NORMATIVA TÉCNICA DA ÁREA DE TECNOLOXÍAS DA … · A excavación realizarase manualmente ou con...

22
1 NORMATIVA TÉCNICA DA ÁREA DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACION PARA A INSTALACIÓN DE INFRAESTRUCTURAS DE COMUNICACIÓNS A. CANALIZACIÓNS SOTERRADAS EN EXTERIORES DESTINADAS A REDES DE TELECOMUNICACIÓN DA USC. 1. OBXECTO E CAMPO DE APLICACIÓN Esta norma ten por obxecto definir as características xenerais dos sistemas de construcción de canalizacións soterradas e arquetas para a instalación de redes de telecomunicacións da Universidade de Santiago de Compostela. Esta norma aplicarase ás canalizacións que deban aloxar redes constituídas por portadores de fibra óptica ou de pares de cobre, simétricos ou coaxiales, para sistemas de telecomunicacións, e refírese exclusivamente á infraestructura que sirve de soporte ás redes de telecomunicacións e, polo tanto, non inclúe os portadores, equipos ou elementos asociados que compoñen as devanditas redes. 2. NORMAS PARA CONSULTA UNE 133100-1 Infraestructuras para redes de telecomunicacións Parte 1: Canalizacións soterradas UNE 133100-2 Infraestructuras para redes de telecomunicacións Parte 2: Arquetas e cámaras de rexistro 3. CANALIZACIÓNS PRINCIPAIS As canalizacións principais son aquelas que comunican os nodos de telecomunicacións e constitúen unha ruta troncal para prestar servicio a un Campus ou zona do Campus. O seu trazado terá o menor número de curvas e co maior radio de curvatura posible, para minimizar as tensións nos cables cando se proceda o seu tendido. Como regla xeral, estarán formadas por 6 tubos de PE ou PVC de 110 mm de diámetro exterior e parede interior lisa, colocados en dúas filas superpostas de 3 tubos cada unha. 4. CANALIZACIÓNS SECUNDARIAS As canalizacións secundarias son aquelas que, partindo dunha arqueta da canalización principal, conforman unha ramificación da mesma para dar servicio a unha rúa. O seu trazado tamén terá o menor número de curvas e co maior radio de curvatura posible. Como regla xeral, estarán formadas por 4 tubos de PE ou PVC de 110 mm de diámetro exterior e parede interior lisa, colocados en dúas filas superpostas de 2 tubos cada unha.

Transcript of NORMATIVA TÉCNICA DA ÁREA DE TECNOLOXÍAS DA … · A excavación realizarase manualmente ou con...

1

NORMATIVA TÉCNICA DA ÁREA DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACION PARA A INSTALACIÓN DE INFRAESTRUCTURAS DE COMUNICACIÓNS A. CANALIZACIÓNS SOTERRADAS EN EXTERIORES DESTINADAS A REDES DE TELECOMUNICACIÓN DA USC. 1. OBXECTO E CAMPO DE APLICACIÓN Esta norma ten por obxecto definir as características xenerais dos sistemas de construcción de canalizacións soterradas e arquetas para a instalación de redes de telecomunicacións da Universidade de Santiago de Compostela. Esta norma aplicarase ás canalizacións que deban aloxar redes constituídas por portadores de fibra óptica ou de pares de cobre, simétricos ou coaxiales, para sistemas de telecomunicacións, e refírese exclusivamente á infraestructura que sirve de soporte ás redes de telecomunicacións e, polo tanto, non inclúe os portadores, equipos ou elementos asociados que compoñen as devanditas redes. 2. NORMAS PARA CONSULTA UNE 133100-1 Infraestructuras para redes de telecomunicacións Parte 1: Canalizacións soterradas UNE 133100-2 Infraestructuras para redes de telecomunicacións Parte 2: Arquetas e cámaras de rexistro 3. CANALIZACIÓNS PRINCIPAIS As canalizacións principais son aquelas que comunican os nodos de telecomunicacións e constitúen unha ruta troncal para prestar servicio a un Campus ou zona do Campus. O seu trazado terá o menor número de curvas e co maior radio de curvatura posible, para minimizar as tensións nos cables cando se proceda o seu tendido. Como regla xeral, estarán formadas por 6 tubos de PE ou PVC de 110 mm de diámetro exterior e parede interior lisa, colocados en dúas filas superpostas de 3 tubos cada unha. 4. CANALIZACIÓNS SECUNDARIAS As canalizacións secundarias son aquelas que, partindo dunha arqueta da canalización principal, conforman unha ramificación da mesma para dar servicio a unha rúa. O seu trazado tamén terá o menor número de curvas e co maior radio de curvatura posible. Como regla xeral, estarán formadas por 4 tubos de PE ou PVC de 110 mm de diámetro exterior e parede interior lisa, colocados en dúas filas superpostas de 2 tubos cada unha.

