Nota-de-Prensa-Nomeados_-Premios-María-Casares-de-Teatro_gal

6
NOTA EMBARGADA DE PRENSA OS XVI PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES, ORGANIZADOS POLA ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA, XA TEÑEN FINALISTAS 11 espectáculos contan con nomeados para os galardóns da Asociación de Actores e Actrices de Galicia Máis de 150 profesionais do sector reuníronse na V Festa dos Nomeados, onde desveláronse os nomes dos finalistas 1 de marzo de 2012.A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os nomes dos finalistas aos XVI Premios de Teatro María Casares. A cerimonia e festa de proclamación tivo lugar na V Festa dos Nomeados, que reuniu a máis de 150 profesionais do sector no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns (Ames). Citizen Total, de Chévere, e A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego, obtiveron 8 nomeamentos. Son as obras que contan cun maior número de finalistas. Oeste Solitario, de Producións Teatráis Excéntricas acadou 6 nomeamentos; e “E.R.” Algún día traballaremos xuntas, do Teatro do Atlántico, 4. O Florido Pénsil, de Eme2 emoción e arte; Tango, de Sarabela Teatro; e máis Piratas, de Teatro do Noroeste, conseguiron 3 cada unha. Pelos na Lingua, de Talía Teatro, logra 2 postos de finalistas. Por último, American Café, de Teatro do Morcego; Soños, de Bichakadela; e 0,7% Molotov, de Teatro de Ningures, contarán con 1 nomeamento de finalista na Gala dos Premios María Casares. A actriz Mónica García conduciu o evento cunha intervención humorística na que se transformou en Cándida del Moral, funcionaria da Consellería de Educación que aproveitou a ocasión para ofrecer aos profesionais do teatro unha serie de consellos de orientación laboral. Trala benvida de Antonio Durán “Morris”, presidente da Asociación de Actores e Actrices, proclamáronse os nomeados. Ana Lago, de Gadisa; Marta Horjales, xerente da AAAG; Alfonso Rey López, concelleiro de Cultura, Educación e Patrimonio do Concello de Ames; e Santiago Amor, alcalde de Ames, foron os

description

http://aaag.es/wp-content/uploads/Nota-de-Prensa-Nomeados_-Premios-María-Casares-de-Teatro_gal.pdf

Transcript of Nota-de-Prensa-Nomeados_-Premios-María-Casares-de-Teatro_gal

Page 1: Nota-de-Prensa-Nomeados_-Premios-María-Casares-de-Teatro_gal

NOTA EMBARGADA DE PRENSA

OS XVI PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES, ORGANIZADOS POLA ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA, XA TEÑEN FINALISTAS 

  11 espectáculos contan con nomeados para os galardóns da Asociación de Actores e Actrices de Galicia Máis de 150 profesionais do sector reuníronse na V Festa dos Nomeados, onde desveláronse os nomes dos finalistas 1 de marzo de 2012.‐ A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os nomes dos finalistas aos XVI Premios de Teatro María Casares.  A  cerimonia  e  festa  de  proclamación  tivo  lugar  na  V  Festa  dos  Nomeados,  que  reuniu  a máis  de  150 profesionais do sector no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns (Ames).   Citizen  Total,  de  Chévere,  e  A  Ópera  dos  tres  reás,  do  Centro  Dramático  Galego,  obtiveron  8 nomeamentos. Son as obras que contan cun maior número de finalistas.  Oeste  Solitario,  de  Producións  Teatráis  Excéntricas  acadou  6  nomeamentos;  e  “E.R.”  Algún  día traballaremos xuntas, do Teatro do Atlántico, 4.  O  Florido  Pénsil,  de  Eme2  emoción  e  arte;  Tango,  de  Sarabela  Teatro;  e máis  Piratas,  de  Teatro  do Noroeste, conseguiron 3 cada unha.   Pelos na Lingua, de Talía Teatro, logra 2 postos de finalistas.  Por último, American Café, de Teatro do Morcego; Soños, de Bichakadela; e 0,7% Molotov, de Teatro de Ningures, contarán con 1 nomeamento de finalista na Gala dos Premios María Casares.     A  actriz Mónica  García  conduciu  o  evento  cunha  intervención  humorística  na  que  se  transformou  en Cándida  del Moral,  funcionaria  da  Consellería  de  Educación  que  aproveitou  a  ocasión  para  ofrecer  aos profesionais do teatro unha serie de consellos de orientación laboral.  Trala benvida de Antonio Durán “Morris”, presidente da Asociación de Actores e Actrices, proclamáronse os nomeados.  Ana  Lago,  de  Gadisa; Marta  Horjales,  xerente  da  AAAG;  Alfonso  Rey  López,  concelleiro  de Cultura,  Educación  e  Patrimonio  do  Concello  de  Ames;  e  Santiago  Amor,  alcalde  de  Ames,  foron  os 

