O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se...

32

Transcript of O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se...

Page 1: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O
Page 2: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

Sumario Presentación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .1

Persoeiros Os nosos maiores . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .2

O lema Expertos en humanidade . . . . . . . . . . . . . . . . . .3

Voluntariado Admirar e agarima-la vida . . . . . . . . . . . . . . 4-5

Arte A Igrexa de Santa María de Suñidena súa historia e na súa arte . . . . . . . . . . . . .6-7

A Nosa Terra Unha breve pincelada sobre os fungosliquelizados: Os Liques . . . . . . . . . . . . . . . . . .8-9

Novas Tecnoloxías Consideracións elementais sobre a Enerxía Eólica . . . . . . . . . . . . . . . .10-11

Actividades XVI Festa de Convivencia cos Maiores . . .12-13“Salsa” á vida. Memoria dun entroido . . . .14-15Viaxamos-Convivimos-Disfrutamos . . . . . . .16-17

Hixiene alimentaria ¡A xantar cocido! . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .18-19

Camiños O Maior Santiago, Santiago o Maior . . . . . .20

A nosa Lingua A Lingua galega: historia e actualidade . . . . .21

Agricultura e Medio Ambiente Inseminación artificial no vacún de leite . . . . .22

Saúde ¡¡Váisenos Daniela!! . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .23

Pastoral Facer vida o Evanxeo . . . . . . . . . . . . . . . . . . .24

Experiencias Amigas Anduriñas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .25Pascua 2006 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .26Graciñas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .27

Edita:Fundación O Noso LarSan Román de Lousada27620 SAMOS – LugoTel.- Fax : 982 187004Web: www.onosolar.orgCorreo electrónico:

[email protected]: Miguel Gómez Vázquez

Consello de redación:Saladina Diéguez VillaravizJulio Fernández DovalManuel VarelaAmparo Páramo VázquezMiguel Gómez VázquezJosé Manuel Castro Castedo

Colaboradores:Jaime Delgado GómezAdela Arias ConejoOscar LópezMiguel SampedroJosé Luis GarzaAlba M. Álvarez VergaraConcepción Rodríguez Fdez.Manuel OteroCarlos M. Franco AbuínEva Fernández LimeresAngela NoguerolJosefa GómezInés deLa FuenteChelo FernándezMatilde ArrizadoEulogio Jiménez CuestaCarlos Mera AriasAna Rodríguez LópezTeresa López Rodríguez

Portada e contraportada:Matilde Arrizado

Depósito Legal:LU-229-01

ISSN:1579-8909

Maqueta e Imprime:Grafic-Lugo, S.L.

Page 3: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

1O Noso Lar

PresentaciónVivimos tempos, nos que o egoísmo solapado e o individualismo consumista apare-

cen, dunha forma sutil, como valores esenciais; como camiño para lograr a identidadee a realización persoal plena. Ó mesmo tempo observamos, con impotencia, como aglobalización neoliberal está ocasionando unha macropobreza, convertindo a millónsde persoas en excluídos, que ven como se alonxa, cada vez máis, a posibilidade dunhaexistencia digna.

Desde a Fundación O Noso Lar, inspirada polo humanismo cristián, a pregunta quenos facemos é: ¿que facer nesta situación? Ou ¿Cómo seguir sendo fieis a estes pobos,cada vez máis marxinados, para construir con eles propostas concretas de dignifica-ción, que axuden a compensar, no posible, as desigualdades e a evitar agrandar asdiferencias? A resposta a estas peguntas non é doada, resulta complexa coma amesma realidade que nos circunda. Somos conscientes de que non temos soluciónsmáxicas, de que moitas situacións desbordan as nosas capacidades e posibilidades.

A pesar de todo resistímonos a cruzarnos de brazos. Non queremos ser especta-dores pasivos dunha historia que, a pesar das súas lagoas e escuridades, estápreñada de valores humanos, sociais e relixiosos. Os programas e actividades que aFundación O Noso Lar realiza, pretenden, humildemente, axudar a levantar a auto-estima de todos: os maiores e os máis novos, así como fomentar a convivencia e a soli-dariedade interxeracional. Que todos nos sintamos suxeitos activos e protagonistas dahistoria dos nosos pobos; que a poidamos transmitir na nosa propia lingua, da que nossentimos orgullosos e agradecidos ós nosos devanceiros, que con tanto agarimoconservaron e nos transmitiron. Que aprendamos a valorar a propia familia, a nosacultura e a fe.

No noso mundo rural podemos, aínda hoxe, disfrutar dunha vida rica en valores eexperiencias entrañables, así como dunhas sinxelas e significativas expresións culturaise relixiosas. No trasfondo das páxinas deste boletín o lector poderá decatarse de todaesta riqueza.

Os nosos maiores como expertos en humanidade, son os grandes persoeiros danosa historia, son a memoria vivinte que nunca se apaga. ¡Como non agradecerlles,con feitos e non só con verbas, tanto esforzo e sacrificio, tantos desvelos e amor! Asactividades cos maiores das que neste boletín damos conta son, precisamente, expre-sión do noso afecto e gratitude pola rica tradición que nos legan e a abondosasementeira que poñen nas nosas mans. Son tamén reflexo da corresponsabilidade, docompromiso persoal e social, da cooperación e solidariedade de moitas persoas queviven con gratuidade as súas vidas servindo e axudando ós demais.

Contra a nosa vontade e desexo, este número 10 do Boletín sae á luz con retraso,polo que pedimos disculpas ós lectores e colaboradores.

Page 4: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

Dise que a experiencia é a nai daciencia, e non é un dito senón unha granverdade.

Se te pos a analizar o día a día,daraste conta que moitas cousas que fas,dis ou pensas non se levarían a cabo senónfose por esa experiencia que vas adqui-rindo ó longo dos anos. A experiencia quecada un imos gardando como un tesouro eque intre tras intre vai medrando nesegran cofre que é a nosa vida.

Pois ben, todo isto vén a dicir quea medida que pasan os anos e te vasfacendo maior vaste convertendo nunexperto, nunca ó 100% porque sempreestamos aprendendo de nós mesmos edos que nos rodean; pero cando falo deexpertos non só me refiro a expertos entemas concretos como pode ser o profe-sional senón tamén en algo tan complicadocomo pode ser a humanidade.

Non temos máis que mirar a xentemaior que nos rodea para darnos conta damagnitude deste grao. Sempre teñen algoque ofrecerche:

- Un consello, do que, aínda que nospareza que non é acertado, semprepodermos sacar algo para axudar onoso cofre.

- Un sorriso, que che axuda a ver queas cousas non son tan difíciles oupolo menos non temos que facelasdifíciles.

- Unha aperta, que nos produce tantassensacións e nos dá ánimo.

- A palabra, cando nos contan como foio seu pasado e sempre resaltan olado positivo.

- A alegría, de poder contarnos o quesenten e saberse queridos e escoita-dos.

A experiencia é algo vital que imoscollendo do noso redor para poder chegara ser expertos en humanidade, pero máisimportante é poder transmitir a nosasabedoría.

Para os nosos maiores vai estapequena homenaxe, xa que eles son osgrandes, e moitas veces anónimos, per-soeiros da nosa historia.

Alba M. Álvarez Vergara

2 O Noso Lar

persoeiros• •

Os nososMaiores

Page 5: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

3O Noso Lar

O Lema• •

Expertos en humanidade

Ser experto nunha materia significa ter unha grande experiencianesa materia, dominala, coñecela, saber moito sobre ela. A partirdesta definición comprenderemos que os nosos maiores sonexpertos en humanidade porque teñen unha grande experienciada vida. A súa sabedoría non procede dos libros senón da expe-riencia vivida. Con razón nos poden dicir e nos din: témo-la vidacomo aval, o esforzo como camiño, como escola o mundo, ecomo mestre o vivido.

Di un refrán que “cando un ancián morre, é unha biblioteca a quedesaparece”.¡Que gran verdade! Expresa de forma poética comoos maiores transmítennos as informacións e as vivencias que elesforon adquirindo ó longo dos seus moitos anos vividos. Eles son amemoria vivinte, de xeración en xeración, que nunca se apaga.Son os eslabóns dunha cadea que enlaza as tradicións para quenon se perdan e poidamos nós enriquecernos coas mesmas. Elesson como un remanso de auga do que moitos poidamos saciarnos.

Coas súas mans traballadoras e sacrificadas, co seu esforzocotiá, coa súa suor e as súas bágoas deixan nesta terra, nas súasfamilias e en todos nós froitos de tenrura e amistade. Homes emulleres valentes e sinxelos que con amor, e moitas veces desdeo silencio, foron reconstruíndo o seu fogar. As súas mans son mansque non cansan, que amasaron pobreza e ilusión, que arriscan eaniman, que se unen para festexar con amor a mesma vida.

En definitiva son expertos en humanidade porque son ricos envalores humanos e relixiosos:

Viven con humor e ilusión a unión e a entrega;Viven con madurez e nobreza o amor e a amistade;Viven con disponibilidade para dar e compartir.

Xuntemos as nosas mans para manifestarlles todo o noso afectoe gratitude por tantas leccións que nos dan de fortaleza, de conse-llo, de xenerosidade, de sensatez, de paciencia, de tolerancia, decariño, …

Déixannos en herdanza unha rica tradicción; unha abondosasementeira que xa abandonaron nas nosas mans, pero sen perde-lo dereito a colleita que tamén lles pertence.

Loche

Page 6: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

Admirar e agarima-la vida

4 O Noso Lar

voluntariado• •

Poder dispoñer dun tempo paraadicar a contemplar e agarima-la vida, é unregalo. Para os que somos crentes é unobsequio de Deus.

Para a Fundación, O Noso Lar,ubicada no concello de Samos, nun lugarde paraíso polo seu encadre natural; aadmiración da vida, se se abren os ollos,cada día, á contemplación da natureza,non coidala e agarimala sería imposible.

Atoparse cos nenos, que son ofuturo e experimentar que este gran benescasea, cando nace un neno a alegríavisítanos.

Atoparse tamén coa vida na moreade mozos e mozas que por aquí pasan; anosa pregunta, desde a admiración ¿Ondeestán cada día se parece que non se ven?¿Por que se xuntan aquí?

E, porque antes foron nenos/as,mozos/as, hoxe témo-la sorte de nosatopar cun nutrido grupo de persoas maio-res, que chegaron ata aquí polos camiños

e congostras que algúns de nós, taméncoñecemos.

A frondosidade das nosas carballei-ras, a extensión e o verdor dos nososprados, os vestixios do que puido se-laseara, o proceso mellorado da estabula-ción, as casas confortables e cheas, ovalor da familia....Todo isto fálanos daconstancia, do esforzo, da abnegación e daxenerosidade destas persoas maiores. Poriso, non pretendendo facerlles a elasningún favor senón querendo compartircon elas a riqueza da súa vida e celebrala,é polo que os voluntarios de O Noso Lar,co equipo que aquí vivimos, continuamosprogramando e levando a cabo os encon-tros, “celebrar compartindo”.

