O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me...

20
Memorias dun carballo Había unha vez unha familia que se mudou a unha casa ao lado da ca- pela de Santa Margarida, en Ponte- vedra. Cando chegaron, Xaquín, o neno máis pequeno da familia, que- dou sorprendido. Cando Xaquín es- taba poñendo as súas cousas no cuarto, miraba o carballo pola ventá. Cada mañá, ao amencer, saudábao pensando que o carballo tamén o saudaba. E así cada día. Cando ía ao colexio, Xaquín falaba co carballo sobre os seus problemas, conflitos, amigos... Pasaron os anos e o car- ballo non florecía. Xaquín sabía que algún día o carballo morrería entón, cada vez que ía xunta del, colocá- balle nunha póla unha flor de papel. E así cada día. Cando Xaquín rematou, xa era primavera e sen- tiuse feliz do traballo que fixera polo carballo. Deste modo sabía que o carballo morrería feliz recor- dándoo para sempre. Nerea Souto Aboal, 6ºA (CEP Marcos da Portela) ÍNDICE PÁX. Editorial As árbores xenerosas da cidade PÁX. Exploradores da contorna cotiá PÁX. Fauna insólita PÁX. As emocións dos animais, en primeira ‘persoa’ 7 PÁX. PÁX. O Cartafol en imaxes PÁX. Amiguiños dos versos PÁX. Lenzos que toman vida 13 PÁX. Cadros contados PÁX. Microrrelatos PÁX. Pontenciencia A cidade dos nenos Caderno de Bitácora PÁX. Entrevista a Fernández & González 20 Entrevista a MARÍA SOLAR www.ocartafoldolerez.org O CARTAFOL do LÉREZ 8 · PONTEVEDRA · XUÑO 2016 · ESCRITA CREATIVA · TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA Había unha vez unha árbore… en Pontevedra As árbores habitan na cidade coma veciñas silandeiras nas que apenas nos fixamos malia que proporcionan osíxeno, sombra, beleza e moitos máis beneficios. De orixe autóctona ou proceden- tes de afastados lugares do mundo, forman parte necesaria da paisaxe e algúns exemplares des- tacan pola súa antigüidade, porte ou propiedades. Escolares do CEP Marcos da Portela e do CEIP San Martiño trazaron un percorrido literario polo xardín urbano descubrindo que “A árbore xe- nerosa” ten fondas raíces e que a súa semente agromou en cada recuncho. Carballo de Santa Margarida ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir “Teño uns pés perfectos”. A escritora e xornalista compartiu un ameno encontro cos escolares do CEIP de Marcón, que descubriron moitas anécdotas sobre o seu traballo e o seu compromiso coa escrita en galego. PONTENCIENCIA No mes de xuño comezou a III Feira da Miniciencia, coa partici- pación de máis de 300 escolares pontevedreses. Na pasada edición triunfaron os experimentos sobre “O sentido das plantas”, nos que o CEIP San Martiño achegou in- teresantes conclusións sobre foto- tropismo e gravitropismo. CANTAROLAS O loro, o xabarín ou a formiga viaxeira evocan as “Cantarolas” de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda. No CEIP de Pontesampaio e de Vi- laverde-Mourente homenaxearon o seu legado con novos versos de- dicados á natureza. “Aquel gato bonito e peludo / que marchaba camiño de Xeve…” 2 e 3 4 e 5 Adiviñanzas 6 8 e 9 Novas perfectas 10 e 11 12 14 e 15 16 e 17 Convivencia na diferenza 18 e 19 [Foto: Fundación Xosé Neira Vilas] A biblioteca

Transcript of O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me...

Page 1: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

Memorias dun carballo

Había unha vez unha familia que semudou a unha casa ao lado da ca-pela de Santa Margarida, en Ponte-vedra. Cando chegaron, Xaquín, oneno máis pequeno da familia, que-dou sorprendido. Cando Xaquín es-taba poñendo as súas cousas nocuarto, miraba o carballo pola ventá.Cada mañá, ao amencer, saudábaopensando que o carballo tamén osaudaba. E así cada día. Cando ía aocolexio, Xaquín falaba co carballo

sobre os seus problemas, conflitos,amigos... Pasaron os anos e o car-ballo non florecía. Xaquín sabía quealgún día o carballo morrería entón,cada vez que ía xunta del, colocá-balle nunha póla unha flor depapel. E así cada día. Cando Xaquínrematou, xa era primavera e sen-tiuse feliz do traballo que fixerapolo carballo. Deste modo sabíaque o carballo morrería feliz recor-dándoo para sempre.

Nerea Souto Aboal, 6ºA(CEP Marcos da Portela)

ÍNDICE

PÁX.

Editorial

As árbores xenerosasda cidade

PÁX.

Exploradores da contorna cotiá

PÁX.

Fauna insólita

PÁX.

As emocións dos animais,en primeira ‘persoa’

7

PÁX.

PÁX.

O Cartafol en imaxes

PÁX.

Amiguiños dos versos

PÁX.

Lenzos que toman vida

13

PÁX.

Cadros contados

PÁX.

Microrrelatos

PÁX.

Pontenciencia

A cidade dos nenos

Caderno de Bitácora

PÁX.

Entrevista aFernández & González

20

Entrevista aMARÍA SOLAR

www.ocar tafo ldo le rez .o rg

O CARTAFOL do LÉREZN º 8 · P O N T E V E D R A · X U Ñ O 2 0 1 6 · E S C R I T A C R E A T I V A · T E R C E I R O C I C L O D E P R I M A R I A

Había unha vez unha árbore… en PontevedraAs árbores habitan na cidade coma veciñas silandeiras nas que apenas nos fixamos malia queproporcionan osíxeno, sombra, beleza e moitos máis beneficios. De orixe autóctona ou proceden-tes de afastados lugares do mundo, forman parte necesaria da paisaxe e algúns exemplares des-tacan pola súa antigüidade, porte ou propiedades. Escolares do CEP Marcos da Portela e do CEIPSan Martiño trazaron un percorrido literario polo xardín urbano descubrindo que “A árbore xe-nerosa” ten fondas raíces e que a súa semente agromou en cada recuncho.

Carballo de Santa Margarida

ENTREVISTA A MARÍA SOLAR

“Están tan oprimidos e esquecidos,que me pareceu bonito dedicarllesun libro”, explicou María Solar sobreo motivo para escribir “Teño uns pésperfectos”. A escritora e xornalistacompartiu un ameno encontro cosescolares do CEIP de Marcón, quedescubriron moitas anécdotas sobreo seu traballo e o seu compromisocoa escrita en galego.

PONTENCIENCIA

No mes de xuño comezou a IIIFeira da Miniciencia, coa partici-pación de máis de 300 escolarespontevedreses. Na pasada edicióntriunfaron os experimentos sobre“O sentido das plantas”, nos queo CEIP San Martiño achegou in-teresantes conclusións sobre foto-tropismo e gravitropismo.

CANTAROLAS

O loro, o xabarín ou a formigaviaxeira evocan as “Cantarolas” deXosé Neira Vilas e Anisia Miranda.No CEIP de Pontesampaio e de Vi-laverde-Mourente homenaxearono seu legado con novos versos de-dicados á natureza. “Aquel gatobonito e peludo / que marchabacamiño de Xeve…”

2 e 3

4e 5Adiviñanzas

6

8e 9Novas perfectas

10 e 11

12

14e 1516e 17Convivencia na diferenza

18 e 19

[Foto: Fundación Xosé Neira Vilas]

A biblioteca

Page 2: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

EDITORIAL AS ÁRBORES XENEROSAS DA CIDADE

Nº 8 · XUÑO 2016 · PÁX. 2

Como cada ano, O CARTAFOLDO LÉREZ chega ás nosasaulas na recta final do cursoacadémico. Dende o pasadomes de marzo, o alumnadodunha ducia de centros de En-sino Primario de Pontevedraparticiparon nos obradoiros deescrita creativa con propostasbaseadas na natureza, na arte,na tradición oral… E xunto coscontidos habituais, aparecennovas achegas relacionadascoa celebración da Feira daMiniciencia ‘Pontenciencia’ eco proxecto ‘A cidade dosnenos’, que veñen enriquecereste xornal no que seguetendo especial protagonismo aposta en valor da bibliotecaescolar como espazo arredordo cal xira a promoción dolibro e da lectura en galego.

Os CEIP A Xunqueira II, PonteSampaio, Parada-Campañó, Vi-laverde, Froebel, Marcón, SanMartiño, Álvarez Limeses, Lérez,Xeve, e o CEP Marcos da Por-tela, participaron nesta inicia-tiva conxunta da Concellaría deEducación do Concello de Pon-tevedra e Kalandraka.

O alumnado colaborou dexeito brillante na producióndos materiais, que incluíronsenllas entrevistas á escritoraMaría Solar e aos ilustradoresFederico Fernández e GermánGonzález Pintos. Dende O CAR-TAFOL DO LÉREZ agradecemoso asesoramento do profesorAmancio Castro, co-autor de“As árbores da cidade”, asícomo a implicación do profeso-rado nas actividades realizadas.

Pero O CARTAFOL DO LÉREZnon remata nestas páxinas,senón que segue con moitosmáis textos e propostas na ver-sión dixital, para que todos osrapaces e rapazas, o profeso-rado e as familias poidan ver eler as súas creacións. Entretodos e todas, a colleita litera-ria foi ben vizosa e interesante;e abofé acompañará os lecto-res durante estas merecidas va-cacións estivais.

www.ocartafoldolerez.org

O loureiro e a sesta

No parque de Campolongo, unneno chamado Hugo xogaba cunloureiro non moi bonito, non moifeo, non moi grande e tampoucopequeno. Hugo xogaba a lanzar asfroitas da árbore aos seus amigos.Tamén durmía nas súas pólas. Undía, o neno viña do colexio moicansado e entón decidiu botar unhasesta ao lado do seu amigo o lou-reiro. Ao espertar, deuse conta deque cambiaran moitas cousas! Osnenos non estaban xogando nassúas casas aos videoxogos; estabanfóra xogando no parque e os ado-lescentes non estaban pegados aosseus teléfonos móbiles. O mellor de

todo era que as árbores podían mo-verse e falar. O malo era que o seuamigo o loureiro dicíalle: -Esperta!!!

Olivier Courier Cortegoso, 6º(CEIP San Martiño)

A xacarandá contacontos

Contan os vellos que nos seus tem-pos mozos a xacarandá que seatopa no Parque das Camelias foiunha árbore moi peculiar. Din osanciáns, aos que xa ninguén es-coita, que cando eran cativos, nonmáis maiores ca vós, paraban todasas tardes a escoitar os contos cheosde fantasías cos que lles agasallabaa súa amiga Xasmina, o nome coque a chamaban. Pero esta historianon sempre foi así...Todo comeza un día de primavera.A alegre e resplandecente Xasminaestá máis contenta ca calquera ár-bore do lugar, xa que acaba de de-cidir que quere ser contacontos,

pero o único inconveniente é que...non ten ninguén que a poida oír.Polo que, sen quitar esa alegría quecorría polas súas raíces, e sen quese lle borrase o sorriso do tronco,decidiu preguntarlle unha por unhaás persoas que pasaran por alí, ataatopar alguén disposto a parar e aescoitar os belos contos que a Xas-mina lle pasaban pola súa copa. A primeira persoa que pasou foi unharapaza de pel moi branca e fina, ca-belo louro coma os raios do sol e unsollos dun azul intenso coma a cordos pétalos das súas flores. -Oe, rapaza! Queres un conto escoi-tar? –preguntoulle Xasmina.-Non, ho! Non teño tempo, pois áperruquería teño que ir, para osmeus cabelos sempre perfectospoder lucir –respondeulle Xasmina.A rapaza pasou de longo, bambo-leándose, deixando a árbore soa. -Que rapaza tan maleducada! –pen-sou Xasmina.A seguinte persoa que pasou foi unhome de negocios duns cincuentaanos, baixiño, calvo e cunha barrigatan grande que a Xasmina sorpren-díalle que puidera camiñar. Vestíade maneira formal e levaba na súaman un maletín do que sobresaíannumerosas follas. -Oe, homiño! Queres un conto es-coitar? –preguntoulle Xasmina.-Non, ho! Non teño tempo, se omeu instinto non me falla hoxe é díade venda, así que non me molestes!O homiño marchou e Xasmina vol-veu quedar soa.-Tremendo home! –pensou Xasmina.Cando Xasmina xa perdera toda es-peranza, pasou unha rapariga deaspecto humilde, con roupas vellas

e co cabelo encrespado. -Oe, moza! Queres un conto escoi-tar? –preguntou Xasmina.-Pois... estaría moi ben!Xasmina, toda ilusionada, comezoua contarlle as historias que lle pasa-ban pola súa copa. E despois desemomento, todos os días pola tardea moza quedaba para escoitar osseus contos.

Sheila Doval Muíños, 6º(CEIP San Martiño)

Unha amizade para toda a vida

Había unha vez unha nena que vivíaen Pontevedra. Un día, a nena souboque ía mudarse aos Estados Unidosde América porque o seu pai nonencontraba traballo. A nena estabamoi triste. Uns días despois xa se es-taba instalando na súa nova casanos EUA. Saíu ao xardín. Era moigrande, pero non tiña nin unha soaárbore, así que foi á tenda e mercouunhas sementes. Ao chegar á casa

plantounas no xardín. Un ano des-pois xa medrara a árbore: era un fer-moso alcipreste. A nena pasaba o díacon el, rían xuntos, xogaban xun-tos... Pasaron os anos e a nena fíxosemoi maior, e o alcipreste tamén. Anena e o alcipreste foron amigos du-rante toda a vida. Foron o alciprestee a nena máis felices do mundo.

Diana Martínez Flórez, 6ºB(CEP Marcos da Portela)

A palmeira egoísta

Había unha vez unha palmeira deCanarias que tiña moitas cousasque ofrecer, aínda que os nenosnon a querían porque daba bosfroitos, senón porque querían ser o

Dende o clásico de Shel Silverstein ata a obra de Jaime Blanco-Dios e Amancio Castro sobrea flora ornamental arborescente de Pontevedra. Dende o alcipreste calvo da illa do Cobo ataa sequoia da Xunqueira ou o tilo da Alameda. Os escolares converteron as árbores en prota-gonistas de emocionantes historias sobre a amizade.

«Anda, Neno, ven e gabea polo meu tronco»

Loureiro

Xacarandá [Foto: Amancio Castro]

Alcipreste

Mais información en:www.pontevedra.eu/arbores/inicio

Page 3: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

Nº 8 · XUÑO 2016 · PÁX. 3

seu amigo. Os nenos preguntábanllea diario por que era así. Un día far-touse da mesma pregunta e respon-deulles:-A razón do meu comportamento éque só houbo un neno que me plan-tou e me coidou, pero non comotodos agardades, senón dun modoegoísta. Un día plantoume porque asúa nai lle dixera que plantase unplataneiro para obter os seus pláta-nos bos e gratis. Regoume moi benata que, un día, cando me saíron osfroitos, pasou a recollelos e non mebotou auga, así que pensei que seesquecera de min. Non volveu apa-recer durante anos. E é por iso queherdei co tempo o seu comporta-mento. E agora estou aquí!Os nenos quedaron asombrados coasúa penosa historia. De súpeto, unmozo duns vinte anos, máis ou menos,apareceu ao lonxe cun gran caldeiro deauga. A palmeira berrou:-É el! –tamén lle preguntou –Por quenon viñeches en todo este tempo?O neno respondeulle:

-É que estiven moi ocupado cos es-tudos do colexio, pero agora trou-xen isto para ti!E botou a auga na terra. O mozo dí-xolle:-Síntoo! Agora poderei vir sempreonda ti!E déronse unha grande aperta!

