O MUÍÑO DE AUGA - ferrol.es · que bate a auga obrigándoa a virar. A esta enerxía de movemento...

4
Na vida rural, unha das tarefas máis traballosas era a moenda do gran. As mulleres pasaban longas horas nos primitivos muíños de man que tes visto nos castros. Quizais foi por iso que xa moi cedo comezaron a aparecer trebelliños capaces de axilizar a operación. Primeiro foron os muíños de pedras circulares; neles, a moenda conseguíase facer virando co brazo a pedra superior. Logo substituiríase o esforzo humano polo dun animal de tiro que daba voltas ó redor do aparello, facendo virar a pedra. Finalmente chegaría o aproveitamento da forza hidráulica cos muíños de auga. A súa técnica e o seu uso xeneralizouse cos romanos e chegaron a alcanzar grandes dimensións. Así, en Arlés, no 310 d.C., un muíño producía 3 Tm á hora. A transformación da enerxía hidráulica atopou dimensións considerables e todo artiluxio adicado a transformar a enerxía da auga en enerxía mecánica denominábase de forma xenérica muíño. Os ríos de Europa enchéronse de muíños, que non eran outra cousa que pequenas fábricas dedicadas á fabricación de papel, a cortar madeira, a bater o ferro… Axiña chegarían as fábricas e o vello muíño volveu á súa ocupación inicial, ata que outras máquinas movidas pola electricidade (dicíanlles muíño de "lume") ían quitarlles de novo o seu traballo. Pero ¿quen sabe se non volverán os tempos da auga? Ao longo da xeografía galega, temos milleiros de muíños aproveitando todas as augas: unhas son en ríos abondosos e cumpridos, outros en regos cativos. Á súa sombra foi aparecendo unha cultura rica e intensa. Por poñer un exemplo, só o concello de Cedeira chegou a contar con 120 muíños. O río Belelle non é menos xeneroso; incluso algúns muíños aínda seguen a traballar no concello de Neda, como o de Xenaro, que fornece fariña para o rico pan da comarca. Máis próximos a Ferrol, temos os muíños do río da Sardiña, espallados polo val de Mandiá; ou os do rego que baixa da ermida de Santo Antonio na Cabana, ou á beira do lago de Doniños. Como vedes están moi preto de nós, só temos que recoñecer os seus elementos característicos e as súas ruínas. O MUÍÑO DE AUGA Os muíños que viven preto de nós

Transcript of O MUÍÑO DE AUGA - ferrol.es · que bate a auga obrigándoa a virar. A esta enerxía de movemento...

Page 1: O MUÍÑO DE AUGA - ferrol.es · que bate a auga obrigándoa a virar. A esta enerxía de movemento ... Estaca de Vares. O MUÍÑO DE AUGA Outro tipo de aproveitamento característico

Na vida rural, unha das tarefas máis traballosas era a

moenda do gran. As mulleres pasaban longas horas nos

primitivos muíños de man que tes visto nos castros. Quizais

foi por iso que xa moi cedo comezaron a aparecer trebelliños

capaces de axilizar a operación. Primeiro foron os muíños

de pedras circulares; neles, a moenda conseguíase facer

virando co brazo a pedra superior. Logo substituiríase o

esforzo humano polo dun animal de tiro que daba voltas

ó redor do aparello, facendo virar a pedra. Finalmente

chegaría o aproveitamento da forza hidráulica cos muíños

de auga. A súa técnica e o seu uso xeneralizouse cos

romanos e chegaron a alcanzar grandes dimensións. Así,

en Arlés, no 310 d.C., un muíño producía 3 Tm á hora. A

transformación da enerxía hidráulica atopou dimensións

considerables e todo artiluxio adicado a transformar a

enerxía da auga en enerxía mecánica denominábase de

forma xenérica muíño. Os ríos de Europa enchéronse de

muíños, que non eran outra cousa que pequenas fábricas

dedicadas á fabricación de papel, a cortar madeira, a bater

o ferro… Axiña chegarían as fábricas e o vello muíño

volveu á súa ocupación inicial, ata que outras máquinas

movidas pola electricidade (dicíanlles muíño de "lume")

ían quitarlles de novo o seu traballo. Pero ¿quen sabe se

non volverán os tempos da auga?

Ao longo da xeografía galega, temosmilleiros de muíños aproveitandotodas as augas: unhas son en ríosabondosos e cumpridos, outros enregos cativos. Á súa sombra foiaparecendo unha cultura rica eintensa. Por poñer un exemplo, sóo concello de Cedeira chegou a

contar con 120 muíños. O río Belellenon é menos xeneroso; inclusoalgúns muíños aínda seguen atraballar no concello de Neda, comoo de Xenaro, que fornece fariña parao rico pan da comarca. Máispróximos a Ferrol, temos os muíñosdo río da Sardiña, espallados polo

val de Mandiá; ou os do rego quebaixa da ermida de Santo Antoniona Cabana, ou á beira do lago deDoniños. Como vedes están moipreto de nós, só temos querecoñecer os seus elementoscaracterísticos e as súas ruínas.

O MUÍÑO DE AUGA

Os muíños que viven preto de nós

Page 2: O MUÍÑO DE AUGA - ferrol.es · que bate a auga obrigándoa a virar. A esta enerxía de movemento ... Estaca de Vares. O MUÍÑO DE AUGA Outro tipo de aproveitamento característico

O MUÍÑO DE AUGA

O sistema de moenda ou trebello demoer ten unha estructura verticalcomposta polo elemento motriz naparte inferior e o conxunto de pedrasadicadas a triturar o gran na partesuperior. Son dúas pedras; unhafixa no chan, denominada pé, e outralibre que recibe o movemento dorodicio e chámase a moa ouvolandeira, porque é a que ao virarmoe o gran que hai entre ambas;algo así como cando collemos pipasentre as nosas mans e xirando adereita e a esquerda probamos aesmagalas. As superficies decontacto das pedras non poden estarlisas; de feito teñen unha rugosidadecalculada que se obtén picando apedra.