O primeiro destes encontros tivolugar o día 27 de novembro coa celebra-ción do magosto, data entrañable, na que:a misa do domingo, a lareira acesa, ocaldiño quente, a castaña asada, servidotodo con agarimo, é capaz de revivir efacer presente, afectivamente, toda unhavida. A sobremesa estivo animada por:bailes con música tradicional, xogo decartas ou conta-lo conto.

Dun xeito parecido, pois o clima defondo é o mesmo, aínda que a data teñaoutras connotacións, celebrámo-lo día deS. Antón (15 de xaneiro). Aproveitamospara felicitar ós paisanos que levan o nomede Antonio.

Page 7: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

5O Noso Lar

voluntariado• •

Tamén celebrámo-lo encontro doentroido (19 de febreiro). A pesar do maltempo, xuntámonos ó redor de 40 persoas.A nota predominante foi o compartir.Despois da misa, na que participaron todosaqueles que o desexaron, á calor dalareira, alimentada coa leña dos nososcarballos, degustamos un xantar propiodestas datas: o cocido e a filloa, servidopor un grupo de voluntarios que están afacer aquí o curso de Director de TempoLibre.

Houbo outros postres sorpresa,froito dun maduro compartir.

Outro momento especial de podercompartir e celebrar, foi O Nadal no NosoLar

Como xa é sabido, ofrecemos aaquelas persoas, que viven soas ou quesen máis queiran vir, a posibilidade decompartir connosco o Nadal. Para quen odesexe, pode facelo de forma prolongada(20 de decembro ó 22 de xaneiro) ou bensó compartir connosco os días de Festa.

Para a primeira modalidade esteano apenas houbo xente, pero paracomparti-las Festas xuntámonos unpromedio de 15 persoas.

O noso desexo é de que se sintanna casa. Que non falte a calor humana.Que medremos neste proceso ata ver sealgún día podemos chegar a dicir ¡Quebonito é ver como os irmáns se queren!(Feit. 2, 41-47)

OBRADOIRO DE GLOBOFLEXIA

Alguén, nun día non distante,pasou por aquí, e deixouse dicir: “Édoado e importante traballar, xogar? Conglobos.”

A algúns dos que xa levamosunha rea de anos ás costas, poida quese nos viñese á mente aquel refrán. “Oque non ten que facer, tira coa casa evólvea erguer.” Ou, aqueloutro: “Cantostraballiños por non traballar!”

E, aquí nos tedes, o día 12 denovembro de 2005, a un grupo de maio-res e non tan maiores, mozos e algúnsnenos, con dúas monitoras de Lugo,expertas no tema, facendo Globoflexia .

E, velaí, estas monitoras fixéron-nos descubrir que facer Globoflexia nontiña nada que ver cos refráns antesmencionados.

A técnica leva consigo a posta enpráctica da creatividade de cadaquén, aposibilidade de facela medrar, o desen-volvemento de destrezas e habilidadesque, co encanto e agarimo que cada unlogre poñer, será unha actividade valiosapara o tempo libre, o tempo de lecer decalquera grupo, xa sexan pequenos oumaiores os seus compoñentes.

Comunidade de O Noso Lar

Page 8: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

A Igrexa de Santa María de Suñidena súa historia e na súa arteXeneralidades

Esta igrexa, por estar adicada a Santa María, estáconfirmándonos que existiu outra aquí, seguramenterománica polo que logo se dirá. Pero aínda ésta tivoque ser precedida por unha primeira dun moi altomedioevo. Así nos obriga a crelo a súa titular SantaMaría que, xunto con San Salvador (o DivinoSalvador) foron os titulares primeiros das nosas primei-ras igrexas.

Tal como agora se encontra é unha fábrica de doustempos diversos. A parte máis antiga é a da súafachada e primeiro tramo da nave. Foi realizada en1812, ano escrito na mesma fachada, como veremos.A segunda parte da nave, un pouco máis ancha cáprimeira, e o presbiterio, a ábsida de imitación romá-nica, segundo Elías Valiña Sampedro (en InventarioArtístico de Lugo y su Provincia T. VI; Madrid, 1983,páxs. 80-81),foi construída en 1941.

Resaltamos a boa obra restauradora feita recente-mente: limpouse moi axeitadamente o teito, picáronseas paredes e revocátonse de novo, levantouse o pisopara subsanar o problema da humidade e cambiousea instalación eléctrica.

A fachadaComecemos reseñando que o groso muro está feito

coa pedra pizarrosa desa bisbarra, pero revocada epintada dun branco tenue acorde co verdor do entorno.Pero tanto a porta, con todo o seu decorativo conxuntosuperior, como a redonda ventá superposta e a espa-daña son dun bo e fino granito.

A porta é alintelada, pero mediante pedras en cuña.Está coroada por unha especie de frontón trapezoidal.Vai enmarcado por unhas saíntes molduras e ten oslados en curva.

No seu liso campo interior aparece incisa a xa coñe-cida data, AÑO 1812 e no seu centro superior sobresaeunha ben moldurada repisa. Sobre a repisa, pero xapor riba do frontón, escavouse unha rectangular fornelarematada cunha semicúpula en forma de vieira.Probablemente se fixera para unha imaxe de pedra,que sen dúbida nunca tivo. Un poco máis arriba da

fornela se abre unha ben cercada ventá redonda, quesoe denominarse, ollo de boi.

Entre o muro inferior do frontis e a espadaña correunha sinxela cornixa coa seguinte inscrición: (ESTA)OBRA SE HIZO SIENDO CURA RECTOR DON JOSÉ ………

Remata a fachada unha moi airosa e forte ESPADAÑA.

É de dous altos ocos en arco de medio punto, dos quependuran dúas campás. Está coroada por unha anchae moldurada cornixa, sobre cuxo centro se asenta unfermoso remate en forma de arco semicircular queperfila un liso muro granítico. Apóiase este arco porcada lado sobre un moldurado basamento amplo erobusto. Outro semellante a estes dous aséntase sobreo arco e sobre el descansa unha especie de invertidotronco de pirámide. Neste crávase unha custodia deforma solar, feita de ferro que remata en forma de cruz.

O interior da fábricaA nave ten dous tramos, máis estreito o primeiro que

o segundo. Están separados por un arco escarzano, ousexa, un pouco rebaixado e non semicircular.

Tanto este arco como o triunfal de medio punto, quesepara a nave do presbiterio, están feitos de barrote emasa cementosa. Aséntanse directamente ámbolosdous extremos en pilastras de mampostería irregularfeitas de material pizarroso do país, o empregado entódolos muros da igrexa. Muros, tanto por dentro comopor fóra, pintados dunha tenue cor branca.

Ábsida-presbiterioAlgo moi curioso e excepcional debemos resaltar

aquí. Segundo Elías Valiña Sampedro, é unha obrafeita no ano 1941, lonxe do século XII, e a pesar disoreproduce unha ábsida románica dese tempo, aíndaque sen o típico tellaroz sobre canecillos.

Isto obríganos a crer que a igrexa anterior fose romá-nica e que quixeron deixar un recordo dela nesteábsida-presbiterio de tipo románico. É éste un casoexcepcional nun século XX, aínda que non único…

Cómpre resaltar tamén que este espacio absidal estádividido en dúas partes. A primeira, segundo se entrabaixo o arco triunfal, fai de presbiterio, ou Capela Maiore de sacristia a semicircular cabeceira.

6 O Noso Lar

arte• •

Jaime Delgado Gómez

Page 9: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

7O Noso Lar

arte• •

Os retábulos e a súa imaxinería

RETÁBULO PRINCIPAL. É dun estilo neogótico. Estilo esteque no seu aspecto arquitectónico xa se inicia nasegunda metade do século XIX.

Na nosa Diocese prodígase moitísimo desde as pri-meiras décadas de 1900 na factura de retábulos. Dadoque esta parte da igrexa é unha obra de 1941, é moiposible que dese tempo sexa o reseñado retábulo deSuñide. Coñezo varios moi semellantes a este e son,máis ou menos, dese tempo. Pena é que pola súamodernidade moitos deles desaparecesen xa nasreformas das igrexas... !

Ten tres rúas rematadas en moi esveltos pináculos. Narúa central hai unha fermosa escena do misterio daAsunción de María, que ascende sobre unha volumi-nosa nube sustentada por un belo anxo por cada lado,mentres outras cabezas anxélicas asoman na fronte danube.

Son curiosos os dous símbolos que sostén o anxo dolado dereito, segundo se mira. Un deles é unha longapalma apresada coa man dereita e o outro é un altorelicario que mostra coa esquerda. Sen dúbida a palmaestá recordando o martirio espiritual de María ó acom-pañar ó seu Fillo no seu martirio da cruz. O relicariopodería evoca-la sagrada reliquia do seu corpo que élevado ó ceo polos anxos.

Na rúa dereita, segundo se entra no presbiterio, aparecea imaxe de San Xosé co Neno; e de boa traza.

A rúa esquerda está ocupada por outra boa efixie sendúbida de San Antonio de Padua. Extraño é que en vezdo seu típico lirio de castidade sosteña unha palma nasúa man dereita, pero si ten o libro aberto sobre aesquerda, aínda que sen o Neno Xesús sobre el, como énorma.

Tres retabulos da nave.O primeiro do lado, segundo se entra, é outro retábuloneogótico e tan semellante ó xa descrito que todo o deldito vale tamén para este. Sen dúbida son ámbolos dousdo mesmo taller.

En cada rúa organizouse un camarín con porta de cris-tal, seguramente de data posterior á do retábulo. No docentro e no do lado esquerdo exhíbese unha imaxevestida da Virxe María.

En cambio, no outro camarín exponse unha boa imaxe deSanta Catalina de Alexandría. Confírmao a súa coroa,propia da súa ascendencia real, tendo ademais na abertaman esquerda unha diminuta roda de coitelos partida polametade. Está lembrando este roto instrumento de martirioque o poder de Deus encargouse de destrozalo. Soeostentala partida e de bastante tamaño, pero posta de péó lado esquerdo do seu cuerpo, agarrándoa ela coa mancorrespondente dese lado. Pero os artistas esquecencase sempre a espada, sempre o eficaz instrumento nosmartirios. Aquí aparece posta de pé sobre a súa punta,suxeitándoa a Santa coa man dereita.

Para reafirma-la súa realeza, engádese unha coroa postano chan. Polo tanto, non pode aceptarse a identificaciónde Elías Valiña Sampedro, afirmando sen reservas quese trata da bíblica Judit, que coa espada cortou a cabezade Holofernes.

Ó lado deste retábulo gótico, entre el e o muro do arcotriunfal, está outro de tosca factura e sen interese. Si son,en cambio, interesantes as súas dúas imaxes.