Marcos Seoane Guindal, 6ºA(CEP Marcos da Portela)

O castiñeiro triste

Había unha vez un castiñeiro dasIndias que vivía en Pontevedra, nosarredores da igrexa de San Xosé. Ocastiñeiro estaba triste porque nontiña ningún compañeiro que pasaratempo con el e, aínda por riba, todoo mundo dicía que as súas castañasnon servían para nada, nin paracomer tan sequera. Aínda así, o cas-tiñeiro era moi fermoso, sobre todona primavera. Todos o maltrataban.Todos, menos un neno que pasabao tempo con el. Iso consolábao algo

pero, aínda así, sentía que non tiñavalor ningún e pensou que era a ár-bore máis desgraciada da cidade.Teodor, que así se chamaba o neno,non cansaba de xogar co seu pre-zado castiñeiro das Indias. Xogabanás agochadas, ao balón prisioneiro...Un día, unha malvada persoa quechegara a Pontevedra envelenou oscabalos do pai de Teodor. A árbore,cando se decatou daquilo, quixo serunha das mellores curandeiras epensou que cos seus froitos poderíasaír unha medicina para curar os ca-balos. O neno e mais ela apertaronos froitos do castiñeiro das Indiase saíu un líquido verde e espeso.Teodor deulle o zume ao cabalo doseu pai e, milagrosamente, pareceuque se recuperaba. O pai de Teodorpremiou o seu fillo e, como non, aárbore do castiñeiro das Indias. Demaiores, Teodor e a súa querida ár-bore foron os mellores curandeiros!

Pablo Casado Pazos, 6ºA(CEP Marcos da Portela)

O bidueiro

Había unha vez unha parella de na-morados que ían ter un neno cha-mado Pedro e querían ter unha árboreque nacera ao mesmo tempo que oneno. O neno medrou xunto coa ár-bore, un bidueiro. O neno botáballeauga os días que non chovía. Dáballeo composto que reciclaba na súa casa.O neno tivo noiva; ela quería toda aatención de Pedro, polo que tivo quedeixar de atender a árbore e deixala acargo dos pais. Anos despois, os paismorreron e a árbore quedou sen xenteque a coidara durante dous anos.Pedro rompeu coa noiva e volveu coaárbore. Pedro pediulle perdón portodo o tempo que a árbore estivo soa.Ela aceptou as desculpas e volveronser amigos para sempre.

Cynthia Montes Pérez, 6ºB(CEP Marcos da Portela)

A árbore do ámbar

Hai moito tempo, había unha ár-bore do ámbar que criara unhanena, que chegou a converterse nasúa mellor amiga. Sempre xogabacon ela ás agachadas, ás parellas...Para xogar, a nena axudaba a xogará árbore. Un día, a nena non apare-ceu e a árbore púxose triste. Pouco

despois, a ár-bore soubo quese fora a outro paísporque lle ofreceran un traballo alí. Moitos anos despois, a filla da nenafoi xunta da árbore e díxolle: -Ola,son a filla daquela nena que coñeci-ches. A miña nai faloume moito deti. –A árbore respondeulle: -Ola, si, averdade é que a túa nai era moi boa. A nena preguntoulle se quería ser asúa amiga e a árbore díxolle que siporque, se era filla da súa melloramiga, seguro que era coma ela.Dende ese momento sempre estánxuntas e convertéronse en grandesamigas. O que ninguén sabe é quea primeira mellor amiga da árboremirábaas dende unhas cámaras moisatisfeita desa amizade tan boa.

Aida Martínez Sartier, 6ºB(CEP Marcos da Portela)

A amizade salva vidas

Todo comezou nunha mañá deverán cando uns nenos insultaronun amigo seu. O neno tiña oitoanos, chamábase Xoán. O neno,moi triste, sentou a caróndunha nova planta quehabía no colexio: chamá-base Washingtonia, nahonra do primeiro presi-dente dos EUA. Ao neno pare-ceulle tan fermosa que seguiu

investigando na casa. Ao día se-guinte, o neno volveu sentar acarón da palmeira, xa máis calmado.A palmeira díxolle:-Por que choras?O neno contoulle o que lle dixeran osseus compañeiros: que o seu soño eraimposible, que nunca sería futbolista.Xoán adestraba todas as tardes coseu equipo, o Val Miñor. El ía todasas tardes ver a palmeira. Xa con de-zaseis anos, adestrando todas astardes, conseguiu que o ficharanpor un club importante. Aos catrodías ían xogar contra o seu rival detoda a vida. A palmeira enfermou eo neno tivo que escoller entre o seusoño ou ela. O neno, ao día se-guinte, díxolle ao seu adestradorque non quería xogar. Despois diso,o neno foi correndo onda a pal-meira e deulle unha aperta. Aospoucos días, a palmeira xa estababen e seguiron xogando xuntostoda a vida.

Yago García, 6º(CEIP San Martiño)

Palmeira

Castiñeiro das Indias

Ilustracións de Shel Silverstein do libro A árbore xenerosa

Page 4: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

As raterchas viven nos armarios enmandas de vinte individuos. Sonovíparos e aliméntanse sobre tododas fibelas dos pantalóns. Sérvennosaos humanos para colgar a roupa ecomezan a berrar se non as atopa-mos. Pero coidado! Se teñen famepoden roerche a roupa. Se adestrasben as túas raterchas poden chegar afacerche os deberes.

Mario Vidal González, 6º(CEIP de Vilaverde-Mourente)

A pamiga é unha clase de formigaorixinaria do Brasil que se atopa nosalboios. A nosa amiga pamiga axú-danos cando temos que plantarunha planta ou árbore. Hai que termoito coidado porque, se se enfada,pode acabarche coa terra do xardín.Ela é a que fai o burato. Se temosborralla na caldeira, recóllea. Se semolla coa choiva, pode oxidarse.

Sara González Solla, 6º(CEIP de Vilaverde-Mourente)

A xirasoira é un curioso animal,curmá dos baterrafas. Vive nascasas antigas nas que hai moito po,normalmente detrás da porta da co-ciña ou ao lado da lareira para estar

EXPLORADORES DA CONTORNA COTIÁ

Nº 8 · XUÑO 2016 · PÁX. 4

O monorrollas é un ser que viveen caixóns de restaurantes, casas…O seu labor é abrir as botellas, aíndaque ás veces realiza outros traballos.Para abrir as botellas senta enribadelas, baixa a cola en forma de para-fuso, engancha a cortiza e levántaa.Outras especies de monorrollas sonos gorirrollas, que traballan en res-taurantes chineses; os orangurrollas,que traballan nos restaurantes turcos;e os chimparrollas, que traballan enhamburgueserías e pizzerías. Advertencias: hai que telos conten-tos porque, se se enfandan, non chequererán axudar. Antes tes que en-sinarlles como abrir as botellas paraque collan confianza e realicen asúa función como é debido.

Javier Caramés, 6º(CEIP de Vilaverde-Mourente)

A maioría dos salgüíns viven noXapón e están en perigo de extin-ción. Son uns animais moi simpáti-cos cos da súa especie, pero tímidoscos seres humanos. Cando comenalimentos sosos, bailan salsa paraque o sal que levan no seu interiorcaia sobre eles.O salgüín xa existía miles de anosantes que os seres humanos, aíndaque tardamos moito tempo en dar-

nos conta da súa utilidade, no ano1.000 a.C. aproximadamente. Dende entón non se volveron comeralimentos sosos. Para salgar os alimentos non faifalla que collas o salgüín na man,xa que el só pode tirar o sal sobre oprato. Iso si, se queres que o fagamáis rápido, debes bailar con el.Hai dous tipos de salgüín: o que ex-pulsa sal pola cabeza e o que o faipolo cu.

Neo Rey Erazo, 6º(CEIP de Vilaverde-Mourente)

O polirrón é un animal domésticoorixinario dos Estados Unidos quese extendeu por todo o mundo.Acostuman a comer as flores que axente lles dá aínda que, ás veces,cando hai visita, quedan tan quedossen moverse nin un milímetro, quefican durmidos coas flores coloca-diñas e coa auga na súa panza.Para que o polirrón esperte e mar-che a decorar con flores outra zonada casa hai que pronunciar unhapalabra máxica: SEADOLI.Existen tres tipos de polirróns: oscomúns; os ratirróns, que son pa-recidos aos ratos; e os polisos, quea xente utiliza para beber ás vecesao confundilos cos vasos.

Cristina Crespo, 6º(CEIP de Vilaverde-Mourente)

O bolbolín nace das notas musicaisdas óperas e agóchase nos bolsosdas millonarias. Vive en mansiónstocando música ambiental que lle

sobe a moral ás persoas. Aliméntasede púas, xa que odia as guitarras.Muda de fíos cando se lle estragan. Cando o bolbolín fai vibrar as súascordas parece que un profesionalestivese a tocar un violín. Se os ra-paces se meten con el, usa a súamúsica para engaiolalos e que odeixen en paz. Ten unha canciónpara cada cousa: para relaxar unbebé se chora, para calmar a ira… O bolbolín non é único na súa es-pecie, xa que tamén existe a bolbo-tarra e o bolbochelo, que así sechama o bolbolín cando é adulto.Os seres humanos que coidan delnon lle poden dar auga, xa que seestragaría como a madeira.

Mikel Barbadillo Maquieira, 6º(CEIP de Vilaverde-Mourente)

O toucho é un animal moi especialque vive nos estoxos dos nenos enenas dos colexios de Madrid. Podecortar follas el só, para o que tes quefacerlle cóxegas nas ás. Os seus gran-des ollos úsaos para localizar as cou-sas na escuridade dos estoxos. Haique ter conta de que non escapennin se xunten en mandas, porquepoden comezar a cortar todo o quelles pase por diante. O toucho é dafamilia do coucho, que axuda a cor-tar a comida con facilidade, e taméndo pelcho, que axuda a cortar froita.O toucho é un animal salvaxe e, paraadoptalo, só hai que facerlle cóxegasna cabeza. O maior perigo é quecorte o estoxo onde se agocha efoxa. Non o volverás ver xamais.

Antonio Franco Echevarría, 6º(CEIP de Vilaverde-Mourente)

Investigadores de Mourente descobren novas especies animais coas que convivimos case sen decatarnos. Cos achados do pro-fesor Vidaurre como referente, os escolares de Vilaverde foron investigadores por un día. Como resultado das súas observacións,o catálogo do libro «Imaxina animais», de Xosé Ballesteros e Juan Vidaurre, amplíase.

«Animais que nos vixían sen que nos decatemos da súa ollada»

Page 5: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

Nº 8 · XUÑO 2016 · PÁX. 5

ADIVIÑANZAS

- I -Alfombra golosa con ganas de mel

que cando se aburre pasea polo Courel.Bocoi enorme con moito estilo,pesca un salmón nun río moi frío.

Martín González Dios

- II -Abano de mil ollos

do monte alto do norte,lapislázuli que camiña lento presumindo ante a súa corte.

Xoán Villanueva Bermúdez

- III -Mapa que corre sen parar do principio ao final.Na selva comerá.

Peluche, meu bonitiño!Na hora de xantar

ruxe ruxe sen parar. Quen é?

Gadea Bravo Barrio

- IV -Lentella, lentelliña,que come pulgóns

para aliviar a barriguiña.

V. Andrea

- V -Semente que voa polo pradobuscando moitas flores voando por todos lados.

Amarela coma o sol voa e ten boca que non fai ningún son.

Martín Otero Tourís

- VI -Lúas que iluminan o monte,

é o mellor vixiante das estrelas na noite;é a estrela que se agocha baixo a ponte.

Sobre as pólas das altas árboresel comparte os seus mellores cantares,está afastado de todos os mares.

Que é?

Laura García Romero

- VII -Nun prado calquera vive un animal,

diamantes negros que non me miran mal.E por riba, quen pasa?

Algodón que me leva a colleita para a casa.

Marcos Suárez Sertal

- VIII -Tutú de bailarina que flota na auga,pompa de xabón que arrastra a marea.

Aparece coma o aire na area,escorregadiza coma un peixe,non a pises, ou saberás dela.

Iago Outón Pazos

- IX -Felpudo que vai camiñando

polo grande desertoen busca de auga e de alimento.

Eduardo Alonso Barreiro

- X -Manchas de tinta na pel,que é branca coma o papel,para espantar as moscas,no cu ten un pincel.

Gonzalo Sánchez Navia (Alumnado de 5º curso do CEIP de Vilaverde-Mourente)

I -(O oso) | II -(O pavón)III -(O tigre) | IV -(A xoaniña)V -(A abella)| VI -(O moucho)

VII -(O burro) | VIII -(A medusa)IX -(O dromedario)| X -(A vaca)

outros seres que viven nos buratosdas paredes e as limpan de bechos. Advertencia: a rasadora muda debolsa alimenticia porque, se non, po-dería estourar. Se lle levas a contraria,aspírate. Recárgase soa. Non lle tiresda lingua porque podería perdertodos os coñecementos sobre a casana que vive e volverse agresiva.

Noa García Pazos, 6º(CEIP de Vilaverde-Mourente)

A cullertruz é o animal máis rápidoe áxil de toda a cociña e, aínda quenon é flexible, acomódase perfecta-mente nos caixóns dos cubertos.Normalmente axuda os nenos máispequenos da casa a tomar as papas,pero hai que ter coidado! As culler-truces, se se enfadan, poden mor-derche e botar a correr pola casa, dearriba para abaixo, ata a hora dedurmir, cando se acochan todasxuntas nos caixóns.Este animal doméstico axúdanos ainxerir líquidos sen ter que moverun dedo. Ela soa introdúcese noprato e vai levando a comida á nosaboca. É especialmente útil para osbébés: se estás ocupado e nonpodes atendelos, chamas a culler-truz e traballo feito!Normalmente teñen bo carácter,pero no inverno, a época de máistraballo e na que a comida está máisquente, móstranse máis irascibles.Hai cullertruces de diferentes tama-ños para axudarnos cos diferenteslíquidos: café, papas, iogurt, a me-diana para comer, a grande paraservir... Nas casas dos ricos e privi-lexiados hai cullertruces de ouroque se poden facer máis grandes oumáis pequenas segundo se precisen.Son moi escasas e custan máis.

Inés Bará de la Fuente, 6º(CEIP de Vilaverde-Mourente)

O rinomé é un animal salvaxe que viveno fondo da sabana africana. É so-litario, aínda que ás veces atopá-molo en mandas. Os cazadoresprofesionais cázanos para vendelosno mercado negro, quitarlles a pelou a súa mesiña de noite, de exce-lente calidade, que dura dez anossen romper. A pel do rinomé é moiapreciada: a do macho alumea polanoite cunha luz moi forte e a dafemia cunha luz máis feble. O rinomé é un excelente animal decompañía, que axuda a gardar ob-xectos da casa que transporta noseu caixón. Cando os necesitas,chamas por el e tráechos. Tamén éútil para alumear a casa, xa que asúa pel ilumínase en diferentes in-tensidades segundo as veces que lletires do rabo.O rinomé non precisa moitos coida-dos: só tes que lavalo cinco veces aomes e darlle cada día un pouco deherba do xardín, así que tamén é unexcelente corta-céspede. Iso si, en-cántalle que lle canten cancións easí ten máis enerxía.

Lucía Outeda, 6º(CEIP de Vilaverde-Mourente)

A rasadora é dunha especie orixina-ria dos pantanos, pero un día quixover mundo e trasladouse ás nosascasas. Vive nos armarios e come po,moito po. É moi testana e se alguénnon lle fai caso, aspírao. É lenta perocoa súa lingua atrapa bechos detodas as clases. Coa súa trompa, moisemellante á dos elefantes, aspira opo para comelo. Este animal é moi raro de ver, xa quevive só nas casas da xente co cora-zón puro. Gústalle erguerse moi cedopara alimentarse e, cando remata deaspiralo todo, ás veces hai que axu-dalo porque hai sitios a onde nonpode chegar, como os mobles altos.A rasadora pertence a unha antigaestirpe de animais pantanosos naque tamén están as bolboradoras e

quentiña. É orixinaria do Amazo-nas, xa que nace dunha pranta quesó se atopa alí.Ás xirasoiras gústanlles moito asperas pero o que máis lles gusta é opo e aliméntanse fundamental-mente del. Por iso son moi útiles nacasa; poden varrer ata o teito.Tamén poden alcanzar os pratosmáis altos da cociña, cambiar ascortinas, pintar as paredes... Os hu-manos déronse conta de que facertodo iso cansaba moito, así que de-cidiron importar xirasoiras do Ama-zonas. Todo o mundo quería terunha xirasoira no seu fogar.A xirasoira ten moitas curmás, al-gunhas moi interesantes. As perche-rrafas, e as fresoiras rematan otraballo das xirasoiras. As aspirasoi-ras son outra especie moito máisevolucionada e moito máis cara queas xirasoiras.A xirasoira é un animal moi especiale serás moi afortunado se tes unha.

