Novela policíaca
-
Upload
tecnologia9 -
Category
Education
-
view
94 -
download
1
Transcript of Novela policíaca
Nesta entrega, queríavos amosar as miñas 10 novelas policíacas máis lembradas.
Novelas onde cobran relevancia as maquinacións,as conspiracións ou os enredos de personaxes
escuros, misteriosos, obsesivos..., con asasinatos , roubos e
chantaxes elaborados con precisión. Son casos case indescifrables e complexos onde soamente a intelixencia, a lóxica e a
deducción dos/as máis singulares detectives
nos levarán á resolución do misterio.10 novelas impactantes,10 novelas apaixoantes,10 novelas intrigantes
coas que comezamos a conta atrás…
Daniel Mejuto
PEPE CARVALHO:De orixe galega, é un
atípico detective privado. Foi militantedo Partido Comunista
e agora é un home desencantado, cunha
especial debilidadepola gastronomía.
Un home de negocios pertencente á alta burguesía barcelonesa é matado a
navallazos, sen motivo aparente, pero Pepe Carvalho
irádescubrindo, no seu círculo,
especulación, corrupción e, sobre todo, as diferentes vidas da víctima :
empresario ambicioso con carácter taciturno, amante da poesía…e admirador
de Gauguin.Finalmente, resolverá o crime
de xeito brillante.
ComisarioMONTALBANO:
Reflexivo, mordaz,seductor, con humor
negro e amanteda boa comida na trattoría de Enzo
O comisario Montalbano (nome tomado de Vázquez Montalbán) busca
asasinos que parecen pantasmas, entre bombas que estoupan en lugares
solitarios, descifrando cartasanónimas, deixándose levar pola súa
perturbadora veciña Liliana...
O misterioso Mr Owen(non será Miss Marple nin
Hercules Poirot)desentrañará as claves
da intriga a través dunha canción infantil.
Dez persoas sen relación algunha entre elas, sonreunidas nunha illa da costa inglesa por un tal
Mr Owen, nunha mansiónda súa propiedade. Os dez
son acusados de ter cometidoun crime e,a partir dese intre,
un por un, son asasinados sen motivo aparente....
ComisarioBRUNETTI:
Sereno, tranquilo,amable, home
de familia(casado e condous fillos).
O director de orquesta apareceenvenenado na ópera de Venecia
durante o segundo entreacto da Traviatta, e os integrantes
do espectáculo serános principais sospeitosos.
InspectorLEO CALDAS:
Solitario, reservado,fumador e amante do viño branco e
do bo xantar. Colaborano programa de radio
Patrulla nas ondas.
O cadáver dun mariñeiro afogado(O Rubio) na praia da Madorra
non é consecuencia dun suicidiosenón dun asasinato.
No ámbito mariñeiro, e na tripulación do naufragado
pesqueiro Xurelo, o inspectorLeo Caldas buscará a
solución ao crime.
ComisarioKOSTAS JARITOS:
Comunista desencantado emalhumorado. Está casado e
adora a súa filla Katerina.Solo le diccionarios.
Dous asasinatos, o dun matrimonio albanés e o dunha periodista de sucesos ,
conflúen nunha trama de organizacións gregas e albanesas
que o comisario Jaritos irá desentrañando nesa Atenas tan querida e tan odiada.
SAM SPADE: Detective privado,
terco, irónico e desconfiado.Mentras lía cigarros,
xoga coa intelixencia dos sospeitosos/ase cos sentimentos
das mulleres.
A chegada dunha misteriosa dama ao despacho de
Sam Spade desencadea os acontecementos:
o socio de Sam é asasinado,afloran as mentiras, aparece un grupo de
maleantes internacionais e, finalmente, a búsqueda
do falcón maltés, que será a clave da intriga.
SarxentoBEVILACQUA:
De orixe uruguaia, Vila éun home formado,
respectuoso e sinceiro.Non oculta os fracasosnin as contradicións e
confía plenamentena cabo Chamorro. Está
divorciado e manténunha boa relación
co seu fillo.
Un garda civil retirado apareceasasinado de xeito cruel e humillante.
A partir dese intre, Bevilacquaabrirá a caixa de Pandora :
corrupción policial,delincuentes sen escrúpulos,
personaxes buscando a súa propia redención...e un final sorprendente.
InspectorKURT WALLANDER:Antihéroe humano e
sensible , aprensivo eprovinciano, cunha vida
familiar fracasada. Admirador de María Callas
e bebedor de whisky.
Dous cadáveres aparecen nunha balsaabandonada na costa sueca. Trátase de
cidadáns letóns, o que provocao traslado de Wallander a Riga, ondedescubrirá unha trama que salpica ás
autoridades soviéticas e á policía local. Wallander ignora os cauces
oficiais e culmina a investigación pola súa conta.
Dúas mulleres, nai e filla, son brutalmente asasinadas no
seu apartamento dunhapopulosa rúa parisina.
Será a astucia e a capacidade de indagación
de A. Dupin a que resolva este
extrano asasinato.
AUGUSTE DUPIN:Talento, intelixencia
e creatividade.Método deductivo,
lóxica e identificaciónco criminal.