O magosto 2012

42
No mes de Novembro, a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca lle arrebataron nas lareiras galegas hai varios séculos. Nestes días réndeselle culto, é o Magosto. MAGOSTO 2011 C.E.I.P. “ A SANGRIÑA

description

Investigación e activiades do magosto

Transcript of O magosto 2012

Page 1: O magosto 2012

No mes de Novembro, a castañarecupera a importancia que o millo e apataca lle arrebataron nas lareirasgalegas hai varios séculos. Nestesdías réndeselle culto, é o Magosto.

MAGOSTO 2011

C.E.I.P. “ A SANGRIÑA

Page 2: O magosto 2012

A castaña mentres é cociñada convida a compartir con familiares e amigos as horas nocturnas alumeados polas faíscas da lareira.

INTRODUCCIÓN

O aire das frías noites do 1 e o 11 denovembro levou sempre en Galicia orecendo das castañas asadas. OMagosto era o tempo que os galegosreservaban para honra-las colleitas.

Ó rito que acompaña a noite no lle falta de nada. Festa de mozos emozas, eles traen o viño tinto novo -o primeiro da colleita do ano-,mentres elas xuntan os froitos.

Page 3: O magosto 2012

Para asalas colocase sobre o chan a foupa -agulla de piñeiro, toxo o loureiro- e enriba dispóñense as castañas, que serán cubertas por un novo manto de foupa. Cando está preparado, préndese o lume na capa de abaixo, que será a que sinale o ritmo da celebración, e en canto se apaguen as lapas indicará que as castañas están listas para comer. Con viño -nalgúns sitios adozado con mel-, chourizos e pan remata o suculento menú, e a sobremesa póñena os xogos e os contos de ánima.

Page 4: O magosto 2012

Os nenos non faltarán ó seu divertidocostume: collerán un puño de cinza etisnarán as caras uns a outros, chanzaque repetirán logo cos adultos. Entrecarreiriñas, berros, tonas de castaña,anacos de chourizo, charlas e grolos irátranscorrendo calma unha noite especialque, doutra volta en torno ó lume, tentairmandar ó galego cuns devanceiros ósque segue unido polo vencello datradición.

Page 5: O magosto 2012

Hai varias TEORÍAS SOBRE A ORIXE DO SEUNOME: mentres uns coidan que vén do latín"magus ustus" algo así co significado "granfogueira", outros especialistas pensan que"Magosto" deriva do latín "magro" coa equivalenciade grande, con algo de "magus", máxico ofeiticeiro…

É unha FESTA DE ORIXE PAGÁ que logo foi cristianizada, e, como tódalas festas de carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser humano vai adquirindo consciencia individual e social . É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando ó sol, deus fecundador da terra.

Trátase tamén dunha comida comunitaria e ritual que reforza os vencellos comunitarios do mundo rural, galego; ten un carácter alegre e de acción de grazas polos froitos recolleitos, así coma de homenaxe ós castiñeiros e as castañas.

Page 6: O magosto 2012

Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos. Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos.

Hoxe en día, os magostos, fanse na eira da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a tradición de facelas no monte ou nun escampado no que o lume non poida facer mal.

Page 7: O magosto 2012

Con certa antelación vanse facendo os preparativos castañas e viño, e tamén chourizos eaugardente para a queimada. Unha tarde solleira á hora da merenda-cea é ideal para acelebración do magosto.

Acéndese o lume, arde,inicialmente tóstaseloureiro para que decheiro e produza ruído, etamén muñicos de verdepara que de columnas defume branco mesto. Xareunidos e amoreada afrouma necesaria, a leñaprecederase a pica-lascastañas para que norebenten. Espérase quedesapareza o lume efiquen as brasas paraesparexe-las castañas econtrola-lo seu punto deasado.

Page 8: O magosto 2012

OS ELEMENTOS BÁSICOS DO MAGOSTO

Coma elemento básico e imprescindible do magosto la castaña, nai e filla do castiñeiro.

O segundo elemento é o lume, con todo o que simboliza, como representación do deus sol dador de vida e elemento purificador.

Outro elemento importante do magosto é o viño, que non deixa de se-lo sangue da terra.

Pan de centeo e millo, empanadas, chourizos, patacas (que se soen asar no lume sen depenar), e augardente para a queimada (de novo outra purificación), son suficientes para este día de troula.

Ocupa un lugar eminente a leña, outro froito da terra, para facer un bo lume.

Page 9: O magosto 2012

O mes de Novembro é o mes do Magosto, e son dúas as datas máiscorrentes para a súa celebración: o día 1 de novembro, festa de TódolosSantos, ou o día 11, festa de San MartiñoEste mes de novembro tamén leva o nome deste santo.

