Normaliza os teus insultos

9
Normaliza os teus insultos, si chegado o caso tes que insultar, faino en galego Coa axuda da web “Ciberirmandade da Fala“, imos intentar galeguizar os nosos insultos. Nesta web ofrécennos 334 formas de adaptar os insultos ó galego. Os tempos son chegados; escolle o teu insulto que, motivos para insultar sempre aparecen: Apalermado: Pailán Apoucado: Caguiñas Argalleiro: Rillote Atrapallado: Chafulleiro Avarento: Avaro, cotroso, cutre, mesquiño, raña, rañado, rañento, rillachavos, roñoso, tacaño. Babeco: Pailán Babiolo: Pailán Badoco: Pailán Baduán: Barallocas. Baldreu: 1.Pel de ovella que serve para facer luvas. 2. Persoa sucia, mal amañada: badanas, baldrogas, baltroeiro, bandallo, chocalleiro, choqueiro, cocho, fargalleiro, fargallón, farrapeiro, farrapento, galdracha, galdrán, galdrapo, galdrogas, galdrupas, goldracha, marrán, palafustrán, pingallo, porcallán, porco, zalapastrán. Baldrogas: Baldreu Baltroeiro: Baldreu Bandallo: Baldreu Baralleiro: Barallocas Barallocas: Que fala en exceso ou sen sentido. Badúan, baralleiro, charlatán, deslinguado, falangueiro, lareta, lerchán, lercho, lingoreteiro, zaragateiro, zarangalleiro Barbuzán:de barba grande. Barbazán Barrigudo: Gordeiro Bobo: Pailán Bribón: Rillote Brután:* Bruxa: Lurpia Bulebule: Que todo o toca e desordena. Que non ten parada. Bulideiro, inquieto, traveso, Bulideiro: Bulebule Burlateiro: Sórneas Burlego: Sórneas Burlón: Sórneas Burrán: PailánCabalón: Galistreira, Marimacho. Cabalote: Galistreira Cacharreiro: 1. Que fai cacharros. 2. Vendedor ambulante. Cacharulo: Que ten grosas as nádegas. Cachazudo: Prosma

Transcript of Normaliza os teus insultos

Page 1: Normaliza os teus insultos

Normaliza os teus insultos, si chegado o caso tes que insultar, faino en galego Coa axuda da web “Ciberirmandade da Fala“, imos intentar galeguizar os nosos insultos.

Nesta web ofrécennos 334 formas de adaptar os insultos ó galego. Os tempos son chegados;

escolle o teu insulto que, motivos para insultar sempre aparecen:

Apalermado: Pailán

Apoucado: Caguiñas

Argalleiro: Rillote

Atrapallado: Chafulleiro

Avarento: Avaro, cotroso, cutre, mesquiño, raña, rañado, rañento, rillachavos, roñoso, tacaño.

Babeco: Pailán

Babiolo: Pailán

Badoco: Pailán

Baduán: Barallocas.

Baldreu: 1.Pel de ovella que serve para facer luvas. 2. Persoa sucia, mal amañada: badanas,

baldrogas, baltroeiro, bandallo, chocalleiro, choqueiro, cocho, fargalleiro, fargallón,

farrapeiro, farrapento, galdracha, galdrán, galdrapo, galdrogas, galdrupas, goldracha, marrán,

palafustrán, pingallo, porcallán, porco, zalapastrán. Baldrogas: Baldreu

Baltroeiro: Baldreu

Bandallo: Baldreu

Baralleiro: Barallocas

Barallocas: Que fala en exceso ou sen sentido. Badúan, baralleiro, charlatán, deslinguado,

falangueiro, lareta, lerchán, lercho, lingoreteiro, zaragateiro, zarangalleiro

Barbuzán:de barba grande. Barbazán

Barrigudo: Gordeiro

Bobo: Pailán

Bribón: Rillote

Brután:*

Bruxa: Lurpia

Bulebule: Que todo o toca e desordena. Que non ten parada. Bulideiro, inquieto, traveso,

Bulideiro: Bulebule

Burlateiro: Sórneas

Burlego: Sórneas

Burlón: Sórneas

Burrán: PailánCabalón: Galistreira, Marimacho.

