NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo)...

17
NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de normalización. Tipos de normas 2. Formatos do papel e tipos de liña 3. Vistas dunha peza 4. Cortes e seccións 5. Cotación 6. As novas tecnoloxías no debuxo técnico 1. CONCEPTO DE NORMALIZACIÓN. TIPOS DE NORMAS A normalización é un conxunto de normas que establecen os países cun certo grao de industrialización, co obxecto de favorecer o comercio e racionalizar a produción. Isto implica un entendemento a nivel mundial, en relación á calidade, aos formatos e á utilización e fabricación de todo tipo produtos industriais. Un exemplo disto é a estandarización nas medidas dos parafusos: diámetros, lonxitudes e tipos de rosca ou as dimensións establecidas para as portas interiores nas vivendas. A normalización persegue os seguintes obxectivos: - Mellora o rendemento e reduce costes. - Elimina fronteiras. - Establece unha garantía de calidade. A normalización atende aos seguintes principios: - Debe responder a necesidades repetitivas e reais. - Debe ser un sistema coherente e completo. É dicir, deben normalizarse todos os produtos que interveñen na fabricación dun obxecto. - A normalización dun país debe ser compatible co seu desenvolvemento industrial. Sería absurdo establecer normas cuias esixencias non poden alcanzarse por falta de medios. - Debe ser unha tarefa colectiva, representando o acordo de fabricantes, técnicos e usuarios, intercambiando coñecementos e experiencias. - Debe ser aberta. As normas deben ser estables pero revisadas segundo o ritmo de progreso técnico e económico. Tipos de normas Existen moitos tipos de normas, pero podemos diferencialas en dous grupos, as nacionais e as internacionais. Normas nacionais Moitos paises teñen as súas propias normas. No caso de España, son as chamadas normas UNE (Una Norma Española), aconselladas e publicadas pola Asociación Española de Normalización (AENOR). Entre as máis coñecidas podemos citar tamén as normas DIN, que corresponden a Alemaña, país pioneiro na normalización, e as normas ASA ou normas americanas. Normas internacionais As normas ISO son elaboradas e recomendadas pola Organización Internacional de Normalización. As súas recomendacións son recollidas e nalgún caso adaptadas polas normas nacionais oficiais. Normalización aplicada ao debuxo técnico A normalización na linguaxe do debuxo técnico é básica, xa que é de gran axuda na realización dos proxectos que serven para a fabricación de todo tipo de produtos. Os planos deben estar representados gráficamente coa maior simplicidade e correción posible, para facilitar unha interpretación rápida e obxectiva. 1

Transcript of NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo)...

Page 1: NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano). Para isto emprégase

NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS

1. Concepto de normalización. Tipos de normas2. Formatos do papel e tipos de liña3. Vistas dunha peza4. Cortes e seccións5. Cotación6. As novas tecnoloxías no debuxo técnico

1. CONCEPTO DE NORMALIZACIÓN. TIPOS DE NORMAS

A normalización é un conxunto de normas que establecen os países cun certo grao deindustrialización, co obxecto de favorecer o comercio e racionalizar a produción. Isto implicaun entendemento a nivel mundial, en relación á calidade, aos formatos e á utilización efabricación de todo tipo produtos industriais. Un exemplo disto é a estandarización nasmedidas dos parafusos: diámetros, lonxitudes e tipos de rosca ou as dimensiónsestablecidas para as portas interiores nas vivendas.

A normalización persegue os seguintes obxectivos:

- Mellora o rendemento e reduce costes.

- Elimina fronteiras.

- Establece unha garantía de calidade.

A normalización atende aos seguintes principios:

- Debe responder a necesidades repetitivas e reais.

- Debe ser un sistema coherente e completo. É dicir, deben normalizarse todos os produtosque interveñen na fabricación dun obxecto.

- A normalización dun país debe ser compatible co seu desenvolvemento industrial. Seríaabsurdo establecer normas cuias esixencias non poden alcanzarse por falta de medios.

- Debe ser unha tarefa colectiva, representando o acordo de fabricantes, técnicos eusuarios, intercambiando coñecementos e experiencias.

