Non queimes o futuro u - Consellería do Medio...

20
Non queimes o futuro u

Transcript of Non queimes o futuro u - Consellería do Medio...

Page 1: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

Non queimeso futurou

Page 2: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

Coordinación do proxecto: Asociación Socio-Pedagóxica Galega

Autora: Raquel Abraira Sobrado

Ilustracións: Carlos Silvar

Maquetación: Chus Freire

Depósito Legal: C-2583-06 . ISBN: 84-89679-80-0

Page 3: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

1Lumeeee !!! Este verán case quedamos sen casa, pasamos moito

medo. Sabedes o que nos pasou? Prendeu o lume nosouto e estendeuse até chegar á nosa casa. Era unhacousa impresionante!

Era a mediodía, estabamos durmindo a sesta xaque ía moita calor. De súpeto a tía Carme empezoua berrar: estaba ardendo o monte e viña cara as casas.

A mamá saíu a correr e díxome:

-Anxo, vai avisar os veciños do Souto! Fun coa miñairmá correndo todo canto podiamos, cando volvemos opapá xa chamara ao número de emerxencias queten a Xunta de Galiza, o 112 e chegaran aspatrullas.

Había unha morea de xente tratando dearredar o lume das casas. Fixeron unha cadeahumana carretando caldeiros e todo o que valíapara levar auga. Non daban feito, cada vez víanse aslabaradas máis cerca das casas.

1. Onde che parece que vive Anxo? Naaldea, nunha vila ou na cidade?

2.Na vida diaria facemos uso do lume,para que? Pensa na túa casa...

3. Reflexiona sobre os beneficios dolume na nosa vida diaria. Se non existi-ra o lume, en que o notariamos?

4. Cal sería un mal uso do lume?

5. Pregunta na casa algún refrán sobreo lume. Seguro que reúnes un montón.

Cando o ser humano prehistórico logrou acender

o lume, dominou un dos elementos que más ía

servir nos avances da civilización. Pero tamén

pode causar estragos se non é ben utilizado.

actividadesactividadesactividades

Page 4: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

2Non me gusta !!! Púxenme moi nervioso, non sabía que facer ou como axudar, a mamá andaba

detrás de min e da miña irmá pequena Icía que non paraba de chorar.

De repente, chegou un coche debombeiros do Concello de Meirae arredor de quince persoasda cuadrilla de extinción deincendios, puxéronse abotarlle auga ao lume e apetarlle con batelumes paraque se apagase.

Por sorte, o lume nonchegou ás casas, perotodo o monte do redorardeu e un cheiro a cha-musco acompañounos duran-te todo o verán.

1. Fai unha pequena enquisa entrefamiliares e amigos/as para coñecer asposíbeis causas dos incendios.

2. Por que che parece que alguén lleprende lume ao monte?

-limpalo de maleza

3. Pregunta na túa familia se antes seproducían tantos como na actualidade.

4. Que medidas se poderían tomar paraque non ardera tanto monte nos incen-dios?

5. Investiga quen lles paga aos equiposque traballan apagando o lume.

6. Onde collen a auga os helicópteros eavións que se dedican a apagar incen-dios?

7. Sabes cantos litros poden levar cadavez? Busca información

actividadesactividadesactividades

Page 5: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

3Teño medo !!!Esa noite tiven que durmir con Xurxo, co meu irmán maior, pois tiña tanto medo e tan-

tas ganas de chorar que non fun capaz de durmir nada en toda a noite. Xurxo estabapreocupado e triste, notábaselle moito pero tentou facer o parvo comigo para que nonme preocupase.. Icía durmiu co avó, pois tamén tiña ese estraño sentimento no corpo.

Sentamos a almorzar e ninguén dicía nada, pero o papá de repente púxose tan tris-te, que me deron gañas de chorar. Dixo que había que tomar unha decisión pois o seutraballo agora non tiña sentido. O papá é madeireiro mais agora todo o monte estabaqueimado e íalle custar moito rexenerarse, ademais a madeira queimada págana moi mal.Estivéralle dando voltas toda a noite e xa tomara unha decisión, tiñamos que marcharde Ferreiravella e ir vivir á Coruña, pois alí malo sería que non atopase traballo naconstrución para ir tirando.

