O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 €...

32
O C apón c hega c o N adal 1 08 decembro 2 012 0,30 O P acto p olo E mprego: u nha o portunidade para a topar t raballo O C lub d e A tletismo S ete M uíños, g alardoado na V I G ala d o D eporte d e G uitiriz A chairega Gloria Loaiza participou nestas accións formativas impulsadas pola Deputación de Lugo e que lle proporcionaron “un título e un emprego”. 17 O Club, que conta cun escaso ano de vida, pretende acoller aos guitiricenses afeccionados ao atletismo. 22 A Feira do Capón deste ano celébrase o sábado 22 de decembro onde se agarda vender os 1.800 exemplares que participarán na feira e que manteñen os prezos de anos anteriores. 6-7

Transcript of O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 €...

Page 1: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

O Capón chega co Nadal

nº 108 decembro 2012

0,30 €

O Pacto polo Emprego: unha oportunidadepara atopar traballo

O Club de Atletismo Sete Muíños, galardoadona VI Gala do Deporte de Guitiriz

A chairega Gloria Loaiza participou nestas accións formativas

impulsadas pola Deputación de Lugo e que lle proporcionaron

“un título e un emprego”. 17

O Club, que conta cun escaso ano de vida, pretende acoller aos

guitiricenses afeccionados ao atletismo. 22

A Feira do Capón deste ano celébrase o sábado 22 de decembro

onde se agarda vender os 1.800 exemplares que participarán

na feira e que manteñen os prezos de anos anteriores. 6-7

Page 2: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

Esta unidade da Comisaría Xeral

da Policía Xudicial creouse no ano

2005 co fin de conseguir unha

maior eficacia na loita contra o

crime organizado, moi implantado

no noso país.

Asumirá a investigación e poste-

rior persecución de todos aqueles

delitos relacionados coa materia de

delincuencia económica e fiscal,

tanto a nivel nacional como no ám-

bito internacional.

Así mesmo encargarase de coordi-

nar e dar o apoio técnico a todas as

unidades territoriais.

Dependen da mesma varias sec-

cións, todas relacionadas con este

tipo específico de criminalidade:

A Brigada de Branqueo de Capi-

tais: é unha sección que actual-

mente se encadra dentro da

Brigada de Delincuencia Econó-

mica e Fiscal.

Confórmana varios grupos opera-

tivos, cinco concretamente, e que

son os encargados de realizar as in-

vestigacións que versen sobre

aqueles delitos relacionados co

branqueo de capitais procedentes

de calquera tipoloxía delituosa.

Para comprender mellor a función

que levan a cabo os funcionarios

desta sección, comezaremos defi-

nindo dunha forma ampla o que é

o branqueo de activos, que supón

aqueles procedementos dirixidos a

dar a aparencia de legalidade a re-

cursos ou bens de orixe ilícito, polo

que os delincuentes van intentar

ocultar, transformar e integrar ese

diñeiro procedente de actividades

delituosas na economía legal.

Hai que sinalar que todo aquel di-

ñeiro ou os bens que procedan de

actividades criminais NUNCA

serán legais, mesmo aínda que o

número de trans-

accións sexan

elevadas e teñan

aparencia final

de legais.

Coñecendo xa o

que é o branqueo

de capitais, pode-

mos acoutar máis

a función da Bri-

gada, que sería

identificar todo

aquel patrimonio

que se puidese atribuír de calquera

forma, tanto directa como indirecta

a aquelas persoas que están a ser

investigadas por este tipo de deli-

tos, conseguindo todas as probas

necesarias para conectar ese patri-

monio coa práctica de actividades

ilícitas e ademais propiciar a súa

incautación.

A Brigada de Delincuencia Econó-

mica e Fiscal: encargado da inves-

tigación de os delitos contra a

Seguridade Social, as Facendas

Públicas, os fraudes financeiros e

os delitos bursatis. Consta de tres

seccións totalmente diferenciadas:

a Sección de Medios de Paga-

mento, a Sección de Investigación

da Seguridade Social e a Sección

de Fraude Financeira.

A primeira, a Sección de Medios

de Pagamento, está especializada

na investigación dos delitos que

foron cometidos utilizando medios

internacionais de pagamento (tar-

xetas de crédito ou débito, cheques

de viaxe). Para iso colaborará es-

treitamente cos emisores de dichos

medios de pagamento, as marcas

de tarxetas, etc. a nivel local, pro-

vincial, nacional e internacional.

A Sección de Investigación da Se-

guridade Social (S.I.S.S), ten como

función a investigación de todas

aquelas actuacións irregulares e

que son sospeitosas de criminali-

dade, que estean relacionadas coa

Seguridade Social. Abarcan todo o

ámbito nacional e colaboran coas

entidades da propia Seguridade

Social así como co Ministerio de

Traballo e Inmigración.

Entre as súas actuacións máis des-

tacables atopamos a falsificación

de documentos de cotización, a

usurpación do estado civil, a falsi-

ficación de permisos de traballo de

cidadáns estranxeiros, a obtención

de prestacións, a insolvencia puni-

ble e outras moitas máis.

Por último está a Sección de

Fraude Financeiro, que investiga

os delitos e estafas de especial

transcendencia, así como as frau-

des que afectan ás entidades de cré-

dito, actuando en todo o territorio

nacional, colaborando cos corpos

policiais doutros territorios estran-

xeiros.

A Brigada de Investigación de De-

litos Monetarios: a quen corres-

ponde de todos os feitos criminais

relacionados coas actividades que

se atopan sometidas á vixilancia,

control ou inspección dos órganos

encargados da prevención do bran-

queo de capitais

( O r d e n

INT/2103/2005,

de 1 de xullo).

A Brigada de In-

vestigación do

Banco de Es-

paña: asumen a

investigación, así

como a represión

dos delitos de fal-

sidade de moeda

nacional e estran-

xeira, os que se fabriquen mediante

a falsificación de documentos

deste, ou das firmas que poidan ser

estampadas.

A Brigada de Investigación Tecno-

lóxica (BIT): é a unidade que se es-

pecializa e intenta dar resposta ás

novas formas de delincuencia,

como a pirataría, as estafas e frau-

des por internet, a pornografía in-

fantil (en especial a protección ao

menor), a propiedade intelectual,

etc. Velará pola seguridade dos in-

ternautas.

Ofrecen ao cidadán unha serie de

consellos á hora de utilizar internet,

como o uso de contrasinais difíci-

les de adiviñar, combinando letras,

números e outros carácteres, e que

sexan cambiadas de forma perió-

dica; o uso de antivirus bos e que

se actualicen; non dar ningún dato

persoal por internet; control sobre

o uso que os fillos fan de internet;

etc.

A Unidade adscrita á Fiscalía Es-

pecial para a Represión dos Delitos

Económicos Relacionados coa Co-

rrupción: que leva a cabo os come-

tidos que como Policía Xudicial

lles sexa asignado polo órgano no

que figuran adscritas.

Todas estas unidades que confor-

man a UDEF conseguiron incre-

mentar a efectividade da policía na

loita contra este tipo específico de

delitos e como consecuencia levá-

ronse a cabo importantes opera-

cións relacionadas coa corrupción

entre as que destacamos: o Caso

Malaya (contra a corrupción urba-

nística, branqueo de diñeiro, etc.

centrada no concello de Marbella.

O sistema utilizado foi o “fiducia-

rios”, “sociedades instrumentais” e

“testaferros”, cuxa finalidade é

ocultar o verdadeiro patrimonio

dos principais implicados).

Outro temas é o “Asunto Pazo”,

que se realizou no ano 1995 contra

o clan de narcotraficantes de Lau-

reano Oubiña, que utilizaban unha

forma de branqueo baseada na can-

celación de hipotecas sobre bens

inmobles, e facíano a través dunha

empresa denominada “Albariño

Bayón S.A.”.

Tamén en Galicia se actuou no

“Asunto Charlin”, outra das fami-

lias de narcotraficantes máis coñe-

cidas deste país. A investigación

económica permitiu coñecer a

forma en que este grupo bran-

queaba o diñeiro, sendo a forma de

compra de billetes de lotaría, a

compra de sociedades en quebra e

inversións inmobiliarias por todo o

territorio español, así como noutros

países.

Como fomos vendo, este tipo de

delincuencia organizada caracterí-

zase pola internacionalización e a

diversificación das súas activida-

des criminais, polo que este tipo de

axentes especializados é moi im-

portante para a investigación destes

delitos, así como a colaboración in-

ternacional, o que permite actuar

de forma máis efectiva e rápida.

o recuncho docriminólogo

Pablo Filgueiras e Aranzazu Rodilla

Expertos en Seguridade e Criminólogos

Unidade de delincuenciaeconómica e fiscal

2 colaboraciónsdecembro 2012

Todo chega, todo pasa, un ano non

é nada. Por iso témolo que cele-

brar; pero sen pasarse para vivir un

ano máis sen resentimentos. Ti xa

o tes ben asimilado, pero eu non

porque representas ao Pobo e for-

mas parte del. Eu non

represento nada. Sin-

xelamente estou ao

servizo do Pobo. Por

iso, desexo a todos e

todas que tamén

están ao servizo do

Pobo coma min se

familiaricen para

desfrutar do mes que

nos toca que por aí o

denominan o mes da

obsesión. Din algúns

e algunhas que non saben porque

lle chaman así.

Entón pregunteille á beirarrúa se se

acorda ou ten oído desde cando

existe o Castelo de Vilalba porque

cando o fixeron xamais se imaxi-

naron para o que ía a ser utilizado.

Despois de tanto tempo baleiro, hai

que dicilo, é de destacar a boa me-

moria que ten a beirarrúa que du-

rante tantos anos estivo aí, que dixo

que disque o significado fai histo-

ria. Por ese motivo foi utilizado

para que se transformara no que

hoxe representa gracias á figura

dun home tan importante que de-

bido a súa propia iniciativa fixo po-

sible o que agora hai. Di a beirarrúa

que todo o que fixo se lle debe a

aquel home que naceu para servir

ao Pobo de Vilalba principalmente.

Como se di: “primeiro a Patria

chica e globalmente a toda Es-

paña”. El chámase Manuel Fraga

Iribarne (q.e.p.d.).

A beirarrúa recorda a inauguración

e di que para tódolos Pobos de Es-

paña, aquel señor que rexentou o

Ministerio de Información e Tu-

rismo con acerto e servizo a todo o

país. Así se creou co fin ao que se

dedica. E, precisamente neste mes,

como di a beirarrúa “da obsesión”

xurdiu a noticia que caeu coma un

xerro de auga fría que conmocio-

nou a todo o Pobo. Por iso se mo-

bilizou para reclamar a quen lle

corresponde o mantemento do seu

funcionamento e que continúe sen

alteracións imprevistas para que o

Parador non se interrompa baixo

ningún concepto porque está acre-

ditado abondo por tódolos usuarios

do mundo enteiro que por aquí pa-

raron.

A beirarrúa sabe moito e dime con-

tinuamente que eu quero saber tan-

tas cousas, ao igual que outros e

outras que como se di “saben máis

que Lepe” e dime que hai que pedir

un ano máis para seguir desfru-

tando o día a día.

A beirarrúa di ¡vivir para ver! e

estar en forma porque cos tempos

que se aveciñan todos e todas

deben agudizar o enxeño e recalca

que as súas recomendacións sem-

pre son axeitadas. Por iso a min

faime cavilar o que eu non quixera

e pregúntome ¿por qué será? Será

porque ten moita experiencia e ve

vir as cousas e pensa que realmente

hai moitos e moitas que non están

contentos ou contentas. Así, dime

que “o ano que vén non será igual”

e eu pregúntolle ¿por qué será?

Conclusión:

Cada ano é diferente. E para que

sexa mellor, hai que vivir o pre-

sente.

A valla ao servizo do Pobo no Nadal á beirarrúacon agarimo

Ramón Paz Guntín ‘A casa dos Marios’

Page 3: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

O sábado 22 de decembro celébrase, un ano máis, a Feira do Capón de Vilalba onde se ofrecerán os mellores

exemplares para a súa degustación nos fogares galegos durante este Nadal.

3colaboracións decembro 12

CADERNOS DA VIAXE

A Xunta contra ogalego

Xoán Antón Pérez Lema

Un belén especial

Estamos no mes de Nadal. Che-

gan unhas datas especiais. O

ano está a piques de rematar.

Costumes centenarios mestú-

ranse con outros que non o son

tanto. Reunións familiares que

se producen entorno a suculen-

tas comidas que poñen a proba

os indicadores de colesterol.

Días nos que semella existir un

espírito de concordia, deixando

a un lado os problemas que

tanto nos condicionan. Mudan

os decorados, exteriores e inte-

riores. Engalánanse as rúas e os

escaparates dos comercios;

luces de cores rechamantes in-

dicando un cambio temporal de

hábitos e comportamentos.

Dispárase o afán consumista e

o persoal lánzase a unha espiral

de gasto moitas veces desmesu-

rado.

Típico e tópico do momento

son os beléns. Seguindo a tra-

dición, reprodúcese o nace-

mento do neno Xesús,

acontecido hai un par de mile-

nios. Nos colexios e centros so-

ciais podemos observalos,

tamén nos templos, loxica-

mente, e nos domicilios parti-

culares. Desde os máis sinxelos

ata os máis elaborados. Con

maior ou menor número de

pezas. En todos eles se observa

unha similar estrutura, onde o

centro da representación está

composto polo neno rodeado

da Virxe María e San Xosé,

baixo un pendello e escoltados

por unha mula e un boi. O

actual Papa cuestiona a pre-

senza destes dous animais

dentro do portal. Alemán tiña

que ser o bo do home!. Ulti-

mamente todo o que ven dese

país é para darnos desgustos.

A nosa bisbarra non é unha

excepción. Se un belén re-

sulta significativo, sen dúbida,

este é o de Begonte, con máis

de trinta anos de existencia.

Todo un clásico no Nadal chai-

rego, lucense e galego. A maxia

desa multitude de figuras mo-

véndose, realizando diversas

actividades que nos resultan

tan familiares, provoca a admi-

ración xeneralizada dos visi-

tantes que se achegan a

contemplalo.

Pero para belén especial eu

aposto este ano polo que se ins-

talou en Momán. Un crego de

barba prominente, inquieto,

con iniciativa e implicado na

comunidade recrea un belén

sen o seu máximo protagonista,

eliminando boi e mula –se-

guindo a teoría do santo pontí-

fice-, atrevéndose a precintar

con cintas policiais o recinto,

deixando sós a María e Xosé

porque o seu neno foi desafiu-

zado do lugar onde veu a luz

por primeira vez, un simple

cortello. Nin os reis magos

achegando os seus respectos e

agasallos aparecen. A escena

complétase cunha pancarta rei-

vindicativa de protesta contra

os recortes sanitarios e cla-

mando contra o espolio banca-

rio.

Ben polo padre Luís. A Igrexa

comprometida cos que sofren e

combativa fronte as inxustizas.

Cristo naceu practicamente na

indixencia. Non houbo quen de

dar pousada ós seus pais ante o

inminente parto de María. Nin

un oco para que puidese nacer

cunhas mínimas condicións.

Ninguén se compadeceu desta

familia.

A mesma actitude atopámola

hoxe, dous mil anos despois,

cando se executan sen piedade

ordes de embargo contra un dos

bens máis prezados como pode

ser a vivenda e se desaloxa

contundentemente ós seus mo-

radores. Non importa quen

haxa dentro, se hai maiores, en-

fermos, meniños ou embaraza-

das como a Virxe María. Dá

igual. Non existe nin a máis

mínima diferencia.

O neno Xesús sería na nosa

época un desaloxado, un des-

afiuzado. A historia repítese,

negativamente. Menos mal que

algúns non se resignan e loitan

contra ese destino.

Pablo Veiga

O Presidente Feijóo e o

conselleiro Vázquez

veñen de desaproveitar

unha excelente oportuni-

dade para restaurar o

consenso lingüístico op-

tando polo continuismo

na súa política de exclu-

sión do galego no ensino

infantil e de minoriza-

ción nas demáis fases do

ensino obrigatorio.

Máis aínda, ao recorrer

perante o Tribunal Su-

premo as sentenzas do

TSXG que declararon ilegais a

consulta sobre a lingua de pre-

ferencia aos país e nais do en-

sino infantil e máis o dereito

dos alunos a usar da lingua da

súa escolla nas materias que se

han impartir en galego, a

Xunta minusvalora o Tribunal

Superior de Xustiza como úl-

tima instancia xudicial na apli-

cación do Dereito galego e

convida ao Tribunal Supremo

para que interprete de xeito res-

tritivo o “status” que á lingua

galega lle recoñecen o noso Es-

tatuto e a Lei de Normalización

Lingüística.

Deste xeito, o Goberno ga-

lego,que deriva a súa lexiti-

midade da cualidade nacional

que emana do noso Estatuto

de Autonomía (e que reside

nos caracteres da nosa dife-

renza, entre eles a lingua) re-

corre de xeito insólito

perante o Tribunal Supremo

para tentar acadar unha sen-

tenza que limite esa mesma

cualidade nacional, ao limi-

tar o rol do galego como lin-

gua oficial no ensino. E, no

mesmo lote, cuestiona o

papel do TSXG como instan-

cia que esgota os recursos

nas cuestións de Dereito ga-

lego, entre elas o estatuto da

nosa lingua. O mundo do

revés.

O peor é que esta actitude, ao

principiar a segunda lexisla-

tura do PP con maioría abso-

luta, remata por voar todas as

pontes posíbeis para resta-

blecermos o pacto social en

materia lingüística. Porque

sitúa ao PP, de xeito perma-

nente e dificilmente revogá-

bel, fronte aos sectores da

cidadanía galega que aspiran

á plena igualdade real do ga-

lego e o castelán e que tentan

que os mozos e mozas gale-

gos non rematen o ensino

obrigatorio funcionalmente

analfabetos na súa lingua na-

cional.

A ARRINCADEIRA: Cons-

titúese formalmente CxG .

No seu Congreso Constitu-

ínte Compromiso por Gali-

cia (CXG) definiuse ante

todo como partido nacional e

galeguista e ubicouse no

amplo espectro do centro-es-

querda, integrando as sensi-

bilidades socialdemócrata,

liberal progresista e ecoso-

cialista e refugando reducio-

nismos á dereita e á

esquerda. Agora ven para

esta forza en construción o

máis difícil: demostrar a súa

capacidade de ser un instru-

mento útil para a economía e

benestar da cidadanía galega.

X. Varela

ó

hoxe

hoxe

rite

riteá

Page 4: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

4 sociedadedecembro 12

O domingo 25 de

novembro cele-

brouse o magosto

en Muimenta or-

ganizado pola

Asociación Aqui-

lino Iglesia Alva-

riño no que

participaron máis

dun cento de veci-

ños que puideron

degustar as cas-

tañas asadas e o

viño quente con

azucre.

Os veciños da

parroquia vilal-

besa de Alba

tamén se reuni-

ron para cele-

brar un

magosto popu-

lar. A xuntanza

es t endeuse

pola noite con-

tinuando a

festa con mú-

sica e baile.

Mariam abre ovenres 21 de de-cembro unhanova tenda dedetalles na Rúada Pravia. Glo-bos, lambetadas,cestas de flores efroitas ou detallespara grandesmomentos comavodas, bautizos,aniversarios ououtros eventosson os que sepoden atoparneste novo esta-blecemento.

O pasado 25 de novembro a Asociación Carabullo de Muimenta celebrou

unha charla e proxección de varias curtas relacionados coa violencia de

xénero na restaurada escola do campo da igrexa. A súa mensaxe era

clara "concienciar do problema" a toda a xente, xa que neste ano levan

asasinadas máis de 30 mulleres.

O Concello de

Vilalba organi-

zou varios

actos en con-

memoración

do Día Interna-

cionl contra a

Violencia de

Xénero coma

ob rado i ro s

para os máis

pequenos ou

c i ne fó rums

para os maio-

res impulsados polo CIM. O manifesto en contra da violencia de xénero

recordaba que este tipo de violencia constitúe unha inxustificable vio-

lación dos dereitos fundamentais das mulleres e que nunha sociedade

realmente democrática e xusta é preciso erradicar a violencia e a dis-

criminación das que son obxecto as mulleres.

A Biblioteca de Xermade acolleu da man do Instituto de Liderazgo dasSegovianas de Nicaragua unha charla sobre o empoderamento das mu-lleres na loita contra a violencia de xénero. Así mesmo, realizaron unhaconcentración diante da Casa do Concello e tamén unha camiñata.

Page 5: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

5colaboracións decembro 12

Está demostrado, co paso dotempo, que o autor do libro doXosé foi un home adiantado aoseu tempo, xa que a súa Enci-clopedia manuscrita reseñaba opasado e o presente da Historiade Galicia. E o seu alumnadomáis cualificado destacaba noir e vir, creando acontecemen-tos importantes, continuadores,en tempos que hoxe son histó-ricos e, en moitos casos, e dedistintas formas, son parecidos.Hábitos e costumes van fa-cendo parella coa vantaxe damodernidade e vanse incorpo-rando segundo veñen os tem-pos. Así, valga a redundancia,xurde unha incertidume dife-rente segundo o paso do tempo,e o que agora toca, basándosena situación económica, sociale política creada pola renome-ada crise, é revivir moitas difi-cultades para que futurasxeracións teñan complexidades

e x t r em a d a s ,afrontando im-p rov i sac iónsnon moi gratas,xa que dende oensino primario,pasando corre-l a t i v am e n t epolo elemental,superior ata ounivers i ta r ioatoparon todoi n v e n t a n d o .Non así o queoutras anterio-res xeracións.Por iso o autordo libro doXosé no seu en-sino recalcabap e rmanen t e -mente a impor-tancia do futuro para enxeñarsee afrontar situacións que acos-tumaban ser moi difíciles e au-tosuperarse animicamente a

sistemas que imprevisible-mente xorden e non se escon-den, para así evitar caer navulgaridade como o refrán

acredita: “A ondevas tolo? A ondevan todos!”A situación ac-tual circunstan-cialmente non seve moi animosapara a xuventudee débense con-cienciar que acultura do consu-mismo xeroucostumes de usare tirar. Por iso asúa vida pódeseconsiderar quenon será mellornin peor, pero sidiferente. Sonmoitos e moitasque medraron nasobreabundancia

e quizás agora pódeno ter unhamiguiña máis difícil para adap-tarse. Por iso, o autor do librodo Xosé recomendaba na vida

cotiá, primordialmente, que amoral acompañada duns exer-cicios espirituais facían un boconxunto para que o estado deánimo estivese fortalecido,para non desanimarse na pro-cura dos obxectivos que se per-seguían entre os que a sortefose favorable e así evitar situa-cións e crises de ansiedade queregularmente xorden. Nonigual que a que agora toca, mo-tivada pola ausencia de valorese arrastrada a un sistema impre-dicible antieconómico, inmorale consumista. Por iso o porvir hai que procu-ralo en pro e para desterrar aidea de atopalo todo feito oautor do libro do Xosé reco-mendaba que para vencer a in-certidume cando xorde algoimprevisto hai que prepararsecon ansia de superación ofre-cendo calidades competitivas. Continuará…

Vimos de coñecer os resultadosdas análises encarregadas porADEGA ás augas do mal cha-mado "lago" das Pontes, resul-tado do proxecto de Endesa deencher de auga o oco da antigamina de lignito. Como su-poñiamos, a auga da balsana zona de baño amosa pa-rámetros "normais" de aci-dez e de metais pesados. Isosi, carece practicamente denutrientes e de osíxeno di-solto, imprescindíbeis parao mantemento da vida ani-mal e vexetal. Porén, o prin-cipal problema vén dasaugas que drenan as escom-breiras "rexeneradas" e queflúen até a balsa nun perí-metro de 18 quilómetros.Estas augas, canalizadas portubaxes e canles artificiaisou escoando dos noiros,teñen unha extrema acidez(pH entre 2 e 3) e cantidadesde metais pesados que che-gan a multiplicar por 10.000os presentes na balsa. O pano-rama dista moito do idílico"lago" que venderon Endesa e aXunta: É unha balsa mineiramorta que paseniñamente én-chese de metais pesados e vírase

máis ácida.Cando o pasado verán inaugu-rouse o mal chamado "lago" dasPontes e a primeira praia artifi-cial nunha balsa mineira,ADEGA, Verdegaia e a SGHN

xa advertiamos da cuestionábelcalidade das súas augas. Da-quela, unha primeira análise daacidez e doutros parámetros quí-mico-biolóxicos confirmaba quemalia a que as augas da balsa

daban valores normais de pH, onivel de nutrientes e o osíxenodisolto eran tan baixos que fa-cían do lago un entorno incom-patíbel coa vida. Porén, o máisgrave era a pésima calidade dos

efluentes que, dende asescorrentías e canaliza-cións perimetrais, ache-gaban á balsa valoresde acidez similares aosdun desincrustante in-dustrial. Daquela deci-dimos analizar taménos metais pesados des-tas augas, xa que sos-peitabamos que osestériles das escombrei-ras, ao igual que acon-teceu no pasado,poderían estar ache-gando por lixiviaciónimportantes cantidadesde contaminantes.Os resultados destasanalíticas encarregadasá UDC vímolos de co-ñecer agora. Por unha

banda, confírmase a extremaacidez das augas que flúen ábalsa dende os 18 km de períme-tro: Os valores de pH son até10.000 veces máis altos (mostrasEQ1 e EQ2) que os da auga do

lago (mostra EQ3), sometidadende o inicio do enchido a unhacontinua engádega de álcalis (hi-dróxido de Ca), que deberá man-terse de por vida. No entanto, émáis preocupante a alta canti-dade de metais pesados que con-teñen estes efluentes,particularmente Fe, Al, Ni, Cu,Co, Zn, Sr, U e Mn. Para o ní-quel, cobre, zinc, uranio e espe-cialmente o manganeso, mesmosupéranse os valores límite quea lexislación (RD 995/2000) fixapara estes contaminantes asícomo as recomendacións daOMS.Cal vai ser pois a evolucióndesta masa de auga no futuro,sometida a continuos aportes deaguas hiperácidas e carregadasde metais pesados? Dende que opasado 18 de abril ás 14h finali-zara o proceso de enchido e abalsa comezou a verter ao Eume,a calidade das súas augas vai apeor. Xa non recibe augas "lim-pas" do Eume: Só cheganefluentes por escorrentía e infil-tración canalizados por duciasde emisarios dende os 18 km doperímetro, atravesando toda acoberteira de estériles e cargán-dose de contaminantes. Co

tempo, estas achegas deteriora-rán a enorme masa de auga enon poderán ser "enmascaradas"coa cal nin coa dilución. O malchamado "lago" acabará conver-tido no que sempre foi: Unhabalsa mineira hiperácida atei-gada de metais pesados, incom-patíbel coa vida animal e vexetale moito menos apta para o usopúblico.O "experimento" de Endesa épois "bluff", unha aventura fa-llida. A empresa, coa conniven-cia da Xunta, optou polo sistemamáis rápido e barato para cum-prir coa súa obriga de rexeneraro oco mineiro. Nada importouque tiveran que roubarlle augaao Eume reducindo o seu caudale perxudicando ás Fragas du-rante 4 anos. Non importarontampouco os riscos sísmicosdeste faraónico proxecto nin asincertidumes ambientais aíndasen resolver, e cuxas consecuen-cias pagaremos todos/as.Só importaron os cartos e liqui-dar dun xeito rápido e barato ainmensa débeda ambiental con-traída por Endesa co país, logode apropiarse dos nosos recursosenerxéticos e contaminar a canolibre durante 40 anos.

