Nacemento do río Sor, de Ambosores a Mañón ( A...

7
C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2014 PR® SETEMBRO Nacemento do río Sor, de Ambosores a Mañón ( A Coruña) Desde Ambosores descenderemos o curso alto do río Sor, baixo un fermoso bosque auctóctono, polo que correu o famoso bandoleiro galego Mamed Casanova, alias Toribio. O xantar será na aldea de Coto Segade cunha cantina con bebidas, café e comida. Aquí poderá recoller o bus á xente que non queira facer a ruta até o final. É imprescindible levar botas altas e bastóns, para superar un pequeño treito pegado o río moi estreito, no que nalgún momento haberá que botar as mans as rochas e árbores. Salvo este treito que nos levará pasalo 20 – 30 minutos, o resto do camiño e ancho e cómodo. A ruta remata en Mañón, despois de superar unha curta pendente en ferradura xunto a fermosa fervenza de O Couce. Domingo 28 8:15 Praza de Vigo / 8:30 C.S.C. Fontiñas 55 Máx. 15 € Socios temporais ou fixos sen federar 18 € 21 Km 280m 130m 3 3 3 3 David Jove / Luisa

Transcript of Nacemento do río Sor, de Ambosores a Mañón ( A...

Page 1: Nacemento do río Sor, de Ambosores a Mañón ( A Coruña)clubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2014/09/2014-Cuarto-trimestre.pdfno que nalgún momento haberá que botar as

C. D. FONTIÑAS ℡�981577928 �clubdeportivofontiñas.com �[email protected] 2014

PR®

SETEMBRO

Nacemento do río Sor, de Ambosores a Mañón ( A Coruña) Desde Ambosores descenderemos o curso alto do río Sor, baixo un fermoso bosque auctóctono, polo que correu o famoso bandoleiro galego Mamed Casanova, alias Toribio. O xantar será na aldea de Coto Segade cunha cantina con bebidas, café e comida. Aquí poderá recoller o bus á xente que non queira facer a ruta até o final. É imprescindible levar botas altas e bastóns, para superar un pequeño treito pegado o río moi estreito, no que nalgún momento haberá que botar as mans as rochas e árbores. Salvo este treito que nos levará pasalo 20 – 30 minutos, o resto do camiño e ancho e cómodo. A ruta remata en Mañón, despois de superar unha curta pendente en ferradura xunto a fermosa fervenza de O Couce.

Domingo 28 �� 8:15 Praza de Vigo / 8:30 C.S.C. Fontiñas � 55 Máx. 15 € Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

21 Km 280m 130m 3 3 3 3 � David Jove / Luisa

Page 2: Nacemento do río Sor, de Ambosores a Mañón ( A Coruña)clubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2014/09/2014-Cuarto-trimestre.pdfno que nalgún momento haberá que botar as

C. D. FONTIÑAS ℡�981577928 �clubdeportivofontiñas.com �[email protected] 2014

XIII Camiñada ao Pedroso (a beneficio de UNICEF) Sairemos do Obradoiro e percorreremos os parques de Galeras, Finca Simeón e Vite até Ponte Mantible; logo iremos pola falda do Monte de Dios cara O Romaño. A partir de aquí, por agradables camiños chegaremos a Granxa do Xesto, final da ruta. Veremos muiños, lavadoiros antigos, casas tradicionais e fermosas vistas do Pedroso e da cidade de Compostela. Duración aproximada 3/3,5h.

Nome da Ruta (Concello). Cadro para engadir pequena descripción e fotos.

Os Carranos-Serra do Suído (Covelo) Partimos da área recreativa de Maceira. A través de sendas entre bosques de ribeira, chegaremos ao rehabilitado serradoiro fluvial de Os Carranos , e á ponte medieval de Fofé sobre o río Tea. Iniciaremos a subida á serra de Suído, até o alto de Pedra Partida. Baixamos pola senda que leva ao encoro do río Pozo do Piñeiro, gozando dunha bela vista do val do Tea, até chegar ao río. Remontarémolo seguindo a ruta AQA de Covelo, volvendo ao inicio.

