Obradoiro po�tico

30
OBRADOIRO POÉTICO Análise e creación de textos. Escolma de actividades.

description

Propostas para traballar a creaci�n po�tica

Transcript of Obradoiro po�tico

Page 1: Obradoiro po�tico

OBRADOIRO POÉTICO

Análise e creación de textos.

Escolma de actividades.

Page 2: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Introdución: Sentido da escrita-I.

Vai ao Tibet. Monta en camelo. Dá a volta ao mundo nunha canoa de papel. Cepilla os dentes con gasolina. Durme todo o día e gabea ás árbores pola noite. Faite monxe e bebe cervexa con perdigóns. Mete a cabeza debaixo da auga e toca o violino. Fai a danza do ventre diante de velas rosa. Mata o can. Preséntate a alcalde. Vive nun bocoi. Abre a túa cabeza cunha machada. Planta tulipáns na chuvia.

Pero non escribas poesía. CHARLES BUKOWSKI

Page 3: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Introdución: Sentido da escrita-II.

E Tachín foi abandonado na montaña. Co seu cepillo de dentes. E o seu calzador. E o pano a cadros. Pasou moito frío. Moita fame. E moito medo. Pero fíxose forte e aprendeu a coñecer as cousas unha a unha. As plantas. Os animais. As rochas. As froitas. E deulle a cada cousa o nome que quixo. Inventou unha linguaxe propia. Ao piñeiro chamoulle reloxo e ao río estrela. E á aguia chamoulle rosa e ao ceo lume. E dicía: “No reloxo que hai na estrela unha rosa voou ao lume”. E Tachín fíxose home. E fíxose poeta. Porque os homes que descobren as cousas e os seus nomes son poetas.

Page 4: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Introdución: Acto comunicativo especial.

No sur de Vietnam, en 1963, despois dun golpe militar, sucedéronse unha serie de gobernos (apoiados por EEUU) ao tempo que a loita guerrilleira do Frente de Liberación Nacional se ía estendendo a todo o territorio. A partir de 1965 a guerra recrudeceuse coa intervención masiva das forzas norteamericanas, sobre todo da súa aviación, que lanzou terroríficos bombardeos sobre Hanoi. Só ata 1973, foron lanzadas sete millóns de toneladas de bombas sobre Vietnam.

DIGO VIET NAM E BASTADigo bomba de fósforo.Apenas digo nada.

Digo lombriga e larvaDe carne podrecida.

Digo nenos de napalmTerror de noite e selva,Fedor de cidade e cloaca.

Fame, suor, aldraxe,Pugas de aceiro, antropofaxia.

Digo guerra bestial,Tremor de terra, crime, lume, lava,Estoupido, verdugoE mortandade en masa.

Page 5: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Introdución: Acto comunicativo especial.

Apenas digo nada.Digo yanqui invasor,Depredador de patrias.

Digo plutonio, pentágono,Esterco bursátil, palanca.Presidente, gadoupa,Chuvia, amargura, baba.

Digo petróleo, ferro,Mineral, trampa,Lobo, caimán, polaris, cóbrega,Miseria, diplomacia.Digo devastación que USA usa.

Apenas digo nada.Digo Viet Nam e está xa dito todoCunha soia palabra.

Pra abranguer a vergonza do mundo,

Digo Viet Nam e basta.CELSO EMILIO

FERREIRO

Despois da lectura, cubrimos razoadamente:

POESÍA T. INFORMAT.

Mensaxe comprobable

Mensaxe crible

Linguaxe denotativa

Ling. connotativa, suxestiva

Predomina intención utilitaria

Predomina intención estética

Page 6: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Introdución: Acto comunicativo especial.

Conversión dunha noticia xornalística nun poema.

Sobre un texto xornalístico con contido significativo e atraente, aplicamos o seguinte

proceso:

1. Fragmentación do texto distribuíndo espacialmente en forma versal algúns dos seus fragmentos.

2. Reestruturación do texto, suprimindo partículas, organizando sintagmas...

3. Desgramaticalización do texto, variando a puntuación, alterando a sintaxe e/ou alterando o aspecto gráfico (maiúsculas, sangrías...)

