O Concello de Ourense celebra o Día Mundial da Auga con actividades para público … · 2018. 3....

2
Gabinete de Prensa Concello de Ourense [email protected] 988.388.121 O Concello de Ourense celebra o Día Mundial da Auga con actividades para público de todas as idades Do 22 ao 24 de marzo, a piscina termal das Burgas amplía o seu horario nocturno até as 23:00 horas. O 25 de marzo celebrarase un roteiro termal para aprender e interpretar nos valores culturais, etnográficos e naturais da auga. É unha actividade gratuíta e aberta a persoas de todas as idades. Prégase inscrición. Tamén haberá unha carpa informativa na praza Maior, xornadas informativas no Campus de Ourense e a ponte romana contará cunha iluminación especial. Ourense, 14 de marzo de 2018. O Concello de Ourense vén de presentar as actividades relacionadas co Día Mundial da Auga, o 22 de marzo, “un recurso esencial e básico para a vida, e un elemento inherente á cidade de Ourense”, en palabras do alcalde, Jesús Vázquez.”Ourense é cidade de augas, capital termal e cidade de ríos, e todo isto debe ser para nós un estímulo que nos leve a traballar arreo para ser cada vez máis ambiciosos e cada vez máis comprometidos en acadar a mellor xestión e utilización da auga”, dixo. Así, o luns 19 de marzo celebrarase un importantísimo Foro Termal do Eixo Atlántico no Centro Cívico de Colón, coa presenza de representantes de diferentes lugares da eurorrexión. O martes 20 haberá unha cata de augas na ETAP das Coiñás de 12:00 a 14:00 horas. O mércores 21, a concelleira de Educación, Belén Iglesias, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acudirán ao colexio Divina Pastora para traballar coa rapazada nunha nova sesión de Aqualoxía, un programa que se desenvolve en colaboración con Viaqua. Chegamos ao 22 de marzo, o Día Mundial da Auga, data na que se instalará unha carpa (de 9:00 a14:00 horas) con obradoiros e xogos ao redor da auga na praza Maior. A partir das 10:00 horas, no Campus de Ourense, celebrarase a Xornada de portas abertas do Campus da Auga. Esa mesma noite iluminarase a ponte maior de cor azul para conmemorar a efeméride. Do 22 ao 24 de marzo (de xoves a sábado) poderemos gozar do horario ampliado na piscina termal das Burgas, que permanecerán abertas até as 23 horas. “Coido que poucas experiencias hai tan pracenteiras nesta cidade como darse un baño termal pola noite. “, reflexionaba o rexedor. Roteiro Termal: Ao redor das augas. O domingo 25 de marzo realizarase unha andaina especial polo día da Auga. Quéreselle achegar á cidadanía a posibilidade de descubrir e aprender máis sobre as augas a través dun roteiro

Transcript of O Concello de Ourense celebra o Día Mundial da Auga con actividades para público … · 2018. 3....

Page 1: O Concello de Ourense celebra o Día Mundial da Auga con actividades para público … · 2018. 3. 14. · Mundial da Auga, o 22 de marzo, “un recurso esencial e básico para a

Gabinete de PrensaConcello de [email protected]

O Concello de Ourense celebra o Día Mundial da Augacon actividades para público de todas as idades

− Do 22 ao 24 de marzo, a piscina termal das Burgas amplía o seu horarionocturno até as 23:00 horas.

− O 25 de marzo celebrarase un roteiro termal para aprender e interpretarnos valores culturais, etnográficos e naturais da auga. É unha actividadegratuíta e aberta a persoas de todas as idades. Prégase inscrición.

− Tamén haberá unha carpa informativa na praza Maior, xornadasinformativas no Campus de Ourense e a ponte romana contará cunhailuminación especial.

Ourense, 14 de marzo de 2018.O Concello de Ourense vén de presentar as actividades relacionadas co DíaMundial da Auga, o 22 de marzo, “un recurso esencial e básico para a vida, eun elemento inherente á cidade de Ourense”, en palabras do alcalde, JesúsVázquez.”Ourense é cidade de augas, capital termal e cidade de ríos, e todoisto debe ser para nós un estímulo que nos leve a traballar arreo para ser cadavez máis ambiciosos e cada vez máis comprometidos en acadar a mellorxestión e utilización da auga”, dixo.

Así, o luns 19 de marzo celebrarase un importantísimo Foro Termal do EixoAtlántico no Centro Cívico de Colón, coa presenza de representantes dediferentes lugares da eurorrexión. O martes 20 haberá unha cata de augas naETAP das Coiñás de 12:00 a 14:00 horas. O mércores 21, a concelleira deEducación, Belén Iglesias, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acudiránao colexio Divina Pastora para traballar coa rapazada nunha nova sesión deAqualoxía, un programa que se desenvolve en colaboración con Viaqua.

Chegamos ao 22 de marzo, o Día Mundial da Auga, data na que se instalaráunha carpa (de 9:00 a14:00 horas) con obradoiros e xogos ao redor da augana praza Maior. A partir das 10:00 horas, no Campus de Ourense, celebrarasea Xornada de portas abertas do Campus da Auga. Esa mesma noiteiluminarase a ponte maior de cor azul para conmemorar a efeméride.

Do 22 ao 24 de marzo (de xoves a sábado) poderemos gozar do horarioampliado na piscina termal das Burgas, que permanecerán abertas até as 23horas. “Coido que poucas experiencias hai tan pracenteiras nesta cidade comodarse un baño termal pola noite. “, reflexionaba o rexedor.

Roteiro Termal: Ao redor das augas. O domingo 25 de marzo realizaraseunha andaina especial polo día da Auga. Quéreselle achegar á cidadanía aposibilidade de descubrir e aprender máis sobre as augas a través dun roteiro

Page 2: O Concello de Ourense celebra o Día Mundial da Auga con actividades para público … · 2018. 3. 14. · Mundial da Auga, o 22 de marzo, “un recurso esencial e básico para a

Gabinete de PrensaConcello de [email protected]

interpretado para pór en valor todos os elementos culturais, etnográficos enaturais.

A saída farase desde a Ponte Vella (esquina Ribeiriño) ás 10:00 horas, epercorreranse as marxes peonís do río pasando pola Chavasqueira, a fonte doTinteiro, o Muíño da Veiga e Outariz. Ao remate do paseo, o tren das Termasestará agardando polos participantes no roteiro (billete non incluído).

A actividade é gratuíta e aberta a persoas de todas as idades, e recoméndaseanotarse no enderezo de correo turismo[arroba]ourense.es ou no teléfono988.366.064. Así mesmo, aconséllase vestir calzado cómodo e vestimentaacorde co tempo, levar prismáticos e cámara de fotos, e levar auga parahidratarse e un petisco para media mañá.