Cabalote: Galistreira

Cacharreiro: 1. Que fai cacharros. 2. Vendedor ambulante.

Cacharulo: Que ten grosas as nádegas.

Cachazudo: Prosma

Page 2: Normaliza os teus insultos

Cagado: Caguiñas

Cagainas: Caguiñas

Cagaíñas: Caguiñas

Cagán: Caguiñas

Cagarolas: Caguiñas

Cagón: Caguiñas

Caguelo: Caguiñas

Caguiñas: Apoucado, cobarde, cagado, cagainas, cagaíñas, cagán, cagarolas, cagón, caguelo,

remendafoles. Ver ñácaras

Camanduleiro: Hipócrita

Caneludo: Persoa que ten as pernas moi longas. Zancudo

Canfurneiro: Pándego

Canchés:Persoa que ten as pernas torcidas para fóra e xunta os xeonllos. O contrario é Zopo

Caprichoso: Panximicas

Carallán: Pándego

Chafulleiro: Atrapallado, chafallas, chafalleiro, chafullas, farfalleiro, farfallón, mastalleiro,

tranfullas, tranfulleiro, trapaceiro, trapalleiro, zaramalleiro, zarapalleiro.

Chapón: Persoa que come con voracidade. Galdrumeiro

Charlatán: Barallocas

Charramangueiro: Persoa que viste con cores moi vivas.

Chato: Persoa co nariz esmagado. Nacho, ñato

Chocho:*

Chocalleiro: 1. Persoa que leva o chocallo. 2. Que ten por costume dicir ou facer chocalladas

(bromas ou chanzas de dubidoso gusto). 3. Persoa esfarrapada ou desaseada. Baldreu. 4.

Máscara de entroido

Choqueiro: 1. Baldreu. 2. Dise da broma de dubidoso gusto. 3. Máscara

Choracricas: Choromicas

Choranabizas: Choromicas

Choricas: Choromicas

Choromicas: choracricas, choranabizas, choricas, choromiqueiro. Ver Garafateiro

Choromiqueiro: Choromicas

Chosco: 1. Que non ve ou ve por un só ollo. 2. Rendido polo sono.

Chupatintas:*

Chupón: Egoísta

Churriana: Prostituta

Cocho: Baldreu

Coitado: Ñácaras.

Comellón: Gorxón

Coto: Maneto

Cotroso: Avarento

Cubilón: Lacazán

Page 3: Normaliza os teus insultos

Cutre: Avarento

Desasisado: Tolo

Deslinguado: Barallocas

Egoísta: Chupón, ególatra

Ególatra: Egoísta

Energúmeno: 1. Persoa posuída polo diaño. 2. Persoa moi encolerizada.

Esmorgante: Pándego

Fachendoso: Farfantón

Falangueiro: Persoa extrovertida e faladora. Barallocas.

Faldeiro: Lambecricas

Falso: Zaino ou zunado

Fandangueiro: Pándego

Fanfarrón: Farfantón

Fantasmón: Farfantón

Fantoche: Fantasmón

Fañoso: Gangoso.

Farandoleiro: Pándego.

Farfallán: Farfantón

Farfalleiro: Chafulleiro. Farfallón.

Farfallón: Que ten moi pouco coidado no seu traballo. Chafulleiro

Farfantón: fachendoso, farfallán, figurón, finchado, fanfarrón, fantasmón, fantoche, farfallán,

farruco, galo, pantalleiro, pantasmón, presumido, presuntuoso, rufo, ufano

Farfullas: Dise da persoa que fala moi de presa e que se atropela

Fargalleiro: Baldreu

Fargallón: Baldreu

Farrapeiro: Baldreu

Farrapento: Baldreu

Farrista: Pándego

Farruco: Farfantón

Farsante: Mentireiro

Fazañeiro: Que alardea das súas fazañas.

Fazuleiro: Persoa que ten moi carnosas as meixelas.