A do lado dereito, de pequeno tamaño e de posibles re-miniscencias aínda góticas, quizais xa do século XVI, é osempre tan venerado San Antón Abade. Viste sobre ohábito un manto con capucha que cobre a súa cabeza.Na súa man dereita sostén o báculo abacial, tendo naesquerda o libro das regras monásticas. Morreu de idadecentenaria cara ó ano 256.

No outro lado deste retábulo está Santa Bárbarasostendo o atributo do típico castelo. Podería ser domesmo tempo de San Antón Abade.

O terceiro retábulo da naveEstá no lado oposto dos outros dous. Imita todo el ungran cortinaxe, liso no seu fondo e fruncido polos lados,recolléndose arriba nunha gran coroa real. Fíxose paraacobillar a un Xesús crucificado que, aínda que non defina gubia, si expresa no seu corpo pendente dos cravosos efectos da crucifixión e a dor que esta no corpoproduce.

Page 10: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

Unha breve pincelada sobre os fungos liquelizados:

Os Liques

8 O Noso Lar

A nosaterra• •

aparentando manchas de pintura imposibles de separarcunha navalla, son os de talo crustáceo (foto 6 );outros, tamén estendidos pero que poden arrincarse confacilidade, chámanse foliáceos (fotos 3, 5, 7) e os quesemellan pequenas árbores porque se ramifican e só seunen ó substrato por un punto, dicimos que son fruticu-losos (foto 2) .

¿ E como son “por dentro” os liques? A ordenación dosdous compoñentes –alga e fungo- para dar o organismoque vemos é o que se coñece como estructura do talo .Esta estructura ou colocación dos dous simbiontes podeser variada, pero imos referirnos só á máis completa eque corresponde a un dos tipos dentro do conxunto detalos foliáceos. Neste caso, as células algais localízansenunha zona concreta do talo, de forma que este quedadiferenciado en varias capas. Na figura A , na que serepresenta un corte lonxitudinal dun talo visto ómicroscopio, móstranse os distintos estratos: na partesuperior, en contacto co aire, encóntrase o cortexsuperior (CS) , estrato formado exclusivamente porhifas do fungo e que actúa de pantalla protectora da algado exceso da radiación solar. Inmediatamente debaixodo cortex superior está a capa gonidial (CG) formadapolas algas (gonidio) e as hifas do fungo que asenvolven; debaixo dela encóntrase a médula (MD) sóconformada por hifas do fungo e por último o cortexinferior (CI) , semellante ó superior, de onde saen asrizinas ou hifas que suxeitan o lique ó sustrato (cortizasdas árbores, rochas…)

Da simbiose liquénica coñécense moitos datos, pero atao día de hoxe non foi posible construír un lique no labo-ratorio. O que si sabemos é que os fungos que se lique-nizan non poden vivir illados –as algas si– e que só ofungo pode reproducirse por vía sexual; reproducciónque se manifesta cando, por exemplo, na superficie dotalo aparecen unhas formacións en disco ou en copaque chamamos apotecios (foto 8) onde o fungo tras unproceso sexual forma as esporas (foto 9) . Estas espo-ras actúan como sementes; ó xerminar, darán novashifas no caso de encontrar a alga axeitada para formaro lique; do contrario, morren sen dar por cumprida a súafunción.

Pero os liques, como tales, reprodúcense activamentepor vía asexual. As estratexias diversas que utilizanconducen a que pequenos fragmentos da capa gonidial

Estamos no inverno. Neste tempo en que as árbores donoso contorno se mostran espidas e os paxaros queaniñaban nas súas pólas emigraron lonxe para nonmorrer de frío, a vida na montaña encóntrase minguadaou ralentida. Non obstante, é precisamente agora, ófaltar as follas, cando nas árbores adquiren maior rele-vancia os liques , organismos que pola súa presenza eabundancia nesta zona, estannos a indicar a extraordi-naria calidade do aire que se respira, pois son importan-tes bioindicadores da contaminación ambiental.

Nos arredores de Samos, causa impresión o carácterque imprimen os liques na paisaxe de moitos lugares.Dando un paseo por case calquera parte, pódense apre-ciar bosques onde as árbores parecen estar cubertas dexiada, como din uns; ou brotando cunha forza máis queprimaveral, como din outros, por verse como pintadas dafermosa cor verde clara que lle imprimen os liques queas tapizan (fotos 1, 2, 3- Val de Lóuzara-) e que as fanbrillar intensamente baixo os raios do sol invernal.

Pero …¿Que é un lique? Defínese un lique como oresultado da simbiose dun fungo e unha alga ; é dicir,hifas (como fíos ou fiamentos microscópicos) dun fungo,viven asociadas cunha alga microscópica, verde ou azul(ver artigo Algas de auga doce do número anterior destarevista), de tal xeito que o resultado é un novo orga-nismo con caracteres diferentes ós dos fungos e asalgas por separado. E como nunha simbiose os dousorganismos participantes resultan beneficiados, nesta aalga dálle ó fungo a materia orgánica para a súa alimen-tación (elas son autótrofas como tódolos vexetais: porfotosíntese forman materia orgánica a partir do dióxidode carbono atmosférico -CO2 - e dos sales mineraisdisoltos na auga, en presenza de luz) e o fungo, que éheterótrofo (aliméntase da materia orgánica xa elabo-rada como os animais) proporciónalle á alga a humidadee protección suficiente para que poida vivir sen dese-carse.

Pero os liques non colonizan só as árbores. Nas pedrasou rochas (foto 4) , na terra (foto 5) e nas paredes edifi-cadas como se observa no Mosteiro de Samos (fotos 6,7) tamén son frecuentes. Non cabe a menor dúbida deque a riqueza desta zona en especies liquénicas éconsiderable e non fai falta ser experto na materia paraapreciar que ademais de haber moitos, hainos de dife-rente morfoloxía. Uns están estendidos no substrato

Page 11: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

9O Noso Lar

A nosaterra• •

(hifas do fungo con células algais) se desprendan, seillen e formen novos talos ó fixarse a un sustrato ecrecer.

Sobre se os liques son ou non nocivos para as superfi-cies que os sustentan, podemos dicir que nas árbores,en xeral, parece ser que ó non chegarlles ó sistemaconductor pouco ou nada lles afectan. Pero dos queviven na pedra hai opinións diferentes. Neste tempo enque a sensibilidade pola conservación do patrimonioarquitectónico é maior que noutros, algúns autores falande que os talos liquénicos van desintegrando a pedradas paredes dos monumentos e, obviamente, o mellorsegundo eles é facelos desaparecer. Polo contrario,outros investigadores prefiren facer unha valoraciónglobal e dan relevancia ó carácter que os liques llesimprimen. A fermosa cor dourada da Catedral deSantiago de Compostela, tan cantada por poetas e plas-mada en lenzos por pintores, débese ó liquen Xanthoriaparietina (foto 7).

Os liques elaboran unha gran variedade decompostos químicos (diferentes segundo as especies)que se denominan sustancias liquénicas. Desdeantigo, coñécense estas sustancias de forma empírica,como o demostra a utilización dalgúns liques como tintesnaturais ou como medicamentos en épocas remotas.Son o caso, por exemplo, da famosa cor “rojo púrpura”da túnica romana, extraída de Roccella spp; ou a utili-dade que se lle deu ó lique Cetraria islandica (lique deIslandia, foto 5 ) ata ben entrado o século XX na farma-copea europea.

Este interese farmacolóxico e industrial está centrado naactualidade nas sustancias liquénicas con propiedadesantiinflamatorias (carecen dos efectos secundariosadversos das cortisonas), nas sustancias con propieda-des antitumorais para tratamentos dalgúns tipos decancro e as que teñen propiedades antibióticas e antivi-rais; así como as de importancia na industria da altaperfumería.

Tamén en florería e decoración os liques acadan cadavez maior presenza. E non podemos esquecer quealgúns son comestibles e constitúen a dieta básicaalimentaria dos ruminantes de países fríos. Cabe sinalar,neste senso, que Aspicilia esculenta, lique de vidavagante de zonas desérticas carente de sustanciasliquénicas e rico en azucres, identificouse como o manádos israelitas que relata a Biblia.

Ángela Noguerol Seoane

Profesora-Investigadora de Botánica

da Universidade da Coruña

Page 12: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

O home encóntrase desde antigo inmerso nunmundo onde a enerxía xogou un papel fundamentalpara cantas actividades desempeñou, ben sexan deíndole individual ou colectiva. Individual como é oseu crecemento, para o que require o aporte ener-xético dos alimentos; e colectiva no que se refire ásrelacións co seu entorno, como é o seu despraza-mento, a práctica de deportes, etc., para as que oaporte enerxético é de diversa índole.

En canto ás enerxías relacionadas co segundoaspecto (máis unidas ó desenvolvemento e nivel devida alcanzado por certos sectores da sociedade), ohome foi logrando a través do tempo fontes enerxé-ticas que de xeito relativamente fácil lle permitiranalcanzar os seus obxectivos.

Co desenvolvemento industrial do pasado século,as fontes enerxéticas dispoñibles, fundamental-mente carbón, eran incapaces de abastecer tantasnecesidades como creara o home, polo que tivo querecorrer ás novas fontes enerxéticas aportadas poloscombustibles fósiles (petróleo) que ata a actualidadeestán a permitir que este desenvolvemento semanteña. Pero, ademais de que estas fontes nonson inesgotables, son moi discutidas por aportar ómedio ambiente gran cantidade de contaminantesque de forma moi perigosa están afectando á purezada terra, das augas e do aire, co conseguinte efectosobre as diversas formas de vida no Planeta.

Ante estes feitos, o home necesita buscar outrasfontes de enerxía que intenten paliar a problemáticaexistente e ó tempo aporten a seguinte triplevertente: ser económicas, ser pouco contaminantese que dean rendementos adecuados.

A este tipo de fontes responden, en principio, aschamadas “enerxías renovables ou alternativas” quese definen como: aquelas que se producen deforma continua e son inesgotables a escalahumana . Son deste tipo a enerxía solar (producidapolo sol), a enerxía hidráulica (producida pola auga)

e a enerxía eólica (producida polo vento), a biomasa(restos vexetais) e a enerxía xeotérmica (ex. asaguas termais). Todas elas caracterízanse por serfontes de abastecemento enerxético que respectan omedio ambiente e, ademais, son case sempre rever-sibles.

No caso particular que nos ocupa, a enerxíaeólica , podémola definir de forma sinxela como unproceso físico de transformación no que a enerxíaque posúe o vento, asociada ó seu movemento,convértese en electricidade facendo uso duns meca-nismos chamados aeroxeneradores, que abranguendesde uns poucos vatios (forma de medila potenciaeléctrica) a millóns de vatios, dependendo dotamaño dos aeroxeneradores e do número delesasociados.

