NON É A CRUZ SINAL DE PADECEMENTO, · NON É A CRUZ SINAL DE PADECEMENTO, É SINAL DA...

4
NON É A CRUZ SINAL DE PADECEMENTO, É SINAL DA RESURRECCIÓN!!! Ano 2016 Número 17 MARZO Folla da Unidade Pastoral de Abadín-Vilalba Rúa das Pedreiras, 6 27800 Vilalba (Lugo) Tlfno: 982 510 406 E-mail: [email protected] Blog: novasementeira.blogspot.com

Transcript of NON É A CRUZ SINAL DE PADECEMENTO, · NON É A CRUZ SINAL DE PADECEMENTO, É SINAL DA...

Page 1: NON É A CRUZ SINAL DE PADECEMENTO, · NON É A CRUZ SINAL DE PADECEMENTO, É SINAL DA RESURRECCIÓN!!! Ano 2016 Número 17 MARZO Folla da Unidade Pastoral de Abadín -Vilalba Rúa

NON É A CRUZ SINAL DE PADECEMENTO,

É SINAL DA RESURRECCIÓN!!!

Ano 2016

Número 17

MARZO

Folla da Unidade Pastoral

de Abadín-Vilalba

Rúa das Pedreiras, 6 27800 Vilalba (Lugo) Tlfno: 982 510 406

E-mail: [email protected]

Blog: novasementeira.blogspot.com

Page 2: NON É A CRUZ SINAL DE PADECEMENTO, · NON É A CRUZ SINAL DE PADECEMENTO, É SINAL DA RESURRECCIÓN!!! Ano 2016 Número 17 MARZO Folla da Unidade Pastoral de Abadín -Vilalba Rúa

ACOMPAÑEMOS A XESÚS NO SEU CAMIÑO!!!!

Domingo de Ramos Iniciámola Semana Santa. A Paixón, Morte e Resurrección de Cristo; intentaremos vivila intensamente non como algo pasado, senón como algo que nos afecta e nos sigue impresionando profundamente. Coa entrada de Xesús en Xerusalén, contemplamos as dúas caras destes días: ALEGRÍA E MORTE.

Xoves Santo Coma os discípulos, tamén nos hoxe sentámonos na mesa do Señor. Hoxe Xesús, déixanos a Eucaristía, o sacerdocio e o mandamento do amor. Pediremos especialmente neste día polos sacerdotes. Pediremos tamén SER e VIVIR coma Él.

Venres Santo Hoxe é a Paixón e Morte do Señor . Todo acaba. A Cruz é o anticipo do que nos espera. Impresiona a confianza de Xesús, a súa obediencia, a súa humildade. Miramos hacia cruz e, na cruz, vemos o grande amor que Deus nos ten. Na cruz, Deus, fainos comprender a radicalidade do seu amor. Adoraremos a cruz, rezaremos en silencio, comulgaremos e... contemplaremos o amor cravado.

Sábado Santo É a hora da Salvación. Hoxe pasaremos da oscuridade á Luz. Da escravitude á liberdade. Hoxe é o día no que Xesús pasa da morte á vida e, polo tanto, tamén nós con Él. Que gran milagre! Entre todos, o mellor! Todo está cheo de simboloxía; o lume, a presenza de Deus na nosa historia, a auga que nos rexenera polo Bautismo e a Eucaristía. A luz de Cristo acompaña á súa Igrexa, a nosa propia vida e morte. Seremos dende agora portadores da súa resurrección. Pregoemos a Salvación en Cristo!

Domingo de Pascua Seguimos celebrando, nunha prolongación solemne, festiva, sonora e musical a alegría da nosa fe: RESUCITOU!! Non podemos quedarnos na cruz. Hoxe é o DÍA DO SEÑOR. Todo está cumprido e, polo tanto, ábrensenos de par en par as portas do ceo. É un día no que festexamos e vitoreamos a gloria de Cristo Resucitado. ALELUIA, ALELUIA!! RESUCITOU, ALELUIA!!