Fedello: que enreda moito, revoltoso inquedo. Fuchicas

Figurón: Farfantón

Finchado: Farfantón

Folgazán: Lacazán

Fuchicas: fedello

Fuciñudo:*

Gago: Zarabeto

Galdracha: Baldreu

Galdrán: Baldreu

Page 4: Normaliza os teus insultos

Galdrapo: Baldreu

Galdrogas: Baldreu

Galdrumeiro: persoa que come avidamente e con desaseo. Chapón

Galdrupas: Baldreu

Galistreiro/a: 1. Curiosón. 2.Marimacho. Cabalón, cabalote

Gallofeiro: Pándego. Amigo das festas e diversións

Galo: Persoa prepotente e provocativa: Farfantón

Galopín: Rillote

Gandulo(gandula): Lacazán

Gangoso: Fañoso, sorneón.

Garafeteiro: Persoa que tende a facer aloumiños ou ñáñaras. Melindreiro, Mequeiro,

mexerica, mexeriqueiro, mimarracheiro, Ver Choromicas

Garatuxeiro: Que gaba ós demais en exceso. Loamiñeiro

Goldracha: Baldreu

Gordecho: Gordeiro

Gordeiro: Barrigudo, gordecho, panchés, panzudo.

Gorlón: Rosmón

Gorxón: Comellón

Gruñón: Rosmón

Indolente: Prosma

Inquieto: Bulebule

Irónico: Sórneas

Lacaceiro: Lacazán

Lacazán: Dise do que non quere traballar. Cubilón, folgazán, gandulo, lacaceiro, langrán,

lerchán, lercho, loubán, nugallán, nugalleiro, palanquín, panqueiro, preguiceiro, vago,

zángano.

Lagoñeiro: Larpeiro

Lambecricas: 1. Home que anda sempre entre mulleres. Faldeiro. 2. Lambecús, Garatuxeiro

Lambecodias: Garatuxeiro

Lambefoulas: Avarento

Lambecús: Garatuxeiro

Lambetas: Larpeiro

Lambeteiro: Larpeiro

Lambisqueiro: Persoa á que lle gustan as lambetadas ou andar a comer pouco e pouco:

lambuxeiro

Lambón: Larpeiro

Lambuxeiro: Lambisqueiro

Lambuzas: Larpeiro

Lampantín: Lapatín

Langrán: Que ten aversión polo traballo. lacazán. 2. Dise da persoa moi alta e

desproporcionada.

Page 5: Normaliza os teus insultos

Lapatín: Larpeiro

Larbuceiro: Larpeiro

Lareta: Indiscreto que todo o divulga.Larpán: Larpeiro

Larpeiro: lagoñeiro, lambetas, lambeteiro, ver lambisqueiro, lambón, lambuzas, lampantín,

lapatín, larbuceiro, larpán, larpón, xaropeiro

Larpón: Larpeiro

Lelo: Pailán

Lerchán: lercho

Lercho: 1.Barallocas. 2. Indecente. 3. Lacazán. 4. Dise da persoa que come e bebe demasiado.

n: Barallocas

Loamiñeiro: Garatuxeiro.

Lorcho/a: 1. persoa de baixa condición. 2. Muller de mala reputación. Prostituta

Loubán: 1. Astuto, pícaro, truhán. 2. Lacazán.

Louco: Tolo

Lunático: Tolo

Lurpio/a: 1. Ladrón (ladroa, ladrona, ladra), estafadora. Rapañeiro, raspiñeiro, raspuñeiro 2.

Muller vella e fea: Bruxa, pandorca. 3. Voraz.

Malfeitor: Que cometeu ou comete actos criminais.

Malicioso: Sórneas

Malintencionado: Zunado

Malmirado: Dise da persoa mal considerada.

Malpocado: Coitado, infeliz,desgraciado. Ñácaras

Manco: Maneto

Maneto: Coto, manco, toco

Maroto: 1. Macho da gaivota. 2. Rillote

Marrán: Baldreu

Marulo: 1. Pailán. 2. Terco, Testán

Mastalleiro: que traballa sen esmero. Chafulleiro

Matachín/a: Matón*

Matón*

Meixelas: Persoa que se queixa moito

Melindreiro: Garafateiro

Mentireiro: Farsante.

