Nacionalismos e rexionalismos

8
O NACIONALISMO ESPAÑOL: A idea moderna de nación naceu en España vinculada á defensa popular do territorio forote á invasión das tropas de Napoleón e ás transformacións políticas liberais realizadas polas Cortes de Cádiz. A Constitución de 1812 foi a primeira que recolleu e definiu a nación española como un corpo político independente, formado por todos os habitantes da Coroa, no que residía a soberanía. Así mesmo, precisou que todos eses habitantes, por formar parte da mesma nación, deberían estar sometidos á mesma lei e ter os mesmos dereitos; isto implicaba a abolición de todas as particularidades persoais e territoriais características do Antigo Réxime, en especial as singularidades territoriais (foros) e os privilexios feudais. A división do liberalismo en dúas correntes – doutrinaria e democrática- deu lugar á aparición de distintas interpretacións sobre a existencia, identificación, valores e formación da nación española. Estes criterios serviron de base para o desenvolvemento dun nacionalismo español conservador e outro liberal-democrático. O nacionalismo español conservador (Cánovas) foi o dominante nos séculos XIX e XX. Este nacionalismo defendeu a unidade da patria é incompatible co mantemento de calquera particularismo local, de modo que se impón o centralismo e a identificación dos valores españois cos valores casteláns. O nacionalismo español liberal-democrático . Demócratas e republicanos (Pi i Margall, Ortega, Azaña...) defenderon que a nación española era unha construción política, formada por un conxunto de cidadáns que voluntariamente deciden vivir unidos baixo as mesmas leis. Esta concepción da nación segue o modelo liberal e voluntarista, formado a partir das revolucións liberais. REXIONALISMOS E NACIONALISMOS PERIFÉRICOS: A partir da segunda metade do século XIX, ó igual que noutros Estados europeos, xurdiron en España distintas manifestacións culturais e políticas localizadas na periferia (principalmente en Cataluña, País Vasco e Galicia), que evolucionaron progresivamente na defensa da existencia de nacións propias diferenciadas da española. Este proceso de creación e consolidación dunha conciencia nacional propia pasou polas seguintes fases : Unha fase inicial, na que un reducido número de patriotas, intelectuais e eruditos comeza a interesarse pola historia, a lingua e a cultura do seu pobo, sen que este interese tivera aínda un explícito carácter político: Renaixença, Rexurdimento...

Transcript of Nacionalismos e rexionalismos

Page 1: Nacionalismos e rexionalismos

O NACIONALISMO ESPAÑOL:

A idea moderna de nación naceu en España vinculada á defensa popular do territorio forote á invasión

das tropas de Napoleón e ás transformacións políticas liberais realizadas polas Cortes de Cádiz. A

Constitución de 1812 foi a primeira que recolleu e definiu a nación española como un corpo político

independente, formado por todos os habitantes da Coroa, no que residía a soberanía. Así mesmo, precisou

que todos eses habitantes, por formar parte da mesma nación, deberían estar sometidos á mesma lei e ter

os mesmos dereitos; isto implicaba a abolición de todas as particularidades persoais e territoriais

características do Antigo Réxime, en especial as singularidades territoriais (foros) e os privilexios feudais. A

división do liberalismo en dúas correntes –doutrinaria e democrática- deu lugar á aparición de distintas

interpretacións sobre a existencia, identificación, valores e formación da nación española. Estes criterios

serviron de base para o desenvolvemento dun nacionalismo español conservador e outro liberal-

democrático. O nacionalismo español conservador (Cánovas) foi o dominante nos séculos XIX e XX. Este

nacionalismo defendeu a unidade da patria é incompatible co mantemento de calquera particularismo local,

de modo que se impón o centralismo e a identificación dos valores españois cos valores casteláns. O

nacionalismo español liberal-democrático. Demócratas e republicanos (Pi i Margall, Ortega, Azaña...)

defenderon que a nación española era unha construción política, formada por un conxunto de cidadáns que

voluntariamente deciden vivir unidos baixo as mesmas leis. Esta concepción da nación segue o modelo

liberal e voluntarista, formado a partir das revolucións liberais.