Hai moitos xeitosde comercastañas:castañas asadas,castañas cocidas,caldo de castañas,coello concastañas, pastelde castañas etc.Para que lles sexamáis cómodocomelas, nalgúnssitios atravésanascun fío para poderlevalas a modo decolar; chámansezonchos.

Page 10: O magosto 2012

Os nosos traballos:

Cantigas

Page 11: O magosto 2012

.

Non chas quero, non chas quero,castañas do teu magosto.Non chas quero, non chas quero,que me cheiran ó chamosco

CANTIGAS

As castañas son castañas,os ourizos son ourizos,os ollos da túa cara,para min son dous feitizos.

Miña virxe da Lanzadabotas castañas abaixo,anque non teño mantelocollereinas no refaixo.San Martiño de Salcedoten un anel na man, que llo mandou de regaloSan Andrés de Lourizán

.

A castaña no ourizoeu ben che sei o que fai,se é que está verde, madura,e se está madura, cae.

Page 12: O magosto 2012

Canta a rula, canta a rula,canta a rula naquel souto;pobriño daquel que esperapolo que está na man doutro.Castañas asadase viño con mela miña señoradetrás dun tonel.

San Martiño de Ourense,bota as castañas embaixo,pero bótaas ben grandiñas,que ás pequenas non me baixo.

Page 13: O magosto 2012

Acabáronse as vendimase veñen as esfolladaspara comer cos mozosaatro castañas asadas.Acabáronse as castañas,secáronse os castiñeiros,acabáronse os rapacesquedan mozos e solteiros.

Santo que estás no canizobota castañas abaixo,que anque nont eño mandilapáñochas no refaixo.

Page 14: O magosto 2012

Namoreime na castañanamoreime no ourizonamoreime en ti, nenaporque cantabas moi ben;agora morro de fame,

o cantar non me mantén.

Namoreime da castañanamoreime do ourizonamoreime de ti, nenaporque te-lo pelo rizo.

Has de cantarque che hei de dar zonchos;has de cantarque che hei de dar moitos;has de cantar e has de cantar,has de cantarque chos hei de dar.O adro do San Martiñoten vintecinco escaleiraspara subir e baixartódalas namoradeiras.

Page 15: O magosto 2012

EXPRESIÓNS COTIÁS

“Auga de castañas”: dice do café frouxo.

Quedar en auga de castañas”: algo que non tivo importancia.

Darlle unha castaña”: zurrarlle na cara.

Page 16: O magosto 2012

“Estalarlle a castaña na man”: cando un cae na propia trampa.

“Non estar para asar castañas”: non ter ganas de festa.

“Sacar as castañas do lume”: librar a alguén dun problema.

“Toma castaña!”: levar un chasco. “Pegarse un castañazo”: darse un golpe forte.

“Coller unha boa castaña”: emborracharse.

“Estoupou como unha castaña”: tivo unha explosión seca.

“Manda castaña!”: algo que non ten xustificación, que sorprende a un.

Page 17: O magosto 2012

-A castaña que está no camino é do veciño.

-Polo castiñeiro, o corpo pide loureiro.

-As castñas no Nadal, saben bene pártense mal.

-Sempre un porco ruín ha atopar mellor castaña.

-Con castañas asadas e sardiñas salgadas- non hai viño ruín.

-Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño.

-- Polo San Martiño vai ver o teu sobriño.

REFRÁNS

Page 18: O magosto 2012

-Fíate das castañas asadas, que se estoupan, sairanche á cara.

- A castaña no agosto quere arder, e no setembro beber.

-Temperá é a castaña que por setembro regaña.

-En xaneiro, mellor castaño que castiñeiro.

-A castaña ten unha maña: que se vai con quen apaña.

-Ano de moito ourizo, non fagas canizo.

-Polo San Martiño, buxainas ó camino.

-Cando no castiñeiro vises candea, leva o carneiro á ovella.

Page 19: O magosto 2012

Ten pelexo como a sentée é moi boa para comer;chega polo mes de Santose todo o ano a tés.

Unha cousiña, cousa: criada no souto, enxoita na casa e cómese sen tasa. Alto estou

cor de ouro teño e por unha risotada perdo o que teñoAlto xinete,

ruín cabalete; por unha risada perdeu canto gañaba

Alto vivo, mírame a xente e se río, fico sen dente

Alto me vínno meu cascaríntirei unha risadae todo perdín.

ADIVIÑAS

Page 20: O magosto 2012

Altos castelosbois amarelos,auga fermosae cadela rabiosa

Alto me vexono meu caparexo,pau vexo vire non podo fuxir.

