PARTICIPACIÓN DA FAMILIA NO ESTUDO

30
“NON TEÑO NADA QUE FACER!!!! A participación da familia na tarefa de estudar d@ adolescente GRUPO DE FAMILIAS 16 de Xaneiro IES FIN DO CAMIÑO

description

O noso papel no estudo dos nosos fillos

Transcript of PARTICIPACIÓN DA FAMILIA NO ESTUDO

Page 1: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

“NON TEÑO NADA QUE FACER!!!! A participación da familia na tarefa de

estudar d@ adolescente

GRUPO DE FAMILIAS

16 de Xaneiro

IES FIN DO CAMIÑO

Page 2: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

PARTICIPACIÓN FAMILIAR NO ESTUDO:

• MOTIVOS PARA ESTUDAR E NON ESTUDAR.

• QUE DEBEMOS FACER E NON DEBEMOS FACER .

• QUE SUPÓN ESTUDAR.

• PRIMER PROBLEMA: SABER ESTUDAR( Hábito de estudo,horario e método)

• SEGUNDO PROBLEMA: QUERER ESTUDAR ( Motivación, esforzo e responsabilidade)

• DIFICULTADES MÁIS FRECUENTES.

• MEDIDAS URXENTES ANTIPÁNICO CONTRA O FRACASO ESCOLAR.

Page 3: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

SITUACIÓNS QUE PODEN XURDIR CANDO HAI QUE “ESTUDAR”

“Son as 5 da tarde, a casa está totalmente recollida. Aparentemente todo está en orden. Imos ata a sala e alí atopámol@ ….na pantalla da televisión unha serie, o móbil non deixa de facer “pitidos” e entón facemos a gran pregunta:

-pero e que non tes nada que estudar?, non tes nada que facer? …..

-e por resposta obtense un :

NON TEÑO NADA QUE FACER; XA ACABEI TODO, XA O FAGO DESPOIS, QUE PESADA ERES…..”

“Para estudar hai que ter motivos para facelo”

Cales serían para vos os motivos para estudar?

Cales credes que son as razóns que teñen para non estudar?

Page 4: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

101 razones para ser un buen estudiante(enquisa realizada a 2000 estudiantes de ESO, bacharelato e CM de FP de toda España, publicado polo Instituto da Xuventude)

1. Impresionar a mi chica/o. 2. Ganar más pasta cuando sea mayor. 3. Obtener una beca para poder pagarme mis estudios por mi mismo. 4. No tener que repetir curso. Es un mal rollo. Dejar a tus amigos, tu clase... 5. Que mis padres tengan confianza en mi. 6. Que me dejen salir hasta la hora que yo quiera. 7. Conseguir que mi madre me deje que: me vista como quiera; me ponga los piercings

que quiera; las mechas que yo quiera; los tatuajes que yo quiera. 8. Compartir una alegría enorme con mi familia cada vez que me dan las notas y

sentirme como un rey. No sufrir trayendo a casa suspensos y todo lo que se avecina después: castigos, reproches, descalificaciones...

9. Si estudio mi madre no me llama para las tareas domésticas (sacar al perro, poner la mesa, meter los platos sucios en el lavajillas, lavar el coche, subir las bolsas de la compra...) y me mantiene el "sueldo" mensual.

10. Los que te suelen aconsejar que seas un buen estudiante son las personas que más saben y más te quieren, por algo será.

Page 5: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

EN XERAL: QUE DEBEMOS FACER PARA AXUDAR NO ESTUDO?

1. Axudarlles a resolver as dúbidas.

2. Estar aí, as veces só estar .

3. Colaborar na busca de información.

4. Facilitar un lugar, material e tempo para traballar.

5. Coordinarnos cos/as profesores/as.

6. Recoñecer todos os días o esforzo feito . Non só o resultado acadado.

7. Acostumalos a traballar 1,5 ou 2h o día aínda que non teñan deberes.

8. Valorar o traballo escolar e cultural , na súa xusta medida (as nosas conversacións non só poden xirar entorno os estudios, como tampouco poden xirar entorno o noso traballo).

9. Favorecer actitudes positivas cara o estudio dende a casa (tendo conversas, acudindo a actividades dentro do centro escolar, potenciando a visita a teatros, bibliotecas, museos...). Aínda que creamos que isto non é do seu interese (recordade que está na adolescencia) axuda para a súa formación.

Page 6: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

QUE NON DEBEMOS FACER ?

