O FRANQUISMO, 1939 1975 - colegiosamordedios.es · O FRANQUISMO, 1939 – 1975 1. A NATUREZA E OS...

14
Colexio Amor de Dios, Vigo Historia de España, 2º Bacharelato Páxina 1 O FRANQUISMO, 1939 1975 1. A NATUREZA E OS APOIOS DO RÉXIME FRANQUISTA PENSAMENTO POLÍTICO DE FRANCO. APOIOS AO RÉXIME FRANQUISTA: - O Exército - A Igrexa - Apoios sociais 2. A EVOLUCIÓN DO RÉXIME 2.1. OS SEUS INICIOS: 1936 - 1939 2.2. A FASE TOTALITARIA: 1939 1959 1939 1950: Actitude durante a Segunda Guerra Mundial: neutralidade-colaboración 1945 1950: Illamento internacional Política económica: a autarquía e as súas consecuencias. 1950 1959: O contexto da Guerra Fría: acordo con EE.UU. Política económica, anos 50. 2.3. A OPOSICIÓN DE 1939 A 1959 2.4 A FASE TECNOCRÁTICA: 1959 1969 Cambios no réxime A expansión económica 2.5 A DESCOMPOSICIÓN DO RÉXIME:1969 1975 Tensións internas Goberno de Arias Navarro A crise económica de 1973 a 1975 2.6 A OPOSICIÓN DE 1960 A 1975

Transcript of O FRANQUISMO, 1939 1975 - colegiosamordedios.es · O FRANQUISMO, 1939 – 1975 1. A NATUREZA E OS...

Page 1: O FRANQUISMO, 1939 1975 - colegiosamordedios.es · O FRANQUISMO, 1939 – 1975 1. A NATUREZA E OS APOIOS DO RÉXIME FRANQUISTA ... A OPOSICIÓN DE 1939 A 1959 2.4 A FASE TECNOCRÁTICA:

Colexio Amor de Dios, Vigo Historia de España, 2º Bacharelato Páxina 1

O FRANQUISMO, 1939 – 1975

1. A NATUREZA E OS APOIOS DO RÉXIME FRANQUISTA

PENSAMENTO POLÍTICO DE FRANCO.

APOIOS AO RÉXIME FRANQUISTA:

- O Exército

- A Igrexa

- Apoios sociais

2. A EVOLUCIÓN DO RÉXIME

2.1. OS SEUS INICIOS: 1936 - 1939

2.2. A FASE TOTALITARIA: 1939 – 1959

1939 – 1950:

Actitude durante a Segunda Guerra Mundial: neutralidade-colaboración

1945 – 1950: Illamento internacional

Política económica: a autarquía e as súas consecuencias.

1950 – 1959:

O contexto da Guerra Fría: acordo con EE.UU.

Política económica, anos 50.

2.3. A OPOSICIÓN DE 1939 A 1959

2.4 A FASE TECNOCRÁTICA: 1959 – 1969

Cambios no réxime

A expansión económica

2.5 A DESCOMPOSICIÓN DO RÉXIME:1969 – 1975

Tensións internas

Goberno de Arias Navarro

A crise económica de 1973 a 1975

2.6 A OPOSICIÓN DE 1960 A 1975

Page 2: O FRANQUISMO, 1939 1975 - colegiosamordedios.es · O FRANQUISMO, 1939 – 1975 1. A NATUREZA E OS APOIOS DO RÉXIME FRANQUISTA ... A OPOSICIÓN DE 1939 A 1959 2.4 A FASE TECNOCRÁTICA:

Colexio Amor de Dios, Vigo Historia de España, 2º Bacharelato Páxina 2

1. A NATUREZA E OS APOIOS DO RÉXIME FRANQUISTA Francisco Franco Bahamonde era un militar africanista, católico, que defendía un nacionalismo

español agresivo e excluínte. Os principios do seu réxime, desenvolto entre 1939 e 1975, e os seus

apoios poderían concretarse nos seguintes:

Considera que as virtudes tradicionalmente atribuídas ao Exército debían ser a esencia dos

valores nacionais, esto é, xerarquía, disciplina e orde. O Exército será fundamental para o

réxime franquista e nel atoporá os seus apoios máis fieis: ministros, gobernadores e altos

cargos… serán militares.

Os sentimentos relixiosos de Franco acentuáronse durante a Guerra civil, de xeito que

Catolicismo e patria chegaron a converterse na mesma cousa.

A guerra era presentada pola xerarquía eclesiástica como unha “cruzada”, é dicir, xustifícase

a sublevación porque esta se levou a cabo para defender os principios católicos da Nación

fronte á agresión republicana e comunista. Configurouse así a un dos elementos

característicos do réxime franquista: o NACIONALCATOLICISMO, o cal significa a

inserción da Igrexa no novo réxime e a identificación do nacional co católico. (O bispo de

Salamanca, E. Pla y Daniel, escribiu “Reviste, si, a forma externa dunha guerra civil, pero,

en realidade, é unha cruzada. Foi unha sublevación, pero non para perturbar, senón para

restablecer a orde”).

A cambio a Igrexa obtivo importantes concesións, sobre todo tras o Concordato co

Vaticano (1953): a Igrexa asegurábase a súa presenza nas altas institucións do Réxime, tiña

o control da ensinanza e da censura, para prohibir calquera publicación que atente contra o

dogma e moral católicos. Franco, a cambio, tiña o dereito de presentación cando se producía

unha vacante nun bispado, entraba nas igrexas baixo palio e nas moedas rezaba a

inscripción: “Caudillo de España por la gracia de Dios”.

Hai que sinalar que o apoio a Franco e a súa ditadura non foi monolítico. Algúns sectores

católicos, especialmente en Cataluña e País Vasco, mantivéronse sempre hostís ao

franquismo. Esta actitude acentuouse tras o Concilio Vaticano II (1962-1965), debido ao

compromiso social e político dalgúns sacerdotes.