- Debe ser aberta. As normas deben ser estables pero revisadas segundo o ritmo deprogreso técnico e económico.

Tipos de normas

Existen moitos tipos de normas, pero podemos diferencialas en dous grupos, as nacionais eas internacionais.

Normas nacionais

Moitos paises teñen as súas propias normas. No caso de España, son as chamadas normasUNE (Una Norma Española), aconselladas e publicadas pola Asociación Española deNormalización (AENOR).

Entre as máis coñecidas podemos citar tamén as normas DIN, que corresponden aAlemaña, país pioneiro na normalización, e as normas ASA ou normas americanas.

Normas internacionais

As normas ISO son elaboradas e recomendadas pola Organización Internacional deNormalización. As súas recomendacións son recollidas e nalgún caso adaptadas polasnormas nacionais oficiais.

Normalización aplicada ao debuxo técnico

A normalización na linguaxe do debuxo técnico é básica, xa que é de gran axuda narealización dos proxectos que serven para a fabricación de todo tipo de produtos. Os planosdeben estar representados gráficamente coa maior simplicidade e correción posible, parafacilitar unha interpretación rápida e obxectiva.

1

Page 2: NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano). Para isto emprégase

A normalización no debuxo técnico fai posible a comunicación, creando un códigointernacional que permite a súa comprensión en calquera parte do mundo. Esta codificacióné froito dun consenso e encóntrase en continua evolución, para solucionar e establecernovas normas a partires dos novos problemas que se presentan na evolución da industria, aarquitectura e a enxeñería.

No debuxo técnico están normalizados todos aqueles elementos que interveñen narepresentación técnica dos obxectos e son, entre outros:

- Formatos do papel, tipos de liñas e rotulación- Vistas de pezas e cotación.- Escalas normalizadas.- Cortes, seccións e roturas.- Roscas, porcas e parafusos.

Entre estes estudiaremos algúns deles a continuación.

2. FORMATOS DO PAPEL E TIPOS DE LIÑA

Formatos do papel

O formato reflicte a forma e o tamaño do papel expresado en milímetros. Os debuxos ouproxectos industriais son ordenados e doblados de forma unificada para conseguir un rápidoacceso a estas fontes de información gráfica. Para facilitar esta tarefa, a normalizaciónespecifica cales son as proporcións idóneas do papel.

Os formatos normalizados son semellantes entre sí, é dicir, teñen a mesma proporción perodiferente tamaño. Calquera deles obtense dividindo pola metade o formato anterior partidodo punto medio do lado maior. Así, o formato A4 é a metade do A3 e este, a metade do A2.O formato inicial é o A0, cuia superficie equivale a un metro cuadrado.

Tipos de liña

Tanto o grosor como o tipo de liña cumpren distintas funcións no debuxo técnico ampliandoa información da figura representada. Para mellorar a función comunicativa das liñas, asnormas UNE establecen oito tipos de grosores que son as seguintes:

2mm; 1,4mm; 1mm; 0,7mm; 0,5mm; 0,35mm; 0,25mm; 0,18mm

2

Designación Medidas en mm A0 841 x 1189 A1 594 x 841 A2 420 x 594 A3 297 x 420 A4 210 x 297 A5 148 x 210 A6 105 x 148 A7 74 x 105 A8 52 x 74

Page 3: NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano). Para isto emprégase

A anchura da liña debe elixirse segundo o formato do papel ou as dimensións do debuxo,tendo en conta que a relación entre as liñas grosas e finas non debe ser inferior a 2.

A seguinte tabla mostra os distintos tipos de liñas e o seu significado segundo a norma UNE(1032-82):

Para debuxos utilizando o portaminas ou lapis podemos variar espesores e intensidadesmodificando a presión ao debuxar. Utilizaranse preferentemente durezas H e 2H.

Orde de prioridade das liñas coincidentes

Os contornos e arestas visibles terán prioridade sobre as ocultas, estas respecto das liñasde planos de corte, e estas respecto dos eixos de revolución e liñas de planos de simetría. Acontinuación indícanse algunhas orientacións sobre o modo de utilización das liñas.