Page 2: Nota-de-Prensa-Nomeados_-Premios-María-Casares-de-Teatro_gal

encargados de  entregar unha  xerra  e máis un diploma  acreditativo  aos  finalistas. Unha  intervención do alcalde Santiago Amor serviu de peche do acto.  Deste  xeito,  11  espectáculos,  dos  30  que  se  presentaban,  conseguiron  algún  nomeamento  para  estes galardóns.  En  total,  261  candidaturas  profesionais  das  artes  escénicas  e  audiovisuais  eran  aspirantes nalgunha das 13 categorías: mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, mellor música orixinal, mellor  adaptación‐tradución, mellor  texto  orixinal, mellor  escenografía, mellor  actriz  secundaria, mellor actor  secundario,  mellor  actriz  protagonista,  mellor  actor  protagonista,  mellor  dirección  e  mellor espectáculo.    A cerimonia de entrega dos XVI Premios María Casares será o próximo 3 de abril, no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña e será retransmitida pola TVG.  Os  XVI  Premios María  Casares  contan  coa  colaboración,  entre  outros,  da  AGADIC,  Concello  da  Coruña, Fundacion AISGE, Concello de Ames e TVG.    

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia e os Premios de Teatro María Casares

 A Asociación de Actores e Actrices de Galicia  é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa hoxe en día a 300 profesionais do  audiovisual  e das  artes  escénicas de Galicia,  cuxa misión  é  articular, desenvolver  e promocionar o sector, en especial a través da elevación técnica e a mellora  laboral dos seus profesionais, acorde  coas  máis  modernas  políticas  culturais.  O  colectivo  asume  tamén  o  obxectivo  de  fomentar  a demanda cultural e a captación de público.   Os Premios de Teatro María Casares, de periodicidade anual, foron creados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia no ano 1997 co fin de servir de estímulo e recoñecemento ao  labor desenvolvido pola profesión teatral galega, enchendo o oco baleiro ata o momento existente neste eido.  Os galardóns constan de trece categorías ou apartados representativos do traballo realizado, tanto diante como detrás do telón, ademais do Premio de Honra “Marisa Soto” que recoñece a  traxectoria profesional outorgado pola a Xunta Directiva da AAAG.  Aspiran aos Premios María Casares de Teatro todas as producións teatrais realizadas en lingua galega que foran estreadas en Galicia entre o 01 de xaneiro e o 31 de decembro do ano anterior á súa concesión, así como todos os profesionais que participaron nas citadas montaxes, durante ese período de tempo. 

O portal da asociación é www.aaag.es

Page 3: Nota-de-Prensa-Nomeados_-Premios-María-Casares-de-Teatro_gal

NOMEADOS XVI PREMIOS MARÍA CASARES MELLOR MAQUILLAXE 

Nomeado  Espectáculo  Compañía Fani Mosqueira  American Café  Teatro do Morcego Raquel Fidalgo  Tango  Sarabela Teatro 

Trini Fernández Silva  A ópera do tres reás  Centro Dramático Galego  MELLOR VESTIARIO 

Nomeado  Espectáculo  Compañía Carlos Alonso  A ópera do tres reás  Centro Dramático Galego Paco Conesa  Piratas  Teatro do Noroeste 

Ruth D. Pereira  Tango  Sarabela Teatro  MELLOR ILUMINACIÓN 

Nomeado  Espectáculo  Compañía Baltasar Patiño  A ópera do tres reás  Centro Dramático Galego Fidel Vázquez  Citizen Total  Grupo Chévere Octavio Mas  Oeste solitario  Producións Teatráis Excéntricas 

 MELLOR MÚSICA ORIXINAL 

Nomeado  Espectáculo  Compañía Nacho Sanz  Soños  Bichakadela Piti Sanz  Oeste solitario  Producións Teatráis Excéntricas 

Xacobe Martínez Antelo  Citizen Total  Grupo Chévere  MELLOR ADAPTACIÓN‐TRADUCIÓN  

Nomeado  Espectáculo  Compañía Avelino González  Oeste solitario  Producións Teatráis Excéntricas Pepe Sendón  A ópera do tres reás  Centro Dramático Galego 