Page 3: NON É A CRUZ SINAL DE PADECEMENTO, · NON É A CRUZ SINAL DE PADECEMENTO, É SINAL DA RESURRECCIÓN!!! Ano 2016 Número 17 MARZO Folla da Unidade Pastoral de Abadín -Vilalba Rúa

ORACIÓN ANTE A CRUZ

Ante ti, oh cruz, aprendo o que o mundo esconde: que a vida, sen sacrificio, non ten valor e que a sabedoría, sen a túa ciencia, é incompleta. Ti eres, oh cruz, un libro no que sempre se atopa unha forte resposta. Eres fortaleza que convida a seguir adiante a sacar peito ante situacións incertas e a ofrecer, o hombro e o rostro, por unha humanidade mendiga e que precisa amor. Aí te vemos, oh Cristo, co costado aberto e derramando, ata o último instante, sangue da túa sangue ata a última gota para que nunca, a este mundo no que vivimos, nos falte unha transfusión da túa graza un alento da túa tenrura e da túa presenza unha palabra que nos invite a levantar a nosa cabeza hacia o alto. En ti, oh cruz, contemplamos a humildade en extremo a obediencia e o silencio confiado a fortaleza e a paciencia do Servo Sufrinte a comprensión de Aquel que é axustizado. En ti, oh cruz, o misterio é iluminado aínda que, en ti, Xesús siga sendo un misterio. AMÉN. -------------------------------------------------------------------------------- Algunhas cousas a destacar para apuntar na nosa axenda... -12 de marzo: Encontro Diocesano de Coresma en Mondoñedo. Este encontro celébrase dentro dos actos diocesanos enmarcados no Ano da Misericordia. -18 de Marzo: Celebración Penitencial da Coresma na Parroquia de Vilalba. Para reconciliarse con Deus e Xesús e celebrar con gozo a Pascua. -24 de Marzo (Xoves Santo): Hora Santa na Igrexa de Abadín ás 21:00h. -16 de Abril: III Encontro Diocesano de Pascua. Tamén no Seminario de Mondoñedo. -30 de Abril: Encontro Festivo-Vocacional. No Seminario de Mondoñedo. -5 de Xuño: Festa dos Maiores en Montouto a partires das 18:00h. Para honrar e acompañar aos nosos maiores. Recordar que estamos todos/as invitados/as. *Recordade que seguimos a ter aberto en Internet o blog da Unidade “Nova Sementeira” onde poderedes atopar máis información destas actividades relacionadas coa Unidade ou coa Diocese. (novasementeira.blogspot.com.es)

Page 4: NON É A CRUZ SINAL DE PADECEMENTO, · NON É A CRUZ SINAL DE PADECEMENTO, É SINAL DA RESURRECCIÓN!!! Ano 2016 Número 17 MARZO Folla da Unidade Pastoral de Abadín -Vilalba Rúa

HORARIOS DE CELEBRACIÓNS DA SEMANA SANTA 2016 Unidade Pastoral de Abadín-Vilalba

Domingo de

Ramos Xoves Santo Venres Santo Sábado

Santo Domingo de

Pascua GALGAO 13:00 13:00 ------ ------ 13:00

MONTOUTO 16:30 15:30 ------ ------ ------

ABADÍN 11:00 11:30Conf./12:00Misa 13:00 ------ 11:00

QUENDE 10:00 ------ 16:00 ------ ------

CABANEIRO 16:00 16:00 16:00 ------ ------

CANDIA 17:00 17:00 17:00 ------ ------

ROMARIZ 18:00 18:00 12:00 22:00 ------

FANOI 12:00 17:00 ------ ------ ------

LABRADA 13:00 12:00 ------ ------ 11:00

CORBELLE 13:00 13:00 ------ ------ 12:30

LANZÓS 13:30 18:30 18:30 19:00 19:00

VILAPEDRE 17:00 17:00 ------ ------ ------

TARDADE 13:30 12:00 11:00 ------ 10:00

CODESIDO 10:00 10:00 13:00 18:30 ------

SANTABALLA 12:00 18:00 18:00 19:30 13:30

CAZÁS 18:30 19:00 ------ ------ 19:00

VILALBA 12:00/19:30 17:00/22:00 17:00/18:00/22:00 23:00 12:00/20:00

SANCOBADE 9:00/12:00 18:00 18:00 18:00 ------

LADRA 16:00 16:00 16:00 16:00 16:00

BOIZÁN 17:00 18:30 18:30 17:00 17:00

INSUA 10:00

----- 19:00

INSUA

17:30

ALBA

10:00

TORRE TORRE 10:00

ALBA 11:00

NOCHE 11:00 19:30 19:30 20:00 11:00