Iria Fernández Méndez, 6º(CEIP de Vilaverde-Mourente)

O monador é un animal moi brin-cador. É orixinario dos grandes bos-ques do Amazonas, onde lle gustamoito subir ás árbores. Por iso nacasa é bo telo preto dunha prantaou de ramiñas amoreadas na te-rraza. Hai que ter moito coidadoporque acostuman a enganchar acabeciña, que ten un montón defurados. Nos bosques pásalles omesmo, así que deben axudarse osuns aos outros.O monador é moi útil porque axudanas casas coando os líquidos, aíndaque non lle guste moito facelo por-que queda enchoupado. Aproveita osanacos de comida que quedan pren-didos para alimentarse. Tampouco llegusta quedar nos caixóns, así queanda sempre a choutar pola casa.Hai moitos tipos de monadores: unsgrandes que viven no Canadá, e ou-tros máis pequenos que viven en Asia.

Ana Buceta, 6º(CEIP de Vilaverde-Mourente)

SOLUCIÓNS:

Page 6: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

A historia de Leo o falcón. Habíaunha vez un falcón que tiña algo di-ferente dos demais. El nacera nunacantilado raro, tiña unha forma ca-drada, que era algo moi estraño paraun cantil. Ao falcón, chamado Leo,encantáballe, porque el sentaba alí amirar a xente que pasaba pola praia.Era un falcón ao que lle gustaba falarcos que pasaban; un falcón moi so-cial. Os seus irmáns non eran así. Osseus irmáns saían todas as mañás acazar. El, mentres tanto, alí, sentadono cantil. Á súa nai parecíalle moi es-traño e ela intentouno convencer deque se intentaba ser coma os seus ir-máns, ía ser un falcón mellor. Pasouo tempo e o falcón seguía sendo iguale os seus irmáns adolescentes xa erandos falcóns máis importantes de todaa rexión. Por aquel entón, Leo xacambiara algo. Agora xa non só erasocial, senón que directamente bai-xaba á praia a estar coa xente, e axente mirábao con cara de exclama-ción porque obviamente parecíallesraro que un falcón non os ameazara.Un día os falcóns, a nai, o pai e osdous irmáns, decidiron ir cazar e pe-díronlle a Leo que o intentara. Leodixo –Ben, vouno intentar! –Chegoua noite e saíron cazar. Leo estaba moinervioso porque non sabía o que es-taba a facer. Cando todo empezou,separáronse para ir cazar na fraga.Pero el, sen amigos, non era feliz; alínon había xente á que saudar... nonlle gustaba, el non era así!

Jorge Barros Suárez, 5ºA(CEIP Froebel)

A historia do lobo Riperto. Ripertoé un lobo especial. Xa desde pequenotiña algo distinto aos seus irmáns. Osseus irmáns sempre estaban a comercarnaza, pero a Riperto non llegustaba a carne. Os seuspais preocupábansepor el e semprelle insistían

para que fora coneles, pero Riperto dicía quenon e que non. A el non lle agradabaiso de matar outros animais. Un díadescubriu que era vexetariano. Ri-perto non era aceptado, non tiñaamigos. Un día acabáronse todas asfroitas, hortalizas e demais verduras.Un día tivo que probar a carne e, dopouco que lle gustou, separouse dasúa manda e foi vivir cuns lobos queeran coma el. Alí viviu feliz comendovexetais cos seus novos amigos.

Álvaro Pérez Sueiro, 5ºB(CEIP A Xunqueira II)

A historia do león Tripín. Habíaunha vez un león chamado Tripín.Cando era pequeno perdera a súa nai,polo que non puido recibir cariño. Tri-pín prometeuse que, fose como fose,daríalle cariño a todas as persoas queo necesitasen. Os seus irmáns, veci-ños, amigos... metíanse con el, por serasí, especial, por pensar doutra ma-neira. Eles non pensaban igual ca el,dicían que o importante era ser O Reida Selva. Pero Tripín sempre pensarao mesmo: que o máis importantesempre será que todo o mundo teña ereciba cariño. El dá cariño dun modomoi peculiar; non dá abrazos ninbicos, nin nada diso... o que fai Tripíné falar cos seus amigos, darlles apoio,consello... Tripín axudaba a todos osanimais que o necesitaban. Dez anos

despois, Tripín xa era un león feitoe dereito e seguía a cumprir asúa promesa, e cada día dáballemáis cariño a máis xente. Grazasa el case todos os leóns da sabana

Tiki-Trake eran felices. Cando cum-priu os dezasete anos comezou afacer o que todos os adolescentes, na-

morarse. Tripín estaba na sa-bana dándolle consellos á súaamiga Jany cando pasou por alíunha leoa moi guapa, a máis guapade todas as que vira. Pouco a poucoforon namorando ata que acabaronpor ser noivos. Desde ese momento,Tripín seguiu a ser o león que semprefora e querendo moito a Mencía, asúa noiva.

India Castro López(CEIP A Carballeira)

A historia da gaivota Cocota. Undía, nunha praia afastada, naceuunha gaivota. Desde o principio a súanai deuse de conta de que era dife-rente. Non chiaba para pedir comida,só se achegaba á súa nai e dicíallomoi baixiño. A súa nai preocupábasepor ela, pero non, tampouco xogabaao xogo de “Quen chía máis?”. Un díao seu pai preguntoulle por que nonxogaba ou chiaba para comer. Elarespondeulle que non era quen dechiar porque lle doía a gorxa. O seupai pensou que se a deixaba pasaría-lle co tempo. Ao cabo dos anos, Co-cota fíxose independente e aos seuspais xa non lles facía caso. Por iso undía decidiu marchar da súa casa-rocha e foi vivir á praia do lado por-que alí non había gaivotas soas;tamén turistas e, sobre todo, cans. Alífíxo a súa casa e quedou a vivir ata odía que unha gaivota, que resultouser a súa irmá, lle pediu axuda paraespantar unha nécora que lle estabaa morder a todas as gaivotas da fa-milia. Ela díxolle que tiña que chiarmoi forte para espantala. Cocota

chiou pero só lle saíu un fío de voz.Entón, a súa irmá pediulle a Cocotaque marchara porque non servía paranada. Cocota foi para a súa casa dapraia do lado. Cocota alí viviu feliz,sen gaivotas, sen persoas e sen cans.

Guang Li Sanmartín Ruibal, 5ºB (CEIP Froebel)

O moucho madrugador. Hai moitotempo naceu en Galicia un mouchochamado Xabier. Naceu de noite, e isofixo que non lle gustara ver ás escuras.Vós pensaredes, -Se é un moucho!Pode ver de noite! –. Por poder, pode;con todo, non lle gustaba estar só coasúa familia. Pensou que, no canto dedurmir de día, podería facelo de noite.Pero iso non era tan fácil, custáballemoito, e os seus irmáns rían del. Comonon durmía nin polas noites, nin polasmañás, estaba irritante e desconcen-trado. Iso fixo que a súa familia cor-tara toda relación con el e o botaranfóra do niño. Quitáronlle todo o quetiña. Estiveron meses sen falar ata queun día decidiu irlles contar que o aco-lleran nunha casa onde hai gatos,cans, paxaros, peixes e tartarugas.Queríalles contar que xa non necesi-taría a súa axuda. Os primeiros díasestivo moi contento pero, co paso dotempo, tivo morriña do bosque, dosanimais, da familia.

Victor Piñón Parada(CEIP A Carballeira)

Ferdinando, o protagonista do relato que Munro Leaf escribiu en 1936, é un touro pacífico e sensible que devece por pasar as tardes sentadoentre as flores ou a carón dunha sobreira, a súa árbore preferida. Inspirándose neste xato, o alumnado dos centros Froebel e A Carballeiraconstrúen relatos sobre animais amigables, sensibles, agarimosos… Criaturas diferentes na procura do seu lugar no mundo.

FAUNA INSÓLITA

Nº 8 · XUÑO 2016 · PÁX. 6

«Nin pelexaba nin se poñía bravo, tanto tiña o que fixesen»

Ilustracións de Robert Lawsondo libro A historia do touro Ferdinando

Page 7: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

Nº 8 · XUÑO 2016 · PÁX. 7

Gústannos os animais. Telos na casa, visitalos na granxa ou velos no seu hábitat natural pero, algunha vez vos puxestes no seu lugar? Quepensarán eles de nós? Agradaralles a nosa presenza ou, pola contra, desacougaralles? Poñerse na súa pel e tratar de imaxinar o que senten foio punto de partida destes tenros relatos logo de ler «Son un cabalo», escrito por Gonzalo Moure e ilustrado por Esperanza León.

AS EMOCIÓNS DOS ANIMAIS, EN PRIMEIRA ‘PERSOA’

«Falo co meu corpo, cos meus acenos, cos meus recendos»

Son un pastor alemán. Todosos días vén visitarme unha rapaza quevive comigo en Campañó. Ten o pelolouro e os ollos azuis e pequenos.Cando xogas comigo gústame, nonme dás medo. Despois sempre me dásunha galleta das que a min tanto megustan. Ti, nena, pensas; eu non sei oque pensas de min, pero eu sei quepensas. Gustaríame poder saber o quepensas. Eu creo que ti, moitas veces,sabes o que penso porque, candoladro, dásme de comer ou de beber,ou tamén xogas comigo. A min gús-tame correr e eu creo que ti o sabesporque nunca me encerras. Gústameque me deas aloumiños porque merecordas a miña nai, que tamén mosdaba coa súa pel e coa súa lingua.Dende que nos separaron desexopoder volver ver a miña familia. Haiuns anos, cando vía a un grupo decans, pensaba que era a miña fa-milia, desexaba poder volvela ver. Aíndaagardo ese día. O que máis desexo nomundo é poder ver a miña familia, na quetanto penso, coa que tanto soño. Nonme gusta cando me berras nin candome pegas porque me portei mal. Tam-pouco me gusta cando me pós bozo.Gústame que xogues comigo aíndaque ti non o saibas.

Cristina Pérez, 6º(CEIP Parada-Campañó)

Son un peixe de cores. Estounun acuario. Todo o mundo me mira,sobre todo unha nena que me dá decomer. A nena ponse a falar, conta oque lle pasou durante o día pero,como non hai ninguén no cuarto, su-poño que fala comigo. A nena é pe-quena, ten uns seis ou sete anos,case sempre leva unha saia e cami-setas de cores. Non entendo moiben o que dis, nena, eu sei que mefalas pero, non sei nin como falarcontigo, nin entendo ben o que dis.

Ás veces tamén vexo persoas adultas,unha muller e un home. Eles case nonme fan caso. Ás veces dánme decomer, pero case non fan caso. Neniña, encántame cando me fasbrincadeiras e divírtome contigo.Teño pequenos recordos da miña nai,dos meus irmáns e dalgúns peixesque estaban comigo e pasabámolomoi ben. Teño moitas cousas que nonentendo de ti. A min gústame xogarna auga e ti pasas o día mirando ooutro acuario cadrado onde hai per-soas dentro. A min gústame estar conoutros peixes, pero estou só. Hai cou-sas que me dan medo de ti. Fas mo-vementos moi raros e asústasme.Tocas o acuario moi forte e fas sonsque me dan moito medo. Gustaríamecontarche que durmo na auga sendeitarme e cos ollos abertos. En cam-bio, ti tómbaste nunha cama e dor-mes cos ollos pechados. Na memoriados peixes gustaríanos estar todos nomar. Tamén nos gusta o océano. Alísénteste libre, podes facer de todo,voltas, xogos, ir a lugares do mar moilonxe... é o mellor!Grazas por escoitarme, por estar co-migo, por coidarme. Espero que sigassendo tan boa comigo, espero quesigas a coidarme tan ben.

Rita González González, 6ºB(CEIP Álvarez Limeses)

Son un lobo. Eu son un lobo, unlobo carnívoro e, aínda así, non comocarne. Unha nena, ás veces, paseapola fraga na que a miña manda vive.O cabelo louro e os seus lazos, quecolean cando foxe de min, e os seusollos asustados, que escintilan. Tipensas que quero paparte, pero noné verdade. Asústaste cando corro de-trás de ti, mais só é un aceno dexogar. Algunha xente ódiame sen co-ñecerme, pero non é o teu caso. Gús-tame o teu riso, cando corremosxuntos. Ti pensas que o meu ouveo éde desagrado, mais é mentira. É omeu modo de rir. Os teus cariños im-pulsan os meus ouveos. Tampouco

sabes que non durmo profunda-mente, porque se non podería vir uncazador. Iso dixéronlle os meus tata-ravós aos meus avós, e os meus avósaos meus pais, e os meus pais a min.Os meus devanceiros eran case tanlistos coma ti. Por iso eu son un lobolisto, coma os meus devanceiros. Pou-cas cousas conseguen asustar a un

lobo, pero ti fas algunhas desas cou-sas. Cando fas ruídos doutros animaisao xogar xunto a min, fasme sentirameazado. Tampouco quero que in-tentes levarme para a túa casa. Sonmoitos humanos vivindo xuntos epode chegar a ser perigoso. Estoufeliz coa miña manda. Eu soño convivir nun lugar cheo de ríos e plantas.Sería moito mellor xogar alí que nafraga chea de cazadores. Gustaríameque souberas que cando estou quietoestou en alerta, que cando ouveoestou ben. Ti non entendes o que eudigo con isto, e gustaríame que apren-deras a miña curiosa lingua. Quero quecontinúes rindo e non volvas termemedo nunca máis. Quero ser o teuamigo. Quero que sexas a miña amiga.

Lorena Abilleira Gil, 6ºA(CEIP Álvarez Limeses)

Son un huski. Hai días que me vénvisitar á miña caseta. Non me dánmedo os humanos, xa que se portanben comigo, non me fan dano. Gús-tame que me revise os ollos porque dique cando sexa grande podo ter pro-blemas de vista. Gústame que coide aspatas. Como os huskies somos cans detraballo, as nosas patas son imprescin-dibles. Ti, home, es bo comigo. Gús-tame estar contigo, aínda que nonquero que me bañes. Eu prefiro que mecepilles, xa que a miña raza é limpa enon cheira. Cando acabamos aquelpercorrido cheo de xente, ás vecesestás contento e outras decepcionado.Eu non sei que pensas. É difícil sabelo,aínda que sei que algún día consegui-reino. Quero expresarme. Xa encontreimaneiras, e ti tamén comigo. Sabes oque quero facer só ás veces; candoquero xogar, ti agochas a pelota, entónempezo a chorar e ti lévasme fóra. Nonte entendo, só quero xogar. Pero tidáste de conta. Creo que algún día ti emais eu falaremos igual. Cando meacariñas sinto un forte sentimentoporque penso na vez que estaba nunsitio onde me vendían e iso é o quemáis me gusta de ti. Gustaríame que

souberas o que sinto. Quérote moito.Dende que cheguei, ti cóidasme comase fose o teu fillo. Ogallá fose un hu-mano coma ti, pero non podo. O im-portante é que cando tiro da zorra nonsomos dous, somos un!