4. Enriquecemento estilístico: repeticións, comparacións, adxectivacións, etc.

Page 7: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel fónico: fonosimbolismo.

Ruídos

En poesía é normal que o significante estea provocado polo significado, como no

caso do fonosimbolismo: repetición de fonemas co fin de que estes evoquen as

sensacións reais (visuais, táctiles...) que nos está a comunicar o poema.Para traballar isto, pensamos nun ruído característico dun animal ou obxecto

sobre o que queremos centrar o texto. Logo asociámolo con unha vogal, consoante ou

sílaba e procuramos palabras nas que apareza(n) ese(s) son(s). Referíndonos a tal

animal ou obxecto, xa podemos compor unhas notas poéticas.Por exemplo:gato /r/ o repetido ronrón do gato Rodolfo percorría a rúa de arriba a abaixo, remixía, renxía con rabia...

Page 8: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel fónico: ritmo tradicional.

Que XIra, que COrre

Sobre un poema de arte menor, operamos da seguinte maneira:a) separamos as sílabas métricasb) marcamos os acentos de intensidade (e, se o

desexamos, substituímos todas as sílabas por TA)c) lemos en grupo marcando cun golpe ou palma os

acentosd) caracterizamos o ritmo: solemne, lento, alegre, etc.

Partindo do esquema acentual do texto, compoñemos outro axustado a el.

Texto posible: Acolá enriba meniña morena,que xira, que corre,

na fresca montaña de branco vestida, que torna, que pasa,

que alegre se cobre nubiña parece que rola, e mainiña, de verde retama, no monte perdida, serena se

para.

Page 9: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel morfosintáctico: a recorrencia.

Ritmo libre.

Trátase de contrastar a importancia dos operadores fónicos e a dos gramaticais na construción do ritmo na poesía actual.

Creamos, en grupo, versos -previamente borrados- dun poema con recursos rítmicos plurais, como “Tempo”, de Seraogna. Para iso, formamos tantos grupos como versos teña o texto e ofréceselles este incompleto. A cada un faltaralle un verso distinto e deberá construílo de acordo coas características rítmicas que se observen no conxunto (sen explicitación). Tras isto, lese o poema completo e reflexiónase sobre os elementos que contribúen a crear o ritmo. Decídese cales son máis significativos e condicionan a creación do novo verso. Ao resto, componse un poema paralelo cos engadidos por cada grupo e comparámolo co orixinal.

Page 10: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel morfosintáctico: a recorrencia.

TEMPOBoca. O home foise da terrae fíxose estraño, estranxeiro.Quedo mar de luz e tempo.Quedo mar sen quillas, boquexante.Tempo a petar nas pernas.Reloxos nos seos a comer no tempo.Tempo de Seraogna metido na pel.Nas árbores. Nas pedras. Nos pés.Tempo metido no Tempo, sen verán.Virasol na neve. Tempo.

ALFONSO PEXEGUEIRO

Page 11: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel morfosintáctico: o paralelismo.

Xogo de espellos.

Escribimos varias oracións que encaixen nos seguintes esquemas intentando centralas nun único tema. Logo escollemos as máis suxestivas e construímos un poema con estruturas paralelísticas.

esquema 1: proposición subordinada final (con verbo en presente de subxuntivo e con CD) + proposición subordinada de relativo (modificando o CD).

esquema 2: predicado (en pretérito perfecto) + CD + CCesquema 3: conxunción copulativa + predicado + CC

Vexamos un exemplo sobre a razón da escrita:

Page 12: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel morfosintáctico: o paralelismo.

Para que ti debuxes a mirada que buscoPara que descubras o segredo que se agocha nas flores...Chameite desde a néboaBusquei paxaros na neve...e gomitei entre os conse tronzei ata as lagoas

Page 13: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel morfosintáctico: o hipérbato.

