O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban....

64

Transcript of O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban....

Page 1: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 2: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 3: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 4: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 5: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 6: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 7: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 8: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 9: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

7

Integrada no grupo CLARCOR Inc., PECOFacet é o líder mundial en deseño, fabricación, distribución de servizos e produtos avanzados de filtración e separación.

Nacidas na primeira metade do século XX cunha clara vocación de converterse en líderes mundiais en solucións de filtración e separación, a fusión levada a cabo entre Facet International e Perry Equipment Corp. en 2007 reforzou a presenza da compañía nas nacións máis desenvolvidas do mundo e propiciou operacións en máis de 100 países dos cinco continentes.

A ampla gama de produtos da compañía, facilmente adaptables ás necesidades específicas de cada cliente, facilitou a presenza de PECOFacet nas principais compañías de mercados tan dispares como poden ser o de xeración de enerxía, a industria petroquímica, a prevención de contaminación ambiental e a industria en xeral. Non obstante, os produtos PECOFacet son líderes indiscutibles nos mercados de aviación e naval.

PECOFacet

Page 10: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 11: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

9

PECOFacet Ibérica, S.A. comeza a súa andadura en 1978, comercializando filtros para combustible e equipos para loitar contra a contaminación ambiental. No ano 1981 constrúense as instalacións ubicadas no Polígono Industrial de Sabón, onde se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban.

Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía e fabricación de equipos para novos mercados; desde entón, a creación de novos produtos máis eficientes, económicos e fiables é unha constante de todo o equipo de PECOFacet Ibérica, S.A.

O resultado desta filosofía, resúmese en feitos como que nos últimos anos se duplicou o cadro de persoal da compañía e se triplicou a facturación, conseguindo así ser unha peza clave na multinacional.

Este crecemento xerou novas necesidades en canto a instalacións; necesidades que se viron cubertas recentemente coa inauguración na mesma parcela do novo edificio de oficinas.

Deseñado por ACXT-IDOM, un dos maiores estudos de arquitectura do mundo, este edificio está na vangarda en materia arquitectónica, sendo un lugar que se deseñou primando o benestar dos seus usuarios e un rendemento enerxético óptimo.

Concibido como un elemento vivo, cambiante e con capacidade de adaptación a distintos tipos de eventos, o vestíbulo principal do edificio albergou certames de pintura, fotografía e, actualmente, a exposición de poesía e escultura Versos&Formas.

PECOFacet Ibérica, S.A.

Page 12: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 13: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

versos

Page 14: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 15: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

13

Eva VeigaPoeta e coordinadora da exposición

Suspenso no baleiro, o verso é unha frecha en tensión aberta a todos os sentidos. Degrao dunha escala respiratoria e rítmica que se xoga a vida de precipicio en precipicio, que se eleva infinitamente mentres desce até as simas máis insospeitadas: eis o poema, casa a penas suxeita do aire por palabras ou alfinetes, abeiro nómade de ventadas de emoción, de pensamentos dun espellar libertario, de fugas que se fan íntima revelación. Porque, ao cabo, o poema é un ser vivo, mesmo un avatar ao que o corazón alenta e a razón asiste, afanado na procura do imprevisto ou só intuido, do que nos foxe para nos deixar unha e outra vez anoados á orfandade primeira, do que non sabemos e, non obstante, nos conforma. Mais o poema é pura disconformidade, deconstrución que ansía, como escribiu a poeta Luísa Villalta, “despoxar-se/ do real que non comprende a súa verdade/ vitalmente irreal, deshabitar-se.” E velaí a creación: viaxe in-versa da materia a acadar o non-lugar da utopía, a transformarse no invisible que nos desvela, a quebrarse no verso a prol dunha música exploratoria e reservada. E é por esa físgoa que tamén nós somos aire, respiración individual e colectiva dunha xeografía atlántica, neste caso herculina e bergantiñá, que aquí se expresa a través da poesía de vinte e seis poetas como follas vizosas dunha única árbore.

“Se as portas da percepción se purificasen todo se lle aparecería ao ser humano como é, infinito.”