Paula Fernández Ucha, 6º(CEIP Parada-Campañó)

Son un esquío. Vivo nun parquee todos os días vexo a moita xentepasear: chovendo, nun día soleado,con cans, volvendo do traballo... Perotodos os días á mesma hora vexo amesma nena. Sempre con dúas tren-zas, cunha mochila e cunha bolsiñacon landras para min. Sinto escaparmoitas veces, pero tes que entendelo,es moi grande e ás veces dásmemedo. Sei que só me queres aloumi-ñar, pero teño que fuxir, non podoevitalo. Gústame o teu sorriso. Ás

veces avísame de que vas tocarme, eesas veces, tranquilízasme, dásme se-guridade e felicidade. Tamén me dámedo cando corres cara a min. Pensoque me vas pisar, e cando queres co-llerme tamén. Ás veces enténdote. Seique che gustaría levarme á túa casa,pero a túa nai non te deixa e tam-pouco che gustaría deixarme ence-rrado nunha gaiola. Eu penso igual. Este parque é o meuparaíso, cos demais esquíos, vendo axente pasear e coas túas visitas. Ne-

cesito botarte de menos e es-pertar á mesma hora, pasarfame para que as túas lan-dras saiban mellor. Grazaspolos teus agarimos, osteus sorrisos e comidas.Por favor, segue a vir eeu seguirei a agar-darte.

Laura Pozaco, 6ºB(CEIP Álvarez Limeses)

Estou feliz coa miña manda.Eu soño con vivir nun lugarcheo de ríos e plantas.

Sei que che gustaría le-varme á túa casa, pero a túanai non te deixa e tampoucoche gustaría deixarme ence-rrado nunha gaiola.

Ilustracións de Esperanza León do libro Son un cabalo

Page 8: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

Canto tardas en escribir un libro desdeque o pensas ata que o rematas?Depende. Algúns son poucos meses e outrosson anos. Acabo de publicar unha novela coaque levaba catro anos.

Cales foron as primeiras obras que escribiches?Os dous primeiros libros que escribín non erande contos; eran de ecoloxía, de didáctica paraos colexios. Chamábanse “O libro do nosomar” e “Ecoloxía na aula”. Pasaron aínda dezanos dende ese momento ata que collín textosque tiña gardados nos caixóns, envieinos áseditoriais e empezaron a publicarme contos.

Como se che ocorreron os títulos dosteus libros?Hai títulos que se me ocorren ao principio e ou-tros que, remato o libro, e estou dándolle voltasa como chamarlle. Eu creo que o mellor títuloque se me ocorreu nunca é “O fillo do pintamo-nas”, que trata sobre unha nube dos soños.

Tes un sitio especial onde escribir?Na miña casa, o último cuarto que quedabadispoñible ocupouno Martín, o meu fillo pe-queno. Debo ser das poucas persoas que es-cribe pola cociña, pola sala, polo cuarto...Non teño un sitio onde escribir, xa me gus-taría! Cando compre outra casa vou facer unsitio para min, para escribir.

Cal foi para ti o teu mellor libro?Que difícil! Eu sempre escribo en galego. Queun libro que naceu na nosa lingua, estea pu-blicado tamén en castelán e despois se tra-

duza ao portugués e ao catalán, gústamemoito; cando os meus libros chegan a outrossitios, tendo en conta que escribo nun idiomaque fala menos xente, para que despois oslea todo o mundo. “O meu pesadelo favorito”tivo moitos premios e eses recoñecementosson bonitos. Ese libro gañou o Premio Laza-rillo, que é o máis antigo de España. Un díaestaba na miña cociña, soou o teléfono e di-xéronme: “Buenos días, le llamamos de laCasa Real”. Entón preguntáronme se queríair comer á casa do rei o 23 de abril, vaixa un ano. Entón fun, e sabedes o quefixen ao saír do Pazo Real? Fun aoaeroporto e comín unha hambur-guesa. Sabedes por que? Porquetiña fame! Vouvos contar oque me sucedeu para que nonvos pase se ides ao Pazo Real, un sitiofantástico, precioso. Eu estaba ao carón dorei e en fronte da raíña. E cando sentas acomer, cando empezas a comer? Cando todosestán servidos, non é? Iso é de educación! Eraunha mesa de oitenta persoas. Primeiro ser-víronlle ao rei, despois á raíña e logo a todosos demais. Eu agardei a que estiveran servi-dos ata o fondo e empecei a comer. E candotomei a primeira culleradiña, o rei acabou, esabedes o que fan? Empezan a recoller ospratos. Cando chegou o segundo prato, pu-xéronlle ao rei, á raíña e, cando puxeron omeu prato xa non esperei a que acabaran deservir a todos, só polos do arredor. E nestas,o rei acabou e recolleron os pratos. Entóntrouxeron o postre e empecei a comelo.Cando levaba un cachiño comido, resultouque o café se tomaba noutro sitio e, como o

rei se puxo de pé para ir tomar o café, todoo mundo se ergueu e marchou detrás del.Así que se ides ao Pazo Real, non agar-dedes por ninguén para comer.

Que tipo de literatura chegusta máis, infantil oupara maiores?

G ú s t a m etoda. Pero un libro como

“Teño uns pés perfectos” non teño claroque sexa só para nenos; creo que é para todasas idades. Se o le unha persoa maior vai en-tender unhas cousas e, se o le un neno ouunha nena, vai entender outras. Vale paratodo o mundo.

Como se che ocorreu ser escritora exornalista?Desde pequena eu quería presentar na tele,pero non tiña o concepto de xornalista, senónde presentadora. O xornalismo é máis ca iso:hai que documentarse, saber máis da persoaque se entrevista, preparar as preguntas...Ademais, as linguaxes para a radio e para atele son distintas. Eu cheguei ao xornalismodun modo un pouco especial: no institutohabía un rapaz que ría moito de min porqueeu tiña unha voz moi aguda. Tempo despoisvin que se organizaba un curso de dobraxe e

Como se che ocorreu facer un librosobre os pés?Porque están tan oprimidos e esquecidos,que me pareceu bonito dedicarlles un libro.Gústanvos as ilustracións? Fíxoas Gusti, unarxentino que vive en Barcelona. Eu coñecinoen México, na Feira do Libro de Guadalajara,cando el participaba nunha manifestaciónpara que se aclarase a desaparición duns es-tudantes de maxisterio. É unha persoa tanimplicada que cando se lle propuxo facer unlibro sobre os pés, entendeuno perfecta-mente. Os seus debuxos teñen moito humor,son moi graciosos.

Farás máis libros sobre outras partesdo corpo?Pois empecei polos pés, pero igual facemosoutro doutra cousa. Que vos parece sobre aboca? Serve para comer, para dar bicos, estáchea de bacterias...

Nº 8 · XUÑO 2016 · PÁX. 8

María Solar | xornalista e escritora

ENTREVISTA

«Un libro como “Teño uns pés perfectos” é para todas as idades»Expresiva, inqueda, falangueira, polifacética... Son algunhas cualidades de María Solar ás que puideron achegarse os rapaces erapazas do CEIP de Marcón que a entrevistaron con motivo da publicación de “Teño uns pés perfectos”. Un libro divertido e ins-trutivo que lle deparou á súa autora ter recibido moitas fotografías nas que os lectores presumían dos seus pés. Para a escritorae xornalista compostelá, a literatura tenlle proporcionado moitas anécdotas e satisfaccións.

María Solar cos rapaces e rapazas do CEIP de Marcón

Ilustracións de Gusti do libro Teño uns pés perfectos

Page 9: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

apunteime, non para traballar en do-braxe; eu quería aprender a falar ben.Despois de aprender a dobrar, xa eraactriz de dobraxe. Cando rematei deestudar Maxisterio fun facer a carreirade Bioloxía e na facultade vin unanuncio dunha radio que collía xente.Entón fun facer unha proba e comosabía colocar a voz, polo curso de do-braxe, colléronme. Entón entrei enRadio Compostela. Un día chamá-ronme para facer unha proba para aRadio Galega, de alí pasei á Televisiónde Galicia e, no medio, decidín estudarXornalismo. Fixádevos que, ao final,todo vale para algo. Se non fixera do-braxe igual hoxe non estaba na radioe na tele. Por iso, se podedes aprenderalgo, aprendédeo.

Na túa primeira reportaxe ti-veches vergoña?Eu creo que non. Cando chego á te-levisión, dáme igual quen esteadiante miña. Tanto se teño que falardiante dun auditorio con dez mil per-soas, como se teño que falar diantedas cámaras; se hai un xefe de Es-tado, un ministro, un presidente...non me importa, non teño vergoña.Cando si paso nervios é cando pre-paro a entrevista: ter que buscarcomo facela, que quede ben, procu-rar documentación... Aí si que mepreocupo. Pero cando chega o mo-mento do directo e vou facer o queestiven a preparar, entón reláxome e

estou moi contenta de poderfacelo.

Cal das túas profesións,xornalista e escritora, chegusta máis?As dúas; ao final, todo é co-municación. Cando estás natelevisión ou na radio, estáscomunicando con alguén,contándolle algo. E cos li-bros estás facendo o mesmo,contando unha cousa que osdemais fan súa.

Ao ser escritora e xorna-lista quédache tempopara outras cousas?Pois estou bastante tempo tra-ballando, pero ao único ao quenon lle quito ningún tempo é

aos meus fillos. Polas tardes dedí-come a ser transportista: lévoos a ka-rate e esas actividades. Como traballotanto, a nena maior de 16 anos me-drou moi rápido, xa se fixo grande, eagora o neno pequeno non quero queme escape; a eles si que non lles quitonin un só minuto. O resto do tempo,vou traballando.

Estás contenta co teu esforzo notraballo?Eu son moi traballadoriña, creo quehai que traballar e esforzarse; que ascousas non veñen así, de arriba. Etamén penso que co tempo, cando teesforzas e traballas, tes recompensas.

Tes algunha afección?A miña afección principal é falarcoa xente, quedar con xente diver-tida, diferente... Teño moita sortepola miña profesión, porque me per-mite coñecer persoas moi distintase interesantes. Ver xente moi pode-rosa ou xente que o está a pasar moimal. Apréndese e fai que unhamedre como persoa.

Nº 8 · XUÑO 2016 · PÁX. 9

NOVAS PERFECTAS

Nunha parroquia de Pontevedra, enMarcón, había un veciño asturianoque era moi coñecido, xa que tiñauns pés moi peculiares: os seus péscheiraban a queixo de Cabrales.Os seus pés cheiraban a quilómetrosde distancia á redonda. Un día pasoupor Marcón un científico ao que llechamou moito a atención o olor dospés deste veciño e quixo investigaras causas. Fixo analíticas, probas,todo o que se pode imaxinar; ata queun día puido confirmar que os seuspés ulían a Cabrales por causa dunhabacteria que tamén tiña o queixo as-turiano, a MHJEKTAMOFILHA XDCA.Os seus pés ulían así porque os seuspais, durante a súa infancia, alimen-taran a este veciño todos os días conqueixo de Cabrales.

Antía Carballal Candela Lorenzo (CEIP de Marcón)

O once de marzo de dous mil deza-seis, científicos da Universidade deAlacante encontraron unha mozacoa enfermidade chamada Osopatía,que destrúe os ósos dos pés.Unha moza de Alacante a quen llecontaxiou unha enfermidade o seucan mordéndoa nun pé, está a ser es-tudada. Aínda non se sabe por que ocan lle contaxiou esta enfermidade. Sise sabe que destrúe os ósos dos pés. -Tes algún síntoma?-Teño moita suor e tiróns nas dedas.Ás veces dánme cambras.

Alejandra Romero Filgueira Pablo Fernández López

(CEIP de Marcón)

Mabe Wadlow entra no libro Guin-ness dos Records 2015 grazas a unhaenfermidade como a do seu pai, Ro-bert Wadlow.O norteamericano Mabe Wadlow, detrinta e tres anos, entra no libroGuinness dos Records superando orecord do seu pai, Robert, con 49,99cm. de longo no pé esquerdo e 52,24cm. no dereito. Non só ten os pés

Practicando a faceta xornalística de María Solar, o alumnado do CEIP de Marcón pescudou, redactou e difundiu unhas reveladoras informacións sobre os pés.

«Podoloxía e outras curiosidades»

grandes, senón tamén todo o corpo.O seu zapateiro Thomas di –Os seuspés son como dous grandes camiños!–A súa filla Noha tamén vai polomesmo camiño, pois mide 1,75 me-tros e ten oito anos. Mabe non tenningún problema, pois practica atle-tismo, vai ao ximnasio e fai rutinacomo o resto das persoas. Mabe estácasado cunha muller, Jenna. Ela estáacostumada, pois leva vinte e cincoanos con el. O día da voda, Jennativo que subir a un escano xa que,ademais de ter os pés máis longos domundo enteiro, é moi alto: mide 2,50metros.

Mara Abreu Cortegoso Belén da Silva Tieso

(CEIP de Marcón)

Nunha vila da provincia de Ponteve-dra, Marín, construíron unha má-quina que fai as mesmas funciónsque os nosos pés.Na nosa visita á vila fixámonos enque as máquinas eran de ferro edentro había uns homiños que tra-ballaban día e noite sen parar. Teñeno cerebro tan desenvolvido coma oshumanos. Están probando se funcio-nan no laboratorio de Ciencias dePontevedra. Preguntámoslles aos ci-dadáns que lles parecen. A maioríados enquisados responderon que eraunha cousa moi arriscada. Informa-remos nos vindeiros días.

Antía Martínez Pérez Pablo Ferreiro Couto

(CEIP de Marcón)

Nunha aldea hindú, un investigadoratopou unha tribo na que as mulle-res tiñan os dous pés dereitos e oshomes os dous pés esquerdos. O investigador, Paul Saljensin, pre-guntoulles aos aldeáns quen eran. Osaldeáns responderon que eran daaldea Mjelid, do lugar chamado Nin-gulindhe. O problema que tiñan estasxentes era que non podían camiñarnin facer as súas tarefas: ir por auga,coller os nenos, facer a comida...Paul preguntoulles como era posiblevivir tan incomodamente. Un aldeándíxolle que lles preguntara aos seus

pés se podían volverse normais, peroos pés dixeron que non. Paul acaboupor abandonar a aldea sen atoparunha resposta a aquel misterio.

Noelia GonzálezAlejandra Rodríguez

(CEIP de Marcón)

A familia García naceu cos dous pésdereitos. A familia García tiña uns pés diferen-tes, uns zapatos diferentes e uns cal-cetíns diferentes. Case todos oszapatos eran de coiro e estaban fo-rrados con tea. A familia tiña algo es-pecial: ter dous pés dereitos. O malode teren dous pés dereitos é quepoden caer para o lado contrario, oesquerdo, pero xa están acostumados. Eles, ao estaren acostumados, nonlles parece estraño, e aos seus ami-gos tampouco lles parecía moi raro,pero á xente do seu barrio si. A elesdáballes igual. Un día, á familiaGarcía tiveron que operarlle un pé, oesquerdo, e a todos o mesmo, comoás demais persoas. O médico díxollesque o novo pé se chamaba esquerdo.A familia García quedou asombrada,e dixo: Vaia nome máis raro! Desdeentón, a familia García tivo un pé es-querdo e un pé dereito.

Victoria Cons Carmen Rodríguez (CEIP de Marcón)

Nunha parroquia de Pontevedra, en To-meza, había un misterio: alí viven treshomes que teñen os pés diferentes.O venres pasado, o noso enviado vi-sitou a parroquia de Tomeza. Alí ato-pou tres homes que tiñan os pésdiferentes. Un tíñaos romanos, outroexipcios e outro gregos. O que tiñaos pés gregos, tiña os pés máis gran-des. Cando ten que comprar zapatosélle moi difícil porque case non hai.Os seus amigos axúdanlle a buscar,xa que para eles si que hai. Unha se-ñora que ten unha zapatería ofre-ceulles un zapato para cada clase depés. Eles déronlle as grazas.