1. Estar con eles mentres fan o traballo, sentados na mesma mesa.

2. Levar nós a súa axenda

3. Organizarlles o traballo e o seu horario de estudo.

4. Molestar mentres traballan.

5. Prepararlles os materiais e/ou a mochila.

6. Responsabilizarnos dos seus traballos escolares. Presentar o traballo escolar como un castigo.

7. Valorar só as notas dos boletíns.

Page 7: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

QUE SUPÓN ESTUDAR?

• Estudar supón un esforzo persoal.

• É necesario:

• Nos primeiros anos do Instituto moitos adolescente que nunca tiveran problemas de estudo empezan a traer suspensos. As causas principais son: os malos hábitos de estudos (saber) e a desmotivación (o querer).

• O comezo da ESO coincide coa etapa do desenvolvemento onde aparecen novos intereses que acaparan case toda a atención do adolescente. Non debemos esquecer que están nos estudos básicos e polo tanto debemos poñer todo o noso empeño por axudar.

Cómo?

QUERER

MOTIVACIMOTIVACIÓÓNN

RESPONSABILIDADERESPONSABILIDADE

ESFORZOESFORZO

AUTONOMAUTONOMÍÍAA

AUTOESTIMAAUTOESTIMA

PODER

NECESIDADES NECESIDADES

FFÍÍSICASSICAS

CONDICICONDICIÓÓNS NS

MATERIAISMATERIAIS

CONDICICONDICIÓÓNS NS

PERSOAIS BPERSOAIS BÁÁSICASSICAS

SABER

PLANIFICACIPLANIFICACIÓÓNN

HHÁÁBITOS E BITOS E

TTÉÉCNICAS DE CNICAS DE

TRABALLO E TRABALLO E

ESTUDOESTUDO

Page 8: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

UN PRIMER PROBLEMA : O SABER- HÁBITO DE ESTUDO O NOSO FILL@ TEN UN HÁBITO DE ESTUDO ADQUIRIDO? Imos pensar:

1. É capaz de sentarse no sitio de estudo sen que nos lle mandemos?

2. É capaz de estar só e concentrado nunha actividade?

3. Teño noticias do profesorado a miúdo de que non leva os deberes feitos?

4. Cando se pon a estudar dispón de todo o necesario na mesa, ou perde moito tempo en buscalo?

5. Leva o material diariamente a escola, ou soe deixar os libros e as cadernos na casa?

6. Anota na axenda o que ten que estudar e o exercicios que debe facer?.

AS RESPOSTAS A ESTAS PREGUNTAS NOS DAN PISTAS SOBRE ONDE TEMOS QUE AXUDAR AOS NOSOS FILLOS/AS.

Page 9: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

COMO FACER PARA ADQUIRIR UN BO HÁBITO DE ESTUDO:

No mesmo lugar: O LUGAR DE ESTUDO e AMBIENTE DE ESTUDO.

A mesma hora:ORGANIZACIÓN E PLANIFICACIÓN DO ESTUDO.

Da mesma maneira: MÉTODO DE ESTUDO.

Page 10: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

O LUGAR DE ESTUDO e AMBIENTE DE ESTUDO.

Fixar un sitio adecuado: con poucas distraccións,mesa e cadeira axeitada e luz natural,a ser posible, ou artificial adecuada.

Dispoñibilidade total: O sitio de estudo debe estar dispoñible sempre que o necesite. Ademais debe estar ordenado, isto é ter a orde que o adolescente lle queira dar. É o seu sitio.

Mesa de estudo: debe ser ampla para poder despregar todo o que precise, iso si encima só debe estar o necesario para o estudo, evitando distraccións.

Boa iluminación e boa temperatura.

Elementos importantes cerca: taboleiro de “corcho” (datas de exames, horario de clase …), estanterías, dicionarios, folios, cadernos, bolígrafos …

Page 11: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

O LUGAR DE ESTUDO e AMBIENTE DE ESTUDO

Respecto polo espazo do estudante. Debe ser un sitio respectado polos demais, é dicir non debemos ordenarllo, porque o ordenamos a nosa maneira e é o seu lugar de estudo.

Distraccións: O mellor lugar de estudo está lonxe de potenciais distraccións. Sempre pode haber exencións pero é mellor non tentar a sorte e debemos controlar:

música: se é das persoas que precisa un pouco de música para estudar esta deberá ser suave e depende tamén da actividade que faga(se lee un texto precisará silencio se está debuxando, facendo un mapa… poderá ter algo de música de fondo).

teléfono: desconectar o móbil debido a que se se interrompe constantemente non se concentra.

