UD A CASTAÑA E O MAGOSTO

12

description

UD SOBRE A CASTAÑA E OS SEUS USOS

Transcript of UD A CASTAÑA E O MAGOSTO

Page 1: UD A CASTAÑA E O MAGOSTO
Page 2: UD A CASTAÑA E O MAGOSTO

LE DETIDAMENTE O TEXTO: O MAGOSTO O magosto é unha festa de orixe pagá, que logo foi cristianizada e, como tódalas festas de

carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser humano vai adquirindo consciencia

individual e social.

É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume,

representando ao sol, deus fecundador da terra.

Trátase tamén dunha comida comunitaria e ritual, que reforza os vencellos comunitarios do

mundo rural galego; ten carácter alegre e de acción de grazas polos froitos recolleitos, así coma

de homenaxe ós castiñeiros e as castañas.

Con posterioridade foi asociada aos santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de novembro, por

ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis tarde, nas terras de Ourense

pasou a celebrarse o 11 de novembro, festividade de San Martiño de Tours, padroeiro da cidade

das Burgas.

O magosto, hoxe en día, faise na eira da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero, sobre

todo, segue a tradición de facerse no monte ou nun escampado no que o lume non poida facer

mal. Prepárase con certa antelación, poñéndose de acordo para coñecer o que aportará

cadaquén, sobre todo castañas e viño, e tamén chourizos e augardente. Despois de cantar,

comézase a face-los preparativos. Iníciase a andaina camiño do monte, atopándose outras

familias ou amigos, búscase o lugar apropiado (escampado, encrucillado, longa laxa de pedra),

todos cantando e facendo lerias. Búscase frouma, palla e tamén acios de morodos que estean a

madurar.

Acéndese o lume. Pícanse as castañas para que non rebenten. Espérase a que desapareza o

lume e fiquen as brasas para esparexe-las castañas, e despois hai que controlar o seu punto.

Page 3: UD A CASTAÑA E O MAGOSTO

CONTESTA 1.- Cal é a orixe do magosto? 2.- Con que culto está relacionado? 3.- Por que se celebra ás veces o 1 de novembro?, ¿E ó 11 de novembro? ______________________________________________________________________________ ______________________________________________________________________________ ______________________________________________________________________________ 4.- Sabes que se fai en San Martiño? ______________________________________________________________________________ 5.- Por que se lle chama a Ourense a cidade das Burgas? ______________________________________________________________________________ 6.- Que tipo de lerias se fan polo magosto? ______________________________________________________________________________

CÓNTAME UN CONTO! PODES ELIXIR UN DESTES PRINCIPIOS :

1.- Había unha vez unha castaña que estaba moi aburrida no seu ourizo. De súpeto, un forte

vento soprou e soprou. Entón ela…

2.- Érase que se era unha fermosa castaña de cor marrón moi brillante, grande e vaidosa. Un día,

como ía tan estirada sempre, o cruza-la rúa…

3.- A familia Castaña Temperá tiña ganas de facer unha festa rachada.

Puxéronse a organizala e decidiron que o máis divertido sería…

4.- Castaña Pilonga era unha castaña que ía tódolos días a coidar a unha tía súa

que tiña a pel picado porque case que a pillan para un magosto. Un día…

5.- O rei das castañas estaba moi preocupado por unha filla súa que estaba tan

pechada en si mesma, que non daba saído do ourizo. Un día decidiu convocar a

tódalas castañas para resolver este problema.

Page 4: UD A CASTAÑA E O MAGOSTO

AGORA, ESCRIBE O TÍTULO DO TEU CONTO O COMEZO DA PÁXINA ANTERIOR QUE ELIXICHES _________________________________________________________________ E SIGUE AQUÍ: _________________________________________________________________

_________________________________________________________________

_________________________________________________________________

_________________________________________________________________

_________________________________________________________________

_________________________________________________________________

_________________________________________________________________

_________________________________________________________________

_________________________________________________________________

_________________________________________________________________

_________________________________________________________________

_________________________________________________________________

_________________________________________________________________

_________________________________________________________________

_________________________________________________________________

_________________________________________________________________

_________________________________________________________________

Page 5: UD A CASTAÑA E O MAGOSTO

APRENDE UNHA DESTAS CANTIGAS

Miña nai, doeme a barriga -Miña filla, confesión.

