O xardineiro fiel

2
Filosofía 1º BACH (A) “O xardineiro fiel 1. Que imaxes che impactaron máis? A película “O xardinero fiel” non é unha película que nos deixe indiferentes e moitas escenas resultan duras e impactantes pola crudeza coa que reflicte os feitos que, de non seren certos, ben poderían selos: a do depósito de cadáveres cando Xustin e o seu “amigo” Sandy van recoñecer o cadáver de Tessa, as do hospital cando Tessa dá a luz, pero para min, a máis impactante foi á do asalto ao campamento e cando nos enteramos o que lle sucedeu ao médico negro, Arnold. 2. Que é o que Tessa descubriu que ten unhas consecuencias tan graves? Que intereses están en xogo? Despois de algún tempo de residir en Kenya, Tessa descubre que a empresa farmacéutica “Tres abejas” está experimentando cun novo fármaco contra a tuberculose que produce graves consecuencias para a saúde dos que o proban, incluso a morte e que a pesares de sabelo, continúan dándollo. Están en xogo os intereses desta multinacional que se dedica tamén á fabricación doutros produtos químicos, como pesticidas: volver a comezar a investigación sobre o medicamento faría que perdesen tempo e millóns ao tempo que deixaría paso a outras empresas. 3. Como actúan as institucións políticas?, e a multinacional farmacéutica? As autoridades políticas déixanse subornar ou ben miran para outro lado: non lles interesa o que lle pasa á xente con tal de recibir a cambio unha serie de privilexios e diñeiro, ou a construción dunha fábrica que empregará a moitos centos de obreiros; pode que o que máis represente esta actitude sexa Keny Curtis, pero tamén o amigo diplomático do matrimonio, Sandy. Por outra banda, a multinacional farmacéutica, presiona á embaixada e trata de ocultar os feitos, borrando todos os rastros. 4. Fíxate en Tessa: como actúa?, que valora na vida?, cales son os seus fins?, que medios utiliza?, cales son as súas intencións?, que consecuencias ten o que fai para ela?, e para os demais?, cal é o sentido da súa actividade? Tessa actúa de forma impulsiva, incluso algo temeraria. Vese desde o principio, cando interrompe a conferencia do que despois será o seu marido, logo cando lle pide que a leve con el a África, e en xeral en todos os seus actos; onde me parece que se ve mellor a súa forma de actuar é cando despois de dar a luz e saír do hospital pídelle a Xustin levar á nai, ao irmán e o bebé de Wanza Kililu, que acababa de morrer, polo que sabemos logo polo Dypraxa, o medicamento da tuberculose. O que Tessa valora na vida creo que é a vida mesma: trata sempre de axudar en todo, investigando e facendo xustiza, tratando de levalos no seu coche arriscando a súa saúde, etc. Os seus fins aliviar no posible a terrible situación da xente en Kenya sobre todo destapando problema dos experimentos coa Dypraxa . Para conseguir os seus fins utiliza todo tipo de medios, dedica todo o seu tempo e pon en perigo a súa vida e a dos que lle rodean; chamoume a atención que nun momento dado non dubida en ofrecer deitarse co seu amigo Sandy a cambio de información: quere ler un escrito no que lle piden a Sandy que a vixíe de cerca. As consecuencias de seguir coa investigación a pesares de todo son fatais, tanto para ela como para os que a rodean: Arnold e ela acaban cruelmente asasinados e o mesmo lle sucede a Xustin, o seu home, a quen ela intenta manter apartado da investigación. En canto ao sentido, creo que ela se move sempre polo sentido da xustiza e da verdade: cree que por riba

description

Filosofía (comentario película)

Transcript of O xardineiro fiel

Page 1: O xardineiro fiel

Filosofía1º BACH (A)

“O xardineiro fiel”

1. Que imaxes che impactaron máis?A película “O xardinero fiel” non é unha película que nos deixe indiferentes e

moitas escenas resultan duras e impactantes pola crudeza coa que reflicte os feitos que, de non seren certos, ben poderían selos: a do depósito de cadáveres cando Xustin e o seu “amigo” Sandy van recoñecer o cadáver de Tessa, as do hospital cando Tessa dá a luz, pero para min, a máis impactante foi á do asalto ao campamento e cando nos enteramos o que lle sucedeu ao médico negro, Arnold.

2. Que é o que Tessa descubriu que ten unhas consecuencias tan graves? Que intereses están en xogo?

Despois de algún tempo de residir en Kenya, Tessa descubre que a empresa farmacéutica “Tres abejas” está experimentando cun novo fármaco contra a tuberculose que produce graves consecuencias para a saúde dos que o proban, incluso a morte e que a pesares de sabelo, continúan dándollo. Están en xogo os intereses desta multinacional que se dedica tamén á fabricación doutros produtos químicos, como pesticidas: volver a comezar a investigación sobre o medicamento faría que perdesen tempo e millóns ao tempo que deixaría paso a outras empresas.