Franco fai unha interpretación heroica da Historia de España, resaltando o periodo dos Reis

Católicos e a monarquía dos Austrias do século XVI, destacando feitos como a conquista de

América. Pola contra considera que a decadencia española comezou coa Ilustración e o

Liberalismo do século XIX, polo que este é rexeitado. Tamén defende a unidade da patria:

“Una, grande y libre”, polo que se rexeita calquera outra identidade nacional (catalá, vasca,

galega) que non fose a española.

Franco defende a existencia dunha única autoridade que concentre todos os poderes, é dicir,

unha ditadura persoal cun único partido. Este partido único conformouse en torno a

Falange Española, as JONS e os tradicionalistas, dando lugar a FET y de las JONS. A

partir de 1958 impúxose a denominación “MOVIMIENTO NACIONAL”.

Os inimigos de España, ademais do Liberalismo, serían as ideoloxías obreiras: socialismo,

comunismo e anarquismo; xunto aos masóns e os xudeus. Fronte a estes inimigos levouse a

cabo unha política agresiva e represiva, que mantivo durante todo o réxime franquista a

diferenza entre vencedores e vencidos.

No bando vencedor situaranse os terratenentes, financieiros, empresarios, pequenos e

medianos propietarios agrarios e clase media, sobre todo rural.

Page 3: O FRANQUISMO, 1939 1975 - colegiosamordedios.es · O FRANQUISMO, 1939 – 1975 1. A NATUREZA E OS APOIOS DO RÉXIME FRANQUISTA ... A OPOSICIÓN DE 1939 A 1959 2.4 A FASE TECNOCRÁTICA:

Colexio Amor de Dios, Vigo Historia de España, 2º Bacharelato Páxina 3

O resultado de todas estas ideas é o RÉXIME FRANQUISTA, cuxos trazos principais foron:

- Ditadura persoal.

- Unipartidismo.

- Creación dun estado antidemocrático e totalitario definido pola sumisión ao Caudillo, a represión

e negación das liberdades básicas; falla de garantías xurídicas e cun forte e presente militarismo.

2. A EVOLUCIÓN DO RÉXIME 2.1. OS SEUS INICIOS: 1936 – 1939

Para afrontar a guerra con garantías tomouse a decisión de crear unha Xunta de Defensa Nacional

(Burgos, 24 de xullo de 1936), que “asumía todos os poderes do Estado”, integrada exclusivamente

por militares. Tiña como obxectivo coordinar as columnas militares e civís, pero tamén pretendía

ser un órgano de goberno político e administrativo.

A finais de setembro a Xunta de Defensa afronta a necesidade da creación dun mando militar único.

O elixido foi Franco que, desde ese momento, comeza a acumular funcións.

Por un decreto de 1 de outubro de 1936, Franco era nomeado Xeneralísmimo dos exércitos

(xeneral en xefe das forzas nacionais de terra, mar e aire) e Xefe do Estado, polo que

asumía todos os poderes. A súa primeira decisión foi crear unha Xunta Técnica do Estado

(embrión do seu futuro goberno) coa que se pretenden crear órganos administrativos que

“resposten ás característicad de autoridade, unidade, rapidez e austeridade”, baixo o control

do Exército 1*

Franco tiña xa o poder militar, pero faltaba un aparato político para vertebrar o novo Estado.

Isto deriva no decreto de 19 de abril de 1937 polo que Franco se convertía no xefe dun

novo partido único: Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva

Nacional Sindicalista (FET y de las JONS). O novo partido unificaba baixo o control de

Franco o “Movimiento Nacional” 2*

Xa en 1938 a Xunta Técnica deixa paso ao primeiro goberno de Franco. O 30 de xaneiro

quedou constituído o seu primeiro goberno e promulgouse a Lei de Administración

Central do Estado. Nesta lei a presidencia do goberno queda vinculada ao Xefe do Estado,

un goberno formado por el mesmo e os ministros. No seu artigo 17 concédeselle a Franco a

potestade de dictar normas xurídicas de carácter xeral. 3*

Entre as leis aprobadas destacan:

- “Fuero del trabajo” (marzo 1938): aséntanse as bases para o sindicalismo vertical ou

corporativismo. Considéranse delictos contra a patria as folgas e reclamacións

colectivas.

- Supresión dos Estatutos de autonomía e normas para a uniformidade da lingua en

Cataluña e País Vasco

- Leis de prensa e imprenta (22 de abril): puxéronse as bases dunha prensa controlada e

ao servicio do Estado e do control sobre todo o que se publicase.

- Lexislación favorable á Igrexa: supresión do matrimonio civil e o divorcio, recupera o

control do ensino. Restablécese a Compañía de Xesús, reimplántase o culto relixioso no

exército.

Marzo 1939: os bens da Igrexa quedan exentos de pagar a contribución territorial.

- Lei de responsabilidades políticas. Facultaba aos tribunais mixtos, con representantes do

Exército, poder xudicial e Falange, para a aplicación de penas como a apropiación de

bens a persoas ligadas a partidos ou organizacións de esquerdas.

Page 4: O FRANQUISMO, 1939 1975 - colegiosamordedios.es · O FRANQUISMO, 1939 – 1975 1. A NATUREZA E OS APOIOS DO RÉXIME FRANQUISTA ... A OPOSICIÓN DE 1939 A 1959 2.4 A FASE TECNOCRÁTICA:

Colexio Amor de Dios, Vigo Historia de España, 2º Bacharelato Páxina 4

1* Política económica: regular o control do ouro, circulación de moedas de prata, comercio interior e exterior, apoio á

Banca privada. En xustiza creouse o Tribunal de Xustiza Militar e reguláronse os Consellos de guerra; dictáronse

medidas para a depuración de funcionarios, docentes,… Desde a Comisión de Cultura y Enseñanza dictáronse normas

para a ensinanza e prácticas relixiosas nas escolas á vez a que se impulsan o sentimento nacional e de hispanidade.

2* Foi preciso crear unha organización que se fixese cargo do novo Estado e crease unha ropaxe ideolóxica que atraese

ás masas. A dificultade era que ninguna das organizacións permitidas renunciaban ao seu programa:

- Os monárquicos tiñan unha organización de partido mínima, pero contaban cunha importante presenza na incipiente

vida política do novo Estado.