William Blake

Page 16: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 17: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

15

Lenta,

desenganada,

sen a penas brillo

retorna a luz á súa orixe,

á nudez da nada.

Vén,

non é preciso

que teñas forma.

Vén,

como auga ou aire,

como chuvia ou relampo,

como tristeza ou alegría,

pero vén.

Alfonso Costa

I

II

Page 18: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

16

PECOFacet Ibérica, S.A.

Creación

Ao Chíqui Lozano

No principio houbo

unha bágoa.

Unha fila de bágoas

se endureceu

e deu lugar aos ósos.

Os ósos arderon

e da súa chama

xurdiu a carne.

A carne fíxose leve

e da súa levidade

naceron os cabelos.

Os cabelos como vento

non querían ficar presos

e polo aéreo sentimento

pairou a alma.

A alma moraba soa

na cima da montaña,

mais cando outra atopou

sorriu, e dela manou

unha bágoa.

Alfredo Ferreiro

(do libro inédito Teoría das ruinas)

Page 19: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

17

Aire-Palabra ou Verso-Luz

Noticias das estrelas ou acenos do alén.

Viaxeiros camiños que sucan o invisible

con cantigas lixeiras.

Ninguén sabe qué pasa

pero un raio dourado vai e ven polo espazo

acalentando as almas.

Hai marmurios nas fragas que ciscan alfabetos

e que van sementando idiomas nunca ouvidos.

Así son os poemas: anunciación, nacente,

pentagramas que abrollan nas fontelas do ceo,

osíxenos cantores que a diario alentamos

e que insuflan nos peitos arelas de infinito.

Entón decimos "nube"

i é todo marabilla de levedantes auras

e si decimos "chuvia"

as pingueiras transforman en páxinas a terra

e sae o sol e doura os sucos plateados.

E o asombro medra

e cantan os coros do universo

Ánxeles Penas

Page 20: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

18

PECOFacet Ibérica, S.A.

Chegas a esta praia

que non existe

Tempo quizais sen mitos, tanto

que a luz non che pesa

Gaivota tan alta

xa ar xa ave para os azuis

mais verdes

xa mineral xa nuve

Inverno adolescente

luz saturada de sal

Xa noite, xa mortal

xa ti, xa nuve

Amas aquilo

que non te comprende

Amas aquilo que non necesita

da tua comprensión

Cesáreo Sánchez Iglesias

(de Mar do fin da terra)

Page 21: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

19

era un despregarme

nas periferias da palabra

o impronunciábel

da ofrenda

contraer o verso

ou as ás

corrupto o ar

agochada

a blasfemia

baixo as unllas

Dores Tembrás

(de Silabario)

Page 22: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

20

PECOFacet Ibérica, S.A.

Tolvanera

se puidese romper vento con vento

a rocha

e facer lugar onde descansar o óso

e o tesouro

poría gardesas feras

sereas da terra

pardas

aves loucas serpentinas que xiran en danza mística arredor da mica

e do agave.

se buscase a vixilia do teu corpo durmido

baixo un lenzo fino de deserto

a tolvanera finxiría fuxidía danza

centrípeta atalaia en fuga

espiral da tripa do mundo

que sae ao mundo

na defensa do teu silencio.

Emma Pedreira

Page 23: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

21

Se os soños baixan como estrelas

a beber do día.

Se a verdade máis fonda se atopara

na incerteza.

Se sempre a luz deixa

o seu segredo sobre as cousas.

Se arrola a noite aínda máis dentro

a tenrura do volcán.

Se me ollas en silencio e o mundo

deixa de dar voltas.

Se se abrise a chuvia

nos teus labios.

Se da nube me derrota

a súa beleza.

Se o amor nos ergue

sobre a cinza.

Eva Veiga

(de A distancia do tambor)

Page 24: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

22

PECOFacet Ibérica, S.A.

Entre o acougo e a sombra

Córtoche as unllas,

Nodosas mans agora de brétema,

Paisaxes amarelas no embrión dos teus ollos

case cegos. En que pensas?, pregunto.