Enriba das pedras está a moega,que almacena e regula a caída dogran cun enxeñoso mecanismo. Eno teito o guindastre, do que se serveo muiñeiro para desmontar a pedracando esta ou o muíño necesitanamaños; tamén se chama burro.

Á beira das pedras, xusto enriba dacaixa que almacena a fariña, temosos mecanismos que regulan a alturada volandeira e o caudal que entrano rodicio por medio de dous veos.Estes dous veos son como todos osmecanismos do muíño, sinxelos perorobustos, ben adaptados á humidadee ás mans dos que coñecen o oficio.Agora tócanos baixar á cova, taménchamado inferno. A auténticamáquina transformadora de enerxíaestá na parte inferior. Aquí atopamoso rodicio ou a roda hidráulica que éa encargada de transformar a enerxíapotencial da auga en enerxíamecánica. É unha roda con pas, nasque bate a auga obrigándoa a virar.A esta enerxía de movementochamámoslle enerxía cinética.

A máquina de moer e os seus mecanismos

Ao longo da historia moitas foron as solucións ao traballo de moenda. Velaquítedes o gravado sacado do manuscrito de século XVI de Juanelo Los Veintiúnlibros de los ingenios y de las máquinas.

4. Capa ou Moa

3. Burro

1. Canle

2. Moega

6. Eixo ou lobete

7. Rodicio

5. Pé

Esquema lateral dun muíño

Page 3: O MUÍÑO DE AUGA - ferrol.es · que bate a auga obrigándoa a virar. A esta enerxía de movemento ... Estaca de Vares. O MUÍÑO DE AUGA Outro tipo de aproveitamento característico

Son estructuras sinxelas de haimoitos anos, camufladas entre silvase bidueiros. A maioría son pequenascabanas cos curutos en ruínas eentornada entrada. Á dereita podesver os seus elementos máissignificativos. Nun dos lateraisaparece o bandazo que o une ácanle. Se seguimos esta sinxelaestructura levaranos augas arriba dorío, ata onde se une con el. Alí unhapequena presa encárgase de derivara auga cara ao muíño. Estasestructuras, dependendo dacategoría do muíño e do caudal dorío, pasan de ser un pequeno valadode pedras que se atravesa no río, asólidos e compactos modelos queaínda seguen a resistir as enchentasdo inverno. Pero se importante é otraballo de levar a auga ao rodicio,máis importante é facer que esta nonperda altura no seu traxecto. Se tefixas, á altura da presa a auga dacanle e o río están ao mesmo nivel;logo o río segue baixando ao seuritmo, namentres a auga do canlecase mantén o nivel: tan só unhapequena inclinación para asegurarque as augas camiñen cara aomuíño.

Aquí é onde se atopa a clave doaproveitamento hidráulico; cando asaugas cheguen ao muíño deberánter unha diferencia de alturaimportante respecto do río. Na maiorparte dos muíños, esta é de tres acinco metros. En física tes escoitadofalar da enerxía potencial ao dicirque as cousas teñen enerxía enpotencia dependendo da cantidadede masa que posúan e da altura áque estean. Parte desta enerxía vaitransformarse logo en enerxíamecánica.

O MUÍÑO DE AUGA

¿ Como son os nosos muíños ?

Aquí tedes un muíño con catro rodas e vivenda.É o muíño de Ermidas, está no río das Mestas epertence ao concello Valdoviño.

Ás beiras dos ríos galegos temos gran cantidade de muíños.O que ves na foto está no río das Mestas en Cerdido.

Planta do muíño de Ermidas

cociña

lavadoiro

entrada

COVAS

muíño

cubo

cabana

Muíño de Picos, As Neves Exemplo de muíño en fervenza, enEstaca de Vares

Page 4: O MUÍÑO DE AUGA - ferrol.es · que bate a auga obrigándoa a virar. A esta enerxía de movemento ... Estaca de Vares. O MUÍÑO DE AUGA Outro tipo de aproveitamento característico

O MUÍÑO DE AUGA

Outro tipo de aproveitamento característico dos muíños son os muíños enfervenza. Sérvense da caída pronunciada dun regato e colocan de xeitoescalonado varios muíños. A auga que sae dun entra no seguinte, aproveitandoo desnivel pronunciado da montaña. En Bares, no concello de Mañón, temosun bonito exemplo.

Sabías que…Bibliografía

MOLINUM.Revista de la Asociación parala Conservación y Estudio delos Molinos ACEM.

CAAMAÑO SUÁREZ,Manuel (1999).As construccións adxectivas.Museo do Pobo Galego.Santiago.

CORNIDE, José e outros.Muíño de Mareas da ría deOrtigueira.Premio Accésit no Certamende Jóvenes Investigadores.MEC. Madrid.

Tamén con auga salgada

Tamén se ten utilizado a auga domar para moer o gran. Son osdenomínados muíños de mareas.Aproveitan a diferencia de altura quexera a preamar e a baixamar, aoacumularen a auga nunha presacando sobe para deixala saír noinstante en que o mar está no seupunto máis baixo. Temos un exemplodeste tipo de aproveitamento noconcello de Narón, no lugar quechaman As Aceas. Outro muíño demareas podémolo ver á entrada deOrtigueira, na enseada daRoncadeira.

Muíño de marea de Narón, que represa as augas que soben pola ría