1- As liñas de eixos de simetría, teñen que sobresaír lixeiramente do contorno da peza e tamén as de centros de circunferencias, pero non deben continuar dunha vista a outra.

2- Nas circunferencias, os eixos teñen que cortarse no centro da circunferencia, se as circunferencias son moi pequenas debuxaranse liñas contínuas finas.

3- O eixo de simetría pode omitirse en pezas onde a súa simetría se perciba contoda claridade.

4- Os eixos de simetría, cando se representa media vista ou un cuarto, levarán nos seus extremos, dous pequenos trazos paralelos.

5- Cando dúas liñas a trazos sexan paralelas e estean moi próximas, os trazos debuxaranse alternados.

6- As liñas a trazos, ao rematar chegando a outra liña, acabaran en trazo.

3

Page 4: NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano). Para isto emprégase

3. VISTAS DUNHA PEZA

Os obxectos pódense representar mediante as súas vistas segundo o método do primeirodiedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano).

Para isto emprégase a proxección ortogonal dos corpos sobre seis planos que rodean aoobxecto, as proxeccións obtidas denomínanse “vistas”. O número máximo de vistas é deseis, que son as que se obteñen de proxectar ortogonalmente o obxecto sobre cada unhadas caras do cubo formado polos distintos planos. Abatindo as caras do cubo e, colocandoestas sobre o plano do papel, as vistas quedan nunha posición fixa, como podemos apreciarnas imaxes seguintes.

4

Page 5: NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano). Para isto emprégase

Posición das seis vistas sobre o plano do debuxo no Sistema Europeo

A: vista de frente ou alzadoB: vista superior ou plantaC: vista lateral dereita ou perfil dereitoD: vista lateral esquerda ou perfil esquerdoE: vista inferiorF: vista posterior

Posición das seis vistas no Sistema Americano

A: vista de frente ou alzado B: vista superior ou planta C: vista lateral dereita ou perfil dereito D: vista lateral esquerda ou perfil esquerdo E: vista inferior F: vista posterior

O símbolo que aparece na parte inferior a dereita, indica o sistema empregado (métodoeuropeo ou americano). Nós utilizaremos o europeo que é o que se emprega no noso país.

Selección de vistas

O número de vistas a representar non debe de ser superior ás necesarias para definircorrectamente a peza. Cando se precisan tres vis t as p ara definir un obxecto adoitan elixirsea plan t a, o alzado e unha vis t a lateral. O criterio para escollelas é que describan todos oselementos do obxecto e que presenten o menor número posible de arestas ocultas. Así, naseguinte peza, a modo de exemplo, elíxese:

A plan t a, que informa sobre as dimensións de anchura e profundidade, e mostra aposición dun dos buratos.

O alzado , que informa sobre as alturas e mostra a forma dos recortes efectuadosna peza prismática.

O perfil esquerdo, que describe a posición doutro burato no eixo do medio cilindrono que remata o prisma vertical.

5

Page 6: NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano). Para isto emprégase

Precísanse só dúas vis t as p ara describir combinacións sinxelas de prismas, pirámides,cilindros e conos , xa que unha terceira non engadiría información nova.

Cono Cilindro

Débese elixir a combinación de vistas que resulte máis representativa do obxecto, así nasseguintes pezas debe optarse polo alzado e o perfil, como aparece na dereita, en lugar deplanta e alzado, que non describirían a peza completamente.

6

Page 7: NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano). Para isto emprégase

Nos casos nos que as pezas se representan cunha soa vista, esta ten que ser completadacon indicacións que permitan a total definición da peza.

1. Nas pezas de revolución incluirase o símbolo de diámetro.

2. Nas pezas prismáticas, o símbolo de cadrado e/ou “cruz de San Andrés”.

3. Nas pezas de espesor uniforme, basta con facer dita especificación.

Correspondencia entre as vistas

Existe unha correspondencia obrigada entre as diferentes vistas que é a seguinte:

a) Alzado e planta coinciden en anchuras.

b) Alzado e vista lateral coinciden en alturas.

c) Planta e vista lateral coinciden en profundidade.