1. A que se dedica o pai de Anxo?

2. Por que motivo está tan preocupadoe pensa en marchar vivir á cidade?

3. Sinala neste listado as árbores quenon son autóctonas.

-Castiñeiros-Carballos-Eucaliptos -Piñeiros -Bidueiros

4. Que árbores plantarías ti para rexe-

nerar o monte queimado?

5. Ademais da madeira, que outros pro-dutos podemos recoller no monte? Faiun listado.

actividadesactividadesactividades

Entre os anos 2000-2005 houbounha media de 10.748 lumes aoano en Galiza.Nun só día chegou a haber máis de 300.

Page 6: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

4Non me quero irA mamá non dixo nada, mais notóuselle de lonxe que non lle parecía unha boa idea;

quen saltou de repente foi o Xurxo. Díxolle a papá que el non se ía, pois a terrarexenérase e as especies volven a medrar. O papá mirouno e non dixo nada, marchouamoucado para a currala e a mamá marchou detrás falar con el.

Quedamos na cociña Xurxo, Icía, o avó e mais eu.Xurxo estaba todo tristeiro e preguntounos que nosparecía, eu non dixen nada, estaba cavilando; peroIcía dixo que ela se aledaba, que así podía ir máisao cine e xogar nos parques. A min por unha bandaparecíame unha aventura nova pero tamén había moi-tas cousas que ía botar de menos.

O avó, non dera chío desde que comezara o incendio mais nese intre díxolle aIcía que pensase o que estaba a dicir, se non ía botar de menos estar perdida nosmontes ou xogar ás agachadas á noitiña arredor da casa.

O avó preguntoume, Anxo ti marcharías de Ferreiravella? Quedei mirando para ele pensándoo un pouco díxenlle que non; ía estrañar moitas cousas.

actividadesactividadesactividades

1. Paréceche acertada a decisión de Xurxo denon marchar á cidade? Ti que farías?

2. Quen produciría os alimentos que precisa-mos para vivir se toda a xente abandonara orural?

3. Fai dúas columnas e pon as cousas que chegustan da cidade e do rural.

Manuel María amaba a nature-za, tanto que lle inspiraba poe-mas coma este que el titula "Opastor".

Eu fun ao monte co gandodun canciño acompañado.Nos meus días de pastorQue cousas teño soñado!

Moi lonxe nos soños fun!Cando dos soños volvín:o canciño compañeiroxa estaba feito un mastín!

O PASTOR de Manuel María

No libro Os soños na gaiola telocompleto e comprobarás quecousas tan curiosas soñabaManuel.

Podes tentar facer un poemasemellante, atréveste?

- Da cidade

- Do rural

Page 7: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

5Gústame xogarno faiado

A verdade é que en Ferreiravella vivimos nunha casa grande, ten dous pisos e unfaiado que é o meu local máxico, pois é o meu cuarto de xogos, sobre todo no inver-no cando a eira é unha lameira e non podo saír xogar nela.

A casa está rodeada polas terras nas que a mamá bota os nabos, as verzas, osrepolos... e todos os produtos de horta que nós comemos, a maiores hai un prado gran-de onde as vacas van pacer os días que as botamos alí.

Na cortiña detrás da casa hai maceiras, pexegueiros e pereiras, e incluso meuirmán plantou uns kiwis, danse no verán e recóllense no inverno; son moito máis peque-nos que os das tendas pero son moi saborosos. Na cidade teriamos que vivir nun pisoe estou seguro de que ía botar de menos todo iso. Gústame moito ir ao monte, reco-ller cogomelos, landras, pinabetas... acompañar o papá cando vai recoller leña...

actividadesactividadesactividades

1. Despois de ler o texto, sinala as vantaxes devivir na aldea.

2. Onde se vive con máis tranquilidade? Por que?

3. Pensa nunha saída ao monte, que cousaspoderías ir collendo? Seguro que voltarías cuncesto acugulado.

ONDE ESTOU? (En grupo)

Axuda ao desenvolvemento da comprensión

espacial e favorece o recoñecemento e situa-

ción dun entorno xeográfico concreto.

