Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

20
É Galiza un país subvencionado?

Transcript of Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

Page 1: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

É Galiza un país subvencionado?

Page 2: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

Realmente dependemos da caridade do estado?

Page 3: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

O actual sistema de financiamento ven derivado dunha sacralizada constitución española que

partindo do principio de negación da realidade plurinacional do estado español erixe como

soberanía única, orixinal, indiscutíbel e indubidábel á soberanía estatal, identificada como Nación española: unha e indivisíbel.

Vexamos os Resultados do Sistema de Financiamento en 2007

Page 4: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

Tendo isto en conta, non debería estrañar que a través do Sistema de Financiamento se pretenda transmitir a ideoloxía

básica, primaria do españolismo radical e moderado: a falacia de que Galiza sobrevive grazas á existencia e

xenerosidade do Estado.

Page 5: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

No puede subsistir sin

nuestra ayuda.

Para eles iso é tan evidente como que o Sol xira arredor da Terra (verdade radical na época medieval).

Galicia no puede valerse por si misma.

Page 6: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

Qué e a Cesta Tributaria?É onde se integran ou depositan “unha parte”

dos impostos estatais.

IMPOSTOSAO

ESTADO

Page 7: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

Qué é o Fondo de Suficiencia?

É a diferenza entre as necesidades de gasto e os ingresos derivados da Cesta Tributaria.

Non é máis ca unha póla da árbore españolista para facernos crer que non poderiamos vivir sen a protección

de “papá estado”.

Page 8: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

Mediante o actual Sistema de Financiamento das CCAA, o conxunto do españolismo académico e político pretende facernos crer que as Comunidades Autónomas que reciben cartos do Fondo de Suficiencia son “pobres” e só poden financiar os servizos transferidos grazas á solidariedade

das CCAA alcumadas como “ricas”.

Page 9: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

Segundo o cal, Cataluña, que recibe do Fondo de

Suficiencia o 75% do caso galego, sería a quinta

comunidade máis pobre por detrás de Andalucía, Galiza

Canarias e Castela León.

Cataluña pobre??

Page 10: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

Todas as empresas públicas e a maioría das grandes empresas privadas, teñen a súa sede social fóra da Galiza, maioritariamente en Madrid.

Por iso os tributos do imposto de sociedades, do IVE, das súas operacións no exterior, ou as retencións dos traballadores non se realizan na Galiza, senón que tributan directamente en Madrid.

Page 11: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

Así se explica que en 2007 a Comunidade de Madrid recaude:

-O 35% do IRPF e do Imposto de Sociedades.- O 55% do imposto sobre a renda dos non residentes.-O 42% do IVE.-O 82% de todos os impostos especiais. -O 62% do imposto sobre primas de seguros.

En conxunto case o 42% da totalidade da recadación derivada do sistema de fiscal español, a pesar de que o PIB deste territorio é o 17,7% do total español.

Page 12: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

Os impostos que non “pasan” pola Cesta Tributaria e van directamente para o estado, a pesar de que saen dos petos das galegas e dos galegos, suman un total de 5180 M€.

Tamén hai outros impostos que non están integrados no Sistema de Financiamento (o imposto de sociedades, de

primas de seguros, de tráfico exterior, rendas de non residentes…) e que equivalen ao 6% da recadación estatal

(52.424,6M€) dos mesmos: 3145,5 M€.

Page 13: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

Como consecuencia do Sistema Fiscal español, Galiza soportaría 4238 +5180 = 9418,2 M€ de impostos aos que

habería que sumar os 3145,5 M€ de impostos non integrados no Sistema de Financiamento.

En total: 12563,7 M€

Page 14: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

Galiza entrega ao estado 12.563,7 M€

12563,7 M€

8129 M€

O estado entrega a Galiza 4237,83 M€ (SdF) + 3891,23 M€ (Fondo Solidariedade)= 8129 M€

Page 15: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

Galiza dá máis do que recibe!

É Galiza quen subvenciona ao estado e non ao revés!

Unha realidade ben diferente da que nos quere presentar

o patético españolismo académico e político.

12563,7 – 8129,0 4434,6 M€.

Galiza perde 4434,6 M€!!!

Page 16: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

O incansábel españolismo afirmará contra vento e marea os feitos “evidentes” da “solidariedade”

estatal e da Galiza subvencionada.

“Dale” a los gallegos una

parte de lo que nos entregaron

ellos antes.Vale, pero solo

una parte, con el resto nos quedamos

nosotros, como siempre.

Page 17: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

Son conscientes de que se perden estas armas perden a razón da súa existencia, da súa fe, das súas crenzas.

Ficarían totalmente desarmados. O pobo galego

tornaríase máis libre, algo que non están dispostos a aceptar de ningunha maneira.

Hai que negar a realidade, a verdade.

Page 18: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

Compre rachar co engano, coa ficción.Galiza non vive da caridade do estado.

Galiza vive do traballo das galegas e dos galegos!!!

Page 19: Galiza non precisa esmolas; o que Galiza precisa é liberdade!

Galiza precisa un novo Sistema de Financiamento para lograr un auténtico

autogoberno.

Galiza non precisa que ninguén lle regale nada. Tan só o dereito para que o noso pobo poida exercer a súa capacidade para desenvolver

as grandes potencialidades do nos país.

E moito pedir?