Esta conversión da enerxía do vento noutrasformas de enerxía non é de agora; un breve recor-datorio histórico fálanos que xa foi utilizada polohome desde moi antigo, ben para convertela enenerxía motriz nas velas dos barcos (aparece engravados exipcios de 5.000 anos a.C.) ou ben enenerxía mecánica nos muíños de vento para a eleva-ción da auga ou para a moenda do gran. Senembargo, é nestas últimas décadas cando o interesepola obtención desta forma de enerxía está tomandograndes proporcións, pois o número de vantaxes quese lle asocian é enorme.

Os defensores desta forma de enerxía din queestamos ante unha enerxía que non contamina, queé inesgotable, e que ó frear o consumo de com-bustibles fósiles contribúe a evitar o “cambio cli-mático”. Engaden, ademais, que ó non necesitar me-canismos de extracción, transporte, trasformación ecombustión, como ocorre con outros combustibles(madeira, carbón, derivados do petróleo, etc.) a ener-xía eólica é enormemente limpa, tanto para a terracomo para a auga, o aire, a fauna e a vexetación. Dintamén os defensores deste tipo de enerxía, que a

10 O Noso Lar

NovasTecnoloxías• •

Consideracións elementaissobre a Enerxía Eólica

Page 13: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

11O Noso Lar

NovasTecnoloxías• •

producción de electricidade a partir do vento é bene-ficiosa por non producir gases tóxicos nin choivaácida; non contribuír ó efecto invernadoiro nindestruír a capa de ozono e, polo tanto, non orixinarproductos secundarios perigosos nin residuos conta-minantes. Estamos, pois, ante unha forma de ener-xía que obtida aplicando a tecnoloxía acadada poderepresentar para a zona considerada certa riqueza eunha solución inmellorable ó tema, tan candentehoxe en día, da contaminación atmosférica.

A modo de exemplo e para comprender as vanta-xes indicadas, dinnos os defensores que cada kW·hde electricidade xerada por enerxía eólica, en lugarde carbón, evita que se produzan e difundan óentorno ambiental:

Seguindo con estas consideracións, indícannosestes autores que un parque eólico de 10 MW(MW = 1.000.000 de vatios) causaría os seguintesfeitos:

Sen embargo, non todos son defensores destaforma de obtención de enerxía eléctrica e aínda quemoitos a defenderon nun principio fronte ós combus-tibles fósiles (sobre todo os derivados do petróleopolos numerosos derrames e gran contaminación),hoxe están en total desacordo por encontrar nelaunha serie de desvantaxes.

Din, os detractores, que ó ser o aire tan lixeironecesítanse aeroxeneradores moi grandes e, enconsecuencia, moi caros. Tamén indican que, desdeo punto de vista paisaxístico, os xeneradores deenerxía eólica producen un impacto visual inevitable,rompendo a harmonía do entorno; feitos que debenser avaliados en función da riqueza paisaxística de

cada zona ou loca-lización.

Din, así mesmoos detractores, queun aspecto moinegativo é o ruídoproducido poloxiro, tanto dasaspas como domotor, que pode-rían provocar estrés en animais de granxas próximasinfluíndo negativamente na producción.

Tamén indican os detractores que os parqueseólicos poden provocar mortandade de aves óimpactar coas palas, inda que parece ser que estetema se intenta resolver pintándoas de cores vivas esituando os muíños de forma que deixasen “pasillos”para as aves.

Estamos, pois, ante unha disxuntiva de difícil con-verxencia. Por un lado consumidores, fabricantes,promotores e convencidos, en xeral, que defendeneste modo de producción de enerxía porque con elapódense atallar problemas ambientais de enormetrascendencia como o“cambio climático” ó tempoque poden representar un aporte económico intere-sante para a zona. Por outro, os conservacionistas edefensores da paisaxe, convencidos de que os aero-xeneradores son un enorme perigo para os animais,sobre todo nos grandes parques eólicos, e un aten-tado visual para a paisaxe.

A título de dato ilustrativo, para que cada un penseo que máis lle apeteza, indícase, a continuación, aopinión dos habitantes de Higueruela (Albacete),onde hai 243 aeroxeneradores instalados: un 23 %da poboación considéraos bonitos, un 22 % consi-déraos feos e un 55 % nin bonitos nin feos. Isto ponde manifiesto a subxectividade á hora de avaliar oimpacto paisaxístico ou visual destes dispositivos,sen entrar noutras valoracións.

Poden traerse a colación diversos tipos de sonda-xes, nun ou noutro sentido, pero considero que cocomentado poden facerse unha idea do tema.

Dr. Eulogio Jiménez CuestaProfesor-Investigador de Física

da Universidade da Coruña

• 600 g de CO2 (dióxido de carbono)

• 1,33 g de SO2 (dióxido de azufre)

• 1,67 g de NOx (óxidos de nitróxeno).

- evita ó ano 28.480 Tn de CO2.

- substitúe 2.447 toneladas equivalentes depetróleo.

- aporta traballo a 123 persoas ó ano, en tare-fas de deseño e construcción.

- proporciona industria e desenvolvemento detecnoloxía.

- xera enerxía eléctrica para 11.000 familias.

Page 14: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

12 O Noso Lar

actividades• •

XIV Festa de Convivenciacos nosos maiores

Caderno De Bitácora duns voluntarios

20 de agosto do 2005

10:00h da mañá.Achegámonos ó lugar de encontro da XIV Festados nosos maiores organizada pala Fundación “ONoso Lar”, nun souto utilizado xa antes co mesmofin e que atopamos en perfecto estado de limpeza,quizais aínda máis bonito que antano. Este ano afesta está ambientada nunha feira dos anos vinte.Temos todo o día por diante para a montaxe dunhadas máis grandes xuntanzas da zona, a organiza-ción xa encomenzou uns meses antes, e todo omundo sabe perfectamente o que ten que facer. Ecoma un gran escornacabezas que foi creadodurante varias semanas.. e que agora toca montarcun disposto equipo de voluntarios, que ademaisde traballar buscan pasar un día alegre e divertido.

12:00 da mañá. Temos todo patas arriba, cociña, palco e xenera-dor xa están no seu sitio, pero a montaxe debancos e mesas está pouco adiantada, necesita-remos xogar e falar menos se queremos ter todorematado cara á tardiña.

14:00 da tarde.Despois de enche-lo bandullo xa estamos prepa-rados para ataca-la tarde, isto estará rematadoaxiña; xa que durante o día o número de volunta-rios foi medrando.. e agora resulta máis sinxelo xaque catro mans sempre fixeron máis ca dúas.

20:00 da tarde.Tras rematar os últimos detalles do recantiño dabruxa, o lugar de traballo das perruqueiras e fotó-grafos, os postos de venda ambulante.. e comonon da popular taberna. Reunirémonos tódolosvoluntarios para forma-los grupos de traballo decara ó día seguinte.

21 de agosto do 2005

10:00 da mañá.Encomenzou o gran día da festa e o incesantegoteo de voluntarios que empezan a ocupar ossitios encomendados o día antes….. bruxa, perru-queiras, fotógrafos, feirantes, cociñeiros, etc…todos listos e preparados para ofrecer un día dedisfrute e diversión.

12:00 da mañá.Comezan a chegar os maiores e os seus acompa-ñantes, para moitos deles este día supón un reen-contro cos seus coñecidos e amigos, un día paraconversar, disfrutar, e todo isto axudado por unsactos relixiosos, o xantar, xogos, música e baile.

16:00 da tarde.O xantar estivo moi animado tanto polos contosque se escoitaban polas mesas, como polo bohumor das xentes convidadas. Unha vez rema-tado o xantar dispuxéronse uns a probar sorte nastómbolas, outros a inmortaliza-lo momento cunhadivertida foto, outros visitando a perruquería,taberna ou mesmo a bruxa que tivo durante todo odía moitos clientes e curiosos.. e os máis atrevidosa botar un pé no concurso de baile…

E así poderiamos pasar follas e follas falandodesta festa que nos reúne a todos, mozos e maio-

Ficha técnicaNº de participantes . . . . . . . . . . . . . . . .2.800Maiores de 90 anos . . . . . . . . . . . . . . . . . .32Maiores de 60 anos . . . . . . . . . . . . . . .1.200Data . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .21 de agostoLugar . . . . . . . . . . . . . . .Santalla de LóuzaraGastos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .15.623 €Ingresos:Consellería A. Sociais . . . . . . . . . . . .6.000 €Concello de Samos . . . . . . . . . . . . . .1.652 €Rifas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .3.800 €Bar-Caseta . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .2.700 €

Page 15: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

13O Noso Lar

actividades• •

O TEU SORRISO ALUMEA

A GRAN TAREFA DA VIDA,

O TEU SORRISO DEVOLVE

Ó NOSO MUNDO A SÚA COR.

O TEU SORRISO É UNHA PONTE

QUE UNE E AXUNTA CAMIÑOS;

POR ELA A NÓS VAI CHEGANDO

O GRAN SORRISO DE DEUS.

Dalle ó mundo o que non ten,

confía e camiña con fe;

fai da túa vida un sorriso ó irmán:

CO TEU SORRISO... SEMENTA-LO

AMOR.

Ante a dor ti has de ser

palabra e tenrura de Deus;

co teu sorriso acariñas ó irmán:

CO TEU SORRISO... SEMENTA-LA PAZ.

Un sorriso para todoscanción que os voluntarios adican

os nosos maiores naxv festa de convivencia cos nosos maiores

samos 2005

res, pero cremos que non poderiamos rematarsen dicir algo, que tal vez soe repetitivo pero éunha certeza. Para esta festa cómpre moitospreparativos e traballo… ¿Pero que importaríatanto esforzo se a nosa xente maior non acudisea ela? Por iso pensamos que, cando algún nosagradece que lle ofrezamos este día, chegamosá conclusión de que somos nós os que temosque agradecer que eles compartan con nós estafesta.. que nos regalen os seus sorrisos, as súaspalabras e as súas inigualables experiencias.. eque nos descubran que cada un deles son asraíces desta terra onde nacemos… todos sabe-mos que quen perde as súas raíces perde a súaidentidade.. por iso seguiremos ano tras anotraballando para agradecerlle á nosa xente maiortantos anos e tanto traballo na procura dunmundo mellor…

GraciñasAna e Carlos

Page 16: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

“Salsa” á vidaMemoria dun entroido

O ano 2000 foi o primeiro ano no que ungrupo de persoas vínculadas á FundaciónO Noso Lar decidiu participar nos actos doentroido na rúa baixo o lema “AGRAPA-HOE”, e desde ese momento non o deixa-ron de facer, sendo este o sétimo en parti-cipa co nome de “SALSA”.

Este ano, como nos anteriores, un grupode persoas pon os seus cerebros a funcio-nar para poder levar á práctica o que todoo mundo coñece. Comezouse un poucomáis tarde do habitual, pero logrouse gra-zas ao traballo de moitas persoas, partici-pantes na rúa unhas, e outras que colabo-ran, pero non van disfrazadas.