Propoñémosvos un xogo de imaxi-nación: Primeiro hai que decidir un"entorno do xogo", coñecido portodo o grupo. Deste espazo, cadaun escollerá un recuncho que lleguste, lle desguste ou deixe indife-rente e fará unha descrición detalla-da ou un debuxo. As descricións oudebuxos deben presentarse ao restodo grupo e ver se os demáis recoñe-cen o lugar exacto que describen

Page 8: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

1. O cuco non habita todo o ano entrenós. Sabes cando chega? Na canción dío.

2. E sabes cando parte e para onde vai?

3. Exercicio de observación: Colle libreta elapis e con paciencia e sixilo, nun paseopolo monte, observa a cantidade depaxaros diferentes que existen e anotaas súas características. Podes levar unhacámara fotográfica e ver se consiguesretratalos. Fai unha lista de cinco distintos.

4. De que materiais fan os seus niños ospaxaros? Na casa seguro que che podenaxudar. Tamén hai libros onde te podesdocumentar.

6O cucoCerquiña da casa hai unha árbore inclinada á que é moi fácil gabear, moitas veces

súbome nela e miro para o ceo, hai moitísimos paxaros e desde alí se te quedas quie-to podes ver moitos deles. Hai corvos e pegas, hai paporroibos co seu peito colora-do, lavandeiras que se lavan nas pozas despois de chover, pardais gordechos que llecomen o trigo ás galiñas e as patacas cocidas á miña cadela Moucha.

Mais hai un que me gusta moito, é o cuco. Ás veces na primavera cando te levan-tas cediño pola mañá escoitas o seu son cu, cu,cu...

Hai unha canción que fala del, é a seguinte:

actividadesactividadesactividades

O cuco, cuco, cuqueiroo cuco, cuco, cucón.Madrugón e cantareirocantareiro e madrugón.

Oise pola carballeiraó vello cuco souriló nacer a primaveiraantre o Marzo i o Abril.

(Suso Vaamonde. Discos: Nin rosmar un laído/ Rapazas, rapaces e rapazadas/ Lembranzas)

Page 9: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

actividadesactividadesactividades

1. Podes facer un sementeiro con semen-tes de distintas plantas: acelgas, cenou-ras, perixel, leituga.... Precísanse moitoscoñecementos, pero podes buscar infor-mación na casa, en internet ou en algúnlibro. Seguro que o vas pasar moi ben.

2. Que cousas fai un ferreiro? Quemateriais usa e como realiza o seu tra-ballo?

3. Sabes algún dito do refraneiro popu-lar que fale dos ferreiros?

4. Sinala outros oficios que coñezas ealgúns que xa desapareceron. Podes pre-guntar na casa, seguro que che axudan.

5. Sería interesante facer un debate naaula de porque desapareceron moitosoficios.

6.Une con frechas a profesión e o resul-tado do seu traballo:

a. Zoqueiro

b. Louseira

c. Ebanista

d. Alfareira

e. Ferreiro

7como cambianas cousas

Eu creo que sei por que a mamá non quere marchar de Ferreiravella, síntese partedesta terra, gústalle traballala, recoller o que sementa, comer os produtos da súahorta, ter ovos e leite na casa, verduras frescas.

Parécelle unha pobreza ter que ir mercar todo iso á tenda que moitas veces vénde fóra e é de mala calidade. O avó é ferreiro; xa está maior pero estalle ensi-nando o oficio ao meu irmán Xurxo.

Antes, en Ferreiravella, había moitos ferreiros pero cada vez quedan menos, averdade é que cada vez queda menos xente pois os máis mozos, da idade do meuirmán, van estudar fóra e moitas veces non volven, só de fin de semana.

Page 10: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

actividadesactividadesactividades

1. Que utilidades ten a madeira, paraque a usamos?

2. Canto tempo tarda en medrar unhaárbore: un carballo, un castaiñeiro...para que nos dea madeira?

3. Fai unha relación con todas as cousasda túa casa que sexan de madeira.

4. Con que se fai o papel que usamos?

5. Une as follas que tes debuxadas conome da árbore á que pertence.

castiñeirocarballobidueiropedraira

teixoacivropino

8Hai futuro !!O papá traballa na madeira, corta as árbores no monte e despois véndeas. O meu

irmán Xurxo estuda Forestais (creo que se chama así) en Lugo. El di que estuda asárbores e o seu medio, que estuda o monte.

Entendo por que o papá se desesperou tanto, a terra moura cuberta de cinza eas árbores queimadas non lle axudaron. Mais quen lle axudou a recuperar a ilusión e asgañas foi Xurxo, primeiro púxose a fozar nos apuntamentos da carreira e despois cha-mou á delegación de medio rural, vindo o delegado días máis tarde a ver a zona quei-mada para achegar solucións ao problema. Que orgullosos se senten a mamá e o papáde Xurxo!

