O mundo grego

15
O MUNDO GREGO MATERIAL DE CIENCIAS SOCIAIS 1ºESO. Profesora: Lina Mª González.

description

Presentación para a miña clase de sociais de 1º ESO.

Transcript of O mundo grego

Page 1: O mundo grego

O MUNDO GREGO

MATERIAL DE CIENCIAS SOCIAIS 1ºESO. Profesora: Lina Mª González.

Page 2: O mundo grego

1. O NACEMENTO DO MUNDO GREGO

A civilización minoica

Reconstrución do palacio de Cnosos

Desarrollouse na illa de Creta.Tiñan un florecente comercio.Pobo pacífico que coñecía a escritura.Construían grandes palacios con moitas estancias e decorados con frescos.Tiñan un sistema de escritura propio.A súa influencia remata no ano 1450 a.C ao producirse un cataclismo.

Page 3: O mundo grego

1. O NACEMENTO DO MUNDO GREGOA civilización micénica

Protagonizada polos aqueos, pobo guerreiro que viña do Norte. Usaba armas de bronce e carros de guerra.Micenas é o centro político, económico e militar.Vivían en cidades amuralladas.Homero narra as súas fazañas nos seus poemas épicos: A Ilíada e a Odisea.Comerciaron con Asia Menor.Hacia o 1200 a.C. foron dominados polos dorios e desprazados cara as illas do Exeo e Asia Menor.

Page 4: O mundo grego

1. O NACEMENTO DO MUNDO GREGOOs dorios

Asentáronse en Grecia cara o 1200 a. C.Tiñan armas de ferro, coas que se convertiron no novo pobo dominante.Con eles chega unha crise que afectará aos pobos do Exeo, que se coñecerá como ÉPOCA ESCURA.

Page 5: O mundo grego

2. A GRECIA ARCAICA (s. VIII-VI a.C.)

Ocupaba a Península Balcánica e as costas e illas do mar Exeo:

- relevo montañoso- Costas recortadas- Clima cálido e seco

Dominaban o mar e o comercio. Helenos: tiñan a mesma lingua, cultura e relixión.A actividade principal era a agricultura.Relixión politeísta con deuses antropomórficos que habitaban no Olimpo.A polis era a forma de organización política e social grega.

Page 6: O mundo grego

2. A GRECIA ARCAICA (s. VIII-VI a.C.)

AS POLISPequenas cidades-Estado independentes.Tiñan distintas leis, moeda, exército e goberno.Ademais da cidade, abranguían as aldeas veciñas e os campos dos arrabaldes.Nas cidades había dúas partes:

Zona baixa: vivendas, tendas e edificios públicos ao redor da ágora.

Zona alta: Acrópole.

Page 7: O mundo grego

2. A GRECIA ARCAICA (s. VIII-VI a.C.)

AS POLIS. FORMAS DE GOBERNO.

OLIGARQUÍA: Gobernan un poucos aristócratas que forman o Consello de aristócratas.O resto de cidadáns masculinos podían reunirse en Asemblea: só opinaban.Revoltas sociais no s.VI a.C. que levaron a reformas sociais e a unha nova forma de goberno en Atenas: a DEMOCRACIA.Esparta continuou coa oligarquía.Lexisladores como Solón ou Clístenes anularon a escravitude por débedas e introduciron o dereito de todos os cidadáns a participar no goberno da cidade e a estar protexidos pola lei.

Page 8: O mundo grego

2. A GRECIA ARCAICA (s. VIII-VI a.C.)AS COLONIZACIÓNS.

Migracións dos gregos a costas mediterráneas e do Mar Negro.Causas:• Escaseza de terras.• Miseria na que vivían os campesiños.• Poder ser escravizados por débedas.

Obxectivo: atopar lugares para establecerse onde extraer materias primas e comerciar cos indíxenas.Estas COLONIAS eran polis independentes con lazos comerciais e culturais coas polis de orixe (metrópoles) e construídas seguindo ese modelo. Proporcionaron un gran crecemento económico ás metrópoles e impulsaron o desarrollo da artesanía e o comercio.

Page 9: O mundo grego

2. A GRECIA ARCAICA (s. VIII-VI a.C.)MAPA DAS COLONIZACIÓNS.

Page 10: O mundo grego

3. A GRECIA CLÁSICA (s. V – IV a.C.)Época de prosperidade en Atenas grazas ao goberno de Pericles.Prosperidade económica, florecemento da arte e a cultura e consolidación da DEMOCRACIA (cidade gobernada polos seus cidadáns). Só os cidadáns participaban na vida política e estaban protexidos pola lei. Debían participar na defensa da polis e pagar impostos. Eran minoría (homes libres, maiores de idade e fillos de pai cidadán e nai ateniense).Os metecos (estranxeiros) eran libres, non tiñan dereitos políticos pero pagaban impostos.Os escravos non eran libres, eran propiedade dos seus donos.As mulleres non posuían dereitos civís e estaban sometidas á autoridade masculina.

Page 11: O mundo grego

3. A GRECIA CLÁSICA (s. V – IV a.C.)Institucións atenienses:

EKLESSIAAsamblea de cidadáns que votan as leis, a guerra e o ostracismo

Elixen aos MAXISTRADOS

ARCONTES- Presidían tribunais e cerimonias

relixiosas

por SORTEOHELIAIA

- 6000 Xuíces- Tribunal popular

BOULÉ- 500 cidadáns ( por un ano)

- Elaboraba as leis- Controlaba aos maxistrados

Page 12: O mundo grego

3. A GRECIA CLÁSICA (s. V – IV a.C.)Guerras Médicas (492-449 a.C.)Enfrontamento entre os gregos e o imperio persa.O emperador persa Darío I, ocupou as colonias gregas de Xonia.492 a.C. , batalla de Maratón, vitoria ateniense sobre os persas.2ª invasión persa e vitoria naval ateniense en Salamina.Os hoplitas gregos aplastan aos persas na batalla de Platea.

Page 13: O mundo grego

3. A GRECIA CLÁSICA (s. V – IV a.C.)

Consecuencias das Guerras Médicas:Atenas domina ao resto das cidades gregas.Fórmase a Liga de Delos (477 a.C.), asociación das polis gregas para prever un novo ataque persa.Acordan que Atenas administre os impostos e os garde na illa de Delos (Tesouro da Liga de Delos).Atenas traslada o tesouro de Delos e emprégao para reconstruír a Acrópole. Converte á Liga nunha organización para dominar ás outras polis.

Page 14: O mundo grego

3. A GRECIA CLÁSICA (s. V – IV a.C.)

As Guerras do Peloponeso (431-404 a.C.)Enfróntanse as polis

gregas, unhas encabezadas por Esparta (Liga do Peloponeso) e outras por Atenas (Liga de Delos).

Vitoria de Esparta, pero o conxunto das polis debilitouse.

Macedonia aproveita esta debilidade para aumentar a súa expansión.

Page 15: O mundo grego

4. A GRECIA HELENÍSTICA (s. IV- II a.C.)

O rei Filipo II aproveita o declive das cidades gregas para conquistalas. No 336 a.C. sucédeo o seu fillo Alexandre (que recibiu o alcume de Magno).Unificou as polis gregas e formou un imperio que abarcou de Exipto ata o río Indo, fundamentado na lingua e na cultura grega (helenismo).Á morte de Alexandre os seus xenerais repartíronse o imperio, dividíndoo en reinos independientes (helenísticos).Grecia rematou por convertirse en provincia romana no s. II a.C.