Augas hiperácidas con altos contidos de metais pesados enchen o"lago" das Pontes

ADEGA

O libro do XoséMemorias populares

Ramón Paz Guntín ‘A Casa dos Marios’

Page 6: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

novas da chaira

6 actualidadedecembro 12

vilalba

O sábado 22 de decembro Vi-lalba será Capón: un dos produ-tos con máis sona da comarcada Terra Chá xunto ao queixoSan Simón da Costa, que taménconta cunha feira especializada,ou o roscón de Vilalba. Este ano a data de celebraciónda Feira do Capón estableceuseno sábado 22 de decembro,xusto antes de Noiteboa paraque os consumidores poidangozar dun dos produtos típicosdo Nadal que, ademais, foicriado artesanalmente nun pro-ceso sen parangón que comezaco castrado cirúrxico antes deacadar a madurez sexual e re-mata co sacrificio a unha idademínima de 150 días, pasandopor un período mínimo de en-gorde de 77 días certificadopolo órgano de control dos queos últimos 30 son os que pasannas “capoeiras” alimentándosecunha mestura de millo e patacacocida. Ademais, a posteriorpresentación do animal é únicano mundo. Deste xeito, presen-tarase arredor de 1.800 exem-

plares á Feira, dos que a metadeestán xa pre-vendidos; polo quese garante a venda de tódoloscapóns da feira que contaráncuns prezos que oscilan entre os80 e os 100 euros o par, practi-camente coma en edicións ante-riores.Como cada feira, ducias de ces-tas con capóns ateigarán a en-trada ao recinto feiral que seestablece na vilalbesa Praza daConstitución dende ben cedopara pasar todos os controisprecisos -e tralos cales se llescolocan tres etiquetas identifi-cativas que garanten a calidadee procedencia do capón- antesda apertura das portas ao pú-blico que se achega dende dife-rentes lugares de Galicia emesmo do resto de España.Dende o propio recinto pode-ranse enviar capóns, en caixasde madeira, por parte das em-presas de transporte que contancon mostradores de atención aopúblico na feira. Así mesmo,outro dos aspectos tradicionaisda Feira do Capón de Vilalba é

a distinción do me-llor criador, cesta epar ao que se llecolocan as bandascoa distinción.

Degustación

Pero non só o re-cinto feiral se en-cherá de capóns,senón que os esta-blecementos hosta-leiros ofreceránnesa xornada de-gustación de capóncoa finalidade depotenciar o produtoe atraer consumi-dores.

Outros produtos

da zona

Ademais dos pos-tos de venda decapón, a Feira do Capón de Vi-lalba contará con outros 45stands de produtos da zona,tales como queixo de SanSimón da Costa, Roscón, roscase outros productos artesáns, cos

que se completa a oferta destemercado.

Xestións das Administracións

Durante a presentación destaedición da Feira do Capón, queconta cun orzamento de 26 mil

euros, o alcalde do municipio,Gerardo Criado, apuntou que“se están dando pasos na Con-sellería de Medio Rural e doMar de cara á consecución daDenominación de Orixe Prote-xida”.

O Capón volve polo NadalA Feira do Capón 2012 mantén os prezos e as cifras de exemplares á venda

Arredor da metade dos 1.800 exemplares que se porán á venda durante a Feira do

Capón de Vilalba xa están reservados.

Page 7: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

vilalba7actualidade decembo 12

“O Capón de Vilalba non perde o seu valor porque é único no mundo”Aurora Lozano, criadora de capóns e xerente de Capóns Aurora

Ademais da Feira do Capón, taménhai a posibilidade de comercializareste produto todo o ano. É o caso deCapóns Aurora que desestacionalizoua súa produción fai xa sete anos. Paracoñecer máis sobre a crianza e cebodo Capón de Vilalba e do Capón deVilalba Extra ou Capón de Nadal, fa-lamos coa criadora e xerente de Ca-póns Aurora, Aurora Lozano.

Os inicios de Capóns Aurora están

estreitamente relacionados coa

Feira do Capón que cada mes de

Nadal se celebra en Vilalba. Cando

iniciou a súa actividade como em-

presa e non xa como criador parti-

cular que vendía capóns

unicamente nestas datas?

Levo criando Capón de Vilalba -Extra, Capón de Nadal, durante todaa vida para estas datas e continuamosfacendo este traballo tódolos anos. Ini-ciamos a nosa actividade de cría e co-mercialización do Capón de Vilalbadurante todo o ano a raíz dun proxectode I+D que se realizou no ano 2006,onde se chegou a conclusión de quenon fai falta que sexa Nadal parapoder mercar un capón.

A que se debeu o cambio na orien-

tación da súa produción? Con este

troco, mudou o xeito de criar aos

animais? Cambiouse o cebo tradi-

cional por un máis industrial?

Todos os nosos capóns son criados deforma artesanal, polo que non hai nin-gún cambio na crianza do Capón deVilalba. Criamos Capón de Vilalbacunha idade mínima de cinco mesesdurante todo o ano e mantemos acrianza do Capón de Vilalba Extra,Capón de Nadal, de oito meses, talcomo se presenta na Feira do Capónde Vilalba.

Qué produtos ofrecen durante todo

o ano? Cáles son as súas caracterís-

ticas?

Durante todo o ano criamos Capón deVilalba cunha idade mínima de cincomeses que se sitúa como un produtode calidade superior ao polo cam-peiro: en primeiro lugar polo procesode cría, moi superior ós noventa díasdo pito de curral comercial; en se-gundo lugar, está a castración, quelle confire características diferen-ciadoras, como unha maior infil-tración de graxa na carne, o que faique esta sexa máis tenra e sabo-rosa; e, para rematar, está a ali-mentación a base de cereais epastos verdes, que tamén inflúepositivamente no animal, dandoun aspecto dos canais más pare-cido aos que criaban na casa asnosas avoas.

O Concello de Vilalba xestiona

as vendas deste produto gour-

met típico destas datas. Pero qué

tipo de comercialización segue a

súa empresa? A qué mercados

chegan os seus produtos?

Nos asistimos a Feira do Capón deVilalba que organiza o Concello tódo-los anos, coincidindo neste ano o sá-bado 22 de decembro de 2012.Ademais das ventas que xorden naFeira do Capón de Vilalba, nós taméndistribuímos directamente ao consu-midor final a través de empresas detransporte especializadas e a interme-diarios. Podemos entregalos en cal-quera punto da península, e incluso noestranxeiro, xa sexa por pedidos a tra-vés de vía telefónica no 982527120ou directamente na páxina web:www.caponesaurora.es.

Como definiría a demanda dos ca-

póns ao longo do ano? Cínguese a

algunhas datas en concreto?

Na época de Nadal hai moita de-manda, pero a moitos clientes taménlles gusta ter Capón de Vilalba na súa

mesa fora da campaña de Nadal paracelebracións destacadas e comidas fa-miliares.

Unha forma de presentalo é xa co-

ciñado ou pre-cociñado, outra das

formas na que o comercializades.

Qué tipo de demanda ten este pre-

parado?

Temos a alternativa de poñelo Capónde Vilalba desosado, recheo e coci-ñado no domicilio do consumidor.Cada vez ten máis saída porque oconsumidor xa quere o traballo feito.

E falando do traballo feito, xa nos

podemos imaxinar ao capón listo

para degustar. Pero qué prepara-

ción recomendariades? Algunha

receita en concreto?

Desosar o Capón de Vilalba parapoder enchelo ao gusto do consumi-dor e unha vez saído do forno pódesecortar e consumir facilmente.

O modo de elaboración na cociña

tamén condiciona o aprecio que o

consumidor realiza do produto.

Cáles son as claves da súa elabora-

ción para potenciar o seu sabor?

A mellor forma para cociñar o Capónde Vilalba é facelo a fogo lento noforno durante varias horas.

E achegándonos agora á parte máis

amarga. Como cre que inflúe a

crise actual na venda de capóns? E

na venda dos exemplares que se co-

mercializan ao longo do ano?

Ao Capón de Vilalba Extra non lleafecta a crise, xa que é un produto tí-pico de regalo, ademais de ser un pro-duto de calidade que se consume endatas de Nadal. E, en canto ao Capónde Vilalba, este ten o seu mercado ase-gurado ao longo do ano porque seconsume en comidas especiais.

Coa vosa experiencia, credes que a

comercialización do capón ao longo

de todo o ano podería dar un pulo

ao municipio, sobre todo aos cria-

dores?

Canto máis se comercialice e se dea acoñecer o Capón de Vilalba, máissaída vai a ter e, polo tanto, vai permi-tir desenvolver o medio rural vilalbés.

A desestacionalización do Capón de

Vilalba suporía a perda de valor do

produto? Ou, pola contra, cre que

se mantería a demanda nestas

datas de Nadal relacionada co mé-

todo tradicional de cebo?

O Capón de Vilalba – Extra xa ten unmercado moi definido, é un produtotípico de regalo e de comidas doNadal; en ningún caso perde este pro-duto o seu valor porque é único nomundo. Tanto a venda do Capón deVilalba como a do Capón de Vilalba– Extra axudan a darse máis a coñecerentre eles.

O método tradicional de cebo é

unha das características do pro-

duto que o fai único, pero que

tamén determina o seu elevado

prezo pola súa reducida oferta re-

lacionada co baixo número de ca-

póns que poden atender nas

granxas do municipio, xeralmente

familiares e que contan con outras

actividades económicas...

O prezo do Capón de Vilalba Extraxustificase pola calidade do produto.Un proceso de cría e elaboración ar-tesanal sempre vai ser máis custosoque o industrial, onde non ten cabidao Capón de Vilalba – Extra nin oCapón de Vilalba de cinco meses.

Nos últimos anos diminuíron os

criadores de capóns. Cre que, a

longo prazo, se pode pensar na des-

aparición desta actividade econó-

mica no municipio?

A cría do Capón de Vilalba requiremoito esmero, é un proceso moi labo-rioso e artesanal; pero nunca desapa-recerá porque hai moita demanda e enVilalba está a raíz deste produto etemos moi bos criadores.

E no eido da súa regulación. Qué

normas demandaría?Un selo de calidade como a IXP.

Os capóns son criados de formatotalmente artesanal.

Deséxanlles

FELICES

FESTAS!

Page 8: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

8 actualidadedecembro 12

vilalba

O hotel Spa Attica 21 de Santaballa

consegue a “Q” de calidade turística

Arredor de 40 recolectoresda comarca participaron no IConcurso de Setas de Champivil

Os Encontros Dixitais dos

Axóuxeres chegaron a Vi-

lalba o xoves 6 de decembro.

O Centro Cultural Recrea-

tivo de Vilalba acolleu este

espectáculo de música,

xogos e palabras, sesións de

cine pensadas para fomenta-

ren a transmisión interxera-

cional da lingua galega nas

familias con nenos e nenas

de entre 3 e 6 anos.

Esta actividade promovida

pola Consellería de Educa-

ción e Normalización Lin-

güística achega aos máis

pequenos as aventuras de

Pelouro, Roi, Moncho, Iria e tódo-

los personaxes dos Axóuxeres

2012 pretendendo axudar aos pais

e nais a manter a cadea de transmi-

sión da lingua galega, ofrecéndo-

lles espazos de lecer para a familia

na nosa lingua e ferramentas para

aprender, cantar e xogar en galego

cos fillos.

Proxecto transmedia

Logo de percorrer 40 municipios

galegos, os encontros

teatrais e dixitais dos

Axóuxeres despídense

dos nenos e nenas, que

poderán seguir as súas

andanzas na serie de

televisión homónima

que emite diariamente

a segunda canle da te-

levisión pública de

Galicia (TVG2).

Este ano, ademais, Os

Axóuxeres non serán

só un espectáculo para

bebés e familias, senón

que tamén se poden

ver na tele, no cine, en

internet e nos móbiles. Convér-

tense nun proxecto transmedia

para estaren presentes en todos os

espazos onde as novas xeracións,

mamás e papás novos cos seus ca-

tivos, se divirten e se relacionan.

A nova escola infantil A Galiña

Azul de Vilalba iniciou o mércores

5 de decembro a súa actividade

cunha xornada de portas abertas,

na que as familias dos nenos e

nenas poderán coñecer ao persoal

do centro e as súas instalacións.

Esta nova escola oferta un total de

74 prazas para os menores de entre

0 e 3 anos e contou cun investi-

mento total superior aos 865.200

euros por parte da Consellería de

Traballo e Benestar. O novo centro

situado na rúa Abadín dispón de 5

unidades que servirán para distri-

buír aos cativos en diferentes

aulas.

Na nova escola xa tiveran lugar

durante a xornada do martes 4 de

decembro entrevistas personaliza-

das coas familias para coñecer me-

llor as necesidades dos máis

pequenos, o seu desenvolvemento

e hábitos. Desta forma, preténdese

dar unha mellor resposta á aten-

ción infantil desde o primeiro mo-

mento da posta en funcionamento

do centro.

Tras a xornada de portas abertas, o

luns 10 de decembro comezou a

incorporación dos pequenos ao

centro a través dun período de

adaptación durante o cal o número

de horas de asistencia á escola de

cada neno se vai incrementando de

maneira progresiva e individuali-

zada.

Sen licenza municipal

O voceiro do PSdeG vilalbés,

Eduardo Vidal, censura a aper-

tura da nova escola infantil por

parte da Xunta en Vilalba sen ter

licenza municipal aprobada. “O

alcalde vilalbés e o seu grupo de

goberno permiten que a Xunta

abra a escola infantil sen a opor-

tuna licencia municipal”, ase-

gura.

O socialista tamén censura que

15 nenos queden sen praza e en

lista de espera a pesar das adver-

tencias previas do PSdeG. A

xuízo do PSdeG, “o que debera

ser un día de ledicia para o con-

cello de Vilalba converteuse nun

día que demostra a mala xestión

e o mal facer das administración

autonómicas e locais do PP”. Os

socialistas denuncian que, despois

de reiterados incumprimentos

sobre a data da súa apertura, agora

quince nenos quedan sen praza e

en lista de espera, ao pechar a an-

terior gardería sen garantir antes

que a nova escola acolla todas as

solicitudes dos pais.

O Hotel Spa Attica 21 Villalba con-

seguiu a “Q” de calidade turística

que concede o Instituto para a Cali-

dade Turística Española (ICTE).

Trátase dunha certificación que

avala a calidade no servizo desta

cadea hoteleira galega.

A obtención da “Q” de calidade tu-

rística foi froito da implantación

con excelentes resultados da norma

UNE 182001:2010 de Hoteis e

Apartamentos Turísticos que o

Hotel Spa Attica 21 Villalba desen-

volveu nos últimos meses, segundo

informan dende a cadea hoteleira.

Trátase dunha norma que marca os

requisitos de que deben cumprir os

establecementos dedicados ao alo-

xamento en canto aos servizos pres-

tados, procesos de prestación de

ditos servizos, así como instalacións

e equipamentos. Ademais, favorece

a consecución de altas taxas de efi-

ciencia, respecto ao medio am-

biente, seguridade e accesibilidade.

Iniciativas pioneiras

Recentemente, Attica 21 Hotels -

que posúe seis hoteis entre Galicia

e Cataluña- desenvolveu dúas ini-

ciativas pioneiras en Galicia: poñer

a disposición dos seus clientes car-

tas en braille en tódolos restaurantes

da cadea grazas á colaboración da

Once e ofrecer menús sen glute

para celíacos, en virtude dun acordo

coa Asociación de Celíacos de Ga-

licia.

A vilalbesa comercializadora de

produtos silvestres e do campo,

Champivil, promoveu durante esta

tempada o primeiro Concurso de

Setas ao que se presentaron un

total de 80 exemplares micolóxi-

cos: 60 Boletus e 20 setas.

O seu desenvolvemento consistiu

na presentación de setas ou boletus

por parte dos recolectores que se

fotografaban no momento da súa

chegada. Así, Champivil fíxose

con 60 fotos de Boletus e 20 dou-

tras setas que presentaron ao con-

curso preto de 40 recolectores da

comarca.

O mércores 5 de decembro as ins-

talacións da fábrica acolleron unha

xuntanza, que contou con aperiti-

vos achegados pola organización,

na que os asistentes fixeron ba-

lance da campaña deste 2012.

Ademais, puideron votar polo seu

exemplar preferido facendo que,

finalmente, fora Senén Cendán, da

Feira do Monte, o que se fixera co

premio na categoría de “Boletus

máis lindo”; mentres que o galar-

dón para a “Seta máis linda” re-

caera en Jesús Sanmiguel, de

Pígara.

Andrés Castelo, xerente e funda-

dor de Champivil S.L., foi o encar-

gado de entregar os trofeos que

consistiron nunha réplica de Bole-

tus e outra de Amanita Muscaria

segundo a categoría.

Ao tratarse da primeira edición

“non as tiñamos todas con nós”

afirma Luz Divina Castelo, admi-

nistradora de Champivil; aínda

que, “visto o resultado, agardamos

convocar unha segunda edición”.

Música e xogos para fomentar o galego entre paise fillos

Vilalba estrea a nova escola infantil ‘A Galiña

Azul’

Andrés Castelo entrega unha réplica de Boletus a Senén Cendán.

A nova escola infantil está ubicada na rúa Abadín.

O encontro vilalbés celebrouse no CCR.

Page 9: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

abadín castro de rei

begonte

9actualidadedecembro 12

O Nadal en Begonte é máis ca unbelén, se ben é certo que o Belénde Begonte é a actividade máisdestacada dentro das propostasculturais para os preto de dousmeses que dura o programa“Nadal en Begonte”.Este ano conmemóranse 41 anosdende a instalación do primeirobelén electrónico nesta localidadee que logrou estender o seu nomepor todo o país. O párroco JoséDomínguez Guizán foi o seu im-pulsor no ano 1972 cando tivocoñecemento da elaboración dunbelén móbil elaborado na Coruña.Na actualidade conta con nume-rosas figuras –algunhas fixas eoutras móbiles- que recrean ve-llos oficios desenvolvidos da-quela en Galilea mesturados condiferentes fenómenos meteoroló-xicos durante aproximadamenteun cuarto de hora. O programa de actos iniciouse osábado 1 de decembro coa súaapertura ao público. Nesa mesmaxornada, e durante o acto de in-auguración da programacióndeste ano, actuaron o OrfeónXoán Montes – dirixido por Mi-guel Ángel Mouriz Lamas- e aSchola Gregoriana Lucensis – di-rixida por José López Veiga-.José Manuel Otero Novas, quefora ministro no Goberno deAdolfo Suárez, foi o encargadode ler o pregón.

A programación pecharase o sá-bado 26 de xaneiro ás cinco datarde coa entrega dos premios doscertames culturais, que dende faialgúns anos convoca o Cen-tro Cultural José Domín-guez Guizán. Esta xornadade clausura contará coa ac-tuación da Coral CantarDelas –dirixida por Fer-nando Varela Jácome-.

Catro certames culturais

O Certame de Debuxo In-fantil sobre “O Nadal”chega a súa trixésimo sé-tima edición na que pre-miará a un total de seistraballos: tres primeiros cla-sificados que recibirán unpremio de 60 euros e untrofeo en cada categoría eoutros cinco segundos dota-dos con 30 euros e o corres-pondente trofeo. A el podenconcorrer tódolos nenos a travésdos seus colexios en dúas catego-rías: ata 10 anos e de 11 a 15, cunmáximo de 25 traballos por cole-xio en cada categoría. Os temasson libres dentro do xenérico doNadal e a presentación dos traba-llos realizarase en cartolina cuntamaño de medio a un folio ata oluns 24 de decembro no CentroCultural José Domínguez Gui-zán. Pola súa banda, a vixésimo ter-

ceira edición do Certame Galegode Arte “José Domínguez Gui-zán” está dotada con 1.500 eurose unha estatuíña de Sargadelos

que se entregará ao gañador. Aeste premio poden optar as obraspictóricas de pintores galegospresentadas ata o mediodía domartes 25 de decembro cun ta-maño máximo de 1,5x1m e de te-mática libre. As obras que sepresenten ao Certame Galego deArte serán expostas en primeirolugar na sala de exposicións doEdificio Administrativo daXunta, onde tamén se reunirá oxurado cualificador, para poste-

riormente trasladalas a Begonte. No caso do XXXVII Certamexornalístico “Begonte e o Nadal”,o prazo para presentar os traba-

llos esténdese ata o domingo 6 dexaneiro e nel poden tomar partealgún traballo ou serie sobrealgún tema relacionado co Nadalen Begonte e, en xeral, co Nadalen Galicia. Os participantes debe-rán achegar ao Centro Cultural deBegonte por triplicado o exem-plar do xornal ou revista ou a in-dicación da páxina webacompañados dos datos persoais.O mellor traballo recibirá un pre-mio de 600 euros e o segundo de

300, acompañados por cadansúaestatuíña de Sargadelos.E o último dos certames convo-cados con motivo do XLI Nadalen Begonte é o XXXVII CertameNacional de Poesía sobre o Nadalno que poden participar os poetasque o desexen con textos en ga-lego e castelán sobre o Nadal. Va-lorarase que fagan referencia aBegonte e o seu Belén, pero aconstrución dos poemas e a me-dida dos versos é libre. O pri-meiro premio está dotado con600 euros e o segundo con 300,pero ambos recibirán a estatuíñade Sargadelos. Os traballos debe-ranse presentar con plica e por tri-plicado ata o domingo 6 dexaneiro.

Imaxes do Nadal

A mostra “Imaxes do Nadal”, or-ganizada polo Grupo Fotocine-matográfico Fonmiñá de Lugo eo Centro Cultural José Domín-guez Guizán, consta de 28 foto-grafías sobre o Nadal realizadaspor diferentes autores. Esta expo-sición xa visitou varios concelloschairegos como Vilalba ou Be-gonte e agora achégase a outrosmunicipios. Ata o martes 25 dedecembro poderase ver na Casada Cultura de Castro Ribeiras doLea e dende o xoves 27 de de-cembro ata o martes 8 de xaneirona Casa da Cultura da Pastoriza.

Preto de dous meses de actividades en torno ao XLI Nadal de Begonte

O Museo do Castro de Viladonga aumenta o númerodos boletíns CROA co número 22O boletín conta con artigos sobre arqueoloxía e tradicións galegas

Previr a hipertensión e a diabetes,obxectivo dunha charla informativa

A edición número 22 do BoletínCROA, órgano de expresióncientífica e de difusión culturaldo Museo e da Asociación deAmigos do Museo do Castro deViladonga ven de presentarseneste mes. Foi durante unha xuntanza cele-brada o sábado 1 de decembro noMuseo na que aproveitaron parafacer balance das accións e ostraballos realizados nos últimosmeses pola asociación.O Boletín CROA é un das activi-dades promovidas pola asocia-ción que permite manter unintercambio bibliográfico conpublicacións de máis de duascen-tas institucións e asociacións si-

milares. Nesta edición, o boletínconta coa colaboración de docepersoas que firman nove artigosrelacionados coa arqueoloxíacoma “Criterios de intervenciónen cerámica arqueolóxica”, deComba Torre Castro ou “Sobre lanecrópolis romana del Campo dela Feria de Lugo: descubrimientoy destrucción del patrimonio ar-queológico”, de Carmen Sán-chez. O CROA número 22 taméncontén artigos sobre algunhastradicións galegas coma “A falado ferro: vocabulario dos ferrei-ros, as mulleres, afiadores e ou-tras xentes de Riotorto (Lugo)”,de Miguel Abraira Pérez; ou “OEntroido Ribeirao en Santiago de

Arriba (Chantada)”, de José Ma-nuel Blanco e Carme Pernas. AnaMaría Rubeira da Pena, pola súabanda, tamén achega as novida-des da biblioteca do Museo doCastro de Vilagonda no número22 do CROA.

Asemblea e xantar

Despois da celebración da súaasemblea anual, onde tamén tra-taron outros asuntos coma asaltas e baixas de socios, o estadode contas e a Memoria de activi-dades do último ano, así como aspropostas e o orzamento para ovindeiro exercicio; celebraron ohabitual xantar de irmandadeentre os socios.

O Centro de Día de Abadín orga-nizou o mércores 12 de decem-bro no antigo colexio deMoncelos unha charla aberta aopúblico orientada a previr enfer-midades como a hipertensión e adiabetes en persoas adultas. A actividade enmárcase nun pro-xecto máis amplo denominado“Con maior coidado” que o cen-tro de día vén desenvolvendodende o ano pasado e que xa in-cluíu diversas charlas.No marco dese proxecto, os res-ponsables do centro optaronnesta ocasión por abordar, baixoo título de “A importancia do coi-dado da saúde para a prevenciónde enfermidades como a hiper-tensión e a diabetes”, coñece-

mentos útiles para levar unhavida máis sa. Ademáis, despoisda charla disfrutarán dunha me-renda saudable.O Centro de día de Abadín per-tence á rede de centros de aten-ción a persoas maiores doConsorcio Galego de Servizos deIgualdade e Benestar. Estes defí-nense como equipamentos socio-terapéuticos e de apoio ásfamilias que ofrecen unha aten-ción terapéutica integral promo-vendo a autonomía persoal, aactividade relacional e a perma-nencia no contorno habitual dosbeneficiarios. Na Terra Chá, oConsorcio xestiona tamén cen-tros de día nos concellos de Be-gonte e de Cospeito.

O Belén de Begonte permanecerá aberto ata o 26 de xaneiro.

Page 10: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

cospeito

rábade

10 actualidadedecembro 12

O PSdeG de Rábade mostra o seuapoio á cidadanía da vila na súareivindicación por unha soluciónlóxica ao problema da comunica-ción entre as dúas partes en quequeda dividido o pobo polo tra-zado das vías do tren.Así mesmo, o voceiro socialistaen Rábade, Miguel Vilar recordaque “isto non é un problemanovo”, xa que asegura que “o Al-calde e ADIF (Renfe) mantiveronesta situación durante os treceanos que leva ocupando a alcal-día, con diferentes gobernos enGalicia e no estado. As situaciónsque na actualidade teñen queestar denunciando os veciños e as

veciñas, levan existindo todo estetempo”, apunta Vilar.Por outra banda, explica que “aspersoas maiores e discapacitadasnon puideron cruzar as vías encondicións de seguridade e acce-sibilidade mínimas durante anos,polo que dende o grupo munici-pal do PSdeG-PSOE considera-mos, dende sempre, moi perigosaa situación que se ven man-tendo”.Esta denuncia atópase recollidapolas actas de varios plenos, ondeos socialistas de Rábade “lle so-licitamos ó Alcalde á negociacióncon ADIF (Renfe) para a cons-trucción dun paso peonil sote-

rrado ou dunha nova pasa-rela elevado, dotada de as-censores”, recorda Vilar.Finalmente, dende o grupomunicipal socialista agar-dan que “a reunión concre-tada entre o Alcalde e opresidente de ADIF para ovindeiro mércores 12 de de-cembro, segundo informa-cións das redes sociais, deaos froitos necesarios paratódalas veciñas e veciños”.Así mesmo, Vilar conclúedicindo que “teña que ser acidadanía quen faga o traba-llo do seu representantediante das administracións”.