A xente na rúa preguntábase como é posi-ble organizar un grupo das nosas caracterís-ticas. Tarefa nada doada, pero non imposi-ble. Este é o motivo polo que se marcanunhas normas quetemos que cumprirtodos e todas os/asparticipantes; porqueesa actividade non éunicamente pasaloben nos dous díasde entroido, domingoen Sarria e martesen Monforte, e pagarunha cota; é algomáis importante.

Detrás hai días detraballo, no que omáis importante é ocompartir ideas, tra-

ballo, saberes, sen importar quen es ti e aque te dedicas. Aquí o único importante étraballar en equipo para un fin común. Sondías nos que coñecemos a persoas novase distintos aspectos das que xa coñecemosnoutras circuntancias. Non quere dicir quedurante este periodo non xurdan discre-pancias por ter distintas perspectivas ouvisións dangunha tarefa, pero isto no fondonon importa, porque así somos as persoase non temos a obriga de ter o mesmo puntode vista nin o mesmo estado de ánimo. Xasabedes: “diferentes, pero iguais”.

Moitas persoaspensan que nós par-ticipamos para reci-bir un premio. Creoque as persoas dosdistintos colectivosque participamos noentroido na rúa, tan-to en Sarria comaen Monforte, agra-decemos os pre-mios recibidos, xaque nos axudan apagar os gastos pro-ducidos. Pero, paranós o máis impor-tante é o ben que o

14 O Noso Lar

actividades• •

Page 17: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

15O Noso Lar

actividades• •

pasamos xuntos tanto cando estamos cospreparativos como cando saímos á rúa eobservamos que as persoas que nos estánmirando están gozando do noso traballo.

A Fundación O Noso Lar non realizaunicamente esta actividade, senón queestá traballando ao longo de todo o ano.Por exemplo no tempo dos preparativos doentroido estábase a realizar un curso de“directores de tempo libre”. Pódese dicirque a Fundación traballa con todas aspersoas, pero que mima, sobre todo, aosmaiores e á infancia; polo que sempre estáa necesitar voluntariado para as distintasactividades. Este é o motivo polo queconvida ás persoas que colaboran noentroido a que participen noutras activida-des, como por exemplo a festa do maioresque ten lugar en agosto. Xa sabedes quetodo isto é de xeito altruísta, todo o mundopode colaborar, é igual como se faga, perolembrade que non só existe a “Fundación”no entroido.

Quixera dar as grazas a todas as persoasque non se disfrazan, pero que, sen a súaaxuda esta actividade non chegaría a botermo. Desexo que o sigan facendo moitos

anos máis e que sigan tendo tanta pacien-cia coma sempre, porque con nós necesi-tan moita.

Aproveito esta ocasión para agradecer atodas as persoas que estiveron aí dendehai sete anos, sen esquecer ás que estive-ron e agora, por distintos motivos, nonestán; así como ás persoas de nova incor-poración o seu traballo. Para min foi unluxo coñecervos e compartir un pouco dasvosas vidas.

Só me queda dicir que a nosa imagina-ción ten que seguir traballando para odisfrace que vén e poñede como di o títulosalsa á vida.

Ata o entroido 2007Teresa López Rodríguez

Ficha técnica:

Nº de participantes : . . . . . . . . . . . . . . . . . .70Idades: . . . . . . . . . . . . . . . .Entre 3 e 65 anosGastos: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .3.055,69 €Ingresos:

Participantes: . . . . . . . . . . . . . . . . .2.290 €Premio Sarria . . . . . . . . . . . . . . . . . . .750 €Premio Monforte . . . . . . . . . . . . . . . . .200 €

Page 18: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

Viaxamos-Convivimos-DisfrutamosTendo sempre presente o obxectivo de: me-

llorar e disfrutar da convivencia, de contempla-la fermosura que nos ofrece a natureza dosdistintos lugares de España, as súas cidadese vilas, as xentes, que nelas viven e se expre-san desde a riqueza da súa cultura; a Fun-dación o Noso Lar organizou, un ano máis, aViaxe-convivencia cos Nosos Maiores.

Desprazámonos cara ó sur. Málaga foi olugar no que convivimos ó longo dunha se-mana. Pero a nosa convivencia pódese dicirque comeza cos contactos para a inscrición.

Centrándonos xa na viaxe, hai que dicirque a xente, cando subía ao autobús, levabaxa no seu peto ou mellor no seu peito (no

ben co doce típico do seu lugar... sempre,isto acompañado do seu sorriso. O humortamén se facía presente, pois no grupo íanpersoas con grandes capacidades para otema e que non se facían de rogar.

Da primeira escala, feita en Ocaña parapernoctar, alguén pode ter algo que contar

(aínda que hai cousas que non se contan,hai que as vivir). Só dicir que ata algún coellotentou ducharse no cuarto de baño dalgúnexcursionista, pois unha parella de coellosviaxaban, tamén, connosco ata Málaga,onde alguén os porfillou.

Os días da nosa estadía en Málaga tras-correron no Seminario, onde a calorosa aco-llida, o trato que alí recibimos e a tónica dohumor da que vimos falando fixeron reali-dade unha convivencia inmellorable.

Disfrutando deste clima de confianza ta-mén nas nosas saídas, visitámo-la cidade egran parte da súa provincia. Nela atopamosvestixios das distintas civilizacións. Pois, pola

marítimo. Puidemos aprecia-los traballos depreparación para a Semana Santa.

Visitámo-la catedral, que é o seu principalexpoñente monumental. Foi mandada cons-truír, sobre o solar dunha mezquita da antigaMálaga islámica, polos Reis Católicos,despois da conquista da cidade, no ano

seu corazón) ogran de areapara que opercorrido nonfose só viaxar.E, así, candomenos o pen-sabas, atopá-baste agasa-llado/a por al-guén, que sepaseaba poloautobús, bencun caramelo,

súa situaciónxeográfica es-tratéxica, poloseu clima, polariqueza dassúas terras, foicobizada portodas elas.

Na cidade,o casco antigofoi escenariodas nosas ca-miñadas asícoma o paseo

16 O Noso Lar

actividades• •

Page 19: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

17O Noso Lar

actividades• •

1.487. Neste magnífico monumento puide-mos observar distintos estilos combinados: ovello gótico, o novo estilo renacentista e nassúas capelas contemplámo-la obra dos gran-des mestres do barroco: Alonso Cano, Pedrode Mena e Claudio Coello.

Os lugares da provincia obxecto da nosavisita foron: Marbella, a cidade da Costa doSol; o noso paseo por ela foi en autocar.Porto Banús, lugar do gran turismo marítimodo Mediterráneo. Torremolinos, Torre del Mar,Benalmádena, que pasa por ser un doscentros recreativos máis importantes daCosta do Sol, Nerja, a súa cova, Cueva deNerja, que é coma un capricho da naturezaalí acochado, Mijas e Frigiliana, como pobose como miradores de indicible beleza.

Internámonos tamén na comarca deAxarquía, onde os gregos fundaran a coloniade Mainake. Tiveron grandes liortas con feni-cios, pobo comercial por excelencia. Máistarde esta colonia foi destruída polos cartaxi-neses. Alí visitámo-lo “Cortijo dos Aleses”, degran tradición. Tamén unha fábrica de aceite,en Mondrón, visita que nos proporcionouinformación importante, ademais da posibili-dade da compra do aceite.

En Palo, barrio pesqueiro de Málaga,tivémo-la sorte de poder disfrutar dos pescai-tos, degustando unha cea para a que se noshabilitou un espazo abrigado da brisa danoite, á beira do mar.

Rematámo-la nosa estadía en Málagacunha entrañable e gustosa queimada.

De regreso, xantamos en Granada e visi-támo-lo casco antigo. Non nos foi posible ad-mira-la Alhambra. Visitámo-la catedral, tem-plo construído a comezos do século XVI, co-mo expresión do triunfo do cristianismo sobreo Islam. Tal como hoxe a contemplamos, é oresultado dun longo período de construcción:comeza cun proxecto tardogótico, pasa porun proxecto renacentista e volve ao gótico pa-ra cubri-las súas bóvedas e apóiaselle unhafachada, a principal, de estilo barroco. Gran-des mestres deixaron alí as súas pegadas.

A nosa visita a Jaén, resultou curta detempo. Percorremos algunhas rúas peonís, aPraza de Santa María e a Catedral, monu-mento de gran beleza combinando diferentesestilos, pois a súa construcción durou máisde 400 anos.

Saímos de alí con desexos de voltar epoder pasear polos seus barrios árabes emedievais, contemplando as zonas monu-mentais históricas.

Puxo punto final á viaxe o ambiente de con-fianza que se creou de camiño a Samos coaexpresión espontánea e voluntaria, onde seavaliou por todos o contido da convivencia.

E, coma cada ano cando remata, dixemosque voltaremos deica un ano.

Josefa Gómez Requejo

Ficha técnicaParticipantes . . . . . . . . . . . . . . . 32 personasDatas . . . . . . . . . . . . . . . . 23 marzo – 1 abrilLugar . . . . . . . . . . . . . Málaga – GranadaGastos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 11.763 €Ingreso: (aportación dos participantes) . . . .9.570 €

Page 20: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

¡A xantar Cocido!Encendemos a cociña de leña e poñemos o

pote coa auga fría e, mentres esperamos a quecomece a ferver, imos coller os grelos e dispoñé-monos a pelar as patacas. Logo de comezar aferver botámos-lle o touciño, a orella, os chouri-zos... así comeza, dende o punto de vista culina-rio, un día no que imos preparar un cocido. Un día,que case sempre é de pleno inverno con frío echoiva ou incluso neve. Fenómenos meteorolóxi-cos que van aconsellar facer unha sobremesaalgo máis longa do normal. Dalgún xeito estesdías van ser o catalizador da apetencia que temospor esta comida que de xeito xeral se toma cuncerto carácter festivo e sen mirar moi ben que é oque estamos a comer. Pero hoxe imos facer unhareflexión do que supón este prato para a saúde, eimos abordalo dende o punto de vista nutricional,sobre todo tendo en conta o que vai supoñer encanto á inxesta calórica se refire. É ben coñecidoque unha das epidemias que se van a cebarconnosco é, sen dúbida, o exceso de peso e polotanto cada día debemos de prestar máis atencióna estes aspectos derivados da enerxía que portanos alimentos. Pois ben, vexamos cal é a composi-ción do cocido e cal é o número aproximado decalorías que supón este popular prato:

Primeiramente indicaremos a composicióntípica dun cocido que sería a que segue:

se ben tamén a tenreira e nalgúns casos o poloentran a formar parte do cocido. Para empezar avalorar o contido en calorías diremos que imossinalar as kilocalorías por 100 gramos deproducto, e sempre, iso si, de xeito aproximado.Unha boa maneira de sinalar o contido en enerxíados distintos ingredientes é ir comezando polomáis calórico da lista da compra para facer ococido e logo ir baixando cara ó menos calórico.