REXIONALISMOS E NACIONALISMOS PERIFÉRICOS:

A partir da segunda metade do século XIX, ó igual que noutros Estados europeos, xurdiron en España

distintas manifestacións culturais e políticas localizadas na periferia (principalmente en Cataluña, País

Vasco e Galicia), que evolucionaron progresivamente na defensa da existencia de nacións propias

diferenciadas da española.

Este proceso de creación e consolidación dunha conciencia nacional propia pasou polas seguintes fases:

✓ Unha fase inicial, na que un reducido número de patriotas, intelectuais e eruditos comeza a

interesarse pola historia, a lingua e a cultura do seu pobo, sen que este interese tivera aínda un explícito

carácter político: Renaixença, Rexurdimento...

✓ Unha segunda fase, na que xunto co interese cultural, aparecen as primeiras formulacións nas que se

considera ó propio pobo como unha nación, amplíanse os apoios sociais e aparece a axitación política

nacionalista: catalanismo, galeguismo...

En liñas xerais, esta axitación política reivindicadora dunha personalidade propia tivo diferentes

manifestacións, que evolucionaron cara a unha maior radicalización e especificidade:

✓ O rexionalismo: movemento político que exalta os valores propios da comunidade ou rexión

(xeográficos, étnicos, lingüísticos, históricos, culturais, económicos...) e reivindica a descentralización

administrativa e a autonomía dentro do Estado español.

✓ O nacionalismo: movemento en defensa do recoñecemento da comunidade propia como unha nación

diferenciada con dereito a dispoñer de soberanía política e de goberno propio. Xorde así, a finais do

século XIX e comezos do XX, a idea da existencia da nación catalá, vasca ou galega, e a creación de

partidos nacionalistas que defenden estes dereitos.

Page 2: Nacionalismos e rexionalismos

FACTORES: Os cambios xurídicos, políticos e culturais derivados da implantación do Estado liberal: centralización e

unitarismo, supresión das particularidades xurídicas territoriais, predominio dos valores e da lingua

casteláns e subordinación das outras linguas e culturas... Estes cambios incrementaron o enfrontamento

centro-periferia.

O desigual desenvolvemento capitalista. A dificultade das comunicacións e, sobre todo, o diferente grao

de industrialización, orixinaron importantes desequilibrios económicos: os territorios máis desenvolvidos -

Cataluña, País Vasco, Asturias- non coincidían coa localización dos centros de decisión política nin coa

extracción xeográfica das elites gobernantes

NACIONALISMO CATALÁN.

A) A tendencia progresista foi a que iniciou a reivindicación política catalá, vinculada á idea de

modernización e transformación do país.

✓ Esta tendencia estivo liderada polo republicano federal Valentí Almirall: fundou o Diari Catalá (1879),

a primeira publicación diaria en catalán; o Centre Catalá (1882), considerado como o primeiro organismo

defensor dos intereses especificamente cataláns; e a publicación Lo catalanisme (1886), en defensa do

particularismo catalán.

✓ Valentí Almirall impulsou a redacción dun Memorial de agravios, (TEXTO NO LIBRO) presentado ó rei

Afonso XII en 1885, durante a súa visita a Cataluña. O memorial denunciaba a opresión de Cataluña e

reclamaba, entre outras medidas, a modificación da estrutura centralizada do Estado para dar cabida a

unha organización rexional de España. O Goberno rexeitouno de plano.

B) A tendencia conservadora foi a que tivo máis capacidade de actuación e de influencia na vida política

española. Un grupo de intelectuais contrarios ó progresismo de Almirall fundaron en 1891 a Unió

Catalanista: era unha federación de entidades de carácter catalanista, da que formaron parte algúns dos

futuros dirixentes do catalanismo como Prat de la Riba ou e Cambó. O seu programa quedou fixado nas

Bases de Manresa (1892), (TEXTO NO LIBRO), proxecto autonomista de signo conservador que defendía

unha organización federal de España e a soberanía de Cataluña en política interior, reclamaban a volta á

situación anterior ao Decreto de Nova Planta e a oficialidade do catalán.