Oito establecementos hostaleirosde Muimenta despacharon pretode 2.900 tapas durante a sextaedición do Concurso deTapas de Muimenta or-ganizado pola Asocia-ción de Empresarios deMuimenta, e coa cola-boración da DeputaciónProvincial de Lugo,entre o mércores 5 dedecembro e o sábado 8. Tras efectuar o recontode votos na noite domércores 12 de decem-bro, as tapas gañadorasresultaron ser a Tabernado Cruña -segundo opúblico- e o Restau-rante Anllo -segundo oxurado profesional inte-grado polos propios es-t a b l e c e m e n t o sparticipantes-. O Res-taurante Anllo e o BarO Abuelo completan o podio dasvotacións do público; mentresque segundo os profesionais o se-gundo e terceiro posto correspon-den ao Asador O Cabuxo e aTaberna do Cruña.

600 euros en premios

Ademais, nesta mesma xornadarealizouse o sorteo de tres vales

de cen euros cada un a gastar nosnegocios socios da asociaciónque foron parar a Lucía Díaz de

Muimenta, José Canto de SanMartín de Corbelle (A Pastoriza)e Luís Miguel Darriba, de A Re-gueira (A Pastoriza). Pola súabanda, a gañadora dos trescentoseuros en efectivos como premioá ruta polos oito bares foi paraSesa Anllo de Muimenta que re-cibiu o premio o luns 17 de de-cembro no local da asociación

xunto ao resto de premiados.Nesta mesma xornada, a Tabernado Cruña e o Restaurante Anllo

recibiron os diplomas que osacreditan como gañadores destasexta edición do concurso detapas.

Números

As tapas despachadas ao longodesta edición, superaron a cifrada edición celebrada no mes dedecembro do 2009. Este ano al-

canzáronse as 2.890 tapas entreos oito establecementos partici-pantes e nos catro días de con-

curso fronte as 2.626 de faitres anos, cando participara unlocal máis e o concurso duraraun total de seis días. Pola súabanda, o número de roscos ourutas polos oito bares partici-pantes alcanzaron os 211, casecen máis con respecto á edi-ción do inverno de fai tresanos.

IV Mercado de Nadal

Dende a Asociación de Em-presarios de Muimenta orga-nizan tamén a cuarta edicióndo Mercado de Nadal que sepuxo en marcha o pasado luns26 de novembro e continuaráata o sábado 5 de xaneiro.Entre os clientes que merqueneste Nadal nos establecemen-tos asociados repartiranse pa-

peletas coas que participar nosorteo de Reis. Son un total demil euros os que se poñen enxogo: o posuidor da papeleta quecoincida coas catro últimas cifrasdo primeiro premio farase con700 euros, mentres que o posui-dor da papeleta que coincida coascatro últimas cifras do segundopremio, obterá 300 euros.

A vixésimo novena edición daMostra Exposición de Mui-menta – MOEXMU celebraraseentre o venres 5 e o domingo 7de abril baixo a coordinación deJosé Manuel Rus, por décimosexto ano consecutivo.A nova comisión organizadora -formada por seis empresarios edúas empresarias, as únicas conexperiencia doutro ano: AntonioAnllo Díaz, Ángel Engroba Gar-cía, Ana Iglesias Lozano, JoséLuis Lodos Ferreiro, José ÁngelLozano Cruña, Pilar MoránEdrosa, José Aníbal RodríguezFolgueira e Manuel Ángel Ro-dríguez Fontao- xa comezou atraballar tamén no XXVII Con-curso de Gando Frisón, XXVIIExposición de Gando de RazaRubia Galega e a XV Subasta deGando Selecto. A comisión xa mantivo a tradi-cional reunión anual con mem-bros de Africor Lugo, acomisión de gandeiros da MO-EXMU e representantes doConcello de Cospeito para co-menzar a organizar a vindeiraedición. Deste xeito, coñeceronas inquedanzas dos gandeirossobre o sector e a intención deasesoramento para a celebracióndo concurso por parte de Afri-cor.

Os socialistas de Rábade apoian aos veciños nas reclamacións a ADIFOs socialistas recordan a súa proposta de construcción dun paso peonil soterrado ou dunha pasarelaelevada dotada de ascensores

A Taberna do Cruña repite premio no sexto Concursode Tapas de MuimentaO Restaurante Anllo fíxose co premio do xurado profesional

A MOEXMU2013 xa estáen marcha

Catro clientes resultaron premiados con 600 euros.

O pobo queda dividido polo trazado das vías do tren.

Page 11: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

11actualidade decembro 12

A Deputación e Concello de Guitiriz non alcanzanningún acordo sobre centro de día e a residencia

A Confederación Hidrográfica doMiño-Sil cre necesaria a regularizacióndos caudais de abastecemento da auga

O xoves 20 de decembro cele-

brouse unha nova comisión de se-

guimento e impulso do centro de

día e residencia pública de Guitiriz

na que participaron representantes

da Deputación Provincial e o rexe-

dor do municipio, Xosé María Tei-

xido.

Trátase do segundo encontro man-

tido entre eles neste mes despois da

xuntanza do luns 3 de decembro a

partir da cal a corporación munici-

pal mantivo unha serie de xuntan-

zas cos veciños e veciñas para

coñecer as necesidades reais deste

tipo de infraestrutura no municipio

ao tempo que estudou o proxecto

que alberga un centro de día con 15

prazas e unha residencia con 26 de

titularidade pública.

A institución provincial acusa ao

mandatario local de “non aclarar

cal é a súa postura, retrasando de

novo a execución do centro de día

e residencia pública da Deputación

en Guitiriz”. Teixido, pola súa

banda, explica que “o centro de día

e a residencia son moi necesarias

no municipio”; pero aclara que o

número de prazas precisas aché-

gase ás 20 no caso do centro de día

e ás 24 para a residencia. Así

mesmo, o alcalde explica que

dende a institución provincial

“queren facernos aceptar o pro-

xecto tal e como nos foi presentado

na xuntanza do luns 3 de decem-

bro”, xa que “non foi ata esta data

cando tivemos completo coñece-

mento das características do pro-

xecto”, segundo manifesta Teixido.

A ese respecto, o rexedor guitiri-

cense aclara que “o Concello está

disposto a negociar, pero é preciso

modificar o convenio e o proxecto

para cubrir as necesidades do mu-

nicipio”. Por outra banda, consi-

dera que non se poden acometer

unhas obras -que supoñen unha in-

versión de 200 mil euros por parte

do Concello- que non contan cun

informe de viabilidade por parte da

Xunta nin a autorización de Patri-

monio; xa que “non queremos des-

pilfarrar os cartos públicos”.

Nese sentido, Teixido puntualiza

que “Guitiriz precisa un centro de

día e unha residencia, pero coas

prazas suficientes para atender a

demanda – xa que contan con 14

usuarios no centro de día e con lista

de agarda, ademais de rexistrar 7

persoas en residencias doutros mu-

nicipios-“. Ademais, dende o Con-

cello cremos que deberían ser

centros mixtos – acollendo

nun mesmo local ambos cen-

tros- para evitar o pago do

alugueiro do local do actual

centro de día que ascende a

622 euros ao mes ao que hai

que engadir a contía de 2.614

euros que supón o pago men-

sual da hipoteca da Casa da

Botica”.

A institución provincial acusa

a Teixido de rexeitar publica-

mente, e en reiteradas oca-

sións, a construción desta

dotación social, e de non tela

trasladado nunca ao orga-

nismo lugués de xeito oficial.

Pola súa banda, o Alcalde

apunta que xa remitiran á

Deputación a solicitude

dunha xuntanza para aclarar

os temas relacionados coa

Casa da Botica en novembro do

2011. Entre outros, atópase a súa

cesión e a dos terreos colindantes a

este inmoble para a construción

deste proxecto que alberga o Con-

venio de colaboración que mante-

ñen onde se establece a achega por

parte do organismo lugués do 80%

do custe total dos traballos de cons-

trución do centro de día e residen-

cia pública -2,1 millóns de euros

contemplados no seu Orzamento-,

mentres a entidade local participa

no seu financiamento con 200 mil

euros, ademais de achegar os ser-

vizos urbanísticos e os terreos. Este

é outro punto no que ambas enti-

dades difiren, xa que a Deputación

acusa a Teixido de “manter parali-

zada esta cuestión malia que o

Pleno municipal, xa no anterior

mandato, aprobara a cesión da

Casa da Botica e dos terreos colin-

dantes a este inmoble para a reali-

zación deste proxecto”.

O presidente da Confederación

Hidrográfica do Miño-Sil -

CHMS-, organismo autónomo de-

pendente do Ministerio de

Agricultura, Alimentación e

Medio Ambiente, Francisco

Marín, realizou o mércores 12 de

decembro unha visita institucional

ao Concello de Guitiriz, acompa-

ñado polo subdelegado do Go-

berno en Lugo, Ramón Carballo.

No concello de Guitiriz, Ramón

Carballo e Francisco Marín foron

recibidos polo alcalde, Xosé María

Teixido Núñez. Durante o encon-

tro, Marín formuloulle ao rexedor

a necesidade de regularizar as con-

cesións de caudais para o abaste-

cemento de auga ao municipio.

“Como ocorre noutros concellos

da conca, é un tema pendente de

resolver dende fai anos, e que con-

sideramos prioritario”, explica

Marín.

Por outra parte, o presidente da

CHMS manifestou a vontade do

Organismo na axuda e colabora-

ción cos concellos da conca co

ánimo de resolver os trámites con

axilidade e concretando ben os

problemas para facilitar a resolu-

ción dos mesmos. “Si ao final

desta etapa os concellos nos perci-

ben próximos e colaboradores

sería a consecución dunha das

nosas metas”, indica Marín.

Acondicionamento das marxes

do río Parga

Marín e Carballo interesáronse

tamén polo estado das marxes do

río Parga coa finalidade de incluí-

las nun proxecto que está elabo-

rando o Organismo da conca, co

que se pretende evitar futuros des-

bordamentos. O obxecto deste

proxecto pasa por acondicionar as

marxes e estabilizar os noiros de-

bilitados pola auga e o paso do

tempo. Estas actuacións están pre-

visto que se comecen durante o

primeiro trimestre do ano 2013.

O Concello de Guitiriz promove,

en colaboración cos empresarios

da localidade, unha campaña de

promoción do comercio local

baixo o título “Merca no Conce-

llo de Guitiriz e fai grande o teu

pequeno establecemento” e na

que participan 62 empresas.

O obxectivo fundamental é ani-

mar aos guitiricenses a mercar

nos establecementos do concello

e para iso conta cun aliciente: o

sorteo de catro cheques regalo de

200 euros para gastar nos estable-

cementos colaboradores.

Para participar no sorteo, os esta-

blecementos entregarán aos

clientes un número de boletos se-

gundo o volume da súa compra.

Despois de cubrilos cos seus

datos persoais e o número de te-

léfono do cliente, o responsable

do establecemento deberá selalo

boleto para que sexa válido para

o sorteo.

Será o día 5 de xaneiro, ao re-

mate da Cabalgata de Reis, cando

se realice o sorteo no pavillón

municipal mediante a extracción

das papeletas dunha urna onde se

depositarán durante a mañá dese

sábado tódalas recollidas polos

establecementos colaboradores.

Operación Kilo

O Concello de Guitiriz promove,

así mesmo, durante este Nadal

“Operación Kilo” por segundo

ano consecutivo. Os alimentos

que se acheguen á Casa do Con-

cello en horario de mañá serán

doados aos máis desfavorecidos.

Unha campaña de dinamización docomercio local que reparte 800 eurosen premios

Os entes provincial e municipal mantiveron dúas xuntanzas neste mes de decembro.

guitiriz

Page 12: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

12 actualidadedecembro 12

Sotavento recibe ao seu visitante 200.000

Benestar e o Concello das Pontes asinarono convenio de xestión do Centro de Día

O Concello de As Pontes destina 10.000 euros aoprograma de ocio xuvenil Zona Zero

O profesor universitario AlbertoGonzález Martínez, responsable

do grupo de alumnos e alumnas

do terceiro curso de Enxeñería

Técnica Industrial do Campus le-

onés de Vegazana, converteuse

este venres 14 de decembro no vi-

sitante número 200.000 das insta-

lacións do Parque Eólico

Experimental Sotavento.

Durante a visita, Sotavento desen-

volveu distintas actividades para

conmemorar este acontecemento

que supón, segundo responsables

da Fundación, un fito importante

na historia desta instalación nun

momento de crise económica que

afecta a tódolos sectores.

Non foi casual

A Universidade de León sempre

tivo unha gran implicación nas ac-

tividades divulgativas de Sota-

vento acumulando unha gran can-

tidade de visitas anuais dende os

seus inicios. Non sorprende, polo

tanto, que o visitante nº 200.000

pertenza a esta institución.

Plan Educativo – Divulgativo:

11 anos de funcionamento

Dende a posta en marcha do Plan

Educativo – Divulgativo no ano

2002, o Parque Eólico Experi-

mental Sotavento foi aumentando

ano tras ano o número de visitas,

ata conseguir unha media duns

20.000 visitantes anuais. Conside-

rando as solicitudes, esta cifra po-

dería ser maior pero queda

limitada ao primarse a calidade

fronte á cantidade e reducir o nú-

mero de integrantes por grupo.

Aínda así, 50 persoas diarias de

media visitan Sotavento tódolos

días do ano.

O tipo de colectivos foi variando

considerablemente ao longo dos

anos, pasando por un maior nú-

mero de visitas de centros de edu-

cación primaria nos primeiros

anos, ata un maior número de vi-

sitas de Universidades, grupos

técnicos e particulares, na actuali-

dade. Isto probablemente é

debido ao aumento de conti-

dos técnicos e diversas insta-

lacións reais.

2013: “Ano Internacional

da Cooperación na Esfera

da Auga”

Sotavento tentará continuar a

realizar a súa labor no ano

2013 a pesar da crise e fará

especial fincapé nos aspectos

relacionados coa auga ao

considerarse pola Asemblea

Xeral das Nacións Unidas , o

“Ano Internacional da Coo-

peración na Esfera da Auga”.

A demanda de visitas ás ins-

talacións do Parque Eólico Expe-

rimental garante, a día de hoxe,

manter o número de visitantes ata

o final do curso académico.

A conselleira de Traballo e Be-

nestar, Beatriz Mato, e o alcalde

de As Pontes, Valentín González

Formoso, asinaron o convenio de

xestión do centro de día pontés.

No acto, que tivo lugar na Casa

Consistorial, tamén se contou coa

presenza do presidente do Con-

sorcio de Igualdade e Benestar,

Roberto Rodríguez; os edís

Montserrat García, José Alén,

Sara Ramos, Antonio Lourés e

Jesús Tembras, a concelleira po-

pular Sara Prada e o deputado au-

tonómico Miguel Tellado.

Mediante este convenio fanse ofi-

ciais os acordos acadados entre os

gobernos local e autonómico, xa

que o primeiro encargarase de

subvencionar o transporte dos

usuarios namentras que a Xunta

de Galicia responsabilízase do

mantemento destas dependencias.

En relación a este convenio, o al-

calde das Pontes agradeceu a co-

laboración do departamento que

dirixe Beatriz Mato; xa que este

convenio foi froito de moitas ne-

gociacións “realistas”. Asemade,

Valentín González Formoso deu

conta da boa relación entre as

dúas administracións que se tra-

duce en colaboración constante,

facilidades por parte do goberno

autonómico e apoio ante peti-

cións coma plans de emprego ou

novas instalacións para As Pontes

( Centro de Día, centro de Aspa-

naes...), malia que a situación

económica non é a mellor posi-

ble.

Tras asinar no Libro de Ouro do

concello, a conselleira de Traba-

llo e Benestar xunto co alcalde de

As Pontes visitaron o Centro de

Día de As Pontes, unhas depen-

dencias que supuxeron unha in-

versión de 460 mil euros e que

abrían ao público o pasado mes

de outubro cun total de 30 prazas.

O Concello de As Pontes

rubricou co colectivo

Abeiro un acordo de cola-

boración económica diri-

xido a subvencionar o

programa de ocio xuvenil

Zona Zero. O acordo asi-

nado polo alcalde Valentín

González Formoso e a aso-

ciación de axuda a drogode-

pendentes Abeiro nun acto

que tamén contou coa pre-

senza do edil de Servizos

Sociais, José Alén, supón a

achega de 10 mil euros ao

programa Zona Zero por

parte do executivo local.

Zona Zero

Zona Zero é un programa dirixido a

rapaces e rapazas de entre 12 e 18

anos e que ten como fin ofrecerlles

unha alternativa de diversión para a

tarde dos sábados, á marxe do mundo

das drogas. De feito, cada semana non

faltan actividades do máis entretidas

coma obradoiros de roupa, deseño ou

maquillaxe, competicións deportivas

e múltiples xogos e iniciativas vence-

lladas a datas coma o Halloween ou

as festas populares e ata obradoiros de

baile, monólogos ou concursos de ka-

raoke ou de vi-

deoxogos. Todo

isto sen esquecer

as iniciativas

vencelladas á

concienciación e

sensibilización

dos máis novos

con respecto aos

perigos das dro-

gas e do seu con-

sumo ás que

sumarán máis

apoios a medi-

das deste tipo

grazas ao conve-

nio asinado.

Zona Zero volve ás tardes dos sába-

dos no Lar de Endesa, entre as cinco

e media e as oito e media con entrada

libre para menores de 18 anos que

desexen desfrutar dunha tarde de sá-

bado do máis entretida e á marxe das

drogas.

O profesor González Martínez, do campus leonés de Veganaza é o visitante 200.000.

xermade

as pontesoutros concellos

O rexedor pontés rubricou este acordo coa asociación Abeiro.

Page 13: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

13actualidade decembro 12

A Deputación dota a 150 veciños de Meira dun novo sistema de traída de auga

O plan de reestructuración de NCB desencadea as protestas polo peche de oficinas

“A venda da entidade galega só servirá para restrinxir o acceso ao crédito e incrementar o desemprego”

A Xunta de Goberno da Deputa-

ción provincial aprobou o venres

14 de decembro conceder unha

subvención á comunidade de veci-

ños Salgueiro Vello, pertencente á

parroquia de Vilar de Mouros, no

Concello de Meira, para a execu-

ción das obras de mellora no sis-

tema de traída de auga, por valor

de 180 mil euros, sufragados ao

100% pola Deputación.

O voceiro provincial socialista,

Manuel Martínez, explicou que

“trátanse duns traballos moi de-

mandados polos veciños desta lo-

calidade xa que levan máis dunha

década sufrindo continuos cortes

no sistema, quedando varios días

sen auga no verán. Ante esta situa-

ción, o anterior Alcalde este muni-

cipio, Antonio De Dios, prometera

realizar estas actuacións, que agora

asume a institución provincial,

tendo en conta a súa necesidade. E

é que estamos a falar dunha parro-

quia con máis dun cento de veciños

que se adican, na súa maioría, ao

sector gandeiro, facendo impres-

cindible un sistema de traída de

agua en perfectas condicións para

desenvolver o seu traballo.

Concretamente, Vilar de Mouros

conta con 150 veciños e ducias de

explotacións gandeiras, que suman

unhas 800 cabezas de gando. Estes

traballos xa contan co permiso im-

prescindible da Confederación Hi-

drográfica do Miño-Sil polo que a

Deputación poraos en marcha pró-

ximamente.

Colaboración entre administra-

cións

Pola súa banda, o alcalde de Meira,

Ramiro Pérez, defende que “só a

través da colaboración entre todas

as Administracións poderemos dar

a mellor resposta posible a todas as

necesidades que nos trasladan os

veciños”. O popular fixo estas de-

claracións, en relación a execu-

cións das obras de mellora no

sistema de traída de auga na parro-

quia de Vilar de Mouros.

O popular asegura que este acome-

tido se trata dun exemplo de impli-

cación de distintas administracións

coa aportación por parte de cada

ente de goberno dos medios dos

que dispón, en funcións das súas

dispoñibilidades e do orzamento

que manexan. Así, agradece que

esta colaboración se siga facendo

efectiva e a necesaria infraestrutura

estea operativa na maior brevidade

posible.

O rexedor popular explica que

dende o Concello de Meira se pu-

xeron a disposición da Comuni-

dade de Veciños Salgueiro Vello

todos os medios dos que dispoñían

dado a importancia desta infraes-

trutura. Así, asegurou o popular

que a implicación do goberno local

pasou incluso pola bonificación, no

máximo que permite a Lei, do im-

posto correspondente.

O Pleno da Deputación Provincial

celebrado o martes 27 de novembro

aprobou por unanimidade unha mo-

ción presentada polo populares para

instar a NovaGalicia Banco a recon-

siderar o seu plan de reestructura-

ción e peche de oficinas na

provincia.

Os populares lucenses advirten da

necesidade de “ser especialmente

sensible con aquelas poboacións

que non teñen outra entidade ban-

caria, como acontece no caso dos

concellos de Riotorto e Muras” e

demandaron a implicación directa

do Executivo provincial para que,

“ao igual que o está a facer o PP e a

Xunta, inicie as negociacións opor-

tunas cos directivos desta entidade

bancaria ao obxecto de que o banco

rectifique na intención do peche de

oficinas previsto para antes de que

finalice o ano en curso”.

Pola súa banda, dende o PP de Rio-

torto aseguran que “a unión de ve-

ciños e de institucións pode ser a

clave para acadar melloras na cali-

dade de vida dos residentes da pro-

vincia e a Deputación como o

conxunto de institucións teñen a res-

ponsabilidade e obriga de trasladar-

lle a todas as entidades -incluído

este banco- as prioridades e as ne-

cesidades dos veciños”.

Nese eido, a Xunta de Goberno Pro-

vincial aprobou o venres 30 de no-

vembro unha declaración

institucional coa que a Deputación

de Lugo esixe a Feijóo e Rajoy que

paralicen a venda de NovaGalicia

Banco co fin de garantir o seu ca-

rácter público, os aforro dos lucen-

ses con participacións preferentes,

os empregos que esta entidade xera

na provincia, e as oficinas de NGB

no rural lugués. O organismo pro-

vincial demanda ós Presidente da

Xunta e o Goberno Central que

aclaren, ademais, as xestións políti-

cas realizadas.

Emprego e equilibrio territorial

Esta declaración institucional, así

mesmo, demanda do Ministerio de

Economía e Competitividade o seu

compromiso co emprego en NGB

e, xa que logo, a súa oposición a

unha reducción de plantilla na enti-

dade nos termos que vén de solicitar

a Comisión Europea. E, por outra

banda, reclámalle tamén o mante-

mento das oficinas de NGB nos

Concellos da Galicia rural e, por

conseguinte, a paralización do plano

de peche das mesmas para que o

proceso de reestructuración finan-

ceiro non opere como un factor de

desequilibrio territorial.

Manifestación contra o peche de

oficinas

O PSdeG-PSOE provincial de Lugo

estivo cos veciños na manifestación

convocada para o sábado 1 de de-

cembro diante da Casa do Concello

de Riotorto contra o peche da única

oficina bancaria que queda no con-

cello, de NGB. O voceiro socialista

en Riotorto, José García Freije, ex-

plica que a sucursal é “imprescindi-

ble para moita xente que ten

dificultades para desprazarse a ou-

tros sitios” e supón un pulo “moi

importante para a actividade econó-

mica” local.

Pola súa banda, dende o BNG

únense ás mobilizacións e aseguran

que “a provincia de Lugo será unha

das máis afectadas polo desmante-

lamento de NCG, xa que a nosa

provincia xera aforro neto e a venda

limitará o seu uso para facilitar que

o crédito flúa”.

Un botín do Banco Santander

O nacionalista Antonio Veiga de-

nuncia que “a venda de NCG é o

desenlace á estratexia deseñada polo

Goberno galego para o noso sistema

financeiro; unha estratexia que

dende a fusión de Caixa Galiza e

Caixa Nova sempre se evidenciou

equivocada e que o único que non

se deu conta foi o Partido Popular”

ao aceptar as condicións impostas

pola UE para recibir o rescate ban-

cario.

“A venda de NCG só servirá para

restrinxir o acceso ao crédito en Ga-

liza, para incrementar o desemprego

e para que os aforros de milleiros de

galegos e galegas pasen a ser un

botín do Banco Santander”, senten-

cia o nacionalista. Ademais, recorda

que “a reestructuración imposta por

Bruxelas para a entidade galega su-

porá o feche de 400 oficinas e o des-

pedimento de 2.500 traballadores e

traballadoras; contribuíndo tamén a

aumentar as listas do paro”.

A Deputación aporta 180 mil euros para a execución desas obras na parro-

quia de Vilar de Mouros.

outros concellos

terra chá

meira

Page 14: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

14 actualidadedecembro 12

Os Consellos de Maiores deMomán (Xermade) e Labrada(Guitiriz) iniciaron o domingo 16de decembro unha campaña deapoio para que os pensionistas re-clamen a revalorización total dassúas pensións de xeito que os Or-zamentos Xerais do Estado garan-tan a recuperación total dadesviación do IPC.Estas organizacións integradaspolos maiores destas parroquias,xunto ás de Xestoso e Cambás,móstranse en contra da decisiónadoptada polo Consello de Minis-tros de non compensar aos pensio-nistas por esta desviaciónincumprindo así o artigo 48 de LeiXeral da Seguridade Social, queestablece a revalorización das pen-sións da modalidade contributivaao comezo de cada ano conforme

ao Índice de Prezos ao Consumo.

Ao Valedor do Pobo e aos Parla-

mentos

Os Consellos de Maiores deMomán e Labrada, solicitarán aoValedor do Pobo, e os Grupos par-lamentarios do Congreso e aosseus homólogos no Parlamentogalego a interposición de recursosindividuais contra esta medida queafecta aos nosos maiores.A recollida de sinaturas arrincou odomingo en Momán, Xermade;para continuar despois por outrasparroquias onde se reunirán osConsellos de Maiores para facilitaro modelo para as reclamacións in-dividuais que os pensionistaspoden presentar en contra destamedida ante o Instituto Nacionalda Seguridade Social.

O traballo e unión da veciñanza dosconcellos afectados polos proxec-tos da empresa mineira Erimsa paraextraer seixo na Terra Chá ven de

dar os seus primeiros froitos, aoserlle denegada a licenza urbanís-tica para explotar a parte da conce-sión Alicia que afecta ao termomunicipal da Pastoriza.Esta denegación está baseada nosinformes que varios organismosoficiais (Confederación Hidrográ-fica Miño-Sil; Consellaría deMedio Rural; Ministerio de MedioAmbiente, Rural e Mariño; e o pro-pio concello) emitiron na contrados proxectos, dándolle a razón aosargumentos que sempre defendeu aComisión de Asociacións contra asMinas na Terra Chá.A Consellería de Medio Rural e doMar, o Servizo de Conservación daNatureza e o Ministerio de MedioAmbiente, Medio Rural e Mariñocoincidiron en amosar a capacidadeprodutiva da zona e o seu valoragrolóxico e en indicar que as acti-vidades mineiras proxectadas po-derían afectar a especies e hábitats

e ao nivel e calidade das augas deconcesións previas e preferentes.Os diversos colectivos e organiza-cións que integran a Comisión de

Asociacións contra as Minas naTerra Chá (Sindicatos agrarios, aso-ciacións culturais e veciñais, comu-nidades de regadores, cooperativasagrícolas, comisións de concentra-ción parcelaria, comunidades demontes, etc.) reuníronse en Mui-menta (Cospeito) o pasado 20 denovembro para valorar a situaciónactual deste conflito e congratularsepor este primeiro paso en positivopara impedir que a actividade mi-neira de Erimsa destrúa o mediorural chairego.Así e todo, a Comisión de Asocia-cións contra as Minas na Terra Cháquere amosar a súa cautela, poisaínda están pendentes de resolver eno último tramo do procedementoadministrativo outra licenza na Pas-toriza (Pastoriza) e dúas en Cos-peito (Karles e Alicia).Dende a Comisión teñen claro queestas resolucións teñen que ser ne-gativas para a empresa, dado que as

circunstancias a respecto das zonasagrarias de protección, as zonas deprotección de augas e as zonas in-undables son similares que as da

concesión Alicia da Pasto-riza.Aínda así, a Comisión ma-nifesta que “sabemos que aloita continua e que non po-demos baixar a garda ataconseguirmos anular asconcesións, porque aíndaque Erimsa non obtivo a li-cenza para explotar, a con-cesión segue en vigor e uncambio normativo ou devontade política pode per-mitir que continúe adiantecos seus proxectos”, advir-ten.

