Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro,...

16
Comezamos .............................................................. 9 Unidade 1. Onde vivimos? .................................... 13 Unidade 2. En que traballan as persoas? ............... 25 Cooperamos ............................................................ 38 MiniLab .................................................................. 40 Unidade 3. Comunicámonos.................................. 41 Unidade 4. Necesitamos a auga! ........................... 55 Cooperamos ............................................................ 70 MiniLab .................................................................. 72 Unidade 5. Coñecemos as paisaxes ....................... 73 Unidade 6. Como pasa o tempo! ........................... 85 Cooperamos ............................................................ 98 MiniLab ................................................................ 100 Para saber máis. Un universo para coñecer ........ 104 O meu álbum de Ciencias Sociais ......................... 108 Falo inglés ............................................................. 110 Índice 5

Transcript of Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro,...

Page 1: Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro, latas… Pero sabes que o lixo puede ser unha materia prima? Pois si, porque con

Comezamos .............................................................. 9

Unidade 1. Onde vivimos? .................................... 13

Unidade 2. En que traballan as persoas? ............... 25

Cooperamos ............................................................ 38

MiniLab .................................................................. 40

Unidade 3. Comunicámonos.................................. 41

Unidade 4. Necesitamos a auga! ........................... 55

Cooperamos ............................................................ 70

MiniLab .................................................................. 72

Unidade 5. Coñecemos as paisaxes ....................... 73

Unidade 6. Como pasa o tempo! ........................... 85

Cooperamos ............................................................ 98

MiniLab ................................................................ 100

Para saber máis. Un universo para coñecer ........ 104

O meu álbum de Ciencias Sociais ......................... 108

Falo inglés ............................................................. 110

Índice

5

Page 2: Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro, latas… Pero sabes que o lixo puede ser unha materia prima? Pois si, porque con

Cadro de contidos

Unidades Información e actividades

Comezamos

1. Onde vivimos? A localidade Quen goberna a localidade?

2. En que traballan as persoas?

Os traballos na natureza Os traballos nas fábricas e nos obradoiros

Cooperamos. 1.o trimestre O folio xiratorio. Propoñemos solucións para mellorar o aire que respiramos

MiniLab Constrúo unha cidade con envases

3. Comunicámonos Como nos comunicamos? Os medios de comunicación

4. Necesitamos a auga! As propiedades e os estados da auga

O ciclo da auga

Cooperamos. 2.º trimestre Técnica 1-2-4. A tecnoloxía da comunicación

MiniLab Elaboramos un obxecto publicitario

5. Coñecemos as paisaxes Rochas e minerais As paisaxes de interior

6. Como pasa o tempo! O pasado, o presente e o futuro Medimos o tempo

Cooperamos. 3.o trimestre Lapis ao centro. Identificamos erros históricos

MiniLab Realizamos unha liña do tempo

6

Page 3: Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro, latas… Pero sabes que o lixo puede ser unha materia prima? Pois si, porque con

Información e actividades Tempo para ler Saber facer

A convivencia A educación viaria Quen ilumina as rúas?

Interpreto un plano

Os traballos que prestan servizos

Os traballos relaciónanse Algo máis ca lixo Antes de comprar, penso

A publicidade Medios de comunicación para cada ocasión

Un mundo sen tecnoloxía

Envío un correo electrónico

Onde hai auga na Terra?

Necesitamos a auga Ríos de xeo Realizo un experimento con auga

As paisaxes de costa Os ríos Os espazos naturais protexidos

Oriéntome nas paisaxes

Cambios co paso do tempo

As lembranzas do pasado As tradicións Ordeno acontecementos no tempo

7

Page 4: Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro, latas… Pero sabes que o lixo puede ser unha materia prima? Pois si, porque con

Tempo para falar Que fan as persoas da fotografía?

Cres que o seu traballo é importante? Por que o pensas?

Que traballo che gustaría facer cando sexas maior? Por que?

En que traballan as persoas?

2

SABER FACER

Antes de mercar, pensar

25

Page 5: Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro, latas… Pero sabes que o lixo puede ser unha materia prima? Pois si, porque con

Os traballos na natureza

Os labregos e as labregas cultivan a terra para obter verduras, froitas, cereais, algodón...

As persoas necesitamos comida para alimentarnos, roupa para vestirnos, unha casa onde vivir… Para obter estas e outras moitas cousas, temos

que traballar. Existen traballos moi diferentes.