2

5. CANALIZACIÓNS LATERAIS OU DE ACOMETIDA A EDIFICIOS As canalizacións laterais ou de acometida a edificios son aquelas que, partindo dunha arqueta da canalización principal ou da canalización secundaria, conforman unha segregación de acometida para dar servicio a un edificio. Como regla xeral, estarán formadas por 2 tubos de PE ou PVC de 110 mm de diámetro exterior e parede interior lisa, colocados nunha fila (en horizontal), que chegarán directamente dende a arqueta ata o interior do edificio. 6. ARQUETAS UTILIZADAS As arquetas a utilizar, como regla xeral, serán as seguintes: - Canalización principal: 80 x 80 x 80 cm (longo x ancho x profundo) - Canalización secundaria: 60 x 60 x 80 cm (longo x ancho x profundo) Salvo circunstancias excepcionais, a distancia entre arquetas consecutivas non deberá ser superior a 30 metros. Cando para realizar a acometida a un edificio, pola distancia dende a canalización principal ou secundaria sexa necesario instalar arquetas intermedias, éstas formarán parte da canalización lateral e terán unhas dimensións de 40 x 40 x 60 cm (longo x ancho x profundo). Na seguinte figura represéntase de xeito xenérico unha arqueta cos seus componentes e os seus elementos complementarios básicos.

3

7. EXCAVACIÓN A CEO ABERTO E RECHEO DE ZANXAS Emprazamento do trazado Efectuarase o repranteo da obra proxectada, asegurándose da inexistencia de obstáculos no emprazamento previsto e, en particular, investigarase a ausencia de impedimentos no subsolo, mediante calicatas de recoñecemento. Asimesmo, utilizaranse equipos de detección cando a complexidade do trazado o requira ou sempre que se considere necesario. As calicatas realizaranse nos puntos de ubicación de cada arqueta e, a lo menos, nun punto intermedio de cada tramo de canalización. Excavacións A excavación efectuarase de acordo coas disposicións municipais e demás organismos oficiais con competencias na área de actuación. En calquera caso, levantarase somentes a superficie de terreo ou pavimento estrictamente necesaria. A excavación realizarase manualmente ou con medios mecánicos. Podrán utilizarse para o posterior recheo as terras excavadas que cumplan os requisitos indicados no apartado correspondente. Como destino dos productos obtidos da excavación, sobrantes en todo ou en parte, e en función das condicións requeridas, podrá optarse pola súa retirada a un vertedoiro, a utilización de contenedores ou a súa retirada e posterior utilización. O ancho da zanxa será o estríctamente necesario para aloxar o prisma da canalización. En terreos que non sexan roca, deberán entibarse as zanxas para profundidades superiores a 1,5 m ou contar co correspondente estudio xeotécnico que avale que é innecesario. A entibación sobresaldrá 15 cm, como mínimo, do nivel do terreno ou pavimento. Para profundidades menores, actuarase conforme ó que a boa práctica e as correspondentes precaucións aconsellen para o terreo en cuestión. Desentibarase con sumo cuidado por tramos cortos e de abaixo a arriba. En presencia de agua realizaranse os drenaxes necesarios, compatibles coa estabilidade da excavación, mediante gravedade ou bombas de extracción. Recheo de zanxas As terras procederán da propia zanxa se son admisibles, ou de préstamo na cantidade necesaria. O recheo debe cumplir dúas condicións: Non implicar risco para o prisma ou os conductos (características adecuadas das terras) e asegurar a inexistencia de asientos posteriores (compactación apropiada). As terras non serán plásticas nin semisólidas, nin contendrán pedras ou cascotes. Como mínimo, alcanzarase un grado de compactación do 85% en aceras e do 90% en calzadas. En todo caso, haberá que cumprir co disposto polo organismo responsable da estructura afectada pola excavación. Reposición de pavimentos Efectuaranse de acordo coas disposicións dos municipios y demáis organismos afectados, conservando, na medida que se requira, os mismos espesores, composicións e dosificacións das distintas capas que forman o pavimento demoído, así como o tratamento e sellado das capas

4

superficiais, a señalización horizontal afectada, acabado de xuntas, mallazos, cunetas, rígolas, bordillos, etc., sexan construídos in situ ou prefabricados. Na seguinte figura representanse algúns dos pavimentos máis habituais, para calzada ou acera, que hai que demoer e repoñer.