Alto , Martín Cabaleiro, rompeume a bolsae perdín o diñeiro

Alto me v in, baixo me vexo, e aló arriba quedoume o pelexo

Page 21: O magosto 2012

Don carballo chora landrasna amencida.E don outono baballanéboa fría.Don labrego, de sombreiro,aplaude a don Castiñeirocon variña de abelaira.E don Ourizo da chaira,como non se ten coa risa,cáenlle dentes de castaña.

Ven onda nos ou outonodacabalo do aire;nos camiños da fragaos ourizos xa abren.Síntoo chegar contentoda eterna viaxeenredando entre as follas,estreando friaxe.

“…Queredes castañasDos meus castiñeiros?....Cantádeme un maiosin bruxas nin demos;un maio sin segas,usuras nin preitos,sin quintas nin portas,nin foros nin cregos.

POEMAS

Page 22: O magosto 2012

Vén Santos chuviosoCon moitos magostos.¡As ricas castañasQuentiñas, asadas!

E festa faremosGrandes e pequenos.Arredor do lumeEstouros e fume.

Co negro tizón¡vaia diversión!Tisnareiche a cara¡despois a lavala!

Con ricos magostosE contos fermosos.¡Feliz San Martiño!Farto e entretido.

A miña María,o meu Manuel,castañas asadas,pucheiros de mel.Pucheiros de mel,pucheiros de mel,a miña María,o meu Manuel.

Page 23: O magosto 2012

LENDAS

Din contos toscanos que o castiñeiro ten os mesmos poderes benéficos emáxicos co carballo. Aínda que a súa sombra da mala sorte. Ó cortaresa árbore sae o demo que pode quitarle a vida se non se lle entrega unfillo ou filla.

As castañas son consideradas como froitos funerarios. Cómense ávéspera do Día dos Defuntos ou déixanse para que os mortos as comandurante a noite.

É tamén coñecido o feito de que pisar unha castaña, ó ires polomonte, fai que a persoa non teña nunca amores. É posible que iso sexapola súa forma semellante a un corazón.

Soñar con castñas crúas é aviso de ter que facer algo urxente. Deseren cocidas, é que a persoa é moi débil de carácter. Se son asadas,é un aviso de precaución.

Page 24: O magosto 2012

CONTOSA VELLAQUE QUERÍA IR ÁS CASTAÑAS

Unha vez era unha vella que quería ir ás castañas. Estaba na cama esentía como bruaba o aire, dicindo, moi leda:- Veña, airiño, veña!E o que non ten que teña.Ó mencer levantouse a miña vella e foi para o souto, e o aire sopraba máisfurioso ca antes e a vella dicía:- Nin tanto nin tan pouco,que leva á vella polo souto.

Page 25: O magosto 2012

A CASTAÑA QUE REBENTOU COA RISA

Unha vez ían de camiño unha brasa de carbón, unha palla e unhacastaña. Chegaron a un río e non sabían como cruzalo. A castaña, que era moilista, propuxo o seguinte:

- ¡Como a palla pode flotar na auga, eu subirei por riba dela e levaramenadando cara a outra beira do río. Logo volverá e poderá levarte a ti!-

dixo dirixíndose á brasa.

Ás dúas pareceulles moi ben e así se fixo. Primeiro a palla pasou ácastaña e logo volveu pola brasa de carbón. Mais cando estaban á metade dorío, a palla sentiu que se queimaba coa calor da brasa e case sen querer fixoun movemento brusco e dunha sacudida guindouna á auga.

Cando a castaña viu isto deulle un ataque de risa. Ría tanto de ver abrasa mollada e con tanta forza que rebentou. A palla chegou á beira do ríotoda chamuscada.

A brasa chegou máis tarde, apagada completamente e enchoupada.Chegaron ademais moi cabreadas coa castaña porque riu cando elas opasaban mal.

Page 26: O magosto 2012

Mais cando viron que coa risa rebentara o seu pelexo, e que estabadesfeita, compadecéronse dela e foron buscar o xastre para que lleremendara o furado. O xastre só tiña un anaco de tea de cor máis clara queo da pel da castaña e tivo que amañala poñendolle un anaco desa cor.

Por iso agora andan todas as castañas cun anaco de pel que é unpouquiño máis clara.

Page 27: O magosto 2012

A CASTAÑA DORINDA

Unha vez, cando chegou o outono, os vecinos da aldea de Costeira foronvarea-los castiñeiros ó souto. Cando xa tiñan os sacos cheos de castañas,botáronos nos carros que traían e marcharon para a aldea. Pero nun castiñeiroquedara unha castaña, que se chamaba Dorinda, que se agachara nun ourizo medioregañado oara que non a varearan.

