O proxecto Mazarelos Revista Mazarelos Campaña de ... · O proxecto Mazarelos O que comezara sendo...

8

Transcript of O proxecto Mazarelos Revista Mazarelos Campaña de ... · O proxecto Mazarelos O que comezara sendo...

Page 1: O proxecto Mazarelos Revista Mazarelos Campaña de ... · O proxecto Mazarelos O que comezara sendo unha iniciativa dun pequeno grupo de alumnos galegos do Máster de Historia en
Page 2: O proxecto Mazarelos Revista Mazarelos Campaña de ... · O proxecto Mazarelos O que comezara sendo unha iniciativa dun pequeno grupo de alumnos galegos do Máster de Historia en

O proxecto Mazarelos Revista Mazarelos

Campaña de micromecenado Publicidade

Contacto

Page 3: O proxecto Mazarelos Revista Mazarelos Campaña de ... · O proxecto Mazarelos O que comezara sendo unha iniciativa dun pequeno grupo de alumnos galegos do Máster de Historia en

O proxecto Mazarelos O que comezara sendo unha iniciativa dun pequeno grupo de alumnos galegos do Máster de Historia

en diferentes universidades, pronto acadou un percorrido máis grande do que se tiña previsto. Comezamos en xaneiro de 2019 co obxectivo de construír un lugar onde publicar artigos históricos e doutras Ciencias Sociais afíns. Pouco a pouco, foron incorporándose colaboradores e colaboradoras que teceron a rede que compón Mazarelos. Hoxe en día somos un total de vinte persoas vencelladas ao proxecto, xa sexa equipo de medios audiovisuais, colaboracións de artigos ou equipo directivo.

Dende un comezo partimos coa idea clara de que adquiríamos un compromiso co rigor histórico e coa promoción da lingua galega. Baixo esta premisa rexeuse a publicación dos mais de 70 artigos cos que conta a páxina, de notable diversidade. Exploramos diversos formatos, dende entrevistas a asociacións ou persoeiros destacados, ate artigos orixinais de divulgación de historia, filosofía e historia da arte. Outro compromiso que adquirimos dende un comezo foi o de non pecharnos a ningunha disciplina afín nin a ningunha temática ou cronoloxía, e por iso abarcamos dende a idade media até a transición, por exemplo. Sempre estivemos e estaremos entusiasmados por recibir novas ideas e colaboracións.

A maioría dos nosos artigos son dunha extensión reducida, de 5000 caracteres, coa intención de permitir a súa lectura ao público menos introducido e ao mais especializado, para o que adoitamos incluir referencias bibliográficas que permitan ampliar as pesquisas. A brevidade pensamos que beneficia a difusión destos artigos polas redes sociais e á súa lectura dende dispositivos móbiles.

Un dos obxectivos que nos marcamos é lograr unha difusión a través das redes sociais que faga

chegar o que escribimos a un público amplo e diverso. Perante a noción da Historia como memorización de datas e persoeiros, cremos que o coñecemento histórico é moito máis que unha sucesión de capítulos inflexibles, onde o investigador/a se converte nun mero narrador. A nosa intención é eliminar falsas crenzas a través dunha divulgación que permita formular novas preguntas e novas respostas.

Unha vez constatamos a viabilidade do proxecto inicial e a súa estabilidade a medio prazo estaba

garantida, rexistramos Mazarelos como asociación sen ánimo de lucro no Rexistro Central de Asociacións. Os nosos estatutos recollen os fins da asociación: a difusión de contidos históricos en lingua galega, a promoción da lectura de historia e a axuda a xoves historiadores. Para saber máis: http://www.mazarelos.com/sobre-mazarelos/ http://www.mazarelos.com/category/mazarelos/

Page 4: O proxecto Mazarelos Revista Mazarelos Campaña de ... · O proxecto Mazarelos O que comezara sendo unha iniciativa dun pequeno grupo de alumnos galegos do Máster de Historia en

Páxina de inicio de www.mazarelos.gal

Exemplo de artigo de www.mazarelos.gal

Page 5: O proxecto Mazarelos Revista Mazarelos Campaña de ... · O proxecto Mazarelos O que comezara sendo unha iniciativa dun pequeno grupo de alumnos galegos do Máster de Historia en

Revista Mazarelos En consonancia cos estatutos da Asociación Mazarelos, queremos lanzar aos quioscos galegos

unha revista en papel. Desta maneira queremos impulsar a difusión da Historia na nosa lingua dun xeito independente. Unha Historia actual, científica e rigorosa á vez que didáctica e asumible para todo o mundo.

Queremos complementar a nosa labor en internet e redes sociais coa publicación dunha revista en papel. Nela presentaremos contidos máis amplos que os que adoitamos publicar na páxina e cos que intentaremos poñer o noso grao de area tanto na investigación como na difusión de coñecemento.

Neste primeiro impulso temos prevista a financiación de dous números, estimados para a súa saída ás rúas en novembro de 2019 e marzo de 2020. Mais aló, a nosa intención é publicar catro números anuais, que complementen a nosa actividade na rede.