Xosé Manuel Pazos Varela “E.R.” (Algún día traballaremos 

xuntas) Teatro do Atlántico 

 MELLOR TEXTO ORIXINAL 

Nomeado  Espectáculo  Compañía Avelino González, Artur Trillo, María Ordoñez e Sechu Sende 

Pelos na lingua  Talía Teatro 

Manuel Cortés  Citizen Total  Grupo Chévere Santiago Cortegoso  0,7% Molotov  Teatro de Ningures 

 

Page 4: Nota-de-Prensa-Nomeados_-Premios-María-Casares-de-Teatro_gal

 MELLOR ESCENOGRAFÍA 

Nomeado  Espectáculo  Compañía Baltasar Patiño  A ópera do tres reás  Centro Dramático Galego 

Chévere  Citizen Total  Grupo Chévere Paco Conesa  Piratas  Teatro do Noroeste 

 MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA 

Nomeado  Espectáculo  Compañía María Lado  Oeste solitario  Producións Teatráis Excéntricas Marta Pazos  A ópera do tres reás  Centro Dramático Galego Mónica García  Citizen Total  Grupo Chévere Victoria Pérez  Piratas  Teatro do Noroeste 

 MELLOR ACTOR SECUNDARIO 

Nomeado  Espectáculo  Compañía César Goldi  A ópera do tres reás  Centro Dramático Galego 

Vicente de Souza  Tango  Sarabela Teatro Víctor Mosqueira  A ópera do tres reás  Centro Dramático Galego 

 MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA 

Nomeado  Espectáculo  Compañía 

Luísa Merelas “E.R.” (Algún día traballaremos 

xuntas) Teatro do Atlántico 

Patricia de Lorenzo  Citizen Total  Grupo Chévere 

Susana Dans “E.R.” (Algún día traballaremos 

xuntas) Teatro do Atlántico 

 MELLOR ACTOR PROTAGONISTA 

Nomeado  Espectáculo  Compañía Antonio Durán “Morris”  O florido pénsil  Eme2 emoción&arte 

Evaristo Calvo  Oeste solitario  Producións Teatráis Excéntricas Josito Porto  O florido pénsil  Eme2 emoción&arte 

 MELLOR DIRECCIÓN 

Nomeado  Espectáculo  Compañía Avelino González  Pelos na lingua  Talía Teatro 

Xesús Ron  Citizen Total  Grupo Chévere 

Xúlio Lago “E.R.” (Algún día traballaremos 

xuntas) Teatro do Atlántico 

 MELLOR ESPECTÁCULO 

Nomeado  Espectáculo Citizen Total  Grupo Chévere 

O florido pénsil  Eme2 emoción&arte Oeste solitario  Producións Teatráis Excéntricas 

Page 5: Nota-de-Prensa-Nomeados_-Premios-María-Casares-de-Teatro_gal

BREVE SINOPSE DOS ESPECTÁCULOS QUE LOGRARON NOMINACIÓNS

(Entre parénteses, o número de nomeados)

