Naquela Fraga Había

1
Naquela fraga había Moita vida, esplendor E un verdor de esperanza A brisa non tiña présa Non precisaba correr Nun lugar no que os paxaros Cantaban sen perder o alento, Onde corrían os nenos E renacían lembranzas Que o bosque facía volver Á memoria das súas xentes. Os máis vellos cantaruxaban Ledas cancións do seu tempo. E veu outra sinfonía Parecía un ruído infernal As árbores caían sen tregua Os animais berraban de horror A xente xa non recordaba As imaxes do lugar. Ó día seguinte xa Non quedaba nada Non se oía nada Non se recordaba nada. Só se escoitaba Silencio (Alba Andrade Vázquez)

Transcript of Naquela Fraga Había

Page 1: Naquela Fraga  Había

Naquela fraga habíaMoita vida, esplendorE un verdor de esperanzaA brisa non tiña présaNon precisaba correrNun lugar no que os paxarosCantaban sen perder o alento, Onde corrían os nenosE renacían lembranzasQue o bosque facía volverÁ memoria das súas xentes.Os máis vellos cantaruxabanLedas cancións do seu tempo.

E veu outra sinfoníaParecía un ruído infernalAs árbores caían sen tregua Os animais berraban de horrorA xente xa non recordabaAs imaxes do lugar.Ó día seguinte xaNon quedaba nadaNon se oía nadaNon se recordaba nada.Só se escoitaba

Silencio

(Alba Andrade Vázquez)