Na Revista Mazarelos os artigos serán máis extensos e cun carácter máis “académico” mais sen deixar de lado a divulgación e o interese por atraer a un maior público á historia. Outra das nosas motivacións, como novos historiadores e historiadoras que somos, é ofrecer un espazo para quen queira publicar as súas indagacións ou reflexións, ben sexa adoptando metodoloxías e fórmulas tradicionais ou novos enfoques.

Neste primeiro número xa temos escollidos e redactados os artigos por motivos operativos. A partir do segundo número, abriremos un espazo para a recepción de orixinais para todas aquelas interesadas en publicar. Escolleremos un conxunto de persoas para avaliar a viabilidade da súa publicación, para garantir a máxima calidade dos contidos.

A idea inicial é contar cuns 9-10 artigos, que sumen arredor de 50 páxinas. Os artigos estarán acompañados de fotografías e/ou ilustracións, que axuden a captar visualmente a posibles lectores. O primeiro número da Revista Mazarelos contará cunha estrutura semellante a esta:

1. Unha entrevista a unha personaxe da actualidade. 2. A colaboración dunha invitada ligada ao mundo das Ciencias Sociais e á Historia. 3. Un pequeno texto sobre un persoeiro destacable na inmersión lingüística do galego. 4. Catro artigos referentes á historia local de Galicia. Ex: A «fronte interior» na comarca do Ribeiro

(1936-1937). Estudo e análise das represalias económicas na vila de Ribadavia de Mateo Martínez Torres.

5. Dous artigos de temática artístico-cultural. Ex: Señores e serventes no Museo Pazo de Tor de Clara Reigosa Lombao.

Para saber máis: http://revista.mazarelos.gal

Page 6: O proxecto Mazarelos Revista Mazarelos Campaña de ... · O proxecto Mazarelos O que comezara sendo unha iniciativa dun pequeno grupo de alumnos galegos do Máster de Historia en

Campaña de micromecenado Para este impulso inicial lanzamos o primeiro de Outubro unha campaña de crowdfunding a través

da plataforma Goteo. Nos 40 días de duración da campaña necesitamos xuntar os cartos suficientes que nos permitan cubrir os costos de impresión dos dous primeiros números, cuxa publicación estimamos en novembro de 2019 e marzo de 2020.

As campañas de micromecenado son unha maneira de financiación para proxectos colectivos. Baséanse no principio de que unha serie de persoas fan unha aportación a un proxecto a cambio dunha serie de recompensas preestablecidas (Neste caso, as revistas). Cada persoa que decide aportar ao proxecto debe realizar o pago a través da pasarela segura de pago de Goteo.org. Sen embargo, estes cartos quedan retidos na plataforma ate que o total do orzamento sexa suscrito. En caso de non chegarse á cantidade mínima, os cartos son devoltos a todos os individuais.

Nós establecemos un orzamento óptimo de 1.800€, sendo o mínimo a acadar 1.600€. No desglose, serían adicados aos custos de impresión, 200€ aos gastos de xestión e comisións das transferencias que cobra Goteo e 200€ variables para a celebración dunha presentación pública da revista.

Para lograr acadar o obxectivo, contamos con dúas formas de aportación paralelas. Grazas a aportacións individuais e a través de publicidade ou colaboración de entidades afíns.

A primeira é a través da prevenda de exemplares da revista, sendo posible comprar un exemplar por separado ben do primeiro, ben do segundo número por un prezo unitario de 6€. Tamén é posible suscribirse aos dous primeiros números por un prezo total de 11€.

Estas opcións están destinadas a aqueles particulares que queiran axudarnos á publicación da revista comprometéndose á súa compra. Para saber máis: https://gl.goteo.org/project/revista-mazarelos

Page 7: O proxecto Mazarelos Revista Mazarelos Campaña de ... · O proxecto Mazarelos O que comezara sendo unha iniciativa dun pequeno grupo de alumnos galegos do Máster de Historia en

Publicidade Pensando máis alá das aportacións individuais, outra maneira de financiar o proxecto é grazas de

espazos de publicidade dentro da revista. Para isto, establecimos catro modalidades que detallamos a continuación:

Publicidade a media páxina nun dos números - 400€ Publicidade a media páxina nos dous números - 700€

Publicidade a páxina completa nun dos números - 700€

Publicidade a páxina completa nos dous números - 1100€

Ao tratarse de fórmulas extraordinarias faríase un tratamento individual de cada caso e para iso aportamos fórmulas de contacto ao final deste documento. Atendemos cada caso de xeito individual, polo que se tedes algunha proposta alternativa, rogamos poñervos en contacto. Para máis información, podedes empregar os medios indicados no devandito apartado.

Page 8: O proxecto Mazarelos Revista Mazarelos Campaña de ... · O proxecto Mazarelos O que comezara sendo unha iniciativa dun pequeno grupo de alumnos galegos do Máster de Historia en

Contacto [email protected] facebook.com/mazarelosgal twitter.com/Mazarelosgal