Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectiva

7
CANTIGA DE AMIGO COLECTIVA Imos compoñer un texto con intención poética seguindo os recursos propios da cantiga de amigo, recoñecíbeis no esquema da dereita. Realizarase en parellas ou grupos mediante o sistema do folio xiratorio. De inicio, poñede o voso nome na parte superior dunha folla. Máis adiante, logo de seguir as indicacións dadas, o papel irá rotando na orde que se indique na aula. Cando vos chegue unha folla dos demais, non debedes anotar de novo os vosos nomes, só ler con atención o escrito e atender as novas instrucións. Tanto ao inicio como despois, seguide as indicacións escribindo directamente o que se pide.

Transcript of Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectiva

Page 1: Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectiva

CANTIGA DE AMIGO COLECTIVA

Imos compoñer un texto con intención poéticaseguindo os recursos propios da cantiga de amigo, recoñecíbeis no esquema da dereita.

Realizarase en parellas ou grupos mediante o sistemado folio xiratorio. De inicio, poñede o voso nome na parte superior dunha folla. Máis adiante, logo de seguir as indicacións dadas, o papel irá rotando na orde que se indique na aula. Cando vos chegue unha folla dos demais, non debedes anotar de novo os vosos nomes, só ler con atención o escrito e atender as novasinstrucións.

Tanto ao inicio como despois, seguide as indicacións escribindo directamente o que se pide.

Page 2: Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectiva

CANTIGA DE AMIGO COLECTIVA

1. VERSO 1

O noso poema tratará un tema sobre a relación amorosano contexto actual: a ausencia da persoa amada, o control e os impedimentos por parte dos pais, o encontro próximo... e mesmo podemos chegar á parodia, pero nunca á procacidade.

Logo de poñer os nomes, máis abaixo escribide unverso de extensión media (entre 8 e 16 sílabas). Pode ser unha referencia ao lugar de ansia/espera/encontro, unhaapelación a un elemento do contorno...

Page 3: Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectiva

CANTIGA DE AMIGO COLECTIVA

2. VERSO 2

Rotamos as follas.

Escribide un verso que continúe o escrito polo/as compañeiros/as, de extensión próxima e que rime co anterior.

Page 4: Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectiva

CANTIGA DE AMIGO COLECTIVA

3. VERSO REFRÁN

Rotamos as follas.

Para ese dístico xa creado, compoñede un verso máis pequeno, que non rime cos anteriores. Procurade que aluda a un sentimento ou que sexa suxestivo, pois constituirá o retrouso, o “refrán” do poema.

Page 5: Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectiva

CANTIGA DE AMIGO COLECTIVA

4. 2ª ESTROFA (VERSOS 3, 4 e REFRÁN)

Rotamos as follas.

Deixamos algo de espazo e redactamos a seguinte estrofa. O primeiro verso será igual ao primeiro do poema pero con cambio no final, de xeito que se cree unha rima distinta.

A seguir, reproducimos o segundo verso da primeira estrofa, pois continuamos co paralelismo, mais cambiando tamén o seu final, rimando co verso anterior.

Por último, reproducimos o refrán.

Page 6: Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectiva

CANTIGA DE AMIGO COLECTIVA

5. 3ª ESTROFA (VERSOS 5, 6 e REFRÁN)

Rotamos as follas.

Aplicamos o leixaprén: o primeiro verso da terceira estrofa será o segundo da primeira. Reproducímolo, entón, tras deixar algo de espazo en branco.

A continuación, escribimos un novo verso, o segundoda terceira estrofa, que deberá rimar co anterior.

Para pechar a cobra, reproducimos o refrán.

Page 7: Obradoiro: composición de cantiga de amigo colectiva

CANTIGA DE AMIGO COLECTIVA

6. 4ª ESTROFA (VERSOS 7, 8 e REFRÁN)

Rotamos as follas.

Aplicamos o leixaprén: o verso 7 será igual ao 4.

Aplicamos o paralelismo: o verso 8 será parcialmente igual ao 6 e rimará co anterior.

Aplicamos o refrán.