O final do conto de fadas

25
O final do conto de fadas

Transcript of O final do conto de fadas

Page 1: O final do conto de fadas

O final do conto de fadas

Page 2: O final do conto de fadas

Sei que non lles gusto ós teus pais, pero eles que saben.Ti non es tan pequena e eu non son tan grande.Demostreiche que te quero durante todo este tempo.

Page 3: O final do conto de fadas

Acepta o meu anel,

casa comigo.

-É precioso, claro que acepto meu rei!.

Page 4: O final do conto de fadas

-Fasme tan feliz.

Sei que es miña!

Estabas destinada a min. Sóubeno desde o primeiro día. Abrázame.

Comparte a miña alegría.

Page 5: O final do conto de fadas

Así comezou o conto de fadas. Ramos de flores, bombóns, paseos e doces miradas.

O que opinen os demais non val nada.

Un home bo mantén a unha muller namorada.

Os días pasan como nunha fábula.

Vestido de noiva, lista de vodas, plans, nova casa.

Ela é a raíña, ela é a dona, ela ámao.

Page 6: O final do conto de fadas

Ela aguanta.-Quizais non deberías beber tanto.

-Estasme chamando borracho?

-Non, non claro.

-Pois cala muller. Eu sei ben o que

fago. Anda sube ao coche e borra esa cara!

Page 7: O final do conto de fadas

O tempo pasa.

Unha chamada:

- Mamá estou embarazada.

Page 8: O final do conto de fadas

Non hai maior motivo para ser feliz que un fillo.

Page 9: O final do conto de fadas

E el celébrao… cos seus amigos.

Page 10: O final do conto de fadas

-Onde estiveches? Tíñasme reocupada.

-Non empeces!

-Por que non colles as miñas chamadas?

-Non empeces!!

-E que sempre me deixas soa na casa e volves ás tantas, ademais cheiras a colonia barata?.

Page 11: O final do conto de fadas

Cala!!!

O primeiro golpe foi o peor;

non tanto pola dor como pola impresión da situación.

Page 12: O final do conto de fadas
Page 13: O final do conto de fadas

Esa noite el durme no sofá.

Ela non durme nada.

Soños rotos e bágoas na almofada.Quen ía dicir que sería así o final do conto de fadas!

Nunca pensou que podía pasar!

Agora tocoulle a ela vivir o final do conto de fadas!!!

Page 14: O final do conto de fadas
Page 15: O final do conto de fadas

-Perdoa polo de onte! Non sei que pasou.

É o estrés do traballo.

Estaba un pouco borracho.

Perdóame. Síntoo. Sabes que te quero.

Page 16: O final do conto de fadas

Despois duns días ela lembra o tema como se fora un pesadelo lonxano. Pensa en contarllo ás súas amigas, pero non o entenderían. Ademais, son cousas de familia.El quéreme e esas cousas pasan. E é verdade que a veces son un pouco bocazas.

Page 17: O final do conto de fadas
Page 18: O final do conto de fadas

Nace o bebé:

unha nena preciosa, pero el quería un neno e bótalle a culpa a ela.

- Falo todo mal e estás gorda.Como pretendes que non vaia con outras?

- Pero.

- Pero nada! Todo o día na casa acumulando graxas! E non es capaz nin de ter a cea preparada!

-Pero.

- Cala!

Page 19: O final do conto de fadas

- Cala!!!

- Pero.

-Cala!!! Non me obrigues a que o faga!

-Pero.

- Cala!!! Aviseite!!!

Page 20: O final do conto de fadas
Page 21: O final do conto de fadas

Esta vez non se soubo controlar.

Ela acaba nun hospital.

Page 22: O final do conto de fadas

Despois de 3 días por fin escoita ás súas amigas e denuncia as súas torturas.

A vida vólvelle a sorrir pouco a pouco.

Ela e a nena refán as súas vidas case de todo.

Novo traballo. Un novo futuro nun novo barrio.

Page 23: O final do conto de fadas
Page 24: O final do conto de fadas

Pero un papel dun xuíz non é suficiente para detelo.

E un día espéraa no portal.

Doce puñaladas.

Foi o final do conto de fadas.

Un conto real

que se conta en cada cidade,

en cada pobo, cada semana.

Page 25: O final do conto de fadas

IES AGRA DE LEBORÍS – A LARACHA Plan de Convivencia 2009-2011