3. Como actúan as institucións políticas?, e a multinacional farmacéutica? As autoridades políticas déixanse subornar ou ben miran para outro lado: non

lles interesa o que lle pasa á xente con tal de recibir a cambio unha serie de privilexios e diñeiro, ou a construción dunha fábrica que empregará a moitos centos de obreiros; pode que o que máis represente esta actitude sexa Keny Curtis, pero tamén o amigo diplomático do matrimonio, Sandy. Por outra banda, a multinacional farmacéutica, presiona á embaixada e trata de ocultar os feitos, borrando todos os rastros.

4. Fíxate en Tessa: como actúa?, que valora na vida?, cales son os seus fins?, que medios utiliza?, cales son as súas intencións?, que consecuencias ten o que fai para ela?, e para os demais?, cal é o sentido da súa actividade?

Tessa actúa de forma impulsiva, incluso algo temeraria. Vese desde o principio, cando interrompe a conferencia do que despois será o seu marido, logo cando lle pide que a leve con el a África, e en xeral en todos os seus actos; onde me parece que se ve mellor a súa forma de actuar é cando despois de dar a luz e saír do hospital pídelle a Xustin levar á nai, ao irmán e o bebé de Wanza Kililu, que acababa de morrer, polo que sabemos logo polo Dypraxa, o medicamento da tuberculose.

O que Tessa valora na vida creo que é a vida mesma: trata sempre de axudar en todo, investigando e facendo xustiza, tratando de levalos no seu coche arriscando a súa saúde, etc. Os seus fins aliviar no posible a terrible situación da xente en Kenya sobre todo destapando problema dos experimentos coa Dypraxa . Para conseguir os seus fins utiliza todo tipo de medios, dedica todo o seu tempo e pon en perigo a súa vida e a dos que lle rodean; chamoume a atención que nun momento dado non dubida en ofrecer deitarse co seu amigo Sandy a cambio de información: quere ler un escrito no que lle piden a Sandy que a vixíe de cerca. As consecuencias de seguir coa investigación a pesares de todo son fatais, tanto para ela como para os que a rodean: Arnold e ela acaban cruelmente asasinados e o mesmo lle sucede a Xustin, o seu home, a quen ela intenta manter apartado da investigación. En canto ao sentido, creo que ela se move sempre polo sentido da xustiza e da verdade: cree que por riba

Page 2: O xardineiro fiel

Filosofía1º BACH (A)

de todo debe facerse xustiza e a verdade debe saír á luz para que se faga xustiza custe o que custe.

5. E Xustin?, que tipo de vida prefire?, que opinas da decisión que toma de querer dar continuidade á denuncia da súa esposa?

Xustin, en cambio prefire unha vida sen riscos, tranquila, dedicado ás súas flores, sen sobresaltos e sen grandes ideais. É realista fronte a ela que é moi idealista. Creo que unha vez que morre Tess, decide seguir coa investigación por varios motivos: creo que primeiro por vinganza, e tamén por curiosidade pois quere saber se en realidade Tess tiña unha relación con Arnold. Pero penso que a medida que vai sabendo máis cousas sobre Tres abejas, o sentimento de que se faga xustiza vaise vendo no seu modo de actuar, a pesar de que comprende que as investigacións tamén poden acabar coa súa vida.

6. Que farías ti se te encontrases na situación do protagonista? Non sei como atuaría eu non seu lugar, pero seguramente faría o mesmo, aínda

que penso que non sería capaz de manterme á marxe antes, cando a súa muller aínda estaba viva.

7. Analiza a conduta do resto de personaxes e indica os valores e principios que rexen as súas respectivas formas de vivir.

En canto ao resto dos personaxes, Arnold ten unha forma de ver a vida moi parecida a Tess: loita contra a inxustiza, aínda sospeitando que isto lle trae grandes riscos. A amiga de Tess, Ghita, parece que comparte algo os ideais de Tess, pero a penas se arrisca. Logo está Sandy, que creo que loita entre o amor que sinte por Tess e polo que quere salvala, e a súa carreira diplomática; é un cínico e capaz de traizoar as seus amigos con tal de non perder. A postura de Keny Curtiss é a de un home sen escrúpulos nin conciencia, movido só por intereses económicos, igual que Pellygrin e os restantes diplomáticos de altos cargos.

8. Cales son os motivos para actuar de maneira responsable e solidaria?Os motivos para actuar de forma responsable e solidaria creo que dependen de

cada un. Todos son conscientes, ao final, do que pasa, per só algúns teñen máis en conta o sentido da xustiza cós seus propios intereses, e para iso fai falta ser moi idealista, como o é Tessa. 9. Que che parece o desenlace da película?

O desenlace da película paréceme algo pesimista, pero ao mesmo tempo parece que se ve certa esperanza coa intelixente idea de enviar a carta ao primo de Tessa para que a lea no funeral.

10. Que sentimentos che espertou a película? Con que idea quedas? Os sentimentos que me despertou a películas son de trsiteza e rabia ao penar

que cousas coma estas poden estar pasando ou ter pasado, e ao mesmo tempo de impotencia. A idea coa que me quedo despois de ver a película é que as grandes empresas, as multinacionais, son capaces de todo para defender os seus intereses, pero o malo que dirixindo estas empresas hai homes e mulleres sen escrúpulos. Moitas veces a vítimas dos seus beneficios son precisamente as xentes que non teñen nada, porque son os que teñen menos posibilidades de facer escoitar as súas voces.

González Seara, Irene