5

Prismas dos conductos e sección tipo das canalizacións Os lados dos rectángulos denominados como “formación de conductos” nos esquemas mostrados na seguinte figura son as tanxentes exteriores ó conxunto de tubos. Os recubrimentos laterais, inferior e superior da formación de conductos, así como a súa profundidade, deben entenderse como mínimos, salvo a distancia da malla de señalización á formación de conductos en canalizacións con prismas de area, que será de 25 cm en calquera caso. Nas canalizaciones con prisma de hormigón pode colocarse tamén malla de señalización, nas condiciones que se indican. O material dos recubrimentos e do recheo da formación de conductos é o mesmo. A capa de hormigón baixo o cierre de acera ou baixo a capa asfáltica en calzada (uns 5 cm) teña un espesor mínimo de 15 cm en acera e de 30 cm en calzada. Esta capa de hormigón baixo a acera ou calzada e mailo recheo compactado poderán sustituírse por unha lousa de hormigón armado, dimensionada conforme á lexislación vixente para as sobrecargas e profundidades que se prevexan. A señalización da canalización poderá realizarse de dúas maneiras: a) Malla plástica de polietileno (PE) de baixa densidade, de uns 40 cm de ancho e un espesor de décimas de mm. A súa finalidade é exclusivamente advertir da presencia do prisma baixo ela. Disporá dunha lenda de advertencia en sentido lonxitudinal. b) Cinta plástica, de polietileno, polipropileno ou outro material insensible a microorganismos e resistente á decoloración, anchura de 10 a 20 cm, espesor de décimas de mm e que incorpora un fío de aceiro inoxidable de diámetro 0,5 mm, embutido nunha acanaladura lonxitudinal interior. Disporá tamén de lenda de advertencia en sentido lonxitudinal. Esta cinta proporciona ademáis a posibilidade de detectar o trazado da ruta grazas ó seu fío de aceiro. Seguiranse as seguintes pautas: 1. En canalizaciones con prismas de hormigón y tratándose de zona urbana, no es preciso un sistema de señalización, porque a advertencia da presencia da canalización realizáa o propio hormigón do prisma, e ademáis o trazado pode seguirse visualmente de modo fiable. Non obstante, si se considera que é precisa a señalización, é suficiente a malla, aínda que �polo seu valor funcional engadido sexa mellor a cinta. A súa situación debe ser como mínimo a 20 cm sobre os tubos. 2. En canalizacións con prisma de area é precisa a señalización, utilizando malla ou cinta, cos criterios que se acaban de sinalar. A súa posición debe se-la indicada na figura. Construcción: As curvas solucionaranse, en primeiro lugar, curvando os tubos. Só se empregarán codos para curvas con radio menor ó radio de curvatura mínimo admisible dos tubos. Queda expresamente prohibido curvar os tubos quentándoos. O hormigón debe compactarse co método apropiado a súa consistencia, en xeral mediante picado con barra ou agulla vibradora. A profundidades maiores de 1,5 m non se verterá o hormigón directamente sobre os tubos, interpoñéndose elementos axeitados que amortigüen o choque. Taponaranse tódolos conductos ó interrumpir o traballo. Os empalmes dos tubos executaranse cuidadosamente para garanti-la estanqueidade da unión á presión prevista. Os tubos non ríxidos, especialmente os suministrados en rollo ou bobina, depositaranse na zanxa de xeito que queden rectilíneos horizontal e verticalmente (salvo curvas proxectadas) para que as

6

numerosas e incontroladas microcurvaturas que tenden a producirse non impidan o tendido posterior dos cables, por excesiva tracción dos mesmos. Cando se empreguen cintillos ou bridas para uni-los tubos entre sí, formaranse bloques dun número de conductos reducido (dous ou tres), que á súa vez uniranse a outros bloques ata conseguir a formación de conductos requerida. Desta forma, darase maior rixidez ó conjunto. Empregando soportes distanciadores, os tubos quedarán separados como mínimo 3 cm entre sí, para permiti-la entrada do material de recheo. Proba de conductos: Inmediatamente despois de construído un tramo de canalización, pero antes de proceder á reposición do pavimento, farase a proba de todos e cada un dos conductos colocados, consistente en pasar polo interior de cada un deles un mandril, a fin de comprobar a inexistencia de calquera materia extraña ou deformación do conducto que impida ou dificulte o tendido do cable, ademáis de que así poden eliminarse pequenas obstruccións ou suciedades presentes no interior dos conductos. A forma recomendada do mandril será a dun cilindro rematado nos seus extremos por curvas (preferentemente casquetes semiesféricos). O diámetro mínimo do mandril será igual ó diámetro máximo do cable recomendado a instalar. Cando no conducto a mandrilar haxa curvas de radio igual ou menor de 5 m, o mandril será esférico. Alternativamente a este mandrilado mecánico, a operación de proba de conductos poderá realizarse mediante aire ou auga a presión, suministrados por un compresor ou bomba, que impulsará un émbolo do diámetro indicado previamente para os mandriles. Instalación de fío-guía: Os conductos deben deixarse con fío-guía no seu interior, para facilita-lo posterior tendido de cables, acometidas ou subconductos. O fío-guía será unha corda de plástico, preferentemente polietileno (PE), formada polo número de cordóns ou fíos por cordón suficientes para conferirlle unha flexibilidade acusada. O seu diámetro será de 5 mm e terá unha resistencia axeitada á tracción. O tendido do fío-guía pode facerse simultáneamente ó proceso de mandrilado dos tubos. Sellado de tubos: Tódolos tubos deberán quedar sellados nos dous extremos, mediante un tapón axeitado ó diámetro do tubo ou mediante espuma selladora de poliuretano ou similar.