PR®

OUTUBRO

Domingo 5 �� 10:00 Praza do Obradoiro 5 €

Inscricións: UNICEF, Carreira do Conde ata o día 4, e no Club ata o día 3 Apta para menores acompañados

9 Km 1 2 1 2 � Guías do Club

Domingo 19 �� 9:00 Praza de Vigo / 9:15 Praza de Vigo � 55 Máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

19 Km 640 m 640 m 2 2 3 3 � Maví / Matilde

Page 3: Nacemento do río Sor, de Ambosores a Mañón ( A Coruña)clubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2014/09/2014-Cuarto-trimestre.pdfno que nalgún momento haberá que botar as

C. D. FONTIÑAS ℡�981577928 �clubdeportivofontiñas.com �[email protected] 2014

Ruta por A Mezquita. O desprazamento realizarase en autobús. Aloxarémonos no restaurante-pensión "O Cazador" en cuartos dobres. A estanza inclúe dous almorzos e una cea. Tamén venden bocadillos. As prazas poderanse reservar a partir do momento de publicación desta folla informativa, aboando unha fianza de 20 € no momento da inscrición. O resto abonarase ao finalizar o prazo de inscrición, o día 15 de Outubro Venres 24: Saída dende o C.S.C. Fontiñas ás 20:00 ata chegar a O Pereiro. Sábado 25: Chaguazoso-Moimenta. Dende Chaguazoso subimos O Cabezo, gozando das súas boas vistas. Entre impresionantes castiñeiros chegamos a Muiño Vello, Mazalvos e Cádavos. Atravesamos a Fraga dos Tres Reinos (Galicia, Castela e Portugal) e rematamos no pobo portugués de Moimenta, visitando a ponte sobre o río Tuela.

Domingo 26: O Pereiro-A Mezquita. Saímos andando dende o hostal en dirección o pobo do Pereiro. Dende aquí polo camiño da ruta da Prata chegamos o Alto da Canda para, pola Ruta do Castelo, tendo a Castela por un lado e polo outro Galicia chegar o Castro de Santigoso (boas vistas). Despois, pasando polo pobo de Santigoso, chegaremos o pobo da Mezquita, onde remata a andaina.

Venres 24 – Domingo 26 ��20:00 C.S.C. Fontiñas � 30 Máx. 105 €

Socios fixos sen federar 111 €

18 Km 300 m 2 2 3 4 � Marisa / Isa Pérez

20 Km 350 m 2 2 3 4 � Marisa / Isa Pérez

Page 4: Nacemento do río Sor, de Ambosores a Mañón ( A Coruña)clubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2014/09/2014-Cuarto-trimestre.pdfno que nalgún momento haberá que botar as

C. D. FONTIÑAS ℡�981577928 �clubdeportivofontiñas.com �[email protected] 2014

Ribeira Sacra. San Estevo e outeiro de Pé do Home (Nogueira de Ramuín) Partindo de Moura, onde encontraremos o primeiro outeiro ao Sil, tomamos a dirección Mámoas ata alcanzar Biduedo. Seguimos cara a Paradela, e ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, enlazando co GR-56 "transourensan". Visitado o mosteiro, continuamos ata alcanzar o lugar de Vilar, tras o cal nos separaremos do GR para chegar ao outeiro de "Pé do Home", orientado ao nordés sobre o Encoro de Santo Estevo. Volvendo ao camiño inicial chegaremos a Cerreda, onde remataremos a ruta.

Magosto Faremos unha ruta pola mañá saíndo de Área Central ás 10 h. Seguindo camiños tradicionais da zona de Viso, Arins e Motouto nos diriximos a finca de Beni, onde daremos conta de viandas e bebidas variadas, e como colofón o tradicional magosto. Dende este punto hai un paseo de 1 km ata Conxo, onde podemos facer uso do servizo de bus urbano para regresar á casa, ou camiñando se algúen o prefire.