Dadas dúas vistas calquera dunha peza, e tendo en conta estas correspondencias, enmoitos casos podería obterse a terceira como pode apreciarse na seguinte figura.

7

Page 8: NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano). Para isto emprégase

4. CORTES E SECCIÓNSRealizar un corte dunha peza consiste en cortar a mesma mediante un o varios planosimaxianarios chamados planos de corte, na maior parte dos casos ditos planos sonparalelos aos planos de proxección; unha vez situado o plano de corte, ao retirar unha daspartes da peza podemos observar na outra o interior da mesma. A finalidade dos cortes é ade representar mediante liñas vistas os ocos ou formas interiores que teña a peza. Cando serealiza un corte hai que ter en conta os seguintes elementos e normas.

A vista dun corte: debúxase como unha vista normal máissustituíndo á vista que se corresponde co mesmo plano deproxección; hai que engadir un raiado nas partes interiores quenon se correspondan con ocos ou partes valeiras.Normalmente non se debuxan liñas discontinuascorrespondentes a aristas ocultas.

O plano de corte: debe ser indicado sempre e cando non sexaevidente como se obtén a vista de corte. Para elo, na vista quecorresponda, represéntase a súa traza mediante unha liña detrazos e puntos; engádense frechas nos extremos indicado adirección na que se ve o corte, e tamén unha letra a cada ladopara nomear a vista do corte.

Raiados: utilízanse liñas finas, continuas e paralelas, dispostassempre que se poida a 45º en relación aos contornos ou aoseixos de simetría. En conxuntos formados por varias pezasmontadas diferéncianse os raiados modificando a separaciónentre liñas ou o ángulo.

Podemos diferenciar distitintos tipos de cortes en función de como se dispoña o plano ouplanos de corte e de como se represente a vista resultante. Entre eles temos: corte normal,semicorte, e corte por planos paralelos ou non paralelos; nas seguintes imaxes pódese verexemplos de todos eles.

Realizar unha sección nunha peza consiste facer un corte transversal da mesma coafinalidade de obter e representar o seu contorno, realízase normalmente en pezas macizascomo eixos, barras ou tubos, e en elementos de fixación como ganchos, parafusos e porcas.Nas seccións a diferenza dos cortes só debuxamos as liñas de intersección entre a peza e oplano que utilizamos para cortar.

8

corte normal

corte por planos paralelossemicorte corte por planos non paralelos

Page 9: NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano). Para isto emprégase

5. COTACIÓN

Nos debuxos de deseños, obxectos industriais e arquitetura frecuentemente detállansetodas as súas dimensións co fin de clarificar as súas formas e magnitudes para facilitardeste xeito o proceso de fabricación. A precisión na distribución gráfica das medidas é moiimportante para acadar unha lectura clara e inmediata.

A cotación é o conxunto de medidas, signos e liñas que aparecen nun debuxo para definirunha peza e poder fabricala nun taller.

Elementos de cotación

- Liñas de referencia ou auxiliares de cota: son liñas de trazo fino e continuo queparten da aresta do corpo, delimitando a súa medida. Trázanse perpendiculares ádimensión que determinan e sobresaen 2mm respecto da liña de cota.

- Liñas de cota: liñas de trazo fino e continuo, debúxanse paralelas á aresta á que selle indica a medida, a unha distancia de 8mm.

- Frechas: sitúanse nos extremos das liñas de cota cos seus vértices sobre a liña dereferencia. A dimensión das frechas depende do ancho da liña grosa do debuxo.Deben formar entre 15º e 30º coa liña de cota e a súa lonxitude debe ser 4 ou 5veces o espesor da aresta da peza.

- Cifras de cota: indican o valor numérico da medida. Colócanse enriba da liña decota, no seu centro, e non pode ser cortada por ningunha liña do debuxo. A súaaltura debe ser entre 3 e 4 mm.