Antecedentes

O conflito das minas daTerra Chá comezou a finais

do ano 2006, cando se aprobarontres concesións mineiras (Alicia,Karles e Pastoriza) que afectaban amáis de 5.700 hectáreas dos conce-llos da Pastoriza, Cospeito e Castrode Rei e, en menor medida, a Aba-dín e Vilalba.Dende aquela, a empresa presentoulicencia urbanística para iniciar aactividade no ano 2008 nos conce-llos de Castro de Rei, A Pastoriza eCospeito. Dende o intre da presen-tación, houbo dous períodos de ex-posición pública dos proxectosonde a Comisión de Asociaciónscontra as Minas na Terra Chá,xunto con centos de veciños e ve-ciñas, presentaron alegacións opo-ñéndose a estes proxectos. Aomesmo tempo, a Comisión contraas Minas realizou un intenso laborinformativo e reivindicativo, parti-cipando en varias manifestacións, eorganizando dous festivais e duciasde charlas informativas.

O Presidente da Deputación,José Ramón Gómez Besteiro,acompañado polo Alcalde daPastoriza, Primitivo Iglesias,anunciou que a institución pro-vincial executará obras na LU-0102 de Fontevella ao Carrizal,“mellorando as conexións dendea Terra Chá coa A-8”, medianteo Plan de Obras e Servizos 2012.Trátase do proxecto que tentoueliminar o Goberno Central, “su-primindo a cero a achega estatala esta iniciativa por primeira vezna historia da democracia”, su-bliñou Gómez Besteiro, pero quemantivo a Deputación na provin-cia, tendo en conta o rexeita-mento de todos os municipioslugueses á decisión do Execu-tivo de Rajoy, así como a nece-sidade de executar o POS parareforzar as prestacións e comba-ter o paro, ademais do despobo-amento demográfico, no rural

lugués. Para elo, o organismoprovincial tivo que incrementaro seu investimento a este pro-xecto en 400 mil euros con res-pecto ao ano pasado, acadandoos 2,1 millóns de euros. As obras na LU-0102 son unstraballos moi demandados polosveciños dende hai anos, ó tra-tarse dun vial moi transitado porser o principal nexo de uniónentre A Pastoriza e Moncelos. Oactual Executivo lugués xa ex-propiou os 43.930 metros cadra-dos imprescindibles para arealización destas obras, ache-gando para elo 183.229 euros.Agora, xa ten a súa plena dispo-sición outros 943.389 euros ne-cesarios para executar mellorasdende o punto quilométrico4,058 ao 8,058. Isto supón, queo presuposto total que inviste aDeputación en dita estrada é decase 1.130.000 euros.

A empresa pública de Paradores,ven presentar un ERE extintivo queafecta a 644 dos seus 4.400 traba-lladores, un peche temporal a 948empregados -practicamente o 25%-e que inclúe a clausura de sete ho-teis e o peche por tempadas decinco meses doutros 27 establece-mentos, entre os que se atopan dousParadores da nosa provincia, undeles de referencia na Terra Chá -oParador de Vilalba- e outro no surde Lugo -o de Monforte de Lemos-.Deste xeito, dende a Área de Tu-rismo da Deputación de Lugo crí-tican ao Goberno do Estado polanefasta xestión que está a facer enrelación ao ERE da empresa pú-blica Paradores. Nese sentido, o de-legado provincial de Cultura eTurismo, o nacionalista Mario Ou-

teiro, explica que “os datos paraGalicia son aínda máis decepcio-nantes, xa que o ERE supón o des-pedimento de 85 dos 427traballadores e a modificación dascondiciones contractuais doutros119 empregados, que pasarán defixos a fixos descontinuos”. Así,“veranse afectadas 204 persoas,practicamente o 50% do plantel” deParadores na Comuidade, segundoapunta.Co peche do Parador de Vilalba du-rante os meses de inverno, o Go-berno do Estado está a provocardirectamente a destrución das posi-bilidades turísticas da cabeceira dacomarcas da Terra Chá. Nese sen-tido, Outeiro afirma que, á parte dasconsecuencias directas deste ERE,“a medida vai totalmente en contra

do que defendemos desde a Áreade Turismo da Deputación que é lo-grar unha desestacionalización tu-rística e facer do turismo unhaalternativa para o emprego, porquecremos que explotando as potencia-lidades turísticas de Lugo lograre-mos que sexa un motor económicomáis importante se cabe”.Ademais, apunta que “hai que teren conta que o groso do público ob-xectivo que rexenta os establece-mentos de Paradores presenta unperfil social alto e realiza un nú-mero maior de pernoctacións e, porriba, con maior gasto por visitante,co que se está a desaproveitar unhaoportunidade de beneficio econó-mico moi importante”. Deste xeito,denuncian “a mala xestión da direc-ción de Paradores e tamén a reso-

lución do ministro do Interior quecomo solución á problemática ponenriba da mesa un ERE que contri-buirá, aínda máis se cabe, a empe-orar a situación”, como apuntouOuteiro.

Aberta a porta da privatización

O senador socialista Ricardo Vareladenuncia que os populares aproba-ron, en solitario, un texto na trami-tación dos Orzamentos Xerais doEstado que permite que a xestión deParadores poida realizarse “deforma directa ou indirecta”, modi-ficando nesta enmenda a anteriorredacción que garantía a xestiónpública destas entidades. A este respecto, Varela presentarádúas preguntas no Senado ao res-pecto. Por unha banda, quere saber

se con esta medida o Goberno pre-tende “facer desaparecer a singula-ridade que caracterizaba a estasinstalacións” e que as definía ataagora “non como establecementosde carácter hostaleiro, senón taméncomo instrumentos para a recupe-ración do patrimonio histórico eelementos de dinamización econó-mica, social e cultural dos territo-rios nos que se instalan”. E, poroutra banda, Varela quere saber“que destino e que futuro ten pen-sado darlle o Goberno aos traballa-dores destas instalacións e cal é oseu futuro”. O senador anuncia que se reunirácos traballadores de Paradores parainteresarse pola súa situación e quetomará medidas para defender osseus dereitos.

Paradores recibe críticas pola súa xestión e a súa posible privatización

A Deputación acondicionará aestrada da Fontevella ao Carrizal

Labrada e Momán esixen arevalorización das pensións

A Administración nega a licenza urbanísticapara explotar a concesión dunha mina deseixo na Pastoriza

terra chá

A Comisión de Asociacións contra as Minas na Terra Chá reuniuse o 20 de novembro

para informar sobre esta resolución.

Page 15: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

actualidade 15decembro 12

Lugo acolleu o sábado 15 de de-

cembro unha manifestación do con-

xunto das plataformas de afectados

polas participacións preferentes en

Galicia. Ata a capital luguesa tras-

ladáronse centenares de afectados

que continúan a pedir o reembolso

dos seus aforros.

O portavoz do Grupo Parlamentario

do BNG, Francisco Jorquera, outros

membros do BNG de Lugo e tamén

membros do PSdeG lugués sumá-

ronse ao colectivo de afectados pola

estafa das preferentes e percorreron

tamén as rúas da cidade amurallada

en sinal de protesta polas quitas que

se lles impoñen aos afectados e que

poden chegar ao 70 por cento dos

seus aforros investidos neste pro-

duto financeiro.

Nesta acto, Jorquera instou á Xunta

a buscar unha saída global aos mi-

lleiros de persoas afectadas por

estes productos e a impugnar o de-

creto que permite a “expropiación”

dos cartos dos aforradores. Así

mesmo, lamentou tamén que se

confirmen as advertencias do BNG

e que a vía da arbitraxe fose só unha

manobra da Xunta para “apaciguar

os ánimos” ata a campaña electoral

pero unha vez pasados os comicios,

agora a arbitraxe está paralizada.

O portavoz parlamentario naciona-

lista afirmou que “non é de recibo

que logo de ser estafados agora a

saída que se lle dá a este colectivo é

a de impoñer unha quita que pode

chegar ata o 70 por cento dos cartos

investidos e abonar o resto en forma

de accións, accións que no caso dos

que suscribiron as preferentes coas

antigas caixas galegas non poderán

vender porque Nova Galicia Banco

está intervida”. Nese sentido, expli-

cou que se trata “do mundo ao

revés: pretender devolver parte dos

cartos para capitalizar as entidades

que os estafou”, engadiu Jorquera,

quen reiterou a esixencia de que a

Xunta de Feijóo impugne tamén

o Plan de Reestructuración de

Nova Galicia Banco avalado

pola Comisión Europea e polo

Banco de España, “que ampara

esta tropelía”.

A escritora Marica Campo foi a

encargada de ler o manifesto

final erixíndose como voceira

dos afectados. A través do seu

discurso quixo recordar que “a

principal responsabilidade é dos

directivos das caixas e dos ban-

cos”; pero a ela “hai que sumar-

lle a neglixencia da Comisión

Nacional do Mercado de Valores

e a escasa supervisión do Banco

de España”, órganos dependen-

tes do goberno central ambos.

Deste xeito, recorda que “solucio-

nar o problema é competencia do

Estado e non de Bruxelas”. Ade-

mais, criticou “o Real Decreto

24/2012 legaliza a estafa e aplica

unha quita inasumible: ademais de

concederlle ao Fondo de Reestrutu-

ración Bancaria poderes especiais”.

Conclúe, así mesmo, dicindo que “o

goberno de España se pon do lado

dos poderosos, os banqueiros, e

deixa desprotexidos e indefensos

aos cidadáns”.

A FRUGA, cos afectados do rural

A Federación Rural Galega –

FRUGA tamén estivo presente na

manifestación, debido a presenza de

afectados entre os seus afiliados.

A organización sindical considera

que “estamos nun momento crucial

do conflicto, xa que de levarse a

cabo as pretensións dos gobernos as

persoas afectadas poden poder ata o

70 por cento dos seus aforros”. Por

iso, “a FRUGA asume como propia

a reivindicación das persoas afecta-

das de solicitar a devolución do 100

por cento dos aforros expropiados

polas entidades bancarias”.

Por outra parte, recordan que entre

os afectados se atopan veciños e ve-

ciñas do rural para os que a recupe-

ración dos aforros se fai

imprescindible para poder continuar

coa actividade das súas explota-

cións e poder facer fronte aos paga-

mentos, debido á crise sectorial que

están a atravesar, ademais da crise

que, nestes momentos, afecta a toda

a sociedade.

Os afectados polas preferentes piden en Lugo a devolución íntegrados seus aforros

Preto de 5 millóns para o ConsorcioProvincial de Bombeiros

O PSdeG de Lugo traballa nas propostasxurdidas no encontro coa militancia

terra cháBREVES

Parque ambiental enBretoña

Poemas sobre Lousada

O novo executivo daXunta incorpora unConselleiro lugués

Detido con 17 papelinasde MDMA

A Deputación construirá un parque

ambiental na zona do teleclub de

Bretoña por valor de 65 mil euros,

dos que o 80%, é dicir, 52 mil, son

fondos da UE. Trátase dunha ac-

tuación enmarcada no programa

Lug02, coa que se incrementan as

dotacións sociais neste municipio

co fin de mellorar a calidade de

vida dos veciños e veciñas; así

como para potenciar o medioam-

biente. Por este motivo este parque

ambiental situarase nunha zona

verde e incluirá aparellos para per-

soas de tódalas idades.

A escola do Pazo, local social da

Asociación Sociocultural O Pro-

greso, acolleu o sábado 15 de de-

cembro a presentación do libro

“Un berce de lecer” de José Mou-

riño Cuba.

Ao remate da presentación deste

libro sobre a parroquia xermadense

de Lousada a Comunidade de

Montes Veciñais en Man Común

de Lousada ofreceu un aperitivo

aos participantes.

O presidente da Xunta, Alberto

Núñez Feijóo, tras tomar posesión

o pasado sábado 1 de decembro,

presidiu a toma de posesión dos

Conselleiros onde anunciou a reno-

vación de Rosa Quintana como

Conselleira de Medio Rural e do

Mar; Beatriz Mato, Conselleira de

Traballo e Benestar; Rocío Mos-

quera, Conselleira de Sanidade;

Jesús Vazquez, Conselleiro de Cul-

tura, Educación e Ordenación Uni-

versitaria; Agustín Hernández,

Conselleiro de Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas; Elena

Muñoz, Conselleira de Facenda e

Alfonso Rueda, como Conselleiro

de Presidencia, ademais de vicepre-

sidente da Xunta. O lugués Fran-

cisco Conde será o novo

Conselleiro de Economía e Indus-

tria, relevando no seu lugar a Javier

Guerra.

Raquel Arias continúa como titular

da delegación territorial da Xunta en

Lugo; despois da toma de posesión

o venres 14 de decembro xunto aos

delegados da Coruña e Pontevedra.

A Garda Civil detivo a un mozo de

Abadín de 20 anos de idade na lo-

calidade de Barreiros como su-

posto autor dun delito contra a

saúde pública. Os axentes da

Garda Civil incautaron 17 papeli-

nas de, supostamente, MDMA (3,4

- metilendioximetanfetamina)

tamén coñecida como éxtasis ou

cristal, cun peso aproximado de 10

gramos nun control rutinario.

O Consorcio Pronvincial de Bom-beiros celebrou o luns 17 de de-cembro o Pleno no que se aprobouo seu Orzamento para 2013 queascende a case 5 millóns de euros,concretamente a 4.768.218 euros,asumidos ao 50% pola Xunta e aDeputación de Lugo. O 98,3%desta cantidade é para a xestión doservizo contraincendios nos par-ques de Barreiros, Viveiro, Vilalba,Chantada, Sarria e Monforte deLemos, quedando o 1,7% paracustes de persoal. Con este Presuposto, 120 bombei-ros prestarán cobertura as 24 horasdos 365 días ao ano en 50 Conce-llos da provincia. Na comarcachairega o parque de Vilalba aten-derá aos municipios de A Pasto-

riza, Abadín, Begonte, Cospeito,Guitiriz, Muras, Outeiro de Rei,Rábade, Vilalba e Xermade. O Pleno tamén tratou a elección doPresidente e Vicepresidente doConsorcio Provincial de Bombei-ros. Os Estatutos deste organismodictan que estes cargos se rotenentre Deputación de Lugo e Xuntacada dous anos. Dende 2010, oPresidente da institución luguesa,José Ramón Gómez Besteiro, ocu-pou a Presidencia deste organismopolo que agora asume a Vicepresi-dencia. O Director Xeral de Emer-xencias, Santiago Villanueva,ocupará no 2013 a Presidencia doConsorcio logo de que delegasenel o Conselleiro de Presidencia,Alfonso Rueda.

O secretario de organización doPSdeG-PSOE de Lugo, CarlosGonzález Santín, asegura queafrontan “esta etapa de cambios nopartido” con “máis traballo e máisilusión ca nunca” despois do en-contro coa militancia celebrado osábado 15 de decembro na Facul-tade de Veterinaria. Preto dun mi-lleiro de persoas acudiron a estacita onde o secretario xeral dos so-cialistas lugueses, Xosé RamónGómez Besteiro, se mostrou com-prometido co socialismo, coa mi-litancia e coa sociedade, e comoindica González Santín “quere aopartido e que asume responsabili-dade, polo que cando chegue omomento dun proceso que aíndanon está aberto, tamén estará aídisposto a dar un novo paso”.Besteiro, pola súa banda, indicouque “agora é o tempo de opinar” epropuxo que o Secretario Xeral doPSdeG sexa elixido coa fórmula:un militante, un voto; pedindo “uncompromiso dos delegados paraque voten o que decida a súa agru-pación” mentres non cambien osestatutos. Así mesmo, apostou polalimitación de mandatos, o cambiode orde na celebración de congre-sos ou por “darlle importancia aoG de Galicia nas siglas doPSdeG”, entre outras iniciativasque se levarán aos debates dos gru-pos de traballo abertos nas agrupa-

cións, e tamén en reunións secto-riais, despois da elaboración dundocumento inicial, no que xa tra-balla o PSdeG lugués coas propos-tas que xurdiron nas case 50intervencións dos militantes, máisas ideas que foron aportadas a tra-vés duns 70 correos electrónicosque remitiron ao partido militantese simpatizantes lucenses e de fórada provincia.No encontro do sábado, o PSdeGde Lugo tamén presentou un novositio web, www.psoeprovincialde-lugo.com, que se suma aos perfíscreados recentemente nas redessocias Twitter (@PsoeLugo) e Fa-cebook (www.facebook.com/pso-eprovinciallugo) como canles paraa comunicación a través da Inter-net.

ParoGonzález Santín suxeriulle ao pre-sidente da Xunta, Alberto NúñezFeijóo, que “esperte xa ante odrama do desemprego” que vive aprovincia, despois de coñecer osdatos do Ministerio sobre o des-emprego no mes de novembro.“Lugo volve rexistrar a maior subado paro en Galicia, con 1.580 per-soas máis sen traballo en só unmes, e cun aumento do 11,52%nun ano, e acércase aos 28.000 pa-rados (27.903)”, recordou o socia-lista.

A Plataforma de Preferentes de Lugo esixe unha solución ao Goberno e á Xunta.

Os orzamentos para o 2013 foron acordados no Pleno.

Page 16: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

16 actualidadedecembro 12

A Deputación puxo punto e finalao I Pacto Provincial polo Em-prego, programa impulsado parafomentar a inserción laboral dosdesempregados da provincia, coacelebración de catro xornadas decoaching, disciplina nacida co ob-xectivo de incrementar o rende-mento en diferentes ámbitos,tantos profesionais coma perso-ais.Tres especialistas en técnicas debusca de traballo puxeron, du-rante a primeira xornada cele-brada o mércores 28 denovembro, os seus coñecementosa disposición dos asistentes enmaterias coma as oportunidadesque ofrecen sectores coma os cha-mados “empregos verdes” -quemedraron un 235% na última dé-cada e que seguirán xerando uns200 mil empregos ata 2015 nopaís-, ou as axudas europeas doFondo Social, que correron demans de Luis Baneira Gómez, ex-perto na xestión do Fondo SocialEuropeo e Marcos Pérez Gulín,Presidente de Galicia Sustentable,

respectivamente.

Os consellos do gurú do “coa-

ching 2.0”

O reputado “coaching” AlfonsoAlcántara ofreceu ao numerosoauditorio presente as claves paraaproveitar os mellores coñece-mentos e habilidades de cada un,de cara a consecución dun obxec-tivo. Como elaborar un currículoefectivo aproveitando as novastecnoloxías e as posibilidades queofrece Internet; “vender” do xeitomáis produtivo as habilidadespropias; pistas acerca das profe-sións máis demandadas e de máisfuturo na Rede ou cales son ecomo empregar as mellores ferra-mentas 2.0 para atopar empregoforon algúns dos consellos quelles puido ofrecer de cara á con-secución dun emprego.

Xornadas sobre a busca de em-

prego

A programación coa que se pechadefinitivamente o I Pacto Provin-cial polo Emprego completouse

con outras tres xorna-das. A primeira delasdesenvolveuse o luns 3de decembro en Lugoe tivo como eixe cen-tral a busca de traballoe o autoemprego. Isa-bel Villamor, expertaen proxectos europeose xestión de cooperati-vas e Pemes, quixotransmitir unha men-saxe de optimismo,destacando que “aspersoas que atopan tra-ballo non son as máiscualificadas, senónaquelas que máis e me-llor se aplican en bus-calo”. Así mesmo, ofreceu asfórmulas necesarias para atoparatopar traballo, que pasan pola“adaptación, planificación e mo-tivación”. E, con respecto ao au-toemprego, Villamor animou aospresentes a tomar a iniciativa, xaque “só triunfa quen se levanta eprocura as oportunidades, creán-doas se non as atopa”.

A continuación, as xornadas aco-lleron unha mesa redonda, mode-rada polo xornalista JavierRivera, na que participaron res-ponsables dalgunhas das entida-des e asociacións que seencargaron de impartir a forma-ción do I Pacto Provincial poloEmprego, coma Cogami, CruzVermella ou a Fundación Laboralda Construción.

O martes 4 e mércores 5 de de-cembro as xornadas reeditáronsena zona sur da provincia e na Ma-riña, respectivamente, coa inter-vención da experta así coma acelebración da mesa redonda. Durante as xornadas desenvolvi-das nas diferentes localidades, fí-xose entrega dos correspondentesdiplomas aos participantes noPacto polo Emprego.

“Crear emprego e reforzar o Be-nestar Social”. Así explicou o Pre-sidente da Deputación de Lugo,José Ramón Gómez Besteiro,cales son as máximas prioridadesdo Orzamento do organismo pro-vincial para o ano 2013, que as-cende a 89,4 millóns de euros.Respondendo a esas prioridades,os presupostos contemplan unhasubida dun 63% para accións deFomento do Emprego e dun 12%,para Servizos Sociais. O Orzamento Xeral da Deputa-ción para o 2013 ascende a89.462.179,13 euros, o que supónunha baixada do 4,73% con res-pecto a 2012, segundo explicou oPresidente do ente, Xosé RamónGómez Besteiro, debido a que oEstado “privou á provincia decase 3 millóns de euros do Plan deObras e Servizos (POS) para2013, é dicir de obras que benefi-cian a todos os Concellos da pro-vincia”, e á distribución anual dosfondos europeos que ten fixada aDeputación.

7,5 millóns para emprego

A creación de emprego é a má-xima prioridade do Goberno pro-vincial porque “xerando emprego,xeramos riqueza na provincia e fi-xamos poboación”, destacou Bes-teiro. Así, a Deputación “está hoxeen disposición de investir 7,5 mi-llóns de euros en emprego”, entreos 4 millóns para accións de fo-mento do emprego -un 63% máisque en 2012- e os 3,5 correspon-dentes ao Pacto Provincial poloEmprego, o proxecto que acadou

máis financiamento en Galicia doFondo Social Europeo. Precisa-mente, grazas aos fondos que ainstitución luguesa soubo captarda UE, seguirá potenciandotamén os xacementos de empregoda provincia: o programa Lug02ou o Innova-TE.

2,2 millóns para Servizos So-

ciais

A aposta da Deputación por refor-zar o Benestar Social tradúcese noOrzamento de 2013 nunha partidade 2,2 millóns de euros, un 12%máis que neste 2012, xa que undecreto da Xunta obriga ás Depu-tación a sufragar o Servizo deAxuda no Fogar.

Disolución do INLUDES

A outra gran novidade do Orza-mento é que a disolución do IN-LUDES faise efectiva no 2013, coque Gómez Besteiro cumpre coapalabra dada no seu discurso deinvestidura deste segundo man-dato. Deste xeito, “simplifícase aestrutura administrativa da Depu-tación, gañando eficacia e eficien-cia”, asegura o mandatarioprovincial. No Orzamento de2013, a Deputación asume xa di-rectamente os gastos e ingresosactuais do INLUDES; e o grosodo seu persoal pasará a reforzar afunción principal da Deputación:a cooperación e asistencia aosconcellos.

Baixa a débeda

Demostrando que defender emanter as políticas sociais non é

incompatible con unha xestióneconómica boa e eficaz, a Depu-tación reduce en 2013 a súa dé-beda financeira en 10 millóns deeuros máis, mantendo “unha si-tuación saneada, algo moi impor-tante neste tempo de crise”,destacou o Presidente. Con estaamortización proxectada para2013 “levaremos rebaixado dendeque entramos no Goberno provin-cial un total de 48,7 millóns deeuros”, explicou Besteiro.

Catro investimentos destacados

O Presidente destacou que os pre-supostos seguen contemplandopartida para catro importantesproxectos que se seguen execu-tando como son a rede provincialde residencias, o centro de recría,a cooperación cos Concellos e oConsorcio Provincial de Bombei-ros. Nos orzamentos de SU-PLUSA para 2013 estánconsignados 15 millóns de eurospara a execución de residencias daterceira idade e centros de día. Asímesmo, a Deputación segueadiante co primeiro centro de re-cría público en España para o queo organismo está executando, ensolitario, 6 millóns de euros nesteproxecto, e en 2013 incorpora unnovo investimento de 1.350.0000euros para seguir avanzando nestaambiciosa iniciativa, que aforrarácustes ós gandeiros e xerará unvolume de negocio anual de 3 mi-llóns de euros. Por outra banda, en2013, non só se reforzará a Coo-peración cos Concellos con máispersoal, senón con recursos eco-

nómicos. Ademais dos programaseuropeos, dos que se benefician osConcellos, destínase un total 5,6millóns de euros a Cooperación, através das seguintes liñas: o Plande Obras e Servizos, que a Depu-tación volve a asumir so coa cola-boración dos Concellos, despoisde que Rajoy reducise a cero aachega estatal, e para o que sedestinarán 3 millóns de euros; oPlan de Comunidades Veciñais,cunha dotación de 2 millóns deeuros; e 600.000 euros, un 24%máis que o pasado ano para cola-borar con Concellos e entidadessen ánimo de lucro co obxectivode facer obras e actividades so-ciais.

Benestar, Turismo, Cultura e

Deporte

Pola súa banda, o VicepresidentePrimeiro, Antonio Veiga, incidiuen que o Orzamento do 2013“consolida a aposta da Deputaciónpolo benestar dos lucenses e polacreación de oportunidades labo-rais”, subliñando neste sentidoque o organismo provincial foi“punteiro” nesta materia, e seguesendo un ano máis “a instituciónprovincial que máis inviste en po-líticas sociais, non só de Galiza,senón de todo o Estado”.Veiga recalcou así mesmo o au-mento dun 40% na área de Tu-rismo co mesmo fin de xerarriqueza e emprego, e o mante-mento do groso das partidas orza-mentarias de Cultura e Deportepara apoiar o tecido asociativo daprovincia, que tralos recortes apli-

cados pola Xunta, “mantense polavontade da xente que forma partedel”.

O PP, en contra

O grupo provincial popular votouen contra do Orzamento provin-cial para o vindeiro ano 2013 du-rante a sesión plenaria do martes27 de novembro; xa que, segundoindicou a súa voceira, Elena Can-dia, “non podemos aprobar unsorzamentos, máxime no momentode dificultades económicas queestamos a atravesar, onde o Presi-dente do ente destina unha partidade 1.036.400 euros a propaganda-unha contía, que se incrementaademais nun 35,12% con respectoao 2012-, ademais de destinar1.565.455 euros á “axencia per-soal de comunicación do SeñorBesteiro: a Fundación TIC”.Ademais, a voceira popular criticaque no tocante ao concepto de in-vestimentos reais, “o equipo degoberno rebaixa na cantidade quese consigne xa que no 2012 a con-tía económica foi de algo máis de24 millóns de euros, mentres quepara o 2013, a partida é de algomáis de 19 millóns 400 mil euros.Así, “prodúcese unha redución de50 mil euros en investimentosreais con respecto á anualidadeanterior.Candia mostrou tamén as súas crí-ticas en materia de benestar social,posto que “o equipo de gobernoomitiu que nas transferencias paraBenestar comunitario a familias einstitucións sen fin de lucro redu-ciu a partida nun 95,75%”.