- Carlistas e falangistas en cambio tiñan un amplo apoio popular e contaban coas súas milicias.

A súa unificación era complicada, de modo que foi Franco que acabou tomando a decisión:

20 decembro 1936: integración das milicias no Exército.

19 xaneiro 1937: Discurso contra os partidos políticos, falou dun Estado católico, exalta a unidade da patria.

20 abril 1937: Decreto de unificación.

3* O criterio para a elección dos membros do goberno foi triple: competencia persoal, representatividade de todas as

forzas do movemento e fidelidade ao mando. Conformouse así un goberno con forte peso militar, conservador, con

representantes da oligarquía monárquica e da Falange.

2.2. A FASE TOTALITARIA: 1939 – 1959

I ) 1939 - 1950

A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL: 1939 – 1945

A guerra mundial estoupa o mesmo ano en que remata a Guerra civil. Nun primeiro momento

Franco declara que España é neutral pero, a axuda recibida durante a guerra desde Alemaña e Italia

e o espectacular avance das potencias do Eixe, decide a Franco a pasar da neutralidade á

non-belixerancia, cunha aberta simpatía cara ás potencias fascistas que se concreta na entrevista

entre Franco e Hitler en Hendaya (23 outubro 1940). Esta aproximación propicia a formación da

División Azul para loitar contra o avance do comunismo (1941-43).

É neste momento cando as similitudes ideolóxicas e externas do réxime co fascismo, sobre todo

italiano, fanse máis evidentes.

Desde 1942 a guerra cambia de signo cunha perda progresiva de posicións por parte de Alemaña e

os seus aliados. Esto fixo que Franco modificase de novo a súa política:

- O ministro de Exteriores, Serrano Suñer, pro-alemán, foi sustituido polo anglófilo conde de

Jordana.

- Garantiuse aos Aliados a neutralidade española.

- Retirouse a División Azul da fronte rusa.

En canto á política interior, Franco tamén realizou certos cambios:

17 de xullo de 1942: Lei de Creación das Cortes Españolas, que se reunirán por primeira

vez o 17 de marzo de 1943. As Cortes están formadas por 424 procuradores, a metade deles

elixidos directamente por Franco e a outra metade elixida pola xerarquía próxima ao

Caudillo. Teñen unha función meramente consultiva, xa que Franco se reserva para si

mesmo a elaboración e sanción das leis.

17 de xullo de 1945: “Fuero de los Españoles”. Trátase dun texto que pretende recoller os

dereitos dos cidadáns españois, pero tamén deixa claro que:

- Ningún destes dereitos pode usarse contra a unidade espiritual de España.

- Polo artigo 35 o Réxime ten o dereito a suspendelos.

Page 5: O FRANQUISMO, 1939 1975 - colegiosamordedios.es · O FRANQUISMO, 1939 – 1975 1. A NATUREZA E OS APOIOS DO RÉXIME FRANQUISTA ... A OPOSICIÓN DE 1939 A 1959 2.4 A FASE TECNOCRÁTICA:

Colexio Amor de Dios, Vigo Historia de España, 2º Bacharelato Páxina 5

ILLAMENTO INTERNACIONAL: 1945 – 1950

Ao final da Segunda Guerra Mundial, a ditadura de Franco era a única sobrevivente dos gobernos

totalitarios xurdidos nos anos 30. As potencias vencedoras decidiron illar ao réxime franquista: a

ONU rexeitou a entrada de España (1946) e solicitaba a retirada dos embaixadores do país; Francia

pechaba a fronteira pirenaica. Só a Arxentina de Perón (presidente arxentino) mantivo a súa

delegación diplomática en España.

Franco presentou esta actitude como un complot internacional contra España na multitudinaria

manifestación celebrada na Praza de Oriente (Madrid). Á vez tomaba novas medidas referidas á

política interior:

Lei de Sucesión (1947). España era un reino, pero Franco seguiría sendo o Xefe do Estado a

perpetuidade, facultado para nomear ao seu sucesor. Desde 1948 o príncipe Juan Carlos

educarase en España baixo a súa tutela.

ECONOMÍA. AUTARQUÍA E AS SÚAS CONSECUENCIAS

A guerra civil provoca unha enorme devastación: a economía está arruinada polos gastos da guerra,

as infraestruturas están destrozadas; a produción agrícola, industrial e a renda per cápita son

mínimas. Esta situación non só é grave, senón que se prolongará ata os anos 60.

A política autárquica ou de autoabastecemento foi unha decisión económca de Franco durante a

Segunda Guerra Mundial, pero tamén unha necesidade cando, unha vez terminada a guerra mundial,

España queda illada a nivel internacional.

A autarquía pretende a autosuficiencia e para elo:

- Procedeuse a illar España do exterior protexendo a produción nacional fronte á competencia

extranxeira. Para elo limítanse as importacións, limítanse as exportacións para non perder recursos

propios e limítase a entrada de capital extranxeiro.

- Intervencionismo estatal na produción, nos prezos e na distribución. Medidas que afectan á

agricultura e a industria.

Na agricultura:

Procedeuse a devolver as terras expropiadas durante a Segunda República e durante a

guerra.

Levouse a cabo unha reforma técnica. Creouse o Instituto Nacional de Colonización (1939)

que leva a cabo asentamento de colonos e melloras no regadío.

Ordenación e concentración parcelaria.

En canto á industria dictáronse leis de protección e fomento da industria nacional e creouse o INI

(25 setembro 1941). Pero a falta de materias primas, fontes de enerxía e equipamento industrial

limitan os efectos destas actuacións.

As consecuencias da política autárquica resúmense nunha situaión de crise económica permanente:

a produción agraria e industrial é insuficiente para cubrir as necesidades da poboación. A esta

escaseza de produtos hai que engadirlle a súa carestía, de xeito que a maior parte da poboación non

pode acceder a eles.