Algunhas persoas traballan no campo ou no mar. Os produtos que obteñen da natureza chámanse materias primas.

Os gandeiros e as gandeiras crían animais para obter carne, leite, ovos, coiro...

Os mariñeiros e as mariñeiras saen ao mar nos seus barcos para capturar peixes e mariscos.

Os mineiros e as mineiras traballan nas minas para extraer rochas e minerais.

26

Page 6: Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro, latas… Pero sabes que o lixo puede ser unha materia prima? Pois si, porque con

2

As persoas que traballan no campo e no mar obteñen produtos da natureza que son as materias primas.

agricultura

gandaría

pesca

minaría

2 Completa.

1 Relaciona.

Traballos na natureza

os

os

os

os

capturan

extraen

cultivan

crían

27

Page 7: Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro, latas… Pero sabes que o lixo puede ser unha materia prima? Pois si, porque con

Os traballos nas fábricas e nos obradoiros

As persoas que traballan en fábricas e obradoiros utilizan materias primas, como algodón, froita ou aluminio, para faceren produtos elaborados, como camisetas, zumes ou bicicletas.

Os obradoiros Son pequenos e neles traballan os artesáns e as artesás.

Para elaborar os produtos utilizan as mans e ferramentas sinxelas.

O artesán ou a artesá realiza todas as tarefas que cómpren para elaborar o produto.

As fábricas Son grandes e nelas traballan moitos obreiros e obreiras.

Os traballadores utilizan grandes máquinas.

Cada traballador ocúpase dunha tarefa: poñer parafusos, montar as pezas...

PENSAMENTO COMPARO E CONTRASTO

Onde se fabricarán os produtos máis rapidamente, nunha fábrica ou nun obradoiro? Por que?

Todos os pratos de cerámica que elabore o artesán ou artesá, serán exactamente iguais? Explícao.

E se eses pratos os fixesen as máquinas dunha fábrica?

28

Page 8: Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro, latas… Pero sabes que o lixo puede ser unha materia prima? Pois si, porque con

2

1 TÁBOA. Observa e completa.

As persoas que traballan nas fábricas e nos obradoiros transforman as materias primas en produtos elaborados.

2 Que teñen en común un obreiro e un artesán? Marca.

Traballan nunha fábrica.

Transforman as materias primas en produtos elaborados.

Utilizan grandes máquinas para realizar o seu traballo.

M¬ateria prima Produto elaborado

tomate∫atúnla

29

Page 9: Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro, latas… Pero sabes que o lixo puede ser unha materia prima? Pois si, porque con

Os traballos que prestan servizos

O comercioO comercio é un servizo moi importante.

Nos comercios, os dependentes e as dependentas venden aos clientes os produtos que necesitan.

Hai diferentes tipos de comercios.

Hai traballos que non obteñen materias primas nin fabrican produtos elaborados, senón que dan un servizo ou unha axuda a outras persoas.

A mecánica arranxa os coches.

A dentista coida os nosos dentes.

O profesor ensínalles a bailar aos seus alumnos e alumnas.

A tenda é un comercio pequeno. Moitas tendas só venden un tipo de produto, como flores.

O supermercado é grande e vende distintos tipos de produtos, como alimentos e artigos de limpeza.

O centro comercial é un edificio enorme con moitas tendas. Tamén adoita ter restaurantes e cines.

30

Page 10: Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro, latas… Pero sabes que o lixo puede ser unha materia prima? Pois si, porque con

2

O traballo de moitas persoas consiste en prestar un servizo.

1 Marca os traballos que prestan un servizo.

2 TEMPO PARA ESCRIBIR. Que tipo de comercios hai no teu barrio? Que se vende neles?

3 TEMPO PARA FALAR. Que tipo de comercio che gusta máis, unha tenda, un supermercado ou un centro comercial? Por que?

Servir comidas e bebidas.

Fabricar coches.

Obter alimentos.

Pilotar avións.

Dirixir o tráfico.

Recoller o lixo.

31

Page 11: Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro, latas… Pero sabes que o lixo puede ser unha materia prima? Pois si, porque con

Os traballos relaciónanse

As persoas usamos produtos todos os días. Para que eses produtos

cheguen ás nosas casas cómpre o traballo de moitas persoas.

O aceite de olivaPara fabricar aceite de oliva necesítanse olivas, que medran nas oliveiras.

Cando están maduras, os agricultores e as agricultoras recollen as olivas e lévanas ás fábricas.