#SanMarcosA Deputación aproba un Orzamento que prima o emprego e os servizos sociais

A Deputación clausura o I Pacto Provincial polo Emprego cunhas xornadas cos melloresespecialistas na busca de traballo

Besteiro e Alcántara durante a primeira das xornadas de clausura do Pacto polo Empergo.

Page 17: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

17actualidade decembro 12

O Inludes da DeputaciónLugo puxo en marcha o pa-sado mes de xullo a se-gunda fase do PactoProvincial polo Emprego,dotada con 618 mil euros,dos que a Unión Europeaachegou o 80% dos fondos,e a través do que ofreceuprogramas formativos a 340persoas desempregadas daprovincia.O novo plan de inserciónpretende mellorar o accesoao mercado laboral dos des-empregados da nosa provin-cia en xeral, e en especial,daqueles que o teñen máisdifícil: mozos menores de30 anos; maiores de 45anos; desempregados delonga duración; persoas condiscapacidade física, psí-quica ou sensorial; e víti-mas de malos tratos; entreoutros colectivos en riscode exclusión social.Impartíronse un total de 22accións formativas arredorde 13 temáticas diferentesen Lugo, Monforte deLemos e Viveiro nas que osparticipantes recibiron, sencuste algún, formación teó-rica nas profesións conmáis futuro e realizaronprácticas en asociacións eempresas lucensesde sectores estreita-mente vinculadoscos empregos bran-cos, verdes e azuis.Ademais, os partici-pantes recibiron du-rante todo o períodoformativo unhaaxuda de aproxima-damente 400 euros.Os coñecidos como empre-gos brancos, vinculados coaatención sociosanitaria e adependentes, pertencen aun sector que, segundo uninforme do Ministerio deTraballo de outubro do anopasado, xerará 200 mil em-pregos hasta 2015 en Es-paña. Así mesmo, osempregos verdes, os rela-cionados coa sostenibili-dade, medraron un 23,5%

na última década, supe-rando os 500 mil postos enEspaña na actualidade e os24 mil en Galicia; e os em-pregos azuis, os relaciona-dos coas Tecnoloxíasda Información e aComunicación, crea-rán 218 mil empregoshasta 2020 no país.

O caso de Gloria

Na comarca chairegapresentáronse 51 soli-citudes procedentes de11 localidades paraparticipar nesta se-gunda fase do Pactopolo Emprego e quesupuxo o 15% dos ins-critos. Gloria Loaizafoi unha das beneficia-rias destas accións for-mativas no eido dosempregos brancos através dos que logrouconseguir un emprego.Gloria, que leva treceanos residindo en Baa-monde, móstrase “moisatisfeita da formaciónteórica, pero sobre todo, dapráctica”, que recibiu dendeo pasado mes de xullo atafinais de novembro cocurso “Coidador de disca-pacitados físicos e psíqui-

cos”, que se impartiu naCruz Vermella de Lugo.A través desta acción for-mativa, enmarcada no eidodos empregos brancos, Glo-ria afondou máis nos coñe-cementos precisos paratratar a persoas con disca-pacidade física ou psíquica;xa que as súas ocupaciónslaborais anteriores pasaronpolo coidado de nenos emaiores. Precisamente, ao

tratarse deste tipo de traba-llos, converteuse en traba-lladora autónoma e aoquedarse sen emprego nontivo posibilidade de cobrar

un subsidio: un dos requisi-tos para participar nas ac-cións formativas do Pactopolo Emprego. Gloria afirma que o cursolle supuxo unha gran opor-

tunidade de caraa mostrarse cua-lificada para asposibles empre-sas contratantes.Así, finalmente,fíxose cun em-prego relacio-nado coaformación reci-bida e que conti-

nuará a ser “unha fonte deemprego de cara ao futurodebido á gran porcentaxe depoboación envellecida coaque conta Galicia” como re-corda que lles apuntou aosparticipantes do Pacto poloEmprego neste eido o Presi-dente da Deputación, XoséRamón Gómez Besteiro.O Hospital da Cruz Verme-lla de Castro Ribeiras doLea recibiu un grupo de

participantes neste cursoentre os que se atopabaGloria que se mostra agra-decida polas ensinanzassobre o desenvolvemento

do seu traballo na práctica:dende primeiros auxiliosque permitan reanimar aopaciente mentres se agardaa chegada de persoal mé-dico ata o manexo de apare-llos mecánicos ou pequenosconsellos sobre posturais,ademais do aseo persoaldestas persoas con discapa-cidade física ou psíquica.Neste sentido, Gloria des-taca “a importancia de man-telas sempre limpas e conposturas cómodas”, recor-dando a utilidade dos coñe-cementos adquiridos nestasaccións formativas de caraao desempeño das tarefasdo seu actual traballo.Estes foron algúns dos co-ñecementos que lle aporta-ron estas acciónsformativas impulsadas polaDeputación e que reco-menda a calquera persoaque precise traballar. Nestesenso, ela mesma continua-ría formándose porque “naactualidade é preciso pre-

sentar un título que acreditea túa formación para des-empeñar un posto de traba-llo”. Os seus actuaiscompromisos laborais ad-

quiridos coa empresavilalbesa “ServizosSociais Virxe doCarme” – á que seapresurou a entregar otítulo acadado tralo re-mate do curso de“Coidador de discapa-citados físicos e psí-quicos”, son os que lleimpiden avanzar máisna súa formación.Aínda así, consideraque se trata dun granoportunidade e nondesaproveita a ocasiónpara recomendarlla aoutras persoas na súasituación.

Un emprego moi sa-

tisfactorio

Gloria recorda conagarimo á señora áque atende polasmañás mentres o seu

fillo e a súa nora acoden aoseus respectivos traballos,xa que “máis que un traba-llo polo que percibo di-ñeiro, considero esta tarefacomo unha actividade moiimportante socialmente”.Así mesmo, Gloria recordaque “os maiores son comanenos” e que merecen un“coidado especial”.“Este curso impulsado polaDeputación abriume as por-tas para conseguir emprego,e ademais, a través del ob-tiven un título que acreditaos meus coñecementos”,conclúe Gloria facendo fin-capé tamén en que “se tratadunha oportunidade única,xa que o habitual non é que,ademais de recibir forma-ción, recibas unha axudaeconómica” coma os 400euros que percibiu cadames por participar nas ac-cións formativas; senón“pagar por asistir a cal-quera curso formativo”,apunta.

“O curso do Pacto polo Emprego permitiume ampliar os meus coñecementos e obter un títuloque acredita a miña formación”

Gloria conseguiu un emprego como coidadora co títuloadquirido a través do Pacto polo Emprego

Gloria Loaiza está a traballar como coidadora dunha persoa maior.

Gloria participou no curso

“Coidador de discapacitados

físicos e psíquicos” do Pacto

polo Emprego a través do que

conseguiu dous obxectivos: un

título e un emprego.

Page 18: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

18agrodecembro 12

A conselleira do Medio Rural e doMar, Rosa Quintana, insistiu na im-portancia da entrada en vigor“canto antes” da Lei de Transparen-cia da cadea alimentaria, especial-mente para o sector lácteo galego.Esta norma é fundamental porquevai no mesmo sentido que o acordo,auspiciado pola Xunta, entre osaxentes deste sector a prol de valo-rizar este produto e que ven de asi-narse o pasado venres 7 dedecembro.A Xunta, prometera intensificar oslabores para coliderar e axilizar oProxecto de Lei de medidas paramellorar o funcionamento da cadeaalimentaria no acordo asinado cosaxentes do sector lácteo. Con el,preténdese garantir que todas aspartes da cadea obteñan un benefi-cio que cubra os seus custes de pro-dución; pero para isto é precisocrear un observatorio público queestude e difunda estes custes entoda a cadea de valor, evitando enparticular a descapitalización dossectores produtivos pola percepciónde prezos baixos.

Acordo para a mellora da estru-

tura produtiva do sector lácteo

O acordo asinado pola Xunta e osaxentes do sector lácteo ratifica ocompromiso para acadar os meca-nismos que permitan unha distribu-ción máis equilibrada do valoreconómico xerado na cadea devalor do leite. O obxecto destasuma de esforzos entre a Adminis-tración galega, representantes daInterprofesional Láctea (INLAC) edos tres sindicatos galegos -UniónAgrarias, Sindicato Labrego Ga-lego e Xóvenes Agricultores- é per-mitir o desenvolvemento dun sectorprodutivo estratéxico para a econo-mía galega. Así, a partir da semana seguinte ada sinatura do acordo varios gruposde traballo traballan co fin de aca-dar unha revalorización do produtoa través dunha ferramenta que per-mita aos produtores coñecer os cus-tos reais de produción.O acordo, estableceuse despois dedesencadear unha folga de entregasdende o martes 27 ata o xoves 29

de novembro mor da difícil situa-ción que están a atravesar os produ-tores galegos, derivada dosencarecemento dos insumos e dobaixo prezo que perciben polo leite,e na que, ademais, se atopaban in-defensos fronte á industria da trans-formación e da distribución. Nesesentido, os produtores esixen que oleite non sexa produto reclamo paraa gran distribución e que dende osgobernos se aposte polo sector. Asímesmo, coa entrada en vigor do Pa-quete Lácteo dende a producióntentan evitar que a industria e a dis-tribución impoñan á forza nos con-tratos “prezos de miseria”.Previamente, a conselleira doMedio Rural e do Mar en funcións,Rosa Quintana, mantivo o luns 26de novembro unha xuntanza demáis de catro horas cos axentes dosector lácteo galego -tres organiza-cións profesionais agrarias(UUAA, XXAA e SLG), a indus-tria e a distribución- para analizar asúa situación e afondar na procurade solucións para as dificultadespolas que atravesa. “Unha reuniónque chega tarde” , segundo aFRUGA; xa que “houbo moitotempo antes sen ter que esperar aque se levara a cabo unha folga doleite na que se tiveron de tirar maisde 13 millóns de litros o que equi-vale á perda de mais de 4 millón deeuros por parte das granxas gale-gas”. Nesta primeira reunión intersecto-rial, a distribución amosouse dis-posta a trasladar ao consumidor oincremento do prezo do leite e dei-xar de empregalo leite como pro-duto reclamo. O secretario xeral de UU.AA., Ro-berto García, criticou que “a reu-nión se celebrara a poucas horas deque comezara a anunciada folga deentregas, así coma que versarasobre a análise do sector en lugar depretender buscar solucións ou acor-dos”.E, coincidindo coa toma de pose-sión de Alberto Núñez Feijóo comoPresidente da Xunta o martes 27 denovembro, a FRUGA concentrousediante do Parlamento Galego paracentrar as súas reivindicacións de

futuro para o leite galego en esixirun cambio de políticas do novo go-berno da Xunta cara o sector lácteoe unha implicación real e efectivana procura de solucións á actual si-tuación. O Coordinador Xeral da FRUGA,Manuel Da Cal, explicou que a Fe-deración Rural Galega sempre con-siderou que “o goberno galego tenunha responsabilidade directa nacrise que padece o sector lácteo ga-lego. Por un lado, desmontou todasas ferramentas postas en marchapara ter un ámbito galego de nego-ciación para o noso leite e asígarantir uns prezos dignos:Observatorio Lácteo Galego,Mesa do Leite, Interprofesio-nal Láctea, etc. E, por outro,deixou de realizar as súas fun-cións adoptando pasividade áhora de tomar medidas quefrearan o derrube do sector”.

Compromisos

A industria comprométese,con este acordo, a impulsar asmedidas que permitan valori-zar axeitadamente o leite reco-llido aos produtores, de xeitoque se poida acadar un prezoque cubra os custos de produ-ción. A distribución alimenta-ria de Galicia anunciou a súaintención de reformular a po-lítica comercial en relación co leite,para evitar a banalización do pro-duto; mentres que os representantesdo sector produtor comprométensea fortalecer a negociación utili-zando as capacidades que llesofrece o “paquete lácteo”, para oque contará co apoio da Xunta deGalicia.E, por outra parte, a Xunta -a travésda Consellería do Medio Rural e doMar- comprometeuse a xestionarco Ministerio de Agricultura, Ali-mentación e Medio Ambiente unhareformulación do acordo de cola-boración co sector lácteo coa voca-ción de estender os compromisosacadados en Galicia ao resto do te-rritorio nacional. Así mesmo, inten-sificará a súa capacidade inspectorapara evidenciar a situación de de-pendencia económica do sector

produtor con respecto á industria detransformación.Ao longo desta lexislatura, o Go-berno galego pretende levar a cabomedidas eficaces e áxiles, segundoanunciou, que permitan unha me-llora da estrutura territorial, particu-larmente nas comarcas onde aprodución láctea é o motor princi-pal da súa economía. O obxectivoé permitir a dispoñibilidade real desuperficies destinadas á produciónde alimentos para o gando, diminu-índo deste xeito os seus custes deprodución e mellorando a súa com-

petitividade.Tamén se pretende dar apoio insti-tucional coas entidades financeirase estudar as fórmulas axeitadas paraxerar liñas de bonificación de inte-reses para pequenos préstamos decirculante aos produtores, que pa-líen a situación actual.

Transformación de produtos

Feijóo quixo aproveitar o acto deentrega de premios da XV Cata deQueixos e a XI Cata de Meles deGalicia para convidar ao sector lác-teo a que vexa nos produtos detransformación un xeito de incre-mentar as posibilidades e a rendibi-lidade das explotacións leiteiras. “Écerto que temos que buscar unprezo digno para o leite, e niso es-tamos traballando. É certo quetemos que ser capaces de reducir os

custes de produción do leite, esten-dendo a base produtiva das explo-tacións gandeiras, facéndonosmenos dependentes dos pensos edas forraxes. Pero ao tempo, temosque buscar alternativas para lograrun maior valor engadido do sectorlácteo, como pode ser mediante atransformación noutros produtoscomo os que hoxe se premian, eque son –insistiu- sinónimo de ca-lidade”.

Suba do prezo do leite en xaneiro

Xosé Elías Somozas, responsable

dos Sectores Gandeiros daFRUGA, agarda que “a suba doprezo do leite que se promete coneste acordo sexa aplicada inmedia-tamente, que sexa suficiente candomenos para cubrir custes de produ-ción e que teña unha duración notempo que permita recuperar as de-pauperadas economías das granxasgalegas”. Nese sentido, a secretariaxeral do Sindicato Labrego Galego,Isabel Vilalba, tamén insistiu en queo plan de traballo marcado polaXunta “debe materializarse, dexeito inmediato, e en propostasconcretas”. Así mesmo, reclamouque a recuperación dos prezos co-mece a facerse real a partir do leitecobrado en xaneiro, “pois non imosconsentir que a industria siga impo-ñendo valores ruinosos ás nosas ex-plotacións”.

Representantes da Xunta, sindicatos agrarios e o presidente da INLAC, José Luís

Antuña; formalizaron o acordo que garante a mellora da estrutura produtiva do

sector lácteo.

O acordo asinado pola administración, a INLAC e representantesdo sindicatos busca revalorizar o leite a través do coñecementodos custos reais de produción

Page 19: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

19agro decembro 12

Casa Ánxel, da Pastoriza, foi aindustria queixeira que acadou oprimeiro posto e distinción deouro da XV Cata de Queixos e aXI Cata de Meles de Galicia nacategoría de queixos da DOPSan Simón da Costa, entre osnove presentados. Queixería AsFontelas foi distinguida co galar-dón de prata, mentres que DonCrisanto acadou a distinción debronce. Prestes, Casleiras e Da-niberto completan os premiadosdesta edición das catas oficiaisque organiza a Consellería doMedio Rural e do Mar en cola-boración cos consellos regulado-res que nesta edición contou cuntotal de 57 queixos presentes nascatas que se celebraron no com-postelán Centro Integrado deFormación Profesional, enLamas de Abade, entre o mérco-res 28 e o xoves 29 de novem-bro. Casa Ánxel fíxose tamén co

cuarto posto e diploma na cate-goría de DOP Queixo Tetillaentre 30 queixos presentados ácata nesta categoría e onde o pri-meiro posto foi para o queixo“Terra de Melide”. E, entre osquince queixos da DOP Arzúa-Ulloa, “Ruta Xacobea” procla-mouse mellor queixo dacategoría por diante dun dosqueixos da entidade gañadora naDOP Queixo Tetilla; mentres queentre os tres presentados da DOPCebreiro foi “Castelo” o que aca-dou a distinción de ouro.

Cata de Meles

Nesta edición da Cata inscribí-ronse un total de 17 meles per-tencentes a 13 industriasenvasadoras inscritas na IXP Melde Galicia; das que 4 eran mono-florais (eucalipto, castiñeiro, sil-veira e breixo) e as 13 restantesmultiflorais.Na categoría A, de meles mono-

florais foi “Mel do Saldoiro”, deLalín, a que se fixo coa distin-ción de ouro; mentres que na ca-tegoría B, de meles multiflorais,“Alfimel”, de Burela, acadou oprimeiro posto e a distinción deouro, por diante dun dos melespresentados pola mesmaempresa lalinense.

Entrega de premios

A entrega de premiostivo lugar o xoves 13 dedecembro no Hostal dosReis Católicos, en San-tiago de Compostela,coa participación dopresidente da Xunta, Al-berto Núñez Feijóo; aConselleira de MedioRural e do Mar, RosaQuintana; e a Conse-lleira de Sanidade,Rocío Mosquera.Durante o seu discurso,o titular da Xunta, desta-

cou que a fortaleza de ambos osdous sectores e atribuíu á súaconstante aposta pola calidade ofeito de que aumenten a produ-ción en tempos de crise. “É certoque traballar coa maior calidadee eficiencia posible pode parecer

máis custoso a curto prazo, perovós sabedes que traballar en proda calidade é, sen dúbida, omaior investimento, a medio elongo prazo, que pode facer unprofesional do sector agrogan-deiro”, asegurou.

Os pasados días 6 e 7 de decem-bro celebrouse un seminario enBruxelas, organizado pola euro-deputada do BNG, Ana Miranda,que tiña por título: “Análise doimpacto da reforma da PolíticaAgraria Común na Galiza”, aoque asistiu unha ampla represen-

tación do sector agrogandeiro erural da nosa nación. A Federa-ción Rural Galega – FRUGAtamén formou parte desa delega-ción respostando ao convite feitopolo Bloque Nacionalista Galego.Este seminario contou coa parti-cipación de distintos representan-tes da Dirección Xeral deAgricultura da Comisión Euro-pea, así como de eurodeputadosde Escocia e Portugal. Son dedestacar as reunións mantidas conLuis Manuel Capoulas Santos, exministro portugués de Agricul-tura, eurodeputado relator dos in-formes sobre a Reforma dosPagamentos Directos da PAC ede Desenvolvemento Rural parao Parlamento Europeo, e co ga-

lego Xosé Manuel Silva Rodrí-guez, Director Xeral de Agricul-tura da Comisión Europea.Logo destas reunións confirmaseque a filosofía que preside o pro-ceso negociador, para levar acabo esta reforma, está condicio-nada polas regras ditadas pola Or-

ganización Mundial do Comercio(OMC). Ficou claro que os inte-rese que priman son os das trans-nacionais en detrimento dos dosector produtor. A función do sec-tor produtor vai seguir a ser, se écapaz de aguantar, a de ser sub-ministrador de materias primas abaixo prezo para que a grande in-dustria agroalimentaria poda se-guir exportando e competindo nomercado mundial, mesmo fa-cendo “dumping”.No caso de que sexan aprobadasas propostas que fundamentanesta reforma sen sufrir modifica-cións substanciais, fica por darunha grande batalla, tanto en Ga-liza como no Estado. Desde opunto de vista de FRUGA, consi-

deramos necesario definir unhaposición galega a respecto dos as-pectos nos que a reforma trasladaas decisións aos Estados mem-bros, tales como se vai haber “re-xionalización” ou non, si esta vaiser feita en base á SuperficieAgraria Útil ou atendendo a ou-

tros criterios como podenser a poboación activa agra-ria ou ao peso da actividadeagraria no conxunto da eco-nomía de cada territorio, oumesmo se esta se fará tendode conta o nivel de desen-volvemento ou se o repartodentro do Estado se fai enbase aos sectores produti-vos. Outros aspectos quedeben definir a posición ga-lega teñen que ver coa ca-racterística de se as axudasvan estar ou non ligadas aactividades produtivas enese caso a cales (leite,carne, forraxes, etc.), asícomo definir os criteriospara determinar as zonas

con condicionantes naturais espe-cíficos ou a defensa de que Galizaconte con un Programa de Desen-volvemento Rural propio en con-tra das pretensións centralistas dogoberno español de que só haxaun único Programa para todo oEstado. Logo de definir a posi-ción galega o seguinte paso a darpasa por defender esta posiciónnas negociacións que se van a es-tablecer dentro do Estado espa-ñol.Dende a FRUGA demandan aonoso Goberno a convocatoria ur-xente de reunións de tódolos sec-tores afectados para definir cantoantes unha posición galega a res-pecto das propostas de reforma daPAC 2014-2020.

A portavoz de Agricultura doBNG, Tereixa Paz rexistrou diver-sas iniciativas no Parlamento ga-lego polas que urxe á Xunta aparalizar o peche de AlimentosLácteos S.AA deputada nacionalista alerta dasituación “crítica” das instala-cións de Alimentos Lácteos, oGrupo Pascual tralo ERE queafectaba á totalidade dos 155 tra-balladores da fabrica de Outeirode Rei formalizando unha ofertade alugueiro con dereito á comprada factoría en abril do ano 2010. Paz defendeu na Cámara galegaque a Xunta de Galiza emprendaas accións necesarias para conso-lidar os postos de traballo da em-presa así como efectivizar, sendilación, as débedas contraídas

cos gandeiros e gandeiras polosubministro do leite.Para a deputada do BNG, Galizadebe contar cun Grupo Lácteo ga-lego en réxime “cooperativista”que poña en valor o leite galego esexa garante de actividade e pos-tos de traballo.A parlamentaria salienta o nega-tivo resultado económico de Ali-mentos Lácteos S.A derivado doimpago polo subministro da ma-teria prima e o cambio no sistemade xestión de créditos que provo-cou un saldo negativo no ano2010 de 3,5 millóns de uros e per-das no 2011 de 4,6 millón poloque –ao seu xuízo- faise necesariaa “inmediata actuación da Xuntade Galiza”.

A recente transposición ao orde-namento xurídico español da Di-rectiva de uso sostible dospraguicidas (DUS) mediante oReal decreto que establece unmarco de actuación para conse-guir un uso sostible dos produtosfitosanitarios, fai necesario poñeren marcha os instrumentos de co-municación, formación e controlpara conseguir a implantación dasmedidas previstas nesta norma,cuxo obxectivo final é mellorar oemprego destes produtos.É un feito constatable a preocupa-ción dos consumidores pola salu-bridade e a garantía dosalimentos. A agricultura europeasustenta parte da súa competitivi-dade en que pode presumir de serespecialmente respectuosa co am-biente, así como coa saúde dosagricultores e consumidores, poloque o desenvolvemento destas

normas redundará tamén nun me-llor futuro para as nosas produ-cións agroalimentarias.

Medidas de prevención

As novas normas afectan tanto aprodutores como a vendedores ouaplicadores de produtos fitosani-tarios, e esténdese aos ámbitosagrarios e fóra destes. Trátase daaplicación de medidas de preven-ción e protección específicas dezonas sensibles, cursos de auga,prohibición dos tratamentos aé-reos ou a introdución do asesora-mento no emprego dos produtosfitosanitarios, así como a aplica-ción xeneralizada da xestión inte-grada de pragas, incorporandomedidas de vixilancia comple-mentarias ás aplicadas ata agorana mesma liña das que xa haitempo se aplican no uso de pro-dutos zoosanitarios.

Casa Ánxel, mellor queixo San Simón da Costa na XV Cata de Queixos de Galicia

A FRUGA participou en Bruxelas nun seminariosobre o futuro da reforma da PAC 2014-2020

O BNG urxe á Xunta actuar contrao peche de Alimentos Lácteos

Nova normativa de regulación deprodutos fitosanitarios

A FRUGA trasladouse a Bruxelas convidada polo BNG.

A entrega de premios celebrouse no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.

Page 20: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

20 agrodecembro 12

A FRUGA reivindica os movementos agrariosnunha xornada celebrada en LáncaraA parroquia de Trasliste, referencia das loitas agrarias, foi o

lugar elixido para a súa celebración

O SLG presenta demandas paraenfrontar os problemas do sectordo vacún de carne

Alumnos da Facultade de Veterinaria de Cáceres visitan a Granxa GayosoCastro para coñecer a Raza Rubia Galega

A Federación Rural

Galega-FRUGA, cele-

brou o sábado 1 de de-

cembro na parroquia de

Trasliste, en Láncara,

unha xornada reivindi-

cativa dos movementos

agrarios galegos máis

importantes desde a

transición ata os nosos

días.

Os actos comezaron

cunha ofrenda ao mo-

nolito en homenaxe á

firmeza do Sr. Xulián

nos intentos de em-

bargo que sufriu na

loita contra a cota em-

presarial. Seguida-

mente, o historiador

Francisco Carballo

ofreceu unha conferen-

cia sobre a historia das

loitas agrarias na Ga-

liza na antiga escola de

Trasliste.

Xa despois do xantar

na casa de turismo

rural Casa Grande de

Láncara, e de novo na

antiga escola de Tras-

liste, houbo unha mesa

redonda onde se deba-

teu sobre o presente e o

futuro das loitas agra-

rias galegas.

A Asociación de Criadores de

Raza Rubia Galega, Acruga, en

colaboración coa Facultade de

Veterinaria de Cá-

ceres, organizou

unha visita dun

grupo de alumnos

desta facultade ex-

tremeña á Granxa

Gayoso Castro, en

Castro de Ribeiras

de Lea, para coñe-

cer de preto e sobre

o terreo as cualida-

des das razas rubia

galega e cachena,

ambas presentes

nas instalacións da

citada Granxa, de-

pendente da Depu-

tación de Lugo.

O principal artífice

da visita que os

alumnos da Facul-

tade de Veterinaria

de Cáceres realizaron a Lugo é o

profesor de dita facultade, Mar-

cos Pérez López, natural de Lugo

e polo tanto coñecedor da rubia

galega. Sobre a súa visita á ci-

dade e en particular ó centro de

recría de Gayoso Castro, Marcos

Pérez explica que “A razón de

saber máis sobre estas dúas razas

é por ampliar coñecementos. Os

nosos estudiantes da Universi-

dade de Extremadura aprenden,

como é normal, moito sobre

razas habituais no centro e sur da

península, pero sen embargo ad-

quiren poucos coñecementos

sobre estas razas do norte, tanto

nunha amplamente difundida

como a rubia galega, de enorme

valor na produción de carne de

alta calidade, como na cachena,

pola que os estudiantes teñen

unha especial curiosidade, dadas

as súas características”.