- Liña de referencia de chamada: de trazo fino e continuo, utilízanse para sacar unhacota do debuxo por falta de espazo ou para realizar outras indicacións. Se sinalanunha aresta, vista de canto ou liña de contorno rematan nunha frecha. Se sinalanunha parte interior terminan en punto. Se sinalan unha liña de cota ou eixo o seuextremo queda libre.

9

Page 10: NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano). Para isto emprégase

- Letras e símbolos complementarios: as veces a cifra de cota ven acompañadacun símbolo ou letra que indica as características formais da peza, e que simplificanas cotas e permiten en ocasións reducir as vistas necesarias para definir unha peza.Os símbolos máis usuais son:

Símbolo do cadrado: indica sección cadrada nunha parte do obxecto representado navista.

Símbolo de diámetro: utilízase antes dunha cota para indicar forma de tipo circularcando non se aprecia directamente o arco ou a circunferencia. Arcos maiores de 180º ecircunferencias cótanse mediante a medida do diámetro.

R Símbolo de radio: utilízase antes dunha cota para indicar que se trata da medidacorrespondente a un radio. Os arcos iguais ou menores de 180º cótanse mediante a medidado radio.

Esf Símbolo de esfera: emprégase para indicar formas esféricas.

Cruz de San Andrés: son dúas liñas cruzadas que indican que unha superficie é plana paradiferenciala doutras partes que teñen forma curvada.

Principios de cotación

1- As liñas de cota colócanse fora do debuxo (sempre que se poida). A primeira a 8mm de separación respecto ao contorno ou aresta da peza e as restantes a 5mm das anteriores.

2- Non se usará como liña de cota nin unha aresta nin un eixo.Tampouco se colocaran aliñadas cunha aresta.

3- As liñas de cota que teñen relación entre si debuxaránse aliñadas.

10

Page 11: NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano). Para isto emprégase

4- Non se debuxaran cadeas de cotas cando as medidas representadas non teñen relación entresi.

5- As cotas de elementos simétricos refírense aos seus centros.

6- As liñas de cota non deben cruzarse.

7- Non se usará unha mesma liña auxiliar unindo dúas vistas dunha mesma peza.

8- As liñas de cota serán perpendiculares as liñas auxiliares de cota.

9- Se a cotación resultara confusa por cumplir o anterior, pódese trazar as liñas auxiliares formando 60º coas de cota.

10- Evitaranse cruces de liñas auxiliares de cota. Se non fose posible, pódense cruzar, pero nunca facelo coas liñas de cota.

11

Page 12: NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano). Para isto emprégase

11-As cotas maiores debuxaranse máis alonxadas que as pequenas para evitar cruces.

12- As liñas de eixos non se empregarán como auxiliares, a non ser que saian fora do contorno xa como liñas contínuas.

13- Se non hai espazo suficiente entre dúas liñas auxiliares de cota para debuxar as frechas,debúxanse exteriormente e a liña de cota polo interior. Se non queda sitio para isto, sustitúenseas flechas por puntos.

14- Se non hai bastante espazo para poñer a cota, colocárase esta preferentente ao lado dereito enriba da prolongación da liña de cota.

15- As cotas deben rotularse sobre a vista que mellor idea proporcione sobre a forma do corpo.

16- En pezas simétricas, as cotas indicarán dimensións entre centros e eixos de simetría de elementos simétricos. Noutros casos non se tomarán os eixos de simetría para referenciar cotas.

17- Non se rotulan cotas para indicar medidas que quedan determinadas polo proceso de fabricación da peza.

12

Page 13: NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano). Para isto emprégase

18- As cotas que garden relación directa colócanse na mesma vista.

19- As cotas nunca se refiren a liñas ocultas.

Sistemas de cotación

- Cotación en serie: a cada elemento índícasellea súa cota en relación co elemento anterior. As liñas de cota están sobre unha mesma recta.

- Cotación en paralelo: as cotacións vanse ordeando paralelamente unhas ás outras.

- Cotación combinada: emprega ao mesmo tempo os dous sistemas anteriores.