As castañas que colliche, de qué castiñeiro son?

A castaña no ourizo quixo rir e reventou:

caendo castiro abaixo, mira que golpe levou!

Castañas asadas e viño con mel; e a miña señora detrás do tonel.

Moza que estás no canizo bota castañas abaixo, anque non teña madil acadochas no refaixo.

Monxe que estás no canizo

tira castañas para baixo, tírame das máis grandiñas

que ás pequenas non me baixo.

Acabáronse as vendimas e veñen as esfolladas,

para comer coas mozas catro castañas asadas.

Page 6: UD A CASTAÑA E O MAGOSTO

• Estas follas pertencen a estas árbores: castiñeiro, teixo, acivro e carballo .

Serás capaz de as identificar?

• Cibrán colleu máis castañas que Xoán, e Iago máis que Cibrán. Quen colleu

menos?

• No Concello de Manzaneda (Ourense) atópase o castiñeiro máis gordo de

Galicia con 13,83 m. de circunferencia e cuns mil anos de antigüidade. Cal

será o seu diámetro?

• Subliña as formas nas que tés comido castañas.

Asadas, torta de castañas, cocidas, cocidas con lei te, con fabas, con

ovos, “marrón glacé”, crúas, nas bolas, anisadas, e n puré.

Page 7: UD A CASTAÑA E O MAGOSTO

INVESTIGA. Na biblioteca atoparás as respostas

1.- Dende que época da historia se coñecen as castañas?

2.- Como comían as castañas os nosos devanceiros?, De que maneira as cociñaban?

3.- Antigamente, había máis ou menos castiñeiros en Galicia?, e por que?.

4.- Que beneficios nos dan os castiñeiros a maiores do de ter un froito para comer?

5.- Que palabras utilizamos para:

Quitarlle as cascas á castaña cocida, fresca ou asada.

Castaña seca.

Festa da exaltación da castaña.

A flor do castiñeiro.

6.- Escribe un refrán sobre o castiñeiro.

……………………..

7.- Que é unha castañeira?, que facían?

8.- Escribe unha cantiga na que aparezan as palabras “castañas asadas”.

…………………………………………….

9.- Explica o significado sos seguintes ditos :

Auga de castañas

¡pegarse un castañazo

¡Manda castaña!

10.- Nomea diferentes tipos de castañas e escribe como son:

11.- Que dúas pestes atacan aos castiñeiros na nosa terra?

12.- Explica como se secan as castañas.

Page 8: UD A CASTAÑA E O MAGOSTO

Para o profesor /profesora

INVESTIGA. Na biblioteca atoparás as respostas

1.- Dende que época da historia se coñecen as castañas?

A castaña é un dos alimentos máis antigos da humanidade. Dende o Paleolítico o home aproveitou e alimentouse de

castañas

2.- Como comían as castañas os nosos devanceiros?, De que maneira as cociñaban?

Asadas ou facían fariña coas castañas secas ou “pilongas” para utilizar todo o ano.

3.- Antigamente, había máis ou menos castiñeiros en Galicia?, e por que?.

O número de castiñeiros diminuíu en Galicia a pesar das repoboación, a causa é principalmente pola invasión de

piñeiros, eucaliptos e outras especies arbóreas que enigran os nosos montes, así como tamén os incendios forestais.

4.- Que beneficios nos dan os castiñeiros a maiores do de ter un froito para comer?

O castiñeiro é unha árbore nobre e non só produce castañas que se comercializan en diversas formas e variedades

senón que nos da unha magnífica sombra en verán e madeira para moitas utilidades como para a construción e a

ebanistería, da súa flor as abellas extraen mel con propiedades curativas. En simbiose, produce marabillosos

cogumelos. Embelece a paisaxe, protexe e mellora o ecosistema humano.

5.- Que palabras utilizamos para:

Quitarlle as cascas á castaña cocida, fresca ou asada. debullar

Castaña seca. pilonga

Festa da exaltación da castaña. O magosto

A flor do castiñeiro. A candea

6.- Escribe un refrán sobre o castiñeiro.

……………………..