Ás veces, na casa discuten polas talas e as repoboacións que o papá fai. Xurxosempre lle di que aínda que o proceso de medre sexa máis lento, debe plantar árbo-res autóctonas e non de fóra pois estas a pesar de medrar máis axiña, estropean ochan, que comen moitos nutrientes e non dan a rendibilidade das nosas árbores.

Está soio o castiñeirono cómaro dun labradío.¡É como o ollo senlleiroeu coido que sente frío!

CASTIÑEIRO. Manuel María

Carballos rexos, potentes,calados ou musicales:loitades como valentescoas xistra e os vendavales.

CARBALLOS. Manuel María.

6. Le os seguintes poemas de e busca nun dicionario as palabras que non entendas.

Page 11: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

9Que ricos oscogomelos!!

A verdade é que eu non sei quen ten a razón, pero nos montes onde hai plantados castiñeiros e pinos hai cogomelos, arandos e morasdebaixo deles; nos que hai plantados eucaliptos non hainada, non vés ningún cogomelo no outono e tampouco haiamoras no verán.

Eu creo que ten razón Xurxo, vesmoita máis vida debaixo dun carballoou dun castiñeiro, que debaixo duneucalipto... por algo será.

Mais o papá sempre di algo que eu nonentendo demasiado ben, di que se el plan-ta especies de fóra faino porque medranantes e porque así lles saca máis diñeiro.

actividadesactividadesactividades

RECEITA PARA CREAR UN BOSQUE

Podes facer un experimento intentando plantar un pequeno bosque de árbores autóc-tonas. Xa sabes a estas alturas cales son. Recolle landras ou castañas que non teñanpuntos nin marcas de insectos. Logo mételas nun caldeiro con auga e aproveitas asque non flotan.

En vasos de iogur, cuns buratos no fondo e cheos de terra, fas un oco e metes assemente a tres dedos de profundidade, tápalas con terra e colócalas nun sitio fóra, coi-dando que non se enchoupen. Cando na primavera saian as plantiñas, espera a quemidan un palmo e entón xa podes facer a plantación. Busca un sitio deforestado, senárbores. Pide axuda na casa, seguro que cha prestan. Fai varios buratos no chan, cor-tas os vasos de iogur e quitas con moito coidado as plantas. Fíxate que as raíces estánenroladas, trátaas con tino, que non caia a terra e méteas no burato. Enche de novo oterreo.

Outro xeito máis rápido é buscar plantas pequeniñas e transplantalas igual que asanteriores. Non te esquezas de coidalas! Se cada un de vós facedes isto, axiña teredesunha fraga.

Page 12: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

10Ás veces, cando imos facer os labores daterra, temos moita sorte, pero moita moita... esabes por que? Porque vemos moitos animais quenormalmente non vemos. Tes que ir caladiño e fixán-dote nas árbores e nos prados e cando menos o espe-ras podes atoparte cun corzo ou cun esquío.

Cando imos de paseo, na primavera, escoitamos o cuco e se te fixas nas árbores,está alí chiscándoche un ollo e saudando.

Unha vez vindo de noite co coche atopamos nunha estrada que pasa polo medio dunpiñeiral, na estrada que vai entre Lugo e Ribadeo, un raposo. O primeiro que ves sonos seus ollos alumear e despois ves o seu corpo escorregadizo cruzar a estrada.

A min hai un animal do monte que me gusta moito,son os ourizos cacho. Gústame o seucorpo todo cheo de púas e o seu fociño alongado e eses ollos espertos que abre candote achegas a el de fronte.

Se tentas tocalo faise unha bola e as súaspúas pican moito, pois con elas deféndesecando outros animais o queren comer, ouxogar con el.

Unha vez a Moucha, a miña cadela, tentoucoller un cos dentes e estivo cerca de quin-ce días laiándose da boca do que lle doía.

actividadesactividadesactividades

1. Imos xogar a ser animais!!! Que ani-maliño es?

Antes de nada, o primeiro que temos quefacer é escribir o nome de todos os ani-mais que hai no monte, valen paxaros,mamíferos, insectos.. ben, vale de todo;animais salvaxes e domésticos.