PSP, Play Station…

ordenador e televisión: é importante que se sitúen en zonas comúns, e ter un tempo de uso. A non ser que teña que facer unha consulta ou un traballo específico non precisa o ordenador para estudar.

Page 12: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

ORGANIZACIÓN E PLANIFICACIÓN DO ESTUDO. HORARIO DE ESTUDO:

Igual que é importante estudar no mesmo sitio, para crear o hábito de estudo hai que procurar estudar a mesma hora. Isto quere dicir que é importante planificar o estudo. Non deixalo para última hora

A planificación de estudo refírese as horas dedicadas ao estudo, é importante ter o mesmo horario para “sentarse a estudar”aínda que debe ser flexible, xa que pode ser que precisen sesións máis largas ou máis cortas, exames, dificultades concretas de contidos …..

O máis importante é non so ter un horario senón que este sexa realista.

Vantaxes dun horario de estudo:

Crea hábito de estudo.

Favorece a concentración.

Serve para ser consciente do propio rendemento.

Permite compaxinar o estudo co tempo libre.

Axuda a saber cales son as nosas responsabilidades, na vida hai horarios.

A nosa función:

É aconsellable planificar e deseñar conxuntamente con eles un horario de estudo efectivo e realista, pero que sexa el o protagonista nesta realización, nós estamos aí para apoiar ou suxerir non para facerllo.

Neste horario é importante que rexistren, de forma flexible o tempo que lle van a dedicar a cada materia. Poden utilizar de referencia o horario do día seguinte.

Unha vez asesorados por nós será responsabilidade de eles deseñar o seu propio horario e así poderán xeneralizar esta estratexia para outros ámbitos da vida. O tempo non é ilimitado, cada cousa ten o seu momento!!!!

Page 13: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

ORGANIZACIÓN E PLANIFICACIÓN DO ESTUDO. HORARIO DE ESTUDO:

COMO DEBE SER UN HORARIO DE ESTUDO?

Persoal: adecuado as necesidades d@ rapaz

Flexible: preparado para imprevistos

Con descansos: facer descansos de 5 a 15 minutos, cada 40 minutos(depende do rapaz). Curva de atención.

A nosa participación: antes de estudar ou facer os deberes podemos sentarnos a ver que ten que facer hoxe e que nos diga como o vai organizar, sempre recordándolle que é aconsellable empezar con tarefas pouco custosas( repasar o dado na clase, por exemplo), logo as máis custosas e menos agradables e logo as que máis fáciles e as que máis nos gustan.

UN HORARIO DE ESTUDO

Realista.

Escrito e público.

ESTUDAR E DEBERES É O MESMO? O estudo son

todas as tarefas que realizan con relación as tarefas escolares. E inclúen as tarefas concretas que manda o profesorado( “deberes”) así como o repaso do que explicaron na clase, aínda que non o mandaran. Cando nos din que non teñen deberes refírense o primeiro pero si que teñen cousas que facer( repasar o dado na clase, repetir exercicios, facer resumos …).Recordade para crear hábito de estudo hai que repetilo todos os días.

COMO PLANIFICAR UN HORARIO DE ESTUDOS:

Semanalmente, con algunhas modificacións.

As horas de estudo sempre serán as mesmas, ou con pequenas variacións.

Page 14: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

A MANEIRA DE ESTUDAR : O MÉTODO DE ESTUDO

Non existe un método ideal para todos, aínda que si hai uns pasos a seguir que dan bos resultados.

Os pasos que soen dar bos resultados sería: L₂ SER

Antes de empezar: facer unha lectura global.

Entender o texto: despois da lectura xeral poden preguntarnos dúbidas ou consultalas.

Subliñar ou tomar notas: subliñar as ideas importantes e secundarias.

Resumo e esquemas.

Memorizar: ESTUDANDO CON CALMA, DESCANSANDO, REPETIR EN ALTO, SIMULAR EXAMES, QUE NOS EXPLIQUEN O QUE ELES APRENDERON … Memorizar non é chapar.

Repasar: Volver aos esquemas feitos.