Sen dúbida o unto ocupa a parte máis alta dainxesta calórica de entre todos os compoñentes,uns 100 g de unto poden ter entre 800 e 900 kilo-calorías. De todos é coñecido que as graxas e osaceites portan a maior cantidade de enerxía dosalimentos. En segundo lugar teriamos o touciñoentre 450 e 550 kilocalorías por 100 g, sempredependerá da cantidade de freba e graxa queteña. En terceiro lugar poderiamos poñer o chou-rizo entre 350 e 450 kilocalorías por 100 g, o lacónentre 300 e 400 kilocalorías por 100 g, a orella een xeral a cabeza de porco entre 300 e 400 kilo-calorías por 100 g, a costela de porco entre 300 e350 kilocalorías por 100 g. Xa baixando un poucono contido de calorías encontramos os garavan-zos que portan entre 200 e 300 kilocalorías por100 g, o xarrete ou outras carnes de tenreira entre200 e 250 kilocalorías por 100 g, e os cachelosentre 80 e 100 kilocalorías por 100 g. Finalmenteos grelos ou o repolo terán menos de 50 kilocalo-

18 O Noso Lar

hixienealimentaria• •

Lacón, cabeza de porco, costela salgada, lingua, orella,

touciño, chourizo, unto, xarrete de tenreira, garavanzos,

repolo ou grelos e patacas.

O que nos chama a atención de entrada é ogrande número de alimentos que compoñen esteprato, e por outra banda o feito de que se podenagrupar en carne de porco e verduras e legumes,

Page 21: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

19O Noso Lar

hixienealimentaria• •

kilocalorías

Touciño : total de 50 g . . . . . . . . . . . . . . . .225

Chourizo : total de 50 g . . . . . . . . . . . . . . .175

Lacón, orella, cachola : total de 200 g . . . .600

Costela de porco: total de 50 g . . . . . . . . .150

Garavanzos: total de 25 g . . . . . . . . . . . . . .50

Xarrete de tenreira: total de 50 g . . . . . . .100

Cachelos 100 g . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .80

Grelos ou repolo 200 g . . . . . . . . . . . . . . . .80

Total = . . . . .1.460

moderados posibles de carne, especialmente dacarne de porco, que sen dúbida é a principal prota-gonista deste prato.

Por outra banda, e á marxe do que supónunha inxesta calórica masiva, temos tamén que teren conta determinados ingredientes que non sonsempre ben admitidos segundo a persoa da quese trate. No caso do porco o sal xoga un papel domáis significativo, xa que o salgado é o xeito tradi-cional máis estendido de conservar estas carnes;de tal xeito que o desalgar estes productos vai serun aspecto básico da cociña dos mesmos, peronon só dende o punto de vista sensorial senóndende o punto de vista da saúde.

Hoxe en día estamos fartos de ver un grannúmero de ingredientes baixos en kilocalorías (oucomo se di Calorías) que podemos mercar, evemos que isto é unha espiral que non cesa. Peroque é o que nos depara o futuro? Veremos nosrestaurantes cocido “light”, sen dúbida eu estouseguro de que isto vai ser así. Mentres chega esemomento, cando fagamos na nosa casa o cocidodeberemos de alixeirar pola nosa conta este deli-cioso prato, como xa dixemos nas anteriores liñas.Como resume cabe dicir que a moderación é unhaboa opción á hora de comer o cocido, aínda quese non nos excedemos na cantidade tampoucoten por que supoñer un grave problema calórico.Outra historia sería comer cocido tódolos días outamén engadir butelo ó menú.!!!!!

Carlos M. Franco AbuínLaboratorio de Hixiene Inspección e Control de Alimentos . F. de Veterinaria-Universidade de Santiago de Compostela

rías por 100 g de producto e son sen ningunhadúbida os alimentos máis lixeiros que compoñen ococido.

A primeira vista xa se nota que se trata dunxantar moi calórico e sen dúbida deberemos detelo en conta para non sumar en exceso máiscalorías ás que xa engadimos de máis no pasadoNadal. Hai que pensar que unha inxesta de calo-rías para un adulto medio podería estar preto das2.000 ou 2.100 kilocalorías nun día. Logo se imostomar un cocido, e tendo en conta que os postresirían aparte, poderiamos facer o seguinte cálculopor persoa:

Se como dixemos antes, engadimos opostre, o aceite que lle botamos xunto co pementoá carne e á verdura así como o pan e o viño (doque tira forte esta comida), ou parte do unto quedalgún xeito tamén inxerimos, acercámonos,nunha soa comida, ó máximo de inxesta calóricaque deberiamos de tomar nun día completo. Destexeito o resto de comidas do día poden supoñer xaun exceso no máximo de kilocalorías recomenda-das.

Do cálculo que fixemos podemos ver queson máis ou menos 700 gramos de comidaxuntando todos os pesos dos ingredientes. Sendúbida que teremos que ter en conta estes datosá hora de xantar cocido, xa que supón unha impor-tante xeira de kilocalorías as que lle imos meter ócorpo. O mellor consello sería aumentar o máisposible a inxesta de grelos ou repolo e aínda decachelos e procurar manter uns niveis o máis

Page 22: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

O Maior Santiago,Santiago O Maior

Xa logo ben bo tempo, e xa logo se nos fai máis fácilbotarnos ó Camiño, e antes de comezar cos datos técni-cos do Roteiro a Compostela, imos coñecer a esencia doque é a Vía Láctea. Non creo que faga falla lembrar queo inicio de todo acontece porque, en definitiva, o que imosfacer na nosa peregrinación é visitar a un Apóstolo deXesús, e aínda que ás veces temos a sensación de quea romaría de xentes que vai cara a Santiago son persoasque pasan á nosa beira sen máis, o certo é que a perpe-tuidade do tempo fixo que a visita ó apóstolo fora antetodo un acto de fé en moitos casos, un acto de amor,noutros, e incluso un acto de lealtade cun mesmo, entreas moitas apreciacións que ten o Camiño de Santiago.

E como a meta é a veneración de Santiago, parécemede xustiza coñecer un pouco da vida e obra do Apóstolode Xesús e da súa peregrinación.

O fillo do Zebedeo, ou Santiago o Maior, era dunhafamilia orixinaria parece que de Yafía preto de Nazaret,aínda que habitaban preto de Cafarnaún onde posuíanunha empresa familiar adicada á pesca das ribeiras doLago Genesaret asociada a dous irmáns; Pedro eAndrés, cos que compartían negocio. Deste grupo levaXesús os seus catro primeiros discípulos, os tres citadosademais do irmán de Santiago, Xoán, acompañadospola súa nai Salomé. Xa dende o primeiro momentoocupa Santiago un lugar destacado no grupo dos doce.Da súa personalidade pódese dicir que era arriscado,ambicioso, decidido, impulsivo, impetuoso, … de feitoXesús apodouno “o fillo do trono”.

A actividade apostólica de Santiago comeza tralamorte do Mestre, crese que os primeiros anos puidoviaxar á Península Ibérica aproveitando o abundantetrafego marítimo. De feito a tradición de moitos lugaresde España e Galicia é a que nos fala da súa predicación.Da súa vida trala morte de Xesús pouco sabemos, o queestá claro é que seguiu sendo influínte dentro do Camiñomarcado polo seu mestre, xa que Agripa I o elixe para darun escarmento representativo ante a comunidade. Asímorre decapitado coa espada, sendo o primeiro apóstoloque morre violentado no ano 44.

A nova vida de Santiago comeza cando varios dosseus discípulos o traen vía marítima dende Xerusalén aIria Flavia, onde o enterran no lugar chamado “Arca

Marmórica” a 12 millas de Iria. A tradición oral e a lendason as que nos trouxeron ata os nosos días a pasaxe datraslación do corpo do Apóstolo Santiago, que contare-mos nun próximo artigo.

Ata o s. IX non atopamos escritos que avalen un cultoincipiente do sepulcro de Santiago, volta a ser a tradiciónoral e a lenda as que nos falan de peregrinacións moi lo-cais, que son as que manteñen vivo o espírito de Santiagono pasar dos séculos. O silenzo sobre a tumba amplíasetamén sobre o propio lugar e evítase dicir que para chegará actual Compostela debería ter unhas orixes máis antigasque logo se demostraron nas excavacións da propia “cate-dral vella” coa aparición no mesmo lugar dun gran ente-rramento cristián dende o s. III ata o s. VII.

O caso é que ata o s. IX atopamos na diocese de IriaFlavia un ermitán de nome Paio, xunto con fregueses deSan Fiz de Solivio, ten unha revelación divina e na espe-sura do bosque observa unhas luminarias. A nova chega ócoñecemento do bispo Teodomiro que atestemuña queaquilo é o cadaleito dun apóstolo e que hai que chamar órei Alfoso II para que o corrobore. Así se fai, e así nace ofenómeno de peregrinacións, do que os séculos percorre-ron polo Camiño das Estrelas ata chegar ós nosos días.

Dende o seu inicio pasaron moitos reis, tres catedrais,infinidade de bispos, multitudes de peregrinos e todo isoenglobado nun gran fervor cara a Santiago. Non sepoden citar os milleiros de mulleres e homes que fixeroneste roteiro deica á tumba de Santiago, sería imposible,pero as anónimas ánimas, cada cal coa súa historiaparticular, son as que engrandecen un percorrido físico,cun relevo determinado. O verdadeiro percorrido é o inte-rior de cada persoa, de cada peregrino, que se dá enchamar a “ialma do Camiño”, un apelativo tan fermosoque é o que atraeu durante tantos séculos a tantasxentes dende os lugares máis insospeitados da xeogra-fía mundial.

Pero esa é outra historia, que contaremos proxima-mente. A historia do Camiño, de quen pasou, de queanos foron os máis gloriosos, e tentaremos contar taménpequenas historias. Se queres contar a túa, envíanola epublicarémoscha.

José Luis Garza S.

20 O Noso Lar

camiños• •

Page 23: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

21O Noso Lar

nosa lingua• •

A lingua galega:historia e actualidade

A nosa lingua galega ten unhaextensa historia. Como filla que é dalingua latina, naceu coa desaparicióndesta como idioma de comunicaciónoral. E como sucede na evolución detódolos sistemas lingüísticos, serviuprimeiro para a transmisión de mensa-xes verbais. Moito máis tarde, alá noséculo XIII, converteuse na lingua lite-raria de moda en toda a PenínsulaIbérica. É o momento do esplendor da líricaprofana das Cantigas de Amigo e de Amor e dapoesía satírica das Cantigas de Escarnio eMaldicir nas cortes dos reis de Castela e dePortugal. Tamén nestes intres o rei castelánAfonso X o Sabio dirixiu a grande empresa litera-ria das Cantigas de Santa María.

