O Dente 1

2

Click here to load reader

description

Revista escolar

Transcript of O Dente 1

Page 1: O Dente 1

- 1 -

O DENTEO DENTE BOLETÍN DE NOVAS DO DEPARTAMENTO DE NOVAS TECNOLOXÍAS DO CEIP DE URDILDE

C ada pouco tempo, pero sen unha frecuencia fixa, recibiredes no voso correo corporativo un exemplar

deste boletín, co que pretendemos ir informando de diferentes cousas que podan ser de interese para

vós. Comentarios, suxerencias, ligazóns útiles que atopemos, etc.

Non nos imos embarcar en asuntos técnicos ou de “manitas”, a nosa pretensión é ir achegando un pouquiño máis

isto das Novas Tecnoloxías a todo o mundo e tentar, de paso, que a nosa presencia sexa cada vez menos necesaria-

para resolver os pequenos problemas cotiáns .

Saúdos.

VIRUS! QUE FACER? Un virus informático é un malware que ten por obxecto alterar o normal funcionamento da

computadora, sen o permiso ou o coñecemento do usuario. Os virus, habitualmente, substitú-

en arquivos executables por outros infectados co código deste. (da Wikipedia http://

es.wikipedia.org/wiki/Virus_informatico).

Dentro da categoría de virus incluímos dende os que fan estropicios no Sistema Operativo ata os

chamados Troianos que se dedican a colleitar información persoal variada (dende claves de tarxe-

tas de crédito ata hábitos de navegación pola web).

As opcións para evitalos na medida do posible son varias; entre outras:

1. Instalar un antivirus no equipo e mantelo actualizado. Ter instalado un antivirus sen actualizar é tan inútil como pechar

unha porta e deixar a chave posta. É moi recomendable complementalo cun programa antispyware.

2. Manter uns hábitos de navegación razonablemente seguros e non descargar calquera cousa que se nos ocorra. Tamén é

importante distinguir entre o que nos interesa da páxina que visitamos e a publicidade que normalmente a invade.

3. Non abrir correos electrónicos sospeitosos, como os típicos que nos informan de cambios nos sistemas do banco e que ne-

cesitan os nosos datos (usuario e contrasinal) para non perder a nosa conta. SON SEMPRE FALSOS. Chámase “Pishing”

4. Windows é o sistema operativo máis inseguro, pola súa concepción e desenvolvemento e, obviamente, pola súa populari-

dade. Quen se molesta en deseñar un virus para obter algún tipo de beneficio procura chegar ao maior número posible de

incautos. Por eso:

5. Se usas Windows intenta navegar co Mozilla Firefox, é mellor navegador que Internet Explorer e algo máis seguro.

6. Utiliza Linux de cando en vez, sobre todo para navegar pola rede. É exactamente igual que facelo con Windows. Evitarás os

virus. Tamén podes utilizalo para calquera outra cousa que fagas con Windows.

7. Nunca teñas dous antivirus instalados ao mesmo tempo. Confúndense entre eles.

8. SENTIDIÑO!

Antivirus gratuítos en Internet. Existen varios e facilitamos as ligazóns a algúns deles; din que son os mellores, pero en todo

caso hai que probalos. Ímolos instalar no colexio e xa vos comentaremos.

Avira.– De orixe alemán, pódese descargar neste idioma ou en inglés. Avast!.

AVG free

Anti spyware. Complemento dos antivirus, é interesante ter un instalado.

Spybot Search&Destroy

Ad aware free

Page 2: O Dente 1

- 2 -

LINUX, UNHA ALTERNATIVA

Non nos imos meter agora a facer apoloxía das bonda-

des deste Sistema Operativo, unicamente imos indicar

un par de datos que nos parecen interesantes.

Linux xa non é aquel sistema operativo difícil

de instalar e utilizar, apto só para entendidos

e frikis da informática, agora existen un

montón de distribucións que se instalan

facilmente e conviven con Windows sen

pegarse. Mesmo existen os chama-

dos Live-CD que permiten utilizar

Linux dende un CD sen necesidade

de instalar nin modificar nada no teu

disco duro.

É gratuíto, non hai que piratear nada e nada máis insta-

lalo contas co navegador de internet, unha suite ofimáti-

ca (Open Office), un programa de gravación de discos,

reprodutores de audio e video, lector de arquivos pdf e

un longo etcétera. Probalo non te custará nada. E por

certo, hai unha versión integramente en galego

“Galinux”.

Unha das avantaxes deste Sistema é que “ve” os discos

de Windows, polo que é unha boa ferramenta para

salvar a nosa información cando este falla e non po-

demos acceder aos nosos arquivos do xeito usual.

No cole temos un par de distribucións Linux para aqueles que queiran probalo. Tamén está instalado en moitos ordenadores.

ERROR 404

Cantas veces viches esta mensaxe cando tentabas navegar pola web?

Este erro dáse tipicamente cando escribimos mal un ende-

rezo ou cando o servidor, por algunha razón descoñecida

para nós, non resposta.

Se che aparece:

1. Comproba que o enderezo está ben escrito: que empe-

ce por www (3) seguidas por un punto(.)o sitio ao que que-

remos ir (omeusitio), outro punto(.) e o dominio com, NON con.

2. Proba con outro enderezo a ver se o problema persiste. Se non consigues acceder a ningunha páxina, o problema pode

estar na conexión de rede do teu equipo, pero iso xa é outra historia.

UN POUCO DE HUMOR...