Isto vale para materias como Sociais,Naturais ….Hai outras materias que deben abordar de forma distinta. Matemáticas, por exemplo, importante ter un caderno onde repitan exercicios feitos na clase e anotar dúbidas para preguntar ao profesor. En idiomas é importante tamén caderno específico na casa para repetir exercicios feitos na casa, anotar vocabulario e estruturas gramaticais. Así lle será máis sinxelo aprendelo.

RECORDADE A NOSA FUNCIÓN É SUXERIR, NON HAI REGRAS FIXAS E POLO TANTO O NOSO MÉTODO NON PODE SER O SEU. O momento de facer suxestións de cambio é cando eles xa empregaron o seu e obtiveron malos resultados.

Page 15: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

COMO FACER PARA AXUDAR A ADQUIRIR UN BO HÁBITO DE ESTUDO:

Consellos para axudar a que estude: 1. ESTAR DISPONIBLE: as veces só estar, pero sen interromper …

2. ESTABLECER ESIXENCIAS MÍNIMAS: hai que estudar todos os días, no mesmo sitio, da mesma maneira .O estudo é unha actividade diaria e innegociable.

3. ORGANIZACIÓN: deseño conxunto do horario ( Que tes que facer hoxe? Como vas facer? ) Acostumalos a traballar unha hora e media ou dúas, aínda que non teñan “deberes”.

4. CONTROL: directa ou indirectamente, depende do grao de autonomía: a axenda,a mochila, o día(que fixeches hoxe?), estar dispoñibles cando eles fan o traballo, coordinación co profesorado.

5. VALORAR O SEU ESFORZO: felicitarlle , ser consciente do que supón estudar e axudarlle nas súas dificultades

En que podemos axudar con respecto a creación do hábito e método de estudo: 1. RESPECTAR O HORARIO, tanto pola nosa parte como por parte dos integrantes da familia, amigos e el mesmo.

2. Antes de empezar, axudar a PLANIFICACIÓN DAS TAREFAS que van a facer no período dedicado a estudar.

3. Recordarlle que a orde de estudo debe ser, tarefas medias, difíciles e menos custosas.

4. Acostumalo a “RECOLLER A MESA “ despois de estudar, entendendo que o orde é o que el considere, non o noso. Aínda así se non lle funciona podemos facer suxestións pero nunca ordenalo nós.

5. REVISIÓN FINAL do traballo que tiña que facer, sobre todo ver que tiña planificado e que fixo realmente.

6. Recordar que ten que PREPARAR A MOCHILA do día seguinte, non preparala nós

7. Cando chegue a casa PREGUNTAR sobre as tarefas que levou feitas, entrega de traballos, exames …

8. No “corcho” non so o horario do colexio senón tamén a planificación do horario de tardes.

Page 16: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

UN SEGUNDO PROBLEMA: O QUERER. A DESMOTIVACIÓN

RAZÓNS PARA ESTUDAR DO NOS@ FILL@:

1. Por obriga.

2. Porque quero sacar o título.

3. Para ter aos meus pais contentos.

4. Porque non me queda outro remedio.

5. Necesito o título para seguir estudando, para poder traballar ….

6. Porque así conseguirei …

Todas as respostas son dos vosos fillos

QUE FACER CANDO NON QUEREN ESTUDAR

Non debemos:

Ameazar, gritar, castigos non realistas, non insultar.

Expresións como “xa o sabía eu”,”ti non vales para isto” ….,NON AXUDAN.

Estar desgustados, enfadados e non falarlle e, pasado unha semana das notas,non facer nada máis

Retirar privilexios é efectivo, pero só a corto prazo. Non só se trata de castigar senón que debemos investigar coa súa axuda as causas dos resultados negativos.

Debemos recordar:

O estudo é innegociable e ten que ser unha actividade diaria.

Page 17: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

DOUS ASPECTOS IMPORTANTES: ESFORZO E RESPONSABILIDADE

ESFORZO( Acción que permite sacar o mellor de nos

mesmos poñendo todas as ganas no que estamos a facer)

QUE PODEMOS FACER FACER DENDE A FAMILIA: Facer ver que o sacrificio de estudar supón a largo prazo: aprendizaxe, satisfaccións,

sentirse máis seguro de el mesmo, aumenta as súas posibilidades de éxito …

Recompensar o seu esforzo valorando de forma positiva,confiando nel, valorando os seus pequenos progresos ….

No esixirlles máis do que poden dar. Un exceso de presión pode levar ao desánimo e fracaso.