- Que ben! –pensaba Dorinda-. Non me tiraron ó chan e así quedarei no ourizosen que ninguén me vexa.

E estaba toda contenta. Pero pasaron os días e cada vez facía máis frío:polas noites xeaba e a castaña estaba tremendo toda a noite.

- Brrrrr, que frío! Mellor me fora ir cos vecinos para as súas casas, comofixeron as outras castañas. Agora estaría metidiña nun saco e quentiña no canizo.Aquí enriba vai moito frío!.

Pero iso non foi o peor. De alí a uns dñias ergueuse un vento moi forte queempezou a abala-lo castiñeiro. A castaña estaba toda arrepiada, ollando como semovía a árbore, ata que o ourizo no que ela estaba regañou de todo e Dorinda caeuó chan no medio do souto.

Page 28: O magosto 2012

Pero non por iso deixou de zoa-lo vento. As follas que estaban no chan, murchas e

amárelas, andaban de un lado para outro, igual cos ourizos, empuxados polo vento. Tamén

á castaña a levou o vento nun remuíño de follas secas e ourizos abertos, ata que quedou

agachada debaixo dunhas follas e dunha póla de carballo que había no chan. E alí ficou,

molladiña pola chuvia e tremendo de frío.De súpeto, sentiu un ruído nunha banda do bosque, coma se alguén andase

remexendo nas follas do chan. Ollou cara alá e viu que era un porco bravo, que andabafozando nos ourizos na procura de castañas para comer. A pobre Dorinda, a máis detremer co frío, tamén tremía co medo:

- Pobre de min! O que faltaba! Como me vexa ese porco bravo, pápame dun grolo sendarme tempo para chistar. Que mal fixen quedando no souto e non indo coas miñascompañeiras para a casa dos vecinos e veciñas.

O porco bravo foise achegando a modiño para onde estaba a castaña, que cada veztiña máis medo. Pero cando o xabarín xa estaba remexendo cos fociños nos ourizos queestaban á beira de Dorinda, ergueu de súpeto a cabeza e botou a fuxir de contado polosouto adiante. De seguido, apareceron pola outra banda do bosque un fato de rapaces,que viñan buscar castañas. Un deles, remexendo cos pés nas follas e nos ourizosbaleiros, ollou a castaña, colleuna e meteuna no peto. E seguiu buscando máis castañas.De alí a pouco, os rapaces baleiraron as castañas dos petos nunha saquetiña:

- Xatemos de abondo para face-lo magosto – dixo un. Imos cara á Costa da Carballeira, que xa estarán alí as rapazas coa bebida.E alá se foron todos. A castaña Dorinda xa estaba contenta. Saíra de tódolos perigos e agora estaba quentiña…E aínda máis quentiña había de estar!

Page 29: O magosto 2012

OS CASTIÑEIROS DE MINGOS DE ABAIXO

Hai pouco tempo, nunha aldea de Páramo vivía un matrimonio mal avido.Un día enfermou o home de gravidade, chamaron ó doutor e recetoulle unasmenciñas. Non melloraba.

Tan mal se puxo que, pola tarde, lle deu un ataque e pensou en toda axente que xa morrera. Prepararon o enterro. N aqueles tempos ascaixas dos mortos inda estaban abertas por riba, non coma agora que vanpechadas.

Para ir ó cemiterio tiñan que pasar por un souto de castiñeiros,chamábanlle os castiñeiros de Mingos de Abaixo. Ó pasar por alí o homevolveu en si, pero non podía falar, dándose conta de onde o levabanpendurouse dunha póla dun castiñeiro e marchou para a casa, onde rifou coasúa muller máis que nunca.

Pasado o tempo, o home morreu de verdade. Cando o ían levar ócemiterio, a muller choraba moito por el e dicía:

- Ai, ai, ai, meu homiño querido! Ai, ai, ai, non había outro no mundoenteiro coma el! Ai, ai, ai, canto eu lle quería! Ai, ai, ai, por Deus lles pido quenon vaian…por Deus lles pido que non vaian por debaixo dos castiñeiros dotío Mingos de Abaixo!

Page 30: O magosto 2012
Page 31: O magosto 2012
Page 32: O magosto 2012
Page 33: O magosto 2012
Page 34: O magosto 2012
Page 35: O magosto 2012
Page 36: O magosto 2012
Page 37: O magosto 2012
Page 38: O magosto 2012
Page 39: O magosto 2012
Page 40: O magosto 2012
Page 41: O magosto 2012
Page 42: O magosto 2012

Que ben o

Pasamos!!!

Ata o ano que volvamos!