CITIZEN TOTAL (8): Un espectáculo global. Chévere consegue 8 nomeados co proxecto completo de Citizen. Estruturado en tres partes, espectáculos autónomos que se estrearon coma se fose unha obra de arte por episodios. A suma dos tres supón un novo espectáculo de maior formato. Citizen inspírase no Citizen Kane de Orson Welles, malia non falar de Charles Foster Kane, senón de A.O., un empresario galego do téxtil que se converte nunha das persoas máis ricas do mundo no último terzo do século XX.   A ÓPERA DOS TRES REÁS (8): O Centro Dramático Galego levou a cabo esta ambiciosa adaptación da obra de Weill e Bertolt Brecht con vontade, en palabras do seu director escénico Quico Cadaval, de "máis que lealdade e fidelidade ás ideas da obra orixinal, ir máis alá e chegar ao extremo da adulación meliflua".  A acción da obra atravesa 45 horas nerviosas dunha cidade onde fumega a ambición, os sonos, a traizón, a mesquindade, o desexo, a tortura e a beleza. Pero as peripecias comezaron moito antes...   OESTE SOLITARIO (6): Tras Un Cranio Furado, Producións Teatráis Excéntricas montou no 2011 a obra coa que Martin McDonagh pechou a súa Triloxía de Lennane.   Unha casa afastada nas terras esquecidas do oeste de Irlanda. Ao pe da casa, unha lagoa de augas escuras. Aló abaixo, a aldea, a  carón da  ría de  Lennane. Nesa  casa  viven os protagonistas do Oeste  Solitario; os irmáns Connor: Valene e Coleman. Despois de enterrar o pai, voltan ao tobo onde fermenta lentamente o rancor, a intolerancia e o odio. A historia semella que só pode acabar de dúas maneiras: cun coitelo entre os omóplatos ou cun cranio rebentado polo tiro dun cartucho do 12.   “E.R.” ALGÚN DÍA TRABALLAREMOS XUNTAS (4): Teatro do Atlántico atrévese con esta obra de teatro de Josep M. Benet i Jornet que mereceu o Premio Nacional de Literatura Dramática 1994. Unha actriz nova na procura da verdade acerca da grandísima Eva Roca (E.R.) para compoñer unha personaxe. Para elo visitará a tres veteranas intérpretes.   O FLORIDO PÉNSIL (3): O espectáculo de Eme2 emoción e arte conta as vicisitudes dun grupo de rapaces sometidos á absurda e  ilóxica brutalidade do  sistema educativo que dominou a España da posguerra. A través  dos  seus  protagonistas  descóbrese  un  fresco  no  que  se  suceden  as  tribunas  desde  as  que  o franquismo aleccionaba á poboación   TANGO  (3) Tres  finalistas para esta obra de Sarabela Teatro. O  tango do  título é un baile‐reto no que se amosan  as  relacións  internas  dunha  familia,  concibida  coma metáfora  da  sociedade  e  que  serven  para amosar de forma traxicómica e grotesca o mundo contemporáneo e o tema da rebelión xeracional.     

Page 6: Nota-de-Prensa-Nomeados_-Premios-María-Casares-de-Teatro_gal

 PIRATAS  (3):  Teatro  infantil  de  calidade  de  Teatro  do  Noroeste.  Una  treboada  tragouse  ao  bergantín “Princesa dos Mares”, un dos máis  temidos barcos piratas de  todos os océanos. Algúns membros da súa perigosa tripulación conseguiron sobrevivir nunha balsa, agora a balsa pirata “Raíña da escuma”.    PELOS  NA  LINGUA  (2):  Talía  Teatro  acada  dous  nomeamentos  con  este  espectáculo,  estruturado  en sketchs, que  fala dos usos e abusos que  sofre a  lingua galega. Unha comedia que, dalgún xeito, podería considerarse  segunda  parte  de  Bicos  con  lingua.  Pero  non  se  trata  dunha  segunda  parte  como  unha continuación da liña argumental, senón que se traballa co mesmo tema e coa mesma estrutura aínda que intentado darlle un enfoque distinto.   AMERICAN CAFÉ (1): Na América profunda, un bar preto da fronteira mexicana. Os que o frecuentan refán a historia cada día, sufocados pola calor, por aburrimento e por delirios xenófobos. O seu universo, é o da televisión  e  o  alcohol. Alí  viven  só  algúns marxinais:  un  vello  negro,  un  vendedor  de  polo  fritido,  unha fermosa camareira que espera o amor. Un día, Larry Stocker, o célebre animador de Talk‐Show atravesa a porta...   SOÑOS (1): Bichakadela logra un posto de finalista con esta obra: “E digo eu…, os soños…, pode ser o que lle está pasando a un, non?  Eu  soño,  ti  soñas, el  soña… Circulares, Concéntricos, entramos e  saímos no soño de  cada un, no  soño de  todos…  Teatros  e  teatrinos…Sonrisas  e Bágoas, ou  era Mary Poppins? Os soños  de  durmir,  os  soños  que  temos  cando  despertamos…Sempre  o  teatro…  como  soño  maior  e  a música…nun  espazo  pequeno  cabe  un mundo… Ó  xeito  das  bonecas  rusas,  hai  un  soño  dentro  doutro, parece que espertamos, só o parece?  Ah… moi ben….  Facede pasar ao infinito…e aclaramos  ISTO NON É UN XOGUETE.  Reverencia, señores…”   0,7% MOLOTOV  (1):  Teatro  de Ningures  opta  ao mellor  texto  orixinal  con  esta  aposta.    ELA  ‐neohippy solidaria‐ acaba de chegar de África. EL ‐nihilista solitario‐ contrátaa para facer a vendima.   ELA namórase do vento que sobe do río. Descobre un lugar no que  atopar unha identidade libre de conflitos, no que ser auténtica. EL está de volta dunha vida urbana hipócrita, na que vendeu a conciencia e a coherencia política en cómodos prazos.