Importante interesarse polos seus progresos pero hai que respectar que o responsable e protagonista último é o rapaz. Un marcaxe excesivo pode agoniar e conseguir o efecto contrario.

Page 18: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

DOUS ASPECTOS IMPORTANTES: ESFORZO E RESPONSABILIDADE

RESPONSABILIDADE E AUTONOMÍA: capacidade de

recoñecer e aceptar as consecuencias das propias decisión se responder ante os propios actos. El estuda para el, os deberes non os fai para min.

QUE PODEMOS FACER FACER DENDE A FAMILIA: Permitir que fagan as cousas por si sós , nós axudamos pero non facerllas, estudar é o seu

traballo.

Axudar a aceptar o posibles “fracasos”como algo natural e que nos serven para aprender e rectificar.

Fixar tarefas e obrigas( horario de estudo) axudando a concretar o como, cando e con que.

Axudar pero non facer. Recordade que “ cando máis lle fagamos nós” menos farán eles”.

O horario e as súas responsabilidades deben ser públicas e estar por escrito nun lugar visible.

QUE NON FOMENTA A RESPONSABILIDADE: Recordarlle continuamente o que ten que facer “técnica de repetición” ou facerllas nós.

Facer as súas cousas porque as fai moi lento ou mal.

Non confiar neles e subestimalos e pensar que son incapaces.

Page 19: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

RESUMINDO: DIFICULTADES MÁIS FRECUENTES E A NOSA INTERVENCIÓN

PRIMEIRA DIFICULTADE: NON ESTUDAR OU FACER QUE ESTUDA: Tardan en facer as tarefas.

Están diante do libro pero non estudando.

Malos hábitos de estudio

QUE PODEMOS FACER FACER DENDE A FAMILIA:

Page 20: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

RESUMINDO: DIFICULTADES MÁIS FRECUENTES E A NOSA INTERVENCIÓN

QUE PODEMOS FACER FACER DENDE A FAMILIA:

Facer e pactar un horario de estudio. O horario de clase pode servir de modelo. En principio facer un xeral para a semana e antes de empezar todas as tardes repasar o que ten que facer.

Dar tempo para cada tarefa e deixar algún tempo para descansar entre tarefa e tarefa.

Neste horario tamén deben aparecer as tarefas que temos que facer pola tarde, non só o estudo, e tamén deben ter tempo de verdade (non programado).

Iso si no tempo dedicado a estudar debe estar no sitio adecuado, con todo o necesario e sen elementos que o distraian.

Page 21: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

RESUMINDO: DIFICULTADES MÁIS FRECUENTES E A NOSA INTERVENCIÓN

SEGUNDA DIFICULTADE: ESTUDAR NOS ÚLTIMOS DÍAS Nunca teñen deberes.

Non se sentan a estudar no mesmo sitio, a mesma hora e da mesma maneira ata unha semana antes dos exames.

Eles teñen a percepción que estudan pero non e así

QUE PODEMOS FACER FACER DENDE A FAMILIA:

Page 22: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

RESUMINDO: DIFICULTADES MÁIS FRECUENTES E A NOSA INTERVENCIÓN

QUE PODEMOS FACER FACER DENDE A FAMILIA: Explicarlle a diferenza entre estudio e deberes. Os deberes fixados non é o único que hai

que facer.

O horario ten que ser todos os días, aínda que non haxa “deberes”. O tempo de estudo está fixado e hai que cumprilo.

Teñen un plan de estudo que poden modificar e adaptar, e nos facerlle suxestións sobre él. Recordade que os pais non deben decidir e planificar en solitario o que o rapaz debe facer. Podemos aconsellar, plantexar o noso punto de vista pero eles son os protagonistas. Ten que sentir que é dono do seu tempo, que ten obrigacións e debe decidir el cando facelas, porque son innegociables.

O estudo e os deberes son para el, non estudan para nós “ xa che fixen os deberes”….

Page 23: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

RESUMINDO: DIFICULTADES MÁIS FRECUENTES E A NOSA INTERVENCIÓN

TERCEIRA DIFICULTADE: CONFUDIR “ O ENTENDO” CON “XA O SEI” Con ler xa pensan que o saben. Ao mellor o saben nese momento pero realmente non o

saben.

Chapar non é estudar. Se só saben repetir o que lles entra no exame corren o risco de suspender, debido a que moitas preguntas non serán o pé da letra.

Estudar só para o exame leva moitas veces a reter unha cantidade inxente de datos pero iso non quere dicir que o entenderan.