Xa tedes a lista feita? Perfecto!!! Agoratedes que escribir cada nome nun anacode cartulina, se queredes incluso ospodedes debuxar. Xa está feito? Ben.Agora tedes que poñer no lombo dosvosos compañeiros unha cartolina cunnome, eh, eh!!! Non vale mirar!!!

Para rematar tedes que facerlle pregun-tas aos vosos compañeiros e compañei-ras, que só poidan respostar con si ounon e descubrir cal é o animal que tesnas costas.

Agora un a un dicídelle á vosa profesoraou profesor de que animal se trata.Acertaches? Ben!!!

Fíxate ben !!

Page 13: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

11Canto custaapagar o lume !!

O sábado e o domingo pola tarde saímos camiñar; imos polo monte vendo as terrasque arderon no incendio.

A terra segue moura e as xestas e os toxos aínda non se recuperan. Os piñei-ros que había están queimados e un grupo de traballadores do concello estanos talan-do, pois poden ser un perigo se caen á pista. Tamén hai unha brigada contraincendiospara facer cortalumes no monte para que non se propague se hai un incendio.

Na aldea, uns din que como ía tanta calor e o monte está tan cheo de malezapuido prender porque alguén tirou unha cabicha, outros din que prendeu na zona dosmerendeiros. Eu non sei como foi, só sei que todo quedou cheo de cinza e que aterra aínda está toda moura. Pregunteille a Xurxo se esta xente viña gratis facereste traballo ou se se lle pagaba. Xurxo díxome que se lle pagaba pois este era oseu traballo.

Vaia!! Pensei. Moitos cartos se deben gastar en apagar os incendios e non nou-tras cousas que tamén son importantes como unha boa estrada para chegar a Meira,un polideportivo onde poder xogar, un lugar onde poidan estar as persoas maiores ouen actividades de lecer. Se non houbera que apagar os incendios poderíanse facertantas cousas!!!

actividadesactividadesactividades

1. Das seguintes palabras algunhasdelas poden formar parte da historiadun incendio: escolle entre elas e contati a historia.

Queimado, negro, choiva, cinza, cor-talumes, prevención, rosas, mar, ani-mais, peixes, portas e ventás.

2. A que se poderían destinar os cartosdos incendios se en vez de apagalos

prevísemos para que non os houbese?

Galiza gasta, hoxe en día, arredor de

setenta millóns de euros en apagar o lume,

diñeiro que se podería utilizar no benestar

das persoas e en infraestructuras.

Page 14: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

12Hai uns meses, antes do incendio, o avó deulle a Xurxo unha terra que ten no mediodo monte, Xurxo está facendo o proxecto de fin de carreira e vai facer unha repo-boación, iso que vos dixen antes de volver plantar.

A terra do avó é un anaco de terra grande pero que non se utiliza, porque agoratemos poucas vacas e esa foi unha das terras que quedou baldía, a monte... O primei-ro que fixo Xurxo foi cortarlle os toxos e as silvas, arar a terra e arrincar as raí-ces que tantos anos levaban alí ancoradas, miroulle a humidade, os nutrientes que tiñae incluso a inclinación do terreo.Todo isto fíxoo para poder escoller as árbores novasque ía plantar na terra. Ao final escolleu castiñeiros e fixo un pequeno souto, nunhazona soleada e con pouca pendente.

Está todo orgulloso do seu soutiño, as árbores son moi pequenas pero tenas moicoidadas. El di que o máis importante é telas limpas, ben, non só as árbores senóntodo o monte para que así o lume non se estenda cando no verán pola calor ou poloque sexa prende. Esta vez ao soutiño non lle pasou nada, pois a zona afectada pololume é a da zona norte e non a do sur onde está a terra.

O soutiño

actividadesactividadesactividades

1. É importante que as cousas estean limpas,tanto ti, como a túa cadela, como o teu librodo colexio. Tamén é importante que o monteestea limpo; ti, por que cres que é ?

2. Cres que se evitarían incendios se nomonte non houbese maleza entre as árbo-res?

3. Que arde antes, un monte limpo sen toxose silveiras entre as árbores ou todo cheo demaleza?

Page 15: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

13O banco de terras

O outro día vendo o telediario saíu alguén da Xunta, creo que era da Consellaríade Medio Rural falando dunha cousa nova que van facer. Chamábanlle algo así comoun Banco de terras.