Nesta etapa a lingua galega era unha lingua dereis, de nobres e de vasalos. En definitiva, tódolosgalegos usaban e comunicábanse sempre na súapropia lingua.

Pero nos séculos XIV e XV teñen lugar dúastranscendentais guerras civís polo trono deCastela e en ámbolos dous casos a nobreza gale-ga apoiou o bando perdedor. Como consecuenciadisto, os novos reis substitúen os nobres galegosnos postos de confianza da administración e daxustiza por outros que viñan de fóra e que traíancomo idioma propio o castelán. Destexeito a elite gobernante en Galiciaempregará a lingua castelá o que provo-cará que, pouco a pouco, as clasesacomodadas se pasen ao novo idioma.

Despois veñen os chamados SéculosEscuros (XVI-XVIII) nos que a nosalingua perderá practicamente o status de lingualiteraria, pois quedará como lingua falada usada,iso si, pola inmensa maioría da poboación.

Haberá que esperar á segundametade do século XIX, co chamado Re-xurdimento, para atopármonos coa re-cuperación literaria da lingua galega naobra poética de Rosalía de Castro,Manuel Curros Enríquez e Eduardo Po-ndal. No primeiro terzo do século XX osescritores da Xeración Nós cultivan aprosa literaria e didáctica no noso idio-ma. Os galegos, por suposto, se-

guiranse comunicando maioritariamente en galego.

É na posguerra cando se produce de xeitoprogresivo unha forte castelanización da socie-dade galega, principalmente nas cidades. Haimoitos factores que contribuíron a isto: o fran-quismo, un ensino en castelán que chegou a todaa poboación, a forte emigración do campo ás cida-des, etc.

Na actualidade o maior problema da linguagalega, que aínda continúa sendo maioritaria nanosa terra segundo tódalas enquisas, radica natransmisión ás xeracións máis novas. Nas cidadesestanse perdendo moitos falantes entre a mocidadee isto é alarmante para o futuro do noso idioma etamén para a nosa cultura, xa que a cultura dunpaís sempre se transmite e se conserva a través dafala desa comunidade. Sería ben triste que a nosafala, que con tanto agarimo conservaron e nos

transmitiron os nosos devanceiros comoverdadeiros artífices da mesma, se perdesepola nosa inconsciencia.

Pero esta visión catastrofista non se vaicumprir mentres existan falantes orgullo-sos da nosa propia lingua que desexamos,como dicía Álvaro Cunqueiro, “mil primave-

ras máis” para a lingua galega.

Xosé Manuel Castro CastedoProf. Lingua galega no IES Anxel Fole

Page 24: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

22 O Noso Lar

agricultura emedio ambiente• •

Inseminación artificialno vacún de leite

Hoxe en día a inseminación artificial é a técnicamáis empregada no que se refire á reproduccióndo gando vacún de leite.

Na inseminación artificial debemos destacardous factores moi importantes, que son :

1. – O ciclo sexual da vaca.2. – A técnica de inseminación artificial.

1.- Ciclo sexual da vacaDise que unha femia chegou á pubertade cando

xa é apta para a reproducción.No gando vacún de leite soe darse a pubertade

entre os 9 e os 12 meses. Esta aparece cando oovario da vaca comeza a funcionar, iníciase así unciclo sexual que dará lugar á manifestación docelo na vaca.

En animais cunha alimentación pobre e nos quese realiza un mal manexo, pode retrasarse aaparición do primeiro celo. Pola contra animaiscunha alimentación excesivamente rica en protei-nas e enerxía, poden adianta-la súa pubertade.

O ciclo de celo soe durar un promedio de 21 días.As becerras é mellor que pasen 2 ou 3 celos

antes de realiza-la primeira inseminación. Osmaiores beneficios e a maior producción leiteiralógranse cando a becerra se insemina ós 15meses de idade, de modo que o primeiro partoteña lugar ós 24 meses (2 anos). As xovencascubertas demasiado pronto teñen máis dificulta-des no primeiro parto, ademais cada mes que seadianta o parto dos 24 meses redúcese a produc-ción de leite en 100 litros (de media).

A duración da xestación é de 280 días, ou sexasobre 9 meses.

A través dunha serie de mecanismos sucesivoso becerro comeza o proceso de parto. Primeiroreláxase o “cuello uterino”, logo contráese o útero eforza a placenta a abri-lo “cuello uterino”, a placentaco becerro dentro fai que se dilate a vaxina. Por

último as contraccións abdominais e uterinas fanque o becerro sexa expulsado ó exterior.

Nuns 60 días, se non houbo problemas noparto, a vaca está apta para unha nova xestación.

2.-A Técnica de Inseminación ArtificialA inseminación artificial é un método de reproduc-ción no que se obtén seme dun touro, que logo seconxela para despois introducilo nunha vaca pormedio duns instrumentos especiais.

Pasos a seguir na inseminación artificial

1- Antes de insemina-la vaca débese facer unha observaciónvía vaxinal, para ver se está en boas condicións para a inse-minación. No momento do celo o “limo” debe ser transparentee elástico. (Antes de todo isto poñeremos un guante dun sóuso).2.-Desconxela-lo seme da “pajuela” con auga temperada.3.-Coloca-la “pajuela” no catéter e poñerlle a este a funda.4.-Abri-la vulva da vaca e introduci-lo catéter uns centímetros.5.-Introduci-la man polo recto ata atopa-lo “cuello uterino”,logo suxeitalo. (o “cuello uterino” ó tacto parece o pescozodun polo).6.-Coa outra man dirixi-lo catéter a través do “cuello uterino”ata chegar ó corpo do útero.7.- Baleira-la “pajuela”, retira-lo catéter e dar unha pequenamasaxe no útero.8.-Despois extrae-lo brazo lentamente. Quita-la funda docatéter suxeitándoa coa man enguantada. Quita-lo guante edobralo sobre a funda, así tódolos materiais dun só usoquedan xuntos para tirar ó lixo.

Na actualidade as cooperativas e sindicatosorganizan moitos cursos de inseminación artificial.Estes cursos son moi interesantes porque axudanós gandeiros a levar un mellor control da repro-ducción das súas vacas.

Oscar López González

Page 25: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

¡¡¡¡ Váisenos Daniela !!!!

23O Noso Lar

saúde• •

Este é o triste comentario que escoitamos naconsulta repetidamente desde hai uns días. Si, vái-senos, e por iso ides permitirme que esta secciónchamada “saúde” lla dedique a ela e ós profesio-nais de enfermería que son bases imprescindiblespara manter o benestar dos pacientes.

Daniela leva na nosa vila 13 anos e desde oprimeiro día fíxose querer. Sixilosa, os seus move-mentos son suaves pero atinados. Os seus pequenosdedos móvense con habelencia e parece que teñenun tacto especial para atopar aquelas veas difíciles eescondidas, sempre intentandonon mancar ó paciente máisdo imprescindible.

Preocupada por esascuras diarias, lentas na súacuración e dolorosas, mes-tura un pouquiño de poma-da, mecos, un amplosorriso, unhas pinceladasde Betadine, gasas e espa-radrapo con moita pacien-cia…. E ó mesmo tempoque cicatriza a ferida doexterior, tamén axuda acurar a ferida máis fonda, ada incerteza, a do medo, ada desesperación dos pa-cientes e os seus familiares.

O traballo que se realizade boa gana sempre é máissatisfactorio tanto para o profesional como para opaciente e disfrutas co que fas ademais de cum-prir coa túa obrigación. Os recoñecementos esco-lares poderían ser un exemplo do que estou dicin-do: Daniela ría cos nenos e gastáballes bromas fa-cendo que os cativos pasaran o tan temido examerindo. Como ían ter medo á vacina se a enfermeiralles dicía: “é como a picadura dun mosquito…,fulanito non chorou….” E ese orgullo facía queeles tampouco choraran.

Pero, cando a situación era grave, Danielasomerxíase na súa profesionalidade e actuaba

rápido, case sen dicir nada, entendíanos coamirada e sabía perfectamente os pasos a seguirpara intentar salvar aquela vida, para calmaraquela dor. Mudaba o seu contaxioso riso porunha cara de preocupación, pero non perdía asúa dozura co paciente, ás veces con bágoas nosollos dicíalles “tranquilo fulanito, non pasa nada,verás como melloras axiña…”

Con ela vivimos multitude de situacións,unhas ledas, outras tristes, unhas preocupantes,outras incribles, vivimos partos, defuncións, pe-

lexas, accidentes graves,accidentes graciosos…teriamos moitas anécdo-tas que contar a nivelprofesional.

A nivel persoal, a nosavida foise forxando e en-cauzando ó longo destesanos. Durante este tempo,Daniela casou, tivo a súaprimeira filla, fixo novasamizades, coñeceu outrosprofesionais, estudou, fixocursos de formación,despois tivo o neno…Unha morea de vivenciasque dificilmente ela esque-cerá e que seguramentesempre relacionará coa

nosa vila. Os que máisperdemos somos nós, perde-

mos a unha marabillosa e inmellorable profesionale botaremos de menos a esa amiga alegre eriseira que mitigaba os desgustos que ás vecesnos dá a vida. Por iso queremos darlle as grazas,por facernos doado o traballo, por facernosalegres as mañás, por trasmitirnos esa xuventudeque hai dentro dela, por esa amizade fiel.Lembrarémoste con alegría e esbozaremos unsorriso na túa honra.

Conchita Rodríguez FernándezMédico de Atención Primaria

Page 26: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

Facer vidao Evanxeo

Para os cristiáns o Evanxeo é sempre unhaBoa Nova. A razón fundamental desta afirmaciónestá en que o evanxeo non é só nin, sobre todo,unha doutrina, senón que é a mesma Persoa deXesucristo e a salvación que nel se nos ofrece.Evanxelizar é, polo tanto, facer presente hoxe navida das persoas, na historia dos pobos e notecido da convivencia social esa forza salvadora,humanizadora e transformadora que se encerrana persoa e no acontecemento de Xesucristo.

O equipo de pastoral da Unidade de AcciónPastoral, Lousada-Samos, pretendemos nestecurso descubrir e vivi-la fe como unha gracia quenos estimula no empeño de facer vida o evan-xeo . Somos conscientes de que a fe é un don, unregalo, unha gracia. Por iso non se compra, nin segaña, non é algo ó que teñamos dereito. Comogracia dásenos gratuitamente. Non se pode impo-ñer nin obrigar.

Vivir con fe e desde a fe a nosa vida, non levaconsigo sentirnos superiores ós demais; non signi-fica ter máis dereitos. Ó contrario, supón para nósvivir cunha permanente actitude de apertura aDeus, á creación e a tódalas creaturas. Non cabedúbida de que a través desta apertura, Deus enri-quécenos cos seus dons, e a realidade na queestamos chámanos a compartir gratuitamenteeses bens.