QUE PODEMOS FACER FACER DENDE A FAMILIA:

Page 24: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

RESUMINDO: DIFICULTADES MÁIS FRECUENTES E A NOSA INTERVENCIÓN

QUE PODEMOS FACER FACER DENDE A FAMILIA: Como chapar non chega podemos dicirlle que cando acabe de estudar nos explique coas

súas palabras o que lle entra no exame. Incluso podemos dicirlle que nos non o entendemos que nolo explique coas súas palabras.

Que intenten facer un resumo dos conceptos que son máis importantes e apuntar aqueles que nos entenden para preguntar o profesorado o próximo día.

Explicarlle a importancia que ten repasar o dado na clase, incluso que nolo expliquen a nos. Así daranse conta que hai cousas que non entenderon.

Faces ver que se repasan todos os días necesitarán menos tempo o día antes do exame.

Que entender require un esforzo: non se trata só de repetir o que pon o libro.

Page 25: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

RESUMINDO: DIFICULTADES MÁIS FRECUENTES E A NOSA INTERVENCIÓN

CUARTA DIFICULTADE: DIFICULTADES NA LECTURA. Pouca velocidade lectora e pouca comprensión.

Vocabulario pobre e dificultades na escritura.

QUE PODEMOS FACER FACER DENDE A FAMILIA:

Page 26: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

RESUMINDO: DIFICULTADES MÁIS FRECUENTES E A NOSA INTERVENCIÓN

QUE PODEMOS FACER FACER DENDE A FAMILIA: Ler en voz alta.

Ofrecerlles a nosa axuda e aconsellar.

Dicirlles que nos intenten explicar o que eles entenderon ao ler e o que nos entendemos e despois xuntar as dúas opinións.

Facer cadernos de vocabulario.

“Se hai algunha palabra que nos non entendemos preguntarlle a él/ela…

Page 27: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

RESUMINDO: DIFICULTADES MÁIS FRECUENTES E A NOSA INTERVENCIÓN

QUINTA DIFICULTADE: DIFICULTADES DE CONCENTRACIÓN.

QUE PODEMOS FACER FACER DENDE A FAMILIA:

Page 28: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

RESUMINDO: DIFICULTADES MÁIS FRECUENTES E A NOSA INTERVENCIÓN

QUE PODEMOS FACER FACER DENDE A FAMILIA:

Eliminación do lugar de estudo todos os elementos que lle leven a desviar a súa atención.

Apagar o móbil.

Tempo limitado para cada tarefa.

Empezar por exercicios de pouca dificultade.

Intercalar descansos( de 5 a 15 minutos segundo momento e a dificultade)

Page 29: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

O FRACASO ESCOLAR: MEDIDAS URXENTES ANTIPÁNICO

1. Hai que aceptar como é o nos@ fill@, non esixir máis se está facendo o necesario.

2. Demostrar que aínda que suspenda o queremos, os estudos non son todo. Rifar polos resultados, porque o estudo é innegociable, pero iso non fai que o deixemos de querer.

3. Informarse do que acontece no centro. O centro escolar é parte da súa vida e o seu mundo e teñen que percibir que o seu mundo nos importa. Informarse non é preguntar todo e meternos na súa intimidade.

4. Respectar o seu lugar de estudo e o seu estudo

5. Estudar é a súa obrigación, non podemos estudar por el, só podemos axudar. É importante ter claro que: OS PROFESORES (ENSEÑAR A APRENDER), OS ALUMNOS (teñen que APRENDER a APRENDER) e AS FAMILIAS (Colaborar con profesores e fillos para que o aprendizaxe se produza).

6. Non facerlle o seu traballo.

7. Non comparar con outros, cada un ten o seu ritmo. Non ameazar, non berrar ….investigar as causas dos malos resultados.

8. Evitar transmitir mensaxes negativos: “non vales”, “non sabes”. Celebrar os éxitos aínda que sexan pequenos.

9. Controlar TV, Ordenador, móbil. Menú pechado non “buffet libre “…

10. Negociar plan de estudos realista, axustando as súas posibilidades, o tempo de ocio e a actividades extraescolares.

Page 30: PARTICIPACIÓN  DA FAMILIA NO ESTUDO

GRAZAS E RECORDADE:

A clave está en: O estudo é innegociable, é a súa obriga. Nós podemos axudar pero non estudar por el/ela!!