Este profesor lucense fala ade-

mais da implantación da raza

rubia fóra de Galicia. A este res-

pecto sinala que “coma galego e

veterinario sigo con enorme inte-

rese a expansión desta raza. Teño

visto como nos últimos anos apa-

receron cada vez con máis fre-

cuencia en feiras e exposicións

de gando, e teño constancia da

súa presenza en diversas ex-

plotacións. Creo que ten, con

total seguridade, moito que

dicir no futuro, polas súas ex-

cepcionais características. In-

cluso en condicións tan

diferentes como as que impe-

ran na maioría das explota-

cións de Extremadura, algúns

ensaios teñen amosado que

poden chegar a ser altamente

competitivas”.

Durante algo máis dunha hora,

os estudiantes extremeños vi-

sitaron as instalacións da

Granxa, acompañados por res-

ponsables de Acruga e polo di-

putado de Economía de Medio

Rural da Deputación de Lugo,

José Fernández, quen lles ex-

plicou os pormenores das

obras de construción do que será

o primeiro centro público de re-

cría de España, e cuxa primeira

fase xa está rematada. Tanto os

alumnos coma os profesores

amosaron un grande interese polo

proxecto, polo que visitaron as

naves de recría, xa finalizadas, e

os silos. Así mesmo, mentres pre-

guntaban ós responsables da

Granxa cuestións sobre a renda-

bilidade da recría e as posibilida-

des que se abren para o sector

gandeiro.

Posteriormente, continuaron coa

visita ás naves nas que se atopan

os exemplares de rubia galega,

onde os alumnos estiveron fa-

lando con responsables de

Acruga sobre as excelentes cua-

lidades tanto morfolóxicas, coma

xenéticas e produtoras desta raza.

Tamén houbo tempo para coñe-

cer de preto a raza cachena, que

polas súas cualidades morfolóxi-

cas, chamou a atención de todos

os alumnos.

Expansión da Rubia Galega

Con esta iniciativa, Acruga dá un

paso máis no seu labor de expan-

sión e promoción da raza rubia,

que habitualmente está presente

en feiras gandeiras nas que se re-

alizan na comunidade extremeña,

como poden ser as de Zafra (Ba-

dajoz) e a de Trujillo (Cáceres),

feira agropecuaria celebrada o

pasado día 14 de novembro, á

que Acruga acudiu con nove

exemplares de exposición.

A Dirección da Carne de Vacún

do Sindicato Labrego Galego ven

de presentar unha táboa reivindi-

cativa de cara a facerlle fronte aos

principais problemas deste sector

na Galiza.

Dende o SLG sinalan a gran im-

portancia do sector da Carne de

Vacún na Galiza, ao que conside-

raron “o gran esquecido da gan-

dería do noso país, a pesares de

ser o que conta con maior nú-

mero de explotacións: unhas 30

mil”. Ademais, “o seu peso social

é enorme; xa que se da en amplas

zonas de montaña e do interior do

noso medio rural e está presente

en máis concellos, conta con

maior número de vacas e implica

a máis persoas incluso que o sec-

tor lácteo”.

A táboa reivindicativa contén

dúas grandes áreas: aquelas que

teñen que ver co sector na Galiza,

pero tamén as referentes á Polí-

tica Agraria Común (PAC).

A nivel galego, esixen das auto-

ridades que a carne que se im-

porta de fóra cumpra coas

mesmas condicións que se lles

esixen a produtores e produtoras

da UE e reclaman o fomento do

consumo da carne galega fronte á

foránea en carnicerías e institu-

cións. Así mesmo, reclaman que

as explotacións teñan acceso á

base territorial que necesiten para

ser viables, contribuíndo así ao

paro da forestación de terras

agrarias. O SLG tamén recorda a

necesidade que se cumpra a le-

xislación de trazabilidade e im-

pulsan a traballar no camiño de

conseguir poder facer sacrificios

de urxencia nos matadoiros. Con

respecto a este eido, propoñen

tamén o control das pesadas nos

matadoiros “para que deixen de

roubarnos”. Ademais, piden que

as axudas que se establezan sexan

efectivas e sirvan á xente e ás ex-

plotacións, e non aos bancos. Por

outra banda, esixen que o sector

de carne de vacún sexa conside-

rado como básico para manter a

poboación e a vertebración social

da maioría do rural galego.

En relación á PAC, piden a parti-

cipación activa nas mobilizacións

por unha nova agricultura na UE

arredor da soberanía alimentaria,

agricultura para as persoas e non

para a especulación. Así mesmo,

consideran que se debe manter a

intervención pública e almacena-

mento privado para a carne de

vacún e reclaman que as axudas

directas sirvan para compensar a

diferenza dos prezos cos custos

de produción, “tal e como foron

concibidas, e non para as grandes

corporacións e terratenentes” e

que “as zonas máis marxinadas

pola orografía e pola economía,

non o sexan tamén pola nova

PAC”.

Exemplar bovino de raza Rubia Galega.

Os participantes na xornada durante a ofrenda ao monolito en homenaxe ao señor

Xulián.

Page 21: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

21deportes decembro 12

O venres 14 de decembro Guitiriz

homenaxeou aos seus deportistas

na sexta Gala do Deporte que se

desenvolveu no restaurante La Ca-

silla cunha cea con Xavier Gómez

Noya como invitado, entre outras

autoridades deportivas, e a poste-

rior entrega de distincións e o sor-

teo de agasallos sorpresa entre os

participantes.

Nesta xuntanza destacouse

o traballo dos deportistas

que lograron algún campio-

nato; pero tamén se home-

naxeou aos patrocinadores

“sen os cales sería moi difí-

cil, por non dicir imposible,

levar a cabo algunha das

iniciativas”; segundo ex-

plica a concelleira de de-

portes, Ana Broz. Ademais,

explicou que este acto pre-

tende potenciar o deporte

no municipio en tódalas

idades e diferentes discipli-

nas, xa que de todos é sa-

bido o “beneficio, tanto

social como para a saúde,

que aporta o deporte”.

A gala recoñeceu a Xoel

Santamariña, en tenis; Carlos Ariel

e Eva López, en patinaxe e o

equipo infantil de ximnasia rítmica.

Pola súa banda, Jonathan Carro re-

cibiu un galardón na categoría de

mantemento e Marisa Pérez e Azu-

cena Prado por rehabilitación.

Entre os premiados pola consecu-

ción dalgún título durante este ano

atópanse María Calvo, primeira da

comarca en campo a través e

Noemí Carro, segunda na disci-

plina. Aída Cobas como subcam-

pioa provincial de lanzamento de

peso tamén recibiu o seu premio;

mentres que en tenis de mesa foi

recoñecido o equipo cadete, cam-

pión da Terra Chá; e en fútbol sala,

o equipo alevín como campión da

comarca e o conxunto xuvenil

como campión galego e subcam-

pión de España. Así mesmo, outros

seis mozos foron recoñecidos neste

acto pola súa contribución aos títu-

los acadados polas seleccións nas

súas respectivas disciplinas: Edgar

e Anxo, como campións galegos de

fútbol na categoría infantil coa se-

lección de Lugo; Diego, Javi e

Jesús, como campións de España

coa selección galega de fútbol sala;

e Asier, como campión de España

coa selección galega de fútbol ca-

dete.

Ademais dos deportistas de diver-

sas disciplinas que lograron algún

título este ano, tamén recibiron dis-

tincións pola súa colaboración a

Escola de Música Municipal e a

Banda, así coma o grupo Sons de

Aldea. Tamén foron homenaxea-

dos Antonio Díaz e Ramón Váz-

quez, polos títulos como cortadores

de troncos acadados nos anos 50;

os alumnos de ALUME pola súa

integración social e deportiva; os

novos clubs de Guitiriz nacidos ao

amparo das escolas deportivas mu-

nicipais – Club de Atletismo Sete

Muíños e o Club de Tiro con Arco

de Guitiriz-; e os patrocinadores –

Ancaria e o Balneario-.

“Tanto os pre-

miados coma o

resto dos veciños,

que coñecen a

algún dos pre-

miados, acollen

esta iniciativa

con ilusión”,

afirma Broz. Así

o demostra o

cheo nas reser-

vas.

Exhibición das

Copas da Selec-

ción Española

de Fútbol

Así mesmo, na

xornada do ven-

res 14 de decem-

bro a Copa do Mundo de Fútbol

lograda pola selección español ano

2010 e a Eurocopa deste 2012 es-

tiveron no municipio guitiricense.

Dende as dez da mañá as copas

movéronse polos centros educati-

vos – o colexio de Lagostelle, o

IES de Guitiriz e o colexio San Es-

tevo de Parga-; para logo achegarse

a Casa do Concello. Posterior-

mente trasladáronse ata o pavillón

municipal para presenciar o encon-

tro de Fútbol Sala feminino entre o

Parga e o Vilares. Finalmente, pre-

sidiron tamén a cea da Gala do De-

porte.

A comarca suma tres novas esco-

las deportivas de loita que se

unen á de Vilalba, que foi a única

escola da provincia durante

moito tempo e tamén á de Rá-

bade e Lugo. Os rapaces e rapa-

zas de Xermade xa poden

practicar este milenario, divertido

e saudable deporte.

Os concellos de Cospeito e Gui-

tiriz súmanse ao de Xermade na

inclusión das loitas olímpicas

dentro da súa oferta das escolas

deportivas municipais. Estas

novas escolas intégranse dentro

do programa da escola comarcal

de loitas olímpicas que o club vi-

lalbés está a levar a cabo co fi-

nanciamento da Deputación

provincial e os patrocinadores da

entidade, e que xunto coa colabo-

ración dos Concellos e a Federa-

ción Galega de Loita tentarán

facer da comarca da Terra Chá un

referente das loitas olímpicas a

nivel estatal.

Iván Paredes, varias veces cam-

pión galego e medallista nos

campionatos de España e técni-

cos do club vilalbés que xa leva

colaborado coas categorías infe-

riores do club acadando impor-

tantes resultados como adestra-

dor, será o responsable destes

novos puntos de adestramento

aos que agardamos que neste

mesmo ano se sume a escola de

Begonte na que xa hai varios ra-

paces apuntados.

Polo de agora non son moitos os

rapaces e rapazas que están a par-

ticipar, pero dende o club agar-

dan que “pouco a pouco os

grupos vaian medrando e con

eles aumentar o servizo en cada

un dos concellos”.

Horarios e inscrición

O ximnasio do CPI Virxe do

Monte, en Cospeito, acolle estes

adestramentos os luns dende as

dúas menos cuarto da tarde ata as

tres menos cuarto. Pola súa

banda, en Guitiriz a actividade

desenvólvese na Casa Habanera

os xoves dende as catro ata as

cinco da tarde, e en Xermade, os

venres á mesma hora. Os intere-

sados poden inscribirse na activi-

dade durante todo o ano a través

do correo electrónico loitaolim-

[email protected].

O Equipo TDM Café Bar Estu-

diante Veteranos remata a pri-

meira volta da liga como líder,

empatado a puntos co Dez Por-

tas Estación, tras vencer o sá-

bado 15 de decembro por 4 a 3

ao Dez Portas Porta San Pedro.

Na xornada anterior tamén viña

de gañar na casa ata o momento

líder, o Ferrolterra TM, por un

apretado 3-4. Fran comezara ga-

ñando, logo David e Carlos per-

deron os dous

consecutivamente, pero cun

dobre impresionante da parella

formada por Fran e David em-

pataron a dous. Samuel adianta

ao Dez Portas no marcador fa-

céndolle perder a imbatibilidade

a Fran. O empate a tres veu de

man de David que afrontou o

partido con gran aplomo. Con

esta situación, Carlos Arias tiña

nas súas mans conseguir o par-

tido que, finalmente, logrou ao

impoñerse por un 3-1 ante

Nacho.

TDM Concello de Vilalba

O TDM Concello de Vilalba

cedeu seis puntos nos últimos

tres partidos da Segunda Divi-

sión galega de tenis de mesa a

pesar de non dar nada por per-

dido fronte ao terceiro clasifi-

cado da táboa, o Breogán de

Oleiros. Por 5 a 2 perderon con-

tra o Andeiro de Cambre e co

mesmo resultado rematou o en-

contro disputado en Rábade ante

o Afer Formación B contra o

que non logrou puntuar ata o de

agora.

TDM Vilalba Feminino

O TDM Concello de Vilalba Fe-

minino debutou o sábado 1 de

decembro na Segunda División

Nacional. As xogadoras saíron

agarrotadas e tensas ao encontro

non sendo ata o terceiro partido

onde deron mostra de poder

puntuar. Conseguiron un xogo e

o de dobres escapouse por ben

pouco.

Da segunda xornada volveron

coas mans baleiras ao non con-

seguir ningún punto. Tamén é

certo que o grupo norte no que

están encadradas é o máis forte,

xa que a excepción do TDM o

resto dos equipos copan os pri-

meiros postos da clasificación.

O Valdesuso Peugeot Vilalba FS

descansa na metade da táboa

ocupando a novena posición con

20 puntos tralas últimas dúas vi-

torias a domicilio e a derrota su-

frida na Coruña.

Por 4 goles a 3 venceron os vi-

lalbes ante o EYPAR no que

puido ser o seu peor partido da

tempada. Os de Alfonso recibían

a un rival en postos de descenso

e con baixas importantes, que

deu como resultado un encontro

cheo de imprecisións onde os

peor parados foron os seareiros

que ateigaron o Municipal e que

tiveron que agardar ata o final

para desfrutar da vitoria.

Peor sorte correron os vilalbeses

na súa visita ao 5Coruña que

viña de anotar un empate e unha

derrota e precisaba os puntos

para manterse na parte alta da

táboa. Os de Alfonso perderon

por 7 goles a 1. Joel anotou para

o conxunto chairego.

E na décimo terceira xornada, o

Peugeot Vilalba asinou unha im-

portante vitoria ante O Esteo tras

un gran partido disputado no

Municipal de Vilalba cunha

grada chea e cunha boa repre-

sentación de seareiros ponteses.

Os de Alfonso saíron con inten-

sidade dominando nos primeiros

minutos con claras ocasión des-

baratadas por un destacado

Chotto. Cos dous últimos minu-

tos de infarto, o encontro rema-

tou cun marcador de 5 a 4.

A VI Gala do Deporte: unha homenaxe aosdeportistas guiticenses

O Club de Loitas Olímpicas deVilalba promove novas escolasdeportivas de loita na comarca

O TDM Café Bar Estudiante Veteranos, líder dogrupo norte da Terceira División galegaO conxunto feminino debutou con derrotas na Segunda División Nacional

O Vilalba FS gaña ao líder

deportes

O Concello tamén recoñeceu os títulos logrados polos de-

portistas guiticenses nos anos 50.Foto SUSO

Os vilalbeses conseguiron vencer a O Esteo F.S. no Municipal.

Page 22: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

O Club de Atletismo Sete Muíñosven de recibir un recoñecementopola iniciativa a constituírse comotal durante este ano 2012 na VIGala do Deporte celebrada enGuitiriz o pasado venres14 de decembro. Esteacto serviu de recoñece-mento aos deportistas lo-cais máis destacadosdurante este ano nas súasrespectivas disciplinasdeportivas, pero taméntivo en consideración oslogros de deportistasdoutras épocas ou es-forzo que supón a crea-ción de novos clubs nomunicipio coma o Clubde Tiro con Arco, perotamén o Club de Atle-tismo Sete Muíños quereúne a 25 corredores. O terrachá.xa falou coseu presidente, VicenteSanmartín Vigo, para co-ñecer máis de preto estedeporte; así coma a acti-vidade do club e o reco-ñecemento concedidodende o Concello.

Como definirías o atletismo?

Para min o atletismo é unha formade desconectar durante un intredos problemas e do estres. É unhamaneira de sentirme mellor tantofisicamente como mentalmente.

E qué aspectos positivos pode-

rías destacar en torno a este de-

porte?

O primeiro, como xa dixen, éunha maneira de sentirse ben fisi-camente, é un deporte moi com-pleto. E de maneira persoal, é undeporte no que melloras moito osteu rendementos físicos, respira-torios e incluso de tensión, un de-porte que ademais che permiteestar en contacto ca natureza.

Como foi o teu achegamento a

esta disciplina?

A causa dunha enfermidade tivenque acudir moito tempo a sesiónsda fisioterapia. A miña fisiotera-peuta practicaba este deporte e foiela, e un compañeiro de traballo,

que tamén practicaba este deporte,os que me foron metendo nestemundiño que agora case se con-verteu nunha “droga” por quecando levo un tempo sen adestar,

fáltame algo.

CLUB DE ATLETISMO SETEMUÍÑOSComo e cando xorde o club?

A principios deste ano. Démonosconta de que eramos moita xenteneste pobo os que íamos a carrei-ras populares e adestrando, moitasveces, cruzabámonos polas pistascon xente correndo. Finalmente,un día de charla entre amigos xur-diu, medio en broma, a idea defacer un Club de Atletismo parapodernos xuntar esa xente e taméninculcalo aos demais.

Con cantos socios naceu? E con

cantos conta na actualidade?

Ao principio eramos cinco ou seispersoas, pero agora somos uns 25socios.

Os socios son todos atletas fede-

rados?

A temporada comezou fai moipouco e agora mesmo estamos noproceso de federarnos; pero moi-

tos de nós xa estamos federados.

E de qué idades son os socios

deste club guitiricense?

As idades van dende os catro anos

da socia máis pequena ata os cin-cuenta.

E, a pesar da vosa curta vida

como club, en cantas carreiras

participastes? E qué resultados

podedes destacar?

Agora mesmo, diría que algúns denós xa levamos máis de 30 carrei-ras representando ao club. E, entreos logros obtidos, podemos desta-car que un dos nosos atletas foiprimeiro da categoría xuvenil nocircuíto de carreiras Corresan deSantiago de Compostela e taménacadou o primeiro posto da Ca-rreira de Cabaleiros, en Trazo. Nacategoría benxamín contamoscunha terceira praza na CarreiraPedestre da Pobra do Caramiñal eunha segunda posición na de Ca-baleiros de Trazo, entre outras.

E para continuar mellorando os

resultados, en qué consisten os

vosos adestramentos?

Facemos varias series de adestra-mento para mellorar a resistencia,

técnica de carreira, mellora de psi-comotricidade, respiración, etc.

VI GALA DO DEPORTEPola vosa iniciativa, o Concello

de Guitiriz decidiu home-

naxearvos na VI Gala do

Deporte, xunto ao Club de

Tiro con Arco. Qué signi-

fica para vos esta distin-

ción? E como o acolleron

os atletas?

Loxicamente estamos moicontentos por este premio,que esperemos non sexa oúltimo. Anímanos a traballarpara poder facer mellor ascousas e, sobre todo, para in-culcar aos máis pequenos enon tan pequenos este de-porte.

Precisamente neste evento,

contastes coa presenza dun

triatleta galego con amplos

recoñecementos deporti-

vos: Xavier Gómez Noya.

Como vivistes a posibili-

dade de compartir unha

velada cun atleta galego e

medallista olímpico?

Para nós foi unha honra podercontar con este grandísimo atletacon ese palmarés tan impresio-nante que ten, deportivamente fa-lando. Pero, ademais, é unhaexcelente persoa, que soubo agra-decer a súa presencia no evento, eque é un exemplo a seguir para osmáis pequenos.

ESCOLAS DEPORTIVAS MU-NICIPAISE falando dos máis pequenos,

dende as escolas deportivas mu-

nicipais comezan as carreiras

deportivas de moitos rapaces e

tamén da pé ao nacemento de

moitos clubs, como é o vos caso.

Pero ademais, qué outros aspec-

tos positivos cres que aportan á

sociedade?

O deporte, á parte de ser bo fisica-mente, axuda aos máis pequenosa valorar e desenvolver outros as-pectos da súa vida: ensínalles a sercompetitivos, a relacionarse conoutra xente. Ademais, taménaprenden os valores positivos da

vida. Xa o di o dito: “men sana, incorpore sano”.

Qué tipo de colaboración lle

aporta o Concello ao club?

Levamos moi pouco tempo comoclub, como xa indicamos antes, epolo de agora, aínda non lle pedi-mos nada ao Concello. Pero esta-mos seguros de que nos axudaránno que necesitemos, como xa fancon outros deportes.

Como valoras a presenza do

atletismo nas escolas deportivas

de cara á recuperación de certa

práctica no municipio?

Eu estou moi contento de que esteano teñamos esta actividade e queademais moitos nenos se apunta-ran porque é a nosa canteira e onoso futuro. Estamos seguros queserá unha actividade á que se uni-rán máis nenos ao longo dos pró-ximos anos. Será moi bonito quedentro de pouco vexamos nas ca-rreiras unha representación moigrande do pobo e que algún destesnenos sexan o día de mañá cam-pións mundiais ou olímpicos, porexemplo.

Qué papel credes que ten o atle-

tismo entre os deportes practi-

cados en Guitiriz e na comarca?

É un deporte que empeza a estarmoi presente na comarca. Sonmoitas as carreiras que se organi-zan no entorno coma a carreira pe-destre Guitiriz Termal, as probasde duatlon aquí na localidade, aCarreira Popular de Vilalba, a Ca-rreira Pedestre de Cospeito (aíndaque este ano non se puido cele-brar) ou a Carreira Pedestre deRábade. Todo iso quere dicir queé un deporte que se practicamoito. Senón, non se celebraríantodas estas actividades.

E, como club, tedes previsto re-

alizar algunha actividade de

promoción deste deporte?

Sí. Co tempo temos pensado orga-nizar unha carreira solidaria enGuitiriz para que poidan participaro máximo número de nenos emaiores do pobo e así poder incul-car este deporte entre todos.

22 deportesdecembro 12

“O premio outorgado na VI Gala do Deporte anímanos a traballarpara poder facer mellor as cousas e inculcar aos máis pequenos, e

non tan pequenos, este deporte”

Vicente Sanmartín Vigo, presidente do Club de Atletismo Sete Muíños

deportes club de atletismo sete muíños

Vicente Sanmartín, no centro, xunto Jesús -un dos veciños de Guitiriz con maior afección

polo atletismo- e outros corredores do Club de Atletismo Sete Muíños que tamén partici-

paron na carreira popular “Guitiriz Termal” deste ano.

Page 23: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

23cultura decembro 12

Profeta na súa terra, o laureadoescritor vilalbés presentoucoa organización do Institutode Estudos Chairegos a súaúltima obra: “O rastro quedeixamos”.O libro reúne traballos dadosa coñecer por Agustín Fer-nández Paz en diferentes me-dios e contextos ao longo dotempo, así coma outros quepermanecían inéditos.Na presentación e rodeado deveciños, amigos e familiares,o escritor tivo tempo parafalar de anécdotas da nenez epara recordar os delicados in-tres que está a atravesar a cul-tura e o ensino.Trala presentación, Fernán-dez Paz foi investido socio dehonra do IESCHA e no re-

mate asinou decenas de exem- plares da súa recente obra.

O Museo de Prehistoria e Arqueo-loxía de Vilalba acolle unha expo-sición sobre arqueoloxía deMesopotamia ata o día 3 de fe-breiro. A mostra recolle reprodu-cións e outros obxectosrelacionados co proxecto de inves-tigación Medio Éufrates Sirio e asimaxes do seu fotógrafo oficial,Eloy Taboada; e complétase cunaudiovisual das escavacións.Na inauguración de “De Uruk aAsiria” déronse a coñecer os por-menores das investigacións reali-zadas, así coma das dificultadesque entraña un traballo así e nunpaís coma a Siria actual; aínda que“se compensan coa amabilidade ea hospitalidade do pobo sirio”, se-gundo os participantes no pro-xecto. A pesar dos 170 anos transcorridosdesde que a arqueoloxía francesasacara á luz as primeiras probashistóricas da antiquísima civiliza-ción dos asirios (que só coñecia-

mos pola Biblia e polo relato doshistoriadores gregos e latinos), sonmoitas as incógnitas que aínda per-sisten sobre a historia da antigaMesopotamia. Co obxectivo de dar resposta a al-gúns destes interrogantes nacía ensetembro do ano 2004 o “ProxectoArqueolóxico Medio ÉufratesSirio”, grazas a un acordo de cola-boración entre a Facultade de Hu-manidades e Documentación daUniversidade da Coruña (Campusde Ferrol) e a Dirección Xeral deAntigüidades e Museos de Da-masco (Siria). O seu obxectivocentral era o de estudar o conceptode territorio e de fronteira na rexióndo Medio Éufrates sirio durante aAntigüidade preclásica (3500-1250 a.C) e converteuse no únicoproxecto arqueolóxico españoloperativo no berce da civilización.

Investigación do Proxecto Ar-queolóxico Medio Éufrates Sirio

A rexión elixida para levar a caboa investigación é un sector do valdo Éufrates, localizado na provin-cia de Deir ez-Zor, no Oeste deSiria. Este sector está marcado porun impresionante accidente xeo-gráfico: a chamada garganta de Ja-nuqa, que en árabe significa o“estrangulador”. Trátase dun lugarestratéxico para controlar a nave-gación fluvial, xa que alí encáixaseo río debido á dureza da colada debasalto que deu forma á garganta. Na actualidade, tódolos esforzosdo equipo investigador se centranno estudo de dous xacementos ar-queolóxicos da garganta de Ja-nuqa: Tell Humeida e Tell QabrAbu al-Atiq. Os traballos decampo e de laboratorio fóronse or-ganizado entorno a dúas liñas deinvestigación prioritarias: a culturade Uruk e as orixes da civilizaciónurbana (3500 a.C.), e a política ex-pansionista do imperio AsirioMedio (1250 a.C.)

Mesopotamia: o berce da civili-zaciónNa fértil chaira de Mesopotamia,os actuais Irak e Siria, tiveron lugaracontecementos históricos de grantranscendencia para a historia daHumanidade; xa que alí o homeempezou a escribir por primeira

vez. Ademais, na zona naceron asprimeiras cidades onde florecían asprimeiras monarquías e taménonde se crearon as primeiras bi-bliotecas. As terras regadas polosríos Éufrates e Tigris pódense de-finir coma o berce da civilización.

As polafías son un proxecto daAsociación de Escritores en Lin-gua Galega (AELG), coordinadopolo vogal de Literatura de Tradi-ción Oral, Antonio Reigosa, e queconta coa colaboración de diversasasociación. Co patrocinio da Áreade Cultura e Turismo da Deputa-ción Provincial e a colaboración daAsociación de Amigos da LigaSantaballesa levouse a cabo enSantaballa o sábado 8 de decem-bro baixo o título “Cando eratempo de inverno”.O obxectivo primordial da recupe-ración da polafía (que se refire ásreunións ou veladas de carácterfestivo con contidos literarios emusicais) é poñer en valor e resca-tar do esquecemento o patrimoniooral, literario e musical.

A Asociación de Familias de per-soas con Diversidade FuncionalIntelectual de Vilalba, ASFADIVI,organiza unha exposición cos tra-ballos realizados polos seus mem-bros no “Obradoiro de Pintura”,subvencionado pola Obra SocialLa Caixa, entre os meses de no-vembro e decembro. Foron un total de 25 rapaces e ra-pazas da asociación os que elabo-raron cadros coa técnica de pinturaacrílica. As súas obras expoñe-ránse na entrada e cafetería doCentro Cultural e Recreativo deVilalba dende o sábado 22 ata odomingo 30 de decembro.Dende ASFADIVI agradecen acolaboración de tódolos implica-dos neste proxecto recordando “ogran interese mostrado polos rapa-ces e rapazas coa actividade”.

