O neolítico

10
O tempo e o espazo, as formas de vida, a socidade, e as crenzas e a arte.

Transcript of O neolítico

Page 1: O neolítico

O tempo e o espazo, as formas de vida, a socidade, e as crenzas e a arte.

Page 2: O neolítico

O Neolítico apareceu cara ao ano 10.000 a.C, co inicio da agricultura e a gandería, e finalizou cara ao ano 4.500 a.C, co comezo do traballo do metal.

Xurdiu no chamado “Crecente Fértil”, unha rexión en forma de media lúa que se estende desde os ríos Tigre e Éufrates ata o Nilo. Desde alí difundiuse cara ás grandes chairas fluviais de Europa, China e India.

Page 3: O neolítico

Agricultura Gandería

Page 4: O neolítico

A alimentación dos seres humanos tivo que adaptarse ao quentamento do clima que seguiu ás glaciacións, que provocou a busca de novas formas de alimentación e o xurdimento da agricultura e da gandería. Con iso, a economía pasou a ser produtora.

Page 5: O neolítico

A agricultura naceu ao observar que as sementes que caían ao chan orixinaban, co tempo, unha nova planta, e baseouse , sobre todo, no cultivo de cereais como trigo e arroz. A gandería xurdiu do costume de encerrar animais (ovellas, cabras, porcos e bois) en cercados, para telos como reserva de carne por se escaseaba a caza. Estas actividades proporcionaron, respectivamente, liño e la para confeccionar os vestidos utilizando teares.

A importancia destes cambios foi tal que, en conxunto, coñécese como “revolución neolítica”.

Page 6: O neolítico

Os instrumentos seguiron sendo na súa maioría de pedra, aínda que para darlles forma utilizouse o pulido, que eliminaba as rugosidades. As tarefas agrícolas fixeron necesarios novos útiles como sachos ou fouces.

Page 7: O neolítico

A Sociedade aumentou o número dos seus membros, ao mellorar a alimentación. A vida fíxose sedentaria, xa que as persoas debían permanecer xunto aos seus campos de cultivo e os seus gandos. Así xurdiron aldeas e poboados, formados, primeiro, por cabanas de canas, pólas e baro, e , despois, por casas de pedra ou adobe.

Ademais, produciuse unha especialización no traballo, é dicir, cada membro ou grupo dedicábase a unha tarefa. As desigaulades sociais aumentaron cando algúns membros acapararon riqueza e poder.

Page 8: O neolítico

As crenzas relixiosas centráronse no culto aos astros, polos que se guiaban para sementar e recoller as colleitas; á deusa nai, que aseguraba a fertilidade das colleitas e do gando; e aos mortos.

Page 9: O neolítico

A manifestación artística máis importante foi a cerámica, pulida para deixar a superficie lisa e decorada con incisións realizadas con cunchas de moluscos.

Page 10: O neolítico