PR®

NOVEMBRO

Domingo 9 �� 8:15 Praza de Vigo / 8:30 C.S.C. Fontiñas � 55 Máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

17 Km 550 m 500 m 2 2 3 3 � Iñaki Bilbao

Domingo 16 �� 10:00 Area Central 5 €

Os 5 € son para a compra de víveres

10 Km 1 2 2 2 � Guías do Club

Page 5: Nacemento do río Sor, de Ambosores a Mañón ( A Coruña)clubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2014/09/2014-Cuarto-trimestre.pdfno que nalgún momento haberá que botar as

C. D. FONTIÑAS ℡�981577928 �clubdeportivofontiñas.com �[email protected] 2014

Entre fervenzas e carballos (Val do Dubra) Ruta circular que se inicia en Bembibre, no concello de Val do Dubra. Chegaremos a través de amplas pistas á Capela de San Xoán. Atravesando magníficas carballeiras, subiremos á aldea de Gontar, e tras cruzar unha devesa chegaremos á aldea de Insua, que dá nome a unha fervenza próxima á que chegaremos polo Rego do Portonabo. Volveremos á Capela de San Xoán subindo polo Dubra, entre preciosas carballeiras, e pecharemos o camiño novamente en Bembibre.

Domingo 30 ��9:00 Praza de Vigo / 9:15 C.S.C. Fontiñas � 55 Máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18€

17 Km 550 m 550 m 1 2 2 3 � Rafa Fernández / Marian

Page 6: Nacemento do río Sor, de Ambosores a Mañón ( A Coruña)clubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2014/09/2014-Cuarto-trimestre.pdfno que nalgún momento haberá que botar as

C. D. FONTIÑAS ℡�981577928 �clubdeportivofontiñas.com �[email protected] 2014

PR®

DECEMBRO

Ruta polo desfiladeiro de O Eume – Central de A Ventureira (Monfero – A Capela) Preciosa ruta polo Eume, que pasa por á antiga central da Ventureira, seguindo a antiga canle ata chegar ao encoro. No transcurso da canle encontrámonos cunha cova. A ruta, aínda que é sinxela, é moi aérea. Hai que camiñar polo bordo da canle e nun punto que houbo un desprendemento hai que ir agarrado a un cable. Tamén pasaremos pola impresionante fervenza que fai o Regato do Morixoso, para finalmente subir ata un miradoiro. Na suba hai unha corda para axudarnos a subir debido á forte pendente.

Domingo 14 �� 9:00 Praza de Vigo / 9:15 C.S.C. Fontiñas � 55 Máx. 15 € Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

14 Km 500 m 500 m 3 3 4 3 � Pedro Carballo / Ramón Noya

Page 7: Nacemento do río Sor, de Ambosores a Mañón ( A Coruña)clubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2014/09/2014-Cuarto-trimestre.pdfno que nalgún momento haberá que botar as

C. D. FONTIÑAS ℡�981577928 �clubdeportivofontiñas.com �[email protected] 2014

Horario Severidade do medio natural

Desnivel de subida Orientación no itinerario

Desnivel de baixada Dificultade no desprazamento

Distancia horizontal Cantidadede esforzo necesario

Tipo de percorrido

Método Información De Excursións É un sistema de comunicación entre excursionistas para valorar e expresar as

exisencias técnicas e físicas dos percorridos. O seu obxetivo é unificar as apreciacións sobre a dificultade das excursións para permitir a cada practicante unha mellor

elección.

Medio Severidade do medio

natural

1 O medio non está exento de riscos 2 Hay maís de un factor de risco 3 Hay varios factores de risco 4 Hay bastantes factores de risco 5 Hay moitos factores de risco

Itinerario Dificultade para

orientarse no itinerario

1 Camiños e cruzamentos ben definidos 2 Sendas ou señalización que indica a continuidade 3 Esixe a identificación precisa de accidentes xeográficos e puntos cardinais 4 Esixe técnicas de orientación e navegación fóra da traza 5 A navegación é interrumpida por obstáculos que hai que bordear

DesprazamentoDificultade no

desprazamento

1 Marcha por superficie lisa 2 Marcha por camiños de ferradura 3 Marcha por sendas escalonadas ou terreos irregulares 4 É preciso o uso das mans para manter o equilibrio 5 Require pasos de escalada para a progresión

Esforzo

Cantidade de esforzo

necesario

1 Hata 1 h. de marcha efectiva 2 Máis de 1 h. e ata 3 h. de marcha efectiva 3 Máis de 3 h. e ata 6 h. de marcha efectiva 4 Máis de 6 h. e ata 10 h. de marcha efectiva 5 Máis de 10 h. de marcha efectiva

Calculado para un excursionista medio pouco

cargado

O MIDE está recomendado pola FEDME.

Máis información en ww.montañasegura.com