Mequeiro: Garafateiro

Mesquiño:*

Mexerica, Mexerica ou C: Ver Mexeriqueiro

Mexeriqueiro ou Mexiriqueiro: 1. Persoa remilgosa ou mimarralleira. Panximicas. 2.

Garafateiro

Milhomes:*

Mimarracheiro: Garafeteiro

Nacho: Chato

Page 6: Normaliza os teus insultos

Necio: Pailán Nugallán: Lacazán

Nugalleiro: Lacazán

Ñácaras: Dise do home pequeno, coitado, pouca cousa, ñoño, malpocado, xan, xirigaito,

xornas

Ñato: Chato

Ñoño: Ñácaras

Osmón (osmona, osmoa): que osma, que rastrea ou axexa mediante o olfato)

Pachán:Prosma

Pachorrento: Prosma

Pachorro: Prosma

Padexas: Padexeiro, sobón

Padexeiro: padexas

Paduán: Pailán

Paifoco: Pailán

Pailaroco: Pailán

Paizoco: Pailán

Pailán: 1. Ignorante, inculto. 2. Apalermado, babeco, babiolo, badoco, bobo, burrán, lelo,

marulo, necio, paduán, paifoco, pailaroco, paizoco, paleto, panoco, palabea, palanquín,

palurdo, pampo, ver papamoscas, parviolo, parvo, pimpín, pipiolo, zopenco, zoquete

Palabea: Pailán

Palabreiro: Persoa que promete moitas cousas e logo non cumpre

Palafustrán: Baldreu

Palanquín: 1. Pailán. 2. Lacazán

Paleto: Pailán

Palurdo: Pailán

Pampo: Pailán

Panchés (panchesa): Gordeiro

Pancho: Prosma

Pándego: Dise da persoa amiga das farras e diversións. Canfurneiro, carallán, esmorgante,

fandangueiro, farandoleiro, farrista, gallofeiro, parrandeiro, rexoubeiro, trouleiro.

Pandorca: 1. Muller grosa e preguiceira. 2. Muller desastrada e sen gracia. Lurpia

Panolo: Pailán

Panqueiro: Lacazán

Pantalleiro: Farfantón

Pantasmón: Farfantón

Panzudo: Gordeiro.

Panximicas: Persoa que anda con demasiados remilgos. caprichoso, mexiriqueiro,

panximiqueiro.

Panximiqueiro: Panximicas

Panxolas: Dise do que sabe capta-la vontade doutro con enganos e gabanzas.

Papainas: Papamoscas

Page 7: Normaliza os teus insultos

Papafilloas: Papamoscas Papalastrán: Papamoscas

Papaleisón: Papamoscas

Papamoscas: (Pailán). papainas, papafilloas, papalastrán, papaleisón, papán, paparón, papoio.

Papán: Papamoscas

Paparón: Papamoscas

Papoio: Papamoscas

Parrandeiro: Pándego

Parsimonioso: Prosma

Parviolo: Parván

Parvo: Pailán

Pedichón:*

Pícaro: Rillote

Pillabán: Rillote

Pillo: Rillote

Pimpín: Pailán

Pingallo: Baldreu

Pipiolo: Pailán

Porcallán: Baldreu

Porco: Baldreu

Porfiador: Porfión

Porfión: Porfiador, teimoso

Pousafoles: Prosma

Pousón: Prosma

Preguiceiro: Lacazán

Presumido: Farfantón

Presuntuoso: Farfantón

Prosma: Persoa lenta, pesada, tardona. Cachazudo, indolente, pachán, pachorrento, pachorro,

pancho, parsimonioso, pousafoles, pousón, sórneas, tardón.

Prostituta: Churriana. lorcha

Rabechas: Rabechudo, rabión

Rabelludo: de trato brusco. Xoto

Rallante:*

Rancoroso:*

Raña: avarento

Rañado: avarento

Rañán: Trampulleiro

Rañento: avarento

Rañón: Trampulleiro

Rañoso: 1. Sarnoso. 2. Trampulleiro

Rapaceiro: Persoa que gusta dos rapaces.