Nos produtos de primeira necesidade houbo polo tanto que recorrer ao racionamento. A cada

familia asígnaselle unha cantidade concreta de produtos.

Pero aínda así a escaseza era constante, polo que a necesidade de ter estes produtos xerou a

aparición dun mercado negro, o “estraperlo”.

Page 6: O FRANQUISMO, 1939 1975 - colegiosamordedios.es · O FRANQUISMO, 1939 – 1975 1. A NATUREZA E OS APOIOS DO RÉXIME FRANQUISTA ... A OPOSICIÓN DE 1939 A 1959 2.4 A FASE TECNOCRÁTICA:

Colexio Amor de Dios, Vigo Historia de España, 2º Bacharelato Páxina 6

Había un mercado negro que consistía en introducir de xeito ilegal produtos en España e despois

vendelos, intentando salvar o racionamento oficial; o cal significaba que había que pagalos a prezos

moito máis elevados que no mercado “legal”.

A maioría da poboación española sufría un constante empeoramento das súas condicións de vida:

traballábase máis, pero cobrábase menos e a capacidade adquisitiva non cubría as necesidades

básicas.

Fronte a elo existía unha minoría enriquecida: estraperlistas, funcionarios corruptos, terratenentes,

burguesía, xerarquía eclesiástica, militares... que se benefician da situación o cal deriva nunha clara

polarización social.

II ) 1950 – 1959

O CONTEXTO DA GUERRA FRÍA. ACORDO CON EE UU.

A fin da Guerra Mundial, deixou paso á aparición e incremento das tensións entre as potencias

vencedoras, concretamente entre EEUU e a URSS. Comeza así o periodo da Guerra Fría, un

conflito no que se enfrontaron o bloque capitalista e democrático e o bloque comunista.

Os EEUU neste contexto mudaron de actitude respecto a Franco. O réxime franquista amosara unha

clara política anti-comunista e polo tanto podía ser considerado un aliado, máis que un inimigo. A

situación xeográfica de España facía do país un enclave estratéxico: a súa posición de “entrada” a

Europa, convertía ao país no mellor lugar para a instalación de bases militares dos EEUU,

necesarias para o abastecemento dos avións americanos nos seus recorridos entre Europa e América

a través do Atlántico.

Varios feitos plasman esa nova actitude americana:

- En 1949 a banca estadounidense concede un préstamo ao réxime español.

- En 1950 a ONU anulou o illamento diplomático.

- En 1952 España é admitida na UNESCO.

- En 1953 fírmase o Pacto de Madrid, polo que se permite a instalación de bases

norteamericanas en España, a cambio de axuda económica e militar.

Neste mesmo ano fírmase un Concordato co Vaticano.

- En 1955 España é admitida na ONU como membro de pleno dereito.

- En 1959 o presidente Eisenhower visita España.

A progresiva aceptación do réxime a nivel internacional, permitiu a súa consolidación interna, o cal

se reflicte na Ley Fundamental de Principios del Movimiento Nacional (1958). Nesta recóllense

os principios do “Movimiento”, así como os únicos medios de participación dos cidadáns: a familia,

o municipio e o sindicato.

A nova actitude internacional permitiu tamén unha apertura das fronteiras, que se abriron para a

saída de man de obra, pero tamén para permitir a chegada dos turistas.

POLÍTICA ECONÓMICA NOS ANOS 50

O ano 1951 marca un punto de inflexión no desenvolvemento económico da España franquista.

A fin do illamento internacional, tras o cambio de actitude de EEUU, vai marcar o inicio dunha

tímida recuperación económica.

- EEUU concede un crédito a España.

- España entra na FAO.

- 1951 é un ano de excelentes colleitas.

Como consecuencia destes aspectos o racionamento puido relaxarse (ata a súa desaparición) e

redúcese o intervencionismo estatal.

Page 7: O FRANQUISMO, 1939 1975 - colegiosamordedios.es · O FRANQUISMO, 1939 – 1975 1. A NATUREZA E OS APOIOS DO RÉXIME FRANQUISTA ... A OPOSICIÓN DE 1939 A 1959 2.4 A FASE TECNOCRÁTICA:

Colexio Amor de Dios, Vigo Historia de España, 2º Bacharelato Páxina 7

Esta década dos anos 50 iníciouse con importantes protestas sociais en Cataluña, País Vasco e

Madrid: son movilizacións espontáneas que protestan pola escaseza, a carestía e, en xeral, polas

pésimas condicións de vida. As protestas foron duramente reprimidas, pero provocaron unha alza

xeneralizada dos salarios.

A axuda económica extranxeira comeza e segue chegando (1953 Pacto de Madrid) o que se traduce

na chegada de produtos agrícolas (=alimentos) e investimentos na industria, pero o crecemento

económico que se produce é moi desequilibrado: ao subir os salarios, tamén soben os prezos polo

que se chega a unha situación de inflación. Ademais ao ter que pagar as importacións, redúcense as

reservas económicas do Estado.

2.3. A OPOSICIÓN, DE 1939 a 1959

Unha das características que definiu ao Réxime franquista foi a persecución e represión dos

movementos democráticos e de esquerdas e ante calquera manifestación nacionalista. Dita represión

articúlase a través de dúas leis:

* Lei de Responsabilidades políticas (1939)

* Lei de Represión da Masonería e o Comunismo (1940)

Segundo ditas leis calquera delicto contra o réxime quedaban baixo xurisdición militar e as

condenas eran tanto de cárcere como, en moitos casos, a pena de morte.

Xunto a estas actuacións, houbo unha política sistemática de depuración nos ámbitos

administrativo, educativo e cultural. O mecanismo máis empregado foi a delación, moitas veces

forzada polas autoridades. En moitos casos o acusado non sabía quen o acusaba e debía de

demostrar a súa inocencia sen ser consciente do suposto delicto cometido.

Pero a pesar destas actuacións, haberá unha oposición ao Réxime franquista.

O MOVEMENTO OBREIRO. Pequenos grupos do PSOE, PCE e CNT manterán unha actividade

clandestina e amosaban a súa disconformidade co réxime mediante a convocatoria de folgas, pero

nos anos 50 a súa actividade decae.