7

8

8. PERFORACIÓNS SUBTERRÁNEAS DIRIXIDAS Podrán utilizarse estas técnicas (mediante topo a percusión ou similar) no caso de que se coñeza o emprazamento das instalacións subterráneas existentes e se dispoña de espacio suficiente para situa-los furados de ataque dos extremos, se son necesarios, así como a maquinaria e medios auxiliares precisos. Estas técnicas están particularmente indicadas en cruces de vías públicas, carreteras, etc., así como en centros urbanos históricos ou monumentais ou en lugares de especial protección. 9. XENERALIDADES Sinalización e balizamento das obras: Sinalizaranse as obras, tanto no interior da súa zona de execución como fóra dela. As sinais e balizas a usar serán en número e variedade suficiente para cada situación, aportando os carteis informativos que requira a Administración ou Organismo Oficial con competencias no ámbito das obras, cumprindo en todo momento coa lexislación vigente. Seguiranse tamén as directrices do preceptivo Plan de Seguridade e Saúde da Empresa Contratista adxudicataria dos traballos. Permisos e precaucións: É preciso obter previamente á execución das obras os permisos de paso ou ocupación, tanto oficiais como particulares. En particular, é preciso obter permisos para os cruces con líñas de enerxía eléctrica, carreteras, así como en zonas de interés monumental, histórico ou ecolóxico e medioambiental. Separacións con outros servizos: Tódalas separacións que se indican a continuación refírense á mínima distancia entre o prisma da canalización e a tubería ou cable (en instalaciones non entubadas) da canalización allea. Con respecto ás instalaciónss de enerxía eléctrica, cumplirase o indicado nesta norma e na legislación vixente, concretamente nos Reglamentos Electrotécnicos de Baixa e de Alta Tensión. Paralelismos. É o caso no que ambas canalizacións transcurren sensiblemente paralelas, sin que sexa necesario que este paralelismo sea estricto. Véxase a figura.

9

Con instalacións de enerxía eléctrica. É o caso de redes de distribución deste tipo de enerxía, semáforos, alumeado público, etc. Cando a líña eléctrica sexa de clase 1 (alta tensión) a separación mínima horizontal será de 25 cm entre a parte máis próxima do prisma da canalización e o conducto ou cable de enerxía. No caso de que a liña eléctrica sexa de clase 2 (baixa tensión), dita separación mínima horizontal será de 20 cm. Con outras instalacións. É o caso de redes de distribución de auga, gas, alcantarillado, etc. Débese observar unha separación mínima de 30 cm. Cruces. É o caso no que se encontran ou cortan os trazados de ámbalas dúas canalizacións. Véxase a figura. Cando a líña eléctrica sexa de clase 1 (alta tensión) a separación mínima vertical será de 25 cm entre a parte máis próxima do prisma da canalización e o conducto ou cable de enerxía. No caso de que a liña eléctrica sexa de clase 2 (baixa tensión), dita separación mínima vertical será de 20 cm. Con outras instalacións, débese observar unha separación mínima vertical de 30 cm.

10

11

B. SISTEMAS DE CABLEADO DE COMUNICACIÓNS Nos apartados seguintes detállanse as especificacións mínimas que deben cumplir os

sistemas de cableado estructurado que se instalen nos edificios da USC 1. ESTRUCTURA XERAL DO SISTEMA DE CABLEADO. A estructura xeral do sistema de cableado empregado pola USC é o seguinte: a) Un armario principal de datos que recollerá o cableado horizontal, tanto de voz

coma de datos, das zonas ás que de servizo e do que partirán en estrela mangueiras de fibra óptica de interior ata os armarios de planta e mangueiras de fibra óptica de exterior hacia outro ou outros edificios

b) Un armario principal de voz do que partirán mangueiras de pares hacia os armarios de planta, mangueiras de pares hacia o repartidor da PABX e mangueiras de pares hacia outros edificios (se procede)

c) Armarios de planta onde se recollerá o cableado horizontal, tanto de voz coma de datos, das zonas ás que de servizo. Del partirá unha mangueira de fibra óptica hacia o rack principal de datos e unha mangueira de pares hacia o repartidor principal de voz.

2. CANALIZACION INTERIOR 2.1 Consideración xerais En xeneral, se intentará separar todo o posible (polo menos 30 cm) as rutas do cableado

coas do alumbrado e forza cando os seus trazados sexan paralelos. Terase en conta a normativa existente sobre EMC.

A distancia dos cables de datos ós tubos fluorescentes será de polo menos 50 cm No caso de que os cables eléctricos e de datos teñan que viaxar polo mesmo canal,

utilizaranse tabiques separadores, utilizando un compartimento para os cables eléctricos e outro para os de datos. Os canais se instalarán de forma que ningún segmento de cable quede ó aire. No posto de usuario, o canal entrará ata dentro da caixa de superficie.

2.2 Tubos En ningún caso se suxetarán os tubos ó falso teito, se o houbera. O instalador preparará e

colocará para eles os oportunos cuelgues e anclaxes ó teito da planta. Como mínimo se colocará unha caixa de rexistro cada 12 mts e en cada derivación do tubo. Entre dúas caixas de rexistro non haberá máis de 3 curvas de tubo. Non se permite o uso de codos en curvas de máis de 90º ou cun radio menor de seis veces o

diámetro do tubo. As caixas de rexistro de superficie deberán suxetarse ós teitos, paneis ou muros. No caso de utilizar falso teito non rexistrable se utilizarán rexistros no mesmo de tal forma

que as caixas sexan totalmente accesibles.

12

Non se instalará o cable ata que o tubo esté totalmente instalado. En instalacións empotradas ó chegar á área de usuario os tubos entrarán dentro da caixa de

salida de telecomunicacións. Tódolos tubos que queden vacíos deberán ir provistos de fío guía de aceiro galvanizado de

2 mm. Desde cada roseta ata a troncal, cando se utilize tubo corrugado empotrado, este será

flexible e terá como mínimo 25 mm de diámetro, ainda sempre que sexa posible será de 32 mm.