Xorde así, a comezos do século XX un nacionalismo catalán conservador, baseado nas ideas de Enric

Prat de la Riba e articulado en torno a un novo partido, a Liga Rexionalista de Cataluña, fundado en 1901 e

dirixido por Francesc Cambó. (TEXTO NO LIBRO).

A Liga presentaba un programa político conservador, baseado nos principios de orde, tradición, relixión e

propiedade. O seu obxectivo era participar activamente na vida política catalá e española para loitar contra o

corrupto e ineficaz sistema da Restauración e a favor dun reformismo político que lle outorgase autonomía a

Cataluña.

NACIONALISMO VASCÓ:

Desde a época medieval, as provincias vascas -Guipúscoa, Biscaia e Álava- mantiveron un status

especial e particular definido polos seus privilexios forais, que Iles garantían diferentes dereitos: sistema

fiscal propio, institucións administrativas e xurisdicionais específicas (Xuntas Xerais de cada provincia),

aduanas internas que as separaban de Castela, restricións das obrigacións militares (só as prestaban no seu

territorio), limitación do poder real (o rei debía xurar os privilexios)... Os mesmos privilexios conservaba o

reino de Navarra. Unha consecuencia da guerra carlista de gran transcendencia política para o País Vasco e

Navarra foi a lei do 21 de xuño de 1876 que limitou extraordinariamente o seu antigo réxime foral,

Page 3: Nacionalismos e rexionalismos

obrigándoos a cumplir o servicio militar e contribuír cunha serie de impostos semellantes aos que se

pagaban no resto do Estado, aínda que se manteñen unha serie de concertos económicos especiais. A

abolición dos dereitos forais vascos provocou un sentimento de frustración nos sectores tradicionalistas, que

mantiveron viva a reivindicación de conseguir a reintegración foral plena. Ó mesmo tempo, tiña lugar o

desenvolvemento dunha rápida industrialización que potenciou as transformacións sociais e económicas nas

provincias vascas. Ambos procesos foron considerados polos tradicionalistas como unha ameaza para a

supervivencia da sociedade, da cultura, dos costumes e das tradicións vascas. Neste contexto xurdiu un

pensamento nacionalista fortemente independentista e belicoso encabezado por Sabino Arana.

SABINO ARANA.

Educado no seo dunha familia carlista, o seu pensamento maniféstase abertamente contrario ás

transformacións sociais e políticas que estaba a introducir o liberalismo e a industrialización nas provincias

vascas. Baseándose na crenza da liberdade inmemorial dos vascos fronte ós demais pobos, e na idea de

que a súa incorporación á Coroa de Castela na Idade Media foi pactada e voluntaria e non por conquista,

Sabino Arana (1865-1903), ante a abolición dos privilexios e o perigo da desvasquización, defendeu de

forma vehemente a independencia dos territorios vascos fronte a España e Francia e a súa unión nunha

nova entidade política que el denominou Euzkadi. Esta nova entidade política, formada pola confederación

de todos os territorios vascos, debía basear o seu goberno nun lema, Jaungoikua eta Lagizarra (Deus e leis

antigas); nunha bandeira, a ikurriña; nunha lingua, o euskera; e nun inimigo, os maketos (inmigrantes

españois).

A partir de 1898, os nacionalistas vascos presentáronse ás eleccións, logrando os primeiros éxitos. Tras a

morte de Sabino Arana en 1903, o PNV, baixo a dirección de Ángel Zabala, completou a súa organización

(constitución do Euzkadi Buru Batzar) e precisou os seus estatutos en 1906.