OS MONÁRQUICOS. A aspiración de restaurar novamente a monarquía borbónica pronto se viu

frustrada, de aí que os grupos monárquicos cambiasen a súa orientación e optasen por conspirar

contra o Réxime. En 1943 os tenentes xenerais dirixiron unha carta colectiva pedindo a

Restauración monárquica e, en 1945, Juan de Borbón (fillo de Alfonso XIII) solicitaba que dita

restauración se fixese na súa persona.

OS MAQUIS. É a denominación que se lle dá aos guerrilleiros. Foron homes e mulleres que ao

rematar a guerra se mantiveron en núcleos e zonas de montaña desde onde levaban a cabo

incursións e accións violentas contra a Garda Civil e autoridades franquistas. As ideoloxías

predominantes eran o socialismo, o comunismo e o anarquismo; aínda que tamén había demócratas,

sen máis filiación. A estos grupos uníronse unidades que loitaran contra os alemáns en Francia, que

intentan trasladar a súa experiencia a España.

Os maquis crían na posibilidade de que, acabada a Segunda Guerra Mundial, as potencias europeas

democráticas os axudarían na súa loita contra Franco. Pero esa axuda nunca chegou e isto comezou

a debilitar aos guerrilleiros. A isto hai que sumar as accións cada vez máis efectivas da Garda Civil

para a súa detención, o cansazo tras anos de loita e a renuncia do PCE á loita armada. Todo isto

explica como pouco a pouco os maquis foron desaparecendo.

Page 8: O FRANQUISMO, 1939 1975 - colegiosamordedios.es · O FRANQUISMO, 1939 – 1975 1. A NATUREZA E OS APOIOS DO RÉXIME FRANQUISTA ... A OPOSICIÓN DE 1939 A 1959 2.4 A FASE TECNOCRÁTICA:

Colexio Amor de Dios, Vigo Historia de España, 2º Bacharelato Páxina 8

Xa nos anos 50 a oposición ao Franquismo experimenta varios cambios significativos:

- Renuncia á violencia.

- Transformación social e xeneracional dos seus membros.

- Impulso da actuación opositora no seo das universidades e sindicatos franquistas, para aproveitar

as eleccións a enlaces sindicais e xurados de empresas.

As accións máis frecuentes da oposición eran as convocatorias de folgas.

Fronte a estas accións, o Réxime mostrouse tan inflexible coma sempre a través de:

* Lei contra a Bandidaxe e o Terrorismo (1958)

* Lei de Orde Pública (1959)

Aínda que mostrou certa flexibilidad respecto ás demandas salariais coa Lei de Convenios

Colectivos (1958).

2.4. A FASE TECNOCRÁTICA: 1959 – 1969

SITUACIÓN POLÍTICA

A denominación deste periodo, fase tecnocrática, deriva do feito de que o goberno franquista vai

incorporar aos chamados “tecnócratas” ou técnicos.

Ata este momento os gobernos de Franco estiveran integrados por militares e falanxistas. A partir

de agora estes deixan paso aos “tecnócratas”. Trátase de homes máis novos, moitos deles

vinculados ao Opus Dei, que posúen unha ampla formación nunha determinada materia, sobre todo

en economía, e que van aplicar eses coñecementos no goberno.

A incorporación ao goberno destes técnicos supuxo un importante avance económico, comparado

coas etapas anteriores, e coincidiu cunha certa modernización social, derivada do maior aperturismo

do réxime ao exterior; pero non supuxo cambios significativos nas bases ou fundamentos do

réxime. Aínda así pódense destacar varios feitos:

- 1966 Lei de Prensa (no momento en que a carteira do ministerio de Información e Turismo era

ocupada por M. Fraga Iribarne). Suprímese a censura previa e permítese certa liberdade de

expresión.

- 1967 Lei de Liberdade Relixiosa. O Estado segue a ser católico, pero permítese a práctica privada

e pública doutras relixións.

Mención especial merece a Lei Orgánica do 14 de decembro de 1966. Trátase dunha especie de

constitución do réxime posto que nela se recollen os principios nos que se basea o réxime:

Describe España como unha monarquía.

Reafírmase a fidelidade aos principios do “Movimiento Nacional”.

Defínese España como unha democracia orgánica: democracia baseada nunhas Cortes nas

que está representados os sindicatos, cabezas de familia, municipios, Igrexa e Exército. Un

tercio desas Cortes son elixidas por sufraxio, tendo dereito ao voto os cabeza de familia e as

mulleres casadas.

Separa por primeira vez a Xefatura do Estado e a presidencia do goberno, que recae no

almirante Carrero Blanco.

Segundo o establecido nesta Lei Orgánica, España é unha monarquía e o rei sería o sucesor

de Franco á fronte do Estado. Será o 23 de xullo de 1969 cando D. Juan Carlos de Borbón

sexa oficialmente designado sucesor de Franco.

Page 9: O FRANQUISMO, 1939 1975 - colegiosamordedios.es · O FRANQUISMO, 1939 – 1975 1. A NATUREZA E OS APOIOS DO RÉXIME FRANQUISTA ... A OPOSICIÓN DE 1939 A 1959 2.4 A FASE TECNOCRÁTICA:

Colexio Amor de Dios, Vigo Historia de España, 2º Bacharelato Páxina 9

En canto á política exterior España, agora que remata o illamento e aproveitándose das boas

relacións con EEUU, dará un impulso a súa política exterior (ministro de Exteriores, Fernando

María Castiella). España intégrase en organismos internacionais, sobre todo económicos, como o

Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial e chega a acordos comerciais con Francia e

Alemaña.

Incluso no ano 1962 solicita a súa incorporación á CEE, aínda que foi rexeitada polo carácter

antidemocrático do réxime.

POLÍTICA ECONÓMICA (1959- 1969)

Esta etapa ven marcada polo Plan de Estabilización de 1959, que supuxo o inicio do “boom”

económico, do chamado “milagre español”.