Para dimensionar os tubos nas troncais seguiranse os seguintes criterios: - Tubo de 32: por eles pasarase un máximo de 8 cables - Tubos de 40: por eles pasarase un máximo de 14 cables - Tubos de 50: por eles pasarase un máximo de 20 cables - Reserva: deixaranse tubos de 32 e/ou 40 para permitir ampliacións do 50% en

calqueira troncal, seguindo os criterios de capacidade indicados neste apartado Cando se usen tubos ríxidos: Instalaranse boquillas terminais de plástico ou aceiro, sin rebarbas, no extremo de tódolos

tubos á súa entrada nas caixas de calquera tipo, cuadros ou paneis. Deberán ter rosca suficiente para permitir no final do tubo a colocación dunha tuerca por

fora da caixa e outra máis na boquilla terminal polo interior da caixa. Admitirase o curvado por quentamento nos tubos de rosca máxima. Nos demáis diámetros

escolleranse preferentemente codos prefabricados Os tubos se alisarán e enderezarán antes da súa colocación, quitándolle as rebarbas que

tuvera 2.3 Bandexas Cando as canalizacións troncais sexan mediante bandexas de PVC, deberán quedar

dimensionadas para unha vez cableadas tódalas tomas, permitan ampliacións de polo memos un 50% máis de puntos.

13

3. ARMARIOS Tódolos armarios de comunicacións, salvo indicación expresa, terán as seguintes

características: • Medidas exteriores: 2.000 x 800 x 800 (alto, ancho, fondo) e 42 U´s.

• Doble bastidor de 19” dianteiro e traseiro.

• Materiais: construido en chapa de aceiro os laterais, de cristal de seguridade templado ou

aceiro a porta posterior e de cristal de seguridade a porta dianteira, con peche de manilla ergonómica con posibilidade de apertura esquerda/dereita ou dereita/esquerda.

• Os bastidores cumplirán as normas internacionais para equipos electrónicos de 19” DIN 41494 IEC297

• Irán colocados de forma que polo menos quede 1 metro libre de obstáculos no seu fronte, parte traseira e al menos nun dos laterais

• Portas laterais de fácil manexo á hora de montar e desmontar

• Acceso ós cables pola parte superior e pola inferior

• Bastidor robusto (soporte de hasta 250 kg) e lixeiro de montaxe

• Os armarios de datos virán equipados con bandexas laterais verticais de xestión de cables para facilitar o encamiñamento dos mesmos para reducis os tempos de instalación e calidade da mesma.

• Conectaranse a terra tódalas partes metálicas do armario, utilizando para elo os elementos de conexionado aconsellados polo fabricante do mesmo.

• A colocación dos elementos dentro dos racks de datos será a que determine a dirección de obra, ainda que de forma xenérica se pode considerar a seguinte, dende arriba para abaixo:

- Paneis RJ45 para as tomas de datos - Espacio libre para ampliacións - Equipos de datos. - Espacio libre para ampliacións. - Bandexas de fibra óptica. - Paneis RJ45 para as tomas de voz - Paneis Cat3 ou regletas Krone para conexionado das mangueiras de pares de

telefonía.

14

Ademáis do anterior:

3.1 Armario principal de datos. Deberá estar equipado con: - Unha regleta de alimentación enracable con 5 shuckos. - Paneis de 24 portos RJ-45 Cat6 para as tomas ás que de servizo, tanto de voz

como de datos. - Bandexas de fibra de 19” en número suficiente para poder equipar 8 pasamuros e

8 pig-tails para cada un dos armarios secundarios - Bandexas de fibra de 19” en número suficiente para poder equipar conexionar as

mangueiras de exterior - Panel RJ-45 Cat 3 con capacidad para rematar a mangueira de pares que parta

hacia o repartidor principal de voz do edificio. Este panel, dependendo dos casos, poderá ser substituido por un subbastidor e regletas Krone

- Latiguillos RJ-45 Cat 6 para cada una de las tomas de datos que acaben nese rack - Latiguillos RJ-45-RJ45 Cat 3 para cada una de las tomas de voz que acaben nese

rack - 1 latiguillo de fibra óptica duplex por cada rack de planta que se comunique con

él - 1 latiguillo de fibra óptica duplex por cada enlace con outros edificios

3.2 Armarios de planta. Deberá estar equipado con: - Unha regleta de alimentación enracable con 5 shuckos. - Paneis de 24 portos RJ-45 Cat6 para as tomas ás que de servizo, tanto de voz

como de datos. - Unha bandexas de fibra de 19” equipada con 8 pasamuros e 8 pig-tails e onde se

rematará a fibra que vai ata o rack principal de datos - Panel RJ-45 Cat 3 con capacidad para rematar a mangueira de pares que parta

hacia o repartidor principal de voz do edificio. Este panel, dependendo dos casos, poderá ser substituido por un subbastidor e regletas Krone

- Latiguillos RJ-45 Cat 6 para cada unha das tomas de datos que acaben nese rack - Latiguillos RJ-45-RJ45 Cat 3 para cada unha das tomas de voz que acaben nese

rack - 1 latiguillo de fibra óptica duplex.

3.3 Repartidores de voz. Irán equipados con subbastidores e regletas Krone ou similar en número suficiente para

rematar tódalas manguiras que rematan nel. Levarán unha regleta de alimentación enracable con polo menos 5 shuckos.