O Agustín Fernández Paz máis “doméstico” ateiga o salón de

actos da Casa da Cultura de Vilalba

O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba achéganos ás orixes dacivilización

Santaballa recuperaas vellas xuntanzasentre veciños

Mostra de ASFADIVIno CCR de Vilalba

cultura

Agustín Fernández Paz foi investido Socio de Honra do IESCHA.

A mostra permanecerá aberta ao público ata o 3 de febreiro.

Page 24: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

24 culturadecembro 12

O vicepresidente da Deputaciónde Lugo, o nacionalista AntonioVeiga, mailo delegado de Culturae Turismo da Deputación deLugo, Mario Outeiro, foron os en-cargados de recoller o galardónque a Federación Galega de Tea-tro Afeccionado (FEGATEA)concedeu, na súa segunda edición,ao Proxecto Teatral Buxiganga,promovido pola área de Culturado ente provincial. O premio foientregado pola presidenta da Fe-deración, Chelo Pampillón, nunacto que tivo lugarno Salón Teatro deSantiago de Com-postela, na tarde dodomingo 9 de de-cembro.A FEGATEA, queagrupa arredor de60 grupos de teatroafeccionado e aso-ciacións culturaisde toda Galiza,convoca este galar-dón de carácter ho-n o r í f i c obianualmente, enesta ocasión, a súaXunta directiva de-cidiu outorgarlle este premio áanimación teatral ao Proxecto Bu-xiganga, pola súa repercusión noeido da cultura teatral, en xeral, edo teatro afeccionado na provinciade Lugo, en particular.A concesión deste premio supónun recoñecemento a un traballoque se remonta ao ano 2009 ecuxo último obxectivo é achegaro teatro a poboacións pequenas

que acostuman a quedar fóra doscircuítos habituais da programa-ción cultural, fomentando así acreación de novas asociacións egrupos de teatro afeccionado. Unproxecto que, ademais, pretendeestimular a formación ofrecendocursos para afeccionados imparti-dos por actrices e actores galegosde gran prestixio, e accións forma-tivas para persoas que se dedicanprofesionalmente a isto, algo quexurdiu como novidade nesta edi-ción.

Durante a súa intervención, Anto-nio Veiga explicou que “no eidocultural, Lugo, como boa provin-cia de interior, queda fóra do EixoAtlántico, salvo puntos e lugaresconcretos, polo que estábamos unpouco adormecidos ata fai benpouco. Nos últimos anos, candotodos ían cara atrás, co noso pulocomezamos a ter actividades queata ese momento eran impensa-

bles, como é o caso de Buxiganga.En Lugo todo semellaba máis di-fícil, quizais por iso este proxectoteña moito máis mérito”. “Buxiganga – continuou o vice-presidente- é un proxecto integral,completo, pero sobre todo ésaúde; saúde dun pobo que estámoi vivo e que non quere que llequiten o que lle pertence, un poboque sen cultura perdería moitosanos de vida, que en moitos sitiosxa os está a perder como se dunhapraga se tratase. Por iso, vos agra-

decemos este pre-mio á Fegatea e atodas aquelas per-soas que formadesparte de Buxiganga,porque vós mellorque ninguén coñe-cedes a realidade dopaís, o difícil daexistencia de pro-xectos coma o nosoque deben e teñenque continuar asícomo unha sani-dade ou unha edu-cación universal egratuíta”.Pola súa banda,

Mario Outeiro sinalou que “coneste premio, Buxiganga, que é unproxecto que pretende achegar oteatro a todo o mundo e que pon aestrutura dunha administraciónpública ao servizo do pobo, recibeun recoñecemento que esperamossirva de alicerce ao resto de insti-tucións do país para que se impli-quen do mesmo xeito no teatroamateur”.

O Festival de Polifonía e Panxo-liñas de Vilalba chega a súa vixé-simo sétima edición cunprograma encabezado polas ac-tuacións das corais da capitalchairega – Luar e Polifónica Vi-lalbesa-, e da Coral Polifónica deChantada e a Coral Airiños de Ca-ranza-Ferrol. O domingo 6 de xaneiro, o audi-torio municipal Carmen Estévezacollerá, a partir das oito e mediado serán, este recital organizadopola Coral Polifónica Vilalbesaonde cada conxunto interpretarácinco pezas.A anfitrioa, dirixida por Uxío Gar-cía Amor, porá enriba do escena-rio ás súas mellores voces paracantar “Noël”, “Vinde ledos”, “Nanoite máis fermosa”, “A Media-noche” e “Llegó Navidad”.Outra formación vilalbesa partici-pará tamén neste festival. A CoralLuar, dirixida por Rogelio LombóVega, interpretará, pola súa banda,“El Niño Divino”, “Nenos de Ca-belos D’Ouro”, “Campanas deNavidad”, “Con un sombreiro depalla” e “Sobre o Sol e a Lúa”.

Os catro museos que conforman aRede Museística Provincial, aco-llen dende o luns 17 de decembro,e ata o vindeiro 4 de xaneiro, oprograma de actividades deNadal, que este ano ten como pro-tagonista á figura do Apalpador,que trae maxia en forma de obra-doiros para todas as idades etemas, a revista oral “O Pazo dasMusas”, que no seu número 31rende homenaxe a Celso EmilioFerreiro e a Manuel Leiras Pul-peiro, así como exposicións, mú-sica e cine.“O mundo das marionetas e asmarionetas do mundo”, “O bos-que de Nadal”, “Laboratorio desombras”, “Toma traxe!”, “Face-mos o noso caderno”, “Historia daNavegación”, son algúns dosobradoiros que se ofertan nascatro entidades museísticas, quese completan co espectáculo doApalpador Solidario, personaxeque vén da man do polifacéticoactivista da paz e da ecoloxía,Anxo Moure, dende as montañasorientais da provincia de Lugo,para encher os museos de maxia econtos e educar en valores relacio-nados coa solidariedade nunhaépoca na que aflora o consu-mismo.Como novidade, este ano organí-zase o I Festival Butoh de Lugo.O butoh é unha danza que ten asúa orixe no Xapón da posguerrae do horror nuclear, e busca nesteclima de derrota un novo sentidodo corpo e da vida fronte ás impo-sicións estéticas políticas e so-

ciais. Esta iniciativa vén acompa-ñada da inauguración da exposi-ción Butoh Fu, que combinafotografías, vídeo e texto paraofrecer un panorama completodesta danza nipona.No marco desta programación,celébrase o rito do Nadal mexi-cano a través da actividade “PedirPousada”, organizada coa colabo-ración da comunidade mexicanaen Lugo. Esta celebración, basé-ase nunha festa que ten lugar nopaís americano entre os días 16 e24 de decembro e consiste enpedir acollemento para a SagradaFamilia nos días previos ao nace-mento de Xesús.

CinemaA sétima arte tamén está presenteno Nadal da Rede Museística, através do Ciclo de Cine EuroárabeAmal “Diálogos Multiculturais”,que inclúe as proxeccións infantísde “Osora e a lenda” e “Carta aSasha”, coas que se contribúe afomentar a comprensión domundo árabe entre os máis peque-nos.Segundo explicou Mario Outeiro,“coa posta en marcha destas ini-ciativas preténdese conectar dife-rentes culturas, sensibilidades emaneiras de entender a terra quehabitamos, posto que desde aRede Museística da Área de Cul-tura da Deputación, apostamospor ofrecer, tanto a adultos comoa pequenos, unha visión global,cosmopolita e multicultural domundo”.

A Asociación deGaiteiros Galegosreuniu en Lugo aespecialistas de Ga-licia, Asturias, Cas-tela e León, PaísVasco e Portugalnas I Xornadasarredor da MúsicaTradicional.O Centro Lugo2acolleu esta pri-meira edición doencontro, que o sá-bado 15 e o do-mingo 16 sedesenvolveu cunintenso programaque incluíu nove re-latorios, dous con-certos e variaspresentacións denovas publicacións sobre músicatradicional.O conxunto das actividades pre-tendían afondar na cultura tradi-cional tanto galega como dascomunidades e países convida-dos “amosando a riqueza cultu-ral dunha maneira aberta e cheade contidos”.

Así, o programa contou con re-latorio sobre ourivería populargalega, a gaita asturiana e a cor-namusa do País Vasco. Asímesmo, os relatores achegaronas tipoloxías, técnicas interpreta-tivas e repertorio das gaitas defol na Pontevedra de finais do S.XIX, a gaita de fol de Portugal

ou a gaita en Zamora ás xorna-das.

Concertos e presentación denovas publicaciónsEstas xornadas deron pé a pre-sentación de novas publicaciónsrelacionadas coa música tradi-cional. As temáticas destes tex-

tos xiran en torno a algún instru-mento concreto como a gaita defol - “Son do Fol” de Xaime Es-tévez ou “Caderno 20: 24 Estu-dos Tonais para gaita de fol” deDavid Bellas- ou a requinta en“A Requinta adobada” de Ale-xandre Cadarso "Cano". Sobre acultura tradicional de recunchosde Galicia tratan “Vámola Albo-reando. Músicas de Teo” da Aso-ciación Cultural “ARegionalista”, “Para cantar veñoeu! Unha viaxe pola cultura mu-sical galega da man dos Chichi-sos” de Rafael Quintía ou “OCancioneiro de Cabana de Ber-gantiños” de Olga Kirk e PabloDíaz.Juan Mari Beltrán e FernandoJalón foron os encargados deachegar a música da gaita debota a través de Txirolarrúa. E,pola súa banda, a Asociación Be-rros do Castro ofreceu un relato-rio e posterior concerto baixo onome “Unha Imaxe, unha melo-día, un recordo. Exposición epercorrido gráfico - sonoro polascomarcas de Ferrol, Eume e Or-tegal”.

O proxecto Buxiganga recibe o II Premio daFEGATEA á animación teatral

Lugo acolleu as I Xornadas arredor da Música Tradicional

A figura do Apalpador, protagonistadas actividades de Nadal na RedeMuseística

Polifonía e panxoliñasen Vilalba

Mario Outeiro e Antonio Veiga recolleron o galardón da man de

Chelo Pampillón, a presidenta da Federación Galega de Teatro

Afeccionado.

Juan Mari Beltrán e Fernando Jalón ofreceron un concerto sobre a gaita de bota.

Page 25: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

25sociedade decembro 12

Nacido en Arzúa, pero casadocunha vilalbesa, Manolo chegou aVilalba no ano 1991 para facersecargo do Casablanca, un dos esta-blecementos hostaleiros máis sen-lleiros de Vilalba.O Casablanca levaba dous anosaberto cando Manolo se puxo á súafronte e foi a finais do mes de no-vembro cando tomou a xubilaciónabandonando o seu lugar detrás dabarra do Casablanca dende ondeservía viños aos seus clientes, ade-mais de ofrecerlles unha boa con-versa.Dende o terrachá.xa falamos con elpara coñecer as súas experienciasdurante estes 21 anos no Casa-blanca, así coma os seus plans paraa nova etapa que ven de comezar.

Viviades en Barcelona, como se

vos ocorreu volver para Vilalba

e abrir un negocio deste tipo?

O responsable do negocio ata omomento era un primo da miñamuller e foi el quen nos comentoua posibilidade de seguir adiante cobar.

E en 21 anos, qué tipo de evolu-

ción cres que seguiu o Casa-

blanca?

A clientela foi bastante estable,aínda que na actualidade coa crisesi que baixou un pouquiño.

Como definirías a túa clientela?

Moi boa. Fiel e nada desagradable,por suposto.

Entón era gratificante para ti

traballar...

A verdade é que si, moito.

Qué cres que valoraba a xente do

teu local?

A maioría dicían que viñanao Casablanca polas tapas;pero non sei se é certo ounon.

E polo trato tamén?

Supoño que polo tratotamén, senón non irían.Sempre che anima a ir vera persoa que te atende epoder charlar con ela.

Nese sentido, o teu traba-

llo no bar non era sim-

plemente a forma de

gañarte a vida, senón

que tamén che ofrecía a

posibilidade de encon-

trarte diariamente cos

amigos...

Exactamente. Ademais, aclientela era fixa; polo quetódolos días estaba en con-tacto con eles. Fixen grandes ami-gos. Ademais, ao ser un pobopequeno coñeces máis á xente, nonson clientes que veñan só de paso.

E neste tempo, qué anécdotas re-

cordas?

Non recordo grandes anécdotasporque tampouco tiven problemascoa xente.

E chegou o momento de pechar:

por xubilación. Como foi a des-

pedida?

Un grupo de amigos preparou unhacomida sorpresa na que me dixeranque iamos ser tres persoas e logo

apareceron 15 ou 16.

Es consciente de que che vai a

quedar o apelido de Manolo do

Casablanca para sempre? Mo-

léstache?

Non sei se a xente me vai seguirchamando así, pero non me mo-lesta en absoluto. Ó contrario.

E destes 21 anos, hai algún

cliente que recordes especial-

mente?

Sempre hai algún dos que falece-ron do que me acordo. É o casodun amigo meu, Vitoriano, quetamén viñera de Barcelona coma

min; Perfecto Ramaou José, da FerreteríaFerradura, que era unmoi bo cliente, ade-mais de ser un señormoi educado e co-rrecto.

Entón é posible, de-

trás dunha barra,

facer dun cliente un

amigo?

Si. E o segredo éadaptarse ao cliente enon ao contrario.Debes saber como écada persoa para tra-talo segundo a súaforma de ser. O tratodebe ser personali-zado. Hai quen dique os trata a todospor igual, pero todos

non son iguais.

E gustaríache que o local seguira

funcionando ben?

Por suposto.

Pensas ser cliente do Casablanca

a partir de agora?

Eu si.

E como foron os primeiros días

dende o peche do bar?

Os primeiros días vótase algo de

menos a clientela, a túa xente. Su-poño que é normal. Pero, sincera-mente, pensaba que o ía levar peor.

A partir de agora, en qué vas

ocupar o teu tempo?

Agora marchei para a aldea e dedi-careime a tocar a gaita, porquesempre me gustou moito tocar agaita; e, se teño tempo, apunta-reime á Coral, no caso de que meacepten, porque aínda non fixen asprobas.

DE VIÑOSPensas que Vilalba segue sendo

un lugar onde a hostalería de

viños segue sendo de certa tradi-

ción?

Eu creo que si. O que tamén estáclaro é que non é coma antes; perosegue habendo moita xente á quelle gusta e ten uns bares de referen-cia para ir tomar os seus viños.

E cál é o día máis forte?

Sempre foron os sábados, peroagora comezan a ser os venres polanoite.

Non cres que o Casablanca,

xunto aos demais establecemen-

tos da zona, conseguiron facer

precisamente desa a zona de re-

ferencia para os viños en Vi-

lalba?

Eu creo que non. Pero o que si écerto é que todos os da zona somosamigos e mantivemos todos estesanos unha gran relación de compa-ñeirismo.

A Asociación Cultural Xermolosorganiza diversas actividades

que se desenvolverán o sábado12 de xaneiro de 2013 dentro daconmemoración dos “25 anos doCasón”. Cúmprense 25 anos da accióndos veciños de Guitiriz, que blo-quearon con tractores, troncos,pneumáticos e outros obxectospesados a nacional VI, impe-dindo que os bidóns con produ-

tos inflamables, tóxicos e corro-sivos fosen depositados na base

militar de Parga, e que viñan es-coltados pola Garda Civil, des-pois do accidente que ocargueiro panameño sufriufronte ás costas de Fisterra.A programación en torno ao ani-versario desta mobilizaciónarrincará na Casa Habanera deGuitiriz coa presentación dovídeo de Paco Ja sobre o Paso do

Casón polas terras do municipioarredor da unha do mediodía.Posteriormente, presentarase areedición da Revista Xermolos,publicada no primeiro aniversa-rio do Casón e maquetada porXosé Antonio Arias. O acto re-matará coa actuación musical deMini e Mero.Ás dúas e media da tarde é aquenda dun xantar en homenaxea todo o pobo que participou na-quela iniciativa común e para aque se venderán tarxetas polasparroquias. A festa desenvolve-rase no Mesón da Cabra coa ac-tuación de varios grupos demúsica locais: Bloquinho deXermolos, Caivanca e Sons deAldea.Así mesmo, nomearase a Al-fonso Blanco Torrado coma “Ve-ciño Necesario da nosaComarca”.

Exposición: O paso do Casón

por Guitiriz

E, por outra banda, a Casa dasPalabras acollerá unha exposi-ción de fotografías de PepeÁlvez sobre o paso do Casón porGuitiriz.

O Pub Xanela únese á solidarie-dade nestas datas de Nadalcunha iniciativa que fixo coinci-dir coa celebración da FoliadaFeroz o sábado 15 de decembro.Os intrépidos Feroces da Gal-gueira, as pandereteiras de EntreLusco e Fusco, Xente Nova eMedio Quinhón puxeron música

a esta foliada

na que se reco-

lleron entre os

800 e os 1.000

quilos de ali-

mentos non pe-

r e c e d o i r o s

coma legumes,

pasta, galletas

ou conservas.

"Nos tempos

que corren non

podemos es-

quecernos de

toda esa xente

que o está a

pasar verdadei-

ramente mal. E

non hai que

mirar moi lonxe, son os nosos

veciños”, apuntan dende o Xa-

nela ao tempo que agradecen a

todos aqueles asistentes á foliada

a súa aportación que permitirá

que Cáritas Terra Chá poda re-

partilos produtos recollidos entre

os que máis o precisan.

Ademais, de solidariedade, o

Pub Xanela repartiu agasallos

entre os participantes dos con-

cursos de baile con parella for-

zosa, aturuxos e piropos bravos.

“Vilalba continúa a ter certa tradición de viños, pero agora o díaforte é o venres”

Guitiriz recorda as mobilizacións contrao Casón 25 anos despois

O Xanela recolleu alimentospara Cáritas Terra Chá durantea Foliada Feroz

Manolo ven de xubilarse e abandonar o seu posto á fronte

do Casablanca.

Os veciños de Guitiriz bloquearon os accesos a Parga dende a nacional VIpara impedir que se depositaran na base militar os bidóns con material tó-xico e inflamable procedente do cargueiro panameño Casón que sufriu unaccidente en 1987 fronte ás costas galegas.

Blas Lamela, xerente do Pub Xanela, cos alimentos recolli-

dos nesta “Operación Kilo”.

Page 26: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

axenda culturalexposicións

teatro

concursos

eventosCastro

Casa da CulturaImaxes do NadalAta o 25 de decembro

A mostra, organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá de Lugo e o Centro Cul-tural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén de Begonte,

consta de 28 fotografías sobre o Nadal.

VilalbaCentro Cultural e RecreativoObradoiro de Pintura

Dende o 22 ata o 30 de decembroMostra de cadros elaborados por 25 membros de ASFADIVI durante os meses de novem-bro e decembro no “Obradoiro de Pintura” subvencionado pola Obra Social La Caixa.

LugoMuseo Provincial de Lugo

Marta Barros: El hálito del ÁngelAta o 31 de decembro

Un conxunto de vinte fotografías en cor acompañadas por un texto esmiuzado en vintefrases, como títulos, pero que xuntos forman un todo, conforman esta mostra que pre-tende ser unha viaxe a traveso da enfermidade, a frustración, os lazos xenéticos, a cer-

teza absoluta do que é correcto, a fe e mais a perda da mesma.

A PastorizaCasa da CulturaImaxes do Nadal

Dende o 27 de decembro ata o 8 de xaneiroA mostra, organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá de Lugo e o Centro Cul-

tural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén de Begonte,consta de 28 fotografías sobre o Nadal.

VilalbaMuseo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba

De Uruk a AsiriaAta o 3 de febreiro

A mostra sobre arqueoloxía de Mesopotamia recolle reproducións e outros obxectos rela-cionados co proxecto de investigación “Medio Éufrates Sirio” e as imaxes do seu fotó-grafo oficial, Eloy Taboada. Ademais, complétase cun audiovisual das escavacións.

As PontesAuditorio Municipal Cine Alovi

Papá Noel Máxico22 de decembro

A partir das cinco da tarde, o mago Martín Camiña ofrecerá un espectáculo de maxia coarecepción de Papá Noel.

As PontesAuditorio Municipal Cine AloviAs Novas Tolemaxias

26 de decembroO Mago Teto retorna á esencia do ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo

de efectos novidosos tocando todas as disciplinas da maxia.

XXXVII Certame de Debuxo Infantil sobre “O Nadal”Ata o 24 de decembro

O Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte convoca este certame ao quepoden concorrer tódolos nenos a través dos seus colexios en dúas categorías: ata 10anos e de 11 a 15, cun máximo de 25 traballos por colexio en cada categoría. Os temasson libres dentro do xenérico do Nadal e a presentación dos traballos realizarase en car-tolina cun tamaño de medio a un folio. Entre os participantes concederanse tres primei-ros premios dotados con 60 euros e un trofeo en cada categoría e cinco segundos

dotados con 30 euros e o respectivo trofeo.

XXIII Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán”At a o 25 de decembro

O Centro Cultural de Begonte convoca este certame dotado con 1.500 euros e unha esta-tuíña de Sargadelos. Poden optar ao premio obras pictóricas de pintores galegos presen-

tadas cun tamaño máximo de 1,5x1m e de tema libre.

XXXVII Certame xornalístico “Begonte e o Nadal”Ata o 6 de xaneiro

O Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte convoca este certame no quepoden tomar parte algún traballo ou serie sobre algún tema relacionado co Nadal en Be-gonte e, en xeral, ao Nadal en Galicia. Os participantes deberán achegar ao Centro Cultu-ral de Begonte por triplicado o exemplar do xornal ou revista ou a indicación da páxina

web acompañados dos datos persoais . O mellor traballo recibirá un premio de 600 eurose o segundo de 300, acompañados por unha estatuíña de Sargadelos.

XXXVII Certame Nacional de Poesía sobre o NadalAta o 6 de xaneiro

O Centro Cultural de Begonte convoca este certame no que poden participar os poetas queo desexen con textos en galego e castelán sobre o Nadal. Valorarase que fagan referencia aBegonte e o seu Belén, pero a construción dos poemas e a medida dos versos é libre. O pri-meiro premio está dotado con 600 euros e o segundo con 300, pero ambos recibirán a esta-

tuíña de Sargadelos. Os traballos deberanse presentar con plica e por triplicado.

VilalbaPraza da ConstituciónFeira do Capón

22 de decembroVilalba acollerá, un ano máis, en vésperas do Nadal, a tradicional Feira do Capón onde sepremiarán aos mellores criadores nun acto amenizado por varios grupos folclóricos lo-cais. A hostalería vilalbesa ofrecerá degustación de capón a partir das doce e media.

As PontesII Carreira San Silvestre Pontesa

31 de decembroEsta proba deportiva, organizada polo departamento municipal de Deportes e o Club deAtletismo Olympo, conta con diferentes distancias en función da categoría e arrincará áscatro da tarde. Os tres primeiros clasificados ou clasificadas de cada categoría recibiránun trofeo ou medalla. Para anotarse é preciso enviar un correo electrónico cos datos doparticipante ao enderezo [email protected] ou chamar ao 636 51 72 99, antes

do 30 de decembro.

Guitiriz25 anos do Casón

12 de xaneiro As actividades organizadas por Xermolos en torno ao seu aniversario arrincarán coa pre-sentación dun vídeo de Paco Ja e a reedición da Revista Xermolos no primeiro aniversa-rio nun acto que contará coa actuación musical de Mini e Mero na Casa Habanera.

Despois do xantar no Mesón da Cabra haberá unha foliada amenizada por varios gruposde música locais e ademais, nomearase a Alfonso Blanco Torrado coma “Veciño Necesa-rio da nosa Comarca”. A Casa das Palabras acollerá unha exposición de fotografías de

Pepe Álvez sobre o paso do Casón por Guitiriz.

26 actualidadedecembro 12

Page 27: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

Que ler? a elección de:

Que escoitar?

Que ver?

Marica Campo

Escritora

Un libro Un disco

Unha comida

Un sitio para vivir Unha personaxe histórica

O Inflamable supón un exercicio de desmitificación e crí-tica nestes tempos duros de neoconservadorismo, recen-tralización e axustes e que supón así mesmo unha apostapola que se deu en chamar a función lúdica da linguaxe.Por outra banda, a iconoclastia nos mozos é unha virtudee case unha necesidade. É aconsellable seu emprego entreos máis novos nas clases dos institutos para achegalos ápoesía a partir duns textos que conectan moi ben coa sen-sibilidade do alumnado adolescente e que ofrece unha vi-sión da poesía que non coincide coa convencional queadoita aparecer nos libros de texto.

A pesares dese nome que nos transportaría a unharuda poboación industrial de Renania-Westfalia,Tannhäuser chegan dende a luminosa Sevilla, isosi cun son escuro etiquetado no chamado Post-Rock. Con bandas do máis septentrional do vellocontinente como referencia (Mogwai ou SigurRos), o novo traballo (terceiro) do grupo mergullanas melodías complexas instrumentais. Un discodenso para tardes de nubarróns e trago longo. Moirecomendable.

The Master

Inflamable, Samuel L. París

Edicións Positivas

Follas Novas, Rosalía de Castro "Meditation" de Mischa Maisky

Unha dourada ao forno (que

non sexa de piscifactoría)

Unha película

El jardinero fiel

Unha cidade

para visitar

Lisboa

Unha bebida

Un bo mencía

Galiza Xesús de Nazareth (sen adulterar)

Tannhäuser: “Voces”

Drama sobre a Igrexa da Cienciología. Lancaster Dodd (Sey-mour Hoffman), un intelectual brillante e de fortes conviccións,crea unha organización relixiosa que comeza a facerse popularnos Estados Unidos cara o ano 1952. Freddie Quell (JoaquinPhoenix), un mozo vagabundo, converterase na man dereitadeste líder relixioso. Pola contra, cando a secta trunfa e consegueatraer a numerosos e ferventes seguidores, a Freddie xurdiranlledúbidas.

Título orixinal:The Master. Ano: 2012. Duración: 137 minutos.País: EE.UU. Xénero: Drama. Anos 50.Dirección e guión: Paul Thomas Anderson. Música: Jonny Gre-enwood. Fotografía: Mihai Malaimare Jr. Reparto: Joaquin Pho-enix, Philip Seymour Hoffman, Amy Adams, Laura Dern, KevinJ. O'Connor,Rami Malek, Jesse Plemons, Fiona Dourif, DavidWarshofsky, Lena Endre. Produtora: The Weinstein Company /Annapurna Pictures / Ghoulardi Film Company.Premios 2012: Mellor director e mellor actor (Phoenix e Hoffman)no Festival de Venecia. Nominada a mellor película nos PremiosGotham.

por Félix Jorquera

27recomendacións decembro 12

Page 28: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

“Agradecemos a confianza depositada en nós polos nosos clientes aos queagardamos poder continuar solucionándolles os problemas relacionados coa

venda e o mantemento de consumibles informáticos”

Ana María Rivas, responsable de vendas de TodoTinta

Hai preto de cinco anos que abriu

as súas portas TodoTinta, unhatenda de informática e consumi-bles situada na rúa Alcalde FragaBello Nº 20 de Vilalba.O establecemento ofrece princi-palmente consumibles (cartuchos,tóners, cintas, etc.) compatiblespara impresoras; pero tamén ele-mentos de papelería e outro ma-terial informático; ademais dosservizos dun técnico informáticopara o mantemento dos equipos eaccesorios. Nese sentido, as em-presas ás que realizan estes servi-zos contan condescontos enmaterial infor-mático natenda. Domesmo xeito,empresas e par-ticulares poden adquirir os orde-nadores que máis se adapten ássúas necesidades, ou outros con-sumibles informáticos, cun finan-ciamento a súa medida. Para coñecer máis detalles sobreos servizos que ofrece TodoTintafalamos coa súa responsable devendas, Ana María Rivas.