Nas fábricas, os obreiros e as obreiras, con axuda de máquinas, limpan as olivas para quitarlles as follas e as ramiñas que poidan ter.

Despois, tritúranas para extraer o seu zume, que é o aceite.

Por último, embotellan o aceite.

Os transportistas distribúen as botellas de aceite aos comercios. Alí, os dependentes e as dependentas véndenas aos clientes.

As olivas son a materia prima

O aceite é o produto elaborado

32

Page 12: Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro, latas… Pero sabes que o lixo puede ser unha materia prima? Pois si, porque con

2

Detrás de cada produto que compramos nos comercios está o traballo de moitas persoas.

1 Escribe o traballo que fan estas persoas.

A carpinteiraO leñadorA dependentaO transportista

Primeiro,

M¬ái∫ tarde, Despoi∫,

Por último,

2 Identifica os traballos anteriores e ordena as escenas escribindo 1, 2, 3 e 4. Despois, explica o camiño que seguiu o produto.

33

Page 13: Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro, latas… Pero sabes que o lixo puede ser unha materia prima? Pois si, porque con

2 VALORES. Pensa e responde.

Paréceche importante reciclar o lixo? Por que?

Escribe cousas que poderías reciclar no colexio.

TEMPO PARA LER

Algo máis ca lixo

Cada día botamos ao caldeiro do lixo

restos de comida, envases de plástico,

botellas de vidro, latas… Pero sabes

que o lixo puede ser unha materia

prima? Pois si, porque con ela pódense

elaborar outros produtos.

Por exemplo, cos envases de plástico

pódense fabricar novos recipientes.

Cos xornais fabrícase papel reciclado.

E cos desperdicios de alimentos faise fertilizante para

as plantas, incluso combustible para os autobuses.

Reciclar é transformar o lixo para que se poida volver utilizar.

Para reciclar, cómpre que todos separemos o lixo da casa

e o depositemos nos colectores axeitados.

1 Por que dicimos que o lixo é unha materia prima? Marca.

Porque tiramos ao lixo residuos procedentes da natureza.

Porque podemos usar o lixo para elaborar outros produtos.

34

Page 14: Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro, latas… Pero sabes que o lixo puede ser unha materia prima? Pois si, porque con

Antes de mercar, penso

SABER FACER 2

2 Ao entrares na tenda valoraches estas opcións. Marca con cal quedarías e explícalles aos teus compañeiros e compañeiras por que.

Mercar un balón de 10 euros porque é parecido ao que custa 20 e, aínda que che gusta menos a cor, sérveche para xogar.

Mercar o balón de 20 euros porque che regalan un caderno, aínda que non o precisas.

Non mercar ningún porque o pensaches mellor e en realidade non precisas o balón.

Imaxina que, aínda que xa tes un balón, queres mercar outro novo cos 20 euros que gardas no peto.

1 Pensa e responde.

Cómpreche realmente o balón? Por que?

Hai algunha outra cousa que necesites que poderías mercar con ese diñeiro?

3 VALORES. Debemos mercar sempre todo o que queremos? Por que?

Teño un balón moi bo, pero este gústame.

35

Page 15: Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro, latas… Pero sabes que o lixo puede ser unha materia prima? Pois si, porque con

COMPROBO O MEU PROGRESO

1 ESQUEMA. Lembra o que aprendiches e completa o esquema.

na natureza

2 Como se fai a marmelada de amorodo? Explícao utilizando estas palabras.

artesán∫

mineiro∫

O∫ traballo∫

en fábrica∫ e

que prestan

materia prima obreiros máquinas produto elaborado

36

Page 16: Índice - Santillana · 2018. 4. 9. · restos de comida, envases de plástico, botellas de vidro, latas… Pero sabes que o lixo puede ser unha materia prima? Pois si, porque con

COMO O FIXEN? Colorea , ou .

Clasifico os diferentes tipos de traballos.

Distingo as materias primas dos produtos elaborados.

Coñezo diferentes tipos de comercios.

5 Escribe V, se é verdadeiro, ou F, se é falso.

En todos os comercios venden o mesmo tipo de produto.

As persoas que traballan nas tendas son os clientes.

Unha tenda é un comercio pequeno.

Nun centro comercial hai numerosas tendas.

3 Escribe dous produtos que se elaboren con estas materias primas.

4 Arrodea as profesións que prestan un servizo aos demais.

xuíza piloto violinista albanelpanadeiromédica

madeira

leite

2

37