15

Tipos de repartidores: - Repartidor Principal de Central Telefónica: ubicado xunto á central telefónica, contén as

regletas de entrada (cableadas directamente á electrónica da central), e as regletas de saída (cableadas coas mangueiras de pares). Tódolos pares das regletas de saída estarán sempre protexidos por descargadores de gas.

- Repartidor Intermedio: consiste nun repartidor ó que chegan unha ou varias mangueiras

de acometida dende outro edificio, cableadas ás regletas de entrada, e dende o que saen varias mangueiras cableadas ás regletas de saída.

- Repartidor de Edificio: consiste nun repartidor ó que chegan as mangueiras exteriores,

cableadas ás regletas de entrada, e dende o que saen as mangueiras interiores hacia os armarios de planta (cableadas ás regletas de saída). Se o edificio dispón dun único armario de voz, o repartidor de edificio pode instalarse dentro de dito armario.

4. ROSETAS Serán de Categoría 6 Tódalas rosetas deberán levar ó lado polo menos 2 tomas eléctricas. Irán etiquetadas según o plan de etiquetado da USC. Certificaranse o 100% das tomas. 5. CABLE Utilizarase cable UTP Clase E/Categoría 6 libre de halóxenos. Os cables dentro do armario irán suxetos a perfis de forma que quede libre o maior espazo

posible no interior do rack, debendo respetarse en todo momento o radio de curvatura dos cables.

No caso excepcional en que exista paso de cables dun armario a outro contiguo, éste se

realizará polo interior dos armarios. Nos armarios de distribucción de cableado deixaransen 3 mts de marxen dende a súa

entrada no armario. Esto permitirá poder maniobrar ó realizar as conexións ós paneis, mover os paneis no caso dunha eventual reordenación do armario e incluso mover o propio armario.

16

6. PANEIS RJ-45 Instalaranse paneis RJ-45 de Categoría 6. Permitirán a inserción dunha etiqueta no seu frontal para cada unha das tomas. Utilizaranse paneis de 24 portos que deberán ter unha altura de unha U ou de 48 portos

cunha altura de dúas U´s. 7. MANGUEIRAS DE PARES. Deberán cumplir as normativas UNE 20003, UNE 21031, UNE 21064, EIA/TIA 568B

categoría 3. As mangueiras normalizadas a utilizar serán de 50, 100 ou 200 pares e calibre mínimo 0,51

mm. Respetarán o código de colores normalizado (o das mangueiras tipo EAP usadas

tradicionalmente por Telefónica) Antes da recepción da obra, a empresa instaladora deberá realizar a tódolos pares medidas

de continuidade, resistencia óhmica, capacidade mutua entre pares e resistencia de aillamento, certificando o bó funcionamento de todos eles, e deberá entregar o resultado das medidas á USC.

Ademáis, entregaranse planos nos que aparezan reflectidos os trazados das fibras

instaladas. Toda a documentación entregada estará en soporte papel e en soporte informático.

7.1 Mangueiras de pares de interior Entre o repartidor principal de voz e cada un dos armarios de planta instalaranse

mangueiras de pares de cobre de 24 AWG con aillamento de PVC.

7.2 Mangueiras de pares de exterior Deberán instalarse mangueiras de pares de cobre para exteriores tipo EAP ou similar de

estructura robusta, antirroedores e antihumidade. O tendido das mangueiras de pares discurrirá dende o repartidor principal dunha central

telefónica da USC ata un repartidor intermedio ou directamente ata un repartidor de edificio, ou ben dende un repartidor intermedio ata un repartidor de edificio, rematándose tódolos pares en ámbolos dous extremos.

Os repartidores terán as dimensións suficientes para permitir instalar tódalas regletas de

entrada e saída necesarias previstas inicialmente para rematar tódolos pares das mangueiras, e ademáis prever unha posible ampliación do 50 %.

As regletas a instalar en tódolos repartidores para remata-las mangueiras serán de tipo

Krone, aínda que nas ampliacións dos repartidores xa existentes pode ser necesario utilizar regletas de tipo 110.

17

8. FIBRA ÓPTICA Para calquera consulta seguirase o indicado nas normas CEI 60793-2, ISO/IEC 11801, EN

50173, UIT G.652

8.1 Fibras multimodo

As fibras multimodo serán de tipo 50/125, aínda que excepcionalmente e para distancias inferiores a 100 metros poderían admitirse pola Área TIC fibras de tipo 62,5/125.

8.2 Fibras monomodo

As fibras monomodo serán de tipo 9/125. Os conectores utilizados serán definidos en cada caso pola Área TIC, sendo os habituais:

Multimodo: ST ou SC Monomodo: SC

Antes da recepción da obra, a empresa instaladora deberá realizar medidas de potencia e

reflectométricas a tódalas fibras, certificando o bó funcionamento de todas elas, e deberá entregar o resultado das medidas á USC.

Ademáis, entregaranse planos nos que aparezan reflectidos os trazados das fibras

instaladas. Salvo indicación expresa en sentido contrario, as mangueiras de interior serán de 8 fibras

multimodo e as de exterior de un mínimo de 16 fibras monomodo máis 16 fibras multimodo, terminándose todas elas en ámbolos dous extremos mediante fusión cos pigtails axeitados e conectorización en bandexa. Para edificios pequenos, e sempre coa aprobación previa dos técnicos da Área TIC, poderían instalarse mangueiras de exterior de 8 fibras monomodo máis 8 fibras multimodo.