13

Page 14: NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano). Para isto emprégase

6. AS NOVAS TECNOLOXÍAS NO DEBUXO TÉCNICO

Hoxe en día o debuxo das vistas dunha peza, as cotacións nas mesmas , o trazado deperspectivas e a elaboración de todo tipo de planos xa sexa no ámbito da arquitectura, daenxeñería ou do deseño en xeral, realízase mediante aplicacións informáticas. De todosmodos, nas primeiras fases do deseño seguen manténdose os métodos tradicionais dedebuxo directamente sobre papel, principalmente para representar as ideas de partida edesenvolver as mesmas. Os programas informáticos de debuxo son unha ferramenta moiútil que simplican o proceso de realización dos distintos trazados xeométricos, permitindoademais unha impresión directa a tinta de debuxos e planos. Aínda así, para entender etraballar con ditos programas é necesario dominar desde un punto de vista tradicional osdistintos contidos e procedementos do debuxo técnico.

Imaxes de mapas de bits

As imaxes de mapas de bits configúranse directamente mediante píxeles, dispostosseguindo unha cuadrícula, podémolos observar facendo zooms sucesivos na imaxevisionada na pantalla do ordenador. Cada píxel é un cadrado moi pequeno ao que se lleasocia unha única cor e unha posición. A imaxe obtense polo tanto mediante miles depíxeles uns ao lados dos outros, como se fixeramos un debuxo ou unha pintura punto apunto. Cantos máis píxeles máis calidade na imaxe, isto mídese mediante a resolución daimaxe: así 1600x1200 píxeles implica un número total igual a 1600x1200= 1.920.000píxeles, é dicir 1'92 megapíxeles.

Neste tipo de imaxes non existen liñas, circunferencias ou planos como elementos únicosque se poidan editar e modificar, xa que é a agrupación dun conxunto de píxeles o que dálugar a ditos elementos. É dicir, para modificar unha liña temos que actuar sobre os píxelesque configuran dita liña. Este tipo de imaxes son as que se utilizan con máis frecuencia parafotografías e pinturas dixitais, sendo moi apropiadas para representar sombras, luces, cores,texturas e degradados. En moitos programas de edición e tratamento da imaxe como son oAdobe Photoshop , o GIMP ou o Paint de Windows , trabállase con mapas de bits. Entre osformatos de arquivo deste tipo de imaxes están JPG,TIF, PSD e GIF.

14

Page 15: NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano). Para isto emprégase

Imaxes vectoriais

A diferenza das anteriores, nas imaxes vectoriais non perdemos calidade a medida quefacemos zooms sucesivos. Neste caso, a imaxe dixital está formada por elementosxeométricos independentes (liñas, circunferencias, arcos, polígonos) definidos por distintosatributos matemáticos; así, un círculo azul queda definido pola posición do seu centro, o seuradio, o grosor da liña e pola cor de recheo. Podemos crear, mover, e modificar os distintoselementos que configuran a imaxe actuando directamente sobre o propio elemento e nonsobre conxuntos de píxeles; podemos tamén establecer dimensións dun xeito preciso etraballar con parámetros matemáticos e xeométricos. Por todo isto, é o tipo de imaxe coaque se traballa nos programas informáticos que están relacionados co debuxo técnico comoson todos os de tipo CAD: AutoCAD , 3ds MAX ou DraftSight entre outros. Tamén se utilizaen programas dirixidos ao tratamento e edición de imaxes ou á ilustración, como oCorelDRAW ou o Adobe Illustrator. Entre os formatos de arquivo máis coñecidos están oDWG e o CDR.

15

Page 16: NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano). Para isto emprégase

Programas de CAD

O término CAD, que procede da expresión " Computer Aided Design " (deseño asistido porordenador), fai referencia a utilización do ordenador e de determinados programas desoftware para desenvolver graficamente ideas e proxectos nos campos da arquitectura, daenxeñería, da mecánica e do deseño en xeral. Estes programas traballan con imaxesvectoriais permintindo realizar todo tipo de trazados xeométricos, coa ventaxa de poderrectificar e de imprimir a unha escala determinada. A súa utilización comezou na década dosanos 50 en EEUU e hoxe en día o seu uso é xeralizado.