Elisa Moure García Naomi Moreira Ruibal

(CEIP de Marcón)

Descobren uns pés de Cabrales en Pontevedra

O descubrimento dunhatribo cos pés iguais dá avolta ao mundo

Descobren unha familiacuns pés diferentes

Mabe Wadlow entra no libroGuinness dos Records cospés máis grandes do mundo

Inventan unha máquinapara andar

Uns científicos investiganunha enfermidade nos pés

Descobren uns pés dife-rentes nunha parroquia dePontevedra, Tomeza

Page 10: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

N º 8 • X U Ñ O 2 0 1 6 • P Á X . 1 0

O CARTAFOL EN IMAXES

CEIP A CARBALLEIRA

CEIP A XUNQUEIRA II

CEIP ÁLVAREZ LIMESES

CEIP FROEBEL

CEIP DE MARCÓN

CEP MARCOS DA PORTELA

CEIP DE PONTESAMPAIO

CEIP PARADA-CAMPAÑÓ

CEIP SANTO ANDRÉ DE XEVE

CEIP SAN BIEITO DE LÉREZ

CEIP SAN MARTIÑO DE SALCEDO

CEIP DE VILAVERDE-MOURENTE

A CARBALLEIRA No CEIP A CARBALLEIRA elaboraron relatos protagonizados por uns bechos moi peculiares. Recreando a obra ‘’A historia do touro Ferdinando’’, puideron achegarse a un mundo animal alternativo.

Xornal escolar: A CARBALLEIRA Web/blog: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipacarballeira/

http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com.es/

CEIP ACARBALLEIRA

5º/6ºcursos

No CEIP A XUNQUEIRA II enchoupáronse de colores, texturas, técnicas artísticas... co libro “Mirar a pintura”. Do seu traballo de observación traemos unha manchea de historias que nos han achegar aos mellores lenzos da historia da arte.

Web/blog: http://centros.edu.xunta.es/cepaxunqueiran2/

http://centros.edu.xunta.es/cepaxunqueiran2/biblioteca.blog/

http://centros.edu.xunta.es/cepaxunqueiran2/blog/

A XUNQUEIRA II

CEIP AXUNQUEIRA

6ºBcurso

CEIP AXUNQUEIRA

6ºAcurso

O alumnado de quinto curso do CEIP ÁLVAREZ LIMESES adentrouse nos cadros máis famosos da historia da arte para achegarnos aos seus protagonistas a través de orixinais relatos.En sexto aproximáronse á visión que poderían ter os animais respecto dos humanos con textos que xorden a partir da obra de Gonzalo Moure “Son un cabalo”.

Xornal escolar: ALBORADA Web/blog: www.edu.xunta.es/centros/alvarezlimeses/

ÁLVAREZ LIMESESCEIP

ÁLVAREZLIMESES

6ºcurso

CEIPÁLVAREZLIMESES

5ºcurso

Partiron de Marín cara á Patagonia. Os alumnado do CEP MARCOS DA PORTELA fainos partícipes do caderno de bitácora escrito polo capitán de “Balea”, o enxeño mecánico de Fernández & González. En sexto curso artellaron unha ruta por Pontevedra, de árbore en árbore, de póla en póla.

Xornal escolar: PINGAS Web/blog: http://www.edu.xunta.es/centros/cepmarcosportela/

http://marcospbiblioteca.blogspot.com.es/http://marcosportela5a.blogspot.com.es/

PORTELA

CEP MARCOS

DA PORTELA

5ºBcurso

CEP MARCOS

DA PORTELA

6ºAcurso

Escolares do CEIP DE MARCÓN achégannos ás novas sobre os pés que se moven por Pontevedra. A autora de “Teño uns pés perfectos”, María Solar, mantivo un animado encontro co alumnado do centro, cheo de anécdotas.

Xornal escolar: AS NOSAS LIDEIRAS Web/blog: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmarcon/

http://bibliomarcon.blogspot.com.es/

CEIP MARCÓN

6º curso

MARCÓN En sexto curso do CEIP FROEBEL fixeron unha viaxe poética con Ocazul a través de “Cadros dunha exposición” e da música de Mussorgsky. Os seus compañeiros de quinto crearon novas historias baseadas no Ferdinando de Munro Leaf e Robert Lawson. Eles tamén foron quen de trazar historias protagonizadas por animais especiais.

Xornal escolar: FROEBEL Web/blog: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfroebel/

CEIPFROEBEL

6ºAcurso

FROEBEL

Page 11: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

N º 8 • X U Ñ O 2 0 1 6 • P Á X . 1 1

As pequenas historias creadas polos grandes escritores de sexto do CEIP SANTO ANDRÉ DE XEVE transpórtannos ao territorio do maxín. O alumnado de quinto curso homenaxeou a Neira Vilas e Anisia Miranda a partir das suas “Cantarolas”

Web/blog: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsantoandredexeve/

SANTO ANDRÉ

Os escolares de sexto curso do CEIP SAN MARTIÑO deixáronse levar abanados polo vento entre as pólas de “A árbore xenerosa”. En quinto imaxinaron un mundo novo a partir de “O home de auga” para presentarnos os habitantes dunha atípica veciñanza.

Xornal escolar: LUCEIRO

Web/blog: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsanmartino/

http://falaengalego.blogspot.com/

http://salcedoteca.blogspot.com/

SAN MARTIÑO CEIP SAN MARTIÑO

5º curso

CEIP SAN MARTIÑO

curso

Novas especies zoolóxico-domésticas presentáronse nos traballos de sexto curso do CEIP DE VILAVERDE-MOURENTE. A partir do libro “Imaxina animais”, tamén nos retan cun lote de adiviñas metafóricas. Coas “Cantarolas” de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, o alumnado de quinto curso elaborou un fermoso poemario.

Xornal escolar: ANUARIO

Web/blog: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdevilaverde/ http://www.mascotilandiavilaverde.blogspot.com.es/

VILAVERDECEIP

VILAVERDE

6º Bcurso

CEIPVILAVERDE

6º Acurso

No recuncho sur de Pontevedra agromaron textos que nos remiten a unha enigmática historia: “O home de auga”. Xa non está só porque nestas aulas buscáronlle amigos con estrañas cualidades.

Xornal escolar: ALOUMIÑOS Web/blog: http://www.edu.xunta.es/centros/ceippontesampaio/

CEIP PONTESAMPAIO

6ºcurso

CEIP PONTESAMPAIO

5ºcurso

PONTESAMPAIO

En sexto curso do CEIP SAN BIEITO DE LÉREZ asomáronse ás ilustracións de Xosé Cobas en “Cadros dunha exposición” para coñecer uns personaxes moi pintorescos. Na aula de quinto viaxaron con “O home de auga” para descubrir personaxes de chumbo, de ouro, de marfil...

Xornal escolar: BARRIGA VERDE Web/blog: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsanbenitodelerez/

http://www.blogoteca.com/ceiplerez/

SAN BIEITO

CEIP SAN BIEITO

6ºcurso

CEIP SAN BIEITO

5ºcurso

No CEIP PARADA CAMPAÑÓ construíron unha nova realidade onde a visión dos animais faise patente. A partir da obra de Gonzalo Moure “Son un cabalo”, achegámonos ao sentir doutras criaturas próximas aos humanos.

Web/blog: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipparadacampano/

http://www.blogoteca.com/recanto_infantil/index.php

http://rufiteca.blogspot.com.es/

CEIPCAMPAÑÓ

5º/6ºcursos

CAMPAÑÓ

CEIPSANTO ANDRÉ

6ºcurso

CEIPSANTO ANDRÉ

5ºcurso

Page 12: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

India, que tamén ía mudarse e ce-deulles os mobles para a festa. Aofinal a festa foi impresionante.

Lucía Dios Carballo, 6ºA(CEIP A Xunqueira II)

AS CATRO PARTES DO DÍA:A NOITE E O CLARO DE LÚA

Nun xoves coma calquera outro,nubrado, escuro e de marea tran-quila, Breogán iría á guerra a Milán.Máis de cen familias preocupadaspolos seus pais e maridos agardabanno porto para que chegaran os bar-cos que os collerían para iren a Romae despois a Milán. Breogán e a súamuller Sabela vivían en Lalín e nontiñan fillos. Sabela tiña máis medoque ningunha outra persoa: quedaríasoa e non tería o seu marido axu-dándoa. Aos tres meses sen o seumarido ocorréuselle unha idea bri-llante que lle cambiou a vida. Abriríaun restaurante! Todos lle dicían queera a mellor cociñeira de Lalín. Le-vaba moito tempo sen ver o seu ma-rido. E se lle pasara algo! Cinco díaspasou Sabela buscando o nomeaxeitado para o seu restaurante.Chamaríalle “O fogar de Breogán”para que, se o seu marido volvía sane salvo, se sentira orgulloso. E aofinal... Breogán volverá?

Sofía Rivas Cancela, 5ºB(CEIP Álvarez Limeses)

MULLERES DE ALXER

Un día, na afastada India, Cristinamercou un pazo nunha cidade cha-mada Pompat. Cristina era unhacampesiña que, un día, non se sabemoi ben como, atopou un cofrecheo de moedas. Cando entrou nopazo, este estaba baleiro, entón de-cidiu convidar as súas amigas Cle-mente, Ana e Lola. Cando chegaronsorprendéronse igual que Cristina.Non había ningún moble. Entónforon mercar alfombras e coxíns,porque son baratos e serven paramerendar. Despois mercaron teaspara facérense novas prendas, por-que viñan do campo e estaban moisucias. Tamén querían cambiar unpouco de estilo. Antes de levar asteas a unha modista, comeron detodo: froitos secos, froita e taménlarpeiradas. Cando remataron colle-ron o tren e foron xunta a modista.Era negra e chamábase Fica. Fíxosemoi amiga delas. Cando os vestidos,camisas e pantalóns xa estaban fei-tos, Fica foi á casa de Cristina e a elae ás súas amigas encantáronlles.Foron cambiarse ao momento. Esta-ban tan felices que celebraron unhafesta. Convidaron a todos os habi-tantes de Pompat. Ao final tiveronunha sorte moi grande, regaláronllesmobles e roupa nova! Preguntaré-desvos quen foi. Pois foi un rei da

normalidade todo. Os reis fixeronunha beberaxe coa que curaron aspersoas e liberaron a arpa de Xoánda maxia. Pronunciaron unhas pa-labras e todo volveu á normalidade.

Natalia Solla Prado, 6ºB(CEIP A Xunqueira II)

O EMPADROAMENTO DE BELÉN

-Chegou o inverno! –berrou Belénemocionada. Belén adoraba o in-verno. A neve, o lago conxelado... Elanon podía gozar de todo iso porquetiña que traballar na ferrería dos seuspais pero, ás veces, a súa nai deixabaque fose patinar ao lago conxeladocos seus amigos. Un frío día de in-verno, os pais de Belén mandaron asúa filla a que quitara a neve do ca-miño cara á súa casa. Pero Belén nonvarreu o camiño, escapou a xogar naneve porque non quería traballar.Cando a súa nai foi dicirlle que xapodía deixar de varrer e ir xogar, nonviu a súa filla. Enfadouse tanto que asúa cara púxose vermella coma un to-mate. Belén estaba patinando pololago conxelado cando caeu na augae empapouse da cabeza aos pés. E así,a filla volveu traballar cos seus pais equedou castigada todo o inverno.

Paula Fernández, 5ºA(CEIP Álvarez Limeses)

A historia da arte e algún dos seus cadros máis sobranceiros son o escenario no que transcorrenos relatos dun obradoiro deseñado a partir da visita imaxinaria aos principais museos do mundo.

CADROS CONTADOS

Nº 8 · XUÑO 2016 · PÁX. 12

Reprodución do cadro Habitación de Arlés de Van Gogh no libro Mirar a pintura

«Pintura e literatura para ver e ler dende as aulas»

O CUARTO DE VAN GOGH EN ARLESCarlos é un neno de poucos anos aoque lle gusta a pintura. A casa deCarlos está nunha aldeíña de Galicia.O seu pai, que o quería moito, mo-rreu nun día de verán xogando conCarlos. Nese momento, Carlos bo-touse a chorar ao lado del e, dendeese momento, sempre leva unha fotosúa no peto. Pola noite debúxao nuncadro no que leva traballando dendeque morrera. O neno quería estarmáis con el. A sua nai, Carme, bótaode menos. O día que Carlos rematouo cadro chamou a toda a familia econvidounos á súa casa para queviran o cadro e para lembrar a Antón,o seu pai. Aquela noite Carlos pa-souna mirando o cadro do seu paimentres oía como choraba a súa nai.

Gabriel Fontenla Acevedo, 5ºA(CEIP Álvarez Limeses)

O CANTAR DOS CANTARES

Era unha vez a Terra. Xoán era undos seus habitantes, pero el sentíasedistinto. Todos os días levantábaseda cama para ir á praza. Así se ga-ñaba a vida, tocando a arpa. Nongañaba moito, pero o suficiente paravivir. Pero el estaba encantado coseu oficio e non lle importaba. Undía levantouse, almorzou e foi caraá praza. Cando chegou, sentou nochan e comezou a tocar. A súa mú-sica soaba suave e melodiosa... e desúpeto, escoitou un ruído, pero nonlle fixo moito caso. A segunda vezque soou asustouse un chisco, pa-saba algo raro. Cando se deu deconta había unha morea de persoas.Xoán non o entendía. Volveu tocare, no ceo, apareceron moitos seresmáxicos. Xoán xa o entendera. Todosos seres máxicos e as persoas foranatraídas pola súa arpa. Xoán decidiuescapar. Pero, cando se achegou aunha persoa, viu que non era tal,que era unha estatua. Todos eranestatuas. Xoán meteuse entre as es-tatuas pero chegou a un punto noque non collía. Empezou a chorar,sentiu que era a súa fin cando, noceo, apareceron un rei e unha raíñavoadores. Foron cara a Xoán e dixé-ronlle que non chorase, que eles le-varían a todos os seres máxicos evolverían converter as estatuas enpersoas, pero necesitaban axuda.Xoán accedeu a axudalos e ideou unplan. Cando se puxeron de acordoforon a unha tenda e mercaronunha rede coa que atrapar os seresmáxicos. Os reis ían marchar candoXoán lles pediu que devolveran á

Page 13: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

zul entrou no cadro para axudar omendigo, que caera ao intentar co-ller o diñeiro. O mendigo sentou eempezou a chorar porque o diñeiroera para comprar comida e agoranon tiña nada. Así que Ocazul, paraaxudalo, foi buscar o home rico.Buscou por todas as esquinas peronon o atopou. De súpeto, oíu comouns contedores caían ao chan. Oca-zul supuxo que era o home ago-chándose, correu cara alí e o home

comezou a correr. Ocazul tiña aspatas moi curtas e o home rico eramoi rápido, así que púxose a voar.Viu que alí preto había un porto,entón colleu unha rede co peteiro,voou tan rápido que chegou ataonde estaba o home e, xusto candoestaba debaixo del, soltou a rede eatrapou o home. Ocazul colleu o di-ñeiro que roubara e devolveullo aomendigo. O mendigo estaba moicontento e Ocazul tamén, por teloaxudado. Saíu do cadro e deu avolta para volver mirar o mendigo,pero o cadro volvera á normalidade.Era un misterio.

Almudena Graña Amoedo, 6ºA(CEIP Froebel)

Unha gansa chamada Ocazul cami-ñaba por aquel bosque do cadro.Non sabe como, entrou nel. Ela nonsabía que facía alí. Despois de moitodarlle voltas a aquela situación, tiñamedo e sono. O sol estaba a ago-charse detrás das montañas. Empezou a andar ata un castelo vello.Ao entrar pola porta buscou unhacama onde durmir. Subiu as escaleirase deitouse a durmir. Ao pouco escoi-tou a porta principal. Ocazul ago-chouse debaixo da cama. Abriuse aporta do cuarto e sentiu como alguén

se deitaba na cama. Ela, con moitomedo, quedou durmida. Ao acordar,atopábase enriba da cama con outrapersoa. Ergueuse alterada e, con moitomedo, presentouse:-Ola, chámome Ocazul. -Ola, chámome María. –Dixo a per-soa que tiña ao lado.-Que fas aquí? –Preguntou a gansa.-Veño sempre aquí. E ti? -Estaba no museo pero non seicomo cheguei ata aquí!-Vén comigo. Eu levareite.E ao abrir os ollos, estaba no museo soa.

