Obradoiro química asorey-2011

21
OBRADOIRO DE QUÍMICA

Transcript of Obradoiro química asorey-2011

Page 1: Obradoiro química asorey-2011

OBRADOIRODE QUÍMICA

Page 2: Obradoiro química asorey-2011

DESCOMPOSICIÓN DA AUGA OSIXENADA(PASTA DE DENTES PARA ELEFANTES)Unha reacción divertida e espectacular.

Page 3: Obradoiro química asorey-2011

A auga osixenada descomponse a temperatura ambiente en osíxeno (gas) e auga. É unha reacción moi lenta que depende da temperatura, pero se a esta reacción lle engadimos un catalizador a velocidade de descomposición aumenta, obsérvanse burbullas no seu interior e despréndese enerxía en forma de calor.

(Un catalizador é unha substancia que non intervén na reacción, tan só participa acelerándoa ou retardándoa )

Page 4: Obradoiro química asorey-2011

MATERIAL-probetas-auga osixenada de distintas concentracións-ioduro potásico-deterxente líquido

Page 5: Obradoiro química asorey-2011

Reacción de descomposición da auga osixenada (peróxido de hidróxeno)

2 H2O2 O2 + 2 H2O moi lenta 2 H2O2 + KI O2 + 2 H2O + KI moi rápida

Page 6: Obradoiro química asorey-2011

O KI, ioduro de potasio, actúa de catalizador. A coloración marrón que aparece na disolución é debida á formación de I2 nalgunha reacción intermedia que ten lugar.Ao descompoñerse a auga osixenada fórmase osíxeno e, en contacto co deterxente líquido obtense un chorro de espuma que sae cara arriba a grande velocidade.

Page 7: Obradoiro química asorey-2011

VOLCÁN DE AUGA

Page 8: Obradoiro química asorey-2011

MATERIAL-matraz Erlemeier-auga osixenada -permanganato potásico

Page 9: Obradoiro química asorey-2011

A reacción é violenta e exotérmica, libera enerxía en forma de calor.Ao engadir permanganato de potasio (KMnO4) a auga osixenada reacciona de forma violenta dando unha columna de fume branco, osíxeno e vapor de auga, que se forman como produtos da reacción.

Page 10: Obradoiro química asorey-2011
Page 11: Obradoiro química asorey-2011

2 KMnO4 + 3 H2O2 2 MnO2 +2 KOH + 3 O2 + 2 H2O É unha reacción exotérmica polo que a saída do chorro de vapor de auga acada gran altura.

No fondo do matraz Erlenmeier queda o dióxido de manganeso (MnO2), hidróxido de potasio (KOH) e auga que non se evaporou. A coloración marrón que presenta é debida ao dióxido de manganeso

Page 12: Obradoiro química asorey-2011

INCHANDO UN GLOBO SEN SOPLAR

MATERIAL-matraz Erlemeier-vinagre-bicarbonato sódico

Page 13: Obradoiro química asorey-2011

Se facemos reaccionar unha pequena cantidade de vinagre, que contén ácido acético (CH3COOH) con bicarbonato de sodio (NaHCO3) dentro dun matraz Erlenmeier e pechamos a boca do matraz para simular un sistema pechado, obteremos un gas que non pode escapar a atmosfera.

Page 14: Obradoiro química asorey-2011

Se colocamos no matraz o vinagre en nun globo o bicarbonato de sodio e pechamos a boca do matraz co globo, cando se forme o gas, incharase o globo.

Page 15: Obradoiro química asorey-2011

A reacción que ten lugar: CH3COOH + NaHCO3 CH3COONa + CO2 + H2O

Page 16: Obradoiro química asorey-2011

RECREANDO UN VOLCÁN

Page 17: Obradoiro química asorey-2011

MATERIAL-Dicromato amónico-Area-Gafas protectoras -Guantes             

Page 18: Obradoiro química asorey-2011

Faise unha morea imitando o cono do volcan coa area e métese no centro unha cápsula con dicromato amónico e préndeselle lume.

Page 19: Obradoiro química asorey-2011

Ao arder o dicromato amónico (sales de cor laranxa) descomponse producindo óxido de cromo (III), de cor verde escura e moi esponxoso. A reacción automantense ata o final e resulta moi vistosa porque lanza os materiais ao aire e desprende chispas.

(NH4)2Cr2O7 Cr2O3 + 4 H2O + N2               

Page 20: Obradoiro química asorey-2011

Esta experiencia debe facerse nun espazo ventilado pois os produtos resultantes son irrintantes e tóxicos. Debemos protexernos con bata e gafas e observala a distancia. 

Page 21: Obradoiro química asorey-2011

FOTOS:Carmen VilanovaAdela LeiroNovembro 2011