O discurso expositivo

5
O DISCURSO EXPOSITIVO Un texto expositivo ofrece ao receptor temas do seu interese, presentando unha información obxectiva organizada en ideas que aclaran, explican ou desenvolven ideas, conceptos ou argumentos de contido diverso: ciencia, noticias, datos sobre fenómenos ou persoas… Elementos do tema expositivo: A explicación: é a finalidade fundamental do texto expositivo e, para que se verifique con eficacia, esta debe adecuarse tanto ao tipo de mensaxe como ao tipo de receptor. o O receptor impón a escolla do léxico (segundo o nivel de lingua e rexistro apropiados) e a cantidade e nivel dos contidos que se ofrecen. A explicación que se dá a un escolar sobre un tema- por exemplo, a evolución humana-, debe ser distinta en cantidade e calidade á que se ofrece no marco dunha clase universitaria, pero, en calquera caso, ten que ser seleccionado tendo en conta o tema. o A exposición emprega estruturas sintácticas sinxelas e breves que facilitan a comprensión. A ordenación lóxica dos elementos oracionais é a predominante (suxeito+verbo+complementos) o A temporalidade verbal habitual é o presente empregado polo seu valor como expresión de verdades universais e permanentes. o A obxectividade: o texto expositivo transmite información e a función predominante nel é a informativa ou referencial, polo que non aparecen nesta tipoloxía elementos propios doutras funcións como a expresiva, a apelativa ou a poética. Iso non empece o feito de que o autor ou emisor poida introducir opinións ou valoracións persoais, sempre que se presenten como tales. A estrutura do texto expositivo o Introdución: presenta e centra o tema da mensaxe. o Desenvolvemento: expón, explica, aclara, ás veces ofrece exemplos, informa, narra ou describe. o Recolle a idea inicial exposta na introdución e sobre a que se traballa no desenvolvemento. Pode consistir nunha simple recapitulación das ideas presentadas, ou ofrecer conclusións. A organización : internamente as ideas expostas poden aparecer baixo unha organización deductiva, inductiva, lineal, contrastiva, descritiva, secuencial, causal, problema-solución, comparativa, en paralelo (a propia dos textos didácticos que ofrecen as

description

discurso expositivo, variantes

Transcript of O discurso expositivo

O DISCURSO EXPOSITIVO

Un texto expositivo ofrece ao receptor temas do seu interese, presentando

unha información obxectiva organizada en ideas que aclaran, explican ou desenvolven

ideas, conceptos ou argumentos de contido diverso: ciencia, noticias, datos sobre

fenómenos ou persoas…

Elementos do tema expositivo:

• A explicación: é a finalidade fundamental do texto

expositivo e, para que se verifique con eficacia, esta

debe adecuarse tanto ao tipo de mensaxe como ao

tipo de receptor.

o O receptor impón a escolla do léxico (segundo o nivel de lingua e

rexistro apropiados) e a cantidade e nivel dos contidos que se ofrecen. A

explicación que se dá a un escolar sobre un tema- por exemplo, a

evolución humana-, debe ser distinta en cantidade e calidade á que se

ofrece no marco dunha clase universitaria, pero, en calquera caso, ten

que ser seleccionado tendo en conta o tema.

o A exposición emprega estruturas sintácticas sinxelas e breves que

facilitan a comprensión. A ordenación lóxica dos elementos oracionais é

a predominante (suxeito+verbo+complementos)

o A temporalidade verbal habitual é o presente empregado polo seu valor

como expresión de verdades universais e permanentes.

o A obxectividade: o texto expositivo transmite información e a función

predominante nel é a informativa ou referencial, polo que non aparecen

nesta tipoloxía elementos propios doutras funcións como a expresiva, a

apelativa ou a poética. Iso non empece o feito de que o autor ou emisor

poida introducir opinións ou valoracións persoais, sempre que se

presenten como tales.

• A estrutura do texto expositivo

o Introdución: presenta e centra o tema da mensaxe.

o Desenvolvemento: expón, explica, aclara, ás veces ofrece exemplos,

informa, narra ou describe.

o Recolle a idea inicial exposta na introdución e sobre a que se traballa no

desenvolvemento. Pode consistir nunha simple recapitulación das ideas

presentadas, ou ofrecer conclusións.

• A organización : internamente as ideas expostas

poden aparecer baixo unha organización deductiva,

inductiva, lineal, contrastiva, descritiva, secuencial,

causal, problema-solución, comparativa, en paralelo

(a propia dos textos didácticos que ofrecen as

características en paralelo dalgún concepto ou

fenómeno)

• Procedementos cohesivos no texto expositivo: Son

importantes sempre, sobre todo os marcadores

textuais que colaboran na organización do texto:

o Conectores

De adición; e, tamén, ademais, mesmo, para máis, por riba, igualmente,

máis aínda, por riba…

Disxuntivos: ou, sexa…, sexa…, ou ben…, quer…quer…

Contraargumentativos: mais, pero, non obstante, con todo, así e todo,

porén, ora ben, polo contrario, en troques…

Concesivos, de limitación ou reparo: con todo, malia , malia todo, aínda

así, de calquera xeito, asemade…

Condicionais: sempre que, con tal que, dado que

De causa- consecuencia: porque, pois, polo tanto, por conseguinte, de aí

que, por iso, daquela, de xeito que, así que…

Comparativos: igualmente, analogamente, do mesmo xeito

De reformular, ampliando, recollendo,aclarando ou corrixindo partes do

texto anteriores (de explicación, recapitulación, exemplificación ou

corrección): é dicir, isto é, a saber, noutras palabras, en resumo, a fin de

contas, total, nunha palabra, dito doutro xeito, en síntese, por exemplo,

así, asi como, verbigracia, por exemplo, particularmente, cabe dicir ,

especificamente, para ilustrar, mellor dito…

De ordenación:

• Ao comezo: Ben (rexistro coloquial), ante todo, para

comezar, primeiramente…

• Ao final: en fin, por último, en suma, finalmente, para

concluír…

• Digresión: por certo, a teor de, a todo isto, a propósito,

• Temporais: despois, despois de, a seguir, a partir de, anes

de, ata que, en canto, ao principio, no comezo, a

continuación, inmediatamente, de momento, por ultimo,

cando…

• Espaciais: arriba, abaixo, á dereita, á esquerda, en

primeiro plano, ao fondo, á beira de, a carón de…

Finalidade: para, a fin de, co fin de, co obxecto de

De pronominalización: o que, polo que, as cales, os cales, quen, cuxo,

etc.

De afirmación: sí, por suposto, certamente, verdadeiramente, abofé

Negación: non, nunca, xamais, de ningún xeito…

De oposición ou enfrontamento: contra, en contra de…

o Marcadores do discurso

Presentativos: Quixera dicir, antes que nada

Orde e secuencia: en segundo termo, en terceiro lugar, por último

Continuativos: a continuación, deseguida, o caso é que

De recapitulación: en síntese, en resumo, recapitulando

De conclusión: para rematar, en conclusión, en definitiva, para finalizar

De transición: por outra banda, por outro lado, noutra orde de cousas

Digresivos: por certo

De localización: ata o momento, máis arriba, ata aquí

De simultaneidade: neste momento, asemade, á vez, mentres, en tanto,

aquí, agora

De posterioridade: despois que, a continuación, máis adiante

• A referencia: repetición ou actualización de

personaxes, feitos, lugares, ideas expresadas ao longo

do texto por medio de palabras ou expresións

sinónimas.

• A pronominalización: o emprego de pronomes para

recuperar o sentido de frases ou palabras e así evitar

repetilas constantemente ao longo do texto: persoais,

relativos e demostrativos

• Anáforas e catáforas: utilización de pronomes ou

outros elementos que indiquen referencia para

recuperar un elemento anteriormente exposto

(anáfora) ou para avanzar un elemento que aínda non

apareceu no discurso e que aparecerá máis adiante

(catáfora).

• Recursos verbais e non verbais:

o Verbais.-Os que empregando a linguaxe expoñen ou explican os

contidos dun texto: a síntese e a exemplificación

o Non verbais.-Os que se valen de imaxes, sinais, símbolos e gráficos para

aclarar ou explicar visualmente o contido dun texto: esquemas, guíóns,

diagramas, cadros…

7. Tipos de textos escritos de carácter expositivo

A exposición ofrece variantes específicas como: cartas comerciais, solicitudes,

textos instrutivos (receitas de cociña, guías de viaxe, exposición das regras dun

xogo, bases de concurso, etc.) e tamén textos de carácter propiamente

informativo (informes, artigos, noticias, etc. )

A definición: un texto que explica con precisión e claridade o significado

dunha palabra ou a natureza dun obxecto ou dun ser.

Por xeneralización e diferenza específica.- Explícase o significado

atendendo ao referente máis próximo e procedendo máis tarde a

establecer as diferenzas con respecto á xeneralización indicando

aqueles trazos que o afastan dela.

Exemplo:

chaqueta.- peza de vestir, exterior, con mangas e aberta por diante que

chega un pouco máis abaixo do van.

A xeneralización aparece na definición cando se describe o referente

como “peza de vestir” e a diferenza específica en “exterior, con mangas

e aberta” ou “que chega máis abaixo do van”.

Por uso ou función.- Descríbese a través do uso ou función do

obxecto.

Exemplo:chave.-instrumento, normalmente de metal, que se emprega

para abrir e pechar pechaduras.

Por etimoloxía.- Dáse a orixe do termo e o seu significado.

Exemplo:

chamar.-(do lat. clamare, ‘berrar, gritar’) 1.Darlle voces a alguén ou

algun animal(…)

Por sinonimia.- Ofrécense sinónimos

Exemplo:

chalado: louco, tolo.

Por negación.- Defínese partindo do que non é o referente

Exemplo:

“alimentarse non é comer a esgalla, senón comer o necesario para vivir

e estar saudábel”.

En calquera caso, o concepto definido non pode aparecer na definición,

que debe ser clara, breve, e dar conta dos elementos ou características

esenciais do referente definido, non debe basearse en negacións, e, en

ningún caso, debe recorrerse á fórmula : é cando…

A noticia

A noticia é a mensaxe básica do xornalismo e dos medios de

comunicación de masas. Vén sendo unha información sobre un feito ou

acontecemento de actualidade que debe satisfacer o interese de gran número

de persoas.

Características: Estrutura interna: Estrutura externa:

veracidade, obxectividade, claridade, brevidade, interese xeral, actualidade,proximidade, interese humano, relevancia social, vinculación a un foco de interese.

Referida á organización dos feitos no corpo: que?cando? onde? como? por que? segundo quen?(fonte) canto? (cifras, datos estatísticos. Segundo a orde cronolóxica Segundo a intensidade Segundo a orde emotiva (nos testemuños)

Titular(Asertivo, Construción nominal, breve) Encabezamento (síntese para captar interese) Corpo Final