Xurxo explicoume que cada vez hai máis terras a monte e sen amañar, polo queesta iniciativa ía ser boa para a rexeneración das terras e do seu uso. A mamá nonestaba moi convencida, dicía que as terras tiñan propietarios e non sabía se a xenteo entendería, porque quen ía deixar as terras?

-Pero mamá, que é mellor, que as silvas e as toxeiras asolaguen as terras ou queestean limpas e traballadas por xente que ten proxectos novos para a zona? Ademais,

as terras van seguir tendo dono, non llas vanquitar, o único que se vai facer é utilizalaspara que non estean a monte e abandonadas.

- Non che sei...visto así, pode que teñasrazón.

-Mamá, se as terras que arderon estive-sen sendo utilizadas, estarían limpas e oincendio non se estendería tan rapidamente!!

actividadesactividadesactividades

Busca no seguinte encrucilla-do as seguintes palabrasrelacionadas co monte e oseu contorno:

-Carqueixa -Xesta-Toxo-Chorima -Pino -Abidueira -Carballeira -Moucho-Castiñeiro-Cuco-Lamote -Raposo.

M O N T E R T A A S P J M TP U H Z R A D X A C L H Ñ OG T J R A P G X S A O G L XF R K S Q O L S R R K C I OS E L D M S A X F B M A P TA D Ñ P O O P D G A N S O RC A R Q U E I X A L H T O QD S O P C G N E B L B i L EE Q P C H S O S N E G Ñ A EW A U A O S D T L I F E M IX C R S O R Q A Ñ R D I O OO F D P A W Q Ñ F A F R T PZ D A B I D U E I R A O E ÑC R G F A S P A Z X C V N KP L K Z X S C H O R I M A S

Page 16: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

1. Árbore orixinaria de Australia e Tasmania que se identifica pola súa casca, pois despréndese en tiras.

2. Árbore común en toda Galiza que ten como nome latino o de quercus.

3. Ciencia destinada á formación e cultivo dos bosques. 4. Lume non controlado que pode ser moi perigoso para os seres

vivos, as estruturas e a natureza en xeral. 5. Mamífero que na gandeiría galega se utiliza para a produción

de leite. 6. Mamífero que ten como nome latino o de canis lupus e que

forma parte da vida e da literatura galega. 7. Forma de almacenamento de forraxe para os animais no inverno. 8. Conxunto de técnicas que se utilizan para crear unha masa

forestal estábel formada por especies vexetais leñosas. 9. Proceso de oxidación violenta dunha materia combustíbel, con

desprendemento de lapas, calor e gases.10. Sector formado polos traballadores e traballadoras que obteñen

as materias primas directamente da natureza. 11. Mamífera carnívora existente en Galiza que ten como nome

latino o de vulpus.12. Pequeno mamífero carniceiro, da familia dos mustélidos, de

patas curtas e corpo alongado, que se alimenta de ratos, toupas..13. Planta arbustiva da familia das leguminosas, con ramas delga-

das, longas e flexíbeis e flores brancas ou amarelas que forman parte do monte galego coa que se facían as cubertas das casa evasoiras.

14. Nome da flor do toxo.15. Planta gramínea orixinaria de México que produce espigas de

grans moi nutritivos que se utiliza de forraxe para a alimenta-ción do gando.

14Eu creo que Xurxo ten razón, hai zonas do monte polas que non se pode nin cami-

ñar porque non hai máis que toxos e silvas e o peor de todo é que haxa xente quequeira traballar no rural que non o faga porque a renda das terras é moi cara. É unhainxustiza!!

Eu no incendio pasei moito medo, as silveiras e os toxos ardían como se os mete-ses na cociña de leña. Se houbese cortalumes no monte e as toxeiras e as silvei-ras estivesen amansadas eu creo que non ía chegar o lume tan preto das casas. Eucreo que o que non hai que facer é apagar os incendios, o que hai que facer é pre-vir que non os haxa. É mellor ter un grupo de persoas limpando o monte nos invernos,que apagando o lume no verán. Se estivese o monte limpo eu creo que ía haber moitomenos lume.