Diferénciase entre dous tipos de programas de CAD: os 2D (dúas dimensións), e os 3D (tresdimensións). Nos programas de 2D, os trazados realízanse no plano e para facer unhaperspectiva teríamos que seguir os mesmos procedementos que cando debuxamos enpapel; son adecuados para realizar trazados xeométricos, representación de pezas e todotipo de planos nos que predominen vistas de tipo diédrico. Nos programas de 3D, a peza ouobxecto defínese volumetricamente partindo de sólidos simples que se van agrupando emodificando; unha vez completado o volume poden obterse distintas vistas diédricas domesmo. Determinados programas permiten traballar en 2D ou 3D sen ter que cambiar deaplicación. A tendencia é utilizar as tres dimensións xa desde a fase inicial do proxecto eincorporar nun mesmo programa ou aplicación, non só a información gráfica, senón taméntoda a documentación relacionada co proxecto. Un exemplo disto último é BIM, "BuildingInformation Modeling", unha plataforma de traballo cooperativo que parte do deseño en tresdimensións. A continuación relaciónanse algúns dos programas tipo CAD máis utilizados.

AutoCAD: É un dos programas de deseño asistido por ordenador máis coñecido. Foicreado a principios da década dos anos 80 pola empresa Autodesk, polo que ten xa unhalonga traxectoria. Permite o debuxo tanto en 2D como en 3D, e diferencia entre doustipos de espazos nos que traballar: o espazo modelo no que se debuxa, e o espazo papelno que realiza a composición e presentación dos distintos planos a imprimir á unhaescala determinada. O formato de arquivo co que se traballa é DWG, permitinto tamén avisualización e conversión en DXF. Poden obterse versións educativas gratuítas duranteun tempo limitado.

SketchUp: É un programa de deseño e modelado en 3D basado en caras. Caracterízasepor ser bastante sinxelo e permite realizar e modelar nas tres dimensións edificios,automóviles, esculturas ou calquer obxecto que se poida imaxinar. Permite aincorporación por parte do usuario de plugins (complementos que se incorporan aoprograma para realizar nonvas funcións). O renderizado dos obxectos habería que facelocon outro programa.

16

Page 17: NORMALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS 1. Concepto de … · 2016. 1. 28. · diedro (método europeo) ou segundo o método do terceiro diedro (método americano). Para isto emprégase

Un renderizado consiste en realizar unha representación moi realista das cores e dastexturas nas superficies dos obxectos coa posibilidade de incorporar luces e sombras.

DraftSight: É un programa de CAD en 2D, gratuíto nalgunha das súas modalidades. Osoftware pertence a empresa Dassault Systèmes. Permite crear, editar e visualizararquivos DWG e DXF. Dispón das ordes máis básicas e comúns que permiten realizarcalquer representación en dúas dimensións. Podemos descargar o programa desde apáxina web da empresa de xeito sinxelo rexistrándonos a través dun correo electrónico.

LibreCAD: Estamos ao igual que no caso anterior, ante un programa gratuíto de CAD en2D. Neste caso é un programa de código libre, polo que ademais de poder ser utilizadolibremente tamén se podería modificar o seu software co obxectivo de melloralo. Utiliza oformato DXF e as últimas versión tamén permiten a lectura en DWG. Tanto o LibreCADcomo o DraftSight teñen un funcionamento semellante ao AutoCAD, en canto ao debuxoen 2D, o que permite ao usuario pasar dun programa a outro con certa facilidade.

3ds MAX: Este programa ten os seus inicios noutro chamado 3D Studio, que saiu aomercado na década dos 90. Xa desde os seus orixes permite representar e traballar en3D con disitintos tipo de superficies e volumes. Pódese incorporar gran variedade decores e texturas e realizar renderizados dos mesmos cun resultado moi realista e de boacalidade. Actualmente pertence tamén á empresa Autodesk e descríbese como unprograma de creación de gráficos e animación en 3D, sendo utilizado en distintos camposcomo os videoxogos, o cine, a arquitectura e os anuncios publicatarios.

17