Rapañeiro: Raspiñeiro

Page 8: Normaliza os teus insultos

Rapatundas: Dise do que por apoucado aguanta tundas de todos.

Raposeiro: Astuto, malicioso, raposo, renarte, zamurdo, zorro

Raspiñeiro: Dise do que rouba cousas de pouco valor. Rapañeiro. raspuñeiro

Remendafoles: Caguiñas

Rexoubeiro: 1. Que fala mal doutras persoas. 2. Dado ás troulas e diversións. Pándego

Rifante: Rifeiro

Rifeiro: Dise de quen é amigo de andar en rifas ou liortas. Rifante.

Rillachavos: Avarento

Rillote: Argalleiro, bribón, galopín, maroto, pícaro, pillabán, pillo, trangalleiro, traste, trasto,

zaragalleiro.

Rincheiro: Que ri con estridencia, ensinando os dentes.

Roñoso: avarento

Rosmón: Gorlón, gruñón

Rufián: 1. Persoa perversa e despreciable. 2. Alcaiote, proxeneta, traficante de mulleres

públicas.

Rufo: Farfantón

Sobón: Padexas

Sórneas: 1. Individuo calmoso ou lento. Prosma. 2. Burlateiro, burlego, burlón, irónico,

malicioso

Sorneón: Que fala polo nariz. Gangoso

Tacaño: Avarento

Tardón: Prosma

Tatexo: Zarabeto

Tato: Zarabeto

Teimoso: Porfión

Terco: Marulo

Testán: Marulo

Toco: Maneto

Tolainas: Tolo

Toleirón: Tolo

Tolitates: Tolo

Tolleito:*

Tolo: Desasisado, louco, lunático, tolainas, toleirón, tolitates

Tragón: Comellón

Traicioeiro: Zaino

Traidor: Zaino

Trampulleiro: Rañán, rañón, rañoso, trampeiro, trampón, tramposo, trampullón

Trampuzas: Persoa involucrada en negocios sucios.

Tranfullas: Chafulleiro

Tranfulleiro: Chafulleiro

Trangalleiro: Rillote

Page 9: Normaliza os teus insultos

Trangallón: Individuo alto e desgarbado

Trapaceiro: Chafulleiro

Trapalleiro: Chafulleiro

Traste: Rillote

Trasto: Rillote

Traveso: Bulebule

Trouleiro: Pándego

Truhán:*

Ufano: Farfantón

Vago: Lacazán

Virachaquetas:*

Xan: Home de pouca personalidade que é manexado por todos. Ñácaras.

Xaropeiro: 1. Persoa á que lle gustan as mesturas raras. 2. Larpeiro

Xirico:Dise da persoa de constitución feble.

Xirifeiro: 1. Dise da persoa delicada, fina. 2. Espabilado

Xirigaito: Ñácaras. Falto de carácter

Xogantín: Afeccionado ó xogo de cartos.

Xornas: Ñácaras. Apoucado, falto de carácter

Xoto: Dise da persoa esquiva, arisca. Rabelludo

Xudas: Zaino, traidor

Xurafaz: 1. Que xura ou blasfema moito. 2. Persoa cruel, inhumana.

Zaino: Falso, traicioeiro, traidor, xudas, zuíño. Ver Zunado

Zalapastrán: Baldreu. Persoa sucia e mal amañada

Zancaxoso: Zopo

Zancudo: Caneludo

Zángano: Lacazán

Zarabeto: Gago, Tatexo, Tato

Zaragalleiro: Rillote

Zaragateiro: Barallocas

Zaramalleiro: Chafulleiro

Zarangalleiro: Barallocas

Zarapalleiro: Chafulleiro

Zopenco: Pailán

Zoquete: Pailán

Zopo: Persoa que ten os pes metidos para dentro. Zancaxoso. O contrario é Canchés

Zuíño: Zaino

Zunado: Malintencionado. Ver Zaino