Recolocamos

Partimos da presentación do soneto “Pondal!”, que contén abundantes hipérbatos, coas palabras desordenadas verso a verso. Ordenamos as palabras mantendo o esquema métrico do orixinal (ABBA ABBA CDE CDE) e creando un texto lóxico. Para resolver o problema seranos inevitable alterar a orde sintáctica normal, quer dicir, crearmos hipérbatos. Despois comparámolo co orixinal e comentamos as súas funcións, a estrutural, axustando o verso ás esixencias dos esquemas métricos, e a estilística, pondo de relevo certas unidades léxicas.

Sobre algunhas das súas estruturas sintácticas podemos construír versos propios, mais para posibilitar o emprego deste recurso de xeito creativo é mellor basearse nun poema con repeticións literais nas que se xogue coa variación da orde dos elementos oracionais para continualo ou imitalo (un caso é “Cantiga das lavandeiras”, de Millán Picouto).

Page 14: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel morfosintáctico: o hipérbato.

Pondal! [modificado]v.1 o queixume derradeiro deu o inxentev.2 doutras edás bardo forte barudo ev.3 dun pobo lexendario rudo cantor ev.4 xente de estranxeira asoballado

v.5 de Suevia posto dos guerreiros ao frentev.6 a lanza aos pés escudo o batido ev.7 mudo doído Breogán agárdao ev.8 da costa antre os pinos verdecente

v.9 solitario da praia ao castro mentresv.10 vai no bruído costeiro do ventov.11 berro este firente como un puñal

v.12 Pondal o vello morreu lexionariov.13 o pino en terra caieu máis brandidov.14 crebouse de ouro celta ferro a lira e

RAMÓN CABANILLAS

Page 15: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel morfosintáctico: o hipérbato.

CANTIGA DAS LAVANDEIRASBailemos, ai amigas, beira do río,Que ben rude foi o traballo e comprido,E a quen á sombra do bringuelo castiro

non queira bailar,Que nunca a auga fría do outeiro florido

lle volva a lavar.

Bailemos beira do río, ai amigas,Que xa endebén o longo labor termina,E a quen do castiro bringuelo á sombriña

non queira bailar,Que nunca do outeiro florido a auga fría

lle volva a lavar.

Beira do río, ai amigas, bailemos,Que se tras a angueira outra cousa facemos,A quen á sombra do castiro bringuelo

non queira bailar,Xa nunca a auga fría do florido outeiro

lle volve a lavar.

MILLÁN PICOUTO

Page 16: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel léxico-semántico: a imaxe.

Imaxes que se complican.

É posible aumentar a efectividade dunha ligazón semántica a través da acumulación no termo B (imaxes horizontais que matizan a escolla sémica ou amplían o campo connotativo), por medio dun desenvolvemento alegórico ou ben libre (abranguendo en toda a súa extensión a realidade poetizada), coa superposición de imaxes (torres imaxinativas que dislocan a función dos termos) ou cos contaxios (trasvase de cualidades entre planos). Traballamos agora tres destes recursos.

Contaxios imaxinativos.Só é preciso cruzar as características semánticas dos dous termos (A e B), tanto nunha dirección (A miña amada é unha colmea A miña amada, unha colmea entristecida e contradictoria), como na outra (A miña amada é unha colmea - A miña cortizosa amada, tal unha colmea)Para a análise e como referencia creativa, serve “Eter”, de Lois Pereiro.

Page 17: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel léxico-semántico: a imaxe.

ETERA lus caíu da fiestraco enorme mar de plumas da alboradapara anunciar que todo amor é inútil

mentres pinga con ritmo salvaxea cortina xeada do teu odio.

LOIS PEREIRO

Page 18: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel léxico-semántico: a imaxe.

Acumulación no termo B.

Escollemos un substantivo concreto (por exemplo nube) e asignámoslle adxectivos (como leve, móbil, húmida, branca..., e todos os que xurdan). Logo intentamos representar a palabra metaforicamente partindo deses adxectivos, ben sexa con comparacións (leve como plumas, móbil como a saiba, etc.), ben con identificacións (un pano húmido, brancas cerdeiras choridas, etc.). Con este material será doado crear un texto poético con unha (ou máis) metáfora con forma A-B1, B2, B3... Seguindo co exemplo:

Contemplo nubes móbiles como a saiba,panos húmidos, brancas cerdeiras

choridas polo ceu...Entre os moitos textos modelo: “Mar da

Lanzada”, de Antón Tovar, “Sempre mar”, de Bernardino Graña, ou “A Rosalía”, de Luís Pimentel.