En primeiro lugar, cómo defini-

rías TodoTinta?

TodoTinta é unha tenda de infor-mática e de todo tipo de consumi-bles; xa que, a pesar de estarespecializada en tinta, abarca todotipo de produtos de informática ematerial de oficina. Ademais, ga-rantimos un bo servizo, como de-mostran os cinco anos deexperiencia nos que fomos capa-ces de manter os nosos clientes.

Cando e con qué obxectivo

naceu?

TodoTinta naceu en febreiro do2008 para dedicarse ao eido datinta a través de consumibles. Codesbordamento da demanda, aospoucos meses da nosa apertura,

ampliamos a oferta de produtosata involucrarnos de cheo na in-formática. E, nese sentido, Todo-Tinta ofrece tamén servizotécnico para a reparación dosequipos.

Dende entón, qué balance rea-

lizas da actividade da empresa?

O balance é satisfactorio, xa quefomos gañando a confianza dosnosos clientes día a día ata lograrmanter a nosa actividade en Vi-lalba grazas á venda de consumi-bles polos que os nosos clientes

chegaron a selotamén na infor-mática e nos de-rivados. Destexeito, fomosmedrando cosanos ao adaptar-

nos ao mercado incluíndo na nosaoferta as últimas novidades, comoo están a ser ultimamente as ta-blets.

E, na actualidade, como inflúe

a crise no modelo de negocio do

establecemento?

Na actualidade estamos a finan-ciar a venda de produtos de infor-mática adaptándonos ásnecesidades dos clientes. E, ade-mais, ofrecemos consumiblescompatibles, que contan cunprezo menor conservando amesma calidade, pero ofrecendomaior capacidade incluso. Nocaso da consumibles, ofrecemoscalidade a bo prezo, que é o que axente busca na actualidade.

Unhas das actividades polas

que se coñece TodoTinta é a

venda de consumibles compati-

bles, pero tamén contades

cunha ampla gama de orixi-

nais...

Para todos aqueles interesados enmercar os cartuchos orixinaiscontamos con tódolos consumi-

bles do mercadoonde contamoscunha gran dis-poñ ib i l idade ,polo que en To-doTinta podenatopar cartuchosque non atopennoutro lugar. Pó-dese dicir quesomos a Ferrete-ría Puentes datinta. Ademais,dende a primeirademanda dundos produtos, in-mediatamente oincorporamos aonoso stock.

Falamos de car-

tuchos orixinais

e compatibles,

pero cal é a dife-

renza real entre

ambos?

Os compatiblesconteñen máistinta, ata un 70%máis. Así, duranmáis tempo apesar de ter unprezo menor queo dos orixinais,mantendo a súacalidade.

E unha vez es-

gotados os car-

tuchos, qué podemos facer con

eles?

En TodoTinta recollemos tódoloscartuchos para logo envialos aosnosos provedores, xa que algúnsdeles son tamén xestores de resi-duos.

SERVIZO TÉCNICONo eido da informática, ade-

mais da venda axustada en con-

dicións ao cliente, TodoTinta

encárgase das reparacións e do

servizo de mantemento infor-

mático. Qué aspectos deste ser-

vizo podes destacar?

Marcos Fernández é o noso téc-nico informático. El encárgase desolucionar as dúbidas dos nososclientes -particulares ou empre-sas- na propia tenda, por teléfonoou mesmo no domicilio. Ade-mais, dende TodoTinta ofrecemosun orzamento previo do quesupón a reparación de portátiles,CPUs ou impresoras para que os

clientes non se levenunha sorpresa ao pre-sentarlles a factura.

Ofrecen algún tipo

de prezo reducido

para os servizos a

empresas?

Co servizo de mante-mento a empresasengadimos descontosen material da tendade calquera tipo deconsumible.

REDEA c h e g á n d o n o s

agora ao eido das

novas tecnoloxías.

Que tipo de pre-

senza ten na rede

TodoTinta?

Os interesados encontactar con nos através da internetpoden facelo a travésdo noso e-mail:[email protected]. Ademais,temos perfil na redesocial facebook(Afralo Villalba)dende onde ofrece-mos algúns descon-tos aos nosos amigos.

Finalmente, qué as-

pectos considera

que diferenzan a

TodoTinta da competencia?

TodoTinta ofrece un trato perso-nalizado ao cliente e produtos decalidade a prezos competitivos.Deste xeito, foi consolidando osseus clientes ao longo destes casecinco. Polo tanto, queremos agra-decerlles que depositaran a súaconfianza en nós día a día dendeentón e que nos permitan seguirpodendo solucionarlles os posi-bles problemas tanto en vendascoma en servizos.

28 empresadecembro 12

Ana María Rivas, responsable de vendas de TodoTinta.

Marcos Fernández, técnico superior en Informática.

“O desbordamento da

demanda fixo que Todo-

Tinta se involucrara de

cheo na informática”

Page 29: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

A terraza do Hostal Restaurante Terra Chá acolle por segundo anoconsecutivo a recreación dun belén de grandes dimensións queocupa arredor de 40 metros cadrados das instalacións do establece-mento.

O Concello de Guitirizorganizou a VI Gala doDeporte onde homena-xeou aos deportistasmáis destacados du-rante o ano e tamén a al-gúns dos clásicosdeportistas guitiricen-ses ou aos clubs crea-dos neste 2012. Duranteo acto celebrado no Res-taurante La Casilla con-taron coa presenza dotriatleta Xavier GómezNoya. Foto SUSO

Os alumnos e alumnas do CEIP de Muimenta inauguraron as visitas aomuseo pedagóxico de Muimenta instalado na escola do vello campoda Igrexa. Manuel Vila guiou o percorrido mediante o que puideronachegarse a outro contextos histórico: o reinado de Alfonso XIII, da IIRepública e a primeira parte da dictadura franquista. Ao remate, o co-lectivo Xotramu fixo unha demostración de xogos tradicionais.

Os alumnos da UNED Sénior de Xestoso achegáronse a Vilalba o martes11 de decembro. Comezaron o seu percorrido pola capital chairega cunpaseo á beira do río Magdalena contemplando os monumentos do Hec-tómetro Literario dedicados a varios escritores da comarca. Tamén pui-deron contemplar a recuperación do Muíño do Rañego. Posteriormenteachegáronse ao Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba onde seconservan restos arqueolóxicos dende o Paleolítico ata a época castrexa.

29sociedade decembro 12

Los Hombresde Pardo (ungrupo de ami-gos que perten-cen aom o t o c l u b eTerra Chá) conAntonio Maeso,o único pilotoespañol daproba cele-brada este anona Isla de Man,cuna do Motoci-clismo.

Os alumnos e alumnas do colexio Ramón Falcón de Castro de Rei na-cidos en 1976 realizan cada ano unha cea por estas datas. Ana Ca-bana e Ángeles López entregaron o relevo a Víctor Darriba, LibradaEngroba e Patricia Varela que se encargarán da organización da ceada vindeira edición.

Page 30: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

como pasa o tempo!

concursa con

Participa no noso concurso mandando un sms ao teléfono 982

050 012 e dando a resposta que ti creas para acertar coa nosa

personaxe do mes. Entre os acertantes sortearemos unha cea

para dúas persoas no Restaurante A Nova Ruta.

Quen é este rapaz?

Solución do mes pasado: Gañador:

foto aplauso

Para a parroquia de Santa María de Vilalba por

retirar a Cruz dos Caídos que luciu na fachada ao

longo de tantos anos.

Pista:

Un home moi tecnolóxico.

30 servizosdecembro 12

Page 31: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

ANUNCIOS POR PALABRASANÚNCIESE (GRATIS A PARTICULARES) TELF/FAX: 982 51 03 35

TERRA CHÁ.XA APTO. 86 27800 VILALBA - [email protected]

-ALÚGASE APARTAMENTO EN PRIMEIRA LIÑA DA PRAIA DARAPADOIRA EN FOZ. TELF. 982 51 22 04 e 638 60 72 36.

- ALÚGASE BAIXO/LOCAL DE NEGOCIO, CON RENDA BAIXAEN CASO DE QUE A REFORMA CORRA POR CONTA DOARRENDATARIO. TELÉFS. : 981 23 59 30 E 659 63 59 91.

-CÓMPRASE BAIXO COMERCIAL EN VILALBA. INTERESA-DOS EN VENDER CHAMAR AO TELÉFONO 678 82 71 42.

-ALÚGASE PISO AMUEBLADO NA AVENIDA TERRA CHÁ.PREZO A CONVIR. TELF. 635 25 45 85.

-VÉNDESE PISO DE 120 M2 NO CENTRO DE VILALBA, RÚAXOSÉ MARÍA CHAO. 120.000 EUROS. TELF. 647 12 45 12.

- ALÚGASE PRAZA DE GARAXE EN RÚA DA PRAVIA, AOLADO DA ZAPATERÍA CAMBA. 30€ AO MES. TELF.: 982 51 2065.

-VÉNDESE PARCELA DE 7000 M2 EN TROBO (BEGONTE)CON REGO NATURAL.EMAIL:[email protected]: 982 51 13 96 OU 664 64 95 13.

- VÉNDESE CASA EN XERMAR, NO BARRIO RIBA DE INSUA,EN COSPEITO. PARA RESTAURAR. 120 MTRS CADRADOS,LUZ, POZO, ALPENDRE E 2 FERRADOS DE TERREO. ESTÁREXISTRADA TELF.: 982 52 01 38.

-VÉNDESE OU ALÚGASE BAIXO COMERCIAL EN VILALBA.TOTALMENTE REFORMADO, 60 MTRS. CADRADOS(APROX.).TELF. 680 76 02 05.

-VÉNDESE CASA UNIFAMILIAR EN VILALBA. 3 DORMITO-RIOS, 1 BAÑO, 1 ASEO, SALÓN-COMEDOR E TERREO PORDETRÁS DA CASA. TELFS.: 669 61 20 66 - 686 46 47 42.

-VÉNDESE FINCA EDIFICABLE EN LANZÓS MOREDA. 12.000EUROS. TELÉFONO 982 51 12 69

- ALÚGASE PRAZA DE GARAXE NA RÚA FOZ EN VILALBA. 30EUROS. TELÉFONO 982 51 12 69

-VÉNDESE CASA DE PEDRA EN SEIXAS, COSPEITO. PLANTABAIXA E PRIMEIRO PISO. TELF.: 620 80 08 03

-ALÚGASE CASA DE CAMPO CON TERREO, 3 DORMITO-RIOS, COCIÑA-SALÓN-BAÑO E SERVIZO DE GARAXE.POZO PROPIO. A 100 METROS DA SAÍDA DA AUTOVÍA DOCANTÁBRICO. TOTALMENTE RESTAURADA. 608 34 23 66

-BÚSCASE CASA DE ALQUILER CON ALGO DE TERREO NAZONA DE VILALBA, COSPEITO E ENTORNO. TELF: 657 27 9468.

-VÉNDESE OU ALQUÍLASE PRAZA DE GARAXE AO LADO DAPANADERÍA CURRÁS (VILALBA). 630 40 75 33

- ALÚGASE LOCAL EN VILALBA PARA BAR, CAFETERÍA, PUFOU CALQUERA OUTRO TIPO DE ACTIVIDADE EN ZONA CÉN-TRICA. PREZO ECONÓMICO E A CONVIR. INTERESADOSCHAMAR AO 636 30 75 95

-VÉNDESE CASA EN ROUPAR (XERMADE) NO LUGAR DATORRE. TEN UNHA SUPERFICIE CONSTRUÍDA DE 267 M2;UN ALMACÉN NA PLANTA BAIXA DE 54 M2; UNHA VIVENDANA PRIMEIRA PLANTA DE 101 M2 E OUTRO ALMACÉNANEXO Á PLANTA BAIXA DE 65 M2. O MESMO CONXUNTOCONTÉN UNHA LEIRA CHAMADA HORTA QUE É UN LABRA-DÍO DE 989 M2 SOBRE O QUE EXISTE OUTRO ALMACÉN DE101 M2. ADEMAIS, INCLÚE OUTRA LEIRA CHAMADA PRADE-LLA DO VERDE QUE É UN PRADO DE 514 M2. PREZO: 41.000EUROS. TELFS: 982 51 06 81 E 982 50 16 47.

- VÉNDESE CASA DE PEDRA EN SAN SIMÓN CON BODEGA,CHOZA E POZO. TELF. 630 57 96 43.

- VÉNDESE BAIXO ACONDICIONADO EN VILALBA NA RÚA CI-DADE DE LUGO, 33 CON 200 METROS CADRADOS. TELF.609 73 30 85.

- ALÚGASE CASA CON ALPENDRES E TERREO NA ES-TRADA COSPEITO-VILALBA. TELF. 605 680 188

- CHICO DE 42 ANOS BUSCA CHICA. AS PONTES. TELF: 627 1193 42

- RAPAZ DA TERRA CHÁ DE 55 ANOS BUSCA RAPAZA DA PRO-VINCIA ENTRE 45 E 55 ANOS. TELF. 605 63 34 08

-RAPAZ SOLTEIRO DA TERRA CHÁ BUSCA RAPAZA ENTRE 45 E55 ANOS PARA AMIZADE OU O QUE XURDA. TELF.: 648 14 72 43

-CHICO DE 30 ANOS BUSCA CHICA DE 20 A 30 ANOS. TELF.: 67778 92 87.

-RAPAZ DA TERRA CHÁ BUSCA RAPAZA DA PROVINCIA DE LUGOENTRE 40 E 50 ANOS PARA AMIZADE OU O QUE XURDA. TELF.:649 59 69 96

- HOME SEPARADO DE 65 ANOS BUSCA MULLER DE 60 NON FU-MADORA E SEN CARGAS. TELF. 630 40 37 11.

- RAPAZ SOLTEIRO DE 44 ANOS BUSCA RAPAZA SOLTEIRA DEENTRE 35 E 44. PREFERIBLEMENTE QUE LLE GUSTE A ALDEA.TELF. 671 41 66 79.

-VÉNDESE RETROEXCAVADORA CASE 988, ANO 2000, 16.500HORAS CON 2 CAZOS, CAZO DE LIMPEZA E MARTILLO(35.000 EUROS). 670 09 32 75.

- VÉNDESE RETROCARGADORA (MIXTA) CASE 580, ANO2001, 6.500 HORAS (18.000 EUROS). 670 09 32 75.

-VÉNDESE FURGONETA C15. 982 52 61 70.

-VÉNDESE CITROËN JUMPER 2.0 HDI ANO 2003 CON 143.000km. HOMOLOGADA PARA 9 PRAZAS. MOI COIDADA. 4.000 €.ITV RECEN PASADA. 646 85 39 50.

-VÉNDENSE RENAULT CLÍO 1.900 DIÉSEL. BO ESTADO. BA-RATO. TELF.: 634 44 07 16.

- VÉNDESE OPEL KADETT 17.00 DIÉSEL, LUGO-L. TELF.: 62620 52 01.

-VÉNDESE SEAT TOLEDO 1.9 TDI 110 DIESEL DE AGOSTO DO2000. MOI COIDADO. 3.800 EUROS. TELF: 655 45 78 97.

-BÚSCANSE PERSOAS PARA TRABALLAR ENSOBRANDO PU-BLICIDADE DESDE A CASA, OFICINAS OU TENDAS. INFORMA-CION ENVIANDO UN SELLO PARA RESPOSTA A C/ MARÍAPITA 23-25 3º IZQUDA. LA GÁNDARA, NARÓN, 15570 A CO-RUÑA.

-AXENCIA DE MODELOS SELECCIONA MODELO. TELF. 677 78 9287.

- PRECÍSASE DEPENDENTE/A CON COÑECEMENTOS DE ELEC-TRÓNICA, INFORMÁTICA, TELEFONÍA E IMAXE E SON. VALORA-RASE EXPERIENCIA. MÁIS INFORMACIÓN E RECEPCIÓN DECURRÍCULUMS EN [email protected].

-OFRÉCESE SEÑORA PARA LIMPEZA, ATENCIÓN A PERSOAS OUTAREFAS DO FOGAR. DESPRAZAMENTO POR TODA A TERRACHÁ E ARREDORES. TELF. 622 41 81 96.

-OFRÉCESE CHICA PARA COIDAR DE PERSOAS MAIORESTANTO DE DÍA COMA DE NOITE. TELF.: 629 98 73 16.

- OFRÉCESE CHÓFER A PARTICULARES CON COCHE OU SENCOCHE. TELF. 667 44 40 04.

- VENDO AUTOCARGADOR MARCA TATO 3T19. SEMINOVO.TELFS: 982 16 44 67 E 620 44 94 60.

-VÉNDENSE ESTACAS DE CASTAÑO. TELF. 635 25 45 85.

- REALÍZANSE TODO TIPO DE TRABALLOS FORESTAIS: DES-BROCE, PODA E PODA EN ALTURA, PLANTACIÓNS, CORTA DELEÑA, TRABALLOS DE XARDINERÍA, PECHES DE FINCAS,ETC. TELF.:696 22 47 09. ECONÓMICO.

-VÉNDESE MUÍÑO TRITURADOR DE UVA FEITO NA CASA EMÁIS CUBA DE FACER VIÑO DE 800 LITROS. ACEIRO INOXI-DABLE 316. USADA DÚAS VECES. TELF. 982 52 02 42.

-FÁNSE LIMPEZAS DE FINCAS E XARDÍNS. DESBROCE MA-NUAL. PRECIOS ECONÓMICOS. TELF. 647 44 14 83.

- CÓMPRASE TRACTO PASCUALÍN CON APEIRO. TELF. 636 90 48 50.

- VÉNDENSE NOVILLAS, ROLOS DE HERBASECA E UN TAN-QUE DE LEITE DE 1060 LITROS POR XUBILACIÓN. NOCHE (VI-LALBA). 664 10 39 64.

- VÉNDESE CARRO DUNHA VACA DE CHAPA GALVANIZADACON LATERAIS, UN EIXO DE 1,70 X 1,30 X 0,72 E BASCULANTE(SEMINOVO). PREZO 300 EUROS. TELF. 982 39 95 54

- ARRÉNDASE COTA LÁCTEA DE 210.000 KG NO CONCELLODA PASTORIZA. TELF. 660 79 69 95.

-VÉNDESE MEL CASEIRA. TELF. 659 25 77 42

-VÉNDESE DORMITORIO XUVENIL COMPLETO. PRÁCTICAMENTENOVO. BO PREZO. TELF. 982 51 17 76

-VÉNDESE ESTUFA DE QUEROSENO DE 2.900 W. TELF: 606 77 4185.

-VÉNDESE COXÍN DE MASAXE SEMI NOVO CON INFRAVERME-LLOS PARA TRATAMENTO NAS COSTAS. PREZO 150€. TELÉFONODE CONTACTO 610 39 40 52

-VÉNDENSE MOBLES POR CAMBIO DE DOMICILIO. MOI ECONÓ-MICOS. TELF.: 618 931 821

-VÉNDENSE 2 PÍOS DE PEDRA, 1 CARRO DE MADEIRA E 1 ARMA-RIO ANTIGO DE CASTIÑEIRO PARA RESTAURAR. TELEF.: 659 257742

-VÉNDESE DORMITORIO XUVENIL TIPO PUENTE CON CAMAS DE90. ESTANTERÍAS E MESA DE ESCRITORIO. ECONÓMICO. 982 512821 E 626 572 312

- CÓMPRASE FORMIGONEIRA DE SEGUNDA MAN. TELF.605 311 156

- DÁNSE CLASES PARTICULARES DE INGLÉS, FRANCÉS, LINGUAE CLASES DE APOIO A PRIMARIA, ESO E BAC DE HUMANIDADES.TELF. 697 59 60 16

- VÉNDENSE HUCHAS DO TRIGO CENTENARIAS. TELF. 630 40 7533.

- REGÁLASE SOMIER 1,35 CM. TELF. 606 86 33 22.

- VÉNDESE CAMADA DE MASTÍN LEONÉS. MACHOS E FEMIAS.TELF. 608 34 23 66.

-VÉNDESE MUÍÑO ANTIGO DE CEREAL. TELF. 648 70 38 76.

- VÉNDENSE 12 VENTÁS NOVAS DE ALUMINIO (98CM X 129CM) EUNHA PORTA DE 83 CM X 210CM. TELF. 982 16 80 06.

- VÉNDESE MATERIAL DE TALLER DE CARPINTERÍA: UN TUPÍCON ALIMENTADOR, UN TORNO E UNHA LIXADORA. TELF: 98252 10 34.

demandas de traballo

ofertas inmobiliarias

motor

outras ofertas

ofertas do agro

REALÍZANSE TRABALLOS DE MEDICIÓN E VALORA-

CIÓN DE PARCELAS. TELF. 648 51 07 74.

31publicidade decembro 12

-OFRÉCESE CHICA PARA LIMPAR POR HORAS OU COIDARNENOS, PREFERENTEMENTE POLAS MAÑÁS. INTERESADOSCHAMAR AO TELF. 637 24 96 02.

- SE OFRECE SEÑORA PARA FACER COMIDAS POLAS FESTAS,TAREFAS DO FOGAR OU COIDAR NENOS OU MAIORES. TELF:697 60 48 18.

-FÁNSE TRABALLOS E MANTEMENTO DE XARDÍNS E FINCAS.DESBROZES MANUALES,PODAS, ETC.TLF:656 94 67 20 E 673 5782 15.

- SE QUERES GAÑAR UNS CARTOS EXTRA NO TEMPO LIBRE,CHÁMAME E INFÓRMOTE. TELF. 660 79 69 95.

- PRECÍSASE TÉCNICO/A CON COÑECEMENTOS DE ELECTRÓ-NICA, INFORMÁTICA, TELEFONÍA E IMAXE E SON. MÁIS INFOR-MACIÓN E RECEPCIÓN DE CURRÍCULUMS [email protected].

relacións persoais

- ALÚGASE APARTAMENTO NA CORUÑA CAPITAL. ZONALOS ROSALES AO LADO DO CENTRO COMERCIAL LOSROSALES CARREFOUR. CERCA NÁUTICA, ESCOLA DEIDIOMAS, CONSERVATORIO DE MÚSICA. 2 HABITACIÓNS,SALÓN, COCIÑA, 1 BAÑO, MICROONDAS E GARAXE. PARAESTUDANTES OU LARGA TEMPORADA. 1 PLANTA. 652 3889 33.

Page 32: O Capón chega co Nadal · 2017. 1. 11. · O Capón chega co Nadal nº 108 d ecmbro 2012 0,30 € O Pacto polo Emprego: unha oportunidade para atopar traballo O Club de Atletismo

Se está lendo isto é que osmaias erraron, anque nonexactamente. Pode ser que ofixeran no concepto literal doapocalipse, pero o que é certoé que non fallaron á hora deanunciar unha civilización(moderna) en perigo de extin-ción.Restan poucos días para des-pedir este simbólico ano e omáis intelixente que podemospensar, sendo optimistas, é querematou. Din que o 2013 nonvai ser mellor, anque peor nonten para onde.Non lles vou dar a tabarraagora cun resume desoladordestes trescentos cincoenta etantos días que levamos con-sumidos, porque ninguén me-llor que vde para comprobarnas súas carnes toda a cruel-dade do animal.E senón, dígame se coñece aalguén que lle fora mellorneste ano que en anteriores. Eunon o coñezo, a verdade.Non hai sector produtivo ou deidade que teña os seus paráme-tros de benestar agora maísaltos que os de hai, por pór unexemplo, cinco anos.Coas desculpas de: “sacrifi-cios necesarios” ou “impres-cindible para garantir ofuturo”, vimos neste 2012como todo aquelo que custousangue, suor e bágoas cons-truír, desvanécese como a areaentre as mans. O sistema sani-tario, e ensino, a xustiza paratodos, a igualdade de oportu-

nidades...Conceptos sólidos que cria-mos afianzados e dos que tirao goberno, de xeito fariseo,para conmemo-rar unha Cons-t i t u c i ó n“puteada” entodos os seusp a r á g r a f o sbase.Dicíao haipouco na pre-sentación doseu novo libroen Vilalba,Agustín Fer-nández Paz:“que difícil ecanto custaconstruír e quepouco desfa-cer...”, cantarazón ten o bode Agustín!!Cantos anos deloita socialpola borda,canto esforzopola dignifica-ción da culturagalega paramasacrala abase de decre-tos e impos-tos!.Din que quen non coñece a súahistoria está condenado a repe-tila. Quizás nesa área, nestepaís andemos peixe xa quelogo non debemos ter tan pre-sente nas nosas retinas as ima-xes da emigración e a fame.

Anque para algúns dirixenteso que entendemos por emigra-ción non deixa de ser “turismode intercambio”...

E é que a este goberno encán-talle chamarlle as cousas polonome do veciño de enfronte.Porque senón, como se en-tende que chamen copago aorepago ou amnistía fiscal ó la-vado de cartos negros?

Eufemismos aparte, e coaollada no futuro para tentar desacar algo de positividade, de-beriamos de parar un intre a

pensar. Es-quecer porunhas horas(ou días) aprima derisco, o res-cate, as pre-ferentes eanalizar fria-mente todo oque levamosconseguido,de xeito in-dividual ec o l e c t i v o .Din que é omellor xeitode superarsituacións dedificultades.Facer un re-paso do quetemos alcan-zado parasaber o es-forzo que ti-vemos quepór para eloe para darlleo seu xustovalor.É posible

que cando lea este artigo xa seteña celebrado o sorteo da lo-tería de nadal e ogallá o fagacun belisquiño, pero xa sabede moitas anécdotas de xentetocada pola variña da fortuaque remataron pouco menos

que na indixencia. Os maioreso saben, porque viviron outrostempos: “O que chega sen es-forzo logo se vai...”, por ilonon debemos, baixo ningúnconcepto permitir que florezaa idea de que os nosos dereitoseran “esmolas” que xenerosa-mente nos concedían. Non podemos caer nesatrampa que nos adormece e faiservís. Os dereitos que temos(ou tiñamos) son o froito donoso esforzo, dos nosos pais,dos nosos sacrificios, do nosotraballo e non están en pose-sión dos gobernantes de oficiopara aplicalos ou non.Nin a máis esmagante dasmaiorías absolutas parlamen-tarias é quen de acernar o quenos pertence. Gobernar non é un cheque enbranco. Os votos dan a oportu-nidade de facelo pero non con-cede a razón suprema dasdecisións.E só a traveso das furnas comoos cidadáns poden influír nafolla der rumbo dun país?. Ro-tundamente non. A respostasocial ten amosado que a forzadun pobo é ilimitada e non sedebe por elo menosprezar ninmoito menos demonizar. O 11M, a guerra de Irak, oPrestige, a reforma laboral...Detrás de cada manifestanteloitando polo que consideraxusto está un grolo de digni-dade. Só esta fará que o anoque ven poda ser un poucomáis “esquecible” que este.

Félix Jorquera

2012... vaite pola sombra!