7.- Que é unha castañeira?, que facían?

Eran persoas que vendían as castañas asadas nas esquinas dalgunhas cidades ou vilas. Hoxe

aínda podemos atopar vendedores ambulantes cunha vella locomotora asando castañas na rúa,

xunto cos cucuruchos de papel cheos de castañas quentes que a xente devora con ledicia

8.- Escribe unha cantiga na que aparezan as palabras “castañas asadas”.

…………………………………………….

9.- Explica o significado sos seguintes ditos :

Auga de castañas dise do café frouxo

¡pegarse un castañazo! Pegarse un golpe forte

¡Manda castaña! Algo que non ten xustificación, que sorprende a un.

Page 9: UD A CASTAÑA E O MAGOSTO

10.- Nomea diferentes tipos de castañas e escribe como son:

BOLECOS : Castañas non comestibles, pequenas e aplastadas, que teñen case unicamente pel. BARAIS : Duras pero que adoitan ser moi saborosas. BRAVAS : Son os froitos dos castiñeiros sen enxertar. TEMPERÁS: Redondas e pequenas, nacen antes cás outras. RAÑUDAS : Alongadas e claras. Tipos de castaña: Bolerca : a que abortou dentro do ourizo, que non medrou. Brava : a do castiñeiro bravo, sen enxertar. Bullada : a que xa pasou pola bulla. Bullote : castaña asada no tixolo ou cacho. Burgazo : castaña fresca cocida que se come con leite. Crouco : a que é pequena. Degaro : a castaña degraída. Tamén se chaman restrelos . Degraída : cae do ourizo ó chan xa madura. Degaros. Enxeridas : formadas por varias pezas. Longal : tipo de castaña portuguesa. Maia: a pilonga ou seca, e afumada. Mamota : cocida coas dúas cascas, zoncho; é a castaña mal asada que non pela ben. Pilonga : castaña seca. Zoncho : a mamota. Os cativos enfíanas nun cordel a xeito de rosario para comelas. No Caurel: Abarqueira : a castaña baleira. Bravas : hai anos que se dan e outros que non saen. Picois : as que se desprezan cando se escollen ou que parten ó debullalas para quitárlle-las tonas durante o bandoxo. Presa : froito dun castiñeiro bo para madeira e que rende moita cantidade de castañas. Dise que estas castañas non son as máis saborosas. Raigonas : son as segundas en caer da árbore; as mellores para comer e as que mellor pelan. Velliñas : é moi escura e debúllase mal. Vérdeas : as máis saborosas e as que máis abundan, xunto coas presas. Outras clases de castaña : Pagiana, Vilande, Buxeira, Agrelo, Loura, Garrida, Papada, Cabezuda, Toubesa, Bravoleirado, Bicuda, Ousende, Oucieira.

11.- Que dúas pestes atacan aos castiñeiros na nosa terra?

O chancro e a tinta

12.- Explica como se secan as castañas.

As castañas sécanse de diferentes maneiras: nunhas partes sécanse ó sol; noutras en fornos, e nalgunhas cúranas ó fume das cociñas. Despois de secas, nunhas partes gardan a cáscara, e noutras móndanas e íspenas non só da cáscara exterior, senón tamén da interior, deixándoas limpas, brancas e curadas. Para descascalas, nuns sitios enchen un saco húmido e despois apaleano ata que lles saen as cáscaras interior e exterior, que se están ben secas, hanlles saír con facilidade; noutros sitios poñen poucas castañas no saco para collelo logo entre dous homes polos extremos, érgueno ó aire e sacúdeno con forza contra un banco que poñen no medio. Terminada esta primeira manobra pásase a limpalas usando unha criba, e outros avéntanas como o trigo, pero de calquera modo as castañas quedan enteiramente separadas de cáscara na que están envoltas, e non falta máis que darlle a última man para separar as danadas e feitas cachos das que están enteiras, sas e en estado de conservarse. De cada 2 ferrados e medio de castañas frescas de boa calidade sácase 1 de mondadas e curadas.

Page 10: UD A CASTAÑA E O MAGOSTO
Page 11: UD A CASTAÑA E O MAGOSTO

SOLUCIÓNS

Page 12: UD A CASTAÑA E O MAGOSTO