Page 19: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel léxico-semántico: a imaxe.

MAR DA LANZADAMar lonxano da Lanzada, todo ó longo do praial,longos anos hai que falto da túa longa praia. baixo o vóo branco das gaivotasMar da Lanzada, meu mar. dende a ermida hastra os cóns.Pasou tempo e non volvín Ti estarás a bruarpasou ó gallope unha gran dolor de eiquí pra aló,i o meu cerebro caíu nas vagas outas e profundas agallopando, erguéndote,da desesperanza. fundíndote,Mais hoxe xa vou sano a carón da miña Tucha. verde tigre con milleiros de uñas,Mar da Lanzada, meu mar, acio de escumas,qué lonxe vas de min águia solitaria,nista tarde de outono á que lambe o sol. chaira longa,Ti estarás a bruar contra as areas longas bosque inquedo.que eu pisei tantas veces ANTÓN TOVAR

Page 20: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel léxico-semántico: a imaxe.

Desenvolvemento alegórico.

Cómpre partir dunha metáfora simple susceptible de ser descomposta, termo a termo, en elementos menores. Feito isto, confróntanse os dous planos e emparéllanse (racional ou emotivamente) as partes, establecendo a fórmula A (a1+a2+a3...)- B (b1+b2+b3...). Logo só queda saber distribuír estas novas imaxes nun poema. Para o comezo serviría de exemplo:

A miña amada é unha colmea A B- a súa mirada - o mel primeiro- o seu cabelo - o voo das abellas- o seu peito - celas acuguladas- o seu sorriso - o zumbido que alerta etc.

Un excelente exemplo é “Desnudo de muller en Seraogna”, de Alfonso Pexegueiro.

Page 21: Obradoiro po�tico
Page 22: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel léxico-semántico: campos léxicos e tonalidades.

Selección léxica: predominios e oposicións

Aínda que a selección léxica dun texto é sempre significativa, remitíndonos a unha(s) certa(s) tonalidade(s) emotiva(s), é rendible realizar unha escolla determinada polo contido denotativo. Neste sentido, un amplo listado de palabras dun campo semántico e unha batería de posibles temas axustados poden ser suficientes para desencadear o proceso creativo, pero é máis recomendable aproveitar a cohesión neste nivel que presentan moitos poemas. Tras seleccionar un destes, localizamos no texto o campo predominante e todos os seus hipónimos, xulgando a súa función no conxunto. Despois debemos substituír tal campo por outro que permita manter a estrutura e as actitudes líricas (o punto de vista), modificando as suxestións ou mesmo, se se considera preciso, a temática. Para isto, propóñense títulos alternativos, como “Manual do estudante”, “Manual de submarinista” ou “Manual de cibernauta” para “Manual de conductor”, de Claudio Rodríguez Fer.

Page 23: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel léxico-semántico: campos léxicos e tonalidades.

Selección léxica: predominios e oposicións (continuación)

Pero se nos interesa traballar os campos connotativos, podemos contrastalos de varias maneiras. Por exemplo, partindo de bloques léxicos organizados segundo as tonalidades sentimentais, para crear tantos poemas como bloques (inzando o primeiro de palabras de un só bloque, o segundo de palabras doutro, etc.), pero centrándose sempre na mesma temática. Unha vez escritos, reflexiónase sobre os atrancos e as implicacións da escolla léxica. Tres listados coñecidos dos que se pode botar man son os seguintes:

i) sombra, pedra, noite, soidade, crepúsculo, cinza, silencio, durmir, apagar, fuxir, caer, afundir, bocexar, murcho, deserto, desolado, grave, afastado...

ii) horror, abismo, baleiro, sede, dor, cadea, po, refugallo, esgazar, desangrar, loitar, rabuñar, ferir, matar, desfacer, inerte, roto, frío...

iii) coroa, himno, gloria, victoria, león, entusiasmo, cantar, renacer, xurdir, erixir, espertar, brillar, voar, audaz, luminoso, sonoro, robusto...

