Boletín Informativo de xullo 2016 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
O misterio da familia Benedite.
-
Upload
yolanda-castro -
Category
Documents
-
view
802 -
download
4
Transcript of O misterio da familia Benedite.
SOFÍA Mª PENA MARTÍNEZ
Aquel día Sara non estaba de moi bo humor xa que a súa nai lle comentara que ía ter que asistir a un campamento de verán debido a que o seu pai tiña que viaxar a Nova York por motivos de traballo e on tiña con quen quedar. Axiña ao baixar as escaleiras recibiu unha noticia por parte da súa nai que lle ía a cambiar a vida.
-Sara, a avoa morreu.Nese momento a protagonista non sabía
que facer: se botarse a chorar, saír correndo. A súa nai ao vela con esa face, entregoulle unha carta escrita de puño e letra da súa avoa Milagros que lle dera previamente para cando este momento chegara. Sara abriuna e comezou a articular:
“Querida netiña:Escríboche esta carta porque sei que este
día tarde ou cedo ía chegar. Por isto e para que me recordes, deixei un agasallo moi importante para min nun os recunchos desta casa. Como sei que non che gustan a sorpresas so che pido que recordes tódolos momentos que pasábamos xuntas cando ras pequena e xa verás como che vai vir á mente a cousa da que che estou falando. Prégoche que non esteas triste, que non te quero ver así dende o lugar onde queira que estea e tamén che pido que sempre recordes que ocuparás un lugar moi importante no meu corazón.
Con todo o cariño da túa avoa.
MILAGROS
O misterio da familia Benedite
Á mañá seguinte e co almorzo comido, Sara tivo que ir ao instituto pois ese día tiña tres exames finais que eran imprescindibles para as cualificacións finais porque se non aprobaba non podería facer o bacharelato .Cando acabou de ler a carta, Sara botouse a chorar .
-Lembra que ela non querería verte así– afirmou a súa nai Cristina acariñándolle o pelo.
-Está ben– replicou Sara secando as bágoas.Cando Cristina decidiu deixar soa a Sara no
seu cuarto, esta comezou a lembrar como se dun filme se tratase, momentos que pasou coa súa avoa cando era pequeniña (que era o que lle dicía na carta): cando facían galletas con diversas formas no nadal, cando prantaban rosas na primavera, cando recollían margaridas no campo ata facer un gran ramo, cando se disfrazaban no entroido, cando pasaban tardes vendo ´´ Cine de Barrio ´´… E a nena estivo así un bo tempo ata que foi anoitecendo e chegou o momento de ir visitar a casa da avoa . Ao entrar, a Sara non lle parecía a mesma casa sen a súa avoa: a televisión da cociña apagada, o can fóra da casa porque non tiña con quen estar… A causa disto á pobre rapaza non lle quedaron folgos para ir na procura dese misterioso agasallo e, o que fixo foi sentar naquel vello sofá dos anos oitenta onde a súa avoa adoitaba deitarse mentres vía a tele cando era de noite. Ás nove da noite, a familia Benedite abandonou o domicilio da avoa. Cando chegou a súa casa, Sara decidiu deitarse sen nin sequera cear (pese a que non comera en todo o día).
Ao entrar no autobús e ver a Sara con ollos chorosos as súas amigas preguntáronlle que era o que lle ocorrera.
Esta, que aínda tiña á carta da avoa nas súas mans, decidiu amosárllela.
-Pobriña – engadiu Marta, unha das mellores amigas da nena, con tristura.
-Non esteas así que me vas facer chorar a min .
-E ademais, a túa avoa non querería verte así, ¿ou non?- preguntou Míriam intentando animar .
-Si, pero eu estaba moi unida a ela e vouna botar moitísimo de menos - dixo Sara encolléndose de ombros .
-¡Abonda xa de tanta tristura!, agora o que temos que facer é concentrarnos nos exames de hoxe, que son moi importantes – exclamou Alba, a máis optimista do grupo .
Nese momento o vehículo parouse e os mozos baixaron do autobús.
Ese día as clases para a protagonista non se pasaron tan rápido coma outros días co tema dos exames que, por certo, saíronlle moi ben.
Ao saír do instituto, o pai de Sara estaba agardándoa na porta para levala directamente á casa e que non se entretivese .
Ao chegar á casa, a protagonista viu que o seu irmán estaba deitado no sofá, sen gana de nada… e á rapaza pareceulle estraño.