Facer vida o evanxeo non é unha tarefadoada, dadas as nosas limitacións, as nosas mise-rias e as dificultades externas. Pero di o refrán:vale máis o querer que o poder; ¡que granverdade! Se queremos, podemos. Contamos,ademais, coa eficaz e permanente axuda doEspírito do Resucitado. El mesmo nos dixo: envia-reivos o meu Espírito que permanecerá sempreconvosco.

Facemos vida o evanxeo cando:

· O domingo, día doSeñor, nos xuntamosos cristiáns paracelebrar obanquete dafraternidade, obanquete daEucaristía, e o face-mos con dignidade participando e colaborandopara que todos nos sintamos unha verdadeirafamilia. Podemos estar seguros que a forzasalvadora de Xesús se fai presente na nosavida e na nosa comunidade.

· Nos achegamos a compartir cos enfermos unpouco da nosa vida e da nosa saúde, candoescoitamos e acollemos con paciencia eagarimo ás persoas maiores ou a aquelasoutras que precisan da nosa axuda; candocompartimos a dor, a fe e a esperanza polamorte de seres queridos. Non dubidemos deque a tenrura e misericordia de Deus, estánpresentes neses encontros fortalecendo ehumanizando a vida desas persoas enfermas,achacosas e tristes.

· Xuntos elaboramos proxectos encamiñados aanimar a vida dos nosos pobos; cando nunclima de boa convivencia e de fraternidadecompartimos a alegría da festa; cando consinxeleza, con humor e naturalidade disfruta-mos nun ambiente de amistade e de familia nasexcursións, nas vacacións-convivencia, noentroido, etc. Estamos convencidos de quetamén aquí está moi presente a forza transfor-madora de Xesús, alentando e fortalécendo asolidariedade e unhas relacións máis xustas efraternas.

Todas estas son algunhas das situacións danosa realidade nas que vemos que si é posiblefacer vida o evanxeo. E estámolo a facer entretodos.

Miguel Gómez Vázquez

26 O Noso Lar

pastoral• •

Page 27: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

25O Noso Lar

experiencias• •

AmigasAnduriñas

A natureza tódolos días nos abraiacon imaxes case paradisíacas. Ás vecesocorre que non somos capaces de mirarmáis alá dos nosos pés. Recordo conmoito agarimo aquela mañá morna dopasado mes de setembro en Lousada:levantar os ollos ó alto e ver centos ecentos das amigas andoriñas. É comúnentre elas, nese tempo, xuntarse e facerprobas de voo, ascender, descender, chiar,pousarse nos cables do tendido eléctrico,nos saíntes das pedras da casa…volver avoar... un paxariño inquedo; todo para queas máis noviñas, as que naceran natempada estiveran preparadas para alonga viaxe, que lles esperaba, cara ásterras distantes de África e alí pasar o fríoinverno galego.

¡A canta xente das nosas cidades llesgustaría contemplar aquela imaxe!

Un cadro natural, común nas nosasaldeas, soamente que aquela mañá do díadoce de setembro era diferente. Alguéntamén mudaba, coma as andoriñas. Aviaxe era curta, comparada coa dos paxari-ños inquedos, unha viaxe que xa fixeramoitas veces, de menos de unha hora,pero aquela maña era distinta: empezaba olabor no novo lugar.

As andoriñas deixaban atrás unverán cheo de experiencias, de traballos,de nacemento e crianza dunhas novascriaturas. Todo ía con elas na longa viaxe etodo se quedaba alí. O mesmo lle pasa ás

persoas. Día a día, paso a paso, vaisefacendo e escribindo a historia de cada unde nós.

Quen o diría hai anos que ía convivircoas persoas de case tódalas aldeas doconcello de Samos. Durante catro anoscompartimos xuntos o regalo da vida: nosoleado día da festa e no chuvioso día dador; na noite clara da xuventude e naescura da vellez. Por iso, cando da vida setrata, cando falamos de tempo perdido cosamigos, de encontros, de fe, cando asexperiencias son moitas, soamente quedaser agradecido. Agradecer a Deus o don davida, e ós irmáns o podela compartirxuntos.

A confianza en Deus no medio dunhavida sinxela foi para min a grande experi-encia, a vivencia diaria, o descubrimento.“Samos” é para min máis que un pobo, unconcello, un mosteiro, un lugar, unha aldea,unha parroquia, unha fundación, unhahorta, unha casa, un lar, un camiño, unhafesta, unha familia, unha comunidade, uncompañeiro, unha persoa .... é todo isto, enplural e sempre máis.

Por iso GRAZAS a tódalas persoasque favorecestes esta experiencia de vidae fe, que levarei agradecido comigo ata omomento de entregarlla ó Pai e disfrutarpara sempre da gran festa da vida, nacompaña de tódolos homes e mulleres queen calquera recuncho da terra fan o ben.

Page 28: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

28 O Noso Lar

experiencias• •

Pascua 2006Cantas cousas, na vida nos deixan

abraiados! Abraiadas quedamos nós aochegarmos a Lousada e contempla-lo seuentorno, coa ilusión de celbrármo-laSemana Santa coas súas xentes.

Tal asombro, era motivado pola fermo-sura da súa paisaxe e pola garimosaacollida, apertura e confianza, que nosofreceu a gran familia de O NOSO LAR.

O noso interese era participar nunhapascua rural pois acompañábano-la con-vicción de que, a través do pequeno, doque parece insignificante aos ollos calcula-dores do macro-mundo, é o mellor mediopara nos encontrar a nós mesmas e paraatopar ao mesmo Deus. Coñecelo e vivircon Él, é a mesma entraña da vida francis-cana. Cremos que, na sinxeleza e nanormalidade (que, pola súa propia natu-reza, dinamiza o mundo rural), Deus mani-féstase dun xeito claro e natural. A vidasinxela e familiar, de relacións cercanas,onde se practica o compartir, a gratuidade,a preocupación polo outro... permiten vivire amar con tenrura e grandeza de ánimo,rompendo o egoísmo, os legalismos... poisa ledicia fai a súa casa no corazón. E, istoé o que nós tivémo-la sorte de experimen-tar nestes tres días, nos que convivimoscos homes e mulleres de Lousada, a-xudando a preparar e participando nas ce-lebracións da Semana Santa, coas distin-tas comunidades.

Se a Pascua é a Festa, na que celebra-mos que o Crucificado é o Resucitado, foi,nestes tres días, cando puidemos experi-mentar isto coa maior paixón, pois é, neste

contexto da natureza non manipulada, deconvivencia compartida e de actitudesgratuítas, desde onde albiscámo-la luz daesperanza, a luz dunha vida que sempreestá por estrear.

E, despois destes días regresabamos áaparente normalidade, pero algo cambiaranas nosas vidas. Traiamos con nós, algun-has certezas: se vivimos, cada día, consinxeleza e nos deixamos levar pola vidaque vén da natureza e da nosa relacióncoas persoas, viviremos no camiño da fe eda firme esperanza no Deus da vida.

O noso corazón viña, tamén cheo deagradecemento a tódalas persoas que fixe-ron posible esta nosa experiencia. Grazas,sobre todo, ao equipo de sacerdotes e ásirmás que nos acolleron e nos integraronnas súas actividades; grazas a cada unhadas persoas, coas que convivimos e quenos trataron con tanto agarimo e cercanía.Desde agora, sempre estaredes formandoparte da nosa lembranza máis profunda.

Ada, Belén, Inma, Jaqueline, Laura, Natalie, María e Valle

(Mozas franciscanas e segrares:Madrid e Salamanca)

Page 29: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

“O Reino dos Ceos é semellante a untesouro agachado nunha leira: O homeque o atopou volveuno agachar; e cheode ledicia, vendei canto tiña e mercouaquela leira”. M 13,14

Por compartires connosco esteTESOURO que o Señor che amosou

e que se fixo realidade:

GRACIÑASMANOLO

• Na túa sinxela e agarimosacercanía a todos nós.

• No anuncio explícito daMensaxe de Xesús dun xeito

claro e creativo desde a gratui-dade e a xenerosidade

Page 30: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

S U B S C R I C I Ó N C O L A B O R A D O R

Festa en homenaxe ós nosos maiores: unha celebración gozosa, entrañable e solidaria;as vacacións-convivencia para maiores: merecida recompensa tras unha vida de traballo;

casa de acollida temporal: onde os anciáns teñen un fogar,catro libros con aportacións á historia de Samos desde a nosa cultura,

o presente boletín semestral...Nestas e outras actividades vaise concretando o lema da Fundación O Noso Lar:

Ó servicio da xente da nosa terra. Se queres recibi-los sucesivos números deste boletín, envía á Fundación O Noso Lar,

San Román de Lousada, 27620 Samos, Lugo, os teus datos (nome e enderezo)

Nome e apelidos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

NIF . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Rúa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Nº . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Piso . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Porta . . . . . . . . . . . . . . . . . . Código postal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..

Localidade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Provincia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Teléfono . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

IMPORTE

12 Euros

30 Euros

60 Euros

Outros ...................... Euros

PERIODICIDADE

Mensual

Trimestral

Semestral

Anual

Única

FORMA DE PAGO

Domiciliación bancaria

Talón bancario a nome de:Fundación O Noso Lar

Xiro postal

CONTAS PARA DONATIVOS A TRAVÉS DE INGRESOS E TRANSFERENCIAS

Banco Pastor - Samos. 0072 - 0247 - 92 - 0000200484

D O M I C I L I A C I Ó N B A N C A R I A

Titular da conta . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Banco ou Caixa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Direccion bancaria . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Nº . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Código postal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Poboación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Provincia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

CÓDIGO CONTA CLIENTE

Código entidade Código oficina D. C. Número de conta

Periodicidade ................................................. Importe .....................................................

Firma do titular

Se ademais desexas colaborar economicamente cos fins da Fundación O Noso Lar, envíanos tamén os seguintes datos:

Page 31: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O

As mans son unha parte moi significativa das persoas.Os xestos que con elas facemos mentres falamos

reforzan a mensaxe que queremos transmitir.Coas mans nos relacionamos co entorno, descubrimos o mundo.

As mans falan de obras: ós amigos pedímosllesque nos boten unha man, e coa súa axuda o traballo transfórmase.

Expresións como obras son amores e non boas razóns oupredícase co ejemplo,

falan da importancia fundamental que damos ós feitos,xa que sen eles non hai discurso que, por bo que sexa,

se sosteña en pé.

E se hai quen saiba de obraseses son os nosos maiores que por tempo vivido

acadaron a categoría de expertos.

A súa vida está chea de xestos humanos que os nenos deben coñecer.Cos maiores aprendemos da vida. Cambiarán os tempos e con eles as formas mais o esencial é

universal¡Vello como o mundo!

Matilde Arrizado

Page 32: O Noso Lar, Boletín nº 10 - 2º Semestre 2005 · de persoas en exclu™dos, que ven como se alonxa, cada vez m⁄is, a posibilidade dunha existencia digna. Desde a FundaciŠn O