Motivos temáticos a desenvolver: a destrución bélica, a presenza da morte, etc.

Page 24: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel léxico-semántico: campos léxicos e tonalidades.

Selección léxica: predominios e oposicións (continuación)

Menor dificultade presenta a oposición dentro do poema de dúas esferas léxicas con base nunha tensión temática. Para creala, escóllense un par de ámbitos antitéticos (luminosidade/escuridade, calor/friaxe, etc.) e un tema tensionado (a tristura do “eu” abordada pola vitalidade do exterior ou o abandono e a soidade mitigados polo recordo do afecto recibido).

Pode servir de exemplo “Bestas do leste”, de Antón Dobao.

Page 25: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel léxico-semántico: campos léxicos e tonalidades.

MANUAL DE CONDUCTORIntermitentes pestanas sen muelles nin

ballestasque se acenden e apagan nin amortecedores

e rebrillan de bachese chaman ou rebotes danme paso infrinxo toda norma

pola dereita adianto crebo o código e marcho atrás e empótrome

colisiono e bato como cebra co semáforo en roxo

contra ti non importan aduanasdou volta de campana nen barreiras

polo arcén altos pola acera paradas

polas liñas continuas ou pasos a nivel

Page 26: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel léxico-semántico: campos léxicos e tonalidades.

importa importa en fin chegaresta carreira a ese desenfreo que

non paraesta marcha

este delirio CLAUDIO RODRÍGUEZ FER

tolo sen freosnin embraguesimporta o corazón a cen por hora

e o noso combustiblerebordante importa acelerar con néboa e choivaimporta este badén

esa rasanteaquel xiro esta baixada

Page 27: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel léxico-semántico: campos léxicos e tonalidades.

BESTAS DO LESTEAs bestas do leste Cada día hai un mar de corpos devorados,traen fío de frío, coitelo de xeo, mordaza cada día é noite, hai avesde carambelo rouco. coa pisada fonda e bruta debuxada

nas alas,Carrexan contra nosoutros estradas de acedía hai olleiras de ácido,por estes eidos persistentes, hai biqueiras de brétemapor esta boca da expresión de canto existe.nacidas dun deserto mesetarioTraen máis ca un frío, gravan porque desde hai tempo alguéna derrota común nas casas todas, quere ter terra sen nome.no lar de mans abertas en bandeira, Acabaremos apaxando a

enchente da música;no longo, longuísimo pano debuxado no inicio construiremos máis mañás

de ceo e branco,dos tempos da desfeita. máis mañás de sermos linguaNosoutros somos aínda libres de ferro e de metralla.de buscármo-la terra onde a perdemos. ANTÓN DOBAO

Page 28: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel gráfico: caligramas.

Debuxando coas palabras

Sobre modelos como os de Apollinaire, Manuel Antonio ou Ronseltz, comentamos a disposición en forma figurativa e creamos un texto sobre un motivo representable visualmente para deseñar logo unha disposición caligramática. Ou á inversa, decidimos primeiro a imaxe que queremos compoñer, fixamos despois un tema acorde con ela e, por último, enchemos aquela das palabras máis expresivas.

Page 29: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel gráfico: expresividade non figurativa.

Espazos.

En grupo, temos que decidir que disposición espacial lles acae mellor a certos poemas que se presentan desestruturados visualmente. Deberase xustificar cada proposta.

Entre os moitos poemas que darían moito xogo, escollemos “Poemas do Faro. II”, de Manuel Antonio.

Page 30: Obradoiro po�tico

TEXTO POÉTICO. Nivel gráfico: expresividade non figurativa.

Poemas do Faro. II [sen disposición orixinal]

faro alongarefaro faro faro farofaro faro faro faroOS BRAZOS tocos do Faro farochaman as aas d’afora MANUEL ANTONIOA hora dalgunha bandapresíntese que vai indoPero no faro decoteoutro fracaso decataComa si o mañán morrerahai na noite un xeito raroE o agoiro d’agoracamiña infindamente a se