-Sara, deixa ao teu irmán en paz, ou ¿non ves que está enfermo?- berroulle o seu pai.
-Imos comer e despois temos que ir a casa da avoa por unhas cousas que precisaremos. E non esquezas que deberás quedarte na casa coidando ao teu irmán .
Ao entrar na casa da avoa, Sara díxolle ao seu irmán que se deitara no sofá e que durmira coa excusa de que ela tiña que axudar aos seus pais a coller unhas cousa e levalas para o coche; mais non era así, ela o que realmente quería era encontrar ese agasallo misterioso sen que ninguén a molestara.
Unha vez que se foron os seus pais e o seu irmán estaba durmido, decidiu empezar pola cociña:
-¡E se a miña avoíña deixoume unha desas vaixelas nas que adoitabamos cear no Nadal!- pensou Sara.
-Non, non creo. Eu non pasaba a miña infancia pegada a unha vaixela.-recordou.
Entón Sara pensou que na cociña non se atoparía porque non adoitaba estar alí na súa infancia. Entrou no dormitorio no que había dúas camas e onde adoitaban durmir ela e mais o seu irmán cando os seus pais non estaban. Recordou que alí non había moito mobiliario, mais enriba da súa cama estaba Pepita, a boneca coa que soía xogar. Decidiu apunta-lo nome nunha lista que tiña para poñer tódalas pistas que ia descubrindo (na que non había nada importante). Despois de escribir o nome na listaxe, decidiu entrar no dormitorio da súa avoa, mais pensouno dúas veces e decidiu saír ao recordar que entrara alí escasas veces e, cando o fixera, era para ir buscarlle as lentes para ler (e a nena tiña moi claro que ese non ía ser o misterioso agasallo) .
Por último, decidiu mirar na sala e lembrou achegándose á ventá que a súa avoa tocaba moi ben o piano. Tamén apuntou este instrumento na listaxe previamente. Ao acabar coa misteriosa búsqueda, Sara decidiu ir á cociña por un vaso de auga e logo sentarse no sofá para recapacitar sobre cal dos dous obxectos que tiña era o misterioso agasallo . Mentres estaba pensando deuse conta de unha cousa que pasara por alto: ¿Por que a súa avoa deixou unha herdanza soamente a ela e non ao seu irmán? Pode ser porque o neno é máis pequeno ca ela pero tamén porque a ela lle gustaba a música e lle deixou o piano, que era un dos obxectos da súa casa que máis apreciaba. Nese momento entraron os seus pais e Sara contoulle a súa nai o que fixera. Esta lle díxolle:
-A túa avoa dende nena sempre foi moi boa música, máis o seu pai(que era o que mandaba na casa por aqueles tempos) nunca quixo que a súa filla fose alguén recoñecido neste mundo por ser muller, senón que quería que a súa filla fose unha muller digna casada, ama do fogar e con fillos. Aínda que ela loitou para facer os seus soños realidade, nunca puido. Cando casou, ela explicoulle ao seu home que tocaba o piano moi ben e, como xa non dependía do seu pai, se este lle daba o consentimento para acudir a unhas clases que ofrecían na escola para tódalas idades. Uns anos despois, cando eu xa nacera, o meu pai decidiu aceptar mais pasados uns anos dende que llo dixera, diagnosticáronlle un cancro que fixo que a súa curta vida durara tan só dous meses máis. A causa disto e por riba co consentimento do seu home a túa avoa quitáronselle as ganas de facer o seu soño realidade e exclusivamente adicouse ao meu coidado, debido a que non teño máis irmáns.
Por iso, ela che regalou isto, para sentir que alguén na súa familia se dignou a facerlle caso xa que eu sempre tiven moi claro que quería facer medicina .
-Mamaíña, agora xa entendo porque nesta casa nunca se fala do avó, de que non teño máis tíos ca os da familia do meu pai e en que traballaba a avoa. Pobre, o que tivo que sufrir – engadiu Sara con pena.
-Non o sabes ben miña filla.-Pois vouno facer, vou facer o seu soño
realidade, voume converter nunha gran pianista.
E así foi. Quince anos despois e grazas a aquela viaxe que tiña que facer o seu pai a Nova York (que fixo que a familia se trasladara a vivir alí), Sara converteuse nunha recoñecida pianista da Orquesta Sinfónica de Nova York .
FIN