Sheila Sobral Franco, 6º(CEIP San Bieito de Lérez)

Había unha vez unha oca chamadaOcazul que saíu de paseo coas súasirmáns ao museo de San Peters-burgo, onde lle chamou moito aatención un cadro moi escuro e in-teresante. O museo era especial, poispodías meterte nos cadros e explorartodo o que quixeras. Alí atopousecunha sombra que a axudou a per-correlo todo, pois era nova e levabatoda a vida alí. Era moi simpática etiña unha voz moi rara e única quea facía rir. Foron á casa de Ramonciodos Montes Maximus, que lle ofre-ceu un té e unhas pastas. -Que é o que te trae polas catacum-bas?- Dixo Ramoncio.-Catacumbas!- Respondeu Ocazul.-Isto só é un cadro.-Non pode ser, eu levo toda a miña vidaaquí. Nunca saín.- Dixo Ramoncio.-Eu axudareiche a saír, pero ti acambio tes que me axudar a atoparas miñas irmás. Case se me esquececon tanta parola!-Trato feito!- Dixo Ramoncio.Os dous comezaron a procurar pola

saída, pois Ocazul non se acordabapor onde entrara. Ao cabo encontrá-rona e, por casualidade, pasaban poralí as irmás de Ocazul. Ramoncio ex-plorou todo o museo e encantoulleo que viu. Estaba anoitecendo eOcazul e as súas irmás dirixíronse ásaída do museo cando decidironlevar a Ramoncio con elas. Todosxuntiños na casa pasárono moi ben!

Ainhoa Zapata Mafla, 6ºB(CEIP Froebel)

Había unha vez unha oca chamadaOcazul. Un día decidiu explorar polomuseo de San Petersburgo. Candochegou ao primeiro corredor reco-rreuno enteiro, fixándose en cadarecuncho de cada cadro, pero nonhoubo ningún que lle chamara aatención. Subiu escaleiras ata o se-gundo e, nada máis entrar, a súa mi-rada cravouse nun cadro. Eran unhaespecie de catacumbas ou un cemi-terio. A Ocazul transmitíalle medo,misterio, escuridade, aventura e tris-tura. Achegouse rapidamente, eaínda que os cadros non se podíantocar, sentiu a necesidade de tocalo.Rapidamente deuse de conta de quea súa man estaba a atravesalo e, sendubidalo, dun chimpo meteuse nocadro. Encontrábase no cadro. Es-taba todo moi escuro e decidiuacender unha lámpada que tiñapreto. Moito mellor. Agora queríaexplorar. Seguiu camiñando e candochegou ao primeiro arco viu quenon podía avanzar máis; o cadronon tiña máis profundidade. Levouunha boa decepción. Entón saíu moitriste. Mirou o reloxo para ver cantotempo lle quedaba e... xa eran asnove menos dez, tiña dez minutospara chegar á súa casa. Saíu co-rrendo e prometeuse a si mesma quetarde ou cedo volvería.

Irene García Pérez, 6ºA(CEIP Froebel)

Había unha vez unha oca chamadaOcazul. Un día quixo ir dar un paseopola cidade de San Petersburgo. Ca-miñando, fixouse nun edificio moiantigo. A súa curiosidade chamounaa entrar. Cando atravesou a portapensaba que era unha casa pero,polos cadros e os letreiros, deuse deconta de que era o museo. Foi atodos os andares, pero ningún cadrofacía que lle prestara atención. Xapensaba que os vira todos, perohabía un cadro agochado na escuri-dade. Achegouse e viu un trasno in-tentando saír do cadro. Asustada,entrou no cadro para atrapalo e le-valo xunto dun amigo dela que eracientífico. Estivo un rato camiñandocando viu un bosque moi denso e,detrás dunha árbore, estaba otrasno. Asustado, saíu correndo aocorazón do bosque e a oca perse-guiuno. Despois de trinta minutoscamiñando deuse de conta de queestaba perdida. No seu empeño enintentar saír, entraba máis no bos-que. E alí quedou Ocazul, dentrodun bosque imaxinario que estabadentro dun cadro que estaba dentrodo Museo de San Petersburgo.

Ocazul estaba a mirar un cadro dedous polacos. O máis pequeno eraun mendigo que estaba a pedir narúa. De súpeto viu que o home ricoempezara a miralo. Ocazul tiñamedo e non sabía que facer, se botara correr ou quedar a ver o que pa-saba. De súpeto o home rico andivocara ao cadro do mendigo e quitou-lle o pouco diñeiro que conseguira.Ocazul empezou a berrar pero elsaíu correndo pola rúa adiante. Oca-

Nº 8 · XUÑO 2016 · PÁX. 13

A protagonista de «Cadros dunha exposición» guía os lectores pola música de Mussorgsky,ilustrada por Xosé Cobas. Cada peza atesoura unha historia que os escolares do CEIPFroebel reconstrúen con esmero. Arte e letras para empaparnos de creación cultural.

LENZOS QUE TOMAN VIDA

«Ocazul, abraiada ante a grandiosidade do Museo de San Petersburgo»

Miguel Pérez Longa, 6ºB(CEIP Froebel)

Ilustracións de Xosé Cobas do libro Cadros dunha exposición

Page 14: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

Nº 8 · XUÑO 2016 · PÁX. 14

XOANIÑA ANDEIRA

O LORO

Na casa teño un lorotan desperto e pillabán

que quere cantar nun coro.

Cando quere tamén fala,conta contos os que queirase non para, nunca cala!

É gris, verde e amarelo,sempre soña moi despertoporque quere ser modelo.

Polas noites toma tilacanso do día enteiro

e por fin queda sen pila.

María Martínez Barros, 5ºB(CEIP de Vilaverde-Mourente)

O PAXARO

O paxaro suca os ceosmirando as paisaxes verdesde herba e de flores cheos.

Vai de aquí para acoláledo, voando e cantandosobre o Macizo Catalá.

Tiña fame e morriñapensando na súa familia,voando cara á casiña.

O paxaro namoroue coa mociña queridaunha familia formou.

Paula Núñez Garido, 5ºB(CEIP de Vilaverde-Mourente)

O PORCO MANUEL

O meu porco é Manuelencántalle pasear

en sitios como o Caurel.

O outro día escapoue saín búscalo pero,

sabedes quen o atopou?

O seu amigo Manoliño,que é outro porquiño

e ten un fillo moi riquiño.

Máis tarde foron a Marínsubiron nas randeeirase ao rematar un festín!

Nuria Rocha Sartier, 5ºB(CEIP de Vilaverde-Mourente)

O GATO

Aquel gato bonito e peludoque marchaba camiño de Xeve

levaba con el un amigofacendo camiño máis leve.

Xogando, cantando, bailando,e mirando toda a paisaxechegaron pronto ao destinolevando moi pouca equipaxe.

Por fin chegaron a Xeve,que lugar tan bonito!

Atoparon un novo fogarcantando, bailando e rindo.

Fani, 5º(CEIP Santo André de Xeve)

O XABARÍN

Coñecín un xabarínque estaba moi aburridode non saír de Marín.

Así que pensou viaxar,sen pensalo dúas veces

partíu nun barco a navegar.

De Marín foi a Combarroe alí viu unha porca

que estaba chea de barro.

A porca quería viaxare ámbolos dous xuntiñospuxéronse a camiñar.

Diego Couto Fernández, 5ºB(CEIP de Vilaverde-Mourente)

O PASEO DO LOBO

O lobo foi á Coruña,pero nada máis chegar

parou a mercar no Acuña.

A viaxe non foi curtaque vivía en San Cibráne foi por moi boa ruta.

En Ferrol foi a un hotelque era de cinco estrelase comeu un rico pastel.

Foi visitar a Domuse máis tarde a Riazore alí xogou ao mus.

Hector Pousa Martín, 5ºB(CEIP de Vilaverde-Mourente)

A FORMIGA NO SALGUEIRAL

A formiga no Salgueiralfai a súa casa de follas

e colle as mellores que hai.

Aparece un can moi tolorómpelle a casa á formigae as follas quedan no solo.

Aquela desesperadanon quixo facer outra

porque quedara cansada.

Elías Fahmi Alboufaris, 5ºB(CEIP de Vilaverde-Mourente)

A FORMIGA VIAXEIRA

Unha formiga viaxeiraembarcou nunha gran folla,

partiu un día calquera.

Foi de viaxe ao Caurel,para comprar unha mantiña

e un fermoso pincel.

Viviu longa a travesíavendo fermosas paisaxese pensou que volvería.

Na fin daquela viaxechegou ata Pontevedrarecibindo unha mensaxe.

E tamén moitos saúdos,da familia, moi contenta,e brincaron todos xuntos.

Gabriel Calviño, 5ºA(CEIP de Vilaverde-Mourente)

Bolboreta, onde vas?Pola beiriña do mara buscar a boa paz.

Abella, onde vas?A facer mel á colmeapara a raíña alimentar.

Ollomol, onde vas?A un recuncho escondidocos meus amigos a xogar.

Canciño, onde vas?A comprar un xoguetiñopara xogar co meu irmán.

Camelo, onde vas?A pasear polo deserto e despois a descansar.

Tartaruga, onde vas?camiñando lentamentee nese estanque nadar.

Tartaruga, onde estás?Estou na miña camiñaque mañá vou festexar.

Eiruguiña, onde vas?Vou cos meus amiguiñosa comer nunhas mazás.

Xoaniña, onde vas?A xogar ao prado verdee non aburrirme máis.

Nenos e nenas, 5º(CEIP de Pontesampaio)

ONDE VAS?

Cantarolas inspiradas nos versos de Xosé Neira Vilas e de Anisia Miranda. Unha homenaxe adous grandes da literatura galega.

AMIGUIÑOS DOS VERSOS

«Os nenos do mundo todos a cantar»

Ilustración de Leandro Lamas do libro Cantarolas

www.fundacionxoseneiravilas.com/kalandraka/cantarolas.php

Page 15: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

Nº 8 · XUÑO 2016 · PÁX. 15

CORRE, CORRE MEU RATIÑO

Corre corre, meu ratiño,sae do teu buratiño.

Pasea na miña fincacorre pola miña casa

non fagas ruído ningúndiante miña sempre pasa.

Lévame á túa Veigapasando diante do teixoe ao volver á casiña

douche un pouquiño de queixo

Corre corre, meu ratiño,sae do teu buratiño.

Ángel Barral Pérez, 5º(CEIP de Pontesampaio)

CORRE, CORRE MEU RATIÑO

Corre, corre, que te pillocorre rato que te cazan.

Come queixo meu ratiñocome, come, meu lambón,e logo vai para a casa,

descansa, meu comellón.

Vén esfuracar no montevén correr polo camiñovén subir polo Piñeirocorre comigo, ratiño.

Corre, corre, que te pillocorre rato que te cazan.

Hugo Muíños Requera, 5º(CEIP de Pontesampaio)

CORRE, CORRE MEU LABRADOR

Corre, corre, meu labrador,corre corre, meu canciño.

Vai polo xardín da casae galopa polo montecorre polo noso barrioe se podes pola ponte.

Camiña pola ribeira,lévame ao castiñeiro,baila xunto ao carballolévame polo Piñeiro.

Corre, corre, meu labrador,corre corre, meu canciño.

Iker Lorenzo Castellano, 5º(CEIP de Pontesampaio)

CORRE, CORRE MEU CANCIÑO

Corre, corre, meu canciño,salta salta, que bonito.

Corre, xoga moi felizno xardín co meu balón.Meu canciño, que veloz,xoga noso campeón!

Vai buscar o teu xoguete,baila comigo, canciño,déixame acariñarte

que quero xa o teu bico.

Corre, corre, meu canciño,salta salta, que bonito.

Mikaela Rodríguez Bouzón, 5º(CEIP de Pontesampaio)

LADRA, LADRA MEU CANCIÑO

Ladra, ladra, meu canciño,ladra, ladra, que che morde.

Vixía a miña casa,que non pase ningún gato

estate así catro díasno meu xardín agochado.

Canciño tráeme gatiñospara eu poder miañaranque pareza mentiranon pararei de cantar.

Ladra, ladra, meu canciño,ladra, ladra, que che morde.

Uxía Brito Iglesias, 5º(CEIP de Pontesampaio)

BUSCA, BUSCA MEU CANCIÑO

Busca canciño na rúa,busca tamén pola Praia.

Canciño vai pola beirapola beira do gran ríomira por alí no colee non te fagas un lío.

Corre canciño na beirabusca, busca o ladrón,volve mirar no peiraoe mórdelle no calzón.

Busca canciño na rúa,busca tamén pola Praia.

Raúl Rosales Boullosa, 5º(CEIP de Pontesampaio)

VOA, VOA MIÑA POMBA

Voa, voa, miña pombaanda, anda pola rúa.

Pousada nas vellas árborestellados nas casa altas,pousa na farola verde

que está no medio da praza.

Tráeme a túa mensaxeque quero lela hoxe,

esa carta co meu nomepolo aire vén de lonxe.

Voa, Voa, miña pombaanda, anda pola rúa.

Anxo Carrera Rodiño, 5º(CEIP de Pontesampaio)

VOA, VOA BOLBORETA

Voa, voa, bolboreta,colle pole polas flores.

Sobe outeiros e xardíns,voa prados e montañas,

bosques, fragas, arboredas,voa por bosques e brañas.

Lévame voar contigomoi preto do piñeiral

e podemos xogar xuntosnun lugar moi especial.

Voa, voa, bolboreta,colle pole polas flores.

Irene Fernández Crespo, 5º(CEIP de Pontesampaio)

SOÑEI CUN...

Soñei cunha bolboretade mil cores, voadora,que tocaba o clarineteaventureira e soñadora.

Aventureira e soñadoracamiñou por ríos miltocaba o seu clarinetenavegando polo Sil.

Navegando polo Silela durmida quedou

na folliña dun carballoestaba cando espertou.

zzz

Soñei cun leopardo ferozque tocaba a frauta bencunha melodía fermosa

e un mono dándolle ao pé.

E un mono dándolle ao pémentres sentado comíaun prato moi grandede verdes xudías.

De verdes xudías, de xudías verdes,grandes e fermosasque nunca as perdes.

zzz

Soñei cun cabalo músicoque sen querer tocabade Mozart unha canción

e moi alegre soaba.

E moi alegre soabaa canción do cabalo

el cantaba tan contentomentres saltaba o valado.

Mentres saltaba o valadoun buratiño atopou

mirou para el dous segundose de súpeto esperou!

zzz

Soñei co son do frautínun cantar sempre moi ledomentres estaba durmindoe movía o meu dedo.

E movía o meu dedomovíao de arriba a abaixoao son daquela músicaeu parecía un anxo.

Eu parecía un anxo,un anxo eu parecíabailaba e bailabade noite e de día.

Nenos e nenas, 5º(CEIP Santo André de Xeve)

SOÑEI CON TUTURUTÚ CORRE, CORRE MEU CABALO

Ilustración

deLeandroLamasdo

libro

Cant

arol

asde

Kalandraka

Page 16: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

ollos e boca, dúas pernas e era baixiño. O homeaproveitou para escapar pola ventá. Saíu á rúa,pero a xente non o vía, só o podían ulir. O homede perfume comezou a sentirse moi só. Sentounun banco e, ao lado, un neno. O neno sorpren-deuse porque só el o podía ver. Por que? O nenovíao porque cría na maxia. O home de perfumedíxolle que non tivera medo, que non lle faríadano. O home sorriu, xa non se sentía tan só. Íancamiñando pola rúa e, mentres falaban, a xentesorprendíase porque pensaban que o neno estabaa falar só. O neno xa tiña outro amigo; chamoulleManolo, como o seu avó. O neno chamábasePedro, como o seu bisavó. Eles sempre xogabanxuntos. Toda a xente pensaba que o neno toleara,pero Pedro non facía caso da xente porque era oseu amigo, por moi distinto que fose. As cousasnon ían cambiar. El quería moito a Manolo.