Hai que limparo monte

actividadesactividadesactividades

1. Ti que pensas que é mellor? Que o monte estea coidado e que o utilice a xente ou que esteaabandonado e descoidado?

2. Resolve o seguinte encrucillado:

1 3

4

7

9

14

15

13

6

8

12 11

2

10 5

Page 17: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

15Imos apañarÁ mañá seguinte fun con Xurxo dar unha volta polo monte e mirar os castiñeiros que

plantara na terra do avó. Levamos unha cesta e fomos apañando todo o que atopabamospolo chan. Ao final apañamos un bo cestado de landras, castañas e cogomelos na zonado monte que non ardera. A zona do monte que ardera xa había meses, seguía moura.Só pequenas herbiñas e as pólas dalgunha árbore se atrevían a erguer a cabeza.

Tamén recollemos noces da nogueira que hai ao lado do regato e puxemos as manstodas amarelas porque aínda estaban con carapela e non levabamos luvas para non man-charnos. No chan, vin un animal negro con grandes cornos; collín unha herba e arrepu-xeino. Quedou patas para arriba; tiña uns cornos grandes e negros. Xurxo díxome queera unha vacaloura, tamén me dixo que cada vez hai menos insectos porque os pes-ticidas matan a moitos deles. A vacaloura ou escornabois, ao igual que moitos insec-tos, ten nomes diferentes dependendo da zona.

actividadesactividadesactividades

1. Que outros froitos teñen carapela? Pon ti osexemplos que saibas e coméntaos na clase.

2. Fai unha relación dos insectos que coñezas.

3. Sabes como é unha vacaloura, debúxaaaqui.

1. Facer en grupo un mural ben grande onde podedes debuxar un monte con todo noque nel se atopa, tanto especies da súa fauna como da flora. Mesmo podedes recollermostras reais e pegalas: as follas de árbores, mostras de cortizas, froitos, plumas....Pode quedar unha colaxe vistosa. Dádelle cor e o monte cobrará vida.

Page 18: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

16A verdade é que hai moi poucas cousas en común entre o monte que ardeu e o que

non; no que ardeu non hai bichos; non hai nin saltóns, nin vacalouras como hai no pasteiro enon ves animais grandes, pois os corzos e os raposos non andan por esa zona.

Todos e todas temos parte de culpa nese incendio, porque nunca prestamos a sufi-ciente atención. Moitas veces tiramos lixo no chan, cando imos no coche, lixo que aofinal pode facer que prenda o lume. Os maiores tiran as cachibas do tabaco na terra....Un nunca sabe o que vai pasar até que pasa; por iso é tan importante que nos deamosconta que para controlar os incendios nós tamén somos importantes.

Hai que ter o monte limpo e arranxadiño, as toxeiras e as xesteiras non podenmedrar como elas queiran, hai que controlalas e facer que non se estendan por todoo monte, senón iso ao final prende e sobre todo hai que previr os incendios e nonapagalos.

Pasa o mesmo que cos dentes, lavamos os dentes para non ter caries, e non paraempastar as moas!

Cando o monte arde non só saen prexudicados os propietarios ou os habitantes daaldea onde ocorre, senón que todo o mundo sae prexudicado; pois o monte é o nosopulmón verde, é onde se rexenera o osíxeno e ten un gran valor, non só ambientalsenón tamén económico, pois o monte vale... o seu peso en ouro.

Tamén é a túaresponsabilidade

actividadesactividadesactividades

1. Deseñade na clase unha campaña deprevención de incendios que leve por título"Non queimes o futuro". Son interesantestodos os puntos de vista e pensade que osobxectivos fundamentais da campaña son:

1. Que todos e todas colaboremos na limpeza do monte.2. Que o monte é un ben social que todos temos que protexer e coidar.3. Que os incendios están queimando unha fonte de riqueza.4. Que se se queimamos o monte, queimamos o noso futuro.

debuxa aquí a túa idea

Page 19: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas

O proxecto “Non queimes o futuro”, -coordinado por Xoán Costa Casas, presidente da

AS-PG - consta dunha unidade didáctica para Primaria, unha para Secundaria, unha

exposición, un audiovisual e unha guía do/a profesor/a.

SOLUCIÓNS AO ENCRUCILLADO: 1.Eucalipto / 2.Carballo / 3.Silvicultura / 4.Incendio / 5.Vaca / 6.Lobo / 7.Silo / 8.Repoboación /

9.Fogo / 10.Primario / 11.Raposa / 12.Donicela/ 13.Xestas / 14.Chorima / 15.Millo

Page 20: Non queimes o futuro u - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/ud_primaria.pdf · bombeiros do Concello de Meira e arredor de quince persoas