu-lar deporte.

    Cartelle Fútbol Sala Feminino

    Campión da Copa Deputación 2012 Outomuro Fútbol Sala

    Baloncesto Cartelle

  • O noso é un lugar privilexiado para vivir e disfrutar. Paraque así siga sendo, o Concello organiza durante os perío-dos vacacionais actividades lúdicas e formativas dirixidasaos máis novos, e ás súas familias. Como cada ano, o Con-cello de Cartelle preparou, en colaboración coa Deputaciónde Ourense, unha viaxe a Pazolandia, para rapaces e rapa-zas de 6 a 17 anos. Tamén na programación do Nadal, o

    Auditorio Municipal foi o escenario do espectáculo infantil"O Señor das Dunas". Este recinto acolleu nos últimosmeses outras actividades para os máis novos, como aactuación do paiaso Ronald McDonald (nas imaxe supe-rior), de prestixio internacional, que serve de imaxe dunhafundación de apoio a nenos enfermos que patrocina a coñe-cida multinacional de comida rápida.

    Edita: Concello de Cartelle - Imprime: RODI Artes GrÆficas S.L. - Dep. Legal: OU 173-98

    Os Reis Magos non fallaron á súa cita cosnenos e nenas de Cartelle. Melchor, Gas-par e Baltasar trouxeron agasallos a tódo-los rapaces e compartiron con eles un díade ilusións. Na carpa a carón do polidepor-tivo municipal houbo tamén un concerto daBanda de Gaitas, un festival infantil, músi-ca co dúo "Recuerdos" e unha chocolatada,para nenos e maiores. As Súas Maxesta-des atenderon así a invitación do Concellode Cartelle e confirmaron que volverán ovindeiro ano cargados de xoguetes para ospequenos que se porten ben e se apliquennos estudos.