Nerea Sobral López, 6º(CEIP de Pontesampaio)

Microrrelatos

Cando comía aquela carne, sabíame a aventuras,tardes no río... a corte de Roque estaba baleira.

Sofía Filgueira, Raquel Castro e Irene Morgade, 6º(CEIP Santo André de Xeve)

Nun solpor apareceu un pegaso sucando o ceo eun anxo coa súa trompeta. O ceo estaba bonito.

Diego Búa Aboal, 6ºA(CEIP A Xunqueira II)

O can levaba tempo agardando polo seu dono. Eseguía a agardar, pero... non apareceu ninguén.

Raquel Castro, 6º(CEIP Santo André de Xeve)

O seu soño era voar. Cando o conseguiu,comprendeu que non o necesitaba. O queandaba a buscar sempre o tivera alí abaixo,na terra, na casa, no seu mar.

Nicolás, 6º(CEIP Santo André de Xeve)

O coello conseguiu facer un tobo el só. Tardoumoito tempo. Cando o conseguiu, a alegríaapoderouse del. Cando volveu de coller comida,o seu tobo fora derrubado pola chuvia. O coellovolveu coa cabeza baixa á casa dos seus pais.

Alicia Quintillán Argibay, 6º(CEIP Santo André de Xeve)

O leñador, pola mañá, acordou entre dinosau-ros, cousa que non agardaba... Aprendeu quehai que traballar a pesar das circunstancias.

Ricardo, 6º(CEIP Santo André de Xeve)

O raposo marchara por un premio que lle deran edeixou a súa muller. Tres meses despois, deuse deconta de que os cartos non daban a felicidade.

Iria Fariña González, 6º(CEIP Santo André de Xeve)

A tele enfermara aquela semana. María es-taba frustrada. Sen a tele, por fin era libre.

Raquel e Irene, 6º(CEIP Santo André de Xeve)

Cando chegou, descubriu que a súa mellorviaxe sempre estivera nela!

Alicia Quintillán, Iria Fariña, Alba Begines e Carla Otero, 6º

(CEIP Santo André de Xeve)

Un pescador atopou moito ouro e puxérasefeliz. O tellado novo baixou polo río!

Nicolás Filgueira, Jorge Martínez e Cristina Buceta, 6º(CEIP Santo André de Xeve)

Naceu o elefante. Todo o mundo ría del. Apenastiña trompa. Sentiuse inferior, desgustado.

Sofía Filgueira, Gómez, 6º(CEIP Santo André de Xeve)

Unha chaqueta quería ser un sofá. O que ela nonsabía era que ían sentar nela. Sentiuse abatida.

Jorge, Nicolás e Cristina, 6º(CEIP Santo André de Xeve)

Nº 8 · XUÑO 2016 · PÁX. 16

Homes de mazapán, de folla de lata ou de manteiga forman parte da nosatradición literaria. Por que non imaxinar personaxes de calquera outro mate-rial? Trala lectura de «O home de auga», os nenos e nenas de San Martiño,Lérez e Ponte Sampaio achégannos as súas orixinais creacións.

CONVIVENCIA NA DIFERENZA

«Non é fácil a vida dun home tan singular»

O HOME DE AZUCRE

Era unha noite escura de lúa crecente nun su-permercado galego dunha fermosa cidade cha-mada Vigo. Mentres estaban a repoñer osestantes, caeu un paquete de azucre. Ninguén sedecatou. A partir de aí naceu un home doce. Ohome de azucre. A tenda xa pechara e non sabíapor onde saír. Atopou unhas formiguiñas paraque cada unha levase unha pequena parte do seucorpo para axudalo. Cando amenceu, o home deazucre decidiu ir á fabrica de azucre para tentarfacer algún amigo. Cando o viron tiñan medo deque lles fixeran dano, así que botáronno fóra e,de tan triste que estaba, decidiu pórse ao sol paraasí quedar para sempre, petrificado.

Ainoa Gándara Casal, 6º(CEIP de Pontesampaio)

O HOME DE XIZ

Nunha pequena aldea non moi lonxe de aquí,había unha escola con catrocentos nenos enenas. O mestre de quinto curso era científico ecada día inventaba novas cousas e novos méto-dos de aprendizaxe. Un día, o científico colleuxiz e exclamou:-Poderíase crear un home forte, listo e amablecon xiz?A inspiración veulle á cabeza! Foi correndo ao seulaboratorio, que estaba situado preto do colexio,e mesturou unhas pocións e outras, botou taménun saco cheo de xiz. Por fin acabara o experi-mento. Da cunca sacou unha masa coma a do bis-coito, só que de cor branca. O mestre empezounaa amasar e, finalmente, quedou coa forma dunhome e dixo:-Chamarase Xizo e axudará os pobres. Será a di-versión dos nenos e obedecerame.Pasaron os anos e Xizo medrou e foi á escola. Erafeliz. Un día, o científico enfermou e Xizo coi-douno ata que chegou o día no que, desafortu-nadamente, morreu. Xizo, tan triste, non saía dacasa. Un día unha muller agarrouno da man e elpreguntou: -Ti que es?Ela explicoulle que era a súa curmá. E xuntos co-rreron ata o sol.

Raquel X., 6º(CEIP San Bieito de Lérez)

O HOME DE PERFUME

Unha mañá soleada, unha nena acordou. Tiña co-lexio, así que vestiuse e foi ao baño. Peiteouse,botou o seu perfume que recendía a rosas, e mar-chou ao colexio. O perfume recendía por toda acasa, así que a nai abriu as ventás. De súpeto apa-receu un home de cor rosa, coma o perfume. Tiña

http://vimeo.com/66372995

Page 17: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

luz... esa aldea estaba apagada. Pouco despois osol volveu e o home xa sabía por que esa aldeaestaba tan apagada: porque a luz do sol non ilu-minaba o lugar, a xente cría que era de noite enon saía ás rúas. O home de pétalos púxosediante da luz do sol, a brillar; tanto, que a luz dosol reflectíase cara á aldea. Os veciños déronlle asgrazas por devolverlles a luz.

Alejandro Prado López, 6º(CEIP San Martiño de Salcedo)

O HOME DE PÉTALOS

Un día, nun campo de flores, só unha era máisbonita: un xirasol. Lucía coma o ouro, tiña perlasao seu arredor e o seu talo parecía de esmeralda.Pero un día o sol desapareceu e deixou de lucir.Despois veu un forte vento e o xirasol perdeu ospétalos, caéronlle ao chan e xuntáronse formandounha figura humana feita cos pétalos. Ao cabodunhas horas o home atopou unha aldea. O homede pétalos notou que lle faltaba chispa, alegría,

O HOME DE ACUARELA

Un día, nunha casa da China que estaba abando-nada no medio do bosque, había un bote de pin-tura acuarelable da última vez que pintaran uncadro. O bote quedou aberto por un lado e undía que choveu moito caeron unhas pingas dentroda pintura e, pouco a pouco, foise formando a fi-gura dun home. O home saíu da casa e foi cami-ñando sen saber a onde nin onde estaba. Unhahora despois atopou a cidade. As persoas pensa-ron que era un monstro e saíron correndo dassúas casas. Un día despois, a xente saíu e descu-briron un camiño de cor. Decidiron seguilo. Aofinal do camiño atoparon un cadro que tiña pin-tada a cidade onde vivían. Todos reflexionaron epensaron en darlle outra oportunidade a aquelhome. Entón, todos viviron felices.

Sonia Abelleira Fentanes, 5º(CEIP San Bieito de Lérez)

O HOME DE PLÁSTICO

Un día, un neno da India colleu unha botella deplástico. Con aquela botella creou un boneco. Pa-saron os días e aquel boneco cobrou vida. A todoo mundo lle daba moito medo, xa que era unhacousa que nunca se vira. Pero a aquel neno non llecausaba o máis mínimo temor. Un día, o bonecosoubo que o neno se fora a un orfanato e que elnon podía ir. Pasaron os anos e aquel boneco me-drou ata converterse no “home de plástico”. Unhatarde de abril, na festa india da primavera, decidiusaír da casa á rúa. Toda a xente o miraba con malacara. Pasaron os minutos e o home sentiuse mal edesmaiouse. Ao día seguinte, espertou nunha casa.Ao seu carón estaban unha muller e unha nena. Amuller, preocupada, preguntoulle:-Estás ben? -Si. –Contestou o home.Aquel home atopou un sitio onde era feliz.

Selena Rodríguez González, 6º(CEIP San Martiño de Salcedo)

O HOME DE NEVE

Nunha vila moi afastada chamada Vila Robledovivía un neno chamado Adrián. Era alto, albinoe moi pálido. Era moi divertido, simpático, aíndaque un pouco traste. Xa chegara o inverno e co-mezara a nevar. Adrián estaba xogando cos seusamigos e cando se estaba a tirar coa zorra, caeue, comeu moita neve. Comeu tanta que comezoua ter moito frío. Adrián marchou para casa. Pa-seaba pola vila pero, ao saudar a xente, ninguéncontestaba. Cando o vían, todos fuxían. Ao che-gar á casa botouse no sofá e durmiu unha hora.Cando acordou, o sofá e as mantas estaban em-papadas e o seu corpo xa non tiña frío. Foi aobaño e mirouse no espello. Do susto que lle deucando se viu tirou a cortina da ducha. Era unhome de neve!De súpeto apareceu a súa amiga Nina. –Nina,non te asustes, pero son un boneco de neve,–dixo Adrián. –Non pode ser! Imos á curan-deira, –respondeu Nina. Cando chegaron á cu-randeira díxolle que non tiña cura, que a xentetería que acostumarse. Ao saír, Adrián dixo –Euson Adrián e non vos quero facer dano. Sóquero xogar cos nenos desta aldea. Serei boapersoa e non serei un traste. Perdoádeme!De súpeto, unhas estreliñas arrodearon o corpoe converteuse nun neno normal. Dende entónAdrián cumpriu a súa promesa e foi moi feliz.

Abril Alves Santos, 6º(CEIP de Pontesampaio)

O HOME DE LUME

Un día, a principios do verán, un home deixou asúa roupa no tendal. Ía moita calor e nun mo-mento, unha raiola de sol reflectiuse nun cristal,deixando así que as roupas estiveran cheas delume. Así naceu o home de lume. Sorprendido,saltou á estrada. Cruzaba polo parque e os nenosao velo saíron correndo coma se fose un fan-tasma. El seguía andando, parecía que aquela vilaestaba deserta, pero a xente estaba toda ago-chada detrás dunha casa... detrás dunha árbore...ao pouco tempo, atopou un home con elegantesroupas. Víase cansado. Na súa man levaba un ci-garro e na outra un chisqueiro. Intentaba prendero cigarro pero o chisqueiro non funcionaba. Ohome de lume achegou o seu dedo, tamén cheode lume, ao cigarro. O home ao principio tiña unpouco de medo pero, ao final, decidiuse e deixouachegar o cigarro a aquel dedo, e ao momento,empezou a arderlle a punta. O home de lumemarchou mentres que o outro seguía a miralosorprendido. Estaba preto dunha fonte de cristalonde os nenos bebían. El quixo beber tamén,pero a fonte secou coa súa presenza. Os nenosmiraban enfadados e tristes. Ninguén o quería.Pronto se fixo de noite. A rúa estaba escura, osfarois apagados pero, por onde el andaba, a rúailuminábase. Viu a un grupo de persoas con rou-pas rotas e caras sucias. Estaban arredor duns bi-dóns de aceite, intentando prender lume. Unhome dos que estaban alí, ao velo, foi correndoonda el. Fora a única persoa que non lle tiñamedo. O home de lume, entusiasmado, foi an-dando ata o bidón e meteuse para así poder axu-dalos a quentarse.

Marta Alonso Montoto, 6º(CEIP de Pontesampaio)

Nº 8 · XUÑO 2016 · PÁX. 17

Ilustración de Gabriel Pacheco do libro O home de auga

Page 18: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

Experimento 2: Na procura da luz (fototropismo)

Despois de poñer en remollo un grupo de sementesde faba, preparouse unha caixa de cartón con tres compar-timentos: nos dous laterais puxeron un obstáculo cun bu-rato en cada un, mentres que no espazo central non se puxoningún.

Resultado:Nos días sucesivos observaron a dirección na que medrabanas plantas: as dúas plantas do compartimento esquerdo co-mezaron crecendo cara á dereita “para superar o primeiroobstáculo e despois cambiaron de dirección e creceron cara áesquerda en dirección ao burato do segundo obstáculo e aooco da saída da caixa”; as dúas plantas do compartimentocentral creceron sempre cara arriba “porque a luz entrabapola parte superior e non había obstáculos”; as dúas plantasdo compartimento dereito comezaron crecendo cara á es-querda “para superar o primeiro obstáculo e despois cambia-ron de dirección e creceron cara á dereita en dirección aoburato do segundo obstáculo e ao oco de saída da caixa”. Istopermitiulles reflexionar sobre a capacidade das plantas paradetectar a luz e medrar cara a ela “porque a necesitan parapoder realizar a fotosíntese e fabricar o seu alimento”.

Nº 8 · XUÑO 2016 · PÁX. 18

A III Feira da Miniciencia reuniu na Escola de Enxeñería Forestal a máis de 300 escolares que participaron nos obra-doiros de formación no método científico e, canda eles, as familias que se sumaron a esta iniciativa do Concello dePontevedra e da Universidade de Vigo, financiada parcialmente pola “Fundación Española para la Ciencia y la Tec-nología”. Porque Pontenciencia achéganos á ciencia dende a proximidade, invítanos a experimentar e contribúe aseguir educando fóra das aulas.

PONTENCIENCIA

«Plantas en movemento na procura da luz e da terra»

Experimento 1: Sementes zip (gravitropismo)

Despois de poñer a remollo unha ducia de sementes defaba, repartíronas en catro bolsas plásticas de peche herméticonas que previamente introduciran toallas de papel absorbentehumedecidas con auga: na primeira bolsa as sementes tiñan ofío cara arriba; na segunda cara abaixo; na terceira miraba áesquerda; e na cuarta, á dereita. Pechadas as bolsas, rotulá-ronse con frechas indicando a dirección das sementes e, por

último, pegáronse sobrecartolinas nas que se mar-cou a posición das fabas,que quedaron preto dunhafiestra. Entre os días 3º e 12ºdo experimento, observaronen que dirección crecían asraíces e anotaron os cam-bios.

Resultado:Todas as raíces empezaron medrando na dirección que

marcaba a súa frecha na bolsa. As únicas que comezaron bo-tando raíces cara abaixo foron as que se plantaron co fío nesadirección “porque esa é a zona pola que sae sempre a raíz dasplantas”. Ao cabo duns días, todas as raíces que non crecían caraabaixo cambiaron de direc-ción, cara ao centro da Terra.“As raíces das plantas soncapaces de detectar a forzada gravidade terrestre e poriso medran sempre caraabaixo, independentementeda posición na que caian assementes”, determinaron osescolares.

O medio ambiente forma parte -xunto coa saúde- dunha das áreas de traballo de Pontenciencia, que tamén abrangue, por un lado, a cidade,a contorna e o medio urbano; e por outro, a cultura e o patrimonio. Un proxecto sobre a natureza, titulado “Os sentidos das plantas”,gañou a pasada edición. Os seus artífices foron escolares de 5º curso do CEIP San Martiño.

Teñen sentidos as plantas? Poden percibir os cambios que pasan ao seu arredor? Que estímulos captan? Cara a onde medran os talos e asraíces, e por que razón? Estas foron as preguntas que se fixeron estes aprendices de científicos, partindo dunha hipótese inicial: as raícesdas plantas medran cara ao centro da Terra, e os talos crecen cara á luz. Para poñer a proba a súa teoría, desenvolveron dous experimentossobre gravitropismo e fototropismo.

Page 19: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

Nº 8 · XUÑO 2016 · PÁX. 19

BIBLIOMARCÓN, un espazo moi luminoso e amplo, é asolaina de todo o colexio; por algo a nosa mascota, o es-quío Landriña, quedou a vivir nela. Os seus recunchos estánmoi ben distribuídos, en opinión da nosa comunidade.