A incorporación dos tecnócratas ao goberno explica esa recuperación económica xa que a maioría

deles eran expertos en economía. De entre eles destacan Mariano Navarro Rubio, como ministro de

Facenda, e Alberto Ullastres na carteira de Comercio, que serán os creadores do Plan de

Estabilización.

Este plan está baseado nas ideas do economista Joan Sardá i Dexeus, que poden resumirse en:

Crecemento equilibrado e continuo.

Aumento da renda per cápita e mellor distribución.

Crecemento do PIB.

Diminución do paro.

Integración de España na economía mundial.

A posta en marcha do plan coincide coa chegada a España de axudas económicas procedentes do

FMI e a OECE.

Estas ideas concrétanse en medidas como:

Supresión dos gravámenes aos investimentos, tanto nacionais como extranxeiros.

Favorecer a concesión de préstamos e subvencións.

Favorecer a exportación e a inciativa privada.

Desvalorizar a peseta.

Frear a inflación mediante o control salarial e o control dos prezos.

Crear polos de desenvolvemento: zonas xeográficas nas que se pretende potenciar a

industrialización.

Nun primeiro momento os resultados do plan foron negativos: cae a produción, baixan os salarios,

aumenta o custo da vida e o paro. Pero pouco a pouco e a partir de 1961 a economía entrou nun

periodo de crecemento sostido.

- O produto industrial aumenta en máis dun 160%.

- A renda per cápita aumentou.

Pero as causas deste crecemento non se poden buscar só nos efectos do Plan de Estabilización,

senón que tamén contribuiron outros aspectos como foron: o turismo, entrada de capital extranxeiro

e a emigración.

Page 10: O FRANQUISMO, 1939 1975 - colegiosamordedios.es · O FRANQUISMO, 1939 – 1975 1. A NATUREZA E OS APOIOS DO RÉXIME FRANQUISTA ... A OPOSICIÓN DE 1939 A 1959 2.4 A FASE TECNOCRÁTICA:

Colexio Amor de Dios, Vigo Historia de España, 2º Bacharelato Páxina 10

Turismo. O crecemento económico dos países eurpeos nas décadas dos 50 e 60 traduciuse

nun auxe do turismo, do que España beneficiouse. Os motivos son:

- Maior apertura do réxime cara ao exterior.

- Condicións naturais favorables, sobre todo para o turismo de sol e praia.

- Desvalorización da peseta, o que provoca que os prezos sexan baixos e moi asequibles para

os turistas europeos.

Capital extranxeiro. Os custos para facerse con terreos e construir infraestruturas son máis

baixos en España que en outros países europeos. Como o nivel de vida en España é inferior

a outros países, os salarios que se pagan tamén son máis baixos; pero a man de obra non só é

barata, senón tamén pouco conflitiva porque o réxime franquista ten totalmente controlado

ao movemento obreiro. Esto atraeu os investimentos extranxeiros e a apertura de fábricas

propiedade de multinacionais (exemplo: Citröen en Vigo).

Emigración. En España producírase un aumento do paro polo que moitos españois optaron

por emigrar cara a Europa occidental: Francia, Suíza, Alemaña,... que nese momento

absorbía unha gran cantidade de man de obra, necesaria para o seu crecemento económico.

Así que a primeira consecuencia da emigración é que en España se reduce o paro.

Outro efecto da emigración foi a chegada a España de divisas, é dicir, moeda extranxeira

enviada polos emigrantes aos seus familiares. As familias que reciben cartos ven mellorar a

súa situación económica, o cal deriva nun aumento da demanda e o consumo e polo tanto

incide positivamente na produción. (a máis demanda = máis produción).

Estes aspectos únense aos sucesivos Plans de desenvolvemento entre 1959 e 1975. En todos eles hai

unha constante e é que o Estado estimula o investimento privado mediante axudas, subvencións,

créditos bancarios ou exencións fiscais; centrándose nos chamados polos de desenvolvemento. Así

- Plan de 1964 – 67. Cinco polos de desenvolvemento: A Coruña, Vigo, Valladolid, Zaragoza

e Sevilla. Neles establecíase a cesión de terreos para situar a nova industria e subvencións de

entre o 10 e 20% do investimento total.

- Plan de 1968 – 71. Coincide coa reforma educativa (EGB, BUP e COU).

- Plan de 1971 – 75. Medidas sociais: pleno emprego, sanidade, ... pero a crise de 1973 frustra

o seu desenvolvemento.

As consecuencias dos plans de crecemento:

ECONÓMICAS:

- Aumento do PIB

- Aumento da renda per

cápita

- Aumento da produción

industrial

- Máis exportación agrícola

que industrial

- Destínanse cartos á

agricultura, o cal mellora a

produción e aumenta os

salarios agrícolas.

- Desenvólvese o sector

servizos.

SOCIAIS:

- Desequlibrio no reparto da

riqueza. Xorden os “novos

ricos” que se benefician do

desenvolvemento

económico da industria e os

servizos.

- Novos valores propios

dunha sociedade de

consumo.

- Novos costumes derivados

da chegada de turistas e de

mulitinacionais

extranxeiras.

- Lei de Bases da

Seguridade Social: amplía a

cobertura sanitaria e o

dereito de xubilación e

pensión.

- Éxodo rural masivo.

CULTURAIS:

- Redución das taxas de

analfabetismo.

- Maior apertura cultural e

intelectual

Page 11: O FRANQUISMO, 1939 1975 - colegiosamordedios.es · O FRANQUISMO, 1939 – 1975 1. A NATUREZA E OS APOIOS DO RÉXIME FRANQUISTA ... A OPOSICIÓN DE 1939 A 1959 2.4 A FASE TECNOCRÁTICA:

Colexio Amor de Dios, Vigo Historia de España, 2º Bacharelato Páxina 11

2.5. A DESCOMPOSICIÓN DO RÉXIME: 1969 – 1975

Estes últimos anos do réxime franquista veñen marcados por:

Decadencia física de Franco que cada vez delega máis no seu home de confianza, o

Presidente do goberno, Carrero Blanco.