As mangueiras de fibra óptica para exteriores serán tipo PKP ou similar, de estructura

robusta con dúas cubertas, antirroedores, con reforzo Keblar ou dieléctrico, multitubo e xel antihumidade.

18

9. LOCAL DE COMUNICACIÓNS O local ou locais destinados a aloxar os armarios de comunicacións deberán cumplir os

seguintes requisitos mínimos: • Serán locais provistos de chave.

• Solado: pavimento ríxido que disipe cargas electrostáticas: terrazo, cemento, etc.

• Porta de acceso metálica, con apertura hacia o exterior e provista de chave. As

dimensións mínimas serán de 1 x 2 mts (ancho x alto) • Estarán destinados exclusivamente a instalacións de comunicacións. • Deberán ter unha superficie mínima de 12 m2, con polo menos 2,5 mts de altura e 3 mts

de ancho • Deberán manterse a unha temperatura de entre 18 e 24º, cun rango de humidade do 30 ó

55 por cento, instalando os sistemas de climatización precisos

• Disporá de puntos de luz que proporcionen polo menos 600 lux de iluminación e alumbrado de emerxencia

10. INSTALACIONS ELÉCTRICAS No local destinado a cuarto principal de comunicacións instalarase un cuadro eléctrico coas

seguintes características: • Liña de entrada principal de 32 amperios dende o cuadro eléctrico principal do edificio. • Unha liña de 25 A para cada un dos armarios de planta • Unha liña de 32 A para a centraliña • Irá equipado coas proteccións de entrada e salida necesarias para conexión dun SAI • Ó cuadro deberá quedarlle libre polo menos o 50% do espacio • Deberán etiquetarse tódolos elementos que o formen. • No interior do cadro deberá deixarse un esquema de conexionado do mesmo 11. ETIQUETADO Antes de reflectir na instalación os criterios de etiquetado detallados pola Área TIC da

Universidade, o instalador deberá observar os seguintes criterios:

11.1 Etiquetado dos cables.

19

Cada cable (UTP, mangueira de fibra, mangueira de pares) deberá etiquetarse en ambos extremos según normativa da Universidad mediante elementos tipo bridas con etiqueta ou marcadores plásticos. Nunca se escribirá a man directamente sobre o cable.

O etiquetado dos cables coincidirá co do panel/roseta onde finalize. Ó seu paso polas caixas de rexistro os cables etiquetaranse agrupados en mazos

11.2 Etiquetado dos tubos e canaletas. Os tubos e canaletas de PVC na súa acometida nas caixas de distribución e de mecanismos

irán rotuladas, con brida ou pegatina (según indicacións da Dirección de Obra), en ambos extremos, cun rótulo que será o mesmo que o da caixa que hai no outro extremo do tubo

12. CERTIFICACIONS Todo o cableado de cobre dos novos edificios da Universidade se realizará mediante cables

de par trenzado sen apantallar UTP Clase E/Categoría 6. É preciso asegurar o cumplimento da Categoría 6 con total certidumbre. Os equipos de test

teñen un rango de exactitude, recollido nos estándares, no que poden dar un falso positivo. Para evitar obter medicións no rango de incertidumbre, que poden resultar incorrectas en varios dBs, os canles de Clase E/Categoría 6 permitirán o uso de 4 conexións macho-femia cunha marxe NEXT mínimo garantizada de 4 dB, e 6 conexións macho-femia cunha marxe NEXT mínima garantizada de 2,5 dB

O sistema, no seu conxunto deberá cumplir ou mellorar os seguintes valores garantidos de

funcionamento:

Parámetro (1-250 Mhz)

Márxes garantidos do canle con 4 conexións respecto ás especificacións de Categoría 6.

Márxes garantidos do canle con 6 conexións respecto ás especificacións de Categoría 6.

Perdas de inserción

4% 3%

NEXT 4 2,5 PSNEXT 6 4 ELFEXT 4 2,5 PSELFEXT 6 4 Perdas retorno 3 1,5

As aplicacións estándar soportadas deben incluir, entroutras: IEEE 802.3, 10BASE-T,

100Base-TX, IEEE802.5 a 4 y 16 Mbps, TP-PMD, FDDI, 10Base-FL, 100Base-FX, 100Base-SX, 1000Base-LX, 10Gigabit Ethernet, 1000Base-T, 1000Base-Tx y ATM a 52/155/622/1000 Mbps

20

13. DOCUMENTACIÓN A Empresa Contratista deberá entregar a seguinte documentación:

13.1 Antes do replanteo. Deberán entregarse planos, tanto en papel como en soporte informático de: Planos do edificio coa ubicación prevista das tomas e dos racks de comunicacións. Planos onde se indique o uso de cada local. Planos coas acometidas exteriores de comunicación Planos da canalización prevista para comunicacións, tanto exterior como interior, indicando

percorridos e medidas

13.2 Despois do replanteo. Nun prazo máximo de 3 semanas dende a data de replanteo deberán entregarse, tanto en

papel como en soporte informático, as versións definitivas dos planos mencionados no apartado anterior

13.3 Ó remate da obra.