A meirande parte dos nenos e das nenas, nalgún mo-mento no seu paso polo cole, son ou serán responsablesda biblioteca escolar porque, ao chegar a quinto e asexto, poden presentarse como voluntarios e volunta-rias. Fan o préstamo e as devolucións no ordenador,axudan os máis pequenos, colaboran na montaxe dasdistintas exposicións… así participan na biblioteca, queé de todos e de todas.

Nela reunímonos arredor dos libros: os pais e as naisveñen contar contos, o alumnado maior dramatiza re-latos para os máis cativos e todos os cursos lense osuns aos outros na actividade “Nós lemos”.

“A onde non chega, manda recado”. As súas portasestán sempre abertas. Os libros viaxan ata as aulas e,ás veces, quedan alí a pasar unha tempada gozandocon todos os nenos e as nenas.

Todo o ano acompáñanos, mesmo no verán, co programa“Mar con libros”, co que o alumnado pode levar libros paragozar deles nas vacacións. E as persoas adultas teñen o seupropio recuncho onde poden dispoñer de libros e de revistas.

O colexio é a biblioteca, e a biblioteca é o colexio.A nosa biblioteca énchese de alegría mentres compar-timos, investigamos, aprendemos, descubrimos, lemos,inventamos, imaxinamos, creamos e soñamos. E para rematar, a opinión do alumnado sobre a bi-blioteca escolar: “A nosa biblioteca escolar é moi alegree colorida. Sácache un sorriso cada vez que entras nela”.“Gústame a biblioteca porque está en silencio”. “Gús-tame entrar na biblioteca porque nela síntome segura.Sei que se vou buscar un libro ou información, seguroque a encontrarei”.

«A nosa biblioteca énchese de alegría mentrescompartimos, investigamos, aprendemos»

A BIBLIOTECA [CEIP Marcón]

CONCLUSIÓNS:

“Os resultados amosaron que a nosahipótese era acertada”, expuxeron os artí-fices desta experiencia, “porque todas asraíces medraron cara abaixo, en direcciónao centro da Terra, e todos os talos creceronen dirección á luz salvando os diferentesobstáculos”. Entre as súas conclusións, o equipodestacou en primeiro lugar que coas inves-tigacións realizadas aprenderan a “traballaren equipo”. Tamén valoraron ter coñecidocomo se aplica o método científico paralevar a cabo novas investigacións no futuro,e empezar a manexar programas informáti-cos de procesamento de textos e de datos,ademais de aprender moito sobre as plantas. Asimesmo, tomaron nota dos falloscometidos durante o proceso, como que naúltima fase do experimento sobre fototro-pismo as plantas morreron debido ao ex-ceso de rego. Por último, suxeriron ampliar a in-vestigación cunha variante do experimentosobre gravitropismo que consistiría en in-troducir as sementes en bolsas co fío caraabaixo e, a medida que fosen medrando asraíces, xirar as bolsas 90° cada certo tempo“para comprobar se as raíces cambian dedirección e volven medrar cara abaixo”.

PONTENCIENCIA 2016:

Presentacións das investigaciónsrealizadas nas escolas, propostas didácti-cas sobre robótica ou curtametraxessobre divulgación científica conformarona sección “Ciencia no Cole”, que taménincluíu un laboratorio sonoro de músicaelectrónica, unha exposición sobre mor-cegos, obradoiros sobre ciencia e cociña,e actividades divulgativas sobre o declivedos polinizadores, a importancia das le-gumes e as propiedades da auga, entreoutras temáticas. A programación com-pletouse co apartado “Ciencia en familia”. O Cartafol do Lérez do próximocurso informará sobre o proxecto de inves-tigación gañador do Premio Pontenciencia2016 á mellor experiencia.

foron instruídos para actuar neses casos, con-tactando co colexio ou coa Policía Local.

Tendo en conta que as nais e pais -outitores/as- son o exemplo a seguir polosnenos e nenas, o proxecto apela á súa cola-boración e fai extensiva a petición a toda acomunidade escolar, para que se impliquenno cumprimento das recomendacións sobreseguridade vial.

Co Camiño Escolar, o profesoradoconta cunha importante ferramenta educa-tiva que lle permite ir formando un alum-nado máis autónomo e responsable, co quesupón na mellora da práctica formativa.

Impulsores deste proxecto, os axentesda Policía Local son un piar fundamental dosCamiños Escolares pola súa presenza nasrúas, pola súa xestión no Centro de Controldo Tráfico vixiando o correcto funciona-mento do tránsito na entrada e saída das es-colas, e pola formación que ofrecen enmateria de educación viaria.

Están adheridos a este programatodos os centros escolares do casco urbano,agás o CEP Marcos da Portela. O Camiño

Escolar de Monte Porreiro é o únicoen toda España no que a xestióndepende directamente da veci-ñanza do barrio, da AMPA e dadirección do centro educativo.No caso do CEIP A Carballeira,en Lourizán, a falta de CamiñoEscolar aplicáronse medidas decalmado do tráfico.

Unha das iniciativas que fai de Pontevedra“a cidade dos nenos” é o Camiño Escolar, unproxecto de educación viaria integral que fa-vorece que os nenos e as nenas de EducaciónPrimaria acudan á escola camiñando sen com-paña de adultos. Na súa posta en marcha im-plicáronse moitos sectores sociais: nais e pais,profesorado, asociacións de veciños, comer-ciantes, servizos municipais, voluntariado…

Ao tempo que a infancia se educa nocumprimento das normas, no respecto aomedio ou na responsabilidade, e que melloraa súa condición física, o Camiño Escolar re-dunda na consecución dunha cidade máissolidaria, cohesionada e participativa.

Cada neno e cada nena ten queaprender no seu seo familiar o camiño dendea casa á escola, e viceversa. O Concello dePontevedra proporciona asistencia para axu-darlles a cruzar as rúas nas principais intersec-cións de vías. Ao longo dos itinerarios haiestablecementos comerciais sinalados cun dis-tintivo nos que os rapaces e rapazas, en casode teren calquera problema, poden entrar pararecibir a atención queprecisen. Os responsa-bles deses locais

A CIDADE DOS NENOS

www.pontenciencia.com

Page 20: O CARTAFOL do LÉREZ  · ENTREVISTA A MARÍA SOLAR “Están tan oprimidos e esquecidos, que me pareceu bonito dedicarlles un libro”, explicou María Solar sobre o motivo para escribir

Canto tempo vos levou este proxecto?G.G.: Todo o proxecto levou dous anos. Nascousas que nos gustan e que pagan a penahai que esforzarse. Eu non vou facer as cou-sas ben á primeira. Credes que isto faise dunplumazo? Non, leva o seu tempo! Para colo-rear as dúas caras do mural da Balea tardeitres meses, pintando todos os días unhas seisou sete horas.F.F.: O labor de Germán é importantísimoporque todos os detalles que hai na Balea sondunha minuciosidade extrema. Na súa obrapictórica, el traballa con acuarela, fai debu-xos de obxectos moi pequenos, como porexemplo, un chisqueiro a tamaño real e coasletras moi pequeniñas. Esa técnica aprovei-touna para facer a balea deste libro.

Á hora de debuxar as estancias, pensa-ches en que os nenos poderían crearunha historia de cada unha?F.F.: Eu plasmei unha serie de situacións pero,se vos fixades, hai unha parte da Balea quenon se ve. É como se fixeramos un corte noobxecto e vísemos a primeira cara, pero su-poñendo que a Balea ten volume e que pordetrás hai estancias... Esa era a idea: facer unlibro no que haxa un campo aberto para ima-xinar novas situacións e novas historias.

Que consellos nos darías para sermosbos ilustradores?F.F.: Que leadesmoito.G.G.: Un empeza porler. Como farías paraescribir un libro?Pois primeiro, lendo li-bros.

Como se vos ocorreu a idea de “Balea”?F. Fernández: Aparte de ser ilustrador, taménteño obra pictórica. Hai anos fixen unha seriesobre uns robots moi grandes movidos por unmecanismo de corda. Esa serie titulouse “Tecno-loxía arcaica”, é dicir, tecnoloxia vella. Esa imaxetrasládanos ao século XIX, ao mundo de XulioVerne, que me gustaba moito cando era pe-queno. Como na miña faceta de ilustrador fagolibros infantís, dándolle voltas pensei: por quenon levar a un libro esa idea da tecnoloxía ar-caica? Entón empecei a facer bosquexos do que,nun principio, non ía ser unha balea senón unrobot con personaxes dentro. Para xogar con eseformato horizontal e rectangular, ocorréusemefacer unha especie de barco que tivera esa formade balea, tan atractiva.

En que vos inspirastes para que unhabalea mecánica fose como un transatlán-tico no que viaxan as persoas?G. González: A imaxinación dá para moito epodes facer o que queiras. Por que o subma-rino non pode ser unha balea? E que dentrodel haxa operarios traballando e vivindoaventuras? Xulio Verne ten un libro titulado“Vinte mil leguas de viaxe submarina” e esaera a idea. Quen inventou a Balea foi Fede-rico, eu só a pintei de cores, con coidadiño,sen saír das marxes do debuxo.

Foi realidade o proxecto de Balea?F.F.: Buscando baleas para inspirarme, atopeiun parque nun lugar de Finlandia no que haiunha balea moi grande, con tobogáns, onde osrapaces se poden meter por dentro. Podería fa-cerse realidade nun obxecto grande algún día.Esperemos que si.

Federico Fernández e Germán González Pintos | artistas plásticos

ENTREVISTA CADERNO DE BITÁCORA

«A idea era facer un libro no que haxa un campoaberto para imaxinar novas situacións e historias»Aparcaron os mandos da “Balea” e cambiaron por roupa cómoda os traxes amarelos que viste a tripu-lación do seu enxeño mecánico sumerxible. Federico Fernández e Germán González explicáronlles aosescolares do CEP Marcos da Portela os pormenores do artiluxio que plasmaron nun mural despregableonde non falta detalle: sala de control, cociña, horta, ximnasio, habitacións...

Fernández & González

Nº 8 · XUÑO 2016 · PÁX. 20

Balea. Caderno de Bitácora. 19 de outubro de 2015.

Saímos do porto de Marín. Os pasaxei-ros embarcan. O ceo está despexado, amarea alta e tranquila. Hai un rapazperdido que non atopa os seus paisentre tanto rebumbio. A maioría cheganen coche, ben vestidos e en familia.

Enma Arosa Mariño

Fóra, a xente está moi nerviosa e, candoentra, sorpréndense. Balea é moi grande:hai douscentos camarotes. Todas as pa-redes de dentro están empapeladas cunpapel de raias azuis e moradas.

Mª Jesús Abelleira Acevedo

Uns señores intentaron coarse sen bille-tes e tivo que vir a policía para detelos.

Carmen Area Méndez

A xente sobe por unha pasarela. Dentroobrigan a pórse unha roupa cómoda. Haiuns aperitivos por se alguén ten fame.

Xabier Gómez Feijoó

Zarpamos sen novidade cara á Patagonia.Mª Jesús Abelleira Acevedo

Balea. Caderno de Bitácora. 21 de outubro de 2015.

Vai moita calor. Os responsables do centrode mandos están moi tranquilos. Cada unatende os diferentes traballos cando saltaunha chamada desde a sala 1 que osalerta: un curtocircuíto na sala de man-dos. “Necesaria axuda urxente!”. Menosmal que todos se dispuxeron a axudarporque podería ocorrer unha desgraza.

Zoe Gómez Rodríguez

Balea. Caderno de Bitácora. 28 de outubro de 2015.

O ceo estaba moi anubrado. Ameazabaoutro día de tormenta. Na sala de má-quinas apareceu unha fenda na tubaxee comezou a entrar auga. O xefe de má-quinas mandou substituír a tubaxe da-nada pero o mecánico, que era un poucotorpe, non era quen de compoñela. Cu-riosamente, o encargado da gardería erafontaneiro e axudou a solucionar o pro-blema unha hora máis tarde.

Javier Reboredo

Balea. Caderno de Bitácora. 23 de novembro de 2015.

Un novo día de tormenta. Tivemos quebaixar ao fondo; era o máis seguro. Vi-sitamos a gardería: Alex, axudando osnenos a pasalo ben. Mandaba calar,axudaba cos debuxos; merece un as-censo! Foi un día difícil: os nenos tive-ron que vir unha hora antes porqueunhas ratas estaban a rillar os cables ea luz podía marchar na metade da clase.Decidiron ir a por elas, pero custoumoito! Tamén tivemos a orquestrapracticando á nosa beira todo o día.

André Pazo Domínguez

Balea. Caderno de Bitácora. 26 de novembro de 2015.

Vai sol e puidemos ir pola superficie. Nasala de música vimos a varios pasaxeirostocando a guitarra, o tambor, cantando...algúns desafinaban un pouco. Prepara-ban unha canción para toda a pasaxe,pero tiñan que ensaiar un pouco máis. Ogrupo chámase Pink Power. Á garderíamolestáballe o ruído, entón pedinlles quebaixaran un pouco o volume, pero elesnon facían caso! Fun avisando do con-certo pola sala de pilates, a gardería, asala de cultivo, a sala de baile e a cociña;por sorte viñeron todos. A canción foibastante boa pero non entusiasmoumoito á xente. O grupo quedou un poucodecepcionado pola descoordinación.

Ainara Méndez FraguasCONCELLARÍA DE EDUCACIÓN

Para saber máis conéctate a:

www.ocartafoldolerez.orgCoordina: Equipo de animación á lectura de

Kalandraka EditoraOrganiza: Concello de Pontevedra

e Kalandraka EditoraDL: PO 307-2010

Agradecemento aos centros pola súa colaboración:CEIP A Carballeira, CEIP A Xunqueira II, CEIP Álvarez Limeses, CEIP Froebel, CEIP Marcón, CEP Marcos da Portela, CEIP Parada-Campañó, CEIP de Pontesampaio,CEIP San Bieito de Lérez, CEIP San Martiño, CEIP Santo André de Xeve, CEIP de Vilaverde-Mourente

Por que as persoas que hai dentro deBalea levan traxes amarelos?G.G.: Escollín o amarelo porque é unha cormoi vistosa. Se teñen que saír dela a facer re-paracións, como vedes na ilustración, estánlocalizados en todo momento para que nonse perdan, porque no fondo do mar todo éazul. Así, se ves algo amarelo, é un operarioda Balea. Cando viñamos subindo pola es-trada ata Monte Porreiro, atopamos dousobreiros vestidos de amarelo que estabanlimpando parte da beirarrúa e víanse de ma-rabilla. A cor amarela para isto era ideal.

Como pode navegar a Balea?F.F.: Ten un mecanismo de corda ultramo-derno e enerxeticamente sostible, porque noncontamina. Nós somos artistas, non enxeñei-ros, aínda que aquí actuemos coma enxeñei-ros para crear a Balea. Pero deixamos quealgún enxeñeiro máis capacitado deseñe esetipo de motor.G.G.: Un motor que non contamine, que nonuse petróleo nin gasolina, e vaia polo fondodo mar deixando todo limpiño.

Por que hai tantas salas na Balea?G.G.: Toda a xente que vai aí, máis de dous-centos operarios, necesita espazos e cama-rotes para cando teñen que comer, facerexercicio...F.F.: É coma unha pequena cidade submarina.Non sabemos de onde veñen, aínda que segu-ramente sexa do Norte de Europa. Non sabe-mos se hai un país onde vivan todos eles. Seríainteresante que a vosa imaxinación vos levasea escribir algo sobre isto. O propósito é quetodas as preguntas que vos plantexedes comolectores do libro, sexades quen de pensar nasrespostas e facerdes propia a historia.

No diario do capitán nárrase o periploda Balea dende Marín ata a Patagonia.Os escolares do CEP Marcos da Portelaachégannos as peripecias da expedición.

Continúa a viaxe en:www.ocartafoldolerez.org