IV. O GALEGUISMO.

Page 4: Nacionalismos e rexionalismos

A partir de mediados do século XIX, xurdiu en Galicia unha progresiva toma de conciencia das súas

particularidades unida á defensa dos seus intereses económicos e políticos. O resultado foi a

configuración dun movemento heteroxéneo, o galeguismo, que reivindica, con maior ou menor

intensidade, o recoñecemento dos intereses de Galicia, a defensa do galego e do autogoberno. A pesar

de que o movemento galeguista contou con destacados teóricos e defensores, o seu grao de implantación

na sociedade foi escaso. Durante o século XIX estivo limitado a determinados círculos minoritarios de

intelectuais e políticos; as masas populares non participaron de forma activa nas reivindicacións

galeguistas ata ben entrado o século XX.

A configuración do galeguismo foi un proceso evolutivo no que se diferencian con claridade tres fases:

provincialismo (1840-1885), rexionalismo (1885-1916) e nacionalismo (1916-1936). En todas elas, o

punto de partida da reivindicación galeguista está no recoñecemento da pobreza, atraso e afastamento de

Galicia, así como no sentimento de aldraxe ante o esquecemento e a marxinación que padece por parte

dos políticos e dos gobernos de Madrid.

IV.1. O PROVINCIALISMO:

En torno á década de 1840 xorden en Galicia as primeiras reivindicacións en defensa da propia

personalidade e de crítica ao centralismo político. Politicamente están relacionadas cos movementos

provincialistas que se dan en toda España, encadrables na problemática da definición do modelo de

Estado (centralismo dos moderados fronte a descentralización dos progresistas). Culturalmente coinciden

cos movementos que en toda Europa, influenciados polo romanticismo, potenciaron o estudio e a defensa

dos elementos diferenciadores e identificadores da propia comunidade: a súa historia, cultura e lingua. O

descubrimento de Galicia como unha unidade diferenciable doutros pobos foi labor da xeración de 1846,

entre os que destaca Antolín Faraldo, que a través dos seus escritos puxeron de manifesto as principais

características diferenciadoras de Galicia e os problemas que padecía: falta de industrialización,

ruralización, atraso, illamento, etc. TEXTO NO LIBRO.

Paralelamente, no eido da cultura, desenvolveuse un activo movemento de recuperación histórica e

literaria, o Rexurdimento. Nas décadas de 1850 e 1860, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros

Enríquez, Francisco Añón... iniciaron o movemento de recuperación e defensa do emprego do galego

como lingua non só popular senón tamén literaria; os historiadores (Benito Vicetto, Manuel Murguía...)

contribuíron, cos seus traballos de recuperación e interpretación do pasado de Galicia, a subministrar

argumentos ó nacente galeguismo, xustificando o dereito a dispor dunha organización política propia que

recoñecese os trazos específicos de Galicia: uns costumes e unha lingua diferentes, un pasado glorioso

e, sobre todo, a crenza nunhas orixes do pobo galego vinculados á raza celta,considerada superior a dos

restantes pobos peninsulares (celtismo).

IV.2. O REXIONALISMO GALEGO.

De modo paralelo ó que sucede noutras zonas de España, na década de 1880 aparece en Galicia un

movemento de carácter rexionalista, é dicir, un movemento que busca, xustifica e defende para Galicia

tanto o emprego da lingua propia como a consecución do dereito á autonomía política e administrativa

sen rachar a unidade do Estado español. A defensa do rexionalismo galego foi formulada desde dúas

posturas ideolóxicas diferentes: unha liberal liderada por Manuel Martínez Murguía e outra

conservadora, tradicionalista e católica representada por Alfredo Brañas.

Page 5: Nacionalismos e rexionalismos

Murguía reivindicou para Galicia o dereito a recobrar a súa autonomía política que só se podía lograr

mediante unha ampla descentralización administrativa e económica. Influíu no galeguismo do século XX.