Inestabilidade do réxime que se mantén pola represión violenta da oposición, que cada vez

amosa unha maior capacidade mobilizadora.

O réxime perde apoios, por exemplo por parte da Igrexa e incluso de certos sectores do

Exército.

Un dos aspectos que definen estes anos é a debilidade física de Franco, froito da súa idade e dos

seus problemas de saúde. Esto impide a Franco controlar o goberno e que no seu seo xordan dúas

posturas:

- Por unha banda están os inmobilistas, “o búnker”, que rexeitan os cambios e queren manter

os sinais de identidade do réxime, presentes desde xullo de 1936.

- Por outra banda están os aperturistas, que defenden o paso a unha democracia controlada.

Franco delega cada vez máis no seu home de confianza, en Carrero Blanco. Este é pouco flexible,

non é partidario de permitir a existencia de partidos políticos, non afronta ningunha reforma e

reprime violentamente a oposición.

Nesta situación o réxime vai perdendo apoios, incluso de sectores que foran os seus máis firmes

apoios como unha parte da xerarquía eclesiástica e incluso o Exército.

En canto á Igrexa, Franco comeza a recibir críticas directamente desde a súa cúpula, desde o

Vaticano, e ademais o apoio social da Igrexa á clase traballadora é cada vez máis claro e

evidente.

En canto ao Exército, no seu seo xorde a UMD (Unión Militar Democrática), que cuestiona

o réxime e opta pola defensa dun sistema democrático para España.

En 1973 Carrero Blanco morre nun atentado cometido pola banda terrorista ETA. Foi substituído na

presidencia do Goberno por Arias Navarro. Este parece ter un novo talante, máis aperturista, pero a

intensa mobilización social deses anos (de 1971 a 1975) fan que opte por unha política represiva.

Proba delo son as cinco sentencias a morte de 1975 contra membros do FRAP e de ETA. Esta

decisión deu lugar a unha contundente reacción internacional: o papa Pablo VI condena

publicamente as sentenzas, trece países retiraron, a modo de protesta, aos seus embaixadores.

Pero ante estas críticas, Franco resposta facendo un chamamento á cidadanía e dá un discurso na

Plaza de Oriente de Madrid coincidindo coa conmemoración do 1º de outubro (1 outubro 1936

nomeamento de Franco como Xeneralísimo e Xefe do Estado). En dito discurso Franco fai un

chamamento aos españois para que se unan na defensa do réxime e os principios do Movemento

Nacional fronte ao que o Caudillo califica de contubernio xudeo-masónico internacional. É dicir,

volve recorrer aos mesmos argumentos cos que se xustificara o alzamento do 36.

Page 12: O FRANQUISMO, 1939 1975 - colegiosamordedios.es · O FRANQUISMO, 1939 – 1975 1. A NATUREZA E OS APOIOS DO RÉXIME FRANQUISTA ... A OPOSICIÓN DE 1939 A 1959 2.4 A FASE TECNOCRÁTICA:

Colexio Amor de Dios, Vigo Historia de España, 2º Bacharelato Páxina 12

SITUACIÓN ECONÓMICA.

Esta última fase económica comeza baixo os efectos do crecemento económico, favorecido polo

Plan de Estabilización de 1959 e os seguintes plans de desenvolvemento, pero dita expansión

freouse pola crise de 1973.

As causas da crise de 1973 sitúanse nas décadas anteriores. Ao longo dos anos 50 e 60 houbo un

espectacular crecemento económico a nivel mundial, sobre todo en Europa que se recupera da

guerra e dos seus efectos. Pero tamén neses anos, sobre todo nos anos 60, comezan a percibirse

certos síntomas de que ese crecemento se ralentiza: a maior competencia de países e empresas no

mercado internacional fai que os beneficios se reduzan e comeza a percibirse certa superprodución.

A esta situación únese en 1973 o conflito árabe-israelí: nun intento de conseguir o recoñecemento

do estado de Palestina e frear o crecente poder israelí no Próximo Oriente, unha coaliciónde países

árabes declara a guerra a Israel. Israel imponse na guerra, pero os países árabes, na maioría

produtores de petróleo, decidiron castigar a Israel e aos seus aliados reducindo a produción e

provocando polo tanto a escaseza e carestía do petróleo e os seus derivados.

A dependencia mundial do petróleo fíxose evidente. O prezo do cru aumenta e con elo aumentan

tamén os costes de produción e distribución.

En España a crise deixarase sentir en:

Inflación: soben os prezos por riba dos salarios, de modo que descende o nivel adquisitivo

da poboación.

O descenso do poder adquisitivo frea a demanda e o consumo, prexudicando aos sectores

produtivos.

O descenso da produción fai descender tamén as exportacións e polo tanto chégase ao déficit

comercial.

Déficit presupuestario: o Estado ten menos ingresos que gastos, gastos que se incrementan

pola compra do petróleo máis caro.

Prodúcese a retirada de capitais extranxeiros, o cal prexudica a unha economía española

excesivamente dependente do capital foráneo.

Evidentemente os efectos da crise son máis duros para a clase traballadora, o cal deriva nun

incremento da conflitividade social.

2.6. A OPOSICIÓN AO RÉXIME DE 1959 A 1975

Xa nos anos 50 notárase un certo cambio na oposición ao réxime. Os cambios máis significativos

foron:

- Certa renovación xeneracional.

- Novos focos de protesta: Universidades e empresas, onde se aproveitan as eleccións

sindicais para optar por representantes non adscritos ao sindicato vertical, son os primeiros

membros de CC OO.

En 1962 participan en München no Congreso do Movemento Europeo un nutrido grupo de

españois, que representan a oposición ao franquismo, pero tamén as diferentes tendencias e

ideoloxías. A pesar desa diversidade todos coinciden en pedir a democratización de España,

concretamente:

Restauración de institucións verdadeiramente democráticas e representativas da poboación.

Dereitos individuais: liberdade, liberdade de expresión,...