Non hai en que pensar, respondes.

E as lembranzas?

A fascinación da lúa que ollabas dende a fiestra?

Os contos do bisavó, o papá que lle chamabas?

As merendas no campo, ao pé do río?

As verbenas de agosto?

Xa non quedan recordos,

e debuxas un sorriso dorido e resignado

que dilúe o horizonte

entre o acougo e a sombra.

Na aira canta o merlo

entre o clamor das rosas.

Francisco X. Fernández Naval

Page 25: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

23

Esperanza

Os que estamos soterrados

na nube dos tristes,

os que ceamos os despoxos da derrota,

os que xa non temos forzas nin fe,

andamos sempre cunha pouca esperanza

agochada nas alxibeiras.

Por veces queimámola e co seu fume

purificamos o rostro e as feridas.

Se esa esperanza non existir,

daquela a vida non tería sentido

e nunca máis se bordarían palabras

nin se encherían de soños

os pentagramas da existencia.

Henrique Rabuñal

Page 26: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

24

PECOFacet Ibérica, S.A.

Soterrada paixón

Rachei a miña gaiola enferruxada

e desgarrei as miñas ataduras

para que sorbas os meus versos de silencio

cos que te aloumiñaba ás escuras

Tras unha longa viaxe

de húmidas olladas,

de verbas afogadas,

de abismos e de dúbidas

Hoxe achégome a ti, núa,

para asolagarte

nunha fervenza de escumas

Apócema oceánica

Acordes azuis afogados nos berros das gaivotas

ondas empurradas polo vento

asoballando rochas coa súa escuma

Sodes vós

a miña beberaxe segreda

reconstituínte salgado do meu espírito

Lía Santiso

Page 27: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

25

Elevar o bestiario

Voar polo día e pola noitebra

sortear a negrume en lámpadas de corenta vatios

nun mundo rabenado só para elas

queimar a roupa, saltar a corda coa arte da cornamusa

na fogueira de san Xoán.

Insalivar os medos no seu lobeiro e botarse ao monte

mastigar cristais que lle magoan as vísceras

como único alimento

até morrer varias veces unha infancia

e tomar prestado algún día de diario

algunha beirarrúa

de noite perentoria.

Había de esnaquizar a rabia contra todas as normas

había de sortear fiadas máis miúdas

e non perder o costume de andar aos biosbardos

había de beber outros velenos de sangrar

outras canteiras

zumegar o sol, rachar as faldras

elevar o bestiario

a libro de cabeceiras

Luz Campello

(de Inventario do prohibido)

Page 28: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

26

PECOFacet Ibérica, S.A.

Ese pulso da vida non visible

Nada sucede entón, nada cimbrea,

nada é vento na palma, nada código,

nada mudanza á vista.

Nada perturba a banda do silencio,

a casa tan doméstica,

este ioga de tarde

como morte

ou limbo de interiores...

E, sen embargo, un ruído de raíces,

un tránsito descalzo,

un mandato sen voz, un ollo fixo

goberna este momento,

este pulso

da vida non visible.

E eu acepto un tempo de millonaria nada:

este claro desvelo.

Coñezo un verbo estraño.

Eu sei de certa emanación secreta

e pecho os ollos.

Manuel Álvarez Torneiro

(de Onde nunca é mañá)

Page 29: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

27

Afogados

Veñen na súa mudez tan lonxe de si mesmos

e entran así no noso pensamento

sostidos por un fío verde de néboa

e unha luz de ollos grandes que se esvae

na fondura do tempo.

E sentimos o seu peso sonámbulo

e un tremor líquido de flor cincenta na fronte,

pálpebras que conteñen aínda a claridade dun soño,

dun xesto suspenso no baleiro.

Nadadores ausentes, bañistas que se foron

polo túnel azul das desaparicións,

agora hai un regreso como un laio sen voz,

o corpo que se anuncia no vidro lácteo da auga,

no interior do seu frío,

como unha forma perdida na lembranza.

Rostros que teñen a cor impensada dunha rosa violácea,

e unha ollada infinita prendida na estrela transparente

que navega entre as sombras.

Están aí, no fondo, na pálida fronteira do abismo,

no espello insondábel da soidade.

E nós sabemos da súa nudez sen nome,

do tristísimo mar que aínda os alimenta,

cando entran no noso pensamento

e alguén, moi lonxe, alá, no inmenso,

nos recoñece.

Miguel Anxo Fernán Vello

Page 30: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

28

PECOFacet Ibérica, S.A.

En días pasados

Erguía unha man

E o día pousaba sereno sobre a mesa de pedra

Na tarde aparecían sen chamalos

Vellos cantigueiros

Con instrumentos de música

Nacidos de luídos retábulos

Chegaban por camiños deixados das xentes

E da memoria

E silenciosos tendíanse á sombra dos limoeiros

El dille que vai canso

Que para o ano deixará os enxertos, a poda e as abellas

O fillo contempla a luz do crepúsculo

Na códea gris das pereiras

Un pouco cuarteada como o rosto do pai

Os ollos

A mesma luz leve e dourada das abellas

Miguel Mato(de Whiskey na barrica)

The father fetches teller of tales

And musicians who mute much, muse much,

On the tales.

(Wallace Stevens)

Page 31: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

29

O aire, sen ningunha voz, sen pegadas, que non

se para na pel; segue -máis frío- despois de ti

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

a brisa que, pensas, vén do cemiterio

das palabras e te traspasa

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

non hai nada, nada; toda a profundidade

é a da palabra imaxinada para lle dar

un nome a esta sensación

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

o seu son no deserto: quedar soterrado

nel nese instante no que a ave se

apagase e fose... nada, ao vento

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

non ter agora palabras novas ás que te

agarrar nin límites nesa infinitude

para todo o teu tremor

Miguel Sande(de A palabra soterrada)

Page 32: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

30

PECOFacet Ibérica, S.A.

Ti + eu: nós

Aquela luz de outubro clandestina

leva forxada en nós desde as orixes,

buscámola na ausencia das vertixes

a carón dos silencios, na retina.

Eu digo que na ardora adamantina

habita a esencia, a apócema que elixes,

a luz á que has volver sen que te fixes

acesa, ou apagada, que ilumina.

Acesa ou apagada a luz, eu digo

quero volver sentirte, acaso quero

mil noites existir, mil veces sós.

En medio desa luz quero e reitero

ollar contigo o mar, sempre contigo

ser simplemente ti máis eu, ser nós.

Modesto Fraga

(de Adagio por outono)

Page 33: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

31

Moito antes

Moito antes

os ancestros ían máis lonxe

para invocar a voz do amencer

baixo a luz libre

que habita na estrema do bosque.

Alí, onde as arterias do vento

aloumiñan a epiderme da pedra que

garda as entranas dun silencio mesto.

Moito antes

arredor do lume

as pálpebras do tempo, nun fluír sinuoso,

entretecían a lenta espiral do soño. Mentres

as estrelas, nun instinto primixenio,

dicían case todo

pendurando do asombroso ceo.

No bordo da historia

os druídas voluntariosos presinten

nas amplas noites

a voz dos deuses

a plenitude irredutíbel

da súa sombra.

Olga Patiño Nogueira

Page 34: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

32

PECOFacet Ibérica, S.A.

Apotheose

Agora

chéganos o estrondo

da derradeira árbore a caer

O precipicio no vento

como unha folla falta de osíxeno

quebrándoche de vez as mans

Paco Souto

Page 35: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

33

Cando calcámos a ribeira,

recibiunos o Señor dos Montes.

Era un bon anfitrión.

Prohibiu que nos seguisen as milicias.

E se alguén ousou,

fixo que ondas xigantes abatesen o barco.

O mar dérame a min

o seu lombo de animal manso,

as vagas eran linguas que me aloumiñaban,

e era graciosa a curva do meu pé

andando sobre elas, sen temor.

Deixei atrás o meu reino:

xa o cercaban as sombras.

Vin como se desprendían violentamente do seu eixo

corpos, arderen tendas na praza.

Aínda seguín contodo, por un tempo, cantando.

Cinxín a saia no meu van

e comecei a xirar como un derviche,

até ser todo en min un círculo perfeito.

Mais só era a buxaina de metal fendido coa que xoga Deus,

un brinquedo entre portas desgonzadas.

Fuxín cando fechou un ollo, vencido polo sono,

e do outro lle verquían lágrimas de sangue.

Botei a andar sobre o mar.

Estou na palma da man do Señor dos Montes.

Pilar Pallarés

(do relato dunha cativa siria)

Page 36: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

34

PECOFacet Ibérica, S.A.

Gravitam as palavras

sobre um centro aberto

no seu cântico solar,

indecifrada espuma

de um oceano interior

ao vazio iluminado,

libertados na sua calma

os astros obscuros em

que descansam os corpos

trás dançarem no longe,

abraçados na plenitude

do seu íntimo esplendor.

Ramiro Torres

Page 37: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

35

Vén

e nun segundo,

desliza o tempo cara atrás.

Prende a cinceladas

o ángulo da nudez.

Que cada liña

xire o devecer da pedra.

fragmentar o a(i)r(e)

ao soprar

a fría seda.

Raquel Naya

Page 38: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

36

PECOFacet Ibérica, S.A.

Recollo o sosego

coma unha alfaia engarzada no verán.

Eres como a carne translúcida da rosa

que crava os seus ollos no centro do lombo.

A ofrenda na que a terra enxuga a lingua

que despois zurcirá no canto das baleas.

No teu seo abríganse o leito dos peixes

o encaixe do loito

e as mans escravas da colleita.

Unha e outra vez cambias a pel na area.

Ti, sempre cicerón de espellos.

O sangue e a luz apenas atravesan a espiña do óso.

É este o lugar onde nace o silencio.

Baixo o teu cumio

aínda azulea o colo da nai.

Rocío Blanco

Page 39: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

37

Todas as rúas

Demasiado frío

para durmir

-di o carambelo dos teus labios-

Demasiado frío.

E á cidade non lle caben

os nosos corpos

nos seus petos.

Fóra

é o único lugar que nos pertence.

Mais non tremas, amor.

Os edificios son árbores

con necrópoles de niños;

illas afogadas

en océanos que non flotan.

“Eles” teñen

un furado de asfalto vertical;

unha fiestra sen luz

entre as fauces da noite.

E nós?

Nós, todas as rúas.

Rosalía Fernández Rial

(de Vinte en escena)

Page 40: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

38

PECOFacet Ibérica, S.A.

Autorretrato

De existir o vento

levaría cabelo cumprido sobre os ombros.

De existir a chuvia

as bágoas derivarían por unha face tersa.

De existir os ósos

seguiría as túas pegadas pola terra

e no movemento o meu corpo

acharía unha posición exacta.

Algo está a faltar e non lle atopo nome.

Como designar un arrecendo cálido

de palmas simétricas.

De existir o tempo

dedicaría a cantar a vida enteira.

E aínda agora me pregunto

canto frío son capaz de atesourar

Tati Mancebo

(de Mundo maquinábel)

Page 41: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

39

Zona de sombra

Ondúlase o músculo

e nace o voo

como materia imantada

a un espazo

inerte

fragmentario

violento

fugaz

neste doce saberse un

tamén aire

Cauterio do sol

preservando a inocencia da ave

cando na zona de sombra

a ferida de vivir

férrea e sagazmente confusa

nos arrebata

dúbida eterna

privilexio final

Teresa Seara

I

II

Page 42: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

40

PECOFacet Ibérica, S.A.

Atlántico

¿Que podes outorgarnos,

pai,

que non sexa naufraxio?

¿Como

rescatar do teu fondo

certezas ou palabras?

Na mirada non cabe o pensamento.

Cavilar é imposible fronte ao mar.

Soñar, perderse, ser:

a única certeza fronte ás augas.

Para alén da beleza infinita das celaxes,

na eterna fixeza do instante que pasa,

¿que podes outorgarnos

que non sexa o teu propio e perpetuo naufraxio?

Xavier Seoane

(de Dársenas do ocaso)

Page 43: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 44: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 45: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

formas

Page 46: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 47: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

45

Por segunda vez teño o honor de escribir unhas palabras para un evento que organiza PECOFacet. Se a anterior foi para presentar o I Certame Internacional de pintura da compañía, no cal a presenza de artistas e a calidade das obras superaron todas as expectativas, a presente non é menos interesante.

Co suxerente título de “Versos e Formas”, esta exposición colectiva de poesía e escultura reúne a un selecto grupo de artistas que amosan unha obra heteroxénea, tanto no plástico como na escrita, cunha temática independente entre si.

Nesta mostra pódese aprezar que a Arte e os Artistas non teñen límites no seu modo de expresión e que aínda que nesta ocasión os autores presenten unha escultura ou un poema, poderían ter creado empregando calquera outro tipo de expresión artística. Por este motivo, poderiamos denominar aos participantes (se se me permite e sen ánimo de ser pretencioso), como “Artistas Totais” ou renacentistas.

Ademais de a PECOFacet por organizar este evento, quero amosar o meu agradecemento aos meus compañeiros por teren participado nesta exposición, facendo gala da xenerosidade que sempre caracteriza ao noso colectivo.

Por outra parte, no nome dos meus compañeiros e no meu propio, quero dar os parabéns ao meu amigo Cándido Cancelo, director xerente de PECOFacet Ibérica, tanto por esta iniciativa como polo seu compromiso coas artes, e trasladarlle desde aquí que, no sucesivo, continúe brindándonos a oportunidade de participar e disfrutar destes eventos.

Grazas.

Pedro BuenoPintor, escultor e coordinador da exposición

Page 48: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

46

PECOFacet Ibérica, S.A.

Animal racional

Alfonso Costa

Carballo e fibra

Page 49: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

47

Esfinge

Emilio Celeiro

Fibra

Page 50: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

48

PECOFacet Ibérica, S.A.

Bosque

Javier Garaizábal

Madeira e cemento policromado

Page 51: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

49

Sin título

Lola Beade

Mármore de Macael

Page 52: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

50

PECOFacet Ibérica, S.A.

El Intercambiador. El Huevo

Manuel Gandullo

Aceiro, teca, cristal e ovo

Page 53: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

51

Flor eterna II

Manuel Patinha

Aceiro

Page 54: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

52

PECOFacet Ibérica, S.A.

Eolo

Nito da Vila

Talla en madeira de nogueira

Page 55: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

53

Arlequín. Eva 1

Pedro Bueno

Gres

Page 56: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

54

PECOFacet Ibérica, S.A.

Platón

Ramón Astray

Refractario

Page 57: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

55

Por encima la conversación de los dioses continúa indiferente

Soledad Penalta

Aceiro inoxidable manuscrito

Page 58: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

56

PECOFacet Ibérica, S.A.

Inmovilidad de las ramas y del pensamiento

Soledad Penalta

Aceiro inoxidable manuscrito

Page 59: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 60: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía

PECOFacet Ibérica, S.A.Avenida da Ponte, 16 - 15143 Arteixo, A Coruñ[email protected]

Edición: Cándido Antonio Cancelo CabanasDeseño e maquetación: César Díaz PazosTraduccións: Teresa Seara Domínguez

Fotografía Eva Veiga: © Alfonso Costa

Xullo 2016

DL - C 1179-2016ISBN: 978-84-608-9616-6

Publicado por:

VERSOS & FORMAS

Esta publicación foi impresa empregando papel ecolóxico libre de cloro elemental e certificado según os estándares de PEFC a fin de asegurar un uso forestal eficiente para a conservación dos bosques.

Page 61: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 62: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 63: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía
Page 64: O levantador de minas€¦ · se fabricarán os produtos que anteriormente só se comercializaban. Pasados os anos, a compañía céntrase no deseño, desenvolvemento de tecnoloxía