(TEXTO NO LIBRO). Alfredo Brañas Menéndez, desde posicións tradicionalistas e católicas, tratou de

fundamentar as bases dun rexionalismo que puidese ser aplicado a todas aquelas comunidades que

tivesen as mesmas aspiracións á autonomía política. Defendeu a idea da dobre patria (a grande e a

pequena) coa finalidade de conxugar as reivindicacións rexionalistas coa unidade de España, e avogou

pola formación de institucións propias para o goberno das rexións. Para Galicia, a súas propostas incluían

o catolicismo como trazo fundamental da alma galega, e o corporativismo social e gremial como base da

composición das futuras institucións políticas rexionais (polo tanto un regreso á sociedade rural

precapitalista). (TEXTO NO LIBRO).

Foi tamén nesta época cando apareceron as primeiras organizacións de tipo galeguista (Asociación

Rexionalista Galega, 1891; Liga Galega, 1897) e de defensa da lingua (Real Academia Galega, 1906);

tamén se fundaron periódicos para a difusión dos seus ideais (A Rexión Galega, 1886; A Patria Galega,

1891; A Nosa Terra, 1907).

IV.3. O NACIONALISMO GALEGO.

A partir de 1916, o pensamento político galeguista afirmou con rotundidade que Galicia é unha nación.

Esta idea aparece de forma reiterada na obra de Vicente Risco, Ramón Vilar Ponte ou Castelao. Na obra

destes intelectuais repóllense os trazos esenciais da nación galega (lingua, unha Terra, a raza céltica e a

saudade ou “alma galega”), analizaron os problemas que padecía e propuxeron solucións, alternativa e

programas de transformación da realidade política e económica galega. NO LIBRO TEXTO DE CASTELAO,

Sempre en Galiza.

O ideario dos nacionalistas galegos concéntrase na denuncia do atraso económico e da opresión cultural

de Galicia por Castela, a defensa da autonomía integral de Galicia, o rexeitamento do separatismo e o

desexo de conseguir unha federación ibérica na que se poida integrar Portugal.

O nacionalismo galego manifestouse inicialmente da man das Irmandades da Fala, fundada na Coruña en

1916. En 1918, en Lugo, celebrouse a primeira asamblea das Irmandades da Fala, a I Asamblea

Nacionalista (no libro texto no que recolle o seu programa político). Ao movemento das Irmandades da Fala

incorporáronse numerosas personalidades da cultura e da intelectualidade galega, aínda que a súa

repercusión popular foi minoritaria.

Na difusión da cultura galega cabe destacar o papel da revista Nós, fundada en 1920. e dirixida por

Risco, así como o Seminario de Estudos Galegos, fundado en 1923; en torno a eles, a xeración Nós

realizou un intenso labor de estudio e divulgación cultural en diferentes eidos (xeográficos, literarios,

artísticos, etnográficos, etc.).

Durante o Goberno de Primo de Rivera os nacionalismos periféricos foron perseguidos e reprimidos. A partir

de 1929 algúns galeguistas comezaron a reorganizarse e participaron, xunto cos republicanos, na fundación

da ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma. En 1931 fundaríase o Partido Galeguista, que

tivo un gran protagonismo durante a II República que tivo por obxectivo básico a conquista da autonomía

para Galicia (páxina 403 do libro, texto do Partido Galeguista). En 1932, por iniciativa do Concello de

Santiago e do seu alcalde, López Pol, iníciase a elaboración dun novo proxecto de Estatuto para Galicia,

compatible coa Constitución de 1931. O 28 de Xuño de 1936, tras unha intensa campaña a favor da

autonomía, na que destacou a actividade de Castelao e Alexandre Bóveda, o pobo galego aprobou, con

ampla mayoría, o Estatuto de Autonomía (texto na páxina 404 do libro). O 15 de xullo de 1936 o texto foi

presentado nas Cortes españolas para a súa discusión e aprobación, pero o 17 de xullo comezou a

Page 6: Nacionalismos e rexionalismos

sublevación militar contra o Goberno da República. Galicia foi rapidamente ocupada polo exército rebelde e

autonomía morreu baixo a opresión franquista. As Cortes republicanas, trasladadas a Cataluña, nun acto

simbólico, admitiron a trámite parlamentario o Estatuto de Galicia en 1938, pero non foi discutido nin

aprobado.