Page 13: O FRANQUISMO, 1939 1975 - colegiosamordedios.es · O FRANQUISMO, 1939 – 1975 1. A NATUREZA E OS APOIOS DO RÉXIME FRANQUISTA ... A OPOSICIÓN DE 1939 A 1959 2.4 A FASE TECNOCRÁTICA:

Colexio Amor de Dios, Vigo Historia de España, 2º Bacharelato Páxina 13

Personalidade das distintas comunidades = dereito de autonomía.

Exercicio das liberdades sindicais e os seus dereitos, como o dereito á folga.

Dereito de organización de correntes de opinión e partidos políticos.

Esto significaba claramente unha unidade entre a oposición e un apoio a esta por parte de Europa

Occidental.

Franco respostou encarcerando ou obrigando a exiliarse a moitos dos participantes no Congreso, á

vez que o presentaba como o “contubernio de München”.

Pero a partir de aquí, xa non hai volta atrás e a oposición será cada vez máis activa a pesar da

violenta represión que, como toda resposta, mantén o réxime. Esa oposición é:

A UMD no seo do Exército.

Rexeitamento do réxime por parte da Igrexa, tanto desde a cúspide da xerarquía eclesiástica

como polas accións sociais da Igrexa de base.

Maior protagonismo do movemento sindical, UXT e CCOO, que van conseguindo romper a

unidade do sindicato vertical e que deixan sentir a súa influenza na constante convocatoria e

celebracións de folgas e manifestacións.

CCOO é unha organización clandestina, pero a pesar diso gaña protagonismo. Reivindica

melloras salariais e laborais e a súa “arma” é a folga. O seu carácter, insurrecto e violento

respecto a movementos ou organizacións obreiras anteriores, fíxolle gañar cada vez máis

apoios, non só entre a clase traballadora senón tamén entre as clases medias.

Políticamente destaca o labor, desde a clandestinidade, de PCE e PSOE.

En 1974 e por iniciativa do PCE fórmase a Junta Democrática. O PSOE, que nese mesmo

ano elixe a Felipe González como novo secretario xeral, resposta coa creación da Plataforma

de Convergencia Democrática. Unha vez morto Franco e xa no proceso da transición cara a

democracia ambos órganos fusionaranse na chamada “Platajunta” (marzo 1976) o cal deixa

clara a necesidade de unión fronte a aquelas forzas que pretendían a continuidade do réxime.

Esta “platajunta” céntrase en pedir:

- amnistía para os presos políticos.

- retorno dos exiliados

- liberdades políticas e sindicais

- dereito de autonomía

Dentro da oposición ao franquismo non se pode esquecer a aparición de grupos terroristas

como ETA (Euskadi Ta Askatasuna, que representa o nacionalismo vasco máis radical) ou

o FRAP ( Frente Revolucionario Antifascista y Patriota, de vinculación comunista).

Tamén foi importante o cambio de mentalidade entre as clases medias: cadros superiores do

réxime, empregados de oficinas, técnicos, profesionais liberais,... que irán adquirindo unha

mentalidade máis aberta froito da nova situación económica e social que se vive a partir dos

anos 60 e cada vez máis partidaria dos cambios.

A pesar desta crecente e máis activa oposición, a fin do franquismo non se producirá efectivamente

ata a morte de Francisco Franco o 20 de novembro de 1975.

Page 14: O FRANQUISMO, 1939 1975 - colegiosamordedios.es · O FRANQUISMO, 1939 – 1975 1. A NATUREZA E OS APOIOS DO RÉXIME FRANQUISTA ... A OPOSICIÓN DE 1939 A 1959 2.4 A FASE TECNOCRÁTICA:

Colexio Amor de Dios, Vigo Historia de España, 2º Bacharelato Páxina 14

O FRANQUISMO, 1939 – 1975

1936 – 1939

OS INICIOS

1outubro 36: Franco será nomeado Xeneralísimo e Xefe do Estado

19 abril 37: Creación do partido único: FET y de las JONS

30 xaneiro 38: Lei de Administración central do Estado= creación do

primeiro goberno, que aprobará:

Fuero del trabajo

Supresión estatutos de autonomía

Leis de prensa e imprenta

Conxunto de leis favorables á Igrexa

Lei de responsabilidades políticas

1939 – 1959

FASE

TOTALITARIA

1939 – 1945

2ª GUERRA

MUNDIAL

Comeza cunha declaración de neutralidade.

Ante as victorias do Eixe, opta pola non-belixerancia, que na práctica

consiste en axudar a Alemaña = reunión en Hendaya. Envío da

División Azul para loitar contra o comunismo.

Desde 1942 cambio ante o cambio de signo da guerra:

No exterior: de novo neutralidade, retira a División Azul,

destitúe a Serrano Súñer.

No interior: * Lei de Creación das Cortes (17 xullo 1942

* Fuero de los Españoles ( 17 xullo 1945)

1945 – 1950 ILLAMENTO

O réxime franquista é castigado por ser a única ditadura que

sobrevive en Europa occidental tras a guerra.

Lei de sucesión: España é unha monarquía, pero só terá rei á morte

de Franco.

ECONOMÍA AUTARQUÍA

1950 – 1959

GUERRA

FRÍA

A Guerra Fría significa un cambio na actitude internacional cara a

España. EEUU ve en España un posible aliado contra a URSS e para

instalar bases militares. Esto concrétase en:

- Préstamo a España (1949)

- A ONU anula o illamento diplomático

- España é admitida na UNESCO

- 1953 Pacto de Madrid: a cambio de axuda económica e

militar, EEUU pode instalar bases militares en España

- 1955 España é admitida como membro de pleno dereito na

ONU

- O presidente dos EEUU, Eisenhower, visita España

Esto fortalece o réxime --- 1958: Lei Fundamental de Principios do

Movemento Nacional.

ECONOMÍA CRECEMENTO ECONÓMICO

OPOSICIÓN DE 1939 A 1959

1959 – 1969

FASE TECNOCRÁTICA

1969 – 1975 DESCOMPOSICIÓN