Como paso imprescindible para a certificación final da mesma por parte da Área TIC, a

Empresa contratista deberá entregar 3 copias en papel e dúas dixitalizadas de:

• Planos das canalizacións definitivas, tanto interiores coma exteriores, indicando os tipos e medidas dos canles utilizados. Tamén aprecerán reflectidos os pases entre plantas.

• Planos coa ubicación das tomas e onde aparezca o etiquetado.

• Medidas da certificación do 100% das tomas. O nome de cada toma do informe será

o que ten etiquetado.

• Medidas de potencia e reflectométricas das fibras, tanto exteriores coma interiores.

21

C. ESTÁNDARES PARA EQUIPAMENTO DA REDE DE VOZ DA USC.

A USC dispón dunha rede corporativa de centraliñas de servizos integrados da serie IS3000, modelo iS3070 de Philips. Por tratarse dunha solución propietaria, calquera ampliación ou equipamento para voz dun novo edificio debe contemplar este feito, xa que o hardware a adquirir debe ser específico para estas centrais. Faise preciso acordar coa área TIC a configuración a montar en cada caso. As configuracións típicas que poden xurdir coa incorporación dun novo edificio á rede son:

a) Ampliación dos portos analóxicos e dixitais da unidade ou módulo remoto existente que dará servizo ó edificio e que se enlazará con él mediante mangueira de pares.

b) Creación dun novo módulo remoto que se unirá á unidade principal da que dependa con 1 ou varios enlaces a 2 Mbps e equipandoo cos portos analóxicos e dixitais necesarios.

c) Creación dunha nova unidade uníndoa á rede existente cos enlaces a 2 Mbps precisos e equipándoa cos portos analóxicos e dixitais necesarios no novo edificios.

Calquera novo edificio irá provisto de polo menos:

• Unha tarxeta de 8 extensións dixitais euro RDSI • Tarxetas de extensións analóxicas en número suficiente para activar todas as

tomas de voz previstas • 2 teléfonos dixitais de gama media/alta con polo menos 8 teclas programables • Teléfonos analóxicos para as tomas de voz previstas. • Cando se trate dun módulo remoto: os enlaces a 2 Mbps necesarios para unilo coa

unidade principal da que dependa. • Cando se trate dunha nova unidade: os enlaces a 2 Mbps necesarios para unilo

con outras unidades da rede e as licencias precisas para integrala totalmente na rede

Para lograr unha compatibilidade absoluta coa rede existente e non sufrir ningunha perdida de prestaccións é imprescindible que o todo o equipamento sea o indicado anteriormente.

22

D. ESTÁNDARES PARA EQUIPAMENTO DA REDE DE DATOS DA USC. Definense unhas características mínimas que debe ter o equipamento que se adquira na USC para a dotación de redes de comunicación de datos. Esta norma afecta ós equipos novos. Os equipos de características inferiores serán actualizados conforme ó previsto no PETIC. Encamiñadores (routers): Os encamiñadores que se instalen na rede de datos da USC, como mínimo deberán cumprir as seguintes características técnicas:

- CPU de alta capacidade e velocidade. - RAM de alta capacidade. - Backplane con throughput mínimo de 32 Gbps en nodos principais e 16 Gbps en nodos

secundarios. - Buffers de entrada/saída de alta capacidade para portos 10/100/1000 Mbps. - Buffers de entrada/saída de alta capacidade para portos WAN. - Alta capacidade en canto a número de rutas e VLANs. - Chasis con slots de ampliación. - Fontes de alimentación redundantes. - Interface de fibra óptica SX e LX. - Protocolos de routing: IP, IPv6, IPX, Multicast, ... - Soporte de interfaces ATM, 1 Gbps, 10 Gbps, ... - Soporte de bridging e VLAN´s: 802.1D, 802.1w, 802.1s, 802.1Q, ... - Protocolos de xestión e monitorización: SNMPv1/2/3, RMON v1/v2, ... - QoS (802.1p). - Port mirroring. - Load Balancing / Sharing.

Conmutadores (switches): Os portos de usuario deberán responder ó estándar 802.3u (Fast Ethernet) cunha transferencia mínima de 100 Mbps Full Duplex sobre par trenzado (100baseT). Os portos de servidores e interconexión de equipos de rede deberán responder ós estándares 802.3x, 802.3z e 802.3ab (Gigabit Ethernet) cunha transferencia mínima de 1 Xbps en calquera das 3 variantes: 1000baseSX, 1000baseLX ou 1000baseTX (multimodo, monomodo ou cobre). Os pequenos conmutadores de menos de 12 portos poderán conectarse a 100baseT. Todos os conmutadores terán soporte de bridging e VLAN´s (802.1D, 802.1w, 802.1s, 802.1Q, ...), así como os protocolos de xestión e monitorización SNMPv1/2/3, RMON v1/v2, ... Rede sen fíos (wireless): O equipamento da rede sen fíos será adquirido conforme á plataforma e protocolos de autenticación e encriptación existentes (RADIUS, LDAP, ...), e como mínimo deberá soportar os protocolos 802.11.b e 802.11.g. Os puntos de acceso